por un plurilingüismo inclusivo

2
DOCENTES POR UN PLURILINGÜISMO INCLUSIVO Por que o que temos agora non é o adecuado? Que non responde á aprendizaxe comunicativa que pide o MCERL; isto ten como consecuencia que o alumnado non resulta competente para expresarse correctamente nas diferentes linguas, é dicir, non imos conseguir auténticos usuarios das linguas. Que non planifica a transferencia de aprendizaxe das linguas, é dicir, non se aproveitan as similitudes gramaticais para rendibilizar as aprendizaxes dos diferentes repertorios lingüísticos. Non se favorece a necesaria coordinación entre departamentos de linguas para que o curriculo sexa impartido de xeito racional e eficaz, sen duplicidades nin repeticións. A introdución, en idade demasiado temperá, do ensino dunha lingua estranxeira non ambiental e pertencente a unha familia lingüística diferente, esixe dunha coordinación metodolóxica e curricular que tome en consideración aspectos tan relevantes como o proceso de adquisición de lecto-escritura, que sempre se debe realizar desde as linguas ambientais e, sobre todo, potenciando o uso da variante minorizada. A impartición de materias curriculares en linguas estranxeiras de familias lingüísticas diferentes non está a ter un tratamento específico que garanta a transferencia entre linguas e a asimilación de contidos, para que o aprendido en lingua estranxeira polo alumnado sexa capaz de expresalo nas linguas ambientais. I. Porque está baseado nun tratamento metodolóxico ineficaz: II. Porque non fomenta un plurilingüismo inclusivo, xa que se potencia unha lingua considerada de status máis elevado con respecto ás Ÿ outras. unha lingua queda practicamente excluída do proceso de ensino-aprendizaxe, é Ÿ dicir, vulnéranse os principios básicos do ecolingüismo. non atende á interculturalidade, porque non ten en conta os condicionantes Ÿ específicos da realidade socio-cultural de Galicia. No canto de que a aprendizaxe de linguas sirva de instrumento para un mellor coñecemento da riqueza lingüística europea, fomentando o respecto pola diversidade cultural, estase empregando para a marxinación das linguas e culturas minoritarias e minorizadas. non mellora as competencias do alumnado en varias linguas, xa que non parte das Ÿ que xa coñece. Os docentes de Galicia queremos e defendemos unha educación plurilingüe, pero desde unha perspectiva integradora de todas as linguas, e sen os efectos de marxinación que provoca a lexislación vixente no sistema educativo, que lle dificulta ao noso alumnado acadar a competencia comunicativa na lingua propia da comunidade. Queremos alumnado plurilingüe, pero non pagando o prezo que a actual lexislación lle impón ás linguas que conviven no sistema educativo Necesitamos unha orientación curricular válida para a adquisición de varias linguas nos centros educativos que se axuste ao proposto polo Consello de Europa (2001) no Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL). Esta orientación podería ser o Tratamento integrado de linguas que está avalado por tres principios básicos: a. Investigación recente sobre a aprendizaxe das linguas b. A transferencia de aprendizaxes entre as linguas c. A importancia de programar simultaneamente as aprendizaxes Para conseguir un alumnado competente en varias linguas, é preciso: Reflexionarmos sobre a necesidade dun cambio de orientación didáctica no proceso Ÿ de adquisición de linguas. Facer autoavaliación da práctica individual e colectiva. Ÿ Elaborar unha programación integrada das linguas da escola, que reparta obxectivos, Ÿ contidos e criterios de avaliación entre esas linguas que o alumnado está a aprender. Realizar modificacións iniciais nas programacións que faciliten a coordinación entre o Ÿ profesorado das diferentes materias de lingua. Conclusión: Incrementar o número de clases , introducir en idades moi temperás e impartir materias curriculares en lingua estranxeira non vai garantir a competencia oral e escrita nesa lingua; en xeral produce desmotivación no alumnado, ao non acadaren os resultados esperados.

Upload: coordinadora-galega-endl

Post on 24-May-2015

304 views

Category:

Education


9 download

DESCRIPTION

Por un plurilingüismo inclusivo. Folleto informativo presentado no II Encontro de Equipos e Docentes pola normalización (Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2011). Coordinadora Galega de ENDL.

TRANSCRIPT

Page 1: Por un plurilingüismo inclusivo

DOCENTES POR UN PLURILINGÜISMO INCLUSIVO

Por que o que temos agora non é o adecuado?

Que non responde á aprendizaxe comunicativa que pide o MCERL; isto ten como consecuencia que o alumnado non resulta competente para expresarse correctamente nas diferentes linguas, é dicir, non imos conseguir auténticos usuarios das linguas.

Que non planifica a transferencia de aprendizaxe das linguas, é dicir, non se aproveitan as similitudes gramaticais para rendibilizar as aprendizaxes dos diferentes repertorios lingüísticos. Non se favorece a necesaria coordinación entre departamentos de linguas para que o curriculo sexa impartido de xeito racional e eficaz, sen duplicidades nin repeticións.

A introdución, en idade demasiado temperá, do ensino dunha lingua estranxeira non ambiental e pertencente a unha familia lingüística diferente, esixe dunha coordinación metodolóxica e curricular que tome en consideración aspectos tan relevantes como o proceso de adquisición de lecto-escritura, que sempre se debe realizar desde as linguas ambientais e, sobre todo, potenciando o uso da variante minorizada.

A impartición de materias curriculares en linguas estranxeiras de familias lingüísticas diferentes non está a ter un tratamento específico que garanta a transferencia entre linguas e a asimilación de contidos, para que o aprendido en lingua estranxeira polo alumnado sexa capaz de expresalo nas linguas ambientais.

