proposta para actividades na casa 2020. 8. 16. · 3. xogos de lóxica-matemática. 4....

11
1 PROPOSTA PARA ACTIVIDADES NA CASA:. 1. Rutinas para comezar o día. 2. Xogos lingüísticos e lecto-escritura. 3. Xogos de lóxica-matemática. 4. Psicomotricidade. 5. Secuenciación do día a día. O Equipo de 6º de Educación Infantil elaborou unha proposta de actividades para que poidades facer cos vosos nenos/as durante estes días e así tratar de que non perdan as súas rutinas e hábitos. Son propostas abertas que podedes facer ao longo do día, no momento que mellor se vos axuste. Desexámosvos moita saúde e esperamos vervos dentro de pouco tempo. RUTINAS PARA COMEZAR O DÍA: Xa que sabemos os que somos na aula (18) podemos (os nenos) elaborar unhas fichas co nome dos compañeiros/as da clase. Cada día podemos xogar a que faltan uns cantos; iso serviranos para contar os que estamos, saber os que faltan, facer preguntas tipo: se somos “X” e faltan “Z” cantos estamos? E se faltaran 2 máis, 3 menos....? Aproveitamos para contar ata o 20 (para adiante e para atrás, de dous en dous, cos pares e cos impares...). O día e o tempo: -Nunha cuadrícula tipo folla do calendario en branco (só co nome dos días) apuntar o número de día que é. Ler o nome do día no que estamos. Se hoxe é....que día é mañá? (tanto en número coma da semana). E onte, que día foi? (vai plantilla feita). -Para o tempo mirar como está o día nese momento e marcalo na plantilla (sol, sol con nubes, nubes...). Mirar cal leva máis, cal leva menos, cal de primeiro, cal de segundo..... (vai plantilla feita). Na páxina de meteogalicia (https://www.meteogalicia.gal/web/inicio.action) miramos tamén a temperatura mínima e máxima. Nunha táboa de dobre entrada podemos poñer os puntos máximos e mínimos para poder ver as variacións. Cancións para pasar o día: son moitas as cancións que podedes utilizar: Uxía lambona: https://www.youtube.com/channel/UCUd4p5q1RctezprJuep6TWA/videos

Upload: others

Post on 17-Oct-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROPOSTA PARA ACTIVIDADES NA CASA 2020. 8. 16. · 3. Xogos de lóxica-matemática. 4. Psicomotricidade. 5. Secuenciación do día a día. O Equipo de 6º de Educación Infantil elaborou

1

PROPOSTA PARA ACTIVIDADES NA CASA:.

1. Rutinas para comezar o día.

2. Xogos lingüísticos e lecto-escritura.

3. Xogos de lóxica-matemática.

4. Psicomotricidade.

5. Secuenciación do día a día.

O Equipo de 6º de Educación Infantil elaborou unha proposta de actividades para que poidades

facer cos vosos nenos/as durante estes días e así tratar de que non perdan as súas rutinas e

hábitos. Son propostas abertas que podedes facer ao longo do día, no momento que mellor se vos

axuste.

Desexámosvos moita saúde e esperamos vervos dentro de pouco tempo.

RUTINAS PARA COMEZAR O DÍA:

Xa que sabemos os que somos na aula (18) podemos (os nenos) elaborar unhas fichas co nome

dos compañeiros/as da clase. Cada día podemos xogar a que faltan uns cantos; iso serviranos para

contar os que estamos, saber os que faltan, facer preguntas tipo: se somos “X” e faltan “Z” cantos

estamos? E se faltaran 2 máis, 3 menos....? Aproveitamos para contar ata o 20 (para adiante e

para atrás, de dous en dous, cos pares e cos impares...).

O día e o tempo:

-Nunha cuadrícula tipo folla do calendario en branco (só co nome dos días) apuntar o número de

día que é. Ler o nome do día no que estamos. Se hoxe é....que día é mañá? (tanto en número coma

da semana). E onte, que día foi? (vai plantilla feita).

