reuniÓn da comisiÓn 2.ª, ordenaciÓn territorial, obras ...€¦ · da ponte da garga e proceder...

25
REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS Día: 23.06.2016 Hora: 10:00

Upload: others

Post on 31-Jul-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª,

ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS

PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E

SERVIZOS

Día: 23.06.2016 Hora: 10:00

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 23 de xuño de 2016, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

A orde do día é a seguinte :

Punto 1. Designación da Ponencia encargada de elaborar o informe sobre a Proposición de Lei de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia (09/PPL-000044)

Punto 2. Preguntas orais en Comisión

2.1 48042 (09/POC-007179)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaFernández Fernández, Raúl e 5 máisSobre as medidas adoptadas polo Goberno galego para garantir a seguridade viaria nas estradas de titularidade autonómica deterioradas a consecuencia das obras de construción da liña de alta velocidade Lubián-Ourense, o protocolo de actuación para a súa reparación, así como a Administración que está a asumir as obras e os custos do seu arranxo, compromisos asinados para a súa reversión á situación orixinal ao remate das obras do AVEPublicación da iniciativa, BOPG n.º 614, do 10.03.2016

2.2 49388 (09/POC-007377)Grupo Parlamentario MixtoFernández Rodríguez, Mónica e Martínez García, María ConsueloSobre a información e as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia en relación coas verteduras, rozas e amoreamento de material asfáltico tóxico no río Baa, ao seu paso polos concellos de Cabanas e Fene, o seu impacto na calidade das augas da traída auxiliar municipal de Mugardos, así as previsións da restauración do hábitat dese río a cargo dos responsables desas actuaciónsPublicación da iniciativa, BOPG n.º 635, do 20.04.2016

2.3 50290 (09/POC-007520)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre as verteduras detectadas nos últimos dez anos nos lugares da

Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

Gándara e San Marcos, da parroquia de San Pedro de Nós, no concello de Oleiros, as xestións concretas levadas a cabo por Augas de Galicia ao respecto nese período e as medidas previstas para resolver o problemaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 642, do 11.05.2016

2.4 50979 (09/POC-007616)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da colaboración económica co Concello de Ponteceso para reparar os problemas estruturais da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar os danos causados polos asolagamentosPublicación da iniciativa, BOPG n.º 656, do 08.06.2016

2.5 51003 (09/POC-007619)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaFajardo Recouso, Juan Manuel e 5 máisSobre as previsións do Goberno galego respecto da colaboración co Concello de Ponteceso para o arranxo da ponte da Garga de xeito definitivo e as razóns existentes para non atender as demandas realizadas polo Concello ao respectoPublicación da iniciativa, BOPG n.º 656, do 08.06.2016

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016

Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

Enrique Nóvoa López

Presidente da Comisión

Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL,

OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE ESERVIZOS

POR ORDE ALFABÉTICA

Mesa

Vogais

PresidenteEnrique Nóvoa López P

VicepresidenteJesús Antonio Goldar Güimil P

SecretarioJuan Manuel Fajardo Recouso AGE

Jaime Castiñeira Broz PRaúl Fernández Fernández SMónica Fernández Rodríguez MAlejandro Gómez Alonso PFrancisco Xesús Jorquera Caselas BNGAntonio Mouriño Villar PJosé Antonio Sánchez Bugallo SJosé Francisco Santos Regueiro PGonzalo Trenor López PDaniel Luís Varela Suanzes-Carpegna PPatricia Vilán Lorenzo S

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 23.06.2016 Hora: 10:00

Orde do día

1. Designación da Ponencia encargada de elaborar o informe sobre

a Proposición de Lei de medidas urxentes para a actualización

do sistema de transporte público de Galicia (09/PPL-000044)

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 23.06.2016 Hora: 10:00

Orde do día

2. Preguntas orais en Comisión

Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 23.06.2016 Hora: 10:00

Orde do día

2.1 48042(09/POC-007179)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Fernández Fernández, Raúl e 5 máis

Sobre as medidas adoptadas polo Goberno galego para garantir

a seguridade viaria nas estradas de titularidade autonómica

deterioradas a consecuencia das obras de construción da liña

de alta velocidade Lubián-Ourense, o protocolo de actuación

para a súa reparación, así como a Administración que está a

asumir as obras e os custos do seu arranxo, compromisos

asinados para a súa reversión á situación orixinal ao remate

das obras do AVE

Publicación da iniciativa, 614, 10.03.2016

Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Raúl Fernández Fernández, María Quintas Alvarez, Carmen Acuña

do Campo, Noela Blanco Rodríguez, Patricia Vilán Lorenzo e José

Antonio Sánchez Bugallo, deputados e deputadas pertencentes ao Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo

152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

pregunta para a súa reposta oral en Comisión 2.ª, Ordenación

Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.

