anpa ceip seis do nadal · 1. baile moderno actividade de baile orientada a nenos de educación...
TRANSCRIPT
ANPA CEIP SEIS DO NADAL
Valentín Paz Andrade
Memoria das Actividades
Extraescolares
do Curso 2016/2017
Índice
Actividades de nenas e nenos páx. 3
Actividades de nais e pais páx. 11
Concursos páx. 13
Festivais páx.
Cadro xeral de actividades páx. 17
1. BAILE MODERNO
Actividade de baile orientada a nenos de Educación Infantil e Educación
Primaria. Potencia a psicomotricidade e o ritmo, o gusto polo baile e a
danza moderna. Fomenta o coñecemento do propio corpo e a expresión
corporal. Educa aos nenos no traballo ben feito individual e grupalmente.
Nº de participantes: 19
Lugar de realización: Ximnasio do Seis do Nadal
Horario: Luns de 18:00 a 19:00
Monitores: Gaby e Tania
2. BALLET
Actividade de ballet clásico separada en dous grupos pola idade, un
de infantil (3-8 anos) e outro de primaria (8-11 anos). Fomenta a
expresión corporal, o gusto pola danza e a música clásica, a
disciplina e a autoesixencia.
Nº de participantes: 16
Lugar de realización: Ximnasio do Seis do Nadal
Horario: Martes de 16:00 a 17:00 e de 17:00 a 18:00
Monitora:María Costas Muñiz.
3. CÓMIC
Actividade orientada a nenos e nenas de primaria, onde aprenden
técnicas para crear banda deseñada, elaborar os textos e os
debuxos.
Nº de participantes:14
Lugar de realización: Aula de plástica do Seis do Nadal
Horario:Mércoress de 16:00 a 17:00
Monitor: Iago Araujo Molina.
Anpa Valentín Paz Andrade
Memoria de actividades curso 2016/2017 4
4. INGLÉS
Obradoiro de idioma adaptado ás necesidades dos nenos en función da súa idade. Utilízase
un método directo, comunicativo e creativo baseado no emprego de marionetas, na realización de ma-
nualidades e na participación en cancións, xogos e
contos en inglés.
Nº de participantes: 16
Lugar de realización: Nunha aula do centro escolar
Horario: Venres de 16:00 a 17:00, de 17:00 a 18:00 e de 18:00 a 19:00
Monitora: Ana
5. INICIACIÓN O DEPORTE
Actividade lúdico-deportiva para nenos de E.I. ata primeiro de
primaria orientada a traballar aspectos moi valiosos para o
desenvolvemento do seu futuro deportivo e psicomotriz.
Coñecemento de distintos deportes, potenciación da
psicomotricidades, do respeto os demais, do traballo en equipo,
de cumprimento das normas, de xogo, práctica de deporte
base limpo e integrador.
Nº de participantes: 44
Lugar de realización: No ximnasio do Seis do Nadal
Horario: Xoves de 16:00 a 17:00 e de 17:00 a 18:00
Monitores:
Rodolfo Lago Méndez.
Andrea González Durán.
Yanet Betancor Vázquez.
Anpa Valentín Paz Andrade
Memoria de actividades curso 2016/2017 5
6. KUNG-FU
Arte marcial para nenos de primaria ata nenos de primeiro da ESO,
potencia a disciplina, concentración, respeto... ademais da
flexibilidade, tonicidade muscular, resistencia cardiopulmonar e
reforzo inmunolóxico. Úsanse distintas técnicas, individual, por
parella ou en grupo.
Nº de participantes: 31
Lugar de realización: No patio interior do colexio destinado a psicomotricidade
Horario: Martes e xoves de 16:00 a 17:00 e de 17:00 a 18:00
Monitores:
Víctor Peleteiro Ogando.
Francisco Javier Fernández Domínguez.
7. MANUALIDADES
Traballos para nenos a partir de 6 anos, moi variados con distintos
materiais. Pastas modelables (porcelana, miga de pan, etc.),
decoración de obxectos (barro, marmolina, escaiola, etc.), imitación de
materiais e acabados (craquelado, pan de ouro, etc.), papel maché,
pintura sobre tela, etc…Fomenta o traballo ben feito, o gusto polo
traballo minucioso, a limpeza e a orde.
