o medio mariño os peixes (candea 1994)

27
"\ 1r. ES q q t( w I Br -\ # & N * .9 §) C .g ,2 E ¿ § IJ G ol I ru mi ffi E G E o LU = o : t. F. il*- H;il lm tr I

Upload: candeadosalnes

Post on 12-Jan-2017

183 views

Category:

Education


13 download

TRANSCRIPT

Page 1: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

"\

1r.

ES

qqt(wIBr-\

#&N*

"§.9(§§)

C.g,2f§E¿§IJG

olIru

mi

ffi

EGE

oLU

=o:

t.

F.il*-H;il

lmtr

I

Page 2: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

O medio mariño

PEilffiHffi

Page 3: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

O medio mari ño

i $

Candea 1.994Adela Leiro LoisXosé Ramón Dapor(a Padín

Page 4: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

INDICE:

A sardiña

Outros peixes óseos

Caracteristicas xerais dos peixes óseos

A raia

Peixes cartilaxinosos

A lamprea

Pelxes agnatos

Os peixes, características xerais

Clasificación dos peixes

Guía de observación

índice alfabético de especies

3

6

18

19

20

21

21

22

22

23

24

Page 5: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

DEScR¡pc¡óru exrenruR:

Animal de corpo fusiforme aplanado lateralmente que pode medir ata 25 cm. delonxitude. A cor é azut con refrexos verdosos no omnáá prateada no ventre.

O corpo está formado por:

-§abe¡a: cónica e pequ-ena, limitada por detrás e a cada tado por un opércuto conestrías radiais (tapas óseas recubertas pola pel que limitan as aberturas bran-quiais)'Na parte dianteira superior ten unha boca irano", coa mrrdíili. inferiormáis grande, con dentes pequenos e enriba dela doui orificíos que se abren a unhascavidades nasais que non están comunicadas coa boca (somenles teñen funciónolfativa)' os ollos son redondos e grandes, situados lateralmente e na parte alta,cunha pálpebras moi fina.

-konco: sinseparación coacabeza cubertode pel con es-camas grandesincoloras etransparentesagás nas beirasque son escu-ras.As escamasson unhas pe-

aleta pectoral

media dos costados ten a liña laterat (pouco visible exteriormente ña sardiña), unórgano sensorial exclusivo dos peixes que se estende dende a cabeza ata o rabo.

-aletas estructuras membranosas planas sostidas por finos radios óseos:-unha dorsal de forma triangular curta, situada aprox. na metade do lombo-dúas pectorais pequenas, situadas detrás da caLeza e en posición baixa-dúas abdominais, triangulares, pequenas e situadas á altuia da dorsal-unha anal rectangular, curta e ancha, situada detrás do ano-unha caudal triangular, curta fendida en dous lóbulos iguais.

zascórneasflexiblesquesefixannacapainternadapel",,ffique a beira posterior dunha cabalga parcialmente sobie a escama seguinte. Na parte

aleta dorsal

Page 6: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

DESCRIPCION !NTERNA:

ESQUELETO: composto por un cráneo formado por máis de trinta osos soldados eunha articulación móvil, a da mandíbula; e unha columna vertebral formada por 51ou 52 vértebras cos radios longos e finos (espiñas) . Na zona comprendida entre oopérculo e o ano as vértebras teñen na parte inferior unha ramificación dobre que sepecha en arco orixinando unha cavidade onde se aloxan as vísceras, e uns radioslaterais curtos. Na estructura das aletas distínguense dúas partes: os osos de ancla-xe, metidos na carne e os radios que lle serven de armazón.

MUSCULOS: distínguense catro grandes rexións musculares laterais (dúas dorsais edúas abdominais) que son a maioría da carne do animal e outros pequenos músculossituados no cráneo e nas bases das aletas.

nirnnnfO DIXESTIVO: formado por unha boca con pequenos dentes e unha línguapouco desenvolvida, esófago estómago, intestino comunicado con dúas glándulas(un figado rnoivoluminoso e un páncreas) e ano.

músculos

bránquias(galadas)

corazon

fígado

ap. excretorbazo gónadas

vexiga natatoriaap.dixestivo

APARATO CIRCULATQRIO: un corazón situado parte posterior e por debaixo dacabeza, case oculto pola galada (bránquias). Está dividido nunha aurícula e un ven-trñiculo do que parte unha gran arteria que se ramifica e catro pares á altura dasbránquias.

APARATO RESPIRATORIO: consiste en catro bránquias situadas a cada lado dacabeza no interior das cavidades branquiais e tapadas polos opérculos. Cada bÉn-quia está formada por dúas finas láminas sostidas por arcos óseos.

APARATO EXCRETOR: formado polos riles e uns uréteres que se unen e desembo.can na abertura anal.

4

VEX|GA NATATORIA: órga-no exclusivo dos peixesóseos. Consiste nunha bul-sa voluminosa rodeada dun-ha forte membrana cun es-treitamento no medio e quese comunica co intestino.Está chea de gases e servepara que o animal controle aflotabilidade.

Page 7: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

APARATO REPRODUCTOR: son unisexuais, aínda que é difícil distiguir machos defemias. As gónadas están situadas detrás e por riba do intestino e desembocan ta-mén na abertura anal.

SISTEMA NERVIOSO: composto por un encéfalo situado no interior do cráneo (conlóbulos olfativos, lóbulos ópticos, cerebelo e bulbo raquídeo), a médula espiñal situa-da no interior do canalvertebral e os nervios.

BIOLOXíA:

ALIMENTACIÓN: aliméntase na superficie a base de crustáceosplantónicos, ovos e larvas doutros peixes.

RESPIRACIÓi.I: a auga entra pola boca e pasa por entre asbránquias (onde o sangue absorbe o oxíxeno e ceiba dióxidode carbono) saíndo polas aberturas branquiais situadas debaixodos opérculos que se abren e pechan ritmicamente.

RELACIÓN: os órganos dos sentidos máis desenvolvidos son avista, o olfato e o tacto. Teñen ademáis un sistema.exclusivonos peixes, a liña lateral (sistema de canles na pel que se podeapreciar como unha liña de escamas distintas das demais) coaque detectan vibracións e cambios de presión na auga producidos polos seus propiosmovementos e os dos outros peixes. Na pel, ademáis das escamas, dispón taméndunhas gándulas que segregan unha sustancia visgenta que as recobre e lle servede protección contra lesións e parásitos.A sardiña desplázase continuamente impulsándose fundamentalmente coa aletacaudal e utilizando as demáis para equilibrarse. É un animal gregario que formagrandes bancos ou manadas que fan continuos desprazamentos e migracións enfunción da salinidade e temperatura da auga. Adoitan vir ás augas costeiras na pri-mavera e verán e migran cara a augas máis fondas no inverno. As horas de máisactividade son as do mencer e as do solpor.

