plurilingüismo

2
Como nais e pais do século XXI, un dos obxectivos que agardamos do sistema educativo é que axude as nosas fillas e fillos a acadaren unha habilidade comunicativa en varias linguas, que lles permita desenvolver un maior grao de intercomunicación con persoas doutros ámbitos culturais e xeográficos. Somos conscientes de que as novas xeracións están a medrar nun contorno social e laboral dinámico e cambiante, que esixe cada vez máis unha predisposición favorable á aprendizaxe doutros idiomas distintos a aquel que empregamos no noso círculo social máis inmediato. Neste contexto, a escolla do PLURILINGÜISMO, máis que unha opción individual, semella unha aposta colectiva a prol dun futuro mellor para as nosas fillas e fillos. Desde a CGENDL estamos a favor da introdución e consolidación do ensino plurilingüe en todos os niveis educativos en Galicia, sempre e cando se faga de maneira axeitada. coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística g O PLURILINGÜISMO NO ACTUAL SISTEMA EDUCATIVO GALEGO Galego Inglés Castelán Alemán Árabe Catalán Checo Chinés Francés Grego Holandés Italiano Xaponés Portugués Romanés Ruso Euscaro Galego Inglés Castelán Alemán Árabe Catalán Checo Chinés Francés Grego Holandés Italiano Xaponés Portugués Romanés Ruso É este o plurilingüismo que queremos? Euscaro Non será mellor que partindo das dúas linguas ambientais se adquiran capacidades para aprender o maior número de linguas? O que capacita o alumnado para desenvolverse en varias linguas, e parte dun principio pedagóxico básico: a aprendizaxe de linguas é sumativa (cantas máis se saben, máis doado é aprender outras) e non funciona por compartimentos estancos. Que é realmente un ensino plurilingüe?

Upload: alberte-zato

Post on 06-Mar-2016

217 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Remitido pola Coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización

TRANSCRIPT

Page 1: Plurilingüismo

Como nais e pais do século XXI, un dos obxectivos que agardamos do sistema educativo é que axude as nosas fillas e fillos a acadaren unha habilidade comunicativa en varias linguas, que lles permita desenvolver un maior grao de intercomunicación con persoas doutros ámbitos culturais e xeográficos.

Somos conscientes de que as novas xeracións están a medrar nun contorno social e laboral dinámico e cambiante, que esixe cada vez máis unha predisposición favorable á aprendizaxe doutros idiomas distintos a aquel que empregamos no noso círculo social máis inmediato.

Neste contexto, a escolla do PLURILINGÜISMO, máis que unha opción individual, semella unha aposta colectiva a prol dun futuro mellor para as nosas fillas e fillos.

Desde a CGENDL estamos a favor da introdución e consolidación do ensino plurilingüe en todos os niveis educativos en Galicia, sempre e cando se faga de maneira axeitada.

coordinadora galegade equiposde normalización edinamización lingüística

g

O PLURILINGÜISMO NO ACTUAL SISTEMA EDUCATIVO GALEGO

Galego

Inglés

Castelán

Alemán Árabe

Catalán

Ch

eco

Chinés

Fra

ncé

s

Grego

Holandés Italiano

Xaponés

Portugués R

om

an

és

Ruso

Eus

caro

Galego

Inglés

CastelánAlemán

Árabe

Catalán

Ch

eco

Chinés

Fra

ncé

s Grego

HolandésItaliano

Xap

onés

Portugués

Rom

anés

Ruso

É este o plurilingüismo que queremos?

Euscaro

Non será mellor que partindo dasdúas linguas ambientais se adquirancapacidades para aprender o maior número de linguas?

O que capacita o alumnado para desenvolverse en varias linguas, e parte dun principio pedagóxico básico: a aprendizaxe de linguas é sumativa (cantas máis se saben, máis doado é aprender outras) e non funciona por compartimentos estancos.

Que é realmente un ensino plurilingüe?

Page 2: Plurilingüismo

O modelo fragmentado (cada área, unha lingua) é o modelo que está a aplicar a Xunta de Galicia, cun reparto das horas e materias que pretende equiparar o tempo adicado á aprendizaxe de inglés, castelán e galego, nunha porcentaxe do 33% para cada lingua. Cada materia do currículo impártese, pois, nunha única lingua decidida previamente polas autoridades educativas.

coordinadora galegade equiposde normalización edinamización lingüística

g

Que modelo se está aplicando na actualidade?

Para máis información : http://www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo/index.html

Os expertos apostan polo modelo integrado que se axusta ao que se propón desde o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Este modelo parte das linguas ambientais para aprender progresivamente outras, axustando a aprendizaxe á idade do alumnado e atendendo a un enfoque comunicativo que leva a que saiban expresar calquera contido en calquera lingua, xa que se traballan todos eles en todos os idiomas presentes no sistema educativo.

Porque se implanta a lingua estranxeira a unha idade demasiado temperá, sen deixar que os nenos e as nenas asenten as linguas que os rodean, tal e como din os especialistas.

Porque non se están formando a cidadáns plurilingües, só se pretende que saiban algo máis de inglés, lingua considerada de status máis elevado e déixanse bastante de lado os contidos das diferentes materias, co cal vai descender o nivel xeral do alumnado.

Porque non se lle está sacando rendemento ás horas lectivas xa que non se favorece a coordinación do profesorado de todas as áreas co obxectivo común de que o alumnado avance en competencias plurilingües (expresión oral e escrita e comprensión oral e escrita).

Porque non atende a realidade socio-cultural de Galicia e mais impide que o alumnado aprenda a lingua propia.

Por que é un método inadecuado?

Cal resulta o método máis eficaz para a aprendizaxe de idiomas?

En definitiva, cómpre lembrar que plurilingüismo é...

poder comunicarse en moitas linguas

respectar todas as linguas

ter interese por aprender

fomentar a diversidade cultural

concederlle valor á lingua propia