programaciÓns do departamento de economÍa ies do castro, curso 2016...

80
PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016-2017 ECONOMIA 4º ESO I NTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN A formación en economía faise necesaria nun contexto globalizado, no que as relacións entre os axentes económicos e sociais son cada día máis complexas. A consideración do comportamento económico das persoas na procura da satisfacción das súas necesidades, así como da produción e da organización dos bens e os servizos necesarios, e da distribución dos recursos escasos facilitan a compresión da realidade social. Calquera persoa necesita coñecer as regras básicas que explican os acontecementos económicos e a linguaxe específica utilizada por economistas e medios de comunicación para analizar eses feitos. O estudo da economía axuda a percibir e a coñecer o mundo, e posibilita analizar e afondar nas relacións humanas, facilita a comprensión dos conceptos utilizados habitualmente na análise económica e empresarial, serve para potenciar destrezas de razoamento, abstracción e interrelación, e proporciona ferramentas para examinar de xeito crítico a sociedade. E contribúe tamén a desenvolver a curiosidade intelectual, a capacidade analítica, o rigor e a amplitude de perspectivas á hora de indagar no coñecemento de variables como o crecemento, a pobreza, a educación, a saúde, a riqueza, o ambiente, etc. Proporciona importantes coñecementos matemáticos e estatísticos, habilidades de comunicación oral e escrita para explicar e transmitir ideas e conclusións, con argumentos e evidencias empíricas, sentido da ética e respecto polo ser humano, así como unha intensa capacidade de traballo, tanto individual como en equipo. O enfoque empregado pola economía na resolución dos problemas sociais distínguea das restantes ciencias sociais. A materia de 4º de ESO distribúese en seis bloques que permiten o estudo da economía como ciencia e do papel dos axentes económicos. No bloque 1 ("Ideas económicas básicas") recóllense aspectos relativos aos principios económicos, á terminoloxía propia e á metodoloxía da ciencia económica. No bloque 2 ("Economía e empresa") analízase o papel e o funcionamento do/da axente de empresas na economía. O seguinte bloque ("Economía persoal") está dedicado ao estudo da transcendencia das decisións económicas na vida das persoas. O cuarto bloque ("Economía e ingresos e gastos do Estado") repasa o papel estatal no funcionamento económico a través da análise dos seus ingresos e gastos. No quinto bloque ("Economía e tipos de xuro, inflación e desemprego") repásanse os aspectos máis salientables da economía financeira e a súa repercusión na actividade económica e o nivel de emprego. E para rematar, o bloque de "Economía internacional" fai un breve repaso do funcionamento do sector exterior da economía con especial fincapé nas repercusións da integración económica e a globalización. Así nesta programación partirase de considerar que a situación económica actual e os cambios acontecidos nos últimos anos, fan preciso que o programa se oriente cara a consideración dun sistema económico planetario globalizado no que as relacións económicas son cada vez máis complexas, caracterizado polos conflitos, as desi- gualdades nas que se enfrontan unha xeografía da riqueza, ou incluso do dispendio, e unha xeografía da pobreza, pobreza que pouco mellorou nos últimos anos, incluso aumentando as desigualdades trala última crise, e polo dominio absoluto do capital financeiro. En tal sistema produtivista e consumista é transcendental a problemática

Upload: others

Post on 10-Apr-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016-2017

ECONOMIA 4º ESO

I NTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

A formación en economía faise necesaria nun contexto globalizado, no que asrelacións entre os axentes económicos e sociais son cada día máis complexas.

A consideración do comportamento económico das persoas na procura da satisfaccióndas súas necesidades, así como da produción e da organización dos bens e os servizosnecesarios, e da distribución dos recursos escasos facilitan a compresión da realidadesocial.

Calquera persoa necesita coñecer as regras básicas que explican osacontecementos económicos e a linguaxe específica utilizada por economistas e mediosde comunicación para analizar eses feitos. O estudo da economía axuda a percibir e acoñecer o mundo, e posibilita analizar e afondar nas relacións humanas, facilita acomprensión dos conceptos utilizados habitualmente na análise económica e empresarial,serve para potenciar destrezas de razoamento, abstracción e interrelación, e proporcionaferramentas para examinar de xeito crítico a sociedade. E contribúe tamén a desenvolvera curiosidade intelectual, a capacidade analítica, o rigor e a amplitude de perspectivas áhora de indagar no coñecemento de variables como o crecemento, a pobreza, aeducación, a saúde, a riqueza, o ambiente, etc. Proporciona importantes coñecementosmatemáticos e estatísticos, habilidades de comunicación oral e escrita para explicar etransmitir ideas e conclusións, con argumentos e evidencias empíricas, sentido da ética erespecto polo ser humano, así como unha intensa capacidade de traballo, tanto individualcomo en equipo.

O enfoque empregado pola economía na resolución dos problemas sociaisdistínguea das restantes ciencias sociais. A materia de 4º de ESO distribúese en seisbloques que permiten o estudo da economía como ciencia e do papel dos axenteseconómicos. No bloque 1 ("Ideas económicas básicas") recóllense aspectos relativos aosprincipios económicos, á terminoloxía propia e á metodoloxía da ciencia económica. Nobloque 2 ("Economía e empresa") analízase o papel e o funcionamento do/da axente deempresas na economía. O seguinte bloque ("Economía persoal") está dedicado ao estudoda transcendencia das decisións económicas na vida das persoas. O cuarto bloque("Economía e ingresos e gastos do Estado") repasa o papel estatal no funcionamentoeconómico a través da análise dos seus ingresos e gastos. No quinto bloque ("Economíae tipos de xuro, inflación e desemprego") repásanse os aspectos máis salientables daeconomía financeira e a súa repercusión na actividade económica e o nivel de emprego.E para rematar, o bloque de "Economía internacional" fai un breve repaso dofuncionamento do sector exterior da economía con especial fincapé nas repercusións daintegración económica e a globalización.

Así nesta programación partirase de considerar que a situación económica actual eos cambios acontecidos nos últimos anos, fan preciso que o programa se oriente cara aconsideración dun sistema económico planetario globalizado no que as relaciónseconómicas son cada vez máis complexas, caracterizado polos conflitos, as desi-gualdades nas que se enfrontan unha xeografía da riqueza, ou incluso do dispendio, eunha xeografía da pobreza, pobreza que pouco mellorou nos últimos anos, inclusoaumentando as desigualdades trala última crise, e polo dominio absoluto do capitalfinanceiro. En tal sistema produtivista e consumista é transcendental a problemática

Page 2: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

ambiental, a relación da Economía coa Natureza considerando un Sistema Económicoaberto á mesma, e analizando a problemática dos distintos recursos, renovábeis, e nonrenovábeis e dos residuos. Así mesmo é preciso analizar o papel preponderante dosistema financeiro globalizado que provocou as crises actuais.

Neste contexto onde a economía está presente en todos os aspectos da nosa vidacotián calquera cidadán precisa coñecer as regras básicas que explican osacontecementos económicos e a linguaxe que emprega esta disciplina para poder tomaras súas decisións económicas e facer xuízos de valor sobre a situación socioeconómicaque o rodea, sempre a un nivel de educación secundaria obrigatoria, e sobre conceptosinstrumentos e aconteceres económicos da vida cotián. Esta materia debe servir paracoñecer as regras básicas que explican os acontecementos económicos, a linguaxeeconómica empregada nos medios e proporcionar ferramentas para examinar de xeitocrítico a sociedade observando e valorando as políticas actuais.

Terase tamén moi en conta que estamos en Galicia, Comunidade Autónoma concaracterísticas socio-económicas lingüísticas e culturais diferenciadas e que o entorno doInstituto, Vigo e comarca, é un entorno urbano economicamente importante onde sedesenvolven sectores da economía galega salientables, pesca, o porto, estaleiros,canteiras de Porriño, PSA Citroen etc. Os exemplos reais tomaranse desta realidadepróxima para chegar á economía global.

Para desenvolver os distintos bloques do currículo desta materia, estaprogramación consta de 12 unidades didácticas, pudendo haber criterios ou estándaresdun bloque do currículo en algunha unidade que maioritariamente pertence a outro, estasunidades son as seguintes:

Bloque 1. Ideas económicas básicas Unidade 1 Introdución á Economía. Distintas organizacións económicas. O sistema económico.

Unidade 2. As actividades económicas e a produción

Unidade 3 Os axentes económicos.

Bloque 2. Economía e empresa

Unidade 4 A empresa e o/a empresario/a.

Bloque 3. Economía persoal

Unidade 5 As familias, traballadores e consumidores.

Unidade 6 As familias, economía familiar e persoal

Bloque 4 Economía, e tipos de xuro, inflación

Unidade 7 O sistema financeiro e a Inflación

Unidade 8 Aforro e investimento

Bloque 5 Economía Ingresos e gastos do Estado

Unidade 9 A Renda e a súa distribución

Unidade 10 Ingresos e gastos do estado

Page 3: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Bloque 6 Economía internacional

Unidade 11 Comercio exterior, tipos de cambio

Unidade 12 A globalización

COMPETENCIAS As competencias clave do currículo serán as seguintes:

- Comunicación lingüística (CCL). Competencia matemática e competencias básicas enciencia e tecnoloxía (CMCCT). Competencia dixital (CD). Aprender a aprender (CAA).Competencias sociais e cívicas (CSC). Sentido de iniciativa e espírito emprendedor(CSIEE). Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Nesta materia tendo en conta os seus contidos sociais, o seu carácter de cienciasocial, a súa relación coa política, e a metodoloxía que se vai empregar nesta programación,en todos os bloques, en maior ou menor grao, se desenvolveran estratexias quedesenvolvan todas estas competencias. A CCL, CMCCT, CD, CAA, serán instrumentosprocedimentais en todos os temas e moitos estándares. A CSC, CSIEE, e CCECdesenvolveranse especialmente naqueles outros estándares sobre análise da realidadesocioeconómica, valoración da situación e achega de propostas.

As competencias desenvolveranse facendo moita variedade de actividades:lecturas comprensivas de noticias ou artigos, e de algún libro ou cómic; veranse vídeos;cálculos matemáticos, análise de datos e interpretación e realización de gráficosestatísticos; pequenos traballos de ampliación de información; busca de información narede, e nos xornais; emprego da tecnoloxía dixital para facer os traballos e para buscar,procesar, e valorar información para adquirir novos coñecementos; análise e valoracióncrítica das repercusións dalgún feitos económicos na sociedade; actividades paradesenvolver a iniciativa e espírito emprendedor coas propostas de solucións aosproblemas ou con novos retos persoais; propostas de compromisos co entorno físico esocial global dende o local, recoñecendo as achegas culturais galegas nas actividadeseconómicas e en xeral no desenvolvemento como persoas.

OBXECTIVOS

Partindo dos obxectivos curriculares da Educación Secundaria Obrigatoria nesta

materia de estudio da realidade socioeconómica propoñemos como obxectivos específicos

os seguintes:

- Coñecer conceptos económicos para aplicalos ó estudio da realidade persoal e social e

poder facer xuízos de valor razoados.

- Coñecer os trazos da Economía galega e española no contexto mundial.

- Analizar de xeito crítico este modelo de produción e consumo pola destrución que supón

da natureza e polas desigualdades entre as persoas, buscar causas e factores que as

perpetúan e analizar e propor distintas solucións.

- Usar os coñecementos para abordar de xeito autónomo problema económicos do entorno

próximo analizando de xeito crítico a información dos medios de comunicación.

- Propor medidas de actuación dos individuos nos cambios socioeconómicos desde a

Page 4: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

tolerancia, a solidariedade e a cooperación entre persoas e grupos.

- Consolidar unha madureza persoal e social que lle permita actuar de forma responsable e

autónoma e desenvolver o seu espírito crítico propondo prever e resolver pacificamente os

conflitos persoais, familiares e sociais.

- Fomentar a igualdade de dereitos e a igualdade de oportunidades reais entre mulleres e

homes, entre todo tipo de persoas, e analizar e valorar criticamente as desigualdades e

discriminacións existentes e, en particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade

real e a non discriminación das persoas.

- Valorar e desenvolver hábitos de vida saudable.

- Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das

condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio ambiente e

a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.

- Desenvolver o dominio da lingua galega e castelán e das Tics. Desenvolver hábitos de

estudio, lectura e disciplina e aprender a aprender.

- Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e contribuír á súa

conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES.

Bloque 1. Ideas económicas básicas

Unidade 1 Introdución á Economía. Distintas organizacións económicas. O sistema económico.

Contidos

As necesidades humanas hoxe onte, aquí e acolá. Necesidades primarias secundarias esociais, económicas ou non económicas. Actividade económica e sociedade. Principios na toma de decisións económicas.

Escaseza, elección e asignación de recursos monetarios e naturais. Custo de oportunidade.

Economía como ciencia: O método na economía: modelos económicos. A economía unha Ciencia Social.

As relacións económicas básicas e a súa representación.

Os sistemas económicos. O sistema capitalista. Outros sistemas.

Criterios de avaliación

- Explicar as necesidades humanas, os tipos delas e observar como están cubertas no

mundo. Os Obxectivos do desenvolvemento sostible ODS

- Coñecer as actividades económicas e a súa relación coas necesidades. Identificar distintas

actividades e distintos tipos de bens e servizos.

- Recoñecer a produción e consumo como obxecto de estudio da Economía.

- Explicar a economía como ciencia social e relacionala coa política a sociedade e outras

Page 5: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

ciencias.

- Valorar o impacto permanente das decisións económicas na vida das persoas.

- Identificar a terminoloxía económica básica e o uso dos modelos económicos, e

familiarizarse con eles.

- Tomar conciencia dos principios da economía para aplicar nas relacións económicas

básicas cos condicionantes de recursos e as necesidades.

- Identificar os grandes trazos dos distintos sistemas económicos nas súas relacións

básicas.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos

. Recoñece a escaseza de recursos e a necesidade de elixir e tomar decisións como as

claves dos problemas básicos de calquera economía, e comprende que todas as eleccións

supoñen renunciar a outras alternativas e que todas as decisións teñen consecuencias.

(100%)

. Distingue formas de analizar e resolver problemas económicos, e identifica as súas

vantaxes, os seus inconvenientes e as súas limitacións. (60%)

. Comprende e utiliza correctamente termos da área da economía. Diferencia entre

economía positiva e economía normativa. (100%)

. Interpreta os modelos de representación da realidade económica, e emprega os termos e a

metodoloxía apropiados para analizar problemas económicos concretos. (25%)

. Representa e analiza graficamente o custo de oportunidade mediante a fronteira de

posibilidades de produción mediante un exemplo sinxelo da súa realidade cotián. (50%)

. Identifica na realidade histórica os grandes trazos dos distintos sistemas económicos.(60%)

. Compara sistemas económicos, a nivel histórico e utilizando exemplos actuais do ámbito

internacional. (60)%)

Unidade 2. As actividades económicas e a produción

Contidos

A actividade económica. Proceso produtivo e factores produtivos.

O problema dos recursos naturais e a produción.

A tecnoloxía e a responsabilidade social das tecnoloxías aplicadas.

Custo de oportunidade e fronteira de posibilidades de produción

Sectores da actividade económica

Criterios de avaliación

- Identificar os factores de produción.

- Analizar as características principais do proceso produtivo distinguindo produción de bens

e de servizos. Fases do proceso.

- Examinar con exemplos concretos as funcións económicas da Natureza. Problemas

Page 6: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

actuais.

- Coñecer distintas propostas de solución: técnicas, acordos internacionais, leis, taxas de

contaminación, dereitos negociables, etc.

- Coñecer os conceptos de tecnoloxía e de produtividade.

-Valorar o papel da tecnoloxía e as súas implicacións sociais e ambientais.

-Coñecer a Economía Ecolóxica, límites dos recursos, métodos de integrar a Natureza,

distintas opcións.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos

. Coñece os conceptos de produción e consumo. (100%9

. Pon exemplos sinxelos de distintos procesos produtivos. (80%)

. Identifica os distintos factores produtivos: recursos naturais e enerxía, traballo, e capital

físico e financeiro. (100%)

. Valora o problema da natureza e as actividades económica, como subministradora de

recursos e como receptora de residuos. (100%)

. Coñece concepto de tecnoloxía e de produtividade. Analiza os tipos de factores produtivos

e as relacións entre produtividade, eficiencia e tecnoloxía. (50%)

. Valora o papel da tecnoloxía e as súas implicacións sociais e ambientais. (60%)

. - Analizar as combinacións dos factores produtivos e as relacións entre produtividade,

eficiencia e tecnoloxía. (50%)

. Representa e analiza graficamente o custo de oportunidade mediante a fronteira de

posibilidades de produción. (50%)

. Identifica os sectores económicos e clasifica distintas actividades nos mesmos, así como

os seus retos e as súas oportunidades. (100%)

Unidade 3 Os axentes económicos.

Contidos

Os axentes económicos. Empresas, familias, sector público.

Relacións económicas básicas entre os distintos axentes. O fluxo circular da renda.

O mercado capitalista. Competencia perfecta e imperfecta.

Obxectivo da Economía actual, o crecemento económico.

Problemas do crecemento, o modelo produtivista consumista e o medio ambiente.

Criterios de avaliación

- Identificar os distintos axentes económicos e o seu papel na economía.

- Analizar as relacións que se dan entre os mesmos.

- Identificar o papel e os niveis do sector público en España.

Page 7: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

- Observar na realidade problemas económicos provenientes das relacións económicas

entre os distintos axentes no seu contorno.

- Observar actuacións na realidade doutros axentes secundarios, sindicatos, ongs,

asociacións de empresarios.

- Tomar conciencia dos principios da economía para aplicar nas relacións económicas

básicas cos condicionantes de recursos e as necesidades.- Valorar o problema do crecemento ilimitado, obxectivo deste sistema

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos

. Coñece os axentes económicos, familias (traballadoras e consumidoras), empresas e

sector público

. Identifica na realidade os distintos axentes económicos. (100%)

. Busca nas noticias dos xornais exemplos deles, sobre todo da comarca e de Galicia..

(60%)

. Representa as relacións que se establecen entre as economías domésticas e as

empresas. (50%)

. Aplica razoamentos básicos para interpretar problemas económicos provenientes das

relacións económicas do seu contorno. (80%)

. Valora as repercusións sociais e políticas do modelo de crecemento produtivista

consumista actual. (80%)

Bloque 2. Economía e empresa

Unidade 4 A empresa e o/a empresario/a.

Contidos

A empresa e o/a empresario/a. Elementos, funcións e obxectivos da empresa.

Clases de empresas.

Formas xurídicas da empresa

Fontes de financiamento das empresas. Novas formas de financiamento

Ingresos e custos da empresa: clasificación

Resultados da empresa.

Obrigas da empresa. Seguridade social. Obrigas fiscais das empresas

A responsabilidade social corporativa das empresas, R.S.C.

Criterios de avaliación

- Coñecer o concepto de empresa e identificar os distintos tipos segundo distintos criterios

de clasificación.

- Buscar exemplos de empresas de bens e de servizos na realidade máis próxima, Vigo e

Page 8: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Galicia.- Describir os tipos de empresas e as formas xurídicas das empresas, e relacionar con cada unha coas súas esixencias de capital e as responsabilidades legais dos/das propietarios/as e xestores/as, así como as interrelacións das empresas no seu contorno inmediato.

- Identificar as fontes de financiamento das empresas.

- Determinar, para un caso sinxelo, a estrutura de ingresos e custos dunha empresa, calculando o seu beneficio.

- Coñecer as obrigas das empresas.

- Diferenciar os impostos que afectan as empresas e a importancia do cumprimento das obrigas fiscais.

- Valorar a importancia de que as empresas adopten unhas estratexias de R.S.C.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos. Distingue as formas xurídicas das empresas e relaciónaas coas esixencias de capital para a súa constitución e coas responsabilidades legais para cada tipo. (100%)

. Identifica e valora as formas xurídicas de empresas máis apropiadas en cada caso, en función das características concretas, aplicando o razoamento sobre clasificación das empresas. (80%)

. Distingue os tipos de empresas e de empresarios/as que actúan no seu ámbito, así como a forma de interactuar co seu contorno máis próximo e os efectos sociais e ambientais, positivos e negativos, que se observan. (100%)

. Explica as posibilidades de financiamento das empresas e diferencia o financiamento externo e o interno, a curto e a longo prazo, así como o custo de cada unha e as implicacións na marcha da empresa. (60%)

. Distingue os ingresos e os custos dunha empresa, calcula o seu beneficio ou a súa perda, aplicando razoamentos matemáticos, e interpreta os resultados. (70%)

. Identifica as obrigas fiscais das empresas segundo a súa forma xurídica e as actividades, e sinala o funcionamento básico dos impostos e as principais diferenzas entreeles. (60%)

. Valora a achega que para a riqueza nacional supón a carga impositiva que soportan as empresas. (60%)

. Valora a adopción de estratexias de R.S.C. (60%)

Bloque 3. Economía persoal

Unidade 5 As familias, traballadores e consumidores.

Contidos

O mercado de traballo e obtención de rendas. Distintas rendas.

Poboación activa e inactiva, ocupada e parada. Taxas.

Salario e nómina. Compoñentes.

O desemprego. Tipos causas e consecuencias do desemprego. Diferencias entre xéneros e comunidades. O desemprego en Galicia.

Perspectivas da ocupación.

Page 9: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Criterios de avaliación

- Ver o papel das economías domésticas en canto a traballo e a consumo.

- Facer clasificación da poboación segundo mercado de traballo. Calcular as distintas taxas.

- Coñecer distintos tipos de renda familiar.

- Identificar os concepto de salario, salario real e monetario, o SMI.

- Calcular o salario neto dunha nómina a partires dos seus compoñentes.

- Coñecer o papel dos sindicatos e os convenios colectivos.

- Coñecer os datos do desemprego, tipos causas e consecuencias.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos. Identifica o papel das economías domésticas en canto a traballadores (por conta propia ou allea) e a consumidores (100%)

. Distingue poboación activa inactiva, ocupada ou parada e calcula as distintas taxas (100%)

. Coñece distintos tipos de renda familiar. (100%)

. Identifica e calcula os elementos dunha nómina. (100%)

. Indaga sobre actuacións dos sindicatos e busca algún convenio colectivo. (60%)

. Describe as causas do desemprego e valora as súas principais repercusiónseconómicas e sociais. (50%)

. Analiza os datos de desemprego en España e Galicia e indaga sobre as políticas contrao desemprego. (60%)

. Investiga e recoñece vieiros e tendencias de emprego. (50%)

Unidade 6 As familias, economía familiar e persoal

Contidos

Orzamento persoal. Control de ingresos e gastos. Xestión do orzamento. Obxectivos e prioridades.

Planificación económico-financeira: necesidades económicas nas etapas da vida.

Aforro e endebedamento.Criterios de avaliación

- Realizar un orzamento persoal distinguindo entre os tipos de ingresos e gastos, econtrolar o seu grao de cumprimento e as posibles necesidades de adaptación.

- Decidir con racionalidade ante as alternativas económicas da vida persoal, erelacionalas co benestar propio e social.

- Expresar unha actitude positiva cara ao aforro, e empregar o aforro como medio paraalcanzar diversos obxectivos.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos. Elabora un orzamento ou plan financeiro persoal, identificando os ingresos e os gastos

integrantes, e realiza o seu seguimento. (100%)

. Utiliza ferramentas informáticas na preparación e desenvolvemento dun orzamento ouplan financeiro personalizado. (80%)

. Manexa gráficos de análise que permiten comparar unha realidade personalizada coasprevisións establecidas. (60%)

Page 10: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

. Comprende as necesidades de planificación e do manexo de asuntos financeiros aolongo da vida. Esa planificación vincúlase á previsión realizada en cada etapa, deacordo coas decisións tomadas e a marcha da actividade económica nacional. (50%)

. Recoñece e explica a relevancia do aforro e do control do gasto. (60%)

. Analiza as vantaxes e inconvenientes do endebedamento, valorando o risco eseleccionando a decisión máis axeitada para cada momento. (50%)

Bloque 4 Economía, e tipos de xuro, inflación

Unidade 7 O sistema financeiro e a Inflación

Contidos

O diñeiro, tipos funcións e evolución. A oferta monetaria

O sistema financeiro, elementos. Os activos financeiros e os mercados.

