pinchaediscos número 1

36
Pincha(e )Discos ola compostela NACE A REVISTA GASTROCULTURAL DA COMARCA COMPOSTELÁ Nº 1 | xaneiro-febreiro 2015

Upload: pinchaediscos

Post on 07-Apr-2016

249 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Revista sobre gastronomía e cultura de Santiago de Compostela. Este primeiro número inclúe entrevistas ao chef Alberto Lareo, o dj Javier Rial e a cantante Sés. Tamén hai unha reportaxe sobre as actuacións en directo nos locais de hostalaría da cidade, entre outras novas.

TRANSCRIPT

Page 1: Pinchaediscos Número 1

Pincha(e)Discos

ola compostelaNACE A REVISTA GASTROCULTURAL DA COMARCA COMPOSTELÁ

Nº 1 | xaneiro-febreiro 2015

Page 2: Pinchaediscos Número 1

EDITORIAL

O que tes entre as mans é o primeiro número en papel da revista Pincha(e)Discos, un soño tolo de dúas amigas que un día dixeron: “Oes, unha publicista e unha xornalista terán que facer algo xuntas, ou non?”. E xa postos a traballar, que mellor que facelo co que máis nos divirte; unha saborosa comida, unha actuación en directo, unha conversa agradable nun bar. Falamos de gastronomía e de cultura, dous entes para nós inseparables. E iso que vivimos un momento de moitas dificultades. É época de recortes, pero non de falta de talento. E nós queremos estar con todas esas persoas que se parten o lombo para facernos gozar do noso tempo de ocio, ben sexa subidos a un escenario ou encerrados nas súas cociñas. De xeito que, tanto os veciños de Compostela como os turistas, atopen nas nosas páxinas diferentes maneiras de pasalo ben na cidade e o seu entorno.

Chegar ata aquí non foi fácil e se o conseguimos foi en gran parte gracias a moitas persoas que nos apoiaron desde o primeiro momento. Como Hugo, que con só tres anos pasou o seu verán dun lado para outro coas aloucadas da súa nai e a súa socia. Ou o resto das nosas familias, que tiveron moita paciencia. E sobre todo, todos aqueles que puxeron e poñen algo da súa parte para que Pincha(e)Discos exista: Jéssica, Lorena, José Manuel, Suso, Alberto, Ruth, Andrea, Xiana, Inés, Patxi, Paloma, Zampón, Lorena, Jose, José Luis, Álvaro, Juan, Jorge… Gracias tamén aos anunciantes e entrevistados. Prometemos non ser demasiado pesadas! ;)

Aquí continúa a aventura que comezamos hai uns meses coa posta en marcha da web www.pinchaediscos.com Non sabemos a onde nos levará. Só sabemos que a vida ben merece un risco. E que con música, con teatro, con cine, cunha cea entre amigos, cun paseo, cun xeado, cunha caña, cun sorriso… vívese moito mellor!

EDITA:

Cristina Márquez ı Directora de MárketingRebeca Munín ı Directora de Contidos

[email protected] [email protected]

Deseño e maquetación: RSM Comunicación

Publicidade: Juan Vázquez, Jéssica Pintor e Lorena Penas

[email protected]

Fotografía:Suso Rivas

Colaboradores neste número:José Luis Losa, Andrea Núñez-Torrón, Xiana Lastra, José Manuel García, Jose Crusat, Lorena Costas.

Imprime: Mascolor Soluciones Gráficas.

Depósito Legal: C 66 - 2015 www.pinchaediscos.com

Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como pinchaediscos

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

Foto portada: O chef Alberto Lareo e o Dj Javier Rial. Por Suso Rivas

| 2 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

#olapinchaediscos

Foto: Suso Rivas

Page 3: Pinchaediscos Número 1

Entrevista a Alberto

Lareo, chef do Restaurante

Manso

Entrevista ao Dj Javier Rial

Reportaxe – A cultura, en terra

de ninguén por Andrea

Núñez-Torrón Stock

5 e Acción – Batman,

desnudo integral por José Luis Losa

Vai de… Libros CleCA, un club

de lectura entre cañas e cafés

Mundo Blogger Peli & Sofá &

Sesta por Patxi Movilla

Comer e Falar con José Manuel

García

Top 5 Abraiantes – O mellor que

probamos ata hoxe

Entre Bambolinas

Entrevista a Sés por Xiana Lastra

Axenda de ocio

Ten que haber de todo!

Crusat & Costas Dúas copas de

viño… con cal quedas?

Directorio

4

8

16

11

1213

24

14

20

29

34

26

32Directorio

D

Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015 | 3 |

A E•N D A

Page 4: Pinchaediscos Número 1

| 4 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

Non coñeces a Alberto Lareo? Pois se non fora por esta entrevista, de seguro que

pronto oirías falar del. Son moitos os que lle siguen a pista como un dos chefs a piques de dar un gran salto. Pero a el o que realmente lle importa é facer cada vez mellor o seu traballo no Manso, restaurante que abriu hai case tres anos xunto cos seus bos amigos José Luis Santiso e Dani Pardo. Alí, no que antes era o Anexo Vilas, propón unha cociña próxima, onde todos se sintan cómodos e á vez se sorprendan.

Como levas iso de que se fale tanto do teu traballo? Dáche medo?Non, para nada. Medo non. Pero si respecto. Porque se creas expectativas cada vez máis altas, tes que ir a mellor. O 2014 foi un ano bestial tanto a nivel mediático como de empresa e de restaurante. E que máis pedir? Que 2015 sexa un ano para seguir mellorando. Pero eu tampouco me considero ningún iluminado na cociña. Teño un equipo traballando aquí acojonante. E todo suma. Un só nunca fai nada.

Buscas estrelas (Michelin) ou soles (Repsol)?Non! Penso que é imposible porque isto o pensamos máis para todo o mundo, para que calquera veciño poida entrar aquí a tomarse unha caña, que calquera familia poida vir a comer un domingo, que calquera parella poida vir a tomar o

menú degustación… Se nos dan algún recoñecemento, benvido sexa. Pero quizais agora tiña gana doutra cousa, de relaxarme un pouco e facer a cociña que me apetece. Gústame o ambiente que temos no Manso e ogallá sigamos mellorando cada día.

Véxote moi humilde…É que tes que ser humilde. De que vou presumir eu? Veño dunha familia humilde onde todo se conseguiu a base de traballo. Recordo que unha das primeiras críticas que tivemos do restaurante foi pésima. Dicía: “Como un cocinero con este currículum no puede cumplir las expectativas de un cliente normal?”. E dis ti, que expectativas teño que cumprir? Quen son eu? Ao mellor apetéceme facer churrasco e son feliz facendo churrasco. Sempre hai que ter os pés na terra. Facer as cousas ben custa moitísimo. Pero cagala non custa nada. Hai que admitir as críticas boas e as malas, que son moi construtivas. Eu gracias a esta que che nombrei, dixen imos facer algo.

E que fixéchedes?2012, cando abrimos, foi mortal. Non sabía moi ben cara onde tirar. Era o noso primeiro ano e vías ademais que non había un chavo por ningún lado. A reforma do local fixémola prácticamente toda nós. Estivemos dobrando o lombo desde que o collimos ata que o abrimos. Quizáis iso me saturara para despois desenvolver unha carta. Non pensei o que quería facer ata 24 horas antes de abrir a porta. Foi todo como moi a trompicóns e non gustou nada. De

feito, aos seis meses de abrir estabamos pensando se pechar.

E menos mal que non pechastes! Non porque hai que saberse superar. Sentámonos os tres calamidades e dixemos que xa que chegamos ata aquí, había que seguir. Ao principio abrimos como un restaurante de brasa, de carnes. Pero ao fin e ao cabo un solombo e unhas navallas á brasa as comes en calquera bo restaurante de praia. Entón decidimos facer unha cociña máis persoal. Darlle ao cliente unha forma distinta de comerse un peixe, unhas verduras, mariñados, recuperar repostería clásica… É misturar un pouco o clásico con todo o que eu fun vendo ao longo da miña traxectoria polo País Vasco e Francia.

Gústache experimentar?Máis que experimentar, gústame xogar con texturas, con sabores, con misturas mar e montaña… e xogar tamén un pouco cos recordos da infancia. Un dos aperitivos que poño é unha sardiña con queixiños que me facía a miña avoa como bocadillo cando era pequeno.

Hai algún produto que traballes máis? Si, dinme que traballo moito co fiúncho. Encántame tamén o aroma da lima raiada e o xenxibre. Todas as herbas aromáticas utilízoas moito.

“Intento que xa antes de meter un bocado na boca digas guau!” ALBERTO LAREO, CHEF DO RESTAURANTE MANSO

“Respecto moito a hostelería de toda a vida, pero tamén hai que renovarse. Non digo que os novos o fagamos mellor, pero si distinto”

entrevista

Por Rebeca Munín

Page 5: Pinchaediscos Número 1

Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015 | 5 |

Alberto Lareo na súa cociña no restaurante Manso. Foto: Suso Rivas

“Aos seis meses de abrir o Manso estabamos pensando en pechar, pero decidimos dar un cambio e apostar por una cociña máis persoal”

Page 6: Pinchaediscos Número 1

| 6 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

Para xogar cos sentidos, non?Claro, pasas dun prato plano a algo que desprende aroma. Iso aprendino con Marcelo Tejedor. Todo se aromatizaba e xa antes de metelo na boca dicías guau! E iso é un pouco o que intento facer eu aquí. Que quen se sente a comer desfrute dos aromas, dos sabores, das texturas… e da limpeza. Encántame facer unha cociña limpa, con sabor, con aroma, pero que non haxa disfraces. Unha simple pescada con allada está bestial! Para que lle vas a meter nada máis! Unha alcachofa ten que saber a alcachofa, un pemento a pemento, unha carne guisada a guiso… Busco a naturalidade.

Empezaches o 2015 con nova carta no Manso. En que cambia?Metemos algo de caza, verduras de inverno, xarda, ourizo, galo de curral… Suprimimos un dos menús longos e centrámonos moito nun menú que cremos que é o que nos identifica un pouco, o Menú Raíces. É un menú que marca un pouco a miña traxectoria.

No pasado programáchedes algunha actuación en directo no local. Ides repetilo?Agora non o podemos facer. Non era por negocio, senón por ofrecerlle algo distinto aos nosos clientes e apostamos polo jazz e a música acústica. A xente estaba encantada. Pero non te deixan a non ser que teñas un local café-concerto. Tampouco digo que cada un poida facer o que lle dea a gana, pero faciámolo cedo, de 9 a 11 da noite. Aquí gastouse unha pasta nunha Cidade da Cultura que non se utiliza e, sen embargo, non deixan que na propia cidade se faga nada. Ademais, eventos gastronómicos de importancia nacional

se largaron de aquí porque non lle daban facilidades para nada.