A construción da liña de alta velocidade Lubián – Ourense esixe un

considerable movemento de maquinaria e vehículos de gran tonelaxe.

A súa orixe e destino son as obras que se están a facer para dar soporte á

chegada da alta velocidade a Galicia no referido tramo.

Dende o comezo das obras, fai xa varios anos, o continuo e permanente

tráfico deste tipo de vehículos é visible.

É visible no circular dos vehículos, mais tamén nas pegadas que deixa na

rede viaria.

Estradas locais, provinciais, autonómicas e nacionais, que dan soporte a

este tráfico, amosan un evidente deterioro facilmente recoñecible.

De feito, as estradas autonómicas situadas neste ámbito de actuación,

aparecen parcheadas, nunha precaria labor de mantemento, para tapar

fochas e deterioracións do firme.

Esta deterioración diaria da rede viaria autonómica está a producir unha

merma da seguridade viaria co conseguinte malestar das persoas usuarias.

Mais tamén, a incógnita de como quedarán estes viais ao rematar as obras

do AVE.

Por ilo, os deputados e as deputadas que asinan formulan as seguintes

preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Que medidas adoptou e está a adoptar o Goberno galego para

garantir a seguridade viaria nas estradas da súa titularidade

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

deterioradas como consecuencia das obras da liña de alta velocidade

Lubián – Ourense?

2. Cal é o protocolo de actuación polo que se rexe o Goberno galego

para subsanar o deterioro destas estradas?

3. Que administración está a asumir as actuacións e custos das

reparacións destas estradas ocasionadas polas obras do AVE?

4. Que compromisos ten asinados o Goberno galego para que o

patrimonio viario da Xunta de Galicia, deteriorado polas obras do

AVE, reverta a súa situación orixinal unha vez rematadas as obras do

AVE?

5. Que administración, unha vez rematadas as obras do AVE, asumirá

as actuacións e custos necesarios para retrotraer a situación das

estradas autonómicas ao seu estado orixinal?

6. Cales son as estradas autonómicas afectadas por esta situación?

Pazo do Parlamento, 3 de marzo de 2016

Asdo.: Raúl Fernández Fernández

María Quintas Alvarez

Carmen Acuña do Campo

Noela Blanco Rodríguez

Patricia Vilán Lorenzo

José Antonio Sánchez Bugallo

Deputados e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Raúl Fernández Fernández na data 03/03/2016 16:21:44

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 03/03/2016 16:21:52

María del Carmen Acuña do Campo na data 03/03/2016 16:21:57

Noela Blanco Rodriguez na data 03/03/2016 16:22:01

Patricia Vilán Lorenzo na data 03/03/2016 16:22:07

José Antonio Sánchez Bugallo na data 03/03/2016 16:22:13

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 23.06.2016 Hora: 10:00

Orde do día

2.2 49388(09/POC-007377)

Grupo Parlamentario Mixto

Fernández Rodríguez, Mónica e Martínez García, María Consuelo

Sobre a información e as actuacións levadas a cabo pola Xunta

de Galicia en relación coas verteduras, rozas e amoreamento

de material asfáltico tóxico no río Baa, ao seu paso polos

concellos de Cabanas e Fene, o seu impacto na calidade das

augas da traída auxiliar municipal de Mugardos, así as

previsións da restauración do hábitat dese río a cargo dos

responsables desas actuacións

Publicación da iniciativa, 635, 20.04.2016

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | POC

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

Mónica Fernández Rodríguez e Consuelo Martínez García, deputadas do

Grupo Parlamentar Mixto, ao abeiro do disposto no Regulamento da

Cámara, presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral na Comisión

2ª Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos

Tivemos coñecemento a través da cidadanía e os medios de comunicación de

sucesivas agresións ao río Baa ao seu paso polos concellos de Cabanas e

Fene.

Así, o pasado 5 de abril un tractor rozou completamente a zona de policía e a

canle do río Baa na parte leste do polígono industrial de Vilar do Colo. Ao

parecer non é a primeira vez que se realiza unha roza tan agresiva sen que

leve aparellada unha recuperación ou actuación na zona que amorteza os

danos ao ambiente e á canle.