O BCE, funcións. Tipos de xuro, de que dependen?

A inflación. Principal medidor da mesma.

Causas e efectos da inflación.

Consecuencias dos cambios dos tipos de xuro na inflación e na economía en xeral. A política monetaria.

Criterios de avaliación

- Recoñecer o funcionamento básico do diñeiro.

- Identificar os elementos do sistema financeiro, identificar os activos financeiros máisimportantes e os mercados.

- Observar as funcións dos bancos e do BCE. Indagar sobre tipos de xuro nos bancos eno BCE.

- Identificar o Ipc e facer lixeira aproximación ao xeito do seu cálculo.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos. Recoñece as funcións e tipos de diñeiro. (100%9

. Coñece o papel dos bancos, do BCE e doutros mercados como a bolsa. (80%)

. Describe as causas da inflación e valora as súas principais repercusións económicas esociais. (80%)

. Explica o funcionamento dos tipos de interese e as consecuencias da súa variación paraa marcha da economía e a súa relación coa inflación e o desemprego. (100%)

. Valora e interpreta datos e gráficos de contido económico relacionados cos tipos de xuro,inflación e desemprego. (100%)

Unidade 8 Aforro e investimento

Contidos

Distintos produtos financeiros Contratos financeiros: contas e tarxetas de débito e crédito. Relacións no mercado financeiro: información e negociación.

Implicacións dos contratos financeiros. Dereitos e responsabilidades dos/das

Page 11: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

consumidores/as no mercado financeiro.

Aforro ou investimento. Instrumentos de investimento. Risco e diversificación.

O seguro como medio para a cobertura de riscos. Tipoloxía de seguros.

Criterios de avaliación

- Identificar distintos produtos financeiros- Diferenciar os tipos de contas bancarias e de tarxetas emitidas como medios de pagamento, e valorar a oportunidade do seu uso con garantías e responsabilidade.- Coñecer os produtos de aforro e de investimento.

- Facer consideracións sobre a capacidade de endebedamento persoal.

- Coñecer nivel de riscos dos distintos investimentos.

- Coñecer o concepto de seguro e a súa finalidade.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos. Comprende os termos fundamentais e describe o funcionamento das contas na

operativa bancaria. (100%)

.Valora e comproba a necesidade de interpretar as cláusulas dos contratos bancariospara coñecer os dereitos e as obrigas que se derivan delas, así como a importancia deoperar en condicións de seguridade cando se empregan procedementos telemáticos.(80%)

. Recoñece a capacidade de negociación coas entidades financeiras e analiza osprocedementos de reclamación ante estas. (60%)

. Identifica e explica as modalidades de tarxetas bancarias, así como os elementos e osprocedementos que garanten a seguridade na súa operativa. (100%)

. Identifica e valora o risco de distintos activos financeiros instrumentos de investimento.(80%)

. Identifica, describe e clasifica os tipos de seguros segundo os riscos ou as situaciónsadversas nas etapas da vida. (50%)

Bloque 5 Economía Ingresos e gastos do Estado

Unidade 9 A Renda e a súa distribución

Contidos

As macromagnitudes. Vías de cálculo do PIB.

A renda per cápita e a súa distribución.

Desigualdades económicas e distribución da renda. O índice de Gini. Outros indicadores do desenvolvemento, o IDH, IDG etc

Criterios de avaliación

- Coñecer conceptos de PIB, PNB, RN, RND e todos eles per cápita.

- Identificar as tres vías de cálculo do PIB.

- Observar como é a distribución, funcional, rexional e persoal da renda en España, na UEe en Galicia.

- Identificar outros medidores da desigualdade e coñecer novos medidores do desenvolvemento e a súa importancia.

Page 12: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos. Coñece e identifica nas noticias ou textos os conceptos de PIB, PNB, RN, RND e todos eles per cápita. (100%)

. Identifica os tres xeitos de cálculo do PIB e os seus compoñentes. (80%)

. Analiza e tira conclusión de datos e gráficos para observar como é a distribución, funcional, rexional e persoal da renda en España, na UE e en Galicia. (100%)

. Coñece e emprega outros medidores da desigualdade e novos medidores do desenvolvemento e valora a súa importancia. (80%)

Unidade 10 Ingresos e gastos do estado

Contidos

Orzamentos públicos. Ingresos e gastos públicos.

A débeda pública e o déficit público

A Política fiscal.

A función distributiva do Estado.

Outras políticas. Políticas contra o desemprego e a exclusión ou discriminación.

Criterios de avaliación

- Coñecer o concepto de orzamentos públicos, para que se empregan quen os elabora.

- Diferenciar e explicar os conceptos de débeda pública e déficit público.- Analizar algunha medida de política fiscal e ver se é restritiva ou expansiva- Coñecer a existencia das propostas sobre máis ou menos intervención do sector público na economía e sobre a estabilidade orzamentaria- Determinar o impacto para a sociedade da desigualdade da renda e estudar as ferramentas de redistribución da renda.

- Valorar opcións de políticas macroeconómicas para facer fronte ao desemprego.

- Valorar exemplos de política actual.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmo

. Coñece o concepto de orzamentos públicos e o proceso da súa elaboración (100%)

. Identifica as grandes partidas de ingresos e de gastos públicos (100%)

. Analiza os datos actuais de déficit e débeda. (60%)

. Valora as propostas sobre a intervención do estado na economía, sobre a estabilidade orzamentario ou sobre déficit cero. (80%)

. Analiza a desigual distribución da renda e valora mecanismos de redistribución (80%)

. Analiza e valora medidas de política actual (80%)

Bloque 6 Economía internacional

Unidade 11 Comercio exterior, tipos de cambio

Contidos

Comercio internacional. Que se comercia? Quen comercia?

O comercio internacional. Proteccionismo, librecambio.

Page 13: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

A balanza de pagamentos. As divisas e o tipo de cambio. O sistema financeiro internacional. Cooperación e integración económica distintos graos e tipos de relacións e organismos económicos internacionais. A Unión Europea (UE), outros.Criterios de Avaliación- Coñecer que é o comercio internacional. Que se comercia e quen.- Diferenciar proteccionismo, librecambio.- Coñecer conceptos básicos da balanza de pagamentos.- Estudar e calcular os tipos de cambio. - Identificar as relacións e organismos económicos internacionais. - Coñecer algún dos procesos de integración económica, a Unión Europea. Novos tratados.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos. Coñece os intercambios internacionais, produtos, servizos, activos financeiros, e cales son os países ou zonas que máis comercian.

. Diferencia proteccionismo e librecambio e coñece as barreiras proteccionistas.

Coñece as distintas subbalanzas e o concepto de déficit ou superávit exterior.

. Fai o cambio dunha moeda a outra.

. Identifica as relacións e distintos organismos económicos internacionais.

. Coñece algúns dos procesos de integración económica, a UE. Novos tratados.

Unidade 12 A globalización

Contidos Globalización económica e financeira. Factores da globalización Fallos da globalización. Problemas ambientais, sociais, subdesenvolvento, desigualdades, uniformidade cultural, deslocalización etc. Alternativas á globalización, “outro mundo é posible”.Criterios de avaliación- Coñecer os trazos da globalización económica e financeira: causas e consecuencias. - Identificar os fallos dos organismos económicos internacionais. - Analizar e valorar as causas e as consecuencias da globalización económica, así como o papel dos organismos económicos internacionais na súa regulación- Coñecer diversas alternativas a esta globalización ou mundialización.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos. Coñece os trazos da globalización económica e financeira: causas e consecuencias. (100%). Busca exemplos da súa vida cotián nos que se observa o proceso de mundialización. (100%). Valora o papel dos Organismos económicos internacionais. (80%) . Analiza e valora as causas e as consecuencias da globalización económica, así como o papel dos organismos económicos internacionais na súa regulación. (80%). Analiza propostas alternativas a esta globalización: comercio xusto, renda básica, taxa Tobin, 0,7, etc. (80%)

Page 14: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

ACTIVIDADES

Son as actividades que lles propoñemos aos alumnos para que constrúan a súa propia aprendizaxe. Son de moi diverso tipo, como dixemos, para contribuír ao desenvolvemento das competencias, e relacionadas cos contidos e criterios e estándaresde avaliación de cada unidade. Dependendo do ritmo do curso e do tempo dispoñible, así como das dificultades que atopemos con elas, seleccionaremos maior ou menor número de actividades para cada unidade.

Podemos dividilas nos seguintes tipos: A) Motivación inicial B) De desenvolvemento C) Para descubrir por si mesmos

B) Exemplos de actividades de desenvolvemento do tema 1.- Fai unha lista de necesidades humanas. Clasifícaas dende distintos puntos de vista.Foron iguais en todas as épocas? Son iguais hoxe en todas as partes da terra? A Ciencia Económica. A necesidade de elixir: Explica cun exemplo o custo de oportunidade, os custos irrecuperables e a análise marxinal. Fai unha lista de distintos bens e clasifícaos. Mira o vídeo “que son los bienes comunes” e indaga sobre os Montes en man común de Galicia e sobre a quen pertencen os froitos do marisqueo, na web da consellería rural e do mar. Pon exemplos de actividades económicas nas que se obteñan bens e outras nas que seobteñan servizos. Pon exemplos de actividades non económicas. Resume os trazos dos distintos sistemas económicos.

2.- Escolle 6 actividades económicas e identifica os factores produtivos que se empregan nelas. Explica cun exemplo sinxelo o concepto de Produtividade.

Describe de xeito sinxelo as fases dun proceso produtivo. Que tipo de tecnoloxía emprega? Factor terra, Recursos naturais e enerxía: Tipos de recursos.

Representa cos datos aportados o custo de oportunidade e fronteira de posibilidades deprodución

Os sectores económicos en Galicia e en España, observa no gráfico a súa importancia relativa. A pesca en Galicia: tipos, artes, importancia, (ige.eu, consellería do mar). Indaga sobre o sector téxtil.

C) Exemplos de actividades para descubrir por si mesmos

1.- Como están cubertas as necesidades no mundo? Mira o vídeo “el hambre en el mundo”, Gonzalo Fanjul, ou outros máis de manos unidas. Entra na web eapn.es e buscaas definicións de pobreza relativa e severa, que é o indicador AROPE e os datos actuais. Busca na páxina web do ine.es o risco de pobreza en España. Consulta tamén outros datos de cáritas ou pobrezacero.org. Busca na web do PNUD o que foron os os obxectivos do milenio e agora os de desenvolvemento sostible. Elabora resume sobre como están cubertas as necesidades no mundo e propostas de solución, os ODS, outras. En cada tema ao longo do curso anota dúas noticias de economía dos xornais que che facilitará a profesora, ou que busques. Anota os conceptos que non entendas e ao

Page 15: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

final fai un glosario de termos. 2.- Despois de ver o vídeo “la historia de las cosas” de Anni Leonard,indica as funcións da natureza nas actividades económicas. Indica tipos de recursos e a súa problemática ambiental. Busca na web de greenpeace, www, adega.info, ou outros grupos ecoloxistas que coñezas, problemas ambientais que están a tratar e indica con que actividades económicas se relacionan. Indaga sobre o problema enerxético e indica 5 problemas do mesmo e distintas alternativas de solución. Problemas da auga no mundo: Despois de ver os vídeos “los dueños del agua” en DWTV Prisma e o de “Nestlé: el agua debe ser privatizada” discute en grupo e valora se aauga debe ser unha mercadoría ou un ben social. . Infórmate doutros casos, por exemplo Benetton e os mapuches. Busca na web da OMS o problema do saneamento e a proposta da ONU “rompendo o silencio sobre a defecación ao ar libre” 2014. Le o artigo “Ghana la república de la basura electrónica” en Planeta futuro, El País. Alternativas ecolóxicas e políticas a estes problemas, 6Rs, outras. Opcional e de ampliación: Ver o vídeo “obsolescencia programada, comprar, tirar, comprar”

TEMPORALIZACIÓN

1ª Avaliación: unidades 1,2,3, 4.

(Unidade 1, 3 semanas; Ud 2, 4 semanas; Ud 3, 2 semanas; Ud 4, 3 semanas, aproximadamente)

2ª Avaliación: unidades 5,6,7,8

(Unidade 5, 2 semanas; Ud 6, 4 semanas; Ud 7, 3 semanas; Ud 8, 3 semanas, aprox)

3ª Avaliación: unidades 9,10,11,12

(Unidade 9, 3 semanas; Ud 10, 3 semanas; Ud 11, 3 semanas; Ud 12, 3 semanas)

En cada avaliación hai unha semana máis que pode oscilar nunha ou noutra unidade, segundo a marcha da clase.

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Enténdese por procedementos de avaliación os métodos a través dos cales se leva a cabo a recollida de información sobre a adquisición de competencias, dominio dos contidos e logro dos criterios de avaliación. Serán variados para efectuar correctamente a avaliación do alumnado atendendo aos diferentes modos de comprensión e aprendizaxe, ademais de permitir a participación dos alumnos coa autoavaliación e de seus compañeiros coa coavaliación. A avaliación realizárase de tres xeitos:

1º) Avaliación inicial-. Ao comezar cada unidade didáctica para coñecer os

preconceptos do alumnado e así poder enfocar a programación cara un coñecemento

significativo. Non terá cualificación.

2º) Avaliación do proceso-. Avaliación continua do proceso de aprendizaxe do

alumnado na aula. Contará para a nota final. Valóranse as actividades feitas na clase, así

como a atención e a participación.

Page 16: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

3º) Avaliación final-. Para facer unha valoración total do proceso de aprendizaxe en

cada un dos temas ou unidades faranse exames e outro tipo de traballos de síntese e

investigación.

Os instrumentos de avaliación son os instrumentos para o seguimento e avaliación dos alumnos. Utilizaremos os seguintes: A profesora tomará nota das respostas e participación na clase dos alumnos nas fichas de alumno, onde levará un seguimento personalizado. Revisión de actividades no caderno, o que axudará na avaliación das diversas actividades propostas. Entrega de traballos escritos e/ou exposición oral en grupo e individualmente. Probas finais orais ou escritas: realizaranse periodicamente ó finalizar cada trimestre, coa posibilidade de facer unha ou dúas probas durante o mesmo para ir eliminando materia en función do ritmo do curso.

METODOLOXIA

1- Criterios metodolóxicos:A metodoloxía a seguir durante as sesión estará sempre dirixida á consecución

dos obxectivos didácticos y das competencias específicas, polo que será unha metodoloxía activa. Tratarase de graduar a dificultade das actividades e dotalas dun carácter lúdico, ademais farase especial fincapé en fomentar un clima de aceptación mutua e cooperación entre o alumnado.

2-Tácticas didácticas:Están baseadas na teoría do coñecemento construtivista.

Entre outras moitas utilizaremos as seguintes: exposición de contidos, cuestionarios orais, comentarios de texto e de imaxes, realización de actividades no caderno de aula, elaboración de mapas conceptuais e resumos, lecturas, debates, traballos de investigación ou profundización, traballos en grupo…etc.

3- Distribución do tempo e do espazo na aulaCada sesión axustarase ao marcado polo desenvolvemento do curso e da unidade

correspondente, así serán moi variadas, dende sesións de debate entre todos, organización de equipos de traballo e investigación, tempo de traballo libre nas actividades, exposición dos traballos, probas…etc.

En xeral, podemos resumilo da seguinte forma: os primeiros 10 min. da sesión adicaranse a lembrar o que vimos na última sesión e unha visión xeral da unidade. Isto axuda a crear un aprendizaxe significativo, xa que imos asentando os coñecementos sobre outros anteriores. Os 15-20 min. seguintes serán de posta en común. Indagación sobre os contidos da unidade. Os 15- 20 min. seguintes adicaranse á realización de actividades, traballos de investigación, xogos, comentarios… etc. Os últimos 3-5 min. serán para sinalar aspectos a ter en conta sobre as actividades que estamos a realizar, resumos do que fixemos durante a sesión e lembrar as tarefas ou lecturas para a seguinte.

En canto á distribución do espazo na aula, , aproveitaremos o espazo para que colabore na dinámica da clase, variando o formato atendendo o tipo de actividade que se realice nese momento: para as actividades agruparemos as mesas da forma máis axeitada para a comunicación do grupo, de dous en dous, de catro en catro… De maneira

Page 17: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

que a profesora se mova tamén facilmente para ir prestando axuda e supervisando aos distintos grupos.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Contaremos con distintos tipos de materiais que nos axudarán na consecución dos

obxectivos.

Material Impreso:

- Libro de texto: utilizaremos o da Editorial Santillana, serie Alianza.

- Cómics e libros da Biblioteca do centro

- Artigos de prensa relativos á materia e que acerquen a realidade á aula.- Revistas especializadas e prensa especializada.

Material no impreso:- Cada alumno disporá dun caderno exclusivo para a materia - Axenda individual de cada alumno, onde irá apuntando tódolos días a planificación do proceso, as tarefas pendentes, as datas de entrega ou exposición… É un instrumento moiútil para a súa organización- Pizarra tradicional e dixital.- Material escolar de uso cotián como bolígrafos, lápices de cores, rotuladores, pasteis…etc.- Películas, vídeos, podcast, música, que comentaremos antes e despois da visualizaciónou escoita. En ocasións terán que cubrir unha ficha.- O material relacionado coas TIC será principalmente o portátil da aula coa pizarra dixital e o canón. Ademais os alumnos terán que buscar información en internet ou facer traballos e presentación apoiándose nas novas tecnoloxías.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN

Cualificación:A cualificación é o resultado directo da avaliación. Cualificarase ao alumnado nas

tres avaliacións. A porcentaxe de cada nota configurase do seguinte modo:Probas escritas das UUDD: ata o 70%Traballos, exposicións, actividades, participación, actitude, esforzo…etc: ata o 30%A nota final será unha media das tres avaliacións, sempre que en todas elas se supere o 5. Existe a posibilidade de presentarse a subir nota en cada unha das avaliacións, se tomará a nota máis alta para a media.

Cada unidade terá un valor total de 10 puntos. A nota será a suma de todos os

instrumentos propostos:

Farase un seguimento da atención e participación na aula, por medio da observación

do caderno da profesora e da revisión de tarefas de caderno do estudante. Observaranse

as estratexias que utiliza, o ritmo de traballo, a actitude, a interacción nos traballos en grupo,

Page 18: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

etc así como a resolución das tarefas tendo que ter ben feitos a maioría dos exercicios na

clase. Este traballo será un 0,5 da nota final.

Os resumes ou traballos de ampliación serán 1,5 puntos, os redactados e

expostos polos alumnos e alumnas valerán 2,5 puntos, ( a exposición oral 1 punto).

Nos resumes valórase a estrutura, a redacción, a capacidade de síntese e o emprego

de novos conceptos, terán en conta:

- Presentación: seguir a estrutura do guión, orde limpeza, fontes bibliográficas, data e xornal

onde se obteñen as noticias, páxinas web consultadas.

- Contidos: Axuste ao solicitado, boa redacción e que demostre que non é un simple copia-

pega, razoamento e bo análise da información.

- Creatividade, orixinalidade e iniciativa buscando algo máis aló do que se pide estritamente.

Na exposición oral valórase a expresión, 0,25; os contidos, 0,5; e elocuencia, 0,25)

Recuperación e Promoción:

Os alumnos que non superen algunha das avaliacións Terán a correspondente reunión coa profesora para asegurarnos de que comprenden os motivos do mal resultado e se toman las medidas oportunas para melloralo. Neste proceso será necesario o apoio mediante actividades complementarias de reforzo. Haberá unha proba de recuperación parcial en cada avaliación e unha total a final de curso. Aplicará para a nota un valor ás probas parciais do 60% e o 40% restantes ás producións do alumno (traballos, actividades…) A promoción será se aproba as recuperacións parciais co exame e os traballos de reforzo,ou se aproba o exame final.

INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DO ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE

O primeiro e máis importante indicador de logro da práctica docente é observar se se consegue motivar ao alumnado, se comprenden a importancia que teñen os coñecementos de Economía para a súa vida persoal e para o seu desenvolvemento na sociedade e a estudan non só como base para estudos superiores, senón como ferramenta para o seu desenvolvemento persoal e social. Despois para avaliar o proceso do ensino, en cada estándar valorarase como mal, regular, bastante ben e ben segundo o grao de consecución do mesmo, por exemplo: Identifica e calcula os elementos dunha nómina. (100%). Mal se non son correctos ningún dos conceptos da mesma nin o seu cálculo, reg se confunde algún dos conceptos ou erra no cálculo, bastante ben se falla un concepto ou o cálculo, e ben se está correcta. Indaga sobre actuacións dos sindicatos e busca algún convenio colectivo. (60%). Mal se non busca a información, regular se só colle unha, bastante ben colle dúas noticias e non comenta, ben colle varios sindicatos e varias noticias (4) e comprende o motivo das actuacións e o significado do convenio.

Identifica os tres xeitos de cálculo do PIB e os seus compoñentes. (80%) Mal non coñece o concepto de PIB nin as vías para calculalo, reg coñece o concepto e as vías pero non os seus compoñentes, bb, coñéceos pero confunde o dalgunha vía, ben identifica perfectamente os compoñentes de cada vía.

Page 19: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

ACTIVIDADES PARA SEGUIMENTO E a AVALIACIÓN DA MATERIA PENDENTE

Nesta materia de Economía de 4º da ESO posto que é o primeiro ano que se imparte, non hai ninguén que a teña pendente

DESEÑO DA AVALIACIÓN INICIAL

Farase unha presentación de cada unidade e unhas preguntas de avaliación inicial para

coñecer os preconceptos que teñen e propor unhas preguntas que motiven para o saber e

sirvan para contextualizalo. As respostas destas actividades poranse en común e servirán

de inicio do tema.

Ao rematar cada unidade o alumnado fará unha autoavaliación para comprobar os novos

coñecementos adquiridos sobor dos seus previos e desmontar os erros que tivera

preconcebidos..

A) Exemplo de actividades iniciais de presentación e motivación

A) Motivación inicial 1.- Que é a Economía? Estuda os seres vivos? Estuda a mente humana? De onde provén a palabra economía? Lembra os teus coñecementos de historia e explica os cambios na forma de vida que mostran as imaxes (ensínanselle imaxes do paleolítico, do século XV, dun taller preindustrial, e dunha área comercial actual) Tiñan as mesmas necesidades? Como fixo o ser humano en todas esas datas para cubrir as súas necesidades. Hoxe vivimos todos igual?

De quen son os ríos, as fontes, as rías, os montes, o mar? E o que hai neles?

A grandes trazos, como está organizada hoxe a sociedade?

2.- Na actualidade como se obteñen os bens e servizos que precisamos? Que se emprega para facer os teus libros? E a túa camiseta? E nun salón de peiteado? Que papel cres que ten a natureza para cubrir as nosas necesidades? Indica cinco problemas ambientais dos que oíras falar, teñen que ver coas actividades económicas

Que cres que é unha tecnoloxía limpa?

3.- Que relación tes ti coa economía? Teu pai e túa nai? Túas avoas e avós? Cales cres que son os protagonistas principais da Economía? E os secundarios? Comose relacionan? Que son os mercados? Como cres que se fixan os prezos e os salarios? Na realidade quen decide o que se produce e como se distribúe? Prodúcese só o que se necesita?

4.- Que é para ti unha empresa? Pon exemplos do teu entorno próximo e de Galicia.

Que tipos de empresa identificas?

Cita 10 marcas que coñezas, de onde son? 5.- Coñeces a algunha persoa xubilada? E parada? Sóache a taxa de paro? Que tipos de traballos coñeces? 6.- Pensa cales son os gastos dunha familia. E os ingresos?Quen decide os salarios ? E as pensións? As familias gastan todos os seus ingresos en

Page 20: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

bens de consumo?

7.- Para que se precisa diñeiro. Tipos de xeitos de pago. Se queres montar unha empresa

e precisas 60.000€ que podes facer? Sóache algo a taxa de interese? e a Bolsa?.