Que precisa entón a hostelería de Compostela?Precisas que che deixen facer o que ti cres que tes que facer. Non de calquera forma nin a calquera prezo, pero precisas sobre todo mover o barrio, as zonas. Como atraes a un turista á Avenida de Vilargarcía? Eu creo que deixándote expoñer a cultura da cidade, demostrar que hai xente que sabe facer algo máis que tirar unha caña e poñer un pincho.

Agora sodes moitos os cociñeiros novos que estades apostando por innovar…Si, somos unha boa panda deles. E a verdade é que ao ser novos temos esa inquietude de querer facer cousas. Temas como Compostela Gastronómica, Santiago(é)Tapas, Tapéate… axudan a que nos poñan cara. Eu respecto moito a hostelería de toda a vida, pero creo que tamén hai que renovarse. E iso non significa que eu ou calquera dos cociñeiros novos o fagamos mellor que os hostaleiros de toda a vida, pero facémolo distinto.

COCIÑEIRO POR VOCACIÓN

Conta Alberto Lareo que xa desde moi

pequeno gustáballe cociñar. “As potas

regalábanllas á miña irmá pero quen

xogaba con elas era eu”, lembra entre risos.

Aprendeu da man da súa avoa e estudou

en Lamas de Abade, para comezar despois

un percorrido por algúns dos mellores

restaurantes galegos, vascos e franceses.

Primeiro estivo con Toñi Vicente, logo con

Eneko Atxa e en 2009 chega a Casa Marcelo.

“Foi un antes e un despois na miña carreira.

É un sitio ao que lle teño un especial cariño

por Marcelo, polo tipo de cociña, polos

compañeiros, polas formas de traballar…

Era a perfección en cada prato”, explica.

Máis tarde, e debido ao seu interese pola

cociña tradicional francesa, trasládase a

Francia con Jacques Maximin. “Era un home

con moitísimo carácter, cunha cociña con

moitísima personalidade, e foi un sitio que

me marcou. Como te despistaras, pegábache

un sartenazo! Tiñas que estar continuamente

metido no papel”, recorda. De aí, pasou a

un dos mellores restaurantes de Paris, o de

Jean Françoise Piége. Con el tamén traballou

nunha típica brasserie do país galo, idea

que quixo trasladar a Compostela abrindo o

Manso.

Teatro, cine ou un concerto?Un concerto. Gústame moito a música.

Considéraste ‘fan’ de alguén?De moitos grupos. Gústame moito o heavy metal. Metallica por excelencia. Pero escoito un pouco de todo. Gústame o folk, flípame como toca o acordeón Xabier Díaz, gústame Xoel López… E odio o reggaeton.

Tes algunha outra vea artística, ademais da cociña?Son pésimo para tocar instrumentos, aínda que sempre tiven ganas de aprender a tocar a guitarra. Dábaseme ben o debuxo, pero hai moitos anos que non o fago.

Que espectáculo quererías ver en

Compostela?Calquera espectáculo cultural está ben. Un concerto de Metallica sería… cerro o Manso para ir! (risos)

NON TODO VAI SER A COCIÑA

entrevista

Page 7: Pinchaediscos Número 1

Nuestros servicios evolucionan, por eso exploramos constantemente nuevas disciplinas para satisfacer las necesidades de nuestros clientes.

RSMREDES SOCIALES Y MEDIOS

!

RSMREDES SOCIALES Y MEDIOS

!

evolucionar

explorar

innovarcrear

comunicar

satisfacer

Page 8: Pinchaediscos Número 1

| 8 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

Era moi novo cando descubriu a maxia dos vinilos. Formouse na mítica Clangor, compartindo cabina con grandes disc-jockeys como Fernando Pereira. Convertiu o seu local, La Radio, nun dos referentes da noite compostelá e, desde 2006, viaxou por todo o mundo pinchando nas mellores festas. Agora está de regreso en Santiago onde acaba de estrear un novo concepto de club. E é que a pesar do éxito que ten fóra, a Javier Rial tíralle a terra. E moito.

Javier Rial nunca para. Sempre ten novos proxectos, viaxes por realizar, festas que animar. Pero se hai algo que non deixa é La Radio, o club que fundou en 1991 nos baixos da casa familiar, xunto a Praza de Abastos. “Isto é meu, é da miña familia, é para min e para os meus fillos. É noso. Por iso téñolle tanto cariño e poño tanto nel. Senón, daríame igual e o traspasaría. Por aquí pasaron djs de todo o mundo que volveron á súa casa dicindo: ‘Estiven nun bar nunha cidade tan bonita!’ E iso dáche moito orgullo porque falan de Santiago gracias a ti”, afirma.

Fillo dun dos xornalistas da radio en Galicia máis coñecidos (Luis Rial), a súa historia coa música comeza arredor dos 15 anos, cando descobre o traballo

dos disc-jockeys. “Xa desde pequeniño gustábanme os vinilos e cando vin mover á xente, facéndoa feliz, que era como un karma que volvía a ti, dixen isto é chulísimo! E ademais páganche!”, recorda entre risos.

Os seus primeiros pasos como dj deunos como aprendiz na mítica discoteca Clangor. “Empecei indo polas tardes a estudar os discos. Tiña que chaparmos e non podía nin saír da cabina. O meu mestre foi Fernando Pereira, que nesa época era un dos mellores djs de España”, revela Rial. Alí rodeábase de xente como Antonio Vega ou Loquillo, co que chegou a ter unha gran amizade e co que estivo incluso, un tempo despois, a piques de montar un bar en Barcelona.

A vida cun vinilo baixo o brazo DJ JAVIER RIAL Por Rebeca Munín

entrevista

Page 9: Pinchaediscos Número 1

Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015 | 9 |

Naquela época foi tamén cando decidiu abrir La Radio xunto co seu irmán Luis, actualmente subdirector do Centro Superior de Hostelería de Galicia. “Empezamos nun momento no que prácticamente non había bares na zona vella de Santiago. Foi un bar transgresor porque puxemos billar, Coca Cola e rock and roll e a verdade é que nos foi moi ben”. Uns anos despois marchou para Barcelona, visitando o club compostelán só de cando en vez e traendo á cidade a algúns dos músicos e djs máis importantes do panorama nacional e internacional. “Un momento especial foi o do concerto de Elliott Murphy. Foron tres horas de actuación. Viu a policía pero el dixo que non paraba. Desenchufou a guitarra e tocou en acústico. Cantou a canción de ‘Gloria’

inventándose a letra, como que todo pasaba en Santiago. Foi unha pasada”, lembra Rial.

Proxección internacional

E mentres La Radio seguía triunfando na noite compostelá, a carreira como dj de Javier Rial dispárase cando en 2006 é seleccionado para participar no festival Sónar. Despois diso chegaron as viaxes por medio mundo, compartindo escenario con artistas internacionais como Jeff Mills, Rainer Truby, Luke Mckeehan e Nickodemus ou nacionais como Nacho Marco, Grobas e Sandro Bianchi. “Estiven cinco anos indo a facer rutas por Brasil. Alí estaban empezando a coñecer a música electrónica. Entón chegaba un dj español e alucinaban! Viña

a televisión e eu dicía pero se eu non son tan famoso!”, conta entre risos. Pero o que máis lle impresionou foi pinchar en Nova York: “Estaba acojonado porque o meu inglés era básico. Eu pincho house, deep house, tech house… O deep house é moi vocal e non sabía se a canción era de amor ou de que! Pero ao final saíume xenial. Fixen cinco viaxes facendo festas en Manhattan e para min foi unha marabilla”.

Actualmente, Rial asegura seguir divertíndose co seu traballo. A pesar de que coa revolución dixital “calquera pincha”, o compostelán trata de manter a súa esencia misturando a técnica dos pratos coa información que manexa no seu ordenador. “Hoxe calquera baixa unha canción, sen pagar, sen dereitos…

Javier Rial pinchando en La Radio. Foto: Suso Rivas

Page 10: Pinchaediscos Número 1

| 10 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

Aquí non hai controis”, asegura. “Antes conseguir a música era moi difícil. Eu para mercar vinilos tiña que chamar a Barcelona por teléfono. Pinchábanme un e dicía dálle para adiante, aí me gusta, aí non… E cando chegaba o paquete era como os Reis Magos. Gastaba entre 600 e 800 euros ao mes en vinilos para estar actualizado”, explica.

Pero a era dixital tamén ten a súa parte positiva: “Antes viaxaba cun maletón de vinilos e agora viaxo cunha maleta pequena e teño música para estar un mes pinchando. Si que é cómodo para algunhas cousas, pero desvirtou moito este mundo. É moi distinto estar mirando unha pantalla e pinchando nun ordenador, que buscando discos físicamente. No mundo dj perdeuse totalmente a pureza”, lamenta.

Novo concepto en La Radio

O interese de Rial pola gastronomía naceu estando en Barcelona na década

dos 90. “Alí xa había restaurantes que tiñan o seu dj e a min alucinábame”, sinala. Xa no 2000 tivo unha primeira experiencia en La Radio facendo ceas temáticas pero o proxecto non seguiu para adiante. Hai uns cinco anos participou nunha retrospectiva da vida do chef Marcelo Tejedor no Museo do Pobo Galego. “Foi moi divertido. El contaba a súa vida e eu pinchaba. E fai uns dous anos díxome se ía pinchar ao seu restaurante. O ano pasado prácticamente dúas ou tres veces á semana estaba alí. Despois chamoume o Grupo Nove, colaborei na Compostela Gastronómica…”, explica.

E foi aproxima-damente hai un ano cando decidiu darlle un novo aire a La Radio. Agora o club é un novo multiespazo onde ten cabida a música, a arte, as exposicións, os monólogos,

concertos en sesión vermú, a coctelería e a boa comida. Cunha nova decoración que presentaron nunha festa polo seu 23 aniversario no pasado mes de decembro, o local adícase tamén á venda de produtos gourmet. “Apostamos por produtos galegos e doutras partes de España ou do resto do mundo. Non queremos pecharnos a nada”, apunta Rial. E teñen un novo horario, abrindo desde ás 20:00 horas para ofrecer tamén un servizo afterwork. Mudan os tempos e Javier segue con eles, adaptándose, evolucionando, pero sempre cun vinilo baixo o brazo.