I. Porque está baseado nun tratamento metodolóxico ineficaz: II. Porque non fomenta un plurilingüismo inclusivo, xa que

se potencia unha lingua considerada de status máis elevado con respecto ás Ÿoutras.

unha lingua queda practicamente excluída do proceso de ensino-aprendizaxe, é Ÿdicir, vulnéranse os principios básicos do ecolingüismo.

non atende á interculturalidade, porque non ten en conta os condicionantes Ÿespecíficos da realidade socio-cultural de Galicia. No canto de que a aprendizaxe de linguas sirva de instrumento para un mellor coñecemento da riqueza lingüística europea, fomentando o respecto pola diversidade cultural, estase empregando para a marxinación das linguas e culturas minoritarias e minorizadas.

non mellora as competencias do alumnado en varias linguas, xa que non parte das Ÿque xa coñece.

Os docentes de Galicia queremos e defendemos unha educación plurilingüe, pero desde unha perspectiva integradora de todas as linguas, e sen os efectos de marxinación que provoca a lexislación vixente no sistema educativo, que lle dificulta ao noso alumnado acadar a competencia comunicativa na lingua propia da comunidade.

Queremos alumnado pluri l ingüe, pero non pagando o prezo que a actual lexislación lle impón ás linguas que conviven no sistema educativo

Necesitamos unha orientación curricular válida para a adquisición de varias linguas nos centros educativos que se axuste ao proposto polo Consello de Europa (2001) no Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL). Esta orientación podería ser o Tratamento integrado de linguas que está avalado por tres principios básicos:

a. Investigación recente sobre a aprendizaxe das linguasb. A transferencia de aprendizaxes entre as linguasc. A importancia de programar simultaneamente as aprendizaxes

Para conseguir un alumnado competente en varias linguas, é preciso:Reflexionarmos sobre a necesidade dun cambio de orientación didáctica no proceso Ÿde adquisición de linguas.

Facer autoavaliación da práctica individual e colectiva.ŸElaborar unha programación integrada das linguas da escola, que reparta obxectivos, Ÿcontidos e criterios de avaliación entre esas linguas que o alumnado está a aprender.

Realizar modificacións iniciais nas programacións que faciliten a coordinación entre o Ÿprofesorado das diferentes materias de lingua.

Conclusión: Incrementar o número de clases , introducir en idades moi temperás e impartir materias curriculares en lingua estranxeira non vai

garantir a competencia oral e escrita nesa lingua; en xeral produce desmotivación no alumnado, ao non acadaren os resultados esperados.

Page 2: Por un plurilingüismo inclusivo

Novos enfoques para unha educación plurilingüeImplica, ante todo, un cambio de mentalidade na tradición escolar, combatendo inercias históricas do sistema educativo. Ese cambio sintetízase en:

Elementos a desbotar

Propoñemos á sociedade galega:

DOCENTES POR UN PLURILINGÜISMO INCLUSIVO

Asunción da diversidade lingüística como trazo de identidade europeo.ŸDefensa da riqueza lingüística como patrimonio colectivo.ŸCompetencia non só interlingüística, senón tamén en valores de interculturalidade.ŸAdquisición do concepto de “cidadanía flexible” en comunidades plurilingües.ŸRenovación das metodoloxías de aprendizaxe de idiomas (enfoque comunicativo e Ÿtransversal nos contidos).

O ensino correcto de idiomas esixe unha formación actualizada que combine Ÿsociolingüística, psicolingüística e estratexias de planificación curricular para integrar a educación plurilingües de forma global a través de materias non especificamente lingüísticas.

Ÿa concepción compartimentada da aprendizaxe de idiomas no ensino Ÿ(linguas-materia)

a obsesión purista (é imposible dominar todas as linguas á perfección)Ÿo abuso improdutivo de orientacións didácticas baseadas no dominio Ÿdun código abstracto sen referencias aos condicionantes sociais e aos factores históricos.

as interferencias oportunistas de carácter político-electoral, que Ÿimpiden unha reflexión serena e científica sobre as condicións necesarias para unha aprendizaxe interlingüística eficaz e correcta.

a filosofía monolingüe do sistema educativo

Un plurilingüismo igualitario, que non estableza chanzos diferentes para cada idioma e que parta do coñecemento e uso das linguas máis próximas ao entorno social do falante.

Un plurilingüismo integrador: comunicativo, transversal e profundamente dinámico.

Un plurilingüismo da cidadanía en troques dun plurilingüismo da economía.

Un plurilingüismo que transfira unha conciencia de diálogo social e de intercambio cultural, trascendendo os valores de rendibilidade a curto prazo propios do capitalismo económico.

Un plurilingüismo entendido como unha rede interconectada de espazos lingüísticos que se tocan e se cruzan, e non

como unha sucesión monocroma de compartimentos estanco, con linguas que se estudan sen interrelación ningunha entre elas.

Un plurilingüismo que asuma con naturalidade que poden existir falantes con moi diversos niveis de competencia (mesmo

parciais) na adquisición dun idioma, sen obsesión polo purismo lingüístico, e sen prexuízos previos sobre o maior ou menor valor dunha lingua.

Un plurilingüismo que atenda máis á irmandade das familias lingüísticas e menos ao establecemento dunha lingua franca decidida por factores de mercado e supremacía cultural.

Un plurilingüismo descentrado e horizontal, que non distinga linguas de capital e linguas de periferia.

Un plurilingüismo que faga máis hábil a nosa lingua e máis flexible a nosa mente.

En definitiva: propoñemos un plurilingüismo da diversidade, inclusivo, que mellore a convivencia e supere o marco

limitador dos actuais programas de estudo (case sempre obsesionados coa adquisición do inglés como lingua franca exclusiva).

coordinadora galegade equiposde normalización edinamización lingüística

gwww.coordinadoraendl.org