Sobre o 10 de marzo, produciuse unha vertedura que Augas de Galicia e

Seprona investigaron tras a aparición dunha sustancia con aspecto espumoso

e de cor branca no río Baa de orixe descoñecida, no tramo entre Fene e

Mugardos. Con toda seguridade proveniente dalgunha empresa, ao ser

localizada tamén na zona do polígono Vilar do Colo.

No pasado ano, o Concello de Cabanas, nunha parcela da súa propiedade no

devandito polígono industrial, realizou unha vertedura de materiais sobre o leito

do río Baa que mereceu un expediente sancionador. Tamén a asociación de

amigos do río Baa denunciou en abril de 2015 o incremento da contaminación

sobre as augas que sofre nos últimos anos e a súa degradación.

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | POC

2

Hai seis anos, unha empresa amoreou 135.000 Tn de asfalto tóxico (non

reciclado e declarado perigoso e non válido para a construción por conter

alcatrán de ulla, substancia prohibida polas directivas europeas) enriba mesmo

do río Baa. Actualmente o concello de Cabanas tramita a súa recualificación no

seu Plan Xeral de Ordenación Municipal e na devandita parcela non marcou as

preceptivas proteccións de Augas, nin Augas de Galicia lle exixiu tal protección.

A Xunta de Galicia, como autoridade competente, é tamén directamente

responsable destes feitos e ten a potestade administrativa de reposición dos

danos tal e como se establece na Lei 26/2007, de 23 de outubro, de

Responsabilidade Medioambiental. A Lei de Augas refundida polo Real Decreto

Lexislativo 1/2001 prohibe as verteduras e os movementos de terras que

afecten as canles dos ríos e Augas de Galicia é competente para a autorización

e control das verteduras e actuacións que afecten as correntes de auga.

Polo exposto, as deputadas que subscriben, formulan as seguintes preguntas

á Xunta para a súa resposta oral en Comisión:

Abriu expedientes sancionadores ás responsables polas verteduras e

polas actuacións devanditas?

Coñece outras verteduras ou actuacións que afectaran ao río Baa e

quen foi o seu causante?

Afectan estas verteduras e actuacións á calidade da auga da traída

auxiliar municipal de Mugardos bombeada augas abaixo no Seixo, en

Mugardos?

Ordenoulles ás responsables das verteduras e as actuacións medidas

de obrigado cumprimento para previr ou evitar novos danos ao río Baa?

En caso afirmativo, adoptaron as responsables as correspondentes

medidas?

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | POC

3

Ten previsto restaurar o hábitat do río Baa á custa dos responsables

para cumprir coa directiva europea de calidade das augas?

Ten en conta Augas de Galicia nas súas inspeccións que o río Baa

desemboca na ría de Ferrol, declarada sensible ante as autoridades

europeas?

Pazo do Parlamento, a 08 de abril de 2016

Asdo.: Mónica Fernández Rodríguez Deputada do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Asdo.: Consuelo Martínez García Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Asinado dixitalmente por:

Mónica Fernández Rodríguez na data 08/04/2016 09:59:25

María Consuelo Martínez García na data 08/04/2016 09:59:35

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 23.06.2016 Hora: 10:00

Orde do día

2.3 50290(09/POC-007520)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre as verteduras detectadas nos últimos dez anos nos

lugares da Gándara e San Marcos, da parroquia de San Pedro de

Nós, no concello de Oleiros, as xestións concretas levadas a

cabo por Augas de Galicia ao respecto nese período e as

medidas previstas para resolver o problema

Publicación da iniciativa, 642, 11.05.2016

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo e Francisco Xesús Jorquera Caselas,

deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego

(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte

Pregunta para resposta oral na Comisión 2ª, relativa aos verquidos que

afectan á parroquia de Nós (Oleiros) nas zonas de A Gándara e San Marcos.

Os lugares da Gándara e San Marcos, na parroquia de Nós (Oleiros), están

sometidos desde hai anos a múltiples e repetidos verquidos que pasan pola rede

de saneamento procedentes do Polígono Industrial do Espírito Santo, ubicado no

límite entre os veciños concellos de Sada e Cambre. Estes verquidos desbordan

os sumidoiros, contaminan o río e incluso acceden a vivendas, mesmo polos

desaugues sanitarios, causando graves danos e inseguridade entre a veciñanza.

Mesmo houbo persoas que se tiveron que desprazar das súas vivendas habituais

por temor de risco sanitario.