REPRODUCCION: son unisexuais aínda queapenas se distinguen o macho da femia. Paraa freza ou posta de ovos buscan lugaresalonxados e fondos. Despois do descansoinvernal (na primavera e verán) a femia de-posita en augas profundas perto da plataforma continental de 50.000 a 60.000 ovosque miden 1mm. e aboian gracias a unha pinga de grasa que levan dentro o que faique suban rapidamente á superficie. A fecundación é externa e prodúcese no intre daposta e ó cabo de 2-4 días nacen as larvas (alevíns) que miden 4 mm., son semellan-tes ós adultos e cando miden 2 cm. vanse aproximando á costa.A sardiña alcanza a madurez sexual aproximadamente ós dous anos, cando mide1gt2} cm. Ós 15 anos pode chegar ata 25130 cm.

HÁAltRl: peláxica, de augas costeiras na primavera e verán e máis fondas no.inver-no. Vive na zona da plataforma continental ata 150 m. de fondura.

DISTRIBUCIÓN:

Mediterráneo e Atlántico

t

Page 8: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

UTILIDADE: para consumo en fresco, conserva, fariñas de peixe...Ten un alto contidoen graxa que varía durante o ano, sendo máximo a finais do verán.

IMPORTANCIA: é unha especie moiabundante e de grán interés comercialaínda quenos meses de máxima abundancia é pouco cotizada. Co fin de mante-los precios eprotexe-la especie establécense topes de captura e paros biolóxicos.A talla rnínima legal de captura é de 11 cm.

PESCA: fundamentalmente ó cerco, durante todo o ano.

ESPECIES SEMELLANTES:

ZAMBORCA ou SÁBRLO (Atosa alosa):

Pode medir ata 70 cm. e pesar 1,5 kg. É Oecor azuada no lombo e prateada no abdome,con unha ou dúas pintas negras detrás doopérculo. Vive en augas fondas e aproxímaseós ríos para a freza (posta) nos meses demaio e xuño. As crías volven ó mar aberto ócabo duns meses e maduran sexualmente ós 3-4 anos.Captúranse exemplares illados. Ten pouco interés comercial.

TRANCHO ou ESPADIN

¡'Sprafus spratus):

Mide ata '15 cm de lonxitude. O opérculo é lisoe as escamas da zona ventral van dispostas axeito de quilla coas pontas orientadas caraatrás. A cor é azuada no lombo e prateada noscostados e ventre. Vive en manadas. No in-verno está en zonas fondas (ata 150 m.) e no verán achégase á costa (10 a 50 m. de fondura).Péscase ó cerco especialmente no verán para consumo en fresco ou conserva

BOCAREU / ANCHOA(E ng r aul is encr asi col us)

Mide ata 20 cm. O corpo é fino e aplanadopolas beiras e na cabeza destaca a mandíbu-la superior máis longa ca inferior (boca ínferae ancha). A cor é verde-azuada ou gris pololombo cunha banda crara de adiante atrás, e polo ventre prateada máis crara.É un peixe gregario e peláxico que se achega á costa no verán.Péscase tamén ó cerco, fundamentalmente para conserva (anchoa).

Page 9: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

SALMON Salmo salar

Corpo afusado comprimido late-ralmente que pode medir ata 1,5m. de lonxitude e pesar 36 kilos. Acor é gris no lombo e prateada noabdome con manchas escuraspolos costados (máis visibles nosexemplares adultos). As queixadas son grandes e teñen únha forma típica curvadano tempo da reproducción. Ten unha segunda aleta dorsal máis pequena e sin radiosA freza ten lugar no outono nos rios e moitos morren sin volvei ó mar. Os salmónsnovos viven nos ríos entre 'l e 5 anos e logo baixan ós esteiros para adentrarse nomar despois de afeitos á auga salgada e permanecer alí 2-3 anos. Aliméntanse decrustáceos e pequenos peixes. A cor da súa carne é rosada.E moivalorado e ultimamente escaso nos ríos. Péscase con cana ocasionalmente.Criase en piscifactorías.

REO Salmo truttá

Moi semellante ó salmón, de consti-tución máis forte e groso e coa baseda aleta caudal máis ancha. Podemedir ata 1 m. de lonxitude . Vive nasaugas costeiras e penetra nos ríosdurante a época de reproducción.Péscase con cana e ocasionalmente con trasmallos.

ANGUíA Anguitta

Corpo cilindrico e longo que pode medirata 1,5 m. de lonxitude. Sin aletas ven-trais, as aletas dorsal e anal van a todo olongo do corpo ata a caudal. Os ollos sonpequenos e a boca grande coa mandíbulainferior máis pronunciada. Ten a pel moi esbaradiza e cunhas escamas moi peque-nas que apenas se aprecian. A cor é castaña escura ou verdosa con ventre máiscraro ou ámarelo. Aliméntase de todo tipo de animais acuáticos. É de actividadenocturna. É unha especie migratoria, vive 6/7 anos nos ríos e logo descende ó mar.Desova no mar dos Sargazos a máis de 4.000 km. das nosas costas e despois mo-rren. As larvan son arrastadas polas correntes e van sofrindo transformacións ata quechegan de novo ás costas europeas (miden 4-s cm. e chámanse "angutas oumeixóns") e remontan os ríos. ós tres anos míden 20 cm. péscanse con nasas.

CONGARO Conger conger

Corpo semellante á anguía máis robusto eque pode chegar ata 2 m. de lonxitude. Osollos sn elípticos e a mandíbula superiormáis pronunciada. Vive en zonas de pedrascon fendas e covas. E nocturno e aliménta-se fundamentalmente de polbos. De pequeno chámase anguiacho.

Ll-f ;-r, ) ,. Lú:. ..1,, ,. 4,. ,.í1, ¡"1, ¿,,,

Page 10: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

AGULLA Beloné tulóne

O corpo é longo, de cor azulverdosa no lombo e máis ama-rela nos costados (as escamase espiñas son verdes).Pode medir ata 75 cm. de lonxitude. Ten as mandíbulas moiafiadas con numerosos e puntíagudos dentes. A aleta dorsal insértase moi atrás. Ali-méntase de peixes pequenos. É peláxigo e gregario. Durante o verán e outono apro-ximase á costa. Péscase ó cerco no medio doutros peixes .

2oi,, ,,'

ALGRIQUE Scornber.esox saurus

Corpo alongado semellante á agulla,máis comprimido e coas mandíbulasmenos afiadas. A cor é gris-azuadapolo lombo e prateada polos costados e o ventre. Pode medir ata 5o cm. de lonxitu-de" Forma grandes bancos no mar aberto e achégase raramente á costa (a fins doverán e comenzos do outono). Da grandes saltos cando o perseguen ou capturancon redes. Captúrase ó cerco mesturado coa sardiña e outras especies. Utilizasefundamentalmente para conserva.

CABALTÑO DO MAR ramülosus

Corpo cuberto por un esquelete externo de orixe dérmico divi-dido en aneis osificados e que se ramifica nas beiras da cabe-za e do lombo en apéndices filamentosos. O corpo está er-gueito e a cabeza facendo ángulo con é1. O rabo non ten aletae enróscase para suxetarse ás algas. Tampouco ten aletasventrais, a dorsal ten forma de abanico e as pectorais son pe-quenas. Na cabeza ten un fuciño longo e tubular cunha bocamoi pequena no extremo. A cor é verdosa, castaña ou verde-amarela con pintas brancas polas beiras dos aneis. pode me-dir ata 15 cm. de lonxitude.Vive en augas pouco profundas entre algas e sebas ás que seagarra co rabo. Nada lentamente en posición vertical coa axu-da do mevemento ondulatorio da aleta dorsal. Aliméntase de pequenos animais(especialmente crustáceos e larvas de peixes) que aspira coa súa pequena boca.Resíste ben as augas de pouca salinidade polo que é frecuente nas enseadas e es-teiros como na do Umia O Grove.Ó remate da primavera e comenzos do verán realízase a repro-dución cunha gran parada nupcial, a femia inxecta os ovos nun-ha bolsa especial que ten o macho no ventre quen os incubadurante 4-5 semanas ata que nacen os alevíns.

Hi ppocam pus h i ppocam pusi

Semellante ó anterior, sin as ramificacións óseas das beiras dacabeza e o lombo. Vive en augas máis mornas, é menos abun-dante.

Page 11: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

AGU;U A I G,tJ E,BRA...DE..UAR.

Syngnathus acus

Ó iguat que o cabalo de marten o corpo cuberto dun exque-lete externo.O corpo é fusiforme e alongadoe pode chegar a medir 50 cm. A cabeza prolóngase nun longo fuciño cunha bocapequena e ten aleta caudal. A cor é castaña con liñas craras e na época de repro-ducción o ventre ponse amarelo. Os machos incuban os ovos na súa bolsa abdomi-nal. Vive en fondos fangosos ou areosos e resiste ben as augas salobres. É moi co-mún dentro das rías.Hai unha especie semellante Syngnathus rastellatus, de menor tamaño, co fuciño

máis pequeno que só se localiza na Enseada de O Grove.

Neropfrls lumbriciformis: é máis pequena (ata 20 cm. de lonxitude) sin aneis nasuperficie do corpo, só ten aleta dorsal e ten o fuciño curvado cara arriba .

PESCADA / MERLUZAMer I ué é i us,,merlucc i us

Corpo alongado e delgadocoa cabeza longa e forte. Aboca é ancha coa mandi-bula inferior máis destaca-da e a dentadura grande. A liña lateral é case recta. Ten dúa aletas dorsais, a primei-ra de forma triangular e de base curta e a segunda moi longa, unha aleta anal caseigual á segunda dorsal; a aleta caudal é triangular e redondeada na beira. A cor é grispolo lombo (máis escura, case negra, pola parte da cabeza) e prateada polo resto,con escamas pequenas. Pode medir ata 1 m., con máis de 10 kg. de peso.Vive en augas fondas. É voraz depredadora, durante a noite sube á superficie ecaptura peixes pequenos (arenques, sardiñas, xardas...).A posta ten lugar na primavera. A femia pon de 2 a7 milleiros de ovos fluctuantes eas larvas van ó fondo cando miden 3 cm. de lonxitude.LE un peixe moi apreciado e con gran importancia económica (a primeira de Galicia).Captúrase con artes de arrastre e palangres, volantas, betas... A talla minima legal decaptura é de 27 cm.Cando é pequena chámase carioca ou pescadilla.

I.IRIO / BACALAOMiéiom'é§istius

Corpo longo e estreito de cor gris-azulada no lombo e prateada poloresto. A mandíbula inferior estámáis desenvolvida. Ten tres aletasdorsais, dúas triangulares e unha rectangular que chega case ó rabo e dúas anaislongas e son de cor escuro nas beiras. A liña lateral é recta. Pode medir ata 40 cm.Vive nos fondos fangosos da plataforma e aliméntase de crustáceos e peixes.Reprodúcese ó remata-lo inverno. Os ovos aboian na auga e os exemplares novosviven perto da superficie ata que miden 15 cm. A talla mínima de captua é de 20 cm.Consúmese en fresco e utilízase para fabricar fariña. Péscase con artes de arrastre.

Page 12: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

BADEXO / ABADEXO,¡/ GOROBELOPoltachius poltachius

Corpo alongado e aplastado lateral-rnente coa cabeza longa e bicuda e amandíbula inferior máis destacada. Aliña lateral está lixeiramente curvada.Ten tres aletas dorsais, (a primeira triangular e máis alta) e dúas anais anchas. Aaleta caudal é ancha e pouco fendida. A cor é gris-verdosa escura polo lombo e pra-teada polo resto; as aletas son escuras. Pode medir como máximo 70 cm. e vivir ata13 anos. Alíméntase de peixes, moluscos e crustáceos. Vive en mar aberto en augasmáis superficiais que os anteriores. Os máis novos achéganse á costa ata as desem-bocaduras dos rios. Reprodúcese a partir de xaneiro.Os exemplares grandespéscanse con volanta e os pequenos (corobelos) con trasmallos e con liña.

FANECA Trisopterus lr¡scusf ,' ,, , .r.,, "Corpo fusiforrne, comprimido lateralmentee alto. Debaixo da rnandíbula inferior tenunha barbicha. Ten tres aletas dorsais (aprimeira triangular e alta) e dúas anais. Acor é castaña crara con bandas verticaismáis escuras e unha mancha negra pe-quena na base das aletas pectorais. Alirnéntase de animais pequenos. Pode medirata 40 cm. de lonxitude. Cando é nova vive en fondos de pedras e algas perto dacosta e a medidas que medran vanse máis lonxe chegando ata os 300 m. de fondura.Féscase con trasmallos, á liña e ó arrastre (ocasionalmente).jnha especie semellante , o fodón (Trisopterus minutus), máis pequena (ata 25cm.), de cor máis crara e sin bandas é abundante nas zonas de bateas.

FANECA BARBUDA Ciliata musteta

Corpo longo e fino. Ten dúas aletasdorsais, a primeira máis curta e cos ra-dios destacados, e unha aleta anal lon-ga. Leva cinco barbichas bucais, 4 na mandíbula superior e unha na infer¡or. A cor écastaña crara. Vive entre as pedras e aliméntase fundamentalmnente de cangrexos.

SANMARTIÑO Zeus faber

Corpo moi comprimido lateralmente e alto coasaletas dorsais grandes, cos radios espiñentos eprolongadas en barbas. Dúas aletas anais. A ca-beza é grande o mesmo que a boca que ten grancapacidade de extensión. A cor é castaña cunhamancha redonda a cada costado, as escamasgrandes e nas beiras ten uns resaltes osificados.Pode medir ata 50 cm. e pesar 5/6 kg. Vive dendea beiramar ata os 200 m. de fondura É solitario emantense doutros peixes.

10

Page 13: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

ROBALIZA / ROBALO /LUBINADieentrarchus lahrax

Corpo alongado. Dúas aletas dorsais, aprimeira cos radios espiñosos. Cor grisplateada, máis escura polo lombo, ecunha mancha negra no opérculo. Pode medir ata 1 m. e pesar 12 kg.Aliméntase de xoubas, bolos, muxes, crustáceos, moluscos... É un peixe abundanteen Galicia en todo tipo de zonas, incluso no curso baixo dos ríos. As máis pequenasviven formado bandos nos'esteiros e ó facerense grandes (máis de 3 kg. de peso)alónxanse máis da costa e son máis solitarias.captúrase con cana, trasmallos, curricán...e ocasionalmente co cerco.

XURELO Trachurus trachurus

Corpo alongado, coa base do raboestreita. Os ollos son grandes e o fuci-ño bicudo coa boca ancha. As esca-mas son redondas e pequenas. A liñalateral está cube¡ta dunhas placasescamosas altas (serros). Dúas aletas dorsais, a primeira máis curta. Aleta anal tongae rabo bifurcado. A cor é gris ou verde-azuada polo lombo, prateada polos costados emáis crara no abdome. É nadador rápido e xeralmente vive en grandes manadas.Aliméntase de pequenos peixes, crustaceos,moluscos...Atacanza a madurez sexualós 2 anos de vida 9 pode medir ata 50 cm. de lonxitude. Vive en mar aberto aproxi-mándose máis á cobta nos meses do verán.Péscase con arrastre ou ó cerco. A talla minima legal de captura é 15 cm.Ó grande chámaselle caneu e ó pequen o chincho ou xurelito.

SALMONETE DA,FEDRA, Mullus surmutetus

Corpo alongado e aplanado lateralmente colombo convexo e as escamas grandes. Debaixoda boca ten dúas barbichas longas e dobles.Dúas aletas dorsais separadas cor radios espi-ñentos. Aleta caudal bifurcada e coa base ancha. A cor é variable asegún a zonaonde viva ou a hora do día: xeralmente ten unha banda lonxitudinal encarnada e va-rias amarelas. Pode medir ata 40 cm. Vive en fondos de area e pedras de ata g0 m.de fondura. Aliméntase de pequenos animais do fondo. Péscase con trasmallos.

DOURADA Spaius,,áuta{a;

Corpo comprimido e alto de cor azul me-tálica polo lombo e prateada polos costa-dos cunha mancha negra no opérculo eás veces unha mancha dourada entre osollos. Unha soa aleta dorsal longa, aletacaudal grande co perfilcóncavo. Pode medir alaTO cm. de lonxitude.Vive en augas pouco profundas en fondos de pedras ou areas formando grupos pe-quenos. Manténse de crustáceos e moluscos ós que tritura coa axuda das súasqueixadas cunhas moas moi desenvolvidas. Péscase con trasmallos e liña.

11

Page 14: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

oLLoMot,,,,.,;,:',,;:,',,,pi§é;ill,ü§.wii¿léa,

Corpo comprirnido lateralmente, oval ealto co perfil da cabeza arqueado ealgo afundido enriba dos ollos, fuciñocurto. Escamas grahdes, tamén na ca-beza. Os ollos son grandes, ten unhasoa aleta dorsal ancha e espiñenta, acaudal é grande e coa beira lixeiramente fendida. A cor é variable de gris a rosa enos adultos aparece unha mancha negra detrás dos opérculos. Pode medir ata 50cm. de lnxitude e vivir 15 anos. Aliméntase de crustáceos, moluscos e peixes peque-nos. Vive en fondos de fango e cascallo, zonas de rochas...ata 500 m. de fondura.Tamén é frecuente atopalos en zonas de bateas. Forma grupos numerosos.Ten alternancia de sexos: primeiro son machos e despois femiasÉ unha especie moivalorada. Péscase con liñas e palangres e á raspita. Cando sonpequenos chámanlle panchoz au burás.

SARG,O, :¡¡, Diplad

Corpo de forrna oval, bicudo e comprimidolateralmente. Escamas grandes, tamén nacabeza. A boca é pequena e as mandíbulaspouco extensibles cuns dentes fortes en for-ma de espátula e inclinados cara adiante. Aaleta dorsal é longa, sin dividir e con espiñasfortes, a caudal é grande e lobulada. É Oe cor variable: marrón dourado ou gris pololombo, prateado polo abdome e ten bandas lonxitudinais amarelas nos costados.Pode ter unhas manchas escuras detrás da cabeza e na base do rabo.Vive fundamentalmente sobre fondo de rochas e algas, de 2 a 50 m. de fondura. Ali-méntase de crustáceos, moluscos (arrinca os mexilóns e lapas das pedras cos den-tes), equinodermos e algas. Ten alternacia de sexos, primeiro é macho e logo femia.E moi apreciado. Péscase con trasmallos, miños, palangres, liña... Pode medir ata 45cm. e sobrepasa-los 2 kg de pesoESPECIES SEMELLANTES:Sargo picudo (Puntazzo puntazzo): ten o morro prominente e 11 bandas verticaissargo acastañad o (Diplodus ceruinus): cn 5 bandas de cor escura no romboChaparella (Diplodus vulgaris) máis pequena de talla

t'.

DE N , ,,,,, Dénté*¡d6:¡;¡s,

Corpo oval e aplanado polos costados coacabeza grande e forte co perfil inclinado naparte superior. As escamas son grandes ecobren tamén a cabeza. Mandíbulas fortese pouco extensibles cos dentes longos.Aletas con espiñas fortes, a dorsal ancha ea caudal grande e lobulada. A cor é prateada con manchas azuis polo lombo e máisrosada nas aletas e no abdome. Pode medir ata 1 m. de lonxitude e pesar 10 kg.Aliméntase de pequenos peixes e moluscos. Vive perto da costa ata 200 m. de fon-dura, os máis grandes máis ó fondo. Péscase con liñas ou redes de deriva.

12

Page 15: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

MIIXE,,, : ,,,,, Ah'éIon:,Iábi,osús

];:tr,.. :i< '¡7¿i r

Corpo longo e lanzal cuberto de escamasmoi grandes e coa boca pequena co bei-zo super¡or carnoso. Dúas aletas dorsaisseparadas, a pr¡meira cos radios espiño-sos. A cor é verde-escura polo lombo e prateada polos costados. Pode medir ata 60cm. de lonxitude. Aliméntase de pequenos crustáceos, moluscos e algas que raspandas pedras, ou de residuos orgán¡cos. Pode medir ata 60 cm. de lonxitude.Vive en toda a costa dende as augas limpas ata os peiraos e resiste ben as augas depouca salinidade. Son abundantes debaixo das bateas.Os exemplares novos son moicomúns nas beiras das praias.Ten pouca aceptación, especialmentes se non é dolimpo polo malsabor que colle a súa carne.

p nRDA..l ...Pi loV:,,,,,,,,,,,, A,th éiiñ a,,;pr.ééÉúter

\

Corpo alongado e aplanado lateralmente, de as-pecto delicado e pequeno tamaño (ata 15 cm. delonxitude). A boca é grande, ten dúas aletasdorsais altas e a caudal grande e lobulada cos radios brandos. A liña lateral estámarcada con escamas máis fortese grandes. A cor é prateada cunha banda lonxitu-dinal máis viva no costado. Vive perto das costas formando bandos. Aliméntase depequenos crustáceos, larvas de peixes...Péscase con redes piobardeiras ou á raspi-ta. Usáse para consumo en fresco e como engado para pescar.