Nº de participantes: 10
Lugar de realización: Na aula destinada para plástica
Horario: Martes e mércores de 16:00 a 17:30
Monitora: Ánxeles
Anpa Valentín Paz Andrade
Memoria de actividades curso 2016/2017 6
8. COA MÚSICA A OUTRA PARTE
Actividade para nenos de E.I., taller de iniciación á música e ó son
dos instrumentos. Desenvolvemento da motricidade e integración
das áreas físicas, psíquicas e sociais a través da expresión corporal e
a danza.
Actividade para nenos de primaria na que se pretende ofrecer ós
alumnos unhas pautas para a súa “autosuficiencia musical”, que o
axuden a disfrutar do instrumento e da música en xeral. Traballo en
diferentes aspectos: solfeo, teoría, interpretación, etc. Pódese optar
por calquera instrumento.
Nº de participantes: 21
Lugar de realización: Na aula do centro escolar destinada a música
Horario: Mércores de 16:00 a17:00 para nenos de E.I, e de 17:00 a 18:30 para nenos de Primaria.
Monitor: Saúl Puga Amoedo.
9. LINGUA DE SIGNOS
Actividade que fai chegar a Lingua de Signos a todos dunha maneira divertida,
mediante cancións e xogos.
Nº de participantes: 6
Lugar de realización: Aula do centro específica
Horario: Luns de 17:00 a 18:00
Monitoras: Aranzazu e Erea
Anpa Valentín Paz Andrade
Memoria de actividades curso 2016/2017 7
10. NATACIÓN MQA NAVIA
Para E.I. e Primaria. Nº de participantes: 27
Lugar de realización: Mais que Auga áreas deportivas en Navia Horario: Xoves e Venres de 16:30 a 17:15
11. NATACIÓN MQA FLORIDA
Para E.I. e Primaria.
Nº de participantes: 49
Lugar de realización: Mais que Auga áreas deportivas
Horario: Luns, martes mércores e venresde 16:30 a 17:15. Luns de 15:45 a 16:30.
12. NATACIÓN IMD
Para E.I. e Primaria.
Nº de participantes: 7
Lugar de realización: Instituto Municipal dos Deportes das Travesas
Horario: Luns e martes de 16:45 a17:30
Anpa Valentín Paz Andrade
Memoria de actividades curso 2016/2017 8
13. PATINAXE
A partir dos 4 anos. Actiividade que aúna o deporte e a danza. Tra-
ballando a expresión corporal, a elasticidade, flexibilidade, equili-
brio, ritmo..
Nº de participantes: 38
Lugar de realización: Nas pistas cubertas da escola
Horario: Xoves de 17:00 a 18:00
Monitora: Carlota y Diego
.
14. PEQUENOS GRANDES CINEASTAS
Actividade na que se pretende achegar a producción audiovisual aos
nenos e nenas.Dende a escrita do guión, actuación e posta en escea,
construcción de decorados e vestiario, gravación... Fomentando o
traballo en equipo e a búsqueda das habilidades e capacidades de ca-
da neno. Para nenos de Primaria
Nº de participantes: 11
Lugar de realización: No patio interior do colexio destinado a psicomotricidade
Horario: Luns de 16:00 a 17:30
Monitoras: Isabel
Anpa Valentín Paz Andrade
Memoria de actividades curso 2016/2017 9
15. PINTURA
Para nenos de Infantil e Primaria. Dous grupos por idades, no
primeiro grupo de E.I. a 1º de primaria e o segundo grupo de 1º
en adiante. Potencia o gusto polas artes plásticas, utilizando dis-
tintas técnicas (óleo, acuarela, ceras, debuxo...). Fomenta o gus-
to polo traballo ben feito e a valoración ao traballo dos demáis.
Nº de participantes: 34
Lugar de realización: Na aula de plástica do centro escolar
Horario: Xoves de 16:00 a 17:00 e de 17:00 a 18:30
Monitora: Eva Cabaleiro.
16. XIMNASIA RÍTMICA
Traballo con música nos diferentes aparatos: gasas, cintas, aros,
pelotas, cordas, mazas, abanicos, mantones, chisteras, cajas,
combinado con exercicios corporais propios da ximnasia rítmica.
Potencia a psicomotricidade, o coñecemento, respeto e coidado do
propio corpo, a expresión corporal, a elasticidade e flexibilidade.
Fomenta a disciplina e o traballo de equipo. Para nenas de primaria
e secundaria, catro grupos por idades. Actuacións nos Festivais de
Nadal, Fin de curso e Día da Rítmica
Nº de participantes: 45
Lugar de realización: No ximnasio do Seis do Nadal
Horario: Luns, mércores e venres de 16:00 a
17:00 de 17:00 a 18:00 e de 18:00 a
19:00
Monitora:Carmela
Anpa Valentín Paz Andrade
Memoria de actividades curso 2016/2017 10
16. ENCAIXE DE BOLILLOS
Aprendizaxe da técnica de bolillos, realizándoa en traballos
atractivos.
Nº de participantes: 10
Lugar de realización: Na aula do Seis do Nadal
Horario: Martes de 16:30 a 18:30.
Monitora: Merchi
17. XIMNASIA DE MANTEMENTO
Actividad dinámica onde faise un traballo de aerobic, steps,
pelotas, bandas, mancuernas, esterillas, picas, pelotas de
pilates... ademais de traballar a diario cervicais, abdominais,
lumbares, brazos, pernas….Poténciase a coordinación,
elasticidade, resistencia, forza, ademáis da interacción, diversión e
momentos onde escapar do día a día. Traballo acompañado de
música. Sempre se inclúen momentos de estiramentos e relax
Nº de participantes: 92
Lugar de realización: No ximnasio
Horario: Luns, martes, mércores, xoves e venres de 19:30 a 20:30 e de 19:15 a 21:15.
Monitora: Carmela
Anpa Valentín Paz Andrade
Memoria de actividades curso 2016/2017 12
18. CONCURSO DE DEBUXO
O concurso de debuxo está dirixido a todas as
nenas e nenos do colexio, segundo categorías que
corresponden cos cursos escolares. Ten un tema
pechado, normalmente de acordo co tema anual
escollido polo centro. É presencial: os nenos e
nenas teñen que traer o seu material e deben
realizar o seu debuxo nun tempo estipulado.
O xurado está formado por profesorado do colexio
e das actividades extraescolares artísticas. As
nenas e nenos reciben premios coma diplomas e
libros. Os debuxos expóñense nos corredores do
centro un tempo.
Nº de participantes: 100
Lugar de realización: Diferentes aulas do centro
Horario: Unha tarde de maio de 17:00 a 20:00
Xurado: Profesores do centro e das actividades de artes
plásticas das actividades extraescolares
Anpa Valentín Paz Andrade
Memoria de actividades curso 2016/2017 14
FESTIVAL DE FIN DE CURSO
Está dirixido a todas as nenas e nenos do colexio. É unha semana especial de mostra e
exhibición de actividades extraescolares tanto da ANPA como da Agrupación Deportiva.
Durante esta semana hai: campionatos abertos de baloncesto e balonmán, exhibicións
dekung-fu, patinaxe, ximnasia rítmica e de mantenemento, actuacións de baile moderno,
ballet, música, lingua de signos, pase da curtametraxe dos cineastas, exposicións de
pintura e manualidades.
Hai unha merenda, invitación da ANPA coa participación de colaboradores da zona, para
tódolos nenos e nenas participantes das actividades extraescolares e dos torneos destos
días.
Entrega dos premios do Concurso de Pintura.
Entrega de agasallos, por parte da ANPA, a tódolos monitores e monitoras do curso,
coidadoras do colexio, colaboradores comercias e xurados etc.
É unha festa de Fin de Curso das actividades da ANPA, onde están invitados tódolos nenos,
profesores e familias do centro escolar.
Anpa Valentín Paz Andrade
Memoria de actividades curso 2016/2017 16