-Para o tempo mirar como está o día nese momento e marcalo na plantilla (sol, sol con nubes,

nubes...). Mirar cal leva máis, cal leva menos, cal de primeiro, cal de segundo..... (vai plantilla feita).

Na páxina de meteogalicia (https://www.meteogalicia.gal/web/inicio.action) miramos tamén a

temperatura mínima e máxima. Nunha táboa de dobre entrada podemos poñer os puntos máximos

e mínimos para poder ver as variacións.

Cancións para pasar o día: son moitas as cancións que podedes utilizar:

Uxía lambona: https://www.youtube.com/channel/UCUd4p5q1RctezprJuep6TWA/videos

Page 2: PROPOSTA PARA ACTIVIDADES NA CASA 2020. 8. 16. · 3. Xogos de lóxica-matemática. 4. Psicomotricidade. 5. Secuenciación do día a día. O Equipo de 6º de Educación Infantil elaborou

2

A páxina de sonárbore no youtube, onde hai grupos e artistas coma: María Fumaça, Magín

Blanco, A gramola gominola, Pirilampo, Mamá Cabra...

https://www.youtube.com/user/sonarboretv/videos

As páxinas de youtube de Paco Nogueiras, Pakolas... A maioría son músicas alegres e

movidas que se poden acompañar de distintos xestos. Pero tamén son necesarias as

músicas tranquilas ou para relaxarnos como as de: A nena e o grilo

https://www.youtube.com/channel/UCtvcCdGLFx_Y9Vg79KDmi2Q/playlists

Tamén calquera tipo de música tranquila, que poidades utilizar durante uns minutos para

relaxar e estar en calma para despois dos momentos de maior actividade

XOGOS LINGÜÍSTICOS E LECTO-ESCRITURA:

- Da Habana veu un barco cargado de…: dicir unha palabra e o resto debe dicir outras que

comecen pola mesma letra. A continuación, debuxar un barco e escribir algunhas das

palabras que se citaron durante o xogo.

- Aprender algún trabalinguas sinxelo e buscar nel, algunha letra ou palabra significativa. Por

exemplo:

- Meter nunha bolsa distintos obxectos cotiás, sacar dous ó azar e inventar unha pequena

historia. Despois, poden debuxar ou representala como si fose unha obra teatral.

- Lectura dun conto, pode ser dun que teñades na casa ou doutros que podedes buscar en

Youtube: por exemplo: A toupa que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza de

Kalandraka ou A cousa que máis doe do mundo de OQO editora. A partir destes, pódense

realizar diversas actividades: recordar o nome dos personaxes e describilos (modelalos con

plastilina ou debuxalos en cartolina para facer unhas marionetas), clarificar feitos

identificando cal é a presentación, o nó e o desenlace; falar sobre as emocións dos distintos

personaxes, formular hipóteses para desenvolver a creatividade, por exemplo, que pasaría

se aparecese no conto o lobo feroz?; imitar os sons dos distintos animais, fenómenos

A PITA PASA,

A PIPA PINGA,

CANDO A PITA PASA,

A PIPA PINGA.

XAN, DI A XAN

QUE LLE DIGA A XAN

QUE VAIA ABRIR A XAN

QUE ESTÁ XAN NA PORTA.

Page 3: PROPOSTA PARA ACTIVIDADES NA CASA 2020. 8. 16. · 3. Xogos de lóxica-matemática. 4. Psicomotricidade. 5. Secuenciación do día a día. O Equipo de 6º de Educación Infantil elaborou

3

naturais e personaxes, elaborar unha ficha de lectura: título, editorial, personaxes principais,

se vos gustou ou non, facer un debuxo onde se faga un resumo do que sucedeu no conto...

- Cando estivemos co tema da ”Paz” fixemos uns versos que relacionaban a paz co Universo,

co espacio. Tamén estamos a voltas coa xeometría, así que pensamos neste poema de

Alberti (ver imaxe), que dalgunha maneira ten relación co Universo e co espacio.