MARAGOTA Labrus bergylta

Corpo longo e forte, coa cabeza grande e ofuciño longo. A boca é moi extensible cosdentes fortes e cónicos e os beizos carno-sos. Escamas redondas e grandes. Aletalateral longa e sin dividir, coa parte finalmáis alta. Rabo coa beira case recta e redondeada nas esquinas. A cor é variableasegún o hábitat, idade e outros factores. Cor de fondo verde-castaña ou encarnadacon pinta verdes, azuis e brancas nas aletas. Mide ata 60 cm. de lonxitude. Son soli-tarios e aitivos durante o día. Os machos constrúen niños no chan para a freza. Ali-méntanse de crustáceos e pequenos moluscos.Abundante en fondos de algas. Péscase con trasmallos e liña.

VELLO I SERRÁN Symphodus melops

Corpo oval, alto no lombo, coa cabeza grande e

longa e o fuciño bicudo. A boca é pequena coasmandíbulas moi extensibles , os dentes afiadose curvados e os beizos carnosos. As escamasson redondas e grandes. As aletas son espiño-sas, a dorsal longa e e a caudal coa beira redondeada. A cor é diferente segundo o

sexo, a madurez sexual e a época do ano. Nos machos verde, castaña-encarnadacon banda verdes craras ou azuis arredor do ollo e no opérculo e pintas amarelas e

azuis por tódo o corpo. As femias máis castañas. Pode medir ata 25 cm. Aliméntase

de pequenos crustáceos e moluscos. Os machos constrúen niños con cachos de al-

gas para afreza. Vive en zonas de algas e pedras perto da costa.

13

Page 16: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

DONCELLA / SEÑORITA COriS

Corpo alongado e estreito co fuciño bicudo .

A boca é pequena con beizos anchos e car-nosos e as mandíbulas extensibles condentes pequenos e aguzados. Escamas pe-quenas e redondas. Unha aleta dorsal longa, aleta caudal redondeada. A cor é va-riable' Os machos adultos son castaños polo lombo, alaranxados en ziguezague po-los costados e prateados-rosados polo abdome cunha mancha negra, ázul e encar-nada no comenzo da aleta dorsal e outras detrás das aletas ventrais. As femias exóvenes presentan unha banda lonxitudinal crara ó longo de todo o corpo e unhamancha azul na beira do opérculo. Aparecen cores intermedios na época de transi-ción de femia a macho. Vive perto das costas en contínuo movemento en zonas dealgas e rochas e ó chega-la noite entérrase na area. Aliméntase de moluscos, crus-táceos, equínodenmos...Os ovos levan unha pinga de graxa e aboian libres na auga.

VELADOR Hyperopluslanceolatus

Corpo rnoi alongado e fino coa cabezarematada en punta. Unha única aletadorsal de radios brandos que se poderecoller nunha abertura do lombo. Corgris amarela ou azuada no lombo, marela nos costados e prateada no ventre, unhamancha negra a cada lado do fuciño. Mide ata 35 cm. Aliméntase de pequenoscrustáceos, larvas e ovos. Vive en zonas costeiras con fondos de area onde se ente-rra.Féscase á raspita . É comestible pero de pouco valor. úsase

"orn ";é;áo.BOLO / LUBIÓN

semlsguamatus

Se¡'nellante é anterior coa aleta dor-sal ¡'náis longa. Mide ata 24 crn.Non é comestible, úsase como cebo vivo para a pesca de abadexo e outras especies,e para abono das terras.AREEIRO (Ammodytes tobianus): moi semellante ó bolo, forma grandes bandosque se achegan ás praias.Adoitan enterrarse na area.

XARDA / RINCHA Scornber scombrus1'¡',':..,,,, :..

Corpo fusiforme co fuciño apuntado e aboca ancha. Ollos grandes. Escamas moipequenas. Dúas aletas dorsais moi sepa-rads entre sí. Aletas menores (pinnulas) detrásazul metálica no lombo, branca e prateada no

da anal e dorsal. Rabo fendido. Corabdome e bandas verticais escuras

polos costados.Vive en augas profundas, lonxe da costa cando é adulto e na primavera e.verán for-man grandes manadas que se aproximan á costa. Aliméntase de peíxes pequenos(sardiñas, tranchos...) e no inverno vaise a augas fondas e deixa de comer.Péscase ó cerco. Úsase para o consumo en fiesco, para conserva e como cebo parapalangres e nasas.

14

Page 17: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

ATUN Thunnusthynnus

Corpo fusiforme, alto e robustocoa cabeza longa e o fuciñocurto e rematado en punta. Osollos son pequenos. Dúas aletasdorsais triangurares, a primeiramáis ancha e de 8 a 10 pinnulas(falsas aletas) por detrás das aletas dorsais e anal. Aletas pectorais curtas. Aleta dor-sal coa base estreita e a beira curuada cara adentro (en forma de media lúa). As es-camas son pequenas agás no peito. A cor é negra-azuada polo lombo e prateadapolo abdome, as aletas son máis escuras e cunha tonalidade amarela. Mide ata 3 m.de lonxitude e vive ata 15 anos. Aliméntanse de peixes (especialmente sardiñas,arenques, xardas, e agullas) , luras e outros animais. Vive en mar aberto e fai migra-cións en manadas. Na época de reproducción (verán) fai migracións dende o atlánti-co ata o Mediterráneo. Péscase con palangres ocasionalmente e consúmese en fres-co ou conserva.

BON¡TO Thunnus alalunga

Semellante ó atún do que sé dife-rencia por te-las aletas pectoraismoi longas. A cor é gris-azuadaescura polo lombo, prateada poloabdome, coas aletas grises e aspinnulas amarelas. Pode medirata 1 m. de lonxitude e pesar 9-10kg. Fai migracións dende a zona das Azores ata o Golfo de Vizcaya formando gran-des bancos que nadan en superficie en busca de alimento. Na madurez sexual (6-7anos) migran cara ó Caribe para reproducirse. Aliméntase de especies peláxicas(anchoa, lura...). É moi cotizado pola calidade da súa carne (en Galicia é a terceiraespecie en importancia económica despois da pescada e o peixe espada), consúme-se en fresco ou conserva.Péscase con palangres.

¡-ORCHO Gobius niger

Corpo case cilíndrico coa cabeza, os ollos, ea boca grandes. Os beizos son carnosos.Dúas aletas dorsais, a primeira máis alta,aletas pectorais en forma de abano e aletasventrais fusionadas nunha ventosa para su-xetarse ó fondo. A cor é castaña escura con manchas máis craras e unha lixeira to-nalidade azul na cabeza na época da reproducción. Pode medir ata 15 cm. Vive nazona costeira ata 50 m. de fondura e lugares fangosos e con sebas. Aliméntase depequenos crustáceos, moluscos, vermes, peixes pequenos e algas.Ten un marcado comportamento territorial; o macho delimita unha zona onde desovaa femia apegando os ovos na superficie interna dunha cuncha ou nunha fenda daspedras, despois adícase a vixialos e airealos batendo as aletas ata que nacen osalevíns. Utilízase para comer, aÍnda que ten pouca importancia económica.

Hai moitas especies semellantes que son difíciles de distinguir e abundan nas nosascostas en zonas de marea.

15

Page 18: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

I.ORGHO ENANO DE AREA' Fomate§-cáisfus mícroPs

.1 iLt( t"-

Corpo case cilíndrico e alongado, sen es-

camas e moi escorredizo. A cabeza é

grande e forte co perfil moi inclinado, a

RO.H484LLO.,.,..,.,.,.,.,.,.,,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,,. ,.:.,',.,.,.,',.,', rP..§é, á:,'t m:a

Corpo aplanado dorso-ventralmente de for-ma case circular, sen escamas e cuns pe-

quenos tubérculos óseos espallados polapel. Ten os dous ollos no mesmo lado (o es-querdo) da cabeza. As aletas son anchas. Acor é variable castaña, gris ou verdosa conpontos amarelos e negros. Pode chegar amedir 1 m. de lonxitude e pesar 12 kg' Vive

Semellante ó anterior, moi pequeno (7 cm.

como máximo) e dunha cor que mimetiza coaarea dos sitios onde vive. No macho aparecen .

unhas manchas de cor máis forte polos costados. E moi abundante nas rías nas zo-

nas de area, especialmente ó enche-la marea.

e*cAm0n...l'..Uón0.nO.r..Blér¡n ..p.llo.l¡s

boca ancha con fortes dentes. A aletadorsal é longa (case todo o lombo) e ten unha escotadura no medio, e a anal chega

ata o rabo. Aleta caudal coa base ancha e a beira redondeada. Pode medir ata 16

cm. Vive entre as pedras da zona intermareal.Hai moitas especies de blenios nas nosas costas, ésta é a máis abundante e común.

Corpo de forma case cónica coa cabeza aco-

razada con osos externos de orixe dérmica. O

perfilda cabeza é un lixeiramente cóncavo e a

boca ancha co fuciño resaltado. Escamas pe-

quenas e lisas, cunha fila máis forte ó longo

da liña lateral. Dúas aletas dorsais, a primeira

máis alta e cos radios espiñosos. Aletas pec- I

torais grandes e con tres espiñas libres e móveis. Na base das aletas dorsais leva

unha fieira de espiñas óseas. Rabo coa base ancha e forte e a beira lixeiramente

fendida. É Oe coies variadas: cabeza encarnada, lombo amarelo, ou castaño con

bandas transversais escuras, costados encarnados e amarelos e abdome máis craro.

As aletas teñen manchas escuras e ribetes azuis. Pode medir ata 75 cm. de lonxitu-

de. Aliméntase de peixes e pequenos crustáceos. Vive en fondos de area, cascallo

ou fango entre os 5 e os 300 m. de profundidade e pgde camiñar apoiandose nas

espiñas libres das aletas. A súa carne é moi apreciada. Péscase con trasmallos.

nas costas areosas ata os 100 m. de fondu-ra, é un peixe de fondo onde- se mimetiza totalmente. Aliméntase de peixes (os novos

de crustácéos e moluscos).É unha especie moi valorada e de gran importancia eco-

nómica. péscase con trasmallos, betas e miños. Cultívase en piscifactorías.

16

Page 19: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

CURUXO Scophithelmus rhombus

Semellante ó rodaballo, co corpo oval,cuberto de escamas e sin tubérculos nasuperficie da pel. Pode medir ata 70 cm.de lonxitude. A cor é castaña crara ouverdosa con pequenas manchas negrasespalladas irregularmente.Non é tan valorado como o rodaballo.

LENGUADO Solea vulgaris

Corpo aplanado dorso-ventralmenteoval e longo. A cabeza é redondeada eos dous ollos están no costado dereito.Boca infera, pequena e arqueada. Aletadorsal dende a cabeza ata o rabo. Aletaanal moi longa. Rabo pequeno e coabeira redondeada. Ten moitas escamaspequenas. A cor é castaña-gris con manchas irrgulares máis escuras e pola caraoculta case branca. Pode medir ata 60 cm. con 20 anos de idade.Vive nos fondos e sae pola noite en busca de alimento (pequenos animais). O seuhábitat son as zonas areoso-fangosas ata 180 m. de profundidade. No inverno migraa zonas de riais profundidade.E unha especie moi valorada. Péscase con trasmallos e ó arrastre. A talla minimalegal de captura é de 14 cm.

ESPECIES SEMELLANTES:

Acedía (Solea lascaris) de cor máis amarillenta, diferénciase por te-los orificiosnasais (na cara oculta) máis dilatados e a boca menos curvada. É menos valorada.

SOLLA Platichthys flesu-s

Corpo aplanado de forma oval, cos dousollos xeralmente no costado dereito. Acabeza é pequena e a boca grande e tor-cida, coa mandíbula inferior máis desen-volvida. Ten o corpo cuberto de escamaspequenas. As aletan dorsal e anal ocupancase todo o contorno do corpo. A caudal éancha na base e redondeada na beira. Acor é castaña-verdosa con manchas craras e escuras irregulares. Pola cara oculta ébranca. Pode medir ata 50 cm. Vive dende os esteiros dos ríos ata mar aberto a 50m. de fondura. Atura moi ben as diferencias de salinidade. Aliméntase de moluscos,crustáceos e outros animais de fondo. Na primavera desova en zonas profundas e dealta salinidade.É unha especie abuñdante. Péscase ós trasmallos ou con francadas.

17

Page 20: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

/.IIESCORFION DA .PRAIAFANEGA BRAVA Trachinus viperai¡ic,r,¡ a ,r-¡q

Corpo fusiforme e comprimido lateral-mente, boca en pos¡ción oblícua. Ollosmoi altos. Dúas aletas dorsais, a prime¡-ra pequena, de cor negra e con 5 ou 6radios espiñosos e velenosos. A cor do corpo é castaña con estrías azuis e amarelas.Vive nas praias de area fina e con oleaxe dende a beiramar ata 30 m. de fondura.Polo día entérrase na area deixando ó descuberto os ollos e as espiñas da aleta dor-sal. Pola noite sae na busca de alimento (crustáceos, moluscos, pequenos peixes...).É coñecida fundamentalmente polas molestias que lles causa ós bañistas ó pisala xaque a picadura das súas espiñas produce moita dor.

RABADA / RAPE

Corpo aplanado na zona dacabeza e comprimido lateral-mente na parte posterior. Acabeza é moi grande coa bocatamén grande e en posiciónfrontal. A mandíbula inferiorestá máis desenvolvida e osdentes aguzados e curvados cara adentro. Os ollos son pequenos e situados naparte superior. Os orificios branquiais son pequenos e situados detrás das aletaspectorais que son gordas e carnosas. Non ten escamas, a pel é blanda e con nume-rosos apéndices arredor de todo o corpo. A primeira aleta dorsal ten radios espiño-sos, o primeino alongado e cun apéndice carnoso, o segundo e o terceiro máis sepa-rados e tamén con apéndices carnosos, e os tres últimos unidos cunha membrana. Asegunda aleta dorsal e a anal están opostas. O rabo é pequeno e case triangular. Acor é castaña-verdosa con manchas craras ou amarelas pola cabeza, iombo e cos-tados e branca pola cara oculta. Pode medir ata 1,98 m. de lonxitude. Vive en fondosde fango e area dende 18 ata 500 m. de profundidade. Aliméntase de pequenospeixes que captura coa súa gran boca camuflándose no fondo e movendo o primeiroradio dorsal a xeito de engado.A súa carne é moi apreciada. Péscase ó arrastre ou con rascos e raeiras.

PEIXES OSEOS / OSTEICTIOScaracterÍSti cás,,xérá]S

* Columná vertebral composta de rnoitas unidades óseas articuladas* Cerebro protexido por un cráneo de material esquelético*Cabeza aparente con organos sensoriais asociados: ollos, fosas nasais*Órganos adaptados á natación: aletas con rad¡os óseos.*Aberturas branquiais cubertas por un opérculo*R.abo simétrico: aletas caudais cos lóbulos iguais*A maioría teñen vexiga natatoria interna

18

o cuberto xeralmente de escamas ou acas dérmicas.

Page 21: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

R#ffi::,,.,.,..... ., :,;;:li,': .,.,'.., ",'..',

.:.

á {.- !-LLL¿... .r

Corpo cónico coa partedianteira aplanada dor-so-ventralmente enforma rombo¡dal. Asaletas pectorais sonmoi grandes e fusió-nanse coa cabeza, nonteñen radios e son car-nosas. Na parte supe-rior están os ollos e osespiráculos (primeirasaberturas branquiais) ena inferior están a bo-ca (aberta transversal-mente) e os orificiosnasais. A continuaciónten cinco pares de fen-das que comunicancoas branquias. Aletas pélvicas soldadas entre si. As dúas aletas dorsais son redon-deadas e pequenas e están situadas no extremo do eixo da caudal (que tamén épequena e coa beira redonda). Dende o lombo ata a base do rabo leva unha fileira depequenos aguillóns e algúns máis distribuidos polas aletas. A pel está cuberta dedenticulos dérmicos coa punta curvada cara atrás o que lle da unha textura rasposa.A cor é castaña ou gris con manchas escuras e craras polo dereito e branca polo re-vés. Os machos levan dous órganos copuladores que son as aletas pélvicas modifi-cadas (pterigópodos).Poden medir ata 70 cm. de lonxitude os machos, e as femias 125 cm.O esqueleto é cartilaxinoso (máis brando e flexible) e non ten vexiga natatoria.

BIOLOXIA:Aliméntase de crustáceos, pequenos peixes, moluscos, vermes, equino-dermos... Para respirar colle a auga polos espiráculos que están situa-dos detrás dos ollos (o que IIe permite respirar pousada no fondo) e ex-pulsaa polas fendas branquiais da parte inferior do corpo.Nada batendo as aletas pectorais e mantense continuamente en move-mento ou pousada no fondo xa que non ten vexiga natatoria que IIepermita unha boa flotabilidade. A fecundación é interna e durante a copulacióno ma-cho deposita os espermatozoides no corpo da femia coa axuda dos apéndices copu-ladores. Os ovos (aproximadamente 20 por femia) van protexidos nunha cápsula cór-nea (petaca) de cor negra que se fixa nas algas ou pedras por medio duns filamen-tos. As femias alcanzan a madurez sexualcon 9 anos e os machos con 7.tiÁglfRf: por toda a costa, dende a beira ata 500 m. de fondura, aínda que é máisfrecuente entre 10 e 60 m.. Viven en fondos de area e fango.A súa carne é moi apreciada. Péscase ó arrastre ou con raeiras.

ESPECIES SEMELLANTES:

En Galicia hai 11 especies distintas de raias que ás veces resulta difícil distinguir asimple vista xa que se diferencian en pequenos detalles de forma, número e disposi-ción dos aguillóns, a cor ou a distribución das manchas.

raia macho:cara ventral

19

Page 22: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

J|frq7 -tParte dianteira do corpo aplanada e casi redonda cos espi-ráculos grandes. As aletas pélvicas son máis pequenas enon ten aletas anáis. Dúas pequenas aletas dorsais redon-deadas no extremo do corpo e aleta caudal aplanada etriangular. A pel é lisa, sin escamas nin dentículos. A cor évariable asegúno hábitat dende castaña crara ata escuracon pintas de distintos tonos. A cara ventral é branca. Acada lado do corpo ten un órgano eletróxeno grande situa-do entre a cabeza e as aletas pectorais. Aliméntase de pe-quenos animáis que captura camuflándose e con descargaselectricas (de 45 a 220 voltios). Os ovos son incubados dentro do corpo da femia.Vive en fondos areosos ou fangosos de 2 a 20 m. de profundidade.

EiMBRIJDO.:l.:O.UXA.,., ..,.. i, ,.,,,,,,11/[ylisfi;¿lis aquila

A cabeza está bastante diferenciada do corpo cos ollose os espiráculos situados lateralmente, as aletas dorsais(ás) son grandes,planas e triangulares. Aletas pélvicase dorsal moi reducidas e sin aleta caudal. Rabo moiIongo armado cunha espiña dentada ou aguillón vele-noso. A cor é castaña escura, gris ou case negra cunbrilo verdoso. Pel lisa. Pode medir ata 1,5 m. Vive enaugas litorais ata 100 m. de fondura. A femia pare áscrias xa desenvolvidas. Aliméntas de animais de fondo.

GAN DO MAR Scylioihinus canicula

Corpo fusiforme alongado e lixeiramen-te aplastado polo abdome, co fuciñocurto e redondeado. Fendas branquiaisenriba das aletas pectorais. Dúas aletas dorsais triangula-res e situadas moi atrás. Aleta caudal cos lóbulos desi-guais. Cor castaña-gris con manchas escuras. Mide aé 7Acm.de lonxitude. Vive en zonas areosas con algas. Alimén-tase de pequenos animais de fondo. As femias poñen osovos (arredor de 20) en petacas que se fixan ás algas. Captúrase especialmente óarrastre. Consúmese en fresco ou seco e ten pouco interés comercial.É o tiburón máis abundante das nosas costas

P EIXES. CARTI LAXI NOSOS, l....CON D RI CTlO,S,

ca!:aGter' *' -¿S,,..Xerái.S

* Esquelete cartilaxinoso, s¡n escamas, con dentículos dérmicos* Aleta caudal con lóbulos diferentes (heterocerca)*Aletas sin radios óseos*Sin opérculo, 5 a7 fendas branquiaisuMachos con órqanos copuladores

ffi

20

Page 23: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

LAMPREA Petrotmwon marinus

Corpo cilíndrico cuberto de pel sin escamas moi escorrediza. Na cabeza ten dousollos pequenos e unha boca en forma de ventosa oval e armada con moitos dentescórneos dispostos en círculos. Dúas aletas dorsais situadas moi atrás, unha anal es-treita e longa e a caudal en forma de rombo. Detrás da cabeza ten sete pares de

aberturas branquiais redondeadas. A cor é castaña-verdosa con manchas máis escu-

ras polo lombo e o ventre máis craro. Pode medir ata 1m. de lonxitude.HOt_OXrA:Aliméntase de sangue que extrae das presas vivas fixándose nelas coas ventosas daboca. Nace no rio e alí vive durante 4-5 anos ata que mide 20 cm. e se convirte en

adulto. Logo baixa ó mar e vive en zonas entre 200 e 500 m. de fondura. Cando aca-da a madurez sexual (entre B0 cm e 1 m.) remonta de novo os ríos para desovar naprimavera e verán e logo morre. Durante a reproducción fai un niño no chan con pe-

dras en augas de pouca fondura . Durante a posta (50.000 a 200.000 ovos) a femiafixase a unha pedra coa ventosa e o macho á femia enroscándose nela.Péscase con nasas fundamentalmente nos ríos. É moi valorada e alcanza precios

moi altos no mercado. Hoxe xa non existe en moitos dos nosos rios debido á capturadescontrolada que se fixo dela.ESPECIES SEMELLANTES:Peixe moco (Myxime glutionsa).' pouco coñecido nas nosas costas. Ten os ollosmoi atrofiados e as aletas anal e dorsal fusionadas. Vive en fondos de 30 a 500 m.

xeralmente enterrado e aliméntase de peixes e outros animais mortos.

PE¡XES AGNATOScaracterísticas xera¡s

*Esquelete cart¡laxinoso, sin verdadeiras mandíbulas*Corpo s¡n escamas, mo¡ escorregad¡zo*Boca en ventosa con dentes córneos*Só teñen as atetas impares (dorsal, anal e caudal) e sin rad¡os óseos*Sin opérculo, varias abreturas branquiais

21

Page 24: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

O$i.iii:PiEilX,E.§

0áireO irí§üi:Cási::::Xéiá:i§

*Columna vertebral composta de moitas unidades óseas (vértebras) arti-culadas e dispostas ó longo do corpo xunto coa musculatura principal*cerebro protexido por un cráneo de material esquelético"Cabeza aparente con órganos sensoriais asociados (oltos, fosas nasais)*Estructuras adaptadas á natación (aletas)*Corpo cuberto de pel con ou sin escamasnRespiración branquial*Reprodución ovípara agás excepcións*Vida acuática

OS PEIXES: clasificación

EXEMPLOS STJBG:EASE CLASEAGNATOS-sin verdadeiras mandíbulas-esquelete cartilaxinoso

coNDRtcTtOS (PE¡XEScARTtLAX!NOSOS)-con verdadeiras mandíbulas-esquelete cartilaxinoso-sin radios óseos nas aletas-boca en posición ventral-pel áspera, sin escamas-case sempre rabo con lóbulosdesi guais (heterocercos)-sin vexiga natatoria-ovíparos ou vivíparos

esturión CONDROSTEOS-lóbulos caudais desiguais

OSTEICTIOS(PEIXES ÓSrOS)-con verdadeiras mandíbulas-esquelete óseo-branquias con opérculo-radios esqueléticos nas aletas

TELEOSTEOS

-lóbulos caudais simétricos(homocercos)

-a maioría con vexiga natatoria

22

Page 25: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

A.ABDOMINAL A.ANAL

OPÉRCULOA.PECTORAL

CABEZA

OLLO

€,grande

,6\-

w4-dorso-ventralmente&áF{á)

ínfera

Álo/6q-,q-Rmandíbula s.áOirniá0, recta m.inferior

adiantadaOUTROS

comprimidolateralmente

oval

comprimido

ALETACAUDAL

homocerco(simétrico)

FORMAS

lateral

BOCAS

súpera

Itriangular \+romboide

heterocerco(asimétrico)

BEIRA

11 ¿)<l -<Jrecta redon0eaga44")"H

##.6

radios brandos

%radios libres /

b l///_''h( -i^f§\

fu¿mixta radic

frwpínnulas

4_--¿. ( _

^

-/-./ovpequeno

a'Tq2elevado

---{'o'l»ll=-<---fendasbranquiais

rc-Eq¿esprnas

23

Page 26: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

íruo¡ce nLraeÉTco DE ESPEcIES

abadexoacedíaagullaagullaalcriqueanguíaareeiroatúnbacalaobacallánbadexobocareubolobonitocabalo do marcacaracácan do marcaneucóngarocorobelo

1017a

o

71415I18l061415

16n11

710

culebra de marcuruxochinchodentóndoncelladouradaembrudoescachoescorpiónespadínf.barbudafanecafanecafodónlamprealenguadoliriolorcholorcholorcho da area

lubinalubiónmaragotamerluzamuxeollomolortugaouxapeixe mocopescadapescadillapiardapiónrabadaraiarapereorincharobalizarobalo

rodaballorubiosábalosalmónsalmonetesanmartiñosardiñasargoseñoritaserránsollatranchoreladorwlloxardaxoubaxurelozamborca

o1711

121411

n1618o1010l81021

lto

15to16

11

14'13

I1312nn21

II131318191871411

11

't6166711

10312141317o1413143

11

6

BIBLIOGRAFIA:

"Caamaño Rivas, Víctor M.: "Flora e fauna da Enseada do Umia O Grove. Candea.Cambados 1.991

*Campbell, C,: "Guía de campo de la flora y fauna de las costas de España y Europa".Omega, Barcelona 1.979

"Garms, Harry e outros: "Plantas y animales de España y Europa". Eunsa. Pamplona 1.977

*Jiménez Aleixandre, Ma Pilar: "lnvestigando la orilla del mad'. Teide. barcelona 1.986

"Poll, Max: Enciclopediia "La vida de los an¡males". Planeta. Barcelona 1.971

"Rodríguez Solórzano, M. e outros :"Guía dos peixes de Galicia". Galaxia, Vigo 1.983

*Swallon, Su e outros: "La senda de la naturaleza, costas y playas". S.M. Madrid 1.981

*Terofal, Fritz: "Peces de maf'. Blume, Guías de Naturaleza. Barcelona 1.989

*Varios: "Historia Natural". lstituto Gallach. Océano. Barcelona 1.983

"Villeneuve, F. e outros: "Las ciencias naturales". Muntaner y Simón. Barcelona 1.977

*Villoch, Joaquín: Guía de los peces de las lonjas de Galicia". Casa das CienciasConcello de A Coruña, 1.991

Page 27: O medio mariño os peixes (Candea 1994)

Eilr publlcrclón ¡!tá rubvañclonrd¡ pol¡ Con¡ellerla do Plror, Marllquao ! Aculoultur¡