Nun dos últimos verquidos, producido o día 7 de abril deste ano,

mobilizouse á Policía Local de Cambre e Oleiros, Policía Autonómica,

Emerxencias 112 e técnicos de Augas de Galicia e descubriuse como saían

“augas nauseabundas” dunha arqueta situada diante das instalacións da empresa

Discefa. Dita arqueta foi precintada no momento.

Despois deste verquido, que foi o noveno no que vai de ano, aínda se

produciu outro de menor envergadura o día 10 de abril.

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

O Concello de Cambre confirmou o 8 de abril que se está investigando ás

empresas Discefa e Isidro de la Cal. Técnicos de Cambre e de Augas de Galicia

acudiron a realizar análises das depuradoras, caudalímetros e augas do interior e

do exterior das instalacións para a súa análise.

Estas empresas xa foran sancionadas con anterioridade. No ano 2.006 o

Concello de Cambre ordenou suspender a actividade de Discefa por carecer de

autorización de verquido e incumprir a licenza, aínda que reabriu ao ano seguinte

ao darse o problema por solucionado. No ano 2011 o Concello anunciou que

sancionaba con 10.000 euros á empresa “Isidro de la Cal” por verquidos, ademais

de precintarlle ás instalacións, o que finalmente non se produciu.

Polas razóns devanditas, formulamos as seguintes Preguntas para

resposta oral na Comisión 2ª, relativas aos verquidos que afectan á parroquia de

Nós (Oleiros) nas zonas de A Gándara e San Marcos:

-Coñece a Xunta de Galiza a existencia de verquidos que afectan á

parroquia de Nós (Oleiros) nas zonas de A Gándara e San Marcos?

-Coñece a Xunta de Galiza que en 2016 xa se levan producidos dez

verquidos?

-Sabe que estes verquidos se produciron, en distintas ocasións, nos

últimos dez anos?

-Que xestións concretas desenvolveu Augas de Galiza nos dez últimos

anos, dende que se detectaron os verquidos?

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Que medidas ten previsto desenvolver para solucionar este problema?.

Santiago de Compostela, 4 de Maio de 2016

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz s. do G.P do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 04/05/2016 19:02:02

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 04/05/2016 19:02:14

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 23.06.2016 Hora: 10:00

Orde do día

2.4 50979(09/POC-007616)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da

colaboración económica co Concello de Ponteceso para reparar

os problemas estruturais da ponte da Garga e proceder á súa

rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas

para paliar os danos causados polos asolagamentos

Publicación da iniciativa, 656, 08.06.2016

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo e Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputada e

deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro

do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa

resposta oral na Comisión 2ª, relativa á situación da Ponte da Garga en Ponteceso.

A Ponte da Garga é unha ponte de indubidábel valor patrimonial, catalogada, e

que ademais está en uso, cumprindo unha funcionalidade social real ao comunicar

directamente os núcleos de Anllóns e A Garga, e por extensión ás parroquias

circundantes.

Trátase dunha ponte do século XIX, de dous vans, executados con arcos de

medio punto lixeiramente rebaixados, de doelas de cantería de granito. Os seos están

formados por cachotería e posúe un tallamar central en ángulo, formado con cantería de

granito. O acceso realízase mediante dúas ramplas a cada lado da ponte. O paso superior

posúe gran anchura e proteccións laterais, constituíndo unha estrada de asfalto. Os

peitorís pertencen a unha actuación posterior, executados con pezas de cantería.

A ponte, pese a súa beleza e valor patrimonial e atoparse nun entorno natural de

grande fermosura, sufriu co paso do tempo un importante proceso de degradación.

Dunha banda existen na contorna e na propia ponte elementos descontextualizados que

deterioran a súa imaxe, entre os que cabe destacar a existencia de distintos aparellos de

medida da calidade das augas colocados por Augas de Galiza, que están apoiados na

estrutura e proximidades da ponte. Ademais na cantería da ponte foi medrando

abondosa vexetación. A estas deficiencias súmase o deterioro da calzada e diversas

fendas na tallamar da ponte.

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Estas deficiencias víronse fortemente agravadas polas dúas importantes

enchentes do río Anllóns no último ano, provocando entre outros problemas estruturais,

a evolución imparable das fendas no tallamar e estrutura da ponte, o fallo da

cimentación do tallamar e o xiro do mesmo provocando o reasentamento do arco dereito

e un aumento importantísimo das fendas na calzada e outras partes da ponte. Froito

desta situación o concello tivo que adoptar a decisión de cortar o tráfico rodado na ponte

ao deixar de reunir as condicións máis elementais de seguridade.