8.- Quen manda facer as estradas, os aeroportos, os colexios, os hospitais? Con que

cartos?

9.- Mira no súper de onde son as lentellas, os espárragos, o chocolate, a piña? Onde

están fabricadas as túas zapatillas, as camisetas, a cazadora, a mochila ou o teu móbil

Segundo a resposta do alumnado enfocarase a explicación e as actividades para

corrixir os conceptos erróneos e partir dos correctos para significar o coñecemento. E a nivel

individual farase fincapé naqueles aspectos que o alumno ou alumna teñan máis errados.

MEDIDAS para atender a DIVERSIDADEO estar planeada a materia dende un punto de vista do traballo do alumnado na

aula, de traballos resume, pequenas investigacións e de outros diversos tipos de actividades, estas actividades poden deseñarse de xeito diversificado e facer un seguimento persoal e unha intervención diferenciada para planear distintos tempos, itinerarios, métodos, materiais etc. Proporanse as actividades tendo en conta a avaliación inicial e polo tanto os coñecementos que cada alumno e alumna teñen segundo estes accederán as tarefas dende distintos puntos de partida, o que fomenten a súa autonomía no estudo e a autoestima.

O problema que se atopa para desenvolver este traballo adecuadamente é o número de alumnos e alumnas por aula que impide que o seguimento na clase sexa tan personalizado como se quixer. Tampouco é fácil a revisión persoal e pormenorizada das tarefas, traballos e dos exames.

ELEMENTOS TRANSVERSAIS

A educación terá en conta tanto valores e temas transversais individuais ou sociais: Valores individuais: liberdade e responsabilidade persoal, esforzo, iniciativa, curiosidade, creatividade, autonomía, traballo en equipo, espírito emprendedor, hábitos devida saudable, responsabilidade co medio ambiente, etc. Así como habilidades de comprensión lectora, comunicación orais, escritas ou por medios das tecnoloxías informáticas e audiovisuais. Valores sociais de: educación cívica e constitucional, respecto e tolerancia, resolución pacífica dos conflitos, actitudes non sexistas nin discriminatorias, rexeitamento á violencia sexista, respecto ao medio ambiente, conciencia das desigualdades e desenvolvemento das actitudes democráticas.

CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR, ao PLAN TIC e ao PLAN DE CONVIVENCIA

Ao proxecto lector e o plan de Tic contribúese coas distintas actividades de lectura e emprego das Tic xa mencionadas.

Para o plan de convivencia, ademais dos contidos en valores, terase especialmenteen conta no desenvolvemento das relacións na aula entre o alumnado e entre estes e a profesora, na resolución dos problemas que xurdan nesta relación, nas interaccións entre grupos e nos traballos de grupo, todo se fará coidando o respecto mutuo e adoptando posturas dialogantes para resolver os posibles conflitos.

Page 21: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARESTentarase facer unha visita a unha empresa de Vigo e a outra de fora de Vigo por

exemplo de Ourense Coa visita ademais de coñecer as características das empresas farase un achegamento ás actividades máis importantes da provincia de Ourense, provincia que tenactividades económicas diferentes as que coñecen do entorno de Vigo, viños, cooperativacoren, lousas, téxtil.

Tamén se facilitará ao alumnado unha lista de películas que poidan ter relación con algúns temas e que eles poden ver de xeito voluntario ou en algún caso obrigatorio nun tema concreto como:

“Tiempos modernos”, “Pisando fuerte” de Julian Jarrold; “Recursos humanos” de Laurent Cantet; “El gran salto” de Joel Cohen; “Erin Brockovich”; “La camioneta” de S. Frears; “Wall Street,”; “Tucker” de Copola; “Los lunes al sol”; “Inside job”; “Capitalismo unahistoria de amor”; “La doctrina del Shock”, “Margin call” .

MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN e MODIFICACIÓN das programacións

Os o proceso de ensino e da práctica docente están condicionados polas características do alumnado, características intelectuais e sobre todo socioeconómicas domesmo. Como o manifestan moitos estudos as características socioeconómicas seguen aser moi determinantes polo que os resultados cuantitativos da práctica docente virán moi influídos por elo, é necesario avalialos sabendo de que contexto se parte. Neste caso o proceso de ensino estase a avaliar continuamente ao longo do curso xa que é unha materia nova na ESO o alumnado só ten algúns conceptos económicos da materia de sociais e ten algúns coñecementos (pouco exactos) da realidade socioeconómica persoal ou social. Por todo elo é necesario de xeito cotiá adaptar as actividades ás características do alumnado para crear un conflito cognitivo, motivar, desenvolver a participación e o autoaprendizaxe e que avancen no coñecemento e logo avaliarase se as actividades están ben deseñadas para as esas características e os seus preconceptos Do mesmo xeito a práctica docente é avaliada continuamente para comprobar a metodoloxía e os instrumentos de avaliación que funcionan, a nivel de grupo e a nivel individual, na medida do posible, recollendo tamén información das familias e do resto do profesorado que lle de clase a cada grupo Igualmente ao ser unha materia nova haberá que medir os tempos pois o currículo é bastante extenso e será necesario medir canto se pode afondar nos temas. Ao rematar cada unidade didáctica revisaranse aquelas actividades que non funcionaron, ben porque non foron motivadoras, non eran moi comprensibles, ou eran demasiado dificultosas, para redeseñalas para a recuperación e para o próximo curso.

Page 22: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

PROGRAMACIÓN DE ECONOMÍA PROGRAMACIÓN DE ECONOMÍA

1º DE BACHARELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS1º DE BACHARELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

INTRODUCCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN :

A materia de Economía para 1º de Bacharelato e Ciencias Sociais, ten un dobre

obxectivo, combinar os obxectivos que logo capaciten para calquera estudio posterior para

os que este bacharelato está concibido, e así mesmo debe capacitar para comprender e

poder analizar de xeito crítico a realidade económica actual.

A situación económica actual e os cambios acontecidos nos últimos anos, fan preciso

que o programa se oriente cara a consideración dun sistema económico planetario

globalizado caracterizado polos conflitos, as desigualdades nas que se enfrontan unha

xeografía da riqueza, ou incluso do dispendio, e unha xeografía da pobreza, pobreza que

pouco mellorou nos últimos anos aumentando as desigualdades, e polo dominio absoluto do

capital financeiro. En tal sistema produtivista e consumista é transcendental a problemática

ambiental, a relación da Economía coa Natureza considerando un Sistema Económico

aberto á mesma, e analizando a problemática dos distintos recursos, renovábeis, e non

renovábeis e dos residuos. Así mesmo é preciso analizar o papel preponderante do sistema

financeiro globalizado que provocou as crises actuais. Terase tamén moi en conta que

estamos en Galicia, Comunidade Autónoma con características socio-económicas

lingüísticas e culturais diferenciadas e que o entorno do Instituto, Vigo e comarca, é un

entorno urbano economicamente importante.

Neste contexto é onde se debe enmarcar o estudio das diferentes opcións da Teoría

económica e as Políticas que se propoñen para tales problemas, desvelar o seu papel

explicativo e valorar as súas repercusións.

Esta materia debe servir para coñecer as regras básicas que explican os

acontecementos económicos, a linguaxe económica empregada nos medios e proporcionar

ferramentas para examinar de xeito crítico a sociedade.

OBXECTIVOS XERAIS

- Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha

conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do

Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a

corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a

sustentabilidade social, económica e ecolóxica.

- Coñecer conceptos económicos e procedementos científicos e tecnolóxicos para aplicalos

ó estudio da realidade e poder facer xuízos de valor razoados.

- Consolidar unha madureza persoal e social que lle permita actuar de forma responsable e

autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacificamente

os conflitos persoais, familiares e sociais.

Page 23: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

- Relacionar, teorías con feitos económicos e situalas no contexto socio-político. Observar o

papel das políticas e das ideoloxías.

- Coñecer os trazos da Economía galega e española e o seu papel no contexto mundial.

- Valorar as grandes desigualdades económicas actuais no mundo, buscar causas e factores

que as perpetúan e analizar e propor distintas solucións.

- Fomentar a igualdade de dereitos e a igualdade de oportunidades reais entre mulleres e

homes, entre todo tipo de persoas, e analizar e valorar criticamente as desigualdades e

discriminacións existentes e, en particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade

real e a non discriminación das persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou

social, con atención especial ás persoas con discapacidade no eido das relacións

socioeconómicas.

- Identificar os conceptos que subxacen baixo as teorías económicas que defenden o actual

sistema industrializado e os problemas que supón á nivel da sustentabilidade mundial.

- Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das

condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio ambiente e

a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.

- Analizar de xeito crítico este modelo de produción e consumo pola destrución que supón da

natureza e polas desigualdades entre as persoas. Analizar as súas causas históricas .

Participar de xeito solidario no desenvolvemento e na mellora do seu contorno social.

- Usar os coñecementos para facer un xuízo propio e abordar de xeito autónomo problema

económicos do entorno próximo analizando a información dos medios de comunicación.

- Facer xuízos de valor sobre problemas económicos actuais e propor medidas de actuación

dos individuos nos cambios.

- Afianzar o espírito emprendedor, a iniciativa persoal, o traballo en equipo, flexibilidade e a

confianza nun mesmo e sentido crítico.

- Así mesmo obxectivos xerais de dominio da lingua galega e castelán e das Tics.

Desenvolver hábitos de estudo, lectura e disciplina e aprender a aprender.

- Valorar e desenvolver hábitos de vida saudable.

- Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e contribuír á súa

conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.

COMPETENCIAS

As competencias clave do currículo serán as seguintes:

- Comunicación lingüística (CCL). Competencia matemática e competencias básicas en

ciencia e tecnoloxía (CMCCT). Competencia dixital (CD). Aprender a aprender (CAA).

Competencias sociais e cívicas (CSC). Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

(CSIEE). Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Nesta materia tendo en conta os seus contidos sociais, o seu carácter de ciencia

social, a súa relación coa política, e a metodoloxía que se vai empregar nesta programación,

en todos os bloques e as unidades didácticas, en maior ou menor grao, se desenvolveran

Page 24: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

estratexias que desenvolvan todas estas competencias. A CCL, CMCCT, CD, CAA, serán

instrumentos procedimentais en todos os temas e moitos estándares. A CSC, CSIEE, e

CCEC desenvolveranse especialmente naqueles outros estándares sobre análise da

realidade socioeconómica, valoración da situación e achega de propostas.

As competencias desenvolveranse facendo moita variedade de actividades: lecturas

comprensivas de noticias ou artigos, e de algún libro; veranse vídeos; cálculos matemáticos,

análise de datos e interpretación e realización de gráficos estatísticos; pequenos traballos de

investigación; busca de información na rede, e nos xornais; emprego da tecnoloxía dixital

para facer os traballos e para buscar, procesar, e valorar información para adquirir novos

coñecementos; análise e valoración crítica das repercusións dos feitos económicos na

sociedade; actividades para desenvolver a iniciativa e espírito emprendedor coas propostas

de solucións aos problemas ou con novos retos persoais; propostas de compromisos co

entorno físico e social global dende o local, recoñecendo as achegas culturais galegas nas

actividades económicas e en xeral no desenvolvemento como persoas.

BLOQUES DE CONTIDOS.

Bloque 1. Economía e escaseza. A organización da actividade económica

- Unidade 1: A Economía e as necesidades. Evolución do Coñecemento económico.

Sistemas Económicos. 4 semanas.

Obxectivos

Nesta unidade introdutoria quérese conseguir un achegamento ó coñecemento económico,

ao concepto e obxecto de estudo da Economía, analizando a evolución do pensamento

económico e da preocupación da Economía ata o Século XVIII, ver os cambios a partires

desa época ate a actualidade, tentando descubrir as bases ideolóxicas que se acochan nos

conceptos actuais de produción e sistema económico. Definir o concepto de sistema

económico e analizar distintos sistemas.

Proponse a análise do problema das necesidades e a súa cobertura actual. Os ODM e ODS

da ONU, e valorar posibles solucións para cubrir as necesidades básicas.

Analizarase tamén por medio de noticias de actualidade a relación entre a Economía, a

Política e a Sociedade e quen son os máximos interpretes na economía.

Contidos

Escaseza, elección e asignación de recursos. Custo de oportunidade. As necesidades humanas. Hoxe e onte, aquí e acolá. Cobertura das necesidades no mundo. Dos ODM aos ODS. Economía como ciencia: actividade económica e sociedade. Evolución do pensamento

económico e do obxectivo central da Economía. Modelos económicos. Análise e comparación dos sistemas económicos.

Page 25: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Información económica: interpretación de datos e gráficos.

Análise de noticias de actualidade. Os seus protagonistas. Relación das institucións

políticas internacionais e das de todos os niveis políticos nos feitos económicos e as

súas repercusións sociais.

Criterios de Avaliación

- Analizar o concepto de necesidades, diferencias en distintas épocas e lugares.

- Clasificar os bens que serven para cubrir as necesidades humanas. Os bens comúns.

- Observar como están cubertas no mundo. Empregar distintos tipos de indicadores.

- Coñecer concepto de Ciencia económica, metodoloxía e técnicas económicas. Distintos

enfoques da Economía.

- Analizar a evolución do pensamento económico, ideas teorías e preocupacións ao longo

da historia.

- Estudar os mecanismos de asignación de recursos. Distintos Sistemas económicos.

- Identificar a relación da Economía con outras Ciencias.

- Observar a relación da Economía, Política e Sociedade.

- Valorar as repercusións sociais das decisións político-económicas dos distintos niveis.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos

Recoñece a escaseza e a correspondente necesidade de elixir entre decisións alternativas,

como problema máis determinante para afrontar en todo sistema económico. (50%)

Coñece e valora a diferente cobertura das necesidades no mundo. Coñece as solucións

que se están a propor. (100%)

Utiliza distintos indicadores (aceso á auga, alimentación, vivenda, saneamento, saúde e

educación. (100%)

Analiza as respostas ás preguntas clave sobre a organización dos principais sistemas

económicos. Valora as pautas dos sistemas actuais en canto a obxectivos de produción e

consumo. (40%)

Analiza e valora o problema da propiedade dos bens comúns. Montes en man común ou

marisqueo en Galicia. (50%)

Relaciona, para a súa interpretación, os cambios máis recentes no escenario económico

mundial coas circunstancias técnicas, económicas, sociais e políticas que os explican, a

partir de casos concretos. (30%)

Compara sistemas económicos, a nivel histórico e utilizando exemplos actuais do ámbito

internacional. (25%)

Distingue as proposicións económicas positivas das proposicións económicas normativas.

(20%)

Interpreta os modelos de representación da realidade económica, e emprega os termos e

Page 26: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

a metodoloxía apropiados para analizar problemas económicos concretos. (25%)

Bloque 2 A actividade produtiva

- Unidade 2: Actividades económicas e Produción. Sistema económico pechado/

Sistema económico aberto. 7 semanas

Obxectivos

Nesta unidade entrarase na definición e análise das actividades económicas para identificar

os factores produtivos que empregan, e coñecer e valorar a problemática das funcións que

cumpre a Natureza nestas actividades.

Coñecer o factor Terra, tipos de recursos e problemas ambientais do medio, como fonte e

como sumidoiro. Suxírese a necesidade dun novo concepto de sistema económico aberto á

natureza, un subsistema da biosfera.

Estudar o factor traballo. Coñecer a inserción da poboación na Economía, valorar problemas

do desemprego, outros problemas da poboación.

Contidos

Proceso produtivo e factores de produción.

Sectores produtivos e interdependencia económica.

O factor terra, a Natureza, función, fontes e sumidoiros.

Os recursos naturais. Tipos. Problemas no seu uso e abuso. Exemplos enerxía, auga,

residuos.

Distintas propostas de solución aos problemas: Técnicos, políticos, no consumo, na

teoría económica, (a teoría do decrecemento, a economía ecolóxica).

O factor traballo. División técnica do traballo, produtividade e interdependencia.

Globalización: cambios no sistema produtivo e/ou na organización da produción .

A poboación segundo a súa relación coa economía. Taxas. A poboación activa e os

sectores económicos. Outros análises dinámicos e estáticos da poboación.

O capital. Novas definicións de capital do Banco Mundial

Criterios de Avaliación

- Coñecer concepto de actividade económica e produción. O proceso produtivo.

- Identificar os factores de produción.

- Examinar as funcións económicas da Natureza. Problemas actuais.

- Coñecer distintas propostas de solución: técnicas, acordos internacionais, leis, taxas de

contaminación, dereitos negociables, etc.

- Coñecer a Economía Ecolóxica, límites dos recursos, métodos de integrar a Natureza,

Page 27: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

distintas opcións.

- Estudar o factor traballo. Relación entre poboación e emprego.

- Calcular as taxas de actividade, ocupación e desemprego.

- Analizar dados actuais da poboación. Outros problemas, os refuxiados.

Estándares de aprendizaxe

Identifica distintas actividades económicas diferenciándoas das non económicas e da

economía somerxida. (100%)

Clasifica e define os factores produtivos, e describe as relacións entre produtividade,

eficiencia e tecnoloxía. (80%)

Identifica concretamente os factores de distintas actividades. (100%)

Investiga sobre as actividades máis importantes en Galicia. (50%)

Identifica os distintos sectores económicos e analiza a súa interdependencia. (100%)

Coñece as funcións económicas da natureza e valora os problemas ambientais tanto como

fonte de recursos como sumidoiro. Pon exemplos na produción e no consumo. (enerxía,

auga, pesca, residuos etc). Estuda e valora novas propostas da Economía Ecolóxica.(80%)

Coñece a clasificación da poboación dende punto de vista da economía. Calcula as

distintas taxas e analiza os resultados. (100%)

Analiza os datos de desemprego en España e as alternativas para loitar contra el. (70%)

Relaciona o proceso de división técnica do traballo coa interdependencia económica nun

contexto global. (50%)

Analiza dados actuais da poboación empregando gráficos, taxas de mortalidade natalidade

etc, noticias de problemas como migracións, VIH, barrios, desigualdades etc. (40%)

Bloque 3 A macroeconomía

- Unidade 3: Os Axentes Económicos. 3 semanas.

Obxectivos

A terceira unidade propón achegarse aos protagonistas principais e secundarios da

Economía, aos axentes económicos, a empresa, a poboación activa e as súas relacións de

traballo, papel dos sindicatos, representación dos traballadores; e a presentación do papel

do sector público que logo se estudará noutra unidade máis polo miúdo.

Tamén coñecer os axentes secundarios, ongs, sindicatos, confederacións de empresarios,

organizacións de consumidores etc.

Contidos

Protagonistas principais e secundarios da Economía.

Page 28: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Empresa: obxectivos e funcións.

Tipos de empresas segundo distintos criterios de clasificación.

As economías domésticas, traballo e consumo. O salario. Relacións de traballo.

O Sector público.

Criterios de Avaliación

- Coñecer e identificar na realidade os distintos axentes económicos.

- Coñecer o concepto de empresa e identificar os distintos tipos segundo distintos criterios.

Buscar exemplos na realidade máis próxima, Vigo e Galicia.

- Ver o papel das economías domésticas en canto a traballo e a consumo. Distintos tipos de

renda. Concepto de salario, salario real e monetario, o SMI. Nómina e compoñentes dunha

nómina. Os sindicatos.

- Identificar o papel e os niveis do sector público en España.

- Observar actuacións na realidade doutros axentes secundarios.

Estándares de aprendizaxe

Expresa unha visión integral do funcionamento do sistema produtivo partindo do estudo da

empresa e a súa participación en sectores económicos, así como a súa conexión e

interdependencia. (50%)

Analiza para explicar as repercusións da actividade das empresas, tanto nun ámbito

próximo coma nun ámbito internacional. (50%)

Clasifica e identifica distintos tipos de empresa segundo distintos criterios de clasificación.

(100%)

Busca información sobre principais empresas en Galicia e en Vigo. (60%)

Coñece distintos tipos de salario. Identifica os compoñentes dunha nómina. (100%)

Coñece os elementos e os niveis do sector público en España. (100%)

Identifica en noticias dos xornais os distintos axentes. (80%)

- Unidade 4: Variábeis macroeconómicas e medidores dunha Economía. 6 semanas.

Obxectivos

Esta unidade pretende o achegamento aos conceptos máis usuais da Macroeconomía,

concepto de Macroeconomía e variábeis macroeconómicas, ver o seu cálculo, observar o

emprego do PIB para medir a riqueza. Facer unha radiografía do mundo actual, e por en

cuestión esta noción de riqueza por non desvelar a desigualdade N/S, así como os

problemas das partes non contabilizadas: economía doméstica, economía somerxida, e

valor dos recursos e problemas ambientais.

Page 29: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Contidos

. Riqueza e produción: Análise da riqueza nacional. Clasificación dos países.

. Macroeconomía. Problemas macroeconómicos.

. Macromagnitudes. O PIB outras macromagnitudes, PNB, INB, PIB per cápita.

. Relación Produción Renda e Gasto.

. Equilibrio macroeconómico: demanda e oferta agregadas.

. Do PIB á Renda Nacional e a Renda Nacional Dispoñible e a R. persoal Dispoñible.

. Distribución da Renda. Curva de Lorenz e Índice de Gini.

. Indicadores do desenvolvemento da sociedade: as macromagnitudes e as súas limitacións.

. Outros medidores: IDH, IDG, I de pobreza. Outros índices de felicidade humana.

Criterios de Avaliación

- Definir as variábeis macroeconómicas. Análise e Cálculo.

- Coñecer a clasificación mundial dos países segundo a súa riqueza. Indicadores usados.

- Achegarse á Contabilidade Nacional. Calculo do PIB.

- Coñecer e interpretar as táboas input-output. Análise das TIOGA

- Valorar os conceptos actuais de riqueza e produción. ¿Todo conta? ¿Medidores para que?

¿Para quen? Miden a calidade de vida das persoas

- Interpretar outros medidores IDH, IDG, Índice de pobreza, valorar a súa importancia.

Índices medidores da felicidade.

- Coñecer novas fórmulas para ter en conta a natureza.

- Analizar Contas satélite da economía doméstica, en Galicia, noutras comunidades. Contas

satélites do Medio Ambiente.

Estándares de aprendizaxe

Coñece as macromagnitudes máis empregadas. (100%)

Mide, interpreta e expresa as principais magnitudes macroeconómicas como indicadores

da situación económica. (80%)

Relaciona as principais macromagnitudes e utilízaas para establecer comparacións con

carácter global. (80%)

Analiza de forma crítica os indicadores estudados e valora o seu impacto, os seus efectos

e as súas limitacións para medir a calidade de vida. (60%)

Utiliza e interpreta a información contida en táboas e gráficos de variables

macroeconómicas e a súa evolución. (100%)

Considera investigacións e publicacións económicas de referencia como fonte de datos

específicos, e recoñece os métodos de estudo utilizados por eles. (50%)

Coñece o calculo do PIB polas tres vías e identifica os seus compoñentes. (100%)

Valora os conceptos actuais de riqueza e produción tendo en conta as partes non

Page 30: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

contabilizadas, o seu papel para medir o desenvolvemento e o non ter en conta a natureza.

(80%)

Investiga sobre outros indicadores e valora a súa importancia. (80%)

Bloque 4 O mercado e o sistema de prezos

- Unidade 5: Intercambio e mercado. O mercado Capitalista. 4 semanas.

Obxectivos

Nesta unidade buscase coñecer o mercado capitalista, inicios e evolución; identificar os

conceptos de Microeconomía, demanda, oferta e prezo de equilibrio no mercado de

competencia perfecta; papel do mercado segundo teoría neoclásica; valorar a situación

actual do mercado real, o mercado real a competencia imperfecta, o poder das grandes

empresas.

Contidos

O mercado capitalista, inicios e evolución.

Curva de demanda. Movementos ao longo da curva de demanda e desprazamentos na

curva de demanda. Elasticidade da demanda.

Curva de oferta. Movementos ao longo da curva de oferta e desprazamentos na curva

da oferta. Elasticidade da oferta.

Estruturas de mercado e modelos de competencia.