Actividades:

Recitamos o poema

Podémoslle preguntar:

que lles evoca?;

que emocións lles produce?,

cálido?, frío?,

espacioso?, armonía?

Podemos dramatizar o poema, acompañándonos dalgún material:

curvas, rectas, zigzag, letras: con “limpa pipas”

puntos: con algodóns

Por outra banda:

Mostrarlle o cadro de Miró “El oro del azur”.

Nunha cartulina reproducir o cadro de Miró con formas de plastilina.

(Como alternativa pódense facer as formas con barro blanco e pintalas)

- Xerador de sopas de letras: https://www.educima.com/wordsearch.php (coidar que as letras

estén en maiúscula).

- Páxinas de conta-contos: http://www.kalandraka.tv/gl/index.php

XOGOS DE LÓXICA-MATEMÁTICA:

Cantas veces lavo as mans ó día? Interiorizamos o concepto de número a través desta

rutina tan importante, cubriremos un cadro de dobre entrada onde se especifiquen os días

da semana e o número de veces que a crianza lava as mans ó día. Ao final da semana

elaboraremos un gráfico, cunha columna por cada día.

Hora de comer! Pensamos nos ingredientes necesarios, poñémolos en liña e contámolos,

pesamos ou medimos a cantidade necesaria de cada alimento (gramos, litros, puñados...),

pensamos no proceso de cociñado e canto tempo necesitan para estar listos. Receita: título,

dificultade, tempo necesario, ingredientes e cantidades, pasos a seguir e debuxo.

Page 4: PROPOSTA PARA ACTIVIDADES NA CASA 2020. 8. 16. · 3. Xogos de lóxica-matemática. 4. Psicomotricidade. 5. Secuenciación do día a día. O Equipo de 6º de Educación Infantil elaborou

4

O prezo xusto! Elaboramos a lista da compra, enumerando os alimentos e diferentes

produtos. Pensamos canto diñeiro costará algún alimento significativo para elas/es (unha

bandexa de fresas). Fixámonos no prezo de diferentes produtos e a cantidade de diñeiro.

Ring-ring! Programamos unha alarma para tódolos días á mesma hora, e anotamos que

estamos a facer nese momento, dialogamos de si coincide ou non cos días anteriores e

facemos un debuxo. Aproveitamos para fixarnos en diferentes tipos de reloxos.

Actividades cotiás: tempo que tarda un programa da lavadora, cantidade de pinzas que

utilizamos para tender a roupa, forma xeométrica da nosa cama, pratos para poñer a mesa,

separación de residuos, identificación de sons (corazón, respiración, vento, coches...).

Isto non é... usos alternativos a obxectos cotiás (isto non é un plátano, é un micrófono).

Trasvases: trasvase de materiais (auga, terra das plantas...) con diferentes utensilios (culler,

tapóns, pinzas...). Proposta: cantos vasos de auga necesito para encher a ensaladeira?

Conxuntos: fixámonos nas características dun obxecto (cor, para que serve...), buscamos

outros semellantes e clasificámolos nun conxunto (unha mazá vermella pode ser clasificada

na categoría de froitas, ou na categoría de obxectos vermellos en función do criterio).

Que vexo pola fiestra? Edificios altos-baixos, número de fiestras, cores, formas, coches....

Construción (pezas e bloques) e modelado (plastilina, barro...). Concepto de espazo.

Collages a partir de recortes de revistas, periódicos...

Conto “A cebra Camila” (Kalandraka) https://www.youtube.com/watch?v=wuCXO6Zz710:

fixámonos nas raias que ten, as raias que perde e as bágoas que bota por cada raia perdida

así coma na cantidade de pena que ten en cada momento, nos obxectos que lle van doando

(tentamos recordar a secuencia e tamén os animais que a axudan).

Experimentos:

- Miramos pola fiestra a través de materiais translúcidos.

- Flota ou se funde? Comprobando a flotación de diferentes obxectos en dous recipientes

transparentes, un con auga e outro con auga e moita sal (coa sal, a auga vólvese máis

densa e favorece a flotación).

Xogos de mesa: dominó, cartas, parchís, crebacabezas... (podemos elaborar o noso

crebacabezas a partir dunha imaxe dunha revista se a recortamos en pequenos anacos).

Actividades impresas ou en formato dixital:

- Identificar as diferenzas entre dúas imaxes, do estilo da imaxe 4 (ver imaxe).

- Labirintos, do estilo da imaxe 5 (ver imaxe).

- Busca o intruso, do estilo da imaxe 6 (ver imaxe).

- Busca elementos na imaxe, do estilo da imaxe 7 (ver imaxe).

- Colorear por números, do estilo da imaxe 8 (ver imaxe).

Page 5: PROPOSTA PARA ACTIVIDADES NA CASA 2020. 8. 16. · 3. Xogos de lóxica-matemática. 4. Psicomotricidade. 5. Secuenciación do día a día. O Equipo de 6º de Educación Infantil elaborou

5

PSICOMOTRICIDADE:

Sesións de yoga:

https://www.youtube.com/watch?v=MI1S5rM0ou0&feature=emb_title

https://www.youtube.com/watch?v=7fHpf4A9P1I&feature=emb_title

Xogo simbólico: cociña, vendedores supermercado, perruqueiros, familias ....Poden xogar

como na aula con antefaces, disfraces ou teas se é posible.

Cancións de linguaxe de signos xa vistas na clase como a de:

https://www.youtube.com/watch?v=ZibKi5BJs9w (Puerta violeta)

https://www.youtube.com/watch?v=UwfGqoB4SOs (Todos somos capitán)

https://www.youtube.com/watch?v=HiHDRCyV5Es (Eu teño algúen)

Outras propostas: ver imaxe.

Imaxe 1: Calendario

Page 6: PROPOSTA PARA ACTIVIDADES NA CASA 2020. 8. 16. · 3. Xogos de lóxica-matemática. 4. Psicomotricidade. 5. Secuenciación do día a día. O Equipo de 6º de Educación Infantil elaborou

6

Imaxe 2: Rexistro meteorolóxico

Imaxe 3: Poema “Miró”

Page 7: PROPOSTA PARA ACTIVIDADES NA CASA 2020. 8. 16. · 3. Xogos de lóxica-matemática. 4. Psicomotricidade. 5. Secuenciación do día a día. O Equipo de 6º de Educación Infantil elaborou

7

Imaxe 4: Identifica as cinco diferenzas

Imaxe 5: Labirintos de formas xeométricas

Page 8: PROPOSTA PARA ACTIVIDADES NA CASA 2020. 8. 16. · 3. Xogos de lóxica-matemática. 4. Psicomotricidade. 5. Secuenciación do día a día. O Equipo de 6º de Educación Infantil elaborou

8

Imaxe 6: Busca o intruso en cada fila de imaxes

Imaxe 7: Busca elementos na imaxe

Page 9: PROPOSTA PARA ACTIVIDADES NA CASA 2020. 8. 16. · 3. Xogos de lóxica-matemática. 4. Psicomotricidade. 5. Secuenciación do día a día. O Equipo de 6º de Educación Infantil elaborou

9

Imaxe 8: Colorea por números

Page 10: PROPOSTA PARA ACTIVIDADES NA CASA 2020. 8. 16. · 3. Xogos de lóxica-matemática. 4. Psicomotricidade. 5. Secuenciación do día a día. O Equipo de 6º de Educación Infantil elaborou

10

Imaxe 9: Outras propostas

Page 11: PROPOSTA PARA ACTIVIDADES NA CASA 2020. 8. 16. · 3. Xogos de lóxica-matemática. 4. Psicomotricidade. 5. Secuenciación do día a día. O Equipo de 6º de Educación Infantil elaborou

11

Deixámosvos agora unha posible secuenciación do día, feita por Sandra Pérez Longueira, que

sacamos da páxina web de Aulas Galegas (http://aulasgalegas.org/).