Esta situación de corte do tráfico na ponte provoca numerosas disfuncións na

vida cotiá dos/as veciños/as, que se ven obrigados/as a dar unha volta de sete

quilómetros co correspondente prexuízo económico e de perda de tempo. A isto súmase

a situación das persoas con problemas de discapacidade, que para se desprazar

dependen doutras para uns desprazamentos de metros que se converten en imposibles ao

depender do automóbil e doutras persoas, ou os prexuízos que esta situación provoca no

reparto de mercadorías, nos traballos en leiras próximas e un longo etcétera. Situacións

que inciden na calidade de vida dos/as veciños/as, que ven reducidas e encarecidas as

súas posibilidades de comunicación.

Por todo o devandito, formúlanse as seguintes preguntas para resposta oral na

Comisión 2ª, relativas á situación da Ponte da Garga en Ponteceso:

-Vai a Xunta de Galiza colaborar co concello de Ponteceso, habilitando a

partida económica correspondente, para adoptar medidas de urxencia ante os graves

problemas estruturais da ponte da Garga, co fin de evitar o risco de ruína da ponte e de

restablecer a comunicación directa entre os núcleos de Anllóns e A Garga?

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Vai colaborar co concello de Ponteceso, habilitando a partida económica

correspondente, para proceder á reparación dos problemas estruturais da ponte da

Garga e á súa rehabilitación integral, recuperando os seus valores patrimoniais?

-Vai establecer con urxencia as axudas pertinentes para paliar os prexuízos

causados polas inundacións no concello de Ponteceso?

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016

Asdo. Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz s. do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 30/05/2016 13:45:28

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 30/05/2016 13:45:33

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 23.06.2016 Hora: 10:00

Orde do día

2.5 51003(09/POC-007619)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Fajardo Recouso, Juan Manuel e 5 máis

Sobre as previsións do Goberno galego respecto da

colaboración co Concello de Ponteceso para o arranxo da ponte

da Garga de xeito definitivo e as razóns existentes para non

atender as demandas realizadas polo Concello ao respecto

Publicación da iniciativa, 656, 08.06.2016

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

Á MESA DO PARLAMENTO

Juan Manuel Fajardo Recouso, Ramón Vázquez Díaz, Eva Solla Fernández, Antón

Sánchez García, Xosé Manuel Beiras Torrado e Xabier Ron Fernández, deputados e

deputada do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA

UNIDA-ANOVA), ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,

presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

As inundacións sufridas no conxunto do país, durante o pasado mes de marzo, teñen

provocado numerosos desperfectos no conxunto de concellos afectados, un dos máis

significativos é o producido sobre a Ponte da Garga na parroquia de Anllóns (San Fins) no

concello de Ponteceso, que como consecuencia das riadas ocasionadas neses días

incrementou de forma moi considerable o seu deterioro e, sobre todo, coa presenza, logo

desa data, de danos estruturais tanto no pano como nos piares centrais da ponte, danos que

poñen en risco a súa integridade e que a fan perigosa para o uso diario.

Este deterioro obrigou a que no presente mes o concello pechase a ponte ao tráfico rodado,

situación que afecta a ducias de veciñas e veciños que teñen que utilizar un desvío de máis

de 7 km para acceder ás súas vivendas e situación que tamén afecta ao subministro ou

servizos como a recollida de lixo. A pesar de todo isto, dende a Xunta de Galicia non

tiveron a ben nin visitar a zona, nin facilitar os técnicos para o estudo da situación, nin

ningunha outra actuación; de feito, só existe silencio e inacción por parte da

administración autonómica ante este grave contexto.

.

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar

Por todo isto, Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), formula a seguinte

pregunta para a súa resposta oral en Comisión:

1.ª) Ten previsto o Goberno galego establecer algún tipo de colaboración co

concello de Ponteceso co obxectivo de arranxar de forma definitiva esta ponte?

2.ª) Cal é o motivo polo que dende a Xunta de Galicia se teña desatendido

calquera solicitude de axuda, información ou apoio ante as demandas concretas

sobre este tema realizadas dende o Concello de Ponteceso?

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016.

Asinado dixitalmente por:

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 30/05/2016 17:29:48

Eva Solla Fernández na data 30/05/2016 17:29:57

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 30/05/2016 17:30:04

Anton Sánchez García na data 30/05/2016 17:30:08

Ramón Vázquez Díaz na data 30/05/2016 17:30:12

Jose Javier Ron Fernandez na data 30/05/2016 17:30:15