quenequen
TRANSCRIPT
Ola nenos e nenas:
Son Sabela!!! Durante este curso imos a aprender un montón de cousas
sobre o mar. O primeiro que me gustaría saber é se coñecedes as especies
mariñas que vos propoño neste xogo.
Na entrada do cole hai 12 fotografías das que deberás descubrir os seus
nomes.
Algunhas son moi faciliñas, outras non tanto. Lembra que ten que ser
o nome en galego.
Investiga e descobre os seus nomes e participa na actividade QUEN É QUEN?
Instruccións:
Unha vez que saibas os nomes de todas as especies e os escribas no seu lugar
correspondente verás que unha das letras ven marcada cun número, coloca esa letra
na mensaxe secreta e descubriras o nome do proxecto do centro para este curso.
Cando finalices deposita o papel na caixa de correos da entrada/biblioteca antes do
30 de setembro. Se tes todo correcto recibirás un selo no teu carné da biblioteca.
Ánimo!!