Equilibrio do mercado. Competencia perfecta. Papel do mercado segundo teoría

neoclásica.

Competencia imperfecta. Monopolio. Oligopolio. Competencia monopolística.

Mercado de traballo. Desemprego: tipos e causas.

Políticas contra o desemprego. O desemprego en Galicia.

Criterios de Avaliación

- Coñecer concepto de Microeconomía: Intercambio e mercado, demanda, oferta, prezo.

- Identificar características do mercado de competencia perfecta. Equilibrio neste mercado.

- Comprender o papel do mercado segundo teoría neoclásica.

- Investigar o mercado real. A competencia imperfecta. Formas e estratexias do mercado da

realidade. A publicidade, segmentación , guerras de prezos, acordos.

- As grandes empresas e o mercado global. A deslocalización e os salarios e normas

laborais. Estratexias de baixos prezos das grandes distribuidoras, Wal-Mart, Tesco,

Carrefour, Lidl, Aldi e as súas consecuencias. O téxtil en Galicia, anos 70-80-90, hoxe.

- Coñecer conceptos de oferta e demanda de traballo. Teorías e realidade sobre fixación

Page 31: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

dos salarios.

- Investigar dados sobre o desemprego. Posibles desigualdades homes mulleres ou entre

Comunidades.

- Valorar o problema do desemprego e distintas políticas para solucionalo.

Estándares de aprendizaxe

Representa graficamente as curvas de oferta e demanda e o equilibrio competitivo.

(100%)

Representa graficamente os efectos das variacións das variables no funcionamento dos

mercados. (100%)

Define e expresa matematicamente as variables que determinan a oferta e a demanda.

(80%)

Calcula e Analiza as elasticidades de demanda e de oferta, interpretando os cambios en

prezos e cantidades, así como os seus efectos sobre os ingresos totais. (80%)

Analiza e compara o funcionamento dos tipos de mercados, e explica as súas

diferenzas. (100%)

Aplica a análise dos tipos de mercados a casos reais identificados a partir da

observación do ámbito máis inmediato. (80%)

Valora de forma crítica os efectos que se derivan sobre os axentes intervenientes nos

diversos mercados. (60%)

Bloque 5 Aspectos financeiros da Economía

- Unidade 6: Financiamento da Economía. A Política monetaria. 4,5 semanas.

Obxectivos

A unidade estuda e busca comprender o Sistema financeiro actual, elementos do mesmo. A

UEM, o papel do BCE. A política monetaria actual. Investigar e valorar a financiarización da

Economía e o seu papel na crise actual. Os novos suxeitos e inversores financeiros. Papel

dos novos instrumentos e produtos financeiros. Achegarse ao funcionamento da Bolsa,

simular unha inversión na mesma e análise dos resultados.

Contidos

O diñeiro na economía: tipoloxía e funcionamento. A oferta monetaria.

Sistema financeiro. Elementos do Sistema financeiro europeo. O BCE e a Política

monetaria: instrumentos.

Os Bancos, operacións bancarias. Proceso de creación do diñeiro polos Bancos.

Page 32: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Novos mercados financeiros (débeda, accións, divisas e derivados). Dimensións de ditos

mercados, importancia mundial e quen dirixe eses mercados.

Novas formas de financiamento e novos inversores institucionais.

A Bolsa. Índices bolsistas.

Criterios de Avaliación

- Coñecer o concepto de diñeiro, tipos e evolución. Diñeiro hoxe.

- Estudar o sistema financeiro europeo. Elementos do mesmo

- O BCE, funcións do mesmo.

- Identificar as distintas operacións bancarias. Intereses e Tipos de xuros.

- Valorar a creación de diñeiro polos bancos e o papel dos novos mercados e instrumentos

financeiros.

- Estudar a inflación, medidores da mesma, o IPC. Tipos ou causas da inflación.

- Analizar actuacións dos bancos centrais e a inflación, desemprego ou inflación? A política

monetaria. o BCE.

- Examinar un Mercado financeiro. A Bolsa. Coñecer termos máis importantes dela.

Estándares de aprendizaxe

Analiza e explica o funcionamento do diñeiro e do sistema financeiro nunha economía.

(80%)

Distingue os elementos do sistema financeiro e coñece funcións do BCE. (100%)

Analiza o papel dos Bancos na creación de diñeiro. (100%)

Valora o papel do sistema financeiro como elemento canalizador do aforro ao investimento,

e identifica os produtos e os mercados que o compoñen. (60%)

Identifica os obxectivos e a finalidade do Banco Central Europeo, e razoa sobre o seu

papel e o seu funcionamento. (90%)

Coñece novos mercados financeiros (débeda, accións, divisas e derivados). Dimensións

de ditos mercados, importancia mundial e quen dirixe eses mercados. (80%)

Valora novas formas de financiamento e novos inversores institucionais e o seu papel na

crise financeira do 2008. (70%)

Coñece concepto, medidores e tipos de inflación. Recoñece as causas da inflación e

valora as súas repercusións económicas e sociais. (80%)

Describe os efectos das variacións dos tipos de xuro na economía. (60%)

Razoa de forma crítica, en contextos reais, sobre as accións de política monetaria e o seu

impacto económico e social. (50%)

Analiza actuacións reais dos bancos centrais e a inflación. Desemprego ou inflación? A

política do BCE. (90%)

Page 33: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Examina o funcionamento da Bolsa e coñece termos máis usuais da mesma. (90%)

Bloque 6 O Papel do Estado na Economía

- Unidade 7: O Sector Público e a intervención do Estado na economía. A Política

Fiscal . 5 semanas

Obxectivos

A unidade é o estudio do papel do Sector público na Economía. Os orzamentos. A política

fiscal e outras medidas de Política económica. Análise e valoración das Políticas actuais en

Galicia, España e a UE. Perspectiva histórica recente.

Contidos A intervención do Estado na economía: O Sector público, funcións.

Os orzamentos públicos. A Política fiscal. Déficit e débeda.

Os fallos do mercado e a intervención do sector público.

Políticas neoliberais ou keinesianas.

Redistribución de renda e riqueza: igualdade de oportunidades, Estado do benestar.

Outras Políticas actuais.

Criterios de Avaliación

- Coñecer os xeitos de intervención do Estado na Economía.

- Estudar os orzamentos. Ingresos, gastos déficit e débeda.

- Analizar a Política Fiscal. Exemplos de Políticas en España no pasado recente: Plan de

Estabilización, Pactos da Moncloa, Plano de converxencia, Plano de Estabilidade.

- Estudar e valorar as dúas principais correntes sobre actuación do Estado na economía:

neoliberalismo e Keinesianismo.

- Investigar sobre outras Políticas actuais, de emprego, igualdade, políticas sociais etc

Estándares de aprendizaxe

Distingue e explica as funcións do Estado: fiscais, estabilizadoras, redistributivas,

reguladoras e provedoras de bens e servizos públicos. (100%)

Identifica os principais fallos do mercado, as súas causas e os seus efectos para os

axentes que interveñen na economía, e as opcións de actuación por parte do Sector

Público. (80%)

Clasifica e describe os elementos integrantes dos orzamentos públicos e argumenta a

necesidade de prever os ingresos e os gastos, e controlar a súa execución. (80%)

Analiza o tipo de medidas de Política fiscal tomadas en España, Europa e en xeral no

mundo nos últimos anos. (90%)

Page 34: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Valora as medidas neoliberais e as keinesianas. (50%)

Coñece e valora outras medidas de política económica actuais. (60%)

Bloque 7 O contexto internacional da economía

- Unidade 8 : Contexto internacional da economía. 4 semanas

Obxectivos

Nesta unidade estudarase o comercio e as relacións internacionais. Os tipos e sistemas de

cambio, a Balanza de Pagamentos e o sistema financeiro internacional. Analizaranse os

organismos e relacións internacionais actuais, OMC, FMI, UE e o seu papel neste modelo de

desigualdade, intercambio desigual etc. Estudaranse de xeito conceptual as relacións

internacionais de cooperación e integración, o papel dos organismos económicos

internacionais e a globalización, factores que facilitan a globalización.

Contidos

Comercio internacional: causas e teorías.

O comercio internacional. Proteccionismo, librecambio.

Balanza de pagamentos. A balanza española.

O tipo de cambio. Sistemas de tipos de cambio. O sistema financeiro internacional.

Cooperación e integración económica. Relacións e organismos económicos

internacionais. Unión Europea (UE).

Globalización económica e financeira: causas e consecuencias.

Organismos económicos internacionais: mecanismos de regulación.

Criterios de Avaliación

- Coñecer o comercio internacional. Proteccionismo, librecambio

- Estudar e calcular os tipos de cambio. Distintos sistemas. A orde financeira no século XX.

- Estudar as relacións e organismos económicos internacionais.

- Estudar a Balanza de Pagamentos, as distintas subbalanzas, identificar operacións que se

anotan nunha ou noutra subbalanza, coñecer déficit ou superávit na balanza española.

- Relacionar estrutura da balanza co nivel de desenvolvemento.

- Examinar os procesos de integración económica e describir os pasos que se produciron no

caso da Unión Europea. Novos tratados o TTP o próximo TTYP.

- Analizar e valorar as causas e as consecuencias da globalización económica, así como o

papel dos organismos económicos internacionais na súa regulación.

- Coñecer concepto de competitividade internacional. Analizar a deslocalización do capital

por salarios baixos, poucos dereitos laborais, menor tributación, leis ambientais máis difusas.

Page 35: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Estándares de aprendizaxe

Identifica e describe os fluxos comerciais internacionais. (100%)

Expresa as razóns que xustifican o intercambio económico entre países. (90%)

Coñece e interpreta a Balanza de pagos española. Analiza o seu déficit ou superávit.

(100%)

Coñece o tipo de cambio, calcula valores entre diferentes moedas. Coñece distintos

sistemas de cambio e a orde financeira do SMI. (100%)

Explica o proceso de cooperación e integración económica producido na Unión Europea, e

reflexiona para valorar as repercusións e as implicacións para España nun contexto global.

(90%)

Describe as implicacións e os efectos da globalización económica nos países e reflexiona

sobre a necesidade da súa regulación e da súa coordinación. (80%)

Bloque 8 Crises e Desequilibrios económicos actuais. A Globalización.

- Unidade 9: Crise Económica, Ecolóxica e Social. 4 semanas

Obxectivos

A última unidade propón o problema dos desequilibrios e crises económicas actuais.

Crecemento, límites ambientais do mesmo, relación crecemento e emprego. Problemática

no desenvolvemento, o desenvolvemento sustentábel. As desigualdades no

desenvolvemento, os problemas económicos, ambientais e sociais da globalización. Pros e

contras da globalización. Outra globalización é posible

Contidos Crises na economía: económica, ecolóxica e social.

Políticas macroeconómicas de crecemento, estabilidade e desenvolvemento.

Ambiente: recurso sensible e escaso. Os límites do crecemento

O desenvolvemeto sustentable. Concepto. Estratexias políticas sociais, técnicas etc.

Pobreza e subdesenvolvemento: causas e posibles vías de solución.

A globalización actual, novas “guerras” da globalización.

Novas crises ou crise global do sistema actual?

Criterios de Avaliación

- Reflexionar sobre o impacto do crecemento e as crises cíclicas na economía e os seus

efectos na calidade de vida das persoas, o ambiente e a distribución da riqueza a nivel local

e mundial.

- Coñecer o crecemento económico, límites do crecemento.

Page 36: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

- Relacionar de xeito crítico o crecemento e o emprego. O crecemento xerou sempre pleno

emprego?

- Relacionar crecemento e desenvolvemento. O crecemento mellorou as desigualdades?

- Coñecer concepto de desenvolvemento sustentábel. Estratexias na produción e no

consumo

- Analizar a situación Actual. A Globalización, prós e contras. Movementos antiglobalización.

Outro mundo é posible.

Estándares de aprendizaxe

Identifica e analiza os factores e as variables que inflúen no crecemento económico, no

desenvolvemento e na redistribución da renda. (90%)

Diferencia os conceptos de crecemento e de desenvolvemento. Analiza as desigualdades

no desenvolvemento. (80%)

Recoñece e explica as consecuencias do crecemento sobre a repartición da riqueza,

sobre o ambiente e sobre a calidade de vida. (70%)

Analiza como foi o crecemento dende mediados do século pasado. (60%)

Reflexiona sobre os problemas ambientais e a súa relación co impacto económico

internacional. Países cun monocultivo exportador. (50%)

Valora o papel dos países do Sur no subministro de recursos e na recepción de

residuos. (40%)

Analiza as posibilidades dun desenvolvemento sostible no marco dunha nova

globalización, distintas propostas. (60%)

Desenvolve actitudes positivas en relación co ambiente e valora a consideración da

protección do ambiente na toma de decisións económicas internacionais. (50%)

Enumera e valora pros e contras da Globalización. (90%)

Fai propostas concretas novas que se poden tomar no local para mudar a situación

global. (60%)

ACTIVIDADES

Faranse actividades de moi diverso tipo: Lecturas comprensivas de noticias ou

artigos do xornal; lectura dalgún libro, capítulo ou resume dalgún informe económico;

veranse vídeos; cálculos matemáticos, análise de datos e interpretación e realización de

gráficos estatísticos; pequenos traballos de investigación; busca de información na rede, e

nos xornais; emprego da tecnoloxía dixital para facer os traballos e para a busca,

procesamento, e valoración de distintas informacións; consulta de páxinas web de

organismos oficiais; consulta de páxinas doutros axentes económicos e sociais; análise

crítica das repercusións dos feitos económicos na sociedade; propostas de solucións aos

problemas ou iniciativas con espírito emprendedor e novos retos persoais; propostas de

Page 37: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

compromisos co entorno físico e social global dende o local, recoñecendo as achegas

culturais galegas nas actividades económicas e en xeral na construción como persoas.

SECUENCIA E TEMPORALIZACION

1ª Avaliación:

Unidade didáctica 1: A Economía. Evolución do Coñecemento económico. Sistemas

Económicos. 4 semanas

Unidade didáctica 2: Actividades económicas e Produción. Sistema económico pechado/

Sistema económico aberto. 7 semanas

Unidade didáctica 3ª: Os Axentes Económicos. 3 semanas

2ª Avaliación:

Unidade didáctica 4ª Variábeis macroeconómicas e medidores dunha Economía. 6

semanas

Unidade didáctica 5ª Intercambio e mercado. O mercado Capitalista. 4 semanas.

Unidade didáctica 6ª Financiamento da Economía. A Política monetaria. 4,5 semanas

3ª Avaliación:

Unidade didáctica 7ª: O Sector Público e a intervención do Estado na economía. A Política

Fiscal . 5 semanas

Unidade didáctica 8ª Contexto internacional da economía. 4,5 semanas

Unidade didáctica 9ª Crise e desequilibrios , Económica, Ecolóxica y Social. 4 semanas

CRITERIOS METODOLOXICOS:

A nivel da metodoloxía esta a de ser unha metodoloxía activa que favorecerá a

capacidade do alumnado para aprender por si mesmo, para traballar en equipo e para

aplica-los métodos apropiados de investigación, así como subliñará a relación dos aspectos

teóricos das materias coas súas aplicacións prácticas para que o alumnado vaia construíndo

os seus coñecementos e valoracións. Proporanse así sempre distintas opcións e se

enfrontarán á resolución de problemas sobre a actualidade. Para o estudio de situacións

concretas buscarase da realidade máis preto, Galicia, ou o Estado español.

As estratexias metodolóxicas serán: memorización comprensiva, indagación e

investigación sobre textos e prensa, recollida de información, análise e comentario de datos

e gráficas, resolución de problemas, estudo de casos.

As repercusións da experiencia educativa sobre o crecemento persoal do alumno

está fortemente condicionada entre outros: polo seu nivel de desenvolvemento operatorio, e

polos coñecementos previos. E necesario partir deles para facelos progresar, e debe ser

motivador, para relacionalo co que xa sabe, hai que fomentar a actividade, aprender a

aprender para que a memorización sexa comprensiva.

E necesario ter en conta que os coñecementos previos de Economía, recibidos na

escola, redúcense a algúns apartados dos contidos da ESO en Ciencias Sociais, Xeografía

e Historia, e en xeral o alumnado está pouco afeito a ler noticias de actualidade socio-

Page 38: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

económica.

Será moi importante detectar, pola avaliación inicial, os coñecementos que teñen pois

conceptos económicos son moi empregados nos medios de comunicación e a nivel coloquial

e son diferentes segundo o ambiente sociolóxico do alumnado. Por estes motivos a

secuenciación da metodoloxía na aula será a seguinte:

Actividades iniciais. Serven para motivar, presentar o tema e deseñar as futuras

actividades diversificadas segundo as respostas.

Explicación e información da profesora. Traballo persoal do alumnado.

Avaliación de todo o proceso.

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

a) Procedementos de avaliación: A avaliación realizarase de tres xeitos:

1º) Avaliación inicial-. Ao comezar cada unidade didáctica para coñecer os

preconceptos do alumnado e así poder enfocar a programación cara un coñecemento

significativo. Non terá cualificación.

2º) Avaliación do proceso-. Avaliación continua do proceso de aprendizaxe do

alumnado na aula. Contará para a nota final. Valóranse as actividades feitas na clase, así

como a atención e a participación.

3º) Avaliación final-. Para facer unha valoración total do proceso de aprendizaxe en

cada un dos temas ou unidades faranse exames e outro tipo de traballos de síntese e

investigación.

b) Instrumentos:

Salientamos como instrumento avaliador do proceso, segundo un criterio interactivo

os traballos e os exercicios realizados na clase como instrumentos de gran utilidade no

obxectivo avaliador, tanto para fomentar a autoavaliación do alumnado como un bo

instrumento á hora de propor as medidas de reforzo e as actividades complementarias no

proceso de aprendizaxe. Constará de: Observación sistemática do traballo e revisión das

tarefas.

Os informes resume sobre a información e os dados aportados sobre un tema.

Os traballos de investigación redactados polos alumnos e alumnas, sobre un tema

tratado na clase e para o que se engadiu información da rede, xa facilitadas algunhas

páxinas e outras que o alumnado ten que buscar. Isto permite captar a capacidade de

concreción e expresión, a asimilación dos conceptos aprendidos e a súa utilización para

desenvolver as capacidades ao relacionar o aprendido co eido da realidade máis próximo.

O debate e a exposición oral sobre problemas concretos estudados, que

desenvolverá a capacidade de análise e comprensión ó enfrontarse a facer xuízos de valor e

tomar decisións.

Busca e Lectura comprensiva de noticias económicas da actualidade.

Page 39: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Para examinar os problemas económicos do mundo de hoxe, proponse unha análise de

problemas concretos examinados a través dos medios de comunicación, periódicos, e

revistas, TV, e calquera outro tipo de medio. Valórase a achega de material, e a dificultade

de localización e de comprensión do mesmo, o interese, etc.

Busca e tratamento de información na rede empregando páxinas de organismos

oficiais ou doutros axentes económicos.

Exames, en cada unidade didáctica, que valoren os seguintes aspectos:

Aprendizaxe e utilización de novos conceptos. Utilización de procedementos. Elaboración

de explicacións. En cada Unidade didáctica pode haber un ou varios exames.

Instrumentos de Avaliación por unidades:

Unidade 1: Exame. Informe resume da cobertura das necesidades e estudo dos ODS.

Lectura de noticias para ir descubrindo os participantes na economía, ir facendo un

glosario de termos e axentes. Exercicio de valoración, (“debate” con pros e contras) sobre

o problema da propiedade dos bens comúns.

Unidade 2: Exame. Informe resume sobre tres problemas de recursos (enerxía, auga

como factor produtivo e residuos. Estudo de investigación dunha actividade, por exemplo a

pesca, características e problemas dos seus factores produtivos. Durante 15 días recollida

de noticias sobre problemas e/ou solucións ambientais e/ou seguimento nos medios dun

problema concreto.

Unidade 3: Exame. Exercicio de Interpretación de dados e gráficas sobre poboación.

Análise e informe resume dalgún problema nos medios, por exemplo migracións.

Unidade 4: Exame. Informe resume sobre a situación económica de tres países que eles

escollan empregando os distintos indicadores. Exercicio de valoración sobre as partes non

contabilizadas: a “inactividade” do traballo doméstico, o problema da non inclusión do

medio ambiente nas Contas Nacionais, ou a economía somerxida, distintas suxestións.

Unidade 5: Exame.” Lectura e resume do libro “El mercado y nosotros” de J.L Sampedro.

Análise das estratexias publicitarias e debate sobre o consumismo e a publicidade. Busca

de información e valoración das actuacións das grandes empresas respecto as patentes, o

emprego da publicidade, etc, en empresas como Novartis, Monsanto etc.

Unidade 6: : Exame. Seguimento dos dados de Bolsa durante 15 días, simulación dunha

inversión, e análise dos resultados.

Unidade 7: Exame. Análise de medidas de Política económica da historia recente en

España e da actualidade española e da UE.

Unidade 8: Exame dos contidos teóricos. Lectura dalgunha das seguintes propostas:

Lectura dalgún capitulo do libro “hij@, que es la globalización” de Joaquín Estefanía.

Lectura do capítulo “A globalización” do libro “el mercado y la globalización” de J.L

Sampedro. Lectura do libro “ La pobreza no es rentable” de Alfonso López.

Unidade 9: Redacción dunha monografía informe co material e as direccións de Internet

Page 40: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

aportadas. Traballo de investigación realizado na casa despois de presentar na clase o tema

e dar as fontes de información. Trátase de propor cal é o problema das crises ou a crise do

sistema actual e aportaranse propostas de solución.

MATERIAIS E RECURSOS EMPREGADOS

- Non haberá un libro de texto concreto, teranse varios de referencia (Ed. sm de Andrés

Cabrera e o de Anaya de Francisco Javier González Alvarez).

- Explicación da profesora. Vídeos e páxinas web consultadas na clase ou na casa, algún

material será indicado como optativo para aqueles que queiran ampliar coñecementos.

Consulta e traballo sobre a información das páxinas: Ministerio de agricultura;

Consellería do medio rural e do mar; PNUD; PNUMA; ONU, ONU hábitat, Unesco, FAO,

OIT; ine.es (sobre todo o resumido “España en cifras”), ige.eu. (Galicia en cifras),

BM; Consulta páxina BCE e Banco de España. Páxina Ministerio de Hacienda.

ONGs como pobrezacero.org, manos unidas, intermón oxfam, economía solidaria,

ou outras ONGs para o desenvolvemento, “implicadas no desenvolvemento”, “Setem”, ...;

grupos ecoloxistas, Greenpeace, Adega, Verdegaia, “amigos da terra”, ecofoot.org,

consume has morir.org, contrapublicidade, canción “comprar cosas que no valen pa na”,

ou outros.

Outras páxinas para obter datos de emprego, OIT, e distintos sindicatos (CIG, CCOO, UXT,

CNT..); “campaña ropa limpia”, “campaña salarios dignos de Asia”.

Vídeos: “Que son los bienes comunes” commonsstrategies.org; “Los dueños del

agua” DWTV Prisma; “Nestlé: el agua debe ser privatizada”; “Binta y la gran idea” de

Javier Fesser; “El hambre en el mundo”, Gonzalo Fanjul, manos unidas; “la historia de

las cosas”, Annie Leonard; “dos tomates dos destinos”; “la huella ecológica del

hombre” National Geographic; Shell, Nigeria fuego en el delta”, “Poison fire”; “esto lo

cambia todo” Naomi Klein; “obsolescencia programada”; “perder el hilo”, SETEM; “38”

Campaña ropalimpia; , “Salario digno de Asia”, ropa limpia; “Miente” de Isabel de

Ocampo; “tulipamanía”; Vídeos do BCE sobre política monetaria e inflación. “El dinero

es deuda”; “China blue”; “Planeta Zara”; “O pesadelo de Darwin”, “Finanzas éticas” etc

Lecturas, en Unesco.org o resume do informe “agua para el mundo”; FAO resume,

“el estado de la agricultura y la alimentación 2014” e “situación de los bosques en el mundo”;

saneamento ONU “rompiendo el silencio sobre la defecación al aire libre”; . Artigos de el

país, “Planeta futuro, por ex. “la paradoja del tomate italiano”, Ghana “la república de la

basura electrónica, “el té de las mil colinas”...