25 ANOS DA BOMBA DE CLANGOR

O local onde se formou Javier Rial como dj, Clangor,

non só era a discoteca de moda en Santiago durante

a década dos 80, tamén era unha referencia no

panorama musical español acollendo actuacións en

directo de artistas como Antonio Vega ou Loquillo.

Pero Clangor é ademais tristemente recordada pola

bomba que estourou alí en outubro de 1990 deixando

varios feridos e tres mortos, dous deles terroristas e

unha estudante. Este ano cúmprese o 25 aniversario

dese atentado e xa se está preparando unha gran festa

na cidade coa que rememorar o ambiente musical

que marcou unha época en Compostela.

Es bo comedor? Cal é o teu prato favorito?Encántame. A comida xaponesa.

Tamén cociñas?Si, cociño bastante. O peixe ao forno sáeme brutal!

Que opinas da oferta de restauración que temos en Santiago?Hai de todo. Nestes momentos a cociña española está moi arriba gracias a Ferran Adriá e a xente de Santiago como Marcelo Tejedor ou os do Abastos 2.0. Co produto que hai en Galicia e os cociñeiros do Grupo Nove evolucionou moitísimo. Que falta? Coidar máis á xente que vende os produtos frescos, da horta. Eu nacín ao lado do Mercado de Abastos e cando era neno a venda ambulante era en toda a praza. Agora están só nun punto. Habería que coidalos máis.

NON TODO VAI SER MÚSICA

entrevistaFoto: Suso Rivas

Page 11: Pinchaediscos Número 1

Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015 | 11 |

En “Birdman”, el mexicano González Iñárritu no solo rescata del callejón de las almas perdidas al esencial Michael Keaton, el Batman de Tim Burton, sino que se regenera a sí mismo

al abandonar el tono trascendente de su cine anterior en un fascinante juego de espejos que reflexiona sobre las caretas del actor y las máscaras del superhéroe.

Voy a hablarles muy bien de Alejandro González Iñárritu. Vaya ello por delante por si quieren dejarlo. Tengo muchos colegas de profesión que me tomaron por perturbado cuando en el pasado festival de Venecia, en septiembre, escribí que “Birdman” era la mejor de todas las películas vistas esos diez días en el Lido. Casi todos mis amigos detestan a Iñárritu. Yo llevo como puedo ser el tipo simple al que emocionan Amores perros, Babel o 21 gramos. Aunque comparto que Biutiful era un feísimo empacho de moralina redentorista, que llevó al director mexicano a un callejón sin aparente salida.

Por eso celebré, alborozado, el vuelo libérrimo de Birdman. Es una obra que se eleva sobre dos resurrecciones. Una, la de Michael Keaton, ese rostro poderoso que extraviamos con el cambio de siglo y que el film nos devuelve para que se autoencarne, en el rol de un actor al que devoró años atrás su rol de superhéroe y que ansía retornar con papeles serios: en concreto, ensaya la versión teatral del texto de Raymond Carver ”De qué hablamos cuando hablamos de amor”, tremenda humorada.

La otra resurrección es la del propio Iñárritu. Condenado a las tinieblas por sus excesos de autor “intenso”, el mexicano se reinventa al reírse de si mismo: la redención, esa obsesión de Michael Keaton por triunfar sin vestir mallas ni volar, es aquí una inteligentísima farsa. Ficción dentro de otra ficción, reflexión sobre el ego de una estrella de cine. Y, en torno al “planeta Michael Keaton” y su lucha por olvidar Batman, pulula un denso e impagable cuadro de satélites, del cual merece mención aparte un Edward Norton que es como la Némesis implacable de nuestro (anti) héroe.

Menos mal que la película ya se ha estrenado, que vuela ya con premios que reconocen todos sus sutilísimos niveles de lectura. Menos mal que no soy ya el único desubicado que se quedó colgado de Birdman en el Lido.

Qué euforizante este retorno de un Keaton auto referencial, cuyos papeles de esa etapa burtoniana -su Batman, su Bittlejuice- se estrenaban siempre en la mejor pantalla de Compostela, un Gotham en tonos naranjas donde también habitaron Tiburón, Star Wars o Superman. Y donde ahora me cuentan que solo se hace música muy moderna.

BATMAN, DESNUDO INTEGRALEn “Birdman”, Iñárritu se regenera y rescata del vacío al gran Michael Keaton

Por: José Luis Losa

e accion

Page 12: Pinchaediscos Número 1

| 12 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

Cando eles se xuntan nunha cafetería, ninguén actualiza o seu estado de Facebook, nin ‘wasapea’ ou mira o

televisor. Os membros de CLeCA fan algo que case cae no esquecemento estando nun bar: debatir sobre literatura! Non sobre fútbol, os problemas do traballo ou o político corrupto de turno... falan de libros. Pero non dun xeito aburrido. Non é cuestión de filosofar! Fanno entre risos, sempre con cañas ou cafés de por medio e, cando poden, coa valiosa presenza do escritor da obra que acaban de ler. “Aquí podémonos xuntar xente moi heteroxénea cun punto en común do que falar: unha lectura. E sacamos enriquecemento persoal porque por moi malo que sexa un libro, sempre aprendes algo del”, opina a presidenta, Mercedes Gayoso.

O club, que se reúne habitualmente no compostelán café As Marías, cumprirá en marzo un ano. Pero por que quedar nun bar? “Porque somos taberneiros! E nunha taberna a xente é moito máis natural. Reláxaste…”, opina Lino Garea.

“E non nos cobran o aluguer!”, di Gus Álvarez con graza.

Libro electrónico ou de papel?

Neste club as posicións están divididas. Por un lado, hai quen prefire o tacto do papel, pero tamén hai quen caeu rendido aos encantos do libro electrónico. “Antes ter unha biblioteca na casa era un luxo. Hoxe tes que ter simplemente un ordenador. Nunha tableta cábenche mil libros. Sinceiramente eu o que máis boto de menos é non ir ás librerías. Porque para min iso si que era un pracer”, explica Gus.

Pero por riba de todo, en CLeCA son defensores da lectura. “O máis importante é que a xente lea. Miña nai lía novelas de Corín Tellado. Estaba enferma na cama e eu, para acompañala, collía un libro de Vázquez Figueroa. Son lector gracias a el. Despois segundo van pasando os anos, o corpo pídeche outras lecturas. Eu, por exemplo, aos rapaces no instituto non lles faría ler El Quijote á forza. Que lean un cómic ou o que lles apeteza”, sinala Lino.

De preto cos autores

Ademais dos comentarios de libros, en CLeCA tamén realizan outras actividades. Acoden a feiras, presentacións… e incluso viaxaron a Portugal para realizar unha ruta literaria baseada na obra Resistencia de Rosa Aneiros. A autora foi a primeira en asistir a unha das súas reunións, polas que xa pasaron tamén Anxos Sumai e Gemma Sesar. Son momentos de confesións cos escritores, de moitas preguntas e respostas, pero sobre todo, de risos e complicidade con aqueles que crean as historias. “O libro colle vida propia cando se le. Xa non é só dos autores. Poder estar con eles apórtanos moito”, afirman.

Agora que están a piques de cumprir un ano, esperan seguir contando coa presenza de máis novelistas. Pero o máis relevante, sempre será pasar un bo rato xuntos. Porque como di unha amiga de Mercedes: “O que hai hoxe que inventar para tomar unhas cañas cos amigos!”. E se a escusa é un libro, mellor que mellor!

Vai de...Libros

Algúns dos membros de CLeCA. Fotografía: Suso Rivas

CLECA un club de lectura entre cañas e cafés. Por Rebeca Munín

Page 13: Pinchaediscos Número 1

Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015 | 13 |

En Pincha(e)Discos non seriamos nada sen a colaboración dun bo número de bloggers relacionados coa gastronomía e a cultura que enchen periódicamente de

interesante contido a nosa sección dedicada a eles na web www.pinchaediscos.com

Nas súas crónicas, o Zampón de Compostela dános pistas sobre os mellores lugares onde comer en Santiago. No seu apartado ‘Non vaias lonxe!’, Matiba amósanos aqueles rincóns da cidade e da comarca máis descoñecidos para os turistas e veciños. Xiana Lastra, en ‘Entre Bambolinas’, entrevista en profundidade aos mellores músicos galegos. La Epicureísta fálanos da presenza da gastronomía en diferentes eidos culturais. E Patxi Movilla, da Gastroteca SCQ, dános consellos sobre os produtos que mellor acompañan a unha película, a un disco, a un concerto, etc. Neste número, quedámonos cun dos seus últimos artigos publicados en ‘Que come Patxi?’

Peli & Sofá & Sesta

Poñámonos en situación. Tarde de calquera fin de semana de inverno. Fóra fai un tempo polo menos horripilante e frío na cidade de Compostela, estamos agazapados no sofá da casa sen moito que facer e co ollo medio chiscado.

Pasamos de películas baseadas en feitos reais que te preguntas como poden ocorrer ese tipos de historias truculentas e rebuscadas noutros lugares, non poden ser reais!! Dada a casualidade que en tódalas cadeas poñen as mesmas películas de marras, nooooooon !! Só nos queda botar a sesta.

Zapeando no rosario interminable de cadeas que temos hoxe en día, mi madriña que nos atopamos! Os Goonies!!, na G2, unha película de culto dos anos 80 que todo mundo viu unhas 800 veces e que nunca nos casamos de vela repetida unha e outa vez. Sempre con ese medio sorriso que nos recorda os nosos tempos máis mozos. Na G2 dobrada ao galego, que iso dálle un toque diferente a peli. Recordemos “A rañala,

raparigo”, o mítico “Sayonara Baby” de Terminator, versión “jalisia profunda“ ¡¡Pensei que ía pras patacas!! de Sylvester Stallone a Sandra Bullock en Demolition man (O demoledor) o ter un accidente no coche e pensar que se mataba.

Voltando á nosa tarde de sofá, manta e peli e sen faltar un bo convidado: parece una boa compañía unha gran lata de patacas Bonilla a la Vista, pataca seleccionada, finura no corte, aceite de oliva. Unha vez abertas é un non parar de comelas, de seguro que éstas non engordan ;), unha , outra, outra, outra…

Esa aventura desos 7 rapaces buscando o tesouro de Willy el Tuerto, Mikey, Brand, Gordi, Bocazas, Andy, Stel e Data, coido que mesmo poderían ser as aventuras dun grupo de rapaces Cambadeses chamados os “Moucho Guns”. Nas súas aventuras polo Monte da Pastora, entre os Cons do Muelle de Trajove, xogando na casa abandonada da Prazoleta, que recordos, cantas risas, que grandes amizades… mágoa que alí nunca aparecera un gran tesouro, nin os perseguiran os Fratellis porque as historias e aventura xa as poñían eles.

