os peixes

7

Click here to load reader

Upload: cerredo

Post on 13-Jun-2015

431 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Os peixes

OS PEIXES

Ciencias da natureza.

Yago Lestido Cardama

1º E.S.O. Grupo-B

Page 2: Os peixes

1. Que son os peixes? Os peixes son vertebrados, exclusivamente acuáticos, que viven en hábitats con auga. Algúns só viven na auga doce, outros só na auga salgada e outros en ambas.

2. Características dos peixes. -Teñen o seu corpo adaptado para nadar:

·Están dotados dunha vexiga natatoria que fai a función de flotación do peixe a calquera altura da columna de auga.

·Forma hidrodinámica (ofrece pouca resistencia ó avance na auga).

·Potentes músculos no tronco e na cola cuxa acción xera movementos ondulatorios.

·Aletas impares (dorsal, anal e caudal) e pares (pectorais e pelvianas) para aumentar o impulso, para estabilizarse e para manobrar.

Partes dun peixe:

Page 3: Os peixes

·Carecen de colo, e na cabeza teñen dous ollos sen pálpebras e unha boca con dentes.

-A súa temperatura corporal varía coa do medio no que viven (dicimos que son poiquilotermos).

-Respiran mediante branquias. Introducen auga pola boca e fana pasar polas branquias, que teñen numerosos vasos sanguíneos; así prodúcese o intercambio de gases entre a auga e o sangue do peixe.

-O seu corpo está recuberto de escamas que lles permite deslizarse na auga e sérvelles de protección contra feridas.

-Poñen ovos sen cáscara dos que saen crías chamadas alevíns. Polo que son vivíparos.

Tipos de peixes: -Cartilaxinosos: o seu corpo ten cartilaxe.

-Óseos: o seu corpo consta de ósos.

-Sen mandíbulas:

·O seu corpo non ten mandíbula.

·A súa pel non ten escamas.

·O seu corpo é alongado e cilíndrico.

·Só teñen a aleta dorsal-caudal.

Bioloxía dun peixe de río:

Troita comúnNome: Troita común.

Page 4: Os peixes

Nome científico: Salmo trutta Linnaeus.

Familia: Salmonidae.

1.Morfoloxía. En Galicia existen dúas formas desta especie que amosan diferenzas ecolóxicas, morfolóxicas e de comportamento: a forma migratoria anádroma (reo) e a forma sedentaria (troita común).

Trátase dunha especie politípica caracterizada por unha notable variedade morfolóxica que ten orixinado erróneas separacións en especies ou subespecies distintas. A coloración da troita común é moi variable, normalmente é pardo-verdosa no dorso e nos flancos, e abrancazada no ventre. Presenta unha librea de manchas oceladas negras e vermellas cunha aureola clara, dispostas na zona dorsal e lateral do corpo e no opérculo, pero non na aleta caudal. A cabeza é grande en relación co corpo, que presenta, como no resto de salmónidos, unha aleta adiposa no dorsal. As escamas son moi pequenas (110-130 na liña lateral). Aínda que raramente acada os 60 cm de lonxitude e 10 kg de peso, pode chegar aos 100 cm e 20 kg de peso.

Fotografía dunha troita común.

Page 5: Os peixes

2.Hábitat e ecoloxía. Nos ríos, as dúas formas desta especie viven en augas frías e ben osixenadas. En Galicia a troita común coloniza a totalidade dos cursos de auga e tamén é frecuente a súa presenza en lagos e encoros. Unha temperatura da auga superior a 24´7 ºC dificulta enormemente a súa supervivencia. É moi territorial e depredadora; detecta ás presas grazas á súa aguda visión, e consume principalmente insectos e moluscos que capturan no fondo, pero tamén os que son arrastrados augas abaixo pola superficie e que caen ao río dende a vexetación da beira (sobre todo no Verán e Outono). Os adultos amplían a súa dieta incorporando outros peixes, anfibios e mesmo pequenos mamíferos.

Os ovos deposítanse nos frezadeiros, escavacións de tamaño e profundidade variables pola femia, en zonas de rápidos con fondo de gravas, por onde estea asegurada unha boa circulación e oxixenación da auga intersticial. Nos primeiros meses, os alevíns, habitan zonas de corrente moderada e pouca profundidade.

Os beneficiados que puideron chegar a estar no estado xuvenil e finalmente ser adultos (3,4 anos), buscan lugares con augas máis ou menos profundas e remansadas situadas baixo unha abundante vexetación e con obstáculos que lles proporcionen refuxio durante o día, ata que comece a súa actividade depredadora a partir do crepúsculo e durante a noite.

Page 6: Os peixes

3.Ciclo vital.-Frezadeiros (Novembro-febreiro).

·Construción do niño e reprodución.

·Ovos.

·Alevíns vesiculados (4-6 semanas).

-Alevín.

-Xuvenil.

-Dispersión (Marzo-maio).

-Crecemento.

-Diferenciación sexual (prodúcese aos 2 ou 3 anos).

· Machos (antes).

· Femias (despois).

-Adultos (despois dos 2, 3 anos; e chegan ós 4 ou 6 anos de vida).

-Migración cara ós afluentes.