Lectura e resume do libro “El mercado y nosotros”, (está na rede) ou “El mercado y la

Globalización do mesmo autor.

Page 41: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Lectura dalgúns capítulos de “Hij@ que es la Globalización”, Diccionario “alternativo” da

Globalización, movementos antiglobalización, e “la pobreza no es rentable” de Alfonso

López.

Páxina OEI.es/década, (década para unha educación sustentábel).

CRITERIOS DE AVALIACION CUALIFICACION e PROMOCIÓN:

Criterios de Avaliación: Están definidos en cada unidade concreta.

Criterios de Cualificación:

Cada unidade terá un valor total de 10 puntos. A nota será a suma de todos os

instrumentos propostos:

Debe quedar clara a atención e participación na aula, por medio da observación do

caderno da profesora e da revisión de tarefas. Observaranse as estratexias que utiliza, o

ritmo de traballo, a actitude, a interacción nos traballos en grupo, etc así como a resolución

das tarefas tendo que ter ben feitos a maioría dos exercicios na clase. Este traballo será un

0,5 da nota final.

Os informes, poden ser traballo resume de 1,5 puntos ou traballo estudo de

investigación, monografías, redactados e expostos polos alumnos e alumnas que valerán

2 puntos, ( se teñen a exposición oral 1 punto máis).

Nos resumes valórase a estrutura, a redacción, a capacidade de síntese e o emprego

de novos conceptos.

As monografías terán en conta:

- Presentación: seguir a estrutura do guión, orde limpeza, fontes bibliográficas, data e xornal

onde se obteñen as noticias, páxinas web consultadas.

- Contidos: Axuste ao solicitado, boa redacción e que demostre que non é un simple copia-

pega, razoamento e bo análise da información.

- Creatividade, orixinalidade e iniciativa buscando algo máis aló do que se pide estritamente.

Na exposición oral valórase a expresión, 0,25; os contidos, 0,5; e elocuencia, 0,5)

Os exercicios de valoración serán como un “debate”, que pode facerse oral na clase

ou como exercicio escrito, propondo distintas posturas sobre problemas concretos

estudados. Terán unha puntuación de 1,5 do total da unidade.

Busca e Lectura comprensiva de noticias e/ou Busca e tratamento de

información na rede empregando páxinas de organismos oficiais ou doutros axentes

económicos sobre temas da actualidade, 1,5 puntos. Valórase a achega de material, e a

dificultade de localización e de comprensión do mesmo, e o interese.

As análises de dados e gráficos tamén terán unha valoración de 1'5 coma o

seguimento dalgún problema nos medios.

Os exames. En cada unidade didáctica pode haber un ou varios exames e diferentes

instrumentos, como vimos. As probas serán unha serie de cuestións relativas aos contidos

impartidos, así mesmo terán cálculos matemáticos, análises de datos e gráficos, e/ou

Page 42: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

comentarios de noticias ou artigos.

A nota final de cada avaliación ou mesmo a nota final de curso será a media dos

exames e traballos realizados coa súa valoración correspondente. Os exames terán o valor

que falta para o 10 en cada unidade posto que nunhas unidades ou noutras haberá máis

proporción de uns ou outros estándares e se empregarán uns ou outros instrumentos coa

súa puntuación correspondente.

Os exames cunha nota de entre un 1/3 e 1/2 dos contidos farán media, pero deberán

repetirse para mellorar a nota final.

En cada unidade didáctica informarase dos instrumentos a empregar, do seu contido

e valoración.

As recuperacións dos exames serán de toda a avaliación e só se farán de habérense

presentado aos primeiros, de non ser así faranse en Xuño, sempre que non fora por causa

xustificada ou enfermidade para o cal se deseñarán tarefas para facer na casa. Faranse os

traballos non realizados ou deseñaranse novos traballos resume para a recuperación se os

primeiros estiveren mal.

En Xuño non haberá exame extraordinario. Só poderán recuperar aqueles que teñan

suspenso aproximadamente unha terceira parte da materia.

ACTIVIDADES PARA SEGUIMENTO E a AVALIACIÓN DA MATERIA PENDENTE

Para o seguimento e para preparar a materia entréganse uns exercicios que o alumnado

debe traer feitos antes de cada exame. Para a avaliación haberá dous exames, o primeiro

por Xaneiro e o segundo cara Marzo coa metade da materia cada un.

Os exercicios entregados ben resoltos contarán 1,5 puntos para a nota.

En Maio haberá o exame extraordinario ao que se presentarán coa parte suspensa, ou con

todo senón presentaron os exercicios, e/ou non se presentaron aos parciais, e/ou

suspenderon.

DESEÑO DA AVALIACIÓN INICIAL

Farase unha avaliación inicial ao principio de cada unidade para coñecer os

preconceptos que teñen. O seu obxectivo e tamén a motivación, propondo cuestións e

facendo a presentación do tema, e que serva tamén para que ao rematar cada tema o

alumnado faga unha autoavaliación para comprobar os novos coñecementos adquiridos.

Hai que ter en conta que o proceso de ensino e da práctica docente están

condicionados polas características do alumnado, características intelectuais e sobre todo

socioeconómicas do mesmo. Como o manifestan moitos estudos as características

socioeconómicas seguen a ser moi determinantes polo que os resultados cuantitativos da

práctica docente virán moi influídos por elo, é necesario avalialos sabendo de que contexto

Page 43: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

se parte e as actividades iniciais tamén deberán detectar a realidade que coñecen.

Farase en cada unidade didáctica seguindo as actividades iniciais que hai no libro

“Economía” de 1º de Bach da Editorial Xerais, autoras Concha Otero e Carmen Martínez-

Corbalán, e/ou as do libro da editorial Sm, ou cunhas actividades similares ás seguintes:

EXEMPLO DE ACTIVIDADES INICIAIS

*Indica e clasifica distintas necesidades humanas. Foron ou son iguais en todas as

épocas e lugares?. Que fixo o ser humano para satisfacelas? Que papel cumpriu a

Natureza?

* De quen son os ríos, as fontes, as rías, os montes, o mar? E o que hai neles?

* Con que se fai o papel dos libros, un coche, o teu almorzo?

* Indica cinco problemas ambientais dos que oíras falar.

* Pregunta e anota cantas persoas do teu entorno buscan traballo.

* Que relación tes ti coa Economía? Teus pais e teus avós? Amancio Ortega? A túa

profesora?

* Que é unha empresa?. Que empresas coñeces do teu entorno?

* Hai países ricos e pobres? Como se mide esa riqueza?

* Para que se precisa diñeiro. Tipos de xeitos de pago. Se queres montar unha

empresa e precisas 60.000€ que podes facer? Sóache algo a taxa de interese? e a Bolsa?.

* Quen manda facer as estradas, os aeroportos, os colexios, os hospitais? Con que

cartos?

* Mira no super de onde son as lentellas, os espárragos, o chocolate, a piña? Onde

están fabricadas as túas zapatillas, as camisetas, a cazadora, a mochila ou o teu móbil e o

teu ordenador?

Segundo a resposta do alumnado enfocarase a explicación e as actividades para

corrixir os conceptos erróneos e partir dos correctos para significar o coñecemento. E a nivel

individual farase fincapé naqueles aspectos que o alumno ou alumna teñan máis errados.

MEDIDAS para atender a DIVERSIDADE

O estar planeada a materia dende un punto de vista do traballo do alumnado na aula

da investigación e de outros diversos tipos de actividades, estas actividades poden

deseñarse de xeito diversificado e facer un seguimento persoal e unha intervención

diferenciada para planear distintos tempos, itinerarios, métodos, materiais etc. Proporanse

as actividades tendo en conta a avaliación inicial e polo tanto os coñecementos que cada

alumno e alumna teñen segundo estes accederán as tarefas dende distintos puntos de

partida, o que fomenten a súa autonomía no estudo e a autoestima.

O problema que se atopa para desenvolver este traballo adecuadamente é o número

de alumnos e alumnas por aula que impide que o seguimento na clase sexa tan

personalizado como se quixer. Tampouco é fácil a revisión persoal e pormenorizada das

Page 44: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

tarefas, traballos e dos exames.

CRITERIOS Para temas TRANSVERSAIS E EDUCACIÓN en VALORES

A educación terá en conta tanto valores e temas transversais individuais ou sociais: A educación terá en conta tanto valores e temas transversais individuais ou sociais:

Valores individuais: liberdade e responsabilidade persoal, esforzo, iniciativa, curiosidade,

creatividade, autonomía, espírito emprendedor, hábitos de vida saudable, responsabilidade

co medio ambiente, etc. Así como habilidades de comprensión lectora, comunicación orais,

escritas ou por medios das tecnoloxías informáticas e audiovisuais.

Valores sociais : educación cívica e constitucional, respecto e tolerancia, educación para a

paz e resolución pacífica dos conflitos, responsabilidade co medio ambiente, actitudes non

sexistas nin discriminatorias igualdade dos sexos, prevención e rexeitamento da violencia de

xénero, non discriminación racial, relixiosa ou de calquera outro tipo, conciencia das

desigualdades e desenvolvemento das actitudes democráticas, educación para un

desenvolvemento sostible para toda a humanidade en igualdade de oportunidades en

calquera lugar do planeta.

Todos eles consideramos necesario que se integren nos contidos das distintas

unidades da programación dunha materia como Economía na que se traballa o método de

análise da realidade no que concirne precisamente as solucións adoptadas no mundo para

cubrir as necesidades. Neste proxecto, así se recolle e non serán, polo tanto, un tema máis

ou unhas actividades illadas senón que serán os criterios que marquen e dirixan a

programación e as distintas actividades de aula. Aínda así farase especial fincapé con

actividades específicas lembrando os días internacionais como: Día internacional contra a

pobreza, 17 de outubro; día internacional contra a violencia de xénero, 26 de novembro; día

internacional da muller, 8 de marzo; Día internacional para a eliminación da discriminación

racial, 21 de marzo; día internacional do traballo, 1 de maio; día do medio ambiente, 5 de

xuño.

Para unha maior implicación do alumnado a nivel individual e social examinaranse

propostas políticas e sociais próximas, do Concello, da Xunta e propostas de Ongs de Vigo,

Pontevedra, Galicia para que as vexan máis posibles e “reais”, como “Implicadas no

desenvolvemento”, “pozos de agua Mayo Rey” vendo tamén o documental “Camerún, al

norte” de Xisela Franco, “Amarante” setem, “Fiare banca ética de Galiza”.

Trataranse todos os temas dende unha conciencia cívica responsable, inspirada

polos valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como

polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha

sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade social, económica e ecolóxica.

CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR, ao PLAN TIC e ao PLAN DE CONVIVENCIA

Ao proxecto lector e o plan de Tic contribúese coas distintas actividades de lectura e

Page 45: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

emprego das Tic xa mencionadas.

Para o plan de convivencia, ademais dos contidos en valores, terase especialmente

en conta no desenvolvemento das relacións na aula entre o alumnado e entre estes e a

profesora, na resolución dos problemas que xurdan nesta relación, nas interaccións entre

grupos e nos traballos de grupo, todo se fará coidando o respecto mutuo e adoptando

posturas dialogantes para resolver os posibles conflitos.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Tentarase facer unha visita a unha empresa de Vigo e a outra de fora de Vigo.

O curso pasado fíxose unha visita a aceites Abril e a Posada Marrón Glacé, ámbalas dúas

no polígono de San Cibrao en Ourense, por seren empresas que teñen vínculos co entorno

social de preto, Abril tentando recuperar aceitounas autóctonas (de importancia en Quiroga

hai anos) para un aceite reserva, e Posada que merca as castañas da zona para logo

procesalas.

Coa visita ademais de coñecer as características das empresas farase un

achegamento ás actividades máis importantes da provincia de Ourense, provincia que ten

actividades económicas diferentes as que coñecen do entorno de Vigo, viños, cooperativa

coren, lousas, téxtil.

Tamén se facilitará ao alumnado unha lista de películas que poidan ter relación con

algúns temas e que eles poden ver de xeito voluntario ou en algún caso obrigatorio nun

tema concreto como:

“Tiempos modernos”, “Las uvas de la ira”, “La guerra de opio”, “Pisando fuerte” de

Julian Jarrold; “Recursos humanos” de Laurent Cantet; “El gran salto” de Joel Cohen; “Erin

Brockovich”; “La camioneta” de S. Frears; “Wall Street,”; “Tucker” de Copola; “Los lunes al

sol”; “Inside job”; “Capitalismo una historia de amor”; “La doctrina del Shock”, “Margin call” .

INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DO ENSINO E A PRÁCTICA

DOCENTE

Neste caso o proceso de ensino estase a avaliar continuamente ao longo do curso. 1º

de bacharelato supón un cambio forte respecto á ESO e nel aparecen varios problemas: o

alumnado neste instituto ven de moi diversos colexios privados e institutos públicos con

distintas metodoloxías, procedementos, hábitos e coñecementos adquiridos, ademais hai

alumnado que non está motivado para facer bacharelato e ven inducido pola familia,

tampouco están afeitos a informarse da actualidade económica e precisan desenvolver a

súas estratexias de aprender a aprender.

Por todo elo é necesario de xeito cotiá adaptar as actividades ás características do

alumnado para crear un conflito cognitivo, motivar, desenvolver a participación e o

autoaprendizaxe e que avancen no coñecemento.

Do mesmo xeito a práctica docente é avaliada continuamente para comprobar a

Page 46: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

metodoloxía e os instrumentos de avaliación que funcionan, a nivel de grupo e a nivel

individual, na medida do posible, recollendo tamén información das familias e do resto do

profesorado que lle de clase a cada grupo.

Concretamente o primeiro e máis importante indicador de logro da práctica docente é

observar se se consegue motivar ao alumnado, se comprenden a importancia que teñen os

coñecementos de Economía para a súa vida persoal e para o seu desenvolvemento na

sociedade e a estudan non só como base para estudos superiores, senón como ferramenta

para o seu desenvolvemento persoal e social.

Despois para avaliar o proceso do ensino, en cada estándar valorarase como mal,

regular, bastante ben e ben segundo o grao de consecución do mesmo.

MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN e MODIFICACIÓN das programacións

Ao rematar cada unidade didáctica revisaranse aquelas actividades que non funcionaron,

ben porque non foron motivadoras, non eran moi comprensibles, ou eran demasiado

dificultosas, para redeseñalas para a recuperación e para o próximo curso.

Page 47: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

ECONOMÍA DA EMPRESA 2º de Bacharelato INTRODUCION.

Economía da Empresa trata de explicar a realidade empresarial, como unha rama da economía especializada nun determinado suxeito económico: a empresa. Trátase dunha ciencia que, por unha banda, procura a explicación do fenómeno económico da empresa e, por outra, a actuación sobre ela para alcanzar certos fins. A tendencia actual diríxese a tratar de converter esta disciplina nun corpo de coñecementos interdisciplinarios que traten calquera problema que se formule na empresa.

A empresa é un axente esencial da actividade económica. As empresas constitúen as células elementais de produción que integran o organismo económico a través das cales se conseguen os obxectivos macroeconómicos e, por iso, ocupan a atención dos/das economistas. É na economía contemporánea onde acha a súa plenitude, xa que a división do traballo, a especialización, o desenvolvemento do sistema monetario e a amplitude do mercado crearon o clima necesario para que se dea con precisión e características peculiares a unidade autónoma de produción, que constitúe o obxecto real da economía da empresa. Nesta materia traballaranse cuestións como a razón da existencia das empresas, as súas características, os tipos de organización e de funcionamento, e os factores que inflúen na toma de decisións.

A materia, que emprega un enfoque de presentación baseado na análise de distintas áreas e funcións da empresa, estrutúrase nos bloques seguintes: "A empresa", no que se describen os seus elementos, as súas funcións e os seus obxectivos; "Desenvolvemento da empresa", onde se fai unha análise das decisións de dimensión e localización, e das estratexias de crecemento; "Organización e dirección da empresa", no que se explica a planificación, a organización e a xestión dos recursos da empresa; "A función produtiva", para analizar os procesos produtivos e a estrutura de ingresos e custos derivada deles; "A función comercial da empresa", que repasa as principais decisións da empresa na comercialización dos seus produtos e/ou servizos; "A información na empresa", para comprender a importancia de contar con datos e información relevante e precisa na toma de decisións e no cumprimento das obrigas fiscais; e finalmente "A función financeira", onde se trata de analizar os aspectos salientables das decisión de investimento e financiamento na empresa.

A empresa ten un significado social (crea emprego), canaliza a renda e, conseguintemente, constitúe un elemento de redistribución da renda nacional. O desenvolvemento da actividade empresarial e a acción do/da empresario/a deben estar guiados pola responsabilidade social e o comportamento ético, máis alá da procura duns resultados.

A materia ha permitir o fomento dunha cultura e dun xeito de pensar empresarial, onde se exerciten e medren a creatividade e o espírito de innovación, e se incentive a elaboración de reflexións persoais e a toma de decisións fundamentadas, así como a concepción do erro como fonte de progreso e aprendizaxe. Tamén ha contribuír ao desenvolvemento da competencia matemática e das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, de comunicación lingüística e dixital, da capacidade de aprender a aprender, edo sentido da iniciativa e o espírito emprendedor.

Esta programación considera que a economía da empresa é unha aproximación á realidade empresarial tanto por comprender os mecanismos internos da mesma coma polas súas interrelacións coa sociedade.

A empresa é un axente económico e como tal repercute na vida de todas as persoas. A Economía da empresa introduce ó alumnado no ámbito no que se vai

Page 48: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

relacionar ao longo da súa vida por iso esta materia é un compendio de contidos relacionados coa xestión empresarial, base das decisións da empresa, contidos que facilitarán a incorporación do alumnado ó mundo empresarial tanto si se incorpora promovendo unha propia empresa como no traballo asalariado.

Dende o punto de vista da relación coa sociedade, a empresa interactúa con esta continuamente, depende dos cambios sociais, políticos, tecnolóxicos, pero así mesmo as innovacións e o desenvolvemento empresarial, xeran progresos sociais aínda que tamén poden xerar inconvenientes e incertezas, é necesario estudar as consecuencias valorando as súas repercusións. A sociedade esixe cada vez máis que as empresas teñanactuacións respectuosas co medio natural, cos dereitos dos traballadores e traballadoras, coas medidas de seguridade ou co abuso das técnicas de publicidade ou a deficiente información. E preciso que entre os obxectivos desta materia figure o desenvolvemento no alumnado dunha actitude crítica sobre os aspectos da realidade social e empresarial, tales como o consumismo, as desigualdades, as condicións de traballo, a degradación ambiental ou o esgotamento dos recursos debido ao crecemento económico na era da globalización.

Para a análise empresarial recorrerase a exemplos de empresas do contorno e a outras significativas empregando as novas tecnoloxías da información e as noticias dos medios de comunicación.

COMPETENCIAS

As competencias xerais do currículo son as seguintes:

Comunicación lingüística (CCL). Competencia matemática e competencias básicas en

ciencia e tecnoloxía (CMCCT). Competencia dixital (CD). Aprender a aprender (CAA).

Competencias sociais e cívicas (CSC). Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

(CSIEE). Conciencia e expresións culturais (CCEC). Serán especialmente desenvolvidas nesta materia as capacidades e as habilidades

propias da competencia clave de sentido da iniciativa e o espírito emprendedor (CSIE) ao investigar proxectos empresariais do entorno; aprender a aprender xa que eles mesmos buscarán as informacións e irán facendo xuízos de valor; competencia dixital ao empregarestes medios para buscar a información e logo para presentar os traballos; as competencias sociais e cívicas ao comprender e valorar a responsabilidade social e ambiental das empresas; e,ademais outras vinculadas coa comunicación lingüística, a competencia matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

OBXECTIVOS XERAIS: Coñece-la diferente natureza, funcións e finalidade de distintos tipos de empresas. Identificar a relación e a importancia das empresas na vida das persoas, tanto como provedoras de bens para cubrir as necesidades como no desenvolvemento social e na xeración de riqueza. Examinar a relación co medio natural coa economía real en xeral. A interdependencia empresa e sociedade e posibles disfuncións. Valorar as posibles consecuencias ambientais e sociais da actividade empresarial considerando que todas as actividades económicas están inmersas na biosfera, dela obtemos recursos e a ela devolvemos residuos, que poden repercutir na calidade de vida. Identificar as consecuencias que para as empresas e a sociedade ten a globalización da economía tendo en conta que estamos nun sistema cheo de desigualdades sociais. Asmultinacionais e a globalización. As PEMES e o mercado local. Coñecer os aspectos legais que inflúen nas empresas. Lexislación laboral, dereitos e deberes das traballadoras e dos traballadores valorando as medidas para acadar un

Page 49: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

mellor benestar e a conciliación da vida laboral e privada. Coñecer a fiscalidade e a súa repercusión na empresa. Valorar a importancia da seguranza e hixiene no traballo e a prevención de riscos laborais tanto pola seguranza individual como polas medidas que poderían repercutir no entorno en caso de non ser tidas en conta. A necesidade da organización, distintas estruturas, teorías e tendencias. A súa importancia para detectar e resolver conflitos. Analiza-lo funcionamento global da empresa, baseándose nas funcións específicas das súas areas de actividade e a súas relacións e interdependencia. Describir o funcionamento dun ciclo completo dunha empresa tipo. A función de produción. Custos e beneficios. Produtividade, rendibilidade. Coñecer a estrutura económico financeira da empresa. Elaborar balances simples. Investimentos. Identificar as distintas fontes de financiamento, necesidade das mesmas e decisións de investimento. Analizar as distintas políticas do marketing. Valorar os límites éticos das políticas comerciais. Analizar a actividade das empresas, en especial as galegas, valorar a súa importancia no tecido socioeconómico. Valorar a importancia das PEMES e das empresas da economía social (S. Laborais e cooperativas) como xeradoras de emprego, innovación e motores do desenvolvemento económico e social de Galicia.

BLOQUES DE CONTIDOS:

Bloque I.- A EMPRESA Bloque II.- O DESENVOLVEMENTO DA EMPRESABloque III.- ORGANIZACIÓN DIRECCION DA EMPRESABloque IV.- A FUNCION PRODUTIVA

Bloque V .- A FUNCION COMERCIALBloque VI .- A INFORMACION NA EMPRESA

Bloque VII .- A FUNCION FINANCEIRA

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES.

Bloque I.- A EMPRESA E O SEU CONTORNO ECONOMICO- SOCIAL

Unidade 1.- A Empresa, concepto, elementos funcións e obxectivos.

Contidos A empresa, concepto e distintas perspectivas da mesma. Elementos, funcións e obxectivos da empresa. O/a empresario/a.Criterios de avaliación Describir e interpretar os elementos da empresa, e as súas funcións na economía, Definir a figura do/a empresario/a.Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos Coñece o concepto de empresa. Análise dende distintas perspectivas. (100%) Describe os elementos da empresa en relación coas funcións que desenvolven e os obxectivos que procuran dentro do sistema. (100%) Identifica a figura de empresaria/o. (100%)

Page 50: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Unidade 2.- Clases de empresas. Distintas formas Xurídicas.

Contidos Clases de empresas. Marco xurídico da empresa. Obrigas de carácter mercantil Principais formas xurídicas: Empresario individual, Sociedade (personalista, capitalista, de economía social.Criterios de avaliación Identificar as clases de empresas segundo distintos criterios de clasificación Coñecer e describir as distintas formas xurídicas e identificar as súas características. Identificar e relacionar con cada unha das distintas formas xurídicas que adoptan as responsabilidades legais dos/das propietarios/as e xestores/as, e as esixencias de capital.Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos Distingue as formas xurídicas das empresas e relaciónaas coas esixencias de capital e coas responsabilidades para cada tipo. (100%) Identifica e valora as formas xurídicas de empresa máis apropiadas en cada caso en función das características concretas, aplicando o razoamento sobre clasificación das empresas. (80%) Analiza, para un determinado caso práctico, os criterios de clasificación de empresas: segundo a natureza da actividade que desenvolven, a súa dimensión, o nivel tecnolóxico que alcanzan, o tipo de mercado en que operan, a fórmula xurídica que adoptan, e o seu carácter público ou privado. (80%)

Unidade 3.- A empresa e o seu contorno. Marco ou contorno xeral. O contorno específico. A estratexia competitiva. A responsabilidade social da empresa.