E hoxe aquela pandilla está a recordar aqueles tempos e xerando novas aventuras o redor dunha boa lata de patacas fritas feitas aquí, con sabor de aquí, para a xente de aquí, que como din a da competencia “Cando fas pop xa non hai stop”, hai que ser rápido que non duran.

E que mellor para acompañar unhas pataquiñas que un surtido dunhas boas cervexas galegas. No centro da mesa temos dende Peregrina, Menduiña, Nós, Ancora, Keltius, Aloumiña… non podería decantarme por unha delas en particular. Só decirvos que as probedes todas e decidades por vós.

Eu quédome ca miña tarde de inverno no sofá, debaixo da manta cos meus soles, patacas e cervexas Made in Galicia. A peli, coma a cervexa, que cada un escolla a que lle inspire máis aventuras.

Boa sesta a todos e todas!

MUNDO BLOGGER

Page 14: Pinchaediscos Número 1

| 14 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

1

3

5

2

4

Guateque BurguerRestaurante Resas.

Hamburguesas caseiras feitas con amor e terneira galega xunto coas pinchadas de Primitvo Eirís |

Pasámolo xenial movendo as cadeiras con ritmos primitivos e enchendo o bandullo coas ricas burguers que sirvenneste restaurante compostelán.

Consello: Non deixes de probar a súa hamburguesa vegana.

Xoves de CocidoRestaurante Pedra Santa.Pataca, chourizo, costela,

grelo, garabanzo, polo, lacón, terneira...ummm!

Ben sabedes que en Pincha(e)Discos somos bos comedores, así que cando escoitamos que había cocido no Pedra Santa, non o pensamos! #atafartar

Consello: Fai a túa reserva. Non quedes sen sitio!

Mirando á QuintanaCafé Literarios.

Un café quentiño nun dos locais máis míticos da

zona vella de Santiago

É a nosa praza favorita da cidade, a da Quintana, e que mellor sitio para gozar dela que cun café neste bar con vistas privilexiadas. #amoracompostela

Consello: Se es máis de infusións, tamén están moi boas.

TOP 5 ABRAIANTES

O MELLOR QUE PROBAMOS ATA HOXE

Menú do DíaSilveira Casa de Xantar.

Produtos de tempada e orixinais propostas cun prezo moi razoable:

10-15 euros

#ricorico así definimos a nosa experiencia neste histórico local de Santiago, agora reconvertido nunha casa de xantar. Chupámonos os dedos co salmón a grella con prebe de queixo de cabra.

Consello: Coñeces o pasado deste local? Pregunta...

Joao dando a brasaAsador Vacavella.

Un cociñeiro brasileiro que cociña como ninguén

en Bertamiráns

A carne e o peixe máis rico da comarca compostelá sae das brasas deste brasileiro. Ademais éche moi simpático! Un aplauso para Joao!

Consello: Non marches sen probar a súa picaña.

Page 15: Pinchaediscos Número 1

www.resas.es

Page 16: Pinchaediscos Número 1

| 16 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

A CULTURA, EN TERRA DE NINGUÉN

A plataforma ‘Compostela, Territorio Musical’, integrada por tres colectivos diferenciados, pelexa porque a oferta artística local e os concertos en directo regresen aos bares da cidade

Tapas, viño, humor, arte e música como sinais de identidade. Compostela sempre destacou por facer da cultura unha realidade palpable e promocionar

unha oferta musical e gastronómica que fixo da nosa cidade en xeral, e do empedrado Casco Histórico en particular, un destino máxico para peregrinos e turistas e un lugar onde estudantes, artistas e cidadáns podían acompañar as súas consumicións con espectáculos tan distintos coma contacontos, jam sessions, recitais poéticos, improvisacións cómicas, jazz, reggae ou música de autor. Un amplo reclamo artístico que nestes intres se atopa en estado de suspensión debido á proliferación de multas de ata 2.000 euros a establecementos nocturnos do Casco Vello e ás queixas por exceso de ruído dun colectivo veciñal amparado na estrita normativa autonómica vixente. Nos últimos tempos o desencanto, a incerteza e a loita habitan no ambiente que ata hai pouco se poboaba de acordes, cancións e talento nos bares máis emblemáticos, mentres a hostalería e os artistas buscan iniciar co Concello un espazo de diálogo que satisfaga ás partes implicadas e redunde en beneficio da dinamización cultural. A cidade está a vivir un complexo conflito no que se alzan múltiples voces e intereses distintos, a expensas de que os tres vértices do triángulo - a plataforma ‘Compostela, Territorio musical’ (composta a súa vez pola sección compostelana do colectivo galego Músicos ao Vivo, a Asociación Cultural Cidade Vella e a asociación cultural de veciños San Martiño Pinario), o propio Concello de Santiago

e a plataforma Santiago sin Ruido - atopen unha solución que non silencie o potencial creativo e lúdico da cidade e á súa vez sexa capaz de manter a calidade de vida da facción de habitantes descontentos co ruído.

A partir de que a comezos de 2014 Raxoi rexeitase firmar de novo o convenio que mantiña dende había anos coa Asociación Cultural Cidade Vella -espazo que aglutina doce establecementos coma a Borriquita de Belem, Casa das Crechas, A Reixa, o Momo á Rúa ou o Modus Vivendi, os cales levan máis de dúas décadas enriquecendo a cultura local

con foliadas, picaversos, dj´s, magos e cantautores- o colectivo artístico e hostaleiro atópase desprotexido e frustrado no contexto de intentar ofertar espectáculos culturais sen recibir multas e denuncias, sumadas á falta de apoio institucional e legal que ampare as súas propostas. A principal traba legal consiste en que as competencias desta autorización son alleas ao Concello e dependen do ámbito autonómico e das decisións da Xunta. Por ese motivo, a cúpula do Goberno local afirma estar a traballar na proposta dun proxecto de lei máis flexible, que permita salvagardar o

abanico lúdico compostelán. María Antón, responsable de Cultura, asegurou respecto á normativa que regula a actividade dos locais de pequeno aforo que existe “un problema de ultraespecificidade extrema” que require unha vía alternativa para chegar a un punto de encontro. A concelleira apunta á negociación dunha fórmula extraordinaria coa Xunta para que

reportaXe

‘Compostela, Territorio Musical’ demanda a sinatura dun convenio que estableza claramente horarios, decibelios e condicións

Por Andrea Núñez-Torrón Stock

Page 17: Pinchaediscos Número 1

Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015 | 17 |

a actividade cultural se desenvolva nun ámbito de seguridade xurídica e sexa capaz de contentar a empresarios e cidadáns, que agardan con ollo crítico e impaciencia. Pola súa banda, o alcalde Agustín Hernández incide nas esperanzas depositadas na reforma do Plan Especial da Cidade Histórica – xa en marcha - e na necesidade de crear un foro de análise e reflexión que sirva para atopar un punto de encontro entre as partes implicadas sen vulnerar as leis. “Sabemos que é difícil. É evidente que Santiago non debe nin pode renunciar a ter un sector de ocio na zona do Casco vello pero hai que ser capaces de atopar un punto de equilibrio”, asegurou a Pincha(e)Discos.

Por outro lado, o portavoz municipal do BNG, Rubén Cela, pide unha solución conxuntural: unha subvención para implementar ventás novas na Cidade Histórica á fin de contribuír ao illamento sonoro e térmico para minimizar o ruído. “Compostela foi unha cidade da cultura moito antes de que se puxese o primeiro ladrillo no Gaiás, pero desgraciadamente se converteu nunha cidade moito máis gris no ámbito cultural”, subliña.

A CULTURA, EN TERRA DE NINGUÉN

Máis preguntas que respostas

Na busca de vías de resolución do problema, artistas, hostaleiros e cidadáns do casco vello apostan pola premisa de que a unión fai a forza. Por iso neste mes naceu a plataforma ‘Compostela, Territorio Musical’, organización da cal forman parte máis de cen familias da Cidade Histórica, 163 músicos e a rede de locais e bares anteriormente citados. Xa con presenza nas redes sociais - obtivo máis de 3.000 fans en Facebook en apenas catro días de existencia -, a plataforma incide na defensa da música como realidade cotiá e non como estado de excepción, sumada á apertura dunha liña de diálogo co goberno e a cidadanía local. O seu manifesto fundacional foi asinado por Xacobe Martínez Antelo en representación da Asociación de Músicos ao Vivo sección Compostela, Andrés Villasenín por parte da Asociación Cultural Cidade Vella e Carmen Rabuñal da Asociación Cultural e Veciñal San Martiño Pinario, contando tamén no evento co apoio expreso de Compostela Aberta.

reportaXe

Foto: Suso Rivas

Page 18: Pinchaediscos Número 1

| 18 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

reportaXe

“Compostela viviu sempre de xeito sonoro, dende o coro do Mestre Mateo aos cantos de taberna, das xornadas de música contemporánea aos domingos de rock parrulo na sala Nasa, da banda municipal e a tuna, aos músicos de rúa e ós concertos nos bares”. Deste xeito poético comezaban a súa proclama, na que remarcan o acoso irracional á celebración de actividades e esixen ao Concello un marco exento de arbitrariedades no entendemento e aplicación do regulamento actual. Todos eles apostan pola sinatura dun convenio que estableza claramente en que horarios, decibelios e condicións se poderán seguir a programar os concertos nos espazos públicos da cidade. ‘Compostela, Territorio Musical’ contrapuxo o exemplo dos modelos de cidades centroeuropeas que reciben apoio gubernamental no fomento do talento e a situación actual, que califican como “inoperancia política e degradación cultural da cidade”. Tamén subliñan que esta vida cultural se consuma a través de pequenos actos repetidos, e non só de actos excepcionais coma o día do Apóstolo.

Na outra cara da moeda, a férrea oposición á celebración de espectáculos está encabezada polo colectivo ‘Santiago sin ruido’, o flanco que leva anos adicado á denuncia da contaminación acústica da zona monumental. Esta plataforma, composta por unhas cincuenta persoas -na súa meirande parte veciños da rúa Entremuros-, conta tamén co apoio da Asociación de Veciños Compostela Vella, que preside María Abelleira. Esta última, en detrimento de falar con Pincha(e)Discos das novas da situación actual, remitiunos ós contidos da web da plataforma, alegando que os membros da súa asociación compaxinan o traballo coa loita contra o ruído. A organización propugna eslogans como “tu música, mi ruído” ou “tu diversión, mi insomnio”, tachando de innegociable a normativa imperante e invitando a transformar Entremuros nunha rúa de restaurantes e comercios. As múltiples queixas e opinións emitidas polo colectivo na súa web fan fincapé en abolir a música en vivo tal e como a coñecemos e trasladar a actividade cultural ás “decenas de magníficas salas, teatros e auditorios que cumplen as normas urbanísticas”, afirmando que a culpa da desertización da Cidade Histórica e do descenso no pequeno comercio recae nos locais nocturnos, pero sen aportar unha correlación entre os factores.

O incerto futuro dos artistas

O gremio musical amósase crítico e enérxico para

afrontar a problemática actual, solicitando que a normativa se adecúe á realidade e non á inversa. Fon Botana -voz e baixo de Fabulous Resaca Brothers- afirma ver o futuro máis esperanzador gracias a unión entre músicos, e á voz dos hostaleiros e veciños. O cantante sinala que o Concello debe “ser consciente de que a oferta cultural de Santiago é moi variada e de un nivel que non ten nada que envexar a capitais como Madrid ou Barcelona, tendo moitísimos habitantes menos”. Analizando as repercusións da suspensión, indica que os artistas están deixando de ingresar un diñeiro moi importante para a súa subsistencia, sumado ás dificultades para cotizar e á precariedade das condicións laborais. “Para a hostalería, aparte do tema económico, é moi frustrante intentar ofertar cultura sen a máis mínima axuda das institucións ou deixar de facelo por multas ridiculamente fortes. Para a clientela tamén é frustrante non ter oferta cultural e ver como a cidade esmorece. É interesante facer notar que a práctica totalidade de denuncias a locais non proceden de veciños que viven preto, senón que veñen por parte da asociacion Santiago sin ruido, cando algúns dos seus membros nin sequera residen na cidade”, afirma o músico.

Tomás Porteiro, guitarrista e voz da banda compostelá Sinestesia, tamén respalda a fin da alegalidade e a creación dunha normativa que permita facer concertos a unhas determinadas horas e a un volume concreto. “Penso que se existen ruídos en determinadas zonas, iso nada ten que ver con que dentro dos bares se realicen eventos musicais, que creo que é algo que enriquece enormemente o ocio nocturno”, resposta o cantante, desvinculando de novo ruído e música ao engadir que “os bolos rematan antes das 12, e se teñen cancelado bolos pola tarde. Estamos sendo o chivo expiatorio doutra loita ben distinta”.

En definitiva, toca esperar a que as pezas deste intrincado crebacabezas se xunten para que todos poidamos atisbar cal será o futuro da realidade cultural da cidade. Nietszche xa dicía que a vida sen música é un erro, unha mágoa nunha cidade tan fermosa e creativa coma Compostela.

Tomás Porteiro: “Se existen ruídos en determinadas zonas, nada ten que ver con que dentro dos bares se realicen eventos musicais”

O Concello propuxo a creación dun foro de análise

e reflexión no que buscar un punto de encontro entre todas as partes implicadas

Page 19: Pinchaediscos Número 1

Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015 | 19 |

Compostela Gastronómica“É unha marca propia. Non é un fórum gastronómico, que hai moitísimos espallados polo territorio. Non é un certame de tapas, que tamén o temos e existen moitísimos en calquera recuncho. É unha marca propia, ligada á marca da cidade, do Xacobeo, e creo que aí está o éxito. Pretendemos que teña un evento principal ao ano, que en 2015 será probablemente na primavera, e despois, ligado á marca, obradoiros ou actuacións puntuais, como as que tivemos en Nadal”.

Asociación Hostelería Compostela“Desexo que se centre na potenciación do sector, un sector imprescindible para a nosa cidade. Nese sentido, creo que a decisión de acordar eleccións anticipadas en febreiro é positiva posto que parece que pecha unha etapa de discrepancias. Discrepar en calquera ámbito da vida é normal pero para unha asociación non é convinte que estea fóra do debate interno. Agardo que cando sexan as eleccións haxa unha nova directiva coa que lóxicamente estaremos abertos a colaborar”.

Nave 5 do Mercado de Abastos“Estamos traballando no prego de cláusulas técnicas e administrativas para sacar o concurso unha vez rematadas as obras no Mercado nos primeiros meses de 2015. O obxectivo é ter no mesmo ámbito da Praza un espazo para a restauración cunha oferta variada. Somos conscientes de que existen certas reservas no sector, pero nós cremos que poder servir dun atractivo adicional para a cidade e que non ten por que ter éxito á costa da pérdida de atractivo doutros ámbitos”.

Actividades culturais para 2015“Esta cidade ten moitísimas actividades culturais: concertos no Auditorio de Galicia, presentacións de libros, exposicións en moitos ámbitos, eventos na rúa… En 2014 foi moi exitoso o Womex (o festival de música étnica máis grande do planeta que se celebrou en Santiago) e xa estamos traballando en coordinación coa Xunta para facer algún evento similar en 2016. E en 2015 teremos o Festival das Músicas Contemplativas que acolle diferentes expresións musicais do mundo”.

Infraestruturas culturais“En 2015 centramos especialmente a actuación na rehabilitación do Auditorio de Galicia. É unha actuación importante, de moita envergadura, que leva anos agardando e, polo tanto, é a nosa aposta con independencia das actuacións de mantemento ordinarias no resto de espazos que temos na cidade. Por outro lado, acabamos de outorgar unha licenza para unha sala de librería cun espazo para películas de autor na zona vella que vai permitir que poidamos desfrutar, non de xeito maioritario, pero si nunha sala apropiada, de películas en versión orixinal”.

AGUSTÍN HERNÁNDEZ DEFENDE A MARCA COMPOSTELA GASTRONÓMICA E ANUNCIA UN NOVO FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA PARA 2016Por Rebeca Munín

reportaXe

TEST GASTRO-CULTURAL! Cal é o seu prato favorito?As ensaladas.Dáselle ben a cociña?Non. Lubina asada é o único, pero iso non ten mérito! (risos) Como valora a oferta de restauración de Santiago?Paréceme unha oferta atractiva, interesante, innovadora e que require que incrementemos a súa divulgación.Teatro, cine ou un concerto?Un concerto.Considérase ‘fan’ de alguén?Non especialmente. Gústame a música galega, a gaita, Carlos Núñez, e tamén a música clásica.

Que opina o alcalde doutros temas gastronómicos e culturais de Santiago?

O Alcalde xunto coa concelleira de economía, Reyes Leis no Mercado de Abastos. Foto: Concello de Santiago

Page 20: Pinchaediscos Número 1

| 20 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

Se vos dixese isto acompañado desta gran frase: “Perdónoche o mal que me fas polo ben que me sabes”, a maioría de vós, que nos estades a ler, xa saberiades de quen falo. Ela é María Xosé Silvar, máis coñecida coma Sés, e desde hai xa uns anos vén pisando forte no panorama musical galego co seu estilo desenfadado e para moit@s incluso descarado. A min, o descaro “préstame” ;)

A artista coruñesa ten novo traballo entre mans, que sairá á rúa en marzo, e tivo a ben dedicarme un dos poucos momentos que lle quedan fóra do estudo de gravación.Teño curiosidade. Cóntame como remata unha lingüista dedicándose a isto da música? De onde che vén?Veño dunha familia que gosta moito da música pero, de todos os xeitos, eu considero que non é nada estraño. Sempre me encantou o estudo da linguaxe porque o considero o mellor “invento” de todos os tempos. Eu teño algo na miña cabeza e, mediante unha serie de sons codificados cunha técnica brutal (por complexa e por rápida), son quen de traspasarcho a ti. Iso é incríbel, é o que nos fixo humanos. Mais a música é tamén unha linguaxe, consegue transmitir ideas e emocións cunha potencia bestial, e aínda por riba a súa decodificación é instintiva e universal. As linguaxes son impresionantes e máxicas, ambas.

Comezaches no mundo da música tradicional como tanta outra xente, mais o teu estilo foi variando co paso do tempo. Como se creou Sés? Cales foron as túas influencias?Sés son eu, creouse en 1982 (este dato é secreto). E a Sés, a min, sempre lle gustou inventarse cancións. No flamenco está asumido que eles son músicos, mais ségueselle a preguntar a un músico tradicional galego pola súa creatividade cunha sorpresa que a min me abraia. Eu son creativa desde que cantaba co peite no espello do baño, sendo unha meniña, despois aprendín música (a nosa), e agora todo iso pasa por un filtro, que son eu mesma, desde o respecto a todo o que mamei e o que despois busquei. Entre o que mamei están os vellos e vellas do país e as grandes da música tradicional como Mercedes Peón, pero tamén Janis Joplin, Joaquín Sabina, María Dolores Pradera, Jorge Cafrune, Elíades Ochoa,Victor Jara, Chavela Vargas, Odetta... tantas e tantos que non collen aquí.

ATENCIÓN! Achégase furacán feminino de alta voltaxe enerxética!

E o teu proceso formativo como foi? Ademais de no mundo do tradicional tomaches clases nalgún lugar?Fun uns meses a aulas de técnica vocal, pero non puiden seguir, polo que a miña preparación foi no tradicional e, no resto, totalmente autodidacta.

É a Sés que vemos no escenario un personaxe ou es así realmente? Ata onde hai de María Xosé Silvar nunha actuación? Ben...o primeiro é que eu non podo saber como ti me ves, como me ve a xente. Eu creo que todo o que ves en escea é 100% verdade: as miñas bromas e os meus berros, tamén as frases máis serias... todo. Pero nin eu nin ninguén é soamente o que se ve nun só dos seus roles vitais. É dicer, eu son así, gústame moito rirme e vacilar, pero son moito máis que iso. Ti ves á Sés falangueira, pero tamén hai unha Sés que pode pasar horas e horas sen pronunciar unha palabra, que gosta de estar tranquila e calada lendo, estudando, escribindo ou paseando. Son moi enérxica e moi berrona, mais tamén moi afectiva e familiar. Vamos, que son todas as que están pero non están todas as que son.

“Todo o que ves en escea de min é 100% verdade”

Por Xiana Lastra

“Compoño dun xeito tremendamente natural, eu gomito os temas, polo xeral”

ENTRE BAMBOLINAS

Page 21: Pinchaediscos Número 1

Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015 | 21 |

E que hai do teu estilismo? A túa maniera de vestir, as tatuaxes... son moi significativas. Pois non sei, o meu estilismo é moi neutral. Levo co mesmo chaleque e os mesmos pantalóns desde que comecei e a maiores uso botas negras e camiseta negra porque gosto desa cor en escea e porque é un estilo moi aséptico. Síntome cómoda coa sobriedade e prefiro que a protagonista sexa a música e a palabra. En canto ás tatuaxes, mira, eu sempre dixen que nunca me tatuaría, mais achegueime ao mundo da modificación corporal desde a teoría antropolóxica e iso mudou moito a miña relación co propio corpo. Digamos que lle perdín e lle gañei respecto ao mesmo tempo, desde diversas ópticas. Non me importa en absoluto verme “rotulada”, xa nin o vexo, pero os debuxos que levo son, como ben dixeches, moi significativos para min.

Interésame moito no teu caso o tema lingüístico. Es da Coruña e cantas nun galego moi especial, sen tabúes, con gheada... Es galegofalante desde nena? Non non, eu son neofalante. Desde hai moitos anos, pero neofalante. Eu e as miñas irmás fomos as únicas criadas en español de absolutamente toda a familia, que é bergantiñana. O cambio foi complexo ao principio, pero eu sempre preferín que me rexeitasen os demais antes que rexeitarme eu.

Lembro o día que lle dixen a miña nai con 17 anos: “Desde hoxe, vou falar sempre galego”. Ela riuse de min, acórdame perfectamente. Pero, iso si, tal dixen... tal fixen. E penso que aquilo fixo que me tomase bastante en serio e que comezase a ver unha personalidade que ela, e toda a familia, descoñecían até o momento.

O traballo compositivo para moita xente é o máis complicado. Iso de que che chegue a inspiración, non quedar atascad@... Como o afrontas ti?Compoño dun xeito tremendamente natural, eu gomito os temas, polo xeral. Son moi espontánea e non me avergoña contar o que sinto ou botar unha historia, de vacile ou de amor. A verdade é que compoño todo o tempo e a un tempo, cando menos polo de agora. Supoño que tamén inflúe o feito de que eu non paro de ler e de escoitar música, consumo versos compulsivamente, porque me encantan e me divirten. Non quero soar a “repelente niño

Vicente”, pero estou bastante até a cona de que cada vez que dis que o teu ocio é a literatura, ouvir música ou estudar, te

consideren pedante. Para min (ademais de dicer moito de quen opina así) iso é un insulto e creo que fixo bastante dano esa idea de cultura como sinónimo de aborrecemento. Mira, eu flipo con determinados autores e autoras, pásomo da hostia léndoos e escoitándoos e digo “Joder!! que

[email protected] verso tiña que telo escrito eu!!”. Penso que cando algo ocupa todo o teu tempo... non podes evitar gomitalo, porque o estás comendo sen parar.

Desde o meu punto de vista es unha das artistas co directo máis enérxico que hai en Galicia. Que hai das túas sensacións enriba do escenario? Que che aporta? Son as mesmas agora que hai anos ou cambiaron co tempo?Basicamente eu divírtome moito, iso foi así desde o principio e non, non mudou moito, porque sigo saíndo a pasalo ben e a dar o máximo que me é posíbel, iso

“Eu son creativa desde que cantaba co peite no espello do baño, sendo unha meniña”

Marcos Martínez mmweb.es

entre bambOlinas

“Estou até a cona de que cada vez que dis que o teu ocio é a literatura, a música ou estudar, te consideren pedante”

Page 22: Pinchaediscos Número 1

| 22 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

si. Creo que non fago distincións entre escenarios, tento sempre facelo o mellor que sei e que o corpo me permite. O que si que mudou foi o feito de que agora canten as cancións, iso gústame moitísimo porque me divirto aínda máis. Sinto moito o sangue da xente, a súa voz, e o ambiente de unión e festa que se xera trae consigo unha retroalimentación a hostia de bonita, de humana. Moi cálida e tremendamente divertida.

Cal é a túa meta?Choiar moito e facer moitos discos, os máis que poida. Pero, sobre todo, se chega o día en que a xente xa non me quere escoitar ou eu xa non quero cantar máis que por cartos, saber parar. Saber baixarme e voltar a poñer cafés con dignidade e con humildade. Dígocho desde o corazón.

Andas metida a tope no estudo de gravación. Que poderemos atopar no novo traballo de Sés? Pódesnos adiantar algo?Creo que veredes algo semellante no sentido de igualmente heteroxéneo e

heterodoxo. Unha presa de cancións, pero cunha personalidade propia, a que tiña eu cando as escribín, que xa pasara outras experiencias. Son a mesma, pero diferente e o disco será o mesmo, pero diferente. Oiredes blues, rock e ritmos latinos, pero haberá algún temiña cun toque soul que non sorprende, pero si dá un toque diferente. Que conste que ese xa é anterior a esta etapa, pero rescateino do caixón.

Como ves o panorama cultural galego?Escaso. Eu quero máis. O que hai está ben, pero sábeme a pouco. Boto en falta máis tíos e tías que fagan cultura en galego, porque eu o 99´9% do meu tempo son consumidora, e gostaría de ter máis oferta no meu idioma.

Mil grazas pola túa atención e por esta entrevista de escorpio a escorpio (as dúas nacimos o 12 de novembro), non direi cal é máis vella ;) E a Pincha(e)Discos, foi un pracer. Moita sorte na vosa andaina, espero saír no número 1000!!!

EN CURTODime alguén con quen che gustaría compartir escenario.Con María Dolores Pradera, encantaríame cantar “Pa todo el año”.

Un/ha músico/a que destacaríasOdetta

Unha cantiga que che guste especialmenteLittle girl blue, de Janis Joplin.

Un lugar no que che gustaría actuarNon me importa o sitio, nun con moita xente que veña a desfrutar.

Un lugar no que xa actuaches e te marcou especialmenteNos institutos de secundaria, cando remato e algunha rapaciña me dá unha aperta emocionada.

Oristila Diéguez

entre bambOlinas

Page 23: Pinchaediscos Número 1

Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015 | 23 |

T. 981 557 339Santa Clara 13 - baixo

Cardenal Payá 18Santiago de Compostela

T. 981 562 [email protected]

Page 24: Pinchaediscos Número 1

| 24 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

Comer e Falar é unha sección que se dedica a achegar aos seguidores de Pincha(e)Discos máis que produtos, persoas. Son as persoas que hai detrás de cada produto que se fai en toda a comarca de Compostela. Personaxes coñecidos, xente que para todo o mundo pode resultar familiar e que coñecerá un pouco mellor gracias a estas entrevistas. Todo dunha forma divertida, simpática e xovial como fago eu todo, xa sabedes!

Por exemplo, na entrevista deste mes, con Vicky Morales do blog tallerdeazucar.es, presentámosvos un libro moi especial que creou partindo dunha iniciativa para a súa fi lla e que se abre agora para todo o mundo, con receitas moi interesantes e co traballo ademais de recuperación de receitas tradicionais.

Comer e Falar ao fi nal trata de falar sobre comer e comer poucas veces. Xa se sabe!

Así defi ne José Manuel García a súa sección Comer e Falar, da que podes ver todos os vídeos na nosa páxina web pinchaediscos.com

Asador Vacavella

Que ben o pasou José Manuel no Asador Vacavella en Bertamiráns! E é que o tamén director e condutor do programa Come e Fala os domingos na Radio Galega é un tolo das carnes! E claro, resistirse a probar algo do que estaban cociñando á brasa non lle resultou nada doado!

Café Venecia

Outro dos placeres da vida para José Manuel é o café. E para falarnos del, xuntouse cun bo amigo, o premiado barista compostelán Óscar de Toro, do Café Venecia, que ata lle preparou unha impresionante tapa. Papouna toda claro!

COMER E FALARCON JOSÉ MANUEL GARCÍA

efalar

efalarefalare

efalarefalare

Page 25: Pinchaediscos Número 1

Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015 | 25 |

Ganados Caquelo e Frigorífi cos Bandeira

Á aventura marchou José Manuel para saber como é o proceso desde que un restaurante adquire unha vaca vella ata que chega ao prato. Así, puidemos ver ao noso colaborador ‘falando’ cun enorme exemplar comprado por Ganados Caquelo e logo, morto de frío, descubrindo

como se traballa no matadoiro Frigorífi cos Bandeira.

Pepe Solla con Torre de Núñez

O recentemente gañador de tres soles da Guía Repsol, Pepe Solla, estaba en Santiago presentando un receitario con produtos da marca Torre de Núñez e José Manuel non o podía perder! Entrevistouno no Hostal dos Reis Católicos e o prestixioso chef ata mandou un saúdo agarimoso para Pincha(e)Discos!

Recetas para Alba con Vicky Morales

De novo no Café Venecia, José Manuel entrevistou á bloggera Vicky Morales sobre o seu libro de receitas. A cordobesa alegrounos unha mañá chuviosa co seu saleiro andaluz! Queres saber máis? Non perdas o vídeo de Comer e Falar na nosa web!

efalarefalare

efalarefalare

efalarefalare

Page 26: Pinchaediscos Número 1

| 26 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

No meu primeiro Face to Face contra Crusat, deixarei para el os aspectos máis técnicos que como experto comentará moito mellor ca min. En que parte me centrarei eu? Pois en primeiro lugar, en achegarvos, lectores de Pincha(e)Discos, ao maravilloso mundo do viño desde unha visión moito máis informal, e demostrar que non fai falta ser un experto sumiller para saber desfrutar dun bo viño entre amigos.

En segundo lugar, o meu compañeiro Crusat e máis eu pretendemos, mediante unha pequena escolma, poñer ao voso alcance unha representación de Viños Galegos, unha posta en valor do noso produto, para min algo indispensable para amar a nosa terra. Tanto se vas ou vés, o viño galego merece un lugar destacado dentro do panorama enolóxico nacional e mundial.

Comezamos con Moraima Caíño; ídevos quedando co nome: CAÍÑO. Variedade autóctona. Viño novo, 100% monovarietal. Un bo viño para agradar aos amigos e comezar a sorprendelos cun tinto ‘dis-tinto’.

Recomendo abrir o viño unha media hora antes de servir. Non vos compliquedes coa temperatura de servizo: 16-18 graos é sufi ciente.

Servide un pouco nunha copa para comezar. Apreciade a súa cor: cereixa, capa non excesivamente densa, xa que se trata dun viño novo.