Contidos Contorno da empresa. Macro e microentorno. As forzas competitivas. Análise DAFO. A estratexia competitiva. Funcionamento e creación de valor. As normas laborais. A responsabilidade social e ambiental. O balance social.Criterios de avaliación Identificar e analizar os trazos principais do contorno en que a empresa desenvolve, a súa actividade entorno xeral e entorno específico Identificar as cinco forzas competitivas de M. Porter. Facer unha análise DAFO. Explicar, a partir deles, as estratexias e as decisións adoptadas, e as posibles implicacións sociais e ambientais da súa actividade. Coñecer as normas laborais xerais. Coñecer as normas fiscais. Coñecer os distintos tributos que afectan a unha empresa. Analizar as relacións mutuas empresa sociedade e individuos. Apreciar o papel das empresas na satisfacción das necesidades humanas e no desenvolvemento da sociedadee facer xuízos críticos das súas disfuncións nesta sociedade produtivista e consumista.Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos Coñece os factores externos, tanto xerais como específicos que inflúen na empresa. (100%) Identifica os tipos de empresas e de empresarios/as que actúan no seu contorno, así como a forma de relacionar co seu contorno máis próximo. (80%) Identifica as cinco forzas competitivas de M. Porter. Fai unha análise DAFO. (100%) Deseña e explica, a partir deles, as estratexias e as decisións adoptadas, e as posibles implicacións sociais e ambientais da súa actividade. (70%) Coñece as normas laborais xerais. (100%)

Page 51: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Coñece as normas fiscais, concepto e clases de tributos. (100%) Analiza a relación entre empresa, sociedade e ambiente, e valora os efectos positivos e negativos das actuacións das empresas nas esferas social e ambiental. (100%) Analiza a actividade das empresas como elemento dinamizador de progreso, estimando a súa creación de valor para a sociedade e para a cidadanía. (80%) Valora a responsabilidade social e ambiental da empresa e analiza as externalidades, o balance social e distintas estratexias de RSC. (100%)

Bloque II.- DESENVOLVEMENTO DA EMPRESA

Unidade 4.- Localización e dimensión empresarial.

Contidos Factores de localización, A dimensión das empresas.. Estratexias de crecemento interno e externo. Pequenas e medianas empresas: estratexias de mercado. Importancia das pequenas e medianas empresas (PME) na economía. Internacionalización, competencia global e tecnoloxía. Empresa multinacional: aspectos positivos e negativos do seu funcionamento.Criterios de avaliación Describir e analizar distintos factores que determinan a localización e dimensión dunha empresa.Identificar e analizar as estratexias de crecemento e as decisións tomadas polas empresas, tendo en consideración as características do marco global en que actúan. Analizar o papel das pemes, valorar as súas estratexias, vantaxes e inconvenientes. Describir as características e estratexias de desenvolvemento das multinacionais. Analizar o impacto das novas tecnoloxías na estratexia e competitividade da empresa.Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos Describe e analiza os factores que determinan a localización e a dimensión dunha empresa, e valora a transcendencia futura para a empresa desas decisións. ((80%) Valora o crecemento da empresa como estratexia competitiva e relaciona as economías de escala coa dimensión óptima da empresa. (80%) Identifica e explica as estratexias de especialización e diversificación. (100%) Analiza as estratexias de crecemento interno e externo a partir de supostos concretos. (80%) Examina o papel das pequenas e das medianas empresas no noso país, e valora as súas estratexias e as súas formas de actuar, así como as súas vantaxes e os seus inconvenientes.(100%) Describe as características e as estratexias de desenvolvemento da empresa multinacional, e valora a importancia da responsabilidade social e ambiental. (100%) Estuda o impacto da incorporación da innovación e das novas tecnoloxías na estratexia da empresa, e relaciónao coa capacidade para competir de xeito global.(80%) Valora a competencia global co emprego das novas tecnoloxías. O mercado local, as pequenas empresas, as cooperativas. Análise da estrutura empresarial Galega. (80%)

Bloque III.- ORGANIZACIÓN E DIRECCIÓN DA EMPRESA

Unidade 5.- A organización e as funcións básicas da dirección (planificación dirección, control).

Contidos

Page 52: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

División técnica do traballo e necesidade de organización no mercado actual. Planificación e toma de decisións estratéxicas. A organización. Principios básicos Organización formal e informal da empresa: deseño e análise da súa estrutura. Os tipos de organigramas. As comunicacións na empresa. Funcións básicas da dirección. A función de control.Criterios de avaliación Explicar a planificación, a organización e a xestión dos recursos dunha empresa, valorando as posibles modificacións para realizar en función do ámbito en que desenvolvea súa actividade e dos obxectivos formulados. Reflexionar e valorar sobre a división técnica do traballo nun contexto global de interdependencia económica . Deseñar a estrutura organizativa, o estilo de dirección, as canles de información e de comunicación, o grao de participación na toma de decisións e a organización informal da empresa. Representar distintas estruturas e organigramasEstándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos Reflexiona sobre a división técnica do traballo nun contexto global de interdependencia económica para valorar as súas consecuencias sociais. (80%) Describe a estrutura organizativa, o estilo de dirección, as canles de información e de comunicación, o grao de participación na toma de decisións e a organización informal da empresa. Representa distintas estruturas e organigramas. (100%) Identifica a función de cada área de actividade da empresa (aprovisionamento, producióne comercialización, investimento e financiamento, recursos humanos e administrativa), asícomo as súas interrelacións. (100%) Investiga sobre a organización nas empresas do seu ámbito máis próximo e identifica vantaxes e inconvenientes, detecta problemas para solucionar, e describe propostas de mellora. (80%) Aplica os seus coñecementos a unha organización concreta, para detectar problemas e propor melloras. (80%)

Unidade 6- A xestión dos recursos humanos, RR.HH.

Contidos A xestión dos recursos humanos e a súa incidencia na motivación. Funcións do departamento de RR.HH. Os recursos humanos. Regulamento xurídico laboral. A relación individual do traballo. O salario. O contrato de traballo. Tipos, modificación, suspensión e extinción. Os conflitos de intereses e as súas vías de negociación. A representación dos traballadores. Sindicatos. Convenios colectivos. Conflitos laborais. A seguridade e hixiene no traballo.Criterios de avaliación Estudar a xestión dos recursos humanos e a súa incidencia na motivación. As funcións do departamento de RR.HH. Coñecer os dereitos e obrigas dos traballadores e traballadoras, o salario, a xornada. Identificar distintos tipos de contratos. Estudar a suspensión e extinción do contrato, causas e consecuencias. Coñecer os conflitos de intereses e as súas vías de negociación. A representación dos traballadores. Sindicatos. Convenios colectivos. Conflitos laborais. A seguridade e hixiene no traballo.Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos Valora a importancia dos recursos humanos nunha empresa e analiza diferentes

Page 53: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

maneiras de abordar a súa xestión e a súa relación coa motivación e a produtividade. (100%) Coñece os dereitos e obrigas dos traballadores e traballadoras, o salario, e a xornada. Identifica os tipos de contrato e as súas características xerais. (100%) Coñece causas e consecuencias da modificación, suspensión e extinción do contrato. (100%) Valora os conflitos de intereses e as súas vías de negociación, a representación dos traballadores. Sindicatos. Convenios colectivos. A seguridade e hixiene no traballo. (100%)

Bloque IV.- A FUNCION PRODUTIVA

Unidade 7. A Produción. A produtividade e eficiencia

Contidos Produción e proceso produtivo. A tecnoloxía, a matriz tecnolóxica. Función de produción. Produtividade e eficiencia Investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) como elementos clave para o cambio tecnolóxico e a mellora da competitividade empresarial. Custos: clasificación e cálculo dos custos na empresa. Análise custo beneficio Cálculo e interpretación do limiar de rendibilidade da empresa.Criterios de avaliación Analizar procesos produtivos desde a perspectiva da eficiencia e a produtividade. Reflexionar e recoñecer a importancia da I+D+i. Para a sociedade e a empresa. Realizar cálculos de produtividade, analizar resultados e propor medidas de mellora da mesma Identificar e calcular os tipos de custos, ingresos e beneficios dunha empresa, e represéntaos graficamente. Determinar a estrutura de ingresos e custos dunha empresa, calculando o seu beneficio e o seu limiar de rendibilidade, a partir dun suposto formulado.Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos Realiza cálculos da produtividade de distintos factores e interpreta os resultados obtidos, coñecendo medios e alternativas de mellora da produtividade nunha empresa. (100%) Analiza e valora a relación entre a produtividade e os salarios dos/das traballadores/as. (100%) Reflexiona sobre a importancia para a sociedade e para a empresa da investigación e dainnovación tecnolóxica en relación coa competitividade e o crecemento. (80%) Distingue os ingresos e os custos dunha empresa, calcula o seu beneficio ou a súa perda xerados ao longo do exercicio económico, aplicando razoamentos matemáticos, e interpreta os resultados. (100%) Identifica e calcula os tipos de custos, ingresos e beneficios dunha empresa, e represéntaos graficamente. (100%) Calcula o limiar de vendas (de rendibilidade) necesario para a supervivencia da empresa. (100%) Analiza os métodos custo beneficio e custo eficacia como instrumentos de medida e avaliación que axudan á toma de decisións. (100%)

Unidade 8.- A función de aprovisionamento

Contidos A función de aprovisionamento e xestión de inventarios. Os inventarios da empresa e os

Page 54: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

seus custos. Modelos de xestión de inventarios. Modelo Wilson, modelo ABC. Métodos ou criterios de valoración das existencias: FIFO, PMPCriterios de avaliación Describir os conceptos fundamentais do ciclo de inventario. Manexar os modelos de xestión. Coñecer os métodos ou criterios de de valoración das existencias recomendados polo PXC: FIFO e PMPEstándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos Identifica os custos que xera o almacén e resolve casos prácticos sobre o ciclo de inventario. (100%) Manexa os modelos de xestión, Wilson ABC. (100%) Valora as existencias en almacén mediante diferentes métodos. (100%) Valora a relación entre o control de inventarios e a produtividade e a eficiencia nunha empresa. (80%)

Bloque V .- A FUNCION COMERCIAL DA EMPRESA

Unidade 9 A función comercial

Contidos Departamento comercial da empresa Concepto e clases de mercado. Técnicas de investigación de mercados. Análise do comportamento do/da consumidor/a e segmentación de mercados. Estratexias de márketing e ética empresarial. Tecnoloxías da información e das comunicacións e márketing.Criterios de avaliación Coñecer as funcións do departamento comercial Analizar as características do mercado e explicar, de acordo con elas, as políticas de márketing aplicadas por unha empresa ante diferentes situacións e obxectivos. Comprender e explicar as fases e as etapas da investigación de mercados e aplicar criterios e estratexias de segmentación de mercados en casos prácticos. Analizar e valorar as oportunidades de innovación e transformación do márketing que xorden co desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación. Interpretar e valorar as estratexias de mercadotecnia incorporando consideracións de carácter ético, social e ambiental.Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos Describe a organización e o funcionamento do departamento comercial da empresa. (100%) Caracteriza un mercado en función de diferentes variables como, por exemplo, o númerode competidores e o produto vendido. (100%) Identifica e adapta a cada caso concreto as estratexias e os enfoques de márketing. (100%) Interpreta e valora estratexias de márketing, incorporando nesa valoración consideracións de carácter ético, social e ambiental. (100%) Comprende e explica as fases e as etapas da investigación de mercados. (100%) Aplica criterios e estratexias de segmentación de mercados en casos prácticos. (100%) Determina as necesidades da clientela en relación coas características dos produtos ou dos servizos ofrecidos pola empresa. (80%) Analiza e valora as oportunidades de innovación e transformación do márketing que

Page 55: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

xorden co desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación. (80%) Interpreta e valora as estratexias incorporando consideracións de carácter ético, social e ambiental. (100%)

Unidade 10 O márketing- mix

Contidos Variables do márketing-mix e elaboración de estratexias. Política de produto. O ciclo de vida. Política de prezo. Política de distribución. Canles e estratexias. Política de comunicación. Publicidade, promoción, relacións, merchandising.Criterios de avaliación Coñecer as políticas do márketing-mix ou mercadotecnia e identificar as decisións sobre cada unha das súas variables.Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos Coñecer as políticas do márketing-mix ou mercadotecnia. (100%) Identifica as decisións sobre o produto e as fases do ciclo de vida. (100%) Coñece distintos métodos de fixación dos prezos e as distintas políticas de prezos que se poden levar. (100%) Diferencia clasifica e valora o emprego das distintas canles de distribución. (100%) Coñece e valora os distintos instrumentos de comunicación. (80%)

Bloque VI A INFORMACION NA EMPRESA

Unidade 11 O Patrimonio e as contas

Contidos Obrigas contables da empresa. O PXC. A composición do patrimonio e a súa valoración. O balance e os resultados da empresa. As contas anuais e a imaxe fiel. Elaboración do balance e da conta de perdas e ganancias.Criterios de avaliación Identificar os datos máis salientables do balance e da conta de perdas e ganancias, explicar o seu significado. Recoñecer os elementos patrimoniais e a función que teñen asignada, e identificar, valorar e clasificar os bens, os dereitos e as obrigas da empresa en masas patrimoniais. Facer un balance de situación. Calcular o resultado do exercicio económico da empresa, empregando os criterios de imputación aplicables empregar a conta de PeG. Interpretar os resultados.Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos Recoñece os elementos patrimoniais e a función que teñen asignada. (100%) Identifica, valora e clasifica os bens, os dereitos e as obrigas da empresa en masas patrimoniais. (100%) Interpreta a correspondencia entre os investimentos e o seu financiamento. (100%) Recoñece a importancia do dominio das operacións matemáticas e dos procedementos propios das ciencias sociais como ferramentas que facilitan a solución de problemas empresariais. (80%) Calcula o resultado do exercicio económico da empresa, empregando os criterios de imputación aplicables. (100%)

Page 56: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Identifica, interpreta e clasifica os elementos do resultado da empresa. (100%)

Unidade 12 Análise Económico-financeiro e fiscalidade da empresa.

Contidos Análise e interpretación da información e dos estados contables. Análise patrimonial. O equilibrio patrimonial, distintas situacións. Análise financeiro. Fondo de manobra, rateos. A análise económica. A rendibilidade. Fiscalidade empresarial: principais figuras impositivas e elementos clave do súa estrutura e do seu funcionamento.Criterios de avaliación Analizar e diagnosticar a situación a partir da información contable obtida e propormedidas correctoras para a súa mellora. Facer e calcular os distintos tipos de análise e recoñecer a conveniencia do equilibrio económico, patrimonial efinanceiro da empresa. Detectar posibles desaxustes no equilibrio patrimonial, na solvencia e no apancamento da empresa, mediante a utilización de rateos. Recoñecer a importancia do cumprimento das obrigas fiscais e explicar os impostos que afectan as empresas.Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos Detecta posibles desaxustes no equilibrio patrimonial, na solvencia e no apancamento da empresa, mediante a utilización de rateos. (100%) Propón medidas correctoras axeitadas en caso de se detectar desaxustes patrimoniais ou financeiros. (80%) Recoñece a conveniencia do equilibrio económico, patrimonial e financeiro da empresa. (100%) Valora a importancia da información na toma de decisións.(100%) Identifica as obrigas fiscais das empresas segundo a súa organización e a actividade que desenvolvan. (100%) Describe o funcionamento básico dos impostos que recaen sobre as empresas e destaca as principais diferenzas entre eles. (100%) Valora a achega que supón para a riqueza nacional a carga impositiva que soportan as empresas.(100%) Recoñece a importancia do dominio das operacións matemáticas e dos procedementos propios das ciencias sociais como ferramentas que facilitan a solución de problemas empresariais. (80%)

Bloque VII.- A FUNCION FINANCEIRA

Unidade 13.- A estrutura económica e financeira. O investimento na empresa. As decisións de investimento.

Contidos A estrutura económica e financeira da empresa. Concepto e clases de investimento. Valoración e selección de proxectos de investimento. Métodos de selección.Criterios de avaliación Clasificar os tipos de investimento Coñecer os métodos estáticos (prazo de recuperación) e dinámicos (criterio do valor actual neto) para seleccionar e valorar investimentos e aplicalos nun suposto concreto Valorar proxectos de investimento, xustificar razoadamente a selección da alternativa

Page 57: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

máis vantaxosa, Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos Coñece e enumera os métodos estáticos (prazo de recuperación e ) e dinámicos (criteriodo valor actual neto) para seleccionar e valorar investimentos. (100%) Distingue a diferencia entre estáticos e dinámicos. (100%) Aplica métodos estáticos (prazo de recuperación) e dinámicos (valor actual neto), nun suposto concreto de selección de alternativas de investimento para unha empresa. (100%) Entende a importancia das matemáticas financeiras na análise de investimentos. (80%) Valora proxectos de investimento e xustifica razoadamente a selección da alternativa máis vantaxosa. (100%)

Unidade 14.- O financiamento da empresa. Fontes de financiamento. O efecto apancamento

Contidos Fontes de financiamento. Clasificación. Financiamento interno e externo da empresa. Propio e alleo... Formas alternativas, novas formas de financiamento. Vantaxes e inconvenientes das distintas fontes. O custo. Ciclos da empresa. O período medio de maduración.Criterios de avaliación Identificar e clasificar as distintas fontes de financiamento Coñecer o financiamento interno e externo da empresa, propio e alleo e as formas alternativas ou novas formas de financiamento. Seleccionar a mellor fonte segundo o seu custo. Diferenciar as posibles fontes de financiamento nun determinado suposto e razoar a elección máis axeitada. Identificar os ciclos da empresa e calcular o período medio de maduración.Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos Explica as posibilidades de financiamento das empresas diferenciando o externo e o interno, a curto e a longo prazo, así como o custo de cada un e as implicacións na marchada empresa. (100%) Analiza, nun suposto concreto de financiamento externo, as opcións posibles, os seus custos e as variantes de amortización. (100%) Analiza e avalía, a partir dunha necesidade concreta, as posibilidades que teñen as empresas de recorrer ao mercado financeiro. (100%) Valora as fontes externas e internas de financiamento da empresa. (100%) Identifica e valora novas fontes. (100%) Analiza e expresa as opcións financeiras que mellor se adaptan a un caso concreto de necesidade financeira. (100%) Aplica os coñecementos tecnolóxicos á análise e á resolución de supostos. (100%) Identifica e describe os ciclos da actividade da empresa e as súas fases. (100%) Calcula, para un determinado suposto práctico, os períodos de maduración da empresa, e distingue as súas fases. (100%)

ACTIVIDADES

Son as actividades que lles propoñemos aos alumnos para que constrúan a súa propia aprendizaxe. Son de moi diverso tipo, para contribuír ao desenvolvemento das competencias, e relacionadas cos contidos e criterios e estándares de avaliación de

Page 58: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

cada unidade. Esta materia está concibida para traballar na aula e que sexan o propio alumnado

quen vaia descubrindo e coñecendo as distintas áreas funcionais da empresa, complementando coñecementos teóricos e prácticos da vida real e cotiá da mesma.

Dependendo do ritmo do curso e do tempo dispoñible, así como das dificultades que atopemos con elas, seleccionaremos maior ou menor número de actividades para cada unidade. En principio faranse as actividades finais propostas no libro de texto, e outros traballos, resumes ou exercicios propostos pola profesora.

Podemos dividilas nos seguintes tipos: A) Avaliación e motivación inicial B) De desenvolvemento C) Para ampliar e descubrir por si mesmos. Traballos de investigación realizados na casa nalgúns temas concretos.

TEMPORALIZACIÓN

1ª Avaliación, unidades 1,2,3,4, 52ª Avaliación, 6,7,8,9, 103ª Avaliación. 11,12,13,14

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Enténdese por procedementos de avaliación os métodos a través dos cales se leva a cabo a recollida de información sobre a adquisición de competencias, dominio dos contidos e logro dos criterios de avaliación. Serán variados para efectuar correctamente a avaliación do alumnado atendendo aos diferentes modos de comprensión e aprendizaxe, ademais de permitir a participación dos alumnos coa autoavaliación e de seus compañeiros coa coavaliación. A avaliación realizárase de tres xeitos:

1º) Avaliación inicial-. Ao comezar cada unidade didáctica para coñecer os

preconceptos do alumnado e así poder enfocar a programación cara un coñecemento

significativo. Non terá cualificación.

2º) Avaliación do proceso-. Avaliación continua do proceso de aprendizaxe do

alumnado na aula. Contará para a nota final. Valóranse as actividades feitas na clase, así

como a atención e a participación.

3º) Avaliación final-. Para facer unha valoración total do proceso de aprendizaxe en

cada un dos temas ou unidades faranse exames e outro tipo de traballos de síntese e

investigación.

Os instrumentos de avaliación son os instrumentos para o seguimento e avaliación dos alumnos. Utilizaremos os seguintes: Avaliarase tendo en conta o traballo de clase, os resumos feitos e os exames teóricos eprácticos. A profesora tomará nota das respostas e participación na clase dos alumnos nas fichas de alumno, onde levará un seguimento personalizado. Revisión de actividades, o que axudará na avaliación das diversas actividades

Page 59: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

propostas, actividades na aula e na casa. Probas finais escritas: realizaranse periodicamente. Na 1ª avaliación faranse 4 exames (unidades 1,2; 3; 4; e 5). Na 2ª Av.5 exames, (Ud 5; Ud 6; Ud 7 con teoría e práctica; Ud 8 con teoría e práctica; e 9 e 10. Na 3ª Av. 5 exames, 2 na Ud 11; Ud 12 co práctica; Ud 13, con práctica, e Ud 14)

METODOLOXIA

A metodoloxía empregada será unha metodoloxía na que o alumnado, sobre todo, aprenda a aprender, descubra a realidade empresarial e problemas da mesma no contexto sociocultural en que se atope, comezando pequenas investigacións do entorno local e galego para logo achegarse a unha realidade global, ir coñecendo os conceptos empresariais con exemplos de empresas concretas.Para conseguilo as estratexias serán:

- Partir dos coñecementos previos que teñen sobre o mundo empresarial.- Obtención de información tanto de fontes externas (prensa, estudos, enquisas,

bases de datos, visitas a empresas...) e de fontes internas (rexistros contables, informes internos, auditorías...) .

- Relacionar os novos coñecementos coa vida real.- Rexistro tratamento interpretación e representación e transmisión desta con

distintos soportes sobre todo empregando as TICs.- Combinar coñecementos teóricos e prácticos.

1- Criterios metodolóxicos:A metodoloxía a seguir durante as sesión estará sempre dirixida á consecución

dos obxectivos didácticos y das competencias específicas, polo que será unha metodoloxía activa. Tratarase de graduar a dificultade das actividades e dotalas dun carácter dinámico, ademais farase especial fincapé en fomentar un clima de aceptación mutua e cooperación entre o alumnado.

2-Tácticas didácticas:Están baseadas na teoría do coñecemento construtivista.

Entre outras moitas utilizaremos as seguintes: exposición de contidos, actividades en grupo, exposición de ideas, comentarios de casos empresariais reais, realización de actividades no caderno de aula, elaboración de resumos, lecturas de noticias da actualidade económico empresarial, traballos de busca ou profundización, traballos de comunicación, etc.

3- Distribución do tempo e do espazo na aulaCada sesión axustarase ao marcado polo desenvolvemento do curso e da unidade correspondente, haberá unha parte de exposición por parte da profesora e o resto do tempo será traballo do alumnado individual ou en grupo.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Empregarase o libro de texto “Economía de la empresa” de Alberto Pérez César, publicado por Galinova Editorial, S.L.

Completarase nalgún caso con información que lle proporcione a profesora ou que busquen.

A información obterase en internet sobre todo na páxina do IGE.xunta.es, do INE, ipyme.org, Cámara de comercio de Vigo, ou outras Cámaras, e concello de Vigo. Así

Page 60: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

mesmo en cada tema buscaranse páxinas relacionadas co mesmo como poden ser as de distintos sindicatos ou de xornais especializados

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCION:

Para a cualificación final terase en conta:- Que o alumnado desenvolva as actividades que se realicen na aula ao longo do curso e se presente a todos os exames. Dos exercicios propostos deben estar entregados cando menos o 70%. De non ser así deberase obter nos exames un mínimo de 6. Isto será un 1% da nota- Obter cualificación de aprobado nos exames parciais. As primeiras 6 unidades didácticas serán totalmente teóricas xa que non se realiza o cálculo da liquidación dos impostos. Na 7, 8, 12 e 13 desenvolveranse os exercicios prácticos das mesmas cun formato similar aos das antigas probas de selectividade. A 5 terá de exercicios as representacións dos organigramas.- En cada avaliación faranse, pois, varios exames dos que se lles dirá o seu valor relativo na nota final.- Cunha nota igual ou superior a 3,5 calcularase a media para a nota da avaliación pero será necesario presentarse á recuperación do exame suspenso para afianzar coñecementos.- Non se fará recuperación de cada exame senón de cada avaliación. Só en caso de falta xustificada se repetirá algún exame.

En Xuño só haberá recuperacións parciais. E só cando representen menos de 1/3 da materia.

Actividades de recuperación e reforzoHaberá exames de recuperación de cada Avaliación, non de cada exame, e só

para o alumnado que se tivera presentado aos exames, para que o alumnado o prepare facilitarase nova información de páxinas web e atenderanse as dúbidas que poidan ter.

INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DO ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE

O primeiro e máis importante indicador de logro da práctica docente é observar se se consegue motivar ao alumnado, ver se comprenden a importancia que ten a empresa na vida das persoas, tanto como provedoras de bens para cubrir as necesidades como nodesenvolvemento social e na xeración de riqueza, así como ser quen de valorar as posibles consecuencias ambientais e sociais da actividade empresarial.

Lograr que descubran que as empresas serán o marco onde desenvolvan o seu traballo por conta propia ou mesmo alleo, e tamén que esta materia lle aporta coñecementos base para estudos superiores. Ademais con todos os instrumentos avaliadores medirase o grao de cumprimento de cada estándar, para avaliar o proceso do ensino, en cada estándar valorarase como mal, regular, bastante ben e ben segundo o grao de consecución do mesmo.

A practica docente tamén quedará avaliada o ver o cumprimento dos estándares.

ACTIVIDADES PARA SEGUIMENTO E a AVALIACIÓN DA MATERIA PENDENTE

Nesta materia, non hai ninguén que a teña pendente.

Page 61: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

DESEÑO DA AVALIACIÓN INICIAL

Farase unha presentación de cada unidade e unhas preguntas de avaliación inicial

para coñecer os preconceptos que teñen e propor unhas preguntas que motiven para o

saber e sirvan para contextualizalo. As respostas destas actividades poranse en común e

servirán de inicio do tema.

Nesta materia e neste curso concreto o alumnado, todo do bacharelato de sociais,

ten os coñecemento de “Economía” de 1º co que recoñecen o marco socioeconómico xeral,

coñecen á empresa como axente económico e teñen nocións do mercado laboral.

Ademais xa fixeron algún traballo de investigación sobre empresas do entorno.

Para avaliar os preconceptos e motivar realizaranse a maioría das actividades de

presentación e iniciais propostas no libro de texto e outras propostas pola profesora sobre

casos concretos do tecido empresarial galego..

Ao rematar cada unidade o alumnado fará unha autoavaliación para comprobar os

novos coñecementos adquiridos sobor dos seus previos e desmontar os erros que tivera

preconcibidos.

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O estar planeada a materia dende un punto de vista do traballo do alumnado na aula, con traballo individual ou en grupo, estas actividades poden proporse de xeito diversificado e facer un seguimento persoal e unha intervención diferenciada para planeardistintos tempos, itinerarios, métodos, materiais etc. Proporanse as actividades tendo en conta a avaliación inicial e polo tanto os coñecementos que cada alumno e alumna teñen segundo estes accederán as tarefas dende distintos puntos de partida, o que fomenten a súa autonomía no estudo e a autoestima.

O problema que se atopa para desenvolver este traballo adecuadamente é o número de alumnos e alumnas por aula que impide que o seguimento na clase sexa tan personalizado como se quixer. Tampouco é fácil a revisión persoal e pormenorizada das tarefas..

CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS

A educación terá en conta tanto valores e temas transversais individuais ou sociais: Valores individuais: liberdade e responsabilidade persoal, esforzo, iniciativa, emprendemento, curiosidade, creatividade, autonomía, traballo en equipo, espírito emprendedor, hábitos de vida saudable, responsabilidade co medio ambiente, etc. Así como habilidades de comprensión lectora, comunicación orais, escritas ou por medios das tecnoloxías informáticas e audiovisuais. Valores sociais de: educación cívica e constitucional, respecto e tolerancia, resolución pacífica dos conflitos, actitudes non sexistas nin discriminatorias, rexeitamento á violencia sexista, respecto ao medio ambiente, conciencia das desigualdades e desenvolvemento das actitudes democráticas.

A responsabilidade da empresa en canto que produtora e a dos consumidores

Page 62: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

estarán presentes nesta programación. Por un lado a empresa debe ter actuacións de respecto ao medio natural, ós dereitos dos traballadores e traballadoras, ás medidas de seguranza.. Por outro lado os consumidores tamén debemos defender un consumo responsábel, descubrir as desigualdades etc.

Estes temas transversais serán incluídos no enfoque da materia en todos os bloques temáticos ao observar a dimensión ética das decisións empresariais nas repercusións sociais e ambientais. Tratarase o tema dos dereitos laborais, das desigualdades dentro da empresa e a nivel mundial; dos problemas ambientais das actividades económicas tanto polo seu uso dos recursos como polos residuos, ¿a natureza e un ben público ou pode privatizarse? ¿pode darse sen condicións un río a unha empresa, pódese verter residuos á ría?. Así mesmo se tratará o tema do consumo responsable, do abuso da publicidade. Destacárase o papel da economía social. Banca ética, cooperativas, comercio xusto etc.

ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR, ao PLAN TIC e ao PLAN DE CONVIVENCIA

Ao proxecto lector e o plan de Tic contribúese coas distintas actividades de lectura e emprego das Tic xa mencionadas. Neste caso o emprego de TICs vai ser totalmente predominante xa que é moi importante a súa busca de información, todos os traballos serán con ordenador e a presentación final usará o maior tipo de medios audiovisuais, deseño, blog, páxina web, vídeo, etc.

Para o plan de convivencia, ademais dos contidos en valores, terase especialmenteen conta no desenvolvemento das relacións na aula entre o alumnado e entre estes e a profesora, na resolución dos problemas que xurdan nesta relación, nas interaccións entre grupos e nos traballos de grupo, todo se fará coidando o respecto mutuo e adoptando posturas dialogantes para resolver os posibles conflitos.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Tentarase facer unha visita a algunha empresa ou a algún viveiro de empresas dunha Cámara de comercio

MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN e MODIFICACIÓN das programacións

Os o proceso de ensino e da práctica docente están condicionados polas características do alumnado, características intelectuais e sobre todo socioeconómicas domesmo. Como o manifestan moitos estudos as características socioeconómicas seguen aser moi determinantes polo que os resultados cuantitativos da práctica docente virán moi influídos por elo, é necesario avalialos sabendo de que contexto se parte.

Neste caso o proceso de ensino estase a avaliar continuamente ao longo do curso xa que é unha materia nova na ESO o alumnado só ten algúns conceptos económicos da materia de sociais e ten algúns coñecementos (pouco exactos) da realidade socioeconómica persoal ou social.

Por todo elo é necesario de xeito cotiá adaptar as actividades ás características do alumnado para crear un conflito cognitivo, motivar, desenvolver a participación e o autoaprendizaxe e que avancen no coñecemento e logo avaliarase se as actividades están ben deseñadas para as esas características e os seus preconceptos

Page 63: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Do mesmo xeito a práctica docente é avaliada continuamente para comprobar a metodoloxía e os instrumentos de avaliación que funcionan, a nivel de grupo e a nivel individual, na medida do posible, recollendo tamén información das familias e do resto do profesorado que lle de clase a cada grupo

Igualmente ao ser unha materia nova haberá que medir os tempos pois o currículo é bastante extenso e será necesario medir canto se pode afondar nos temas.

Ao rematar cada unidade didáctica revisaranse aquelas actividades que non funcionaron, ben porque non foron motivadoras, non eran moi comprensibles, ou eran demasiado dificultosas, para redeseñalas para a recuperación e para o próximo curso.

Page 64: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

FUNDAMENTOS DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN2º de BACHARELATO

INTRODUCIÓN

A administración é un proceso consistente nas actividades de planeamento, organización, execución e control, desempeñadas para determinar e alcanzar os obxectivos sinalados co uso de recursos produtivos. Como ciencia trata de planificar e organizar as relacións entre as funcións, os niveis e as actividades, coa finalidade de lograr a máxima eficiencia dentro dos plan e os obxectivos sinalados pola empresa. Por xestión entendemos a realización de dilixencias enfocadas á obtención dalgún beneficio, empregando os recursos activos da empresa para o logro dos obxectivos Trátase, xa que logo, de estimular entre o alumnado as destrezas e as habilidades que permitan pór en marcha e manter un proxecto empresarial a través do estudo das variables que determinan a súa viabilidade.

Constitúe obxecto de estudo desta materia o conxunto de áreas e funcións nas quese divide a actividade da empresa, tanto no nivel de planificación e definición de obxectivos como no nivel de xestión diaria dos recursos e as actividades da empresa que permitan alcanzar o obxectivo de consolidación dun proxecto empresarial, todo isto enmarcado dentro da idea de fomentar o espírito emprendedor na educación secundaria.

Préstase especial atención ao desenvolvemento da creatividade e o espírito de innovación para resolver situacións en diferentes ámbitos, así como a relevancia de valorar e percibir o erro de xeito positivo. Incentívase a elaboración de reflexións persoais e a toma de decisións fundamentadas, con independencia do resultado final, promóvese otraballo en equipo, mantendo unha comunicación fluída entre as persoas autoras do proxecto compartido, e dáselle un especial impulso á utilización de ferramentas informáticas e audiovisuais que axuden á difusión efectiva do proxecto.

Serán desenvolvidas as capacidades e as habilidades propias da competencia clave de sentido da iniciativa e o espírito emprendedor, ademais de outras vinculadas coa comunicación lingüística, a competencia matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, a competencia dixital, as competencias sociais e cívicas, e a de aprender a aprender.

A materia estrutúrase en nove bloques: "Innovación empresarial. A idea de negocio:o proxecto de empresa", "A organización interna da empresa. Forma xurídica e recursos", "Documentación e trámites para a posta en marcha da empresa", "O plan de aprovisionamento", "Xestión comercial e márketing na empresa", "Xestión dos recursos humanos", "Xestión da contabilidade da empresa. Investimento e xestión financeira", "Viabilidade da empresa" e "Presentación da idea de negocio".

Nesta programación os bloques do currículo desenvolveranse en 11 unidades, cambiando de orde os bloques 4 e 5, estudando primeiro o bloque 5 de xestión comercial e mercadotecnia, antes do 4 plan de aprovisionamento.

COMPETENCIAS

As competencias xerais do currículo son as seguintes:

Comunicación lingüística (CCL). Competencia matemática e competencias básicas en

ciencia e tecnoloxía (CMCCT). Competencia dixital (CD). Aprender a aprender (CAA).

Competencias sociais e cívicas (CSC). Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Page 65: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

(CSIEE). Conciencia e expresións culturais (CCEC). Serán especialmente desenvolvidas nesta materia as capacidades e as habilidades

propias da competencia clave de sentido da iniciativa e o espírito emprendedor (CSIE) xa que terán que propor unha idea ou proxecto; aprender a aprender xa que eles mesmos buscarán como desenvolver o seu proxecto; competencia dixital ao empregar estes medios para buscar a información e logo para presentar o proxecto; as competencias sociais e cívicas ao comprender e deseñar un proxecto con responsabilidade social; e,ademais outras vinculadas coa comunicación lingüística, a competencia matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

OBXECTIVOS

Partindo dos obxectivos curriculares do Bacharelato nesta materia de estudio da

realidade empresarial propoñemos como obxectivos específicos os seguintes:

- Recoñecer a importancia do espírito emprendedor e das innovacións no desenvolvemento

das sociedades e dos individuos nelas.

- Coñecer aspectos socioeconómicos que son o marco da empresa e do traballo persoal.

- Coñecer os trazos e a situación da Economía galega e española no contexto mundial.

- Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das

condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio ambiente e

a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.

- Identificar posibilidades de desenvolvemento creativo en épocas de crises para mellora

das condicións persoais e sociais con propostas empresariais fronte as grandes

multinacionais capitalistas.

- Analizar de xeito crítico este modelo de produción e consumo pola destrución que supón

da natureza e polas desigualdades entre as persoas, buscar causas e factores que as

perpetúan e analizar e propor distintas solucións. Valorar a responsabilidade social das

empresas respecto ás condicións de traballo e ao medio.

- Usar os coñecementos para propor alternativas cooperativas e de economía solidarias de

produción de consumo e financeiras, contra a mundialización e financiarización destrutora

do individuo, das sociedades e do medio, “outra economía é posible”.

- Abordar de xeito autónomo problema económicos do entorno próximo analizando de xeito

crítico a información dos medios de comunicación.

- Propor as medidas de actuación dos individuos nos cambios socioeconómicos desde a

tolerancia, a solidariedade e a cooperación entre persoas e grupos.

- Consolidar unha madureza persoal e social que lle permita actuar de forma responsable e

autónoma e desenvolver o seu espírito crítico propondo prever e resolver pacificamente os

conflitos persoais, familiares e sociais.

- Fomentar a igualdade de dereitos e a igualdade de oportunidades reais entre mulleres e

homes, entre todo tipo de persoas, e analizar e valorar criticamente as desigualdades e

discriminacións existentes e, en particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade

Page 66: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

real e a non discriminación das persoas.

- Desenvolver o dominio da lingua galega e castelán e das Tics. Desenvolver hábitos de

estudio, lectura e disciplina e aprender a aprender.

- Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e contribuír á súa

conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN e ESTÁNDARES

Bloque 1 Innovación empresarial. A idea de negocio: o proxecto de empresa.

Unidade1 Innovación, desenvolvemento económico e creación de empresas.

Contidos

Os homes e mulleres emprendedores. Exemplos históricos. Importancia das accións emprendedoras. Distintas formas de emprender, ideas empresariais ou doutros tipos. Grandes emprendedores. Motivos para emprender. A figura do emprendedor ou emprendedora e as súas cualidades. Cualidades persoais e sociais A innovación empresarial e a súa relevancia no desenvolvemento económico e na creación de emprego. As innovacións e a súa importancia social. Proxectos de I+D+i A idea de negocio

Criterios de avaliación

- Recoñecer a importancia do espírito emprendedor e valorar a súa achega á comunidade como xeradora de riqueza mediante a análise de distintos proxectos hoxe e noutras épocas da historia, destacando a importancia innovadora e a asunción do risco - Describir as características básicas do emprendedor, diferenciando as calidades persoais, as habilidades sociais e as habilidades de dirección e liderado. Necesidades dogrupo.- Recoñecer as habilidades emprendedoras nun mesmo mediante a realización de distintos test de autoavaliación, separando as tres dimensións da acción emprendedor/ra (a individual, a social e a directiva). Como me vexo, como ven os demais?- Comprender que a actitude emprendedora é unha actitude vital que serve para calquera, nun proceso de mellora constante, aínda nos casos en que se teña menos espírito emprendedor.- Relacionar os factores da innovación empresarial coa actividade de creación de empresas.- Valorar a importancia dos proxectos públicos e privados de I+D+i

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos

. Identifica os aspectos da innovación empresarial e explica a súa relevancia nodesenvolvemento económico e na creación de emprego. (100%)

. Recoñece a importancia do espírito emprendedor e valora a súa achega á comunidade

Page 67: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

como xeradora de riqueza mediante a análise de distintos proxectos hoxe e noutrasépocas e lugares. (80%)

. Describe e identifica na práctica as características básicas do emprendedor, diferenciando as calidades persoais, as habilidades sociais e as habilidades de dirección e liderado e valora a necesidade do traballo en grupo. (80%). Recoñece as súas habilidades emprendedoras mediante a realización de distintos test de autoavaliación, separando as tres dimensións da acción emprendedor/ra (a individual, a social e a directiva). Compara como me vexo, como ven os demais? (80%). Relaciona os factores da innovación empresarial coa actividade de creación de empresas. (80%). Recoñece experiencias de innovación empresarial, explica a súa relevancia no desenvolvemento económico e na creación de emprego, e analiza os elementos de risco que levan aparelladas. (100%). Valora a importancia da tecnoloxía e de internet como factores clave de innovación e relaciona a innovación coa internacionalización da empresa. Valora as desigualdades que existen respecto ao seu emprego. (80%). Analiza de xeito crítico o emprego de tecnoloxías “non limpas” polo impacto nos individuos e no medio, observa as consecuencias nos países menos desenvolvidos, moitas veces receptores dos refugallos. (100%). Valora a importancia dos proxectos públicos e privados de I+D+i. Analiza pros e contras das patentes e da innovación privada para lucro individual cando se refire a innovacións vitais para o ser humano. (80%) . Explica desde diferentes perspectivas a figura do/da emprendedor/a de negocios. (100%)

Unidade 2 Coñecerse un mesmo e o entorno. Relación da empresa co macroentorno.

Contidos Motivacións e Cualidades. Que quero ser, que podo ser? Que me gusta facer? Que intereses teño? Que coñezo do mundo laboral e da Economía? Principais conceptos de economía empresarial. Vantaxes e inconvenientes do traballo propio ou alleo. A motivación. Emprender como necesidade persoal e social. Propostas cooperativas e solidarias. Relación da empresa co contorno. Localización. Análise de contorno e situación socioeconómica do mesmo. Factores que inflúen no macroentorno Posibilidades de desenvolvemento neste contorno. Criterios de avaliación- Descubrir e identificar as capacidades e potencialidades propias e as características docontorno sociolaboral, para establecer obxectivos persoais e profesionais de futuro.- Identificar os coñecementos que teño do mundo laboral, empresarial e do entorno socioeconómico. - Analizar o entorno e as posibilidades de emprender nel.- Recoñecer a necesidade de enfocar os coñecementos e as posibilidades do entorno cara un desenvolvemento persoal.- Descubrir emprender como necesidade persoal e social. Distintas formas de emprender. - Empregar de forma autónoma, para tomar decisións sobre o futuro profesional o seu autocoñecemento e as posibilidades da súa realidade socioeconómica, aproveitando este

Page 68: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

potencial persoal e as oportunidades do seu contorno e propondo un novo proxecto co plan “que quero ser”, “podo facelo”.- Decidir a localización despois da análise de contorno e da situación socioeconómica domesmo.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos

. Descubre e identifica as capacidades e potencialidades propias e as características do contorno sociolaboral, para establecer obxectivos persoais e profesionais de futuro. (100%). Identifica os coñecementos que ten do mundo laboral, empresarial e do entorno socioeconómico e empresarial xeral. (80%). Analiza o entorno achegado e as posibilidades nel. (60%). Recoñece a necesidade de enfocar os coñecementos e as posibilidades do entorno cara un desenvolvemento persoal. (100%). Valora e comprende que a actitude emprendedora é unha actitude vital que serve para calquera, nun proceso de mellora constante, aínda nos casos en que se teña menos espíritoemprendedor, nas distintas formas empresariais ou non. (80%). Emprega de forma autónoma, para tomar decisións sobre o futuro profesional o seu autocoñecemento e as posibilidades da súa realidade socioeconómica, aproveitando este potencial persoal e as oportunidades do seu contorno e propondo un posible novo proxecto co plan “que quero ser”. (80%). Valora a importancia de propor alternativas de economía cooperativa e solidaria, na produción, no consumo e nas finanzas. (100%). Decide a localización despois da análise de contorno e da situación socioeconómica domesmo. (100%)

Unidade 3 Emprendedor e idea de negocio.

Contidos Emprender unha idea de negocio. Como xerar ou atopar unha idea de negocio? Fontes de ideas: formación e experiencia profesional, viaxes, cambios sociais e demográficos, novos xeitos de vivir e pensar (ocio, conciencia ambiental), novas tecnoloxías, observación do mercado. Técnicas de creatividade: moodboard, Do it, brainstorming, brainwriting, caixa de ideas,pensamento lateral, listado de atributos etc. Xeración e maduración das ideas para un proxecto emprendedor, ideas innovadoras, ideas utis, adaptación doutras, aproveitar nichos de grandes empresas, saír ao exterior?. Avaliación de ideas e selección da mellor idea. Desenvolver unha idea allea?, as franquías. O obxecto social da empresa. Os socios emprendedores. Presentación e datos básicos do proxecto. Elección do nome e do logotipo

Criterios de avaliación

- Consultar e analizar distintas fontes de ideas: formación e experiencia profesional, viaxes, cambios sociais e demográficos, novos xeitos de vivir e pensar (ocio, conciencia ambiental), novas tecnoloxías, observación do mercado.- Precisar e empregar diversos procedementos para a xeración de ideas emprendedoras,(moodboard, Do it, brainstorming, brainwriting, caja de ideas, pensamiento lateral, listado

Page 69: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

de atributos etc.- Coñecer e empregar distintos métodos para seleccionalas e facelas madurar.- Avaliar a posibilidade de idea propia ou negocio xa probado? As franquías- Seleccionar unha idea de negocio, e valorar e argumentar tecnicamente a elección.- Presentar a idea de negocio e os socios emprendedores.- Elixir o nome e do logotipo

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos

. Recoñece as fontes das que se parte para atopar unha idea. Fai unha lista de cambios no mercado que se deron por eses cambios sociais. (100%) . Utiliza as diversas técnicas de creatividade para atopar ideas. (100%). Sopesa e analiza diversas ideas e o novo que aportan. (100%) Analiza as vantaxes e os inconvenientes de propostas de ideas de negocio realizables. (100%). Avalía as repercusións que supón elixir unha idea de negocio. (80%). Expón os seus puntos de vista, mantén unha actitude proactiva e desenvolve iniciativa emprendedora. (80%). Traballa en equipo mantendo unha comunicación fluída cos seus compañeiros e coas súas compañeiras para o desenvolvemento do proxecto de empresa. (100%)

Bloque 2. A organización interna da empresa. Forma xurídica e recursos

Unidade 4 A organización interna da empresa. Forma xurídica e recursos

Contidos Planificación empresarial e obxectivos. Organización interna. Responsabilidade social da empresa. Forma xurídica da empresa. Dimensión e localización. Localización do negocio e deseño do espazo físico Perfil dos socios.

Criterios de avaliación

- Definir os obxectivos a medio e a longo prazo.- Definir a organización interna da empresa. - Deseñar as estratexias da Responsabilidade Social Corporativa (RSC) no marco da responsabilidade social da empresa..- Elixir de xeito argumentado a forma xurídica. - Escoller a localización concreta do negocio e facer o deseño do espazo físico e dos recursos necesarios.- Valorar as alternativas dispoñibles e os obxectivos marcados co proxecto.- Deseñar o perfil e a tarefa de cada socio.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos. Recoñece os obxectivos e os fins da empresa, e relaciónaos coa súa organización. (100%). Reflexiona sobre o papel da responsabilidade social corporativa, e valora a existencia dunha ética dos negocios. (100&). Proporciona argumentos que xustifican a elección da forma xurídica e da localización da empresa. (100%)

Page 70: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

. Interpreta a información que proporciona o organigrama dunha empresa e a importancia da descrición de tarefas e funcións para cada posto de traballo. (100%). Realiza unha previsión dos recursos necesarios para o desenvolvemento do proxecto de empresa. (80%)

Bloque 3 Documentación e trámites para a posta en marcha da empresa

Unidade 5 Trámites para a creación e posta en marcha dunha empresa.