Agora é o momento de apreciar os aromas. Aínda non vos dixen de onde ven este viño? Rías Baixas (O Salnés). Non esperedes un tinto de corte castelán, ides beber un viño auténticamente galego. Deixádevos sorprender; primeiro coa copa parada: aromas francos, a froita. Movede agora a copa de xeito circular: saberedes entón por que se trata dun tinto atlántico. Os aromas trasládannos ás rías, toques frescos, balsámicos, de matorrais e monte… Seguen aparecendo os froitos vermellos, a cereixa e ameixa vermella.

Se o probamos seguimos notando que se trata dun tinto diferente: marcada acidez, propia de zonas atlánticas, ao mesmo tempo resulta goloso pola viva presenza da froita e invita a seguir bebendo.

Recomendación: Non fagades o clásico CARNE-VIÑO TINTO: Resultará exquisito cun bo peixe azul ao forno ou á brasa… Xa tardades!

Outra recomendación: Se tedes ocasión (só hai 2.200 botellas), gardade unha botella… Abrídea dentro dun par de anos… promete mellorar! ... e moito... ;)

Segue as historias de Lorena Costas

no seu blog Bake my Day

http://lorena-bakemyday.blogspot.com

Dúas copas de viño... con cal quedas?Crusat & Costas

Page 27: Pinchaediscos Número 1

Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015 | 27 |

Comezamos esta primeira colaboración para este primeiro número da revista Pincha(e)Discos facendo a cata do Moraima Caíño. Trátase dunha uva non moi utilizada, incluso ata hai pouco unha uva algo desprestixiada, esquecida e apartada en prol doutras castes máis fáciles ou de rendimentos superiores.

E imos falar algo da variedade Caíño. Trátase dunha variedade endémica do noroeste peninsular, de rendementos baixos e maduración tardía. De gran azulado, de tamaño medio e bagos non moi compactos. A característica típica é que se xuntan os dous foliolos máis cercanos ó

peciolo por detrás deste. Os viños desta variedade son frescos e cunha acidez marcada e un tanto canalla.

Fase visual. Nesta fase da cata miraremos a cor do viño, así como a súa intensidade. Neste caso temos unha capa media baixa, con cores cereixa e tons granates.

Na fase olfactiva evalúanse os aromas do viño. Esta é a fase máis subxectiva dunha cata xa que os aromas dos que falamos son os que temos nos nosos recordos, polo que un mesmo viño a unha persoa lle ule a unha cousa e en cambio outros localizan cousas diferentes. Para min neste viño ao principio atopo algunhas notas animais que desaparecen ao pouco de estar aberta a garrafa. Nótanse aromas a froitos vermellos, moras grosellas, frescura herbas e lixeiro toque a loureiro.

Fase gustativa. Agora é cando bebemos o viño. Notaremos os distintos gustos na lingua e despois volverán os aromas ao subir os vapores pola parte de atrás da gorxa de volta ao nariz. Aquí aparece a acidez afi ada do caíño, directa pero agradable. Esa acidez que se atopa cando se come unha ameixa desas de San Xoan, grosellas e cereixa. É un viño de corpo medio e fresco.

Como sempre digo os viños son para beber en compaña, xa que beber só é moi triste. E que mellor que beber unha botella deste viño Moraima Caíño que cunha boa comida. Pola acidez do viño, encaixa perfectamente con comidas que teñan algo de graxa e ben podería ser con cabrito ó espeto ou, por que non, un lechazo castelán.

FICHA

Viña Moraima S. Coop. Galega (Barro, Pontevedra)Colleita 2013 Variedade Caíño 100%Prezo medio: 12-14 €

Segue as historias de José Crusat

(@choumimx) no seu blog Del Comercio y del Bebercio

http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com

Page 28: Pinchaediscos Número 1

| 28 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

perdido?

pinchaediscos.com

Page 29: Pinchaediscos Número 1

Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015 | 29 |

A E•N D AFESTIVAL ESCENAS DO CAMBIOCando? Do 4 ao 21 de febreiroOnde? Cidade da Cultura de GaliciaCanto pagarás? 8 euros por función / 40 euros polo abono para todas as funciónsUn total de dezasete espectáculos, catro conferencias-performances e varios grupos de reflexión darán corpo ao programa deste festival de inverno de teatro, danza e arte en acción.

MOFA e BEFA en BOBAS E GALEGASCando? 4, 5, 6 e 7 de febreiro. Onde? Teatro PrincipalCanto pagarás? 10 euros / 8 euros en anfiteatroO dúo cómico formado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira presenta un espectáculo dirixido por Quico Cadaval no que a súa ‘vítima’ é o inocente teatro do Século de Ouro castelán.

SUPERMARKET con ESTHER F. CARRODEGUASCando? 19, 20, 21 de febreiro ás 20:30 h. e 22 de febreiro ás 19:30 h. Onde? Zona ‘C’Canto pagarás? 4,99 euros

Supermarket ofrece ao espectador 59,99 minutos de auténtico e orixinal “stand up poetry” para partirse de risa, con preguntas como: van os expresidentes do Goberno ao supermercado?

SESIÓN VERMÚ CO DJ BIGOTE MIXCando? Sábados de febreiro e marzo desde ás 12:30 h.Onde? Restaurante ResasCanto pagarás? A consumición

Georgie Dann, Julio Iglesias, Ana Kiro, James Brown, Hideki, James Last... de todo pode soar nas sesións vermú que prepara o Dj Bigote Mix para amenizar as comidas dos sábados no restaurante Resas.

CANDO TIBURÓN DEVOROU O CINEMACando? Xoves e Venres ás 20:30 h. do 5 de febreiro ata o 27 de marzo Onde? CGACCanto pagarás? Nada! É gratis!

O CGAC organiza un ciclo de cine americano dos anos 70 no que se proxectan 20 películas de directores como M. Scorsese, Alfred Hitchcock, J. Huston ou Billy Wilder, entre outros.

Page 30: Pinchaediscos Número 1

| 30 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

FIN DE XIRA EUROPEA DE LEVI WEAVERCando? Sábado 21 de febreiro ás 22:00 h.Onde? SónarCanto pagarás? 8 euros entrada anticipada e 10 euros na billeteiraDesde Nashville, en USA, chega a Santiago de Compostela Levi Weaver, que ofre-cerá no pub Sónar o seu concerto de fin de xira europea. É ademais a única data en España!

MONÓLOGO DE SANTI RODRÍGUEZ Cando? Xoves 26 de febreiro ás 21:00 h.Onde? Teatro PrincipalCanto pagarás? 15 euros anticipada e 17 euros na billeteiraSanti Rodríguez, o froiteiro da mítica serie de televisión 7 vidas, presenta o monólogo ‘Como en la casa de uno... (en ningún sitio), unha visión sobre o turismo, viaxar ao estranxeiro e o ben que se está na casa.

JOSÉ GONZÁLEZ EN CONCERTOCando? Sábado 21 de febreiro ás 21:00 h.Onde? Sala CapitolCanto pagarás? 24 euros entrada anticipada e 28 euros na billeteiraÚnica data en Galicia do artista sueco para pre-sentar o seu novo e agardadísimo disco Vestiges & Claws. A banda Los Amigos de los Músicos actuará como teloneira.

FANTOCHES BAJ E A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICACando? Sábado 7 de marzo ás 18:30 h.Onde? Auditorio de GaliciaCanto pagarás? Nada! É gratuíto previa retirada de entrada desde o 19 de febreiroA compañía de monicreques Fantoches Baj presenta a súa adaptación do clásico e popular conto Pedro e o lobo de Prokofiev, o grande clásico dos concertos didácticos para a infancia.

MAXIA E ILUSIONISMO DE YUNKECando? 28 de febreiro ás 20:00 h.Onde? Auditorio ABANCACanto pagarás? 18 euros ou 15 euros en afiteatro 2Subcampeón del mundo de ilusionismo, o televisivo mago Yunke chega por primeira vez a Santiago para presentar o seu Conjuro, un show elegante e espectacular, cheo de fantasía e ilusión

A E•N D A

Page 31: Pinchaediscos Número 1

Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015 | 31 |

FESTIVAL PRIMOS - HERMANOSCando? Sábado 7 de marzo Onde? Distintos locais composteláns aínda por determinar Canto pagarás? Consulta primoshermanos.comDesconcierto Cultural organiza a segunda edición deste festival que une a galegos e asturianos. A banda Noise’n’Confusion protagonizará unha sesión vermú, haberá unha comida especial no restaurante Resas, e pola noite concertos no Crechas - con Xel Pereda (Lucas XV) e La Villana - e no Cachán Club - con Huias e outro grupo aínda por confi rmar.

CONCERTO DE ELI ‘PAPERBOY’ REED TRÍOCando? 8 de marzo ás 19:30 h.Onde? Sala CapitolCanto pagarás? 17 euros + gastos (anticipada) / 21 euros en billeteiraRock&Roll intenso na Sala Capitol co trío de guitarra, baixo e batería que forman Eli ‘Paperboy’ Reed. Nesta xira están celebrando os dez anos do seu primeiro álbum.

XARDÍN SUSPENSO DE CÁNDIDO PAZÓCando? Do 14 ao 29 de marzoOnde? Salón TeatroCanto pagarás? 10 euros (domingo, día do espectador, 5 euros)Cándido Pazó dirixe a estrea absoluta do Centro Dramático Galego, un drama que conta a historia dun amor non correspondido ao que se entrega Lucía, unha arquitecta.

JOAN BAEZ POR PRIMEIRA VEZ EN COMPOSTELACando? Sábado 28 de marzo ás 20:30 h.Onde? Palacio de CongresosCanto pagarás? 42 euros (zona A), 40 euros (zona B) e 38 euros (zona C) A cantante estadounidense de música folk Joan Baez, coñecida como ‘A raíña da canción protesta’ ou ‘a madriña do folk’, actúa en Santiago como única data en Galicia dentro da súa xira.

CROBOT, A REVELACIÓN DO HARD ROCKCando? Xoves 19 de marzo ás 21:00 h.Onde? Sede SGAE - Fundación AutorCanto pagarás? 15 euros (anticipada)20 euros (despacho de billetes)O cuarteto americano de hard rock Crobot, considerado unha das revelacións do 2014, ofrecen o seu único concerto en Galicia dentro da súa primeira xira por España.

A E•N D A

Page 32: Pinchaediscos Número 1

O Trece é o paradigma da nova taberna galega. Conta cunha notábel carta de viños e un ambiente de grande vivacidade cultural, ademais de tapas xenerosas e un trato de enxebre amabilidade.

Santa Clara 13 - baixoSantiago de Compostela

T. 981 557 339

Onde

De luns a sábadode 09:00 a 00:00

Horario + info

C A F E - B A R

O Hotel Pazo de Altamira é un sitio especial, ideal tanto para viaxes de pracer como de negocios. O seu entorno, o restaurante e o noso trato exquisito son os pilares da filosofía do noso hotel.

Rúa Altamira 18Santiago de Compostela

Onde

T. 981 558 542www.pazodealtamira.com

+ info

Goza dos nosos cocidos por encargo, empanadas e tartas caseiras para levar. Exquisitos Menú do Día con comida caseira (tamén para levar). Facemos comidas e ceas para grupos. Aberto dende o ano 1949.

Rúa do Vilar 75Santiago de Compostela

Onde

De luns a domingode 12:00 a 16:00 e de 20:00 a 24:00

Horario

Albergue privado con gran capacidade, ofrece un servizo de lavandería completo, cociña e sauna. Sen dúbida, a mellor elección no Camiño Francés para o teu descanso, comodidade e confort.

Avd. da Igrexa nº 7 baixoPedrouzo - O Pino

T. 981 51 13 71 - 629 51 82 04www.alberguecruceirodepedrouzo.com

Onde

De luns a domingoApertura: 12:00 Peche: 23:00

Horario

+ info

Ideal para tomar un café pola tardiña ou unhas copas cando xa entra a noite, Pepa Loba é un dos pubs clásicos da zona vella compostelá. Goza ademais dun animado ambiente musical.

Rúa do Castro 7Santiago de Compostela

T. 635 777 111

Onde

De luns a domingodas 17:00 ás 04:00

Horario+ info

No City Bar pódese gozar dun rico almorzo e dunha ampla carta de racións, bocadillos e hamburguesas para a hora de xantar. Os venres e sábados noite destaca ademais a súa oferta de combinados.

Ramón Cabanillas 4 baixoSantiago de Compostela

T. 981 596 474

Onde

De luns a sábadode 9:00 a 04:00

Horario+ info

b a r

Centro de deseño e impresión. Servizos de imprenta, rotulación, fotomurales, serigrafía e tampografía, gran formato, deseño web, editorial, packaging e imaxe corporativa. Certificado FOGRA en impresión dixital.

Calle Pablo Iglesias 29 - baixoBoiro

T. 981 845 942www.mascolor.eu

Onde

De luns a venresde 09:00 a 19:00

Horario + info

Aberto desde o ano 1931, o Café Bar El Muelle é un dos locais con máis encanto de Santiago de Compostela. Especialista en almorzos, é famoso polo seu chocolate con churros.

Senra 6- baixoSantiago de Compostela

T. 981 585 974

Onde

De luns a sábadode 07:30 a 22:30

Horario+ info

CAFÉ BAR

Centro de benvida para os peregrinos que chegan a Compostela. Conta cunha sala de estar, cociña, WIFI libre e espazos tranquilos onde poder rezar, conversar ou simplemente descansar da longa viaxe.

Rúa Nova 19Santiago de Compostela

T. 981 585 788www.pilgrimhousesantiago.com

Onde

De 11:00 a 20:00Pechado: mércores e domingos

Horario + info

O sitio perfecto para almorzar un día chuvioso, para comer cos amigos ou para tomar unha copa ao caer a noite. De ambiente bohemio e desenfadado, ten unha decoración vintage e persoal.

Casas Reais 25Santiago de Compostela

T. 981 556 344www.quedamosenlaflor.com

Onde

L e M: 11:30 a 16:30 - Me: 11:30 a 1:30 - X: 11:30 a 2:00V e S: 11:30 a 2:30 Domingos Pechado

Horario

+ info

Produtora formada por xente nova que se dedica á creación de todo tipo de contidos audiovisuais, ó deseño gráfico, á comunicación empresarial e á promoción e produción musical. Vodas, videoclips, vídeos de empresa, logotipos, carteis, organización de eventos, concertos... Consúltanos calquera cousa que se che ocorra e que queiras levar a cabo sen ningún tipo de compromiso!

T. 682 410 689 - [email protected] - www.seispes.com+ info

| 32 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

Directorio

Bares/Cafeterías Hoteis Outros Restaurantes

D

Page 33: Pinchaediscos Número 1

Local onde poder gozar da familia, os amigos e os negocios nun ambiente relaxado e que, cun trato agradable e cercano, intentaremos facerte sentir parte da gran familia que somos.

Avda. Benito Vigo 70A Estrada

T. 986 57 12 26www.argentinosburguer.com

Onde

martes a xoves: 9:30 - 0:00venres a sábado: 9:30 - 1:30domingo: 9:30 - 0:00

Horario+ info

Especializado en cociña galega, mariscos, peixes, carnes á brasa, cordeiro, arroces, cocido galego. Menús especiais para grupos, comidas de empresa, celebracións, cumpreanos e reunións.

Costa de San Marcos 18-20 (Ctra. Aeropuerto)Santiago de Compostela

T. 981 557 415 - 620 296 839www.pedrasanta.com

Onde

De luns a sábadode 07:30 a 00:00 horas

Horario + info

Pedra SantaRestaurante

Espazo concibido para o goce e o ocio da gastronomía de mercado e das numerosas referencias ás bodegas galegas. Deseño, tradición e produto mistúranse nun local que se remonta a 1873.

Ameas Casetas 13-18 Praza de AbastosSantiago de Compostela

T. 654 015 937www.abastosdouspuntocero.es

Onde

De martes a sábadode 12:00 a 15:30

De luns a sábadode 20:00 a 23:00

Horario

+ info

O Dezaseis forma parte da historia cotiá de Santiago. Descubrilo é un proceso iniciático que esperta ao padal o sabor do viño, o cheiro do polbo á grella e os risos provocados polo licor café.

Rúa de San Pedro, 16Santiago de Compostela

T. 981 577 633www.dezaseis.com

Onde

De luns a sábadode 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 24:00

Horario + info

Experta en cociña galega de estación, peixes e carnes galegas, en A Casa da Viña tamén se pode gozar dun completo almorzo e dunha ampla carta de especialidades xaponesas.

Rúa de San Lázaro 54Santiago de Compostela

T. 981 586 459 www.acasadaviña.es

Onde

De luns a lunsde 12:00 a 18:00

De mércores a domingode 20:00 a peche

Horario

+ info

Cunha cociña fresca, de mercado, contemporánea e divertida, pero sempre respectando as raíces da cociña galega, en O Curro da Parra o produto é o protagonista nos fogóns e o cliente, na sala.

Rúa Travesa 20 / Rúa do Curro da Parra 7Santiago de Compostela

T. 981 556 059www.ocurrodaparra.com

Onde

Martes a sábado de 13:30 a 15:30 e de 20:30 a 23:30Domingo de 13:30 a 15:30

Horario

+ info

Cunha cociña fresca, de mercado, contemporánea e divertida, pero sempre respectando as raíces da

Ofrecemos cociña contemporánea de “bar”, utilizando unha materia prima de calidade mediante elaboracións tradicionais e honestas, e con técnicas culinarias coidando o produto.

Rúa das Ameas 9Santiago de Compostela

T. 981 558 592www.pazodealtamira.com

Onde

+ info

CAFÉ DE ALTAMIRA,O SABOR DO MERCADO

Rúa da Algalia de Abaixo 33Santiago de Compostela

T. 981 589 878www.resas.es

Onde

De luns a sábadode 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 24:00

Domingosde 13:00 a 16:00

Horario

+ info

Local onde destacan as moi variadas cartas de viños e a calidade dos produtos que tan ben definen ás Bodeguillas. Sen dúbida, unha boa opción para gozar entre amigos, en parella ou coa familia.

Rúa San Roque 13Santiago de Compostela

T. 981 564 379www.bodeguilladesanroque.com

Onde

Luns a venres: 09:00 a 00:30Sábado e domingo 10:30 a 16:00 | 19:00 a 00:30

Horario

+ info

Situada na Praza de Mazarelos, esta nova casa de xantar en Compostela é un lugar para almorzar, para xantar, para merendar, para un viño, para picar algo... en definitiva, un lugar para quedar.

Cardenal Payá 18Santiago de Compostela

T. 981 562 [email protected]

Onde

De luns a sábadode 09:00 a 00:00

Horario + info

CASA DE XANTAR

Bar de tapas e restaurante de recente creación en Santiago de Compostela, destaca polo seu ambiente musical e a aposta polo fomento das actividades culturais e culinarias.

Rúa Travesa 22Santiago de Compostela

T. 881 94 77 23www.lacroquette.net

Onde

De luns a sábadode 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 2:00

Horario + info

La CroquetteBlues & Bar

Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015 | 33 |

Page 34: Pinchaediscos Número 1

COCOJET: CHOCOLATE EN 3D!

As impresoras 3D están cada vez máis de moda pero

a nós a que máis nos gusta é a Cocojet, unha máquina

que convirte os deseños do ordenador en figuras

tridimensionais de chocolate! Foi creada polas empresas The Hersey Company e 3D

Systems e se pode imprimir con chocolate negro, blanco

ou con leite.

BOWSER BEER: A CERVEXA PARA CANS

Vese que alguén pensou algunha vez: “E por que os cans non van poder beber cervexa?”. Dito e feito. Xa hai unha empresa que comercializa a Bowser Beer, feita exclusivamente para estes animaliños. Iso si, son todas sen alcohol! Se queres unha para a túa mascota podes mercala en http://bowserbeer.com/

60 DÍAS PARA LELO OU BÓRRASE

Buceando pola rede atopamos esta orixinal proposta dunha editorial independente arxentina. ‘El libro que no puede esperar’ está feito cunha tinta que ao entrar en contacto co aire envellece, polo que, unha vez aberto o envoltorio, tes sesenta días para lelo ou bórrase!

E SE PUIDERAS COMER A TÚA VAIXELA?

Xa é posible! É a idea de dous emprendedores belgas, Hélène Hoyois e Thibaut Gilquin,

que crearon a primeira vaixela comestible para non ter que fregar. Son recipientes

compostos de fecula de pataca, auga e aceite e que venden desde pequenos lotes de 20

unidades ata cantidades industriais en http://doeat.com/

| 34 | Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015

TEN

QU

E H

AB

ER

DE T

OD

O

Page 35: Pinchaediscos Número 1

General Pardiñas, 35 | Santiago de Compostela | Tel. 981 562 737 | Móvil: 629 541 273

Pincha(e)Discos Nº 1 | 2015 | 35 |

Page 36: Pinchaediscos Número 1