Contidos Trámites para a creación e posta en marcha dunha empresa.

Criterios de avaliación- Analizar os trámites legais e as actuacións necesarias para crear a empresa.- Identificar en que consisten estes trámites e saber onde, como e cando se deben facer.- Xestionar a documentación necesaria para a posta en marcha dunha empresa.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos. Identifica os diferentes trámites legais necesarios para a posta en marcha dun negocio erecoñece os organismos ante os cales han de presentarse os trámites. (100%). Interpreta e sabe realizar os trámites fiscais, laborais, de Seguridade Social e outros para a posta en marcha. (100%). Valora a necesidade do cumprimento dos prazos legais para efectuar os trámites de creación dun negocio. (80%). Coñece cales e en que circunstancias poden facerse telemáticamente. (100%)

Bloque 5 Xestión comercial e márketing na empresa

Unidade 6 O microentorno, elección e análise do mercado. Xestión comercial e márketing na empresa.

Contidos Análise do sector específico onde nos imos desenvolver Análise do mercado e do comportamento do/da consumidor/a. Atención á clientela. Elección do mercado obxectivo, análise da competencia, estudo do consumidor e das características da empresa nese mercado. A análise DAFO. Xestión comercial na empresa. Plan de márketing. Márketing-mix. Produto e prezo. Publicidade e promoción. Distribución dos produtos e dos servizos da empresa. Análise das políticas de márketing aplicadas á xestión comercial.

Criterios de avaliación- Analizar a información económica do sector de actividade empresarial no que se situará a empresa.- Facer un estudo do mercado: mercado obxectivo (dimensión, tipos de clientes), da competencia, comportamento do consumidor. Definir ese mercado e a súa posible evolución e estratexias de atención á clientela.- Elaborar un análise DAFO para definir as estratexias.- Desenvolver a comercialización dos produtos ou servizos da empresa e o plan de márketing. - Reflexionar sobre as estratexias de prezos tendo en conta as características do produto

Page 71: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

ou do servizo, para argumentar sobre a decisión do establecemento do prezo de venda.- Fixar as características do produto ou servizo e os seus prezos de comercialización , e comparalos cos da competencia.- Fixar as estratexias de promoción e publicidade e Deseñar a campaña. - Decidir os canles de distribución.- Analizar as políticas de márketing aplicadas á xestión comercial.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos. Analiza o sector empresarial onde se desenvolve a idea de negocio. (100%). Analiza o proceso de comercialización dos produtos ou servizos da empresa.. Realiza unha análise do mercado e da competencia para a idea de negocio seleccionada. (80%). Explica as características da clientela potencial da empresa e identifica o comportamentodos competidores desta. (80%). Elabora un análise DAFO para definir as estratexias. (100%). Reflexiona sobre as estratexias de prezos tendo en conta as características do produto ou do servizo, e argumenta sobre a decisión do establecemento do prezo de venda. (100%). Desenvolve a comercialización dos produtos ou servizos da empresa e o plan de márketing: Fixa as características do produto ou servizo e os seus prezos de comercialización, e compáraos cos da competencia. (100%). Elabora un plan de medios onde se describan as accións de promoción e publicidade para atraer a clientela potencial, facendo especial fincapé nas aplicadas en internet e dispositivos móbiles. (100%). Valora e explica as canles de distribución e venda que pode utilizar a empresa. (80%). Aplica procesos de comunicación e habilidades sociais en situacións de atención á clientela e operacións comerciais. (80%). Realiza unha previsión de vendas a curto e a medio prazo, manexando a folla de cálculo. (80%)

Bloque 4 O plan de aprovisionamento. Unidade 7 O plan de aprovisionamento.

Contidos Plan de aprovisionamento. Xestión de inventarios. Selección de provedores. Xestión de compras.

Criterios de avaliación- Establecer os obxectivos e as necesidades de aprovisionamento.- Realizar procesos de selección de provedores analizando as condicións técnicas.- Planificar a xestión das relacións con provedores, aplicando técnicas de negociación e comunicación.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos. Deseña un plan de aprovisionamento da empresa. (100%). Aplica métodos de valoración de existencias. (60%). Identifica os tipos de documentos utilizados para o intercambio de información con provedores. Elabora distintos documentos; cartas comerciais, albarán, factura etc. (80%)

Page 72: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

. Utiliza diferentes fontes para a procura de provedores en liña e offline. (100%)

. Relaciona e compara as ofertas de provedores, utilizando diversos criterios de selección, eexplica as vantaxes e os inconvenientes de cada unha.(80%). Identifica e aplica técnicas de negociación e comunicación. (100%). Recoñece as etapas nun proceso de negociación de condicións de aprovisionamento. (100%)

Bloque 6. Xestión dos recursos humanos

Unidade 8 Xestión dos recursos humanos

Contidos Planificación dos recursos humanos. Recrutamento e selección de persoal. Xestión laboral, contratación, Seguridade Social e nóminas.

Criterios de avaliación- Planificar a xestión dos recursos humanos.- Xestionar a documentación que xera o proceso de selección e contratación de persoal, aplicando as normas vixentes.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos. Avalía as necesidades da empresa, e analiza e describe os postos de traballo. (100%). Identifica as fontes de recrutamento, así como as fases do proceso de selección de persoal. (100%). Coñece os documentos e técnicas que se empregan na selección de persoal: cartas de presentación, currículo, entrevistas, test etc. (100%). Analiza e aplica para a empresa as formalidades e as modalidades documentais de contratación. (80%). Identifica as subvencións e os incentivos á contratación. (100%). Recoñece as obrigas administrativas do/da empresario/a ante a Seguridade Social. (100%). Analiza os documentos do proceso de retribución e cotización do persoal e de xustificación do pagamento. Elabora unha nómina. (100%)

Bloque 7. Xestión da contabilidade da empresa

Unidade 9 Xestión da contabilidade da empresa

Contidos Fundamentos de contabilidade financeira Plan Xeral de Contabilidade. Ciclo contable. Fiscalidade da empresa: liquidación e rexistro contable.

Criterios de avaliación- Contabilizar os feitos contables derivados das operacións da empresa, cumprindo os criterios establecidos no Plan Xeral de Contabilidade (PXC).Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos. Opera cos elementos patrimoniais da empresa, valora a metodoloxía contable e explica

Page 73: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

o papel dos libros contables. (100%). Analiza e representa os principais feitos contables da empresa. (60%). Identifica o concepto de amortización e procede ao seu rexistro contable. (100%). Analiza e asigna os gastos e os ingresos ao exercicio económico ao que correspondan, con independencia das súas datas de pagamento ou cobramento. (80%). Distingue as fases do ciclo contable, analiza o proceso contable de pechamento de exercicio e determina o resultado económico obtido pola empresa e elabora unha conta de resultados. (90%). Analiza as obrigas contables e fiscais, e a documentación correspondente á declaración-liquidación dos impostos. (100%) . Manexa a nivel básico unha aplicación informática de contabilidade, onde realiza todas as operacións necesarias e presenta o proceso contable correspondente a un ciclo económico. (60%)

Bloque 8. Investimento e xestión financeira. Viabilidade da empresa

Unidade 10 Investimento e xestión financeira. Viabilidade da empresa

Contidos Estrutura económica e financeira da empresa. Equilibrio patrimonial. Planificación financeira da empresa. Novas formas de financiamento. Préstamos, créditos, descontos, leasing, renting, factoring, coworking, etc. Métodos de selección e valoración de investimentos. A viabilidade da empresa. Solvencia e liquidez na empresa. Previsións de tesouraría. Custo e selección de fontes financeiras. Axudas á creación de empresas en Galicia. Morosidade empresarial.

Criterios de avaliación- Determinar o investimento necesario e as necesidades financeiras para a empresa, identificando as alternativas de financiamento posibles.- Avaliar a viabilidade da empresa, de acordo con diferentes tipos de análise.- Analizar e verificar o acceso ás fontes de financiamento para a posta en marcha do negocio.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos. Elabora un plan de investimentos da empresa, que inclúa o activo non corrente e o corrente. (100%). Recoñece as necesidades de financiamento da empresa. (100%). Analiza e selecciona as fontes de financiamento da empresa. (80%). Determina e explica a viabilidade da empresa, tanto a nivel económico e financeiro como a nivel comercial e ambiental. (100%). Aplica métodos de selección de investimentos e analiza os investimentos necesarios para a posta en marcha. (100%). Elabora estados de previsión de tesouraría e explica alternativas para a resolución de problemas puntuais de tesouraría. Realiza un plan de tesourería. (80%). Valora as fontes de financiamento, así como o custo do financiamento e as axudas financeiras e subvencións. (100%). Comprende o papel dos intermediarios financeiros na actividade cotiá das empresas e na sociedade actual. (100%). Valora a importancia, no mundo empresarial, de responder en prazo aos compromisos

Page 74: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

de pagamento adquiridos.(100%)

Bloque 9. Presentación da idea de negocio

Unidade 11 Presentación da idea de negocio

Contidos Plan de negocio. Técnicas de presentación e edición do plan de negocio. Ferramentas audiovisuais para a presentación de proxectos.

Criterios de avaliación- Expor e comunicar publicamente o proxecto de empresa.- Utilizar ferramentas informáticas que apoian a comunicación e a presentación do proxecto.

Estándares de aprendizaxe e grao mínimo de consecución dos mesmos. Utiliza habilidades comunicativas e técnicas para atraer a atención na exposición pública do proxecto de empresa. (100%). Manexa ferramentas informáticas e audiovisuais atractivas que axudan a unha difusión efectiva do proxecto. (100%)

ACTIVIDADES

Son as actividades que lles propoñemos aos alumnos para que constrúan a súa propia aprendizaxe. Son de moi diverso tipo, como dixemos, para contribuír ao desenvolvemento das competencias, e relacionadas cos contidos e criterios e estándaresde avaliación de cada unidade.

Esta materia está concibida para traballar na aula de informática e que sexan o propio alumnado quen vaia descubrindo e coñecendo as distintas áreas e funcións da empresa desenvolvendo unha idea ou proxecto que eles propoñan facendo unha simulación empresarial, e coñezan unha empresa tanto a nivel de planificación como de desenvolvemento e xestión.

Posto que, por motivos estruturais do centro, só contamos cunha hora na aula de informática será preciso facer as actividades máis teóricas

Dependendo do ritmo do curso e do tempo dispoñible, así como das dificultades que atopemos con elas, seleccionaremos maior ou menor número de actividades para cada unidade. Ademais posto que a materia é nova fará falta ir axustando os contidos ao tempo dispoñible, xa que nun principio, o currículo parécenos demasiado extenso para 3 horas semanais.Podemos dividilas nos seguintes tipos: A) Avaliación e motivación inicial B) De desenvolvemento C) Para ampliar e descubrir por si mesmos

As actividades serán moi diversas: busca e análise de proxectos emprendedores na historia recente e pasada, actividades e traballo en equipo e toma de decisións, de solución de conflitos, técnicas de creatividade, consulta de información na rede, elaboración de documentos comerciais e de comunicación coas administracións, deseño do logo, deseño dunha campaña de publicidade e promoción, cálculos contables, cálculo da viabilidade e comunicación e presentación do proxecto final con medios TICs.

Page 75: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

TEMPORALIZACIÓN

1ª Avaliación: unidades 1, 2, 3, 4 ,5

2ª Avaliación: unidades 6, 7, 83ª Avaliación: unidades, 9, 10, 11

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Enténdese por procedementos de avaliación os métodos a través dos cales se leva a cabo a recollida de información sobre a adquisición de competencias, dominio dos contidos e logro dos criterios de avaliación. Serán variados para efectuar correctamente a avaliación do alumnado atendendo aos diferentes modos de comprensión e aprendizaxe, ademais de permitir a participación dos alumnos coa autoavaliación e de seus compañeiros coa coavaliación. A avaliación realizárase de tres xeitos:

1º) Avaliación inicial-. Ao comezar cada unidade didáctica para coñecer os

preconceptos do alumnado e así poder enfocar a programación cara un coñecemento

significativo. Non terá cualificación.

2º) Avaliación do proceso-. Avaliación continua do proceso de aprendizaxe do

alumnado na aula. Contará para a nota final. Valóranse as actividades feitas na clase, así

como a atención e a participación.

3º) Avaliación final-. Para facer unha valoración total do proceso de aprendizaxe en

cada un dos temas ou unidades faranse exames e outro tipo de traballos de síntese e

investigación.

Os instrumentos de avaliación son os instrumentos para o seguimento e avaliación dos alumnos. Utilizaremos os seguintes: A profesora tomará nota das respostas e participación na clase dos alumnos nas fichas de alumno, onde levará un seguimento personalizado. Revisión de actividades, o que axudará na avaliación das diversas actividades propostas, actividades na aula normal e na de informática. Entrega de traballos informáticos ou discusión exposición oral en grupo e individualmente. Probas finais escritas: realizaranse periodicamente ó finalizar cada trimestre, coa posibilidade de facer algunha máis durante o mesmo, para ir eliminando materia e descubrir que coñecen os conceptos que están traballando na práctica. Faranse máis ou menos dependendo da carga teórica doas unidades e en función do ritmo do curso.

METODOLOXIA

1- Criterios metodolóxicos:A metodoloxía a seguir durante as sesión estará sempre dirixida á consecución

dos obxectivos didácticos y das competencias específicas, polo que será unha metodoloxía activa. Tratarase de graduar a dificultade das actividades e dotalas dun carácter dinámico,

Page 76: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

ademais farase especial fincapé en fomentar un clima de aceptación mutua e cooperación entre o alumnado.

2-Tácticas didácticas:Están baseadas na teoría do coñecemento construtivista.

Entre outras moitas utilizaremos as seguintes: exposición de contidos, actividades en grupo, exposición de ideas, comentarios de texto e de imaxes, realización de actividades no caderno de aula, elaboración de documentos e resumos, lecturas, debates, traballos de busca ou profundización, traballos de comunicación, deseños audiovisuais, etc.

3- Distribución do tempo e do espazo na aulaCada sesión axustarase ao marcado polo desenvolvemento do curso e da unidade correspondente, así serán moi variadas, dende sesións de debate entre todos, organización de equipos de traballo e investigación, tempo de traballo libre nas actividades, exposición dos traballos, probas…etc.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

No se utilizará ningún libro de texto. O material, será aportado pola profesora, en canto aos contidos máis teóricos, e o

resto buscarano en internet, nas páxinas dos ministerios e consellerías de traballo e facenda, na seguridade social, no IGAPE, en ipyme.org, circe.es, cámaras de comercio, páxinas de emprendedores, nas páxinas de xornais especializados en economía de empresa, ou nas propias empresas novas.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN e PROMOCIÓN

Cualificación:A cualificación é o resultado directo da avaliación. Cualificarase ao alumnado nas tres avaliacións. Esta materia como se considera sobre todo práctica, que o alumnado faga esa simulaciónempresarial, a porcentaxe de cada nota configurase do seguinte modo:Probas escritas das UUDD: o 50%Traballos exposicións finais e actividades, o 40% Participación, actitude, esforzo diario…etc, 10%A nota final será unha media das tres avaliacións, sempre que en todas elas se supere o 5. Existe a posibilidade de a subir nota en cada unha das avaliacións con traballos adicionais, tomarse a nota máis alta para a media.

Cada unidade terá un valor total de 10 puntos. A nota será a suma de todos os instrumentos

propostos:

Farase un seguimento da atención e participación na aula, por medio da observación

do caderno da profesora e da revisión de tarefas de caderno do estudante. Observaranse

as estratexias que utiliza, o ritmo de traballo, a actitude, a interacción nos traballos en grupo,

etc así como a resolución das tarefas tendo que ter ben feitos a maioría dos exercicios na

clase. Este traballo será un 1 da nota final.

Os resumes ou traballos exposicións actividades en grupo..etc serán 4 puntos,

Nos resumes valórase a estrutura, a redacción, a capacidade de síntese e o emprego

de novos conceptos, terán en conta:

- Presentación: seguir a estrutura do guión, orde limpeza, fontes bibliográficas, data e xornal

Page 77: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

onde se obteñen as noticias, páxinas web consultadas.

- Contidos: Axuste ao solicitado, boa redacción e que demostre que non é un simple copia-

pega, razoamento e bo análise da información.

- Creatividade, orixinalidade e iniciativa buscando algo máis aló do que se pide estritamente.

- A utilización das técnicas audiovisuais e informáticas.

- Na exposición oral ou posta en escena valórase a expresión, 0,25; os contidos, 0,5; e

elocuencia, 0,25)

As Probas escritas, teóricas ou de prácticas de cálculos matemáticos das distintasunidades: 5 puntos.

Recuperación e Promoción:

Os alumnos que non superen algunha das avaliacións Terán a correspondente reunión coa profesora para asegurarnos de que comprenden os motivos do mal resultado e se toman las medidas oportunas para melloralo. Neste proceso será necesario o apoio mediante actividades complementarias de reforzo. Haberá unha probas ou traballos de recuperación parcial en cada avaliación e unha total a final de curso. A promoción será se aproba as recuperacións parciais co exame e os traballos de reforzo, ou se aproba o exame e o traballo final.

INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DO ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE

O primeiro e máis importante indicador de logro da práctica docente é observar se se consegue motivar ao alumnado, ver se comprenden a importancia que ten a iniciativa emprendedora para o desenvolvemento persoal, mesmo se se orienta cara un perfil profesional ou non empresarial, e coñecer os fundamentos empresariais que será o marcoonde desenvolvan o seu traballo por conta propia ou mesmo alleo, e tamén como coñecementos base para estudos superiores. Motivación que lles levará a descubrir a posibilidade de pequenas ideas cooperativas e solidarias que servirán de desenvolvemento individual e social no medio desta crise financeira. Para elo é necesario coñecer como se crea e funciona unha idea empresarial. Dende o punto de vista máis académico, despois para avaliar o proceso do ensino, en cada estándar valorarase como mal, regular, bastante ben e ben segundo o grao de consecución do mesmo.

ACTIVIDADES PARA SEGUIMENTO E a AVALIACIÓN DA MATERIA PENDENTE

Nesta materia, posto que é o primeiro ano que se imparte, non hai ninguén que a teña pendente

DESEÑO DA AVALIACIÓN INICIAL

Farase unha presentación de cada unidade e unhas preguntas de avaliación inicial

para coñecer os preconceptos que teñen e propor unhas preguntas que motiven para o

Page 78: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

saber e sirvan para contextualizalo. As respostas destas actividades poranse en común e

servirán de inicio do tema.

Nesta materia e neste curso concreto o alumnado presenta distintos niveis de

coñecementos de Economía. Uns son do bacharelato de Ciencias, nunca cursaron ningunha

materia de economía. Os outros de sociais teñen os coñecemento de “Economía” de 1º co

que recoñecen o marco socioeconómico xeral, coñecen á empresa como axente económico

e teñen nocións do mercado laboral. Á súa vez dos de sociais, a maioría tamén cursa este

mesmo ano “Economía da empresa” polo que algúns dos conceptos teóricos os estarán

dando nesa materia.

Con este nivel de partida tan desigual será necesario ter moi en conta esta avaliación

inicial en cada unidade, con actividades de cooperación e motivación por parte dos que

teñen máis coñecementos cara os outros para mellor desenvolvemento de ambos nun

proceso de aprendizaxe entre iguais.

Ao rematar cada unidade o alumnado fará unha autoavaliación para comprobar os

novos coñecementos adquiridos sobor dos seus previos e desmontar os erros que tivera

preconcibidos.

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O estar planeada a materia dende un punto de vista do traballo do alumnado na aula de informática con traballos resume, busca de información, creatividade, deseño, estas actividades poden proporse de xeito diversificado e facer un seguimento persoal e unha intervención diferenciada para planear distintos tempos, itinerarios, métodos, materiais etc. Proporanse as actividades tendo en conta a avaliación inicial e polo tanto oscoñecementos que cada alumno e alumna teñen segundo estes accederán as tarefas dende distintos puntos de partida, o que fomenten a súa autonomía no estudo e a autoestima.

O problema que se atopa para desenvolver este traballo adecuadamente é o número de alumnos e alumnas por aula que impide que o seguimento na clase sexa tan personalizado como se quixer. Tampouco é fácil a revisión persoal e pormenorizada das tarefas, traballos e dos exames.

CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS

A educación terá en conta tanto valores e temas transversais individuais ou sociais: Valores individuais: liberdade e responsabilidade persoal, esforzo, iniciativa, emprendemento, curiosidade, creatividade, autonomía, traballo en equipo, espírito emprendedor, hábitos de vida saudable, responsabilidade co medio ambiente, etc. Así como habilidades de comprensión lectora, comunicación orais, escritas ou por medios das tecnoloxías informáticas e audiovisuais. Valores sociais de: educación cívica e constitucional, respecto e tolerancia, resolución pacífica dos conflitos, actitudes non sexistas nin discriminatorias, rexeitamento á violencia sexista, respecto ao medio ambiente, conciencia das desigualdades e desenvolvemento das actitudes democráticas.

Page 79: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR, ao PLAN TIC e ao PLAN DE CONVIVENCIA

Ao proxecto lector e o plan de Tic contribúese coas distintas actividades de lectura e emprego das Tic xa mencionadas. Neste caso o emprego de TICs vai ser totalmente predominante xa que é moi importante a súa busca de información, todos os traballos serán con ordenador e a presentación final usará o maior tipo de medios audiovisuais, deseño, blog, páxina web, vídeo, etc.

Para o plan de convivencia, ademais dos contidos en valores, terase especialmenteen conta no desenvolvemento das relacións na aula entre o alumnado e entre estes e a profesora, na resolución dos problemas que xurdan nesta relación, nas interaccións entre grupos e nos traballos de grupo, todo se fará coidando o respecto mutuo e adoptando posturas dialogantes para resolver os posibles conflitos.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Tentarase facer unha visita a algunha empresa ou a algún viveiro de empresas dunha Cámara de comercio Como actividade complementaria o alumnado solicitou inscribirse no proxecto Desafío Junior Empresarial da ESIC Business Marketing School coa colaboración da Universidade Rey Juan Carlos de simulación de desenvolvemento dunha idea de negocio.

MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN e MODIFICACIÓN das programacións

Os o proceso de ensino e da práctica docente están condicionados polas características do alumnado, características intelectuais e sobre todo socioeconómicas domesmo. Como o manifestan moitos estudos as características socioeconómicas seguen aser moi determinantes polo que os resultados cuantitativos da práctica docente virán moi influídos por elo, é necesario avalialos sabendo de que contexto se parte. Neste caso o proceso de ensino estase a avaliar continuamente ao longo do curso xa que é unha materia nova na ESO o alumnado só ten algúns conceptos económicos da materia de sociais e ten algúns coñecementos (pouco exactos) da realidade socioeconómica persoal ou social. Por todo elo é necesario de xeito cotiá adaptar as actividades ás características do alumnado para crear un conflito cognitivo, motivar, desenvolver a participación e o autoaprendizaxe e que avancen no coñecemento e logo avaliarase se as actividades están ben deseñadas para as esas características e os seus preconceptos Do mesmo xeito a práctica docente é avaliada continuamente para comprobar a metodoloxía e os instrumentos de avaliación que funcionan, a nivel de grupo e a nivel individual, na medida do posible, recollendo tamén información das familias e do resto do profesorado que lle de clase a cada grupo Igualmente ao ser unha materia nova haberá que medir os tempos pois o currículo é bastante extenso e será necesario medir canto se pode afondar nos temas. Ao rematar cada unidade didáctica revisaranse aquelas actividades que non funcionaron, ben porque non foron motivadoras, non eran moi comprensibles, ou eran demasiado dificultosas, para redeseñalas para a recuperación e para o próximo curso.

Page 80: PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA IES DO CASTRO, CURSO 2016 …centros.edu.xunta.es/.../2017/02/pd-economia-2016-17.pdf · 2017-02-01 · PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO