observatorio rede xiana 2

18
www.redexiana2.eu Resumo - Observatorio Socioeconómico do Proxecto RedeXiana2 Observatorio Ocupacional UDC, Abril 2014

Upload: donhu

Post on 04-Feb-2017

228 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

www.redexiana2.eu

Resumo - Observatorio Socioeconómico do Proxecto RedeXiana2

Observatorio Ocupacional UDC, Abril 2014

www.redexiana2.eu

Obxectivos do traballo

O contrato que a Universidade de A Coruña asinou coa Deputación Provincial o 15 de maio de 2013, baixo a coordinación do Observatorio

Ocupacional da mesma, encádrase no proxecto RedeXiana2.

O obxectivo da tarefa proposta consiste na creación dun sistema de recollida de información (Observatorio Socioeconómico), que proporcione

coñecemento acerca do estado actual do mercado laboral, da estrutura social dos ámbitos obxecto da actuación e das posibles prioridades para a

súa mellora. No traballo contémplanse os seguintes aspectos:

1. Creación e posta en marcha dun sistema de indicadores socioeconómicos:

1.1. Activación dunha base de datos aloxada no Observatorio Ocupacional da UDC

1.2. Realización dunha enquisa á poboación dos municipios obxectivo (menores de 50.000 habitantes)

2. Inclusión e estruturación dos indicadores obtidos

3. Conclusións finais

www.redexiana2.eu

Deseño da mostra

No deseño da mostra para a provincia de A Coruña definiuse, con precisión o ámbito de estudo, o universo a considerar, a mostra obxectivo e,

finalmente, a mostra obtida.

Así, pódese concretar en:

Ámbito mostral: municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia de A Coruña

Universo: poboación en idade de traballar 16-64 anos

Tamaño mostral deseñado: 1.188 persoas

Estratificación da mostra:

▪ Por localidade: Para realizar a mostraxe os municipios estratificáronse seguindo un criterio de distribución en cinco grupos segundo o tamaño da súa poboación cun criterio de intervalos naturais (método de Jenks1). Para cada grupo defínese unha estratexia de enquisa diferente co obxectivo de obter unha precisión estatística nos datos obtidos do 98% e unha marxe de erro do +/-2%.

▪ Por xénero e idade: Tómase en consideración para a resolución das cotas de enquisa, a proporción de homes e mulleres existentes nos tramos de idade seleccionados.

No cadro 1 preséntanse os datos correspondentes ó censo de poboación da provincia de A Coruña (xaneiro do 2012 (IGE, 2014) ordenando os

municipios por tamaños. No mesmo cadro pódense ver os municipios enquisados (gráfico 1).

1 Detección de intervalos naturais de clasificación mediante a minimización das sumas intra-clase das diferenzas ó cadrado de cada cota de poboación considerada (Jenks, 1967)

www.redexiana2.eu

Cadro1.Censo municipal de poboación na provincia de A Coruña e municipios enquisados

clase Obx.

Total Homes Mulleres

Total 15-29 30-44 45-64 Total 15-29 30-44 45-64 Total 15-29 30-44 45-64

1.188 TOTAL PROVINCIA 114.1286 166.227 276.776 311.002 549.287 84.160 138.340 151.633 591.999 82.067 138.436 159.369

A Coruña 245.053 34.631 61.332 66.633 113.916 17.313 30.142 30.347 131.137 17.318 31.190 36.286

Santiago de Compostela 95.397 15.014 23.913 26.822 44.438 7.384 11.544 12.355 50.959 7.630 12.369 14.467

Ferrol 71.690 10.010 15.338 20.695 33.772 5.110 7.700 9.774 37.918 4.900 7.638 10.921

1 54 Narón 39.074 5.572 10.959 9.858 19.043 2.771 5.517 4.818 20.031 2.801 5.442 5.040

1 48 Oleiros 34.220 4.996 8.713 9.526 16.677 2.603 4.193 4.601 17.543 2.393 4.520 4.925

1 46 Carballo 31.292 4.797 7.809 8.210 15.288 2.404 3.853 4.123 16.004 2.393 3.956 4.087

1 46 Arteixo 30.630 4.732 9.415 7.676 15.302 2.366 4.778 3.918 15.328 2.366 4.637 3.758

1 45 Culleredo 29.382 4.190 8.642 7.591 14.322 2.108 4.139 3.764 15.060 2.082 4.503 3.827

1 45 Ames 29.106 4.435 9.527 6.861 14.105 2.146 4.568 3.442 15.001 2.289 4.959 3.419

1 43 Ribeira 27.742 4.762 6.956 6.921 13.741 2.412 3.592 3.483 14.001 2.350 3.364 3.438

1 40 Cambre 23.822 3.452 6.802 6.463 11.729 1.767 3.333 3.231 12.093 1.685 3.469 3.232

2 36 Boiro 19.088 3.046 4.971 4.761 9.306 1.524 2.498 2.373 9.782 1.522 2.473 2.388

2 35 Teo 18.472 2.894 4.811 5.234 9.122 1.474 2.429 2.625 9.350 1.420 2.382 2.609

2 32 Sada 14.854 2.033 3.721 4.101 7.331 1.013 1.876 2.066 7.523 1.020 1.845 2.035

2 33 Noia 14.751 2.266 3.528 3.940 7.092 1.142 1.806 1.913 7.659 1.124 1.722 2.027

2 31 Fene 13.807 1.798 3.232 3.985 6.659 936 1.664 1.917 7.148 862 1.568 2.068

2 31 Betanzos 13.539 1.964 3.334 3.601 6.439 979 1.649 1.737 7.100 985 1.685 1.864

2 31 Ordes 12.945 2.004 3.240 3.374 6.327 1.026 1.629 1.665 6.618 978 1.611 1.709

3 29 Rianxo 11.706 1.823 2.684 3.021 5.727 911 1.379 1.497 5.979 912 1.305 1.524

3 29 A Laracha 11.322 1.599 2.767 2.999 5.559 798 1.404 1.520 5.763 801 1.363 1.479

3 27 As Pontes de García Rodríguez 11.021 1.818 2.533 3.511 5.498 941 1.290 1.796 5.523 877 1.243 1.715

3 27 Santa Comba 10.076 1.531 2.109 2.754 4.874 766 1.077 1.387 5.202 765 1.032 1.367

3 27 Porto do Son 9.695 1.519 2.075 2.657 4.859 791 1.105 1.375 4.836 728 970 1.282

3 27 A Pobra do Caramiñal 9.637 1.478 2.283 2.609 4.673 737 1.173 1.291 4.964 741 1.110 1.318

3 26 Muros 9.445 1.372 1.916 2.658 4.563 705 975 1.335 4.882 667 941 1.323

3 26 Padrón 8.904 1.390 2.169 2.345 4.242 701 1.084 1.153 4.662 689 1.085 1.192

3 26 Pontedeume 8305 1.281 1.862 2.372 3.992 631 944 1.185 4.313 650 918 1.187

3 26 Vimianzo 7.989 1.219 1.646 2.189 3.868 627 841 1.098 4.121 592 805 1.091

3 26 Cee 7.856 1.190 1.862 2.115 3.786 599 911 1.064 4.070 591 951 1.051

www.redexiana2.eu

clase Obx.

Total Homes Mulleres

Total 15-29 30-44 45-64 Total 15-29 30-44 45-64 Total 15-29 30-44 45-64

4

Melide 7.466 1.146 1.608 1.911 3.693 573 825 984 3.773 573 783 927

4

Brión 7.373 1.041 1.958 1.886 3.606 526 964 970 3.767 515 994 916

4 26 Oroso 7.269 1.140 2.219 1.731 3.615 560 1.114 910 3.654 580 1.105 821

4

Cedeira 7.268 991 1.604 1.935 3.628 516 864 980 3.640 475 740 955

4

Outes 7.177 975 1.407 2.004 3.430 495 739 1.015 3.747 480 668 989

4 26 Negreira 7.074 997 1.793 1.688 3.402 501 886 842 3.672 496 907 846

4

Coristanco 6.982 933 1.325 2.045 3.371 479 667 1.049 3.611 454 658 996

4

Valdoviño 6.873 837 1.469 2.028 3.362 438 745 995 3.511 399 724 1.033

4

Ortigueira 6.697 838 1.222 1.868 3.225 431 613 950 3.472 407 609 918

4 26 Bergondo 6.692 888 1.376 2.050 3.209 439 681 1.004 3.483 449 695 1.046

4 25 Arzúa 6.304 914 1.217 1.795 3.128 458 622 962 3.176 456 595 833

4

Carral 6.129 819 1.622 1.561 3.038 417 839 803 3.091 402 783 758

4

Camariñas 6.075 978 1.228 1.744 3.015 500 653 891 3.060 478 575 853

4

Ponteceso 6.065 877 1.181 1.756 3.049 466 634 919 3.016 411 547 837

4

Malpica de Bergantiños 6.044 798 1.134 1.837 2.940 428 582 934 3.104 370 552 903

4

Ares 5.774 752 1.450 1.591 2.850 380 764 805 2.924 372 686 786

4

Abegondo 5.699 671 1.276 1.526 2.825 369 654 769 2.874 302 622 757

4

Miño 5.682 700 1.489 1.453 2.902 360 783 747 2.780 340 706 706

4

Mugardos 5.472 690 1.238 1.563 2.668 364 683 765 2.804 326 555 798

4

Neda 5.429 700 1.192 1.542 2.636 372 624 743 2.793 328 568 799

4

Cerceda 5.339 737 1.168 1.392 2.602 372 620 676 2.737 365 548 716

4 23 Muxía 5.267 786 981 1.546 2.562 381 511 780 2.705 405 470 766

4

Zas 5.119 733 931 1.501 2.507 393 467 781 2.612 340 464 720

4

Vedra 5.030 821 1.145 1.415 2.442 411 599 693 2.588 410 546 722

4

Fisterra 4.958 791 1.081 1.406 2.520 416 552 740 2.438 375 529 666

4

Rois 4.876 737 1.077 1.316 2.317 389 548 630 2.559 348 529 686

4 23 Cabana de Bergantiños 4.747 700 827 1.481 2.331 370 431 773 2.416 330 396 708

4

O Pino 4.711 714 1.027 1.343 2.342 363 509 734 2.369 351 518 609

4

Carnota 4.626 584 868 1.295 2.214 310 456 627 2.412 274 412 668

4

Mazaricos 4.558 690 784 1.351 2.216 375 400 700 2.342 315 384 651

4

Boqueixón 4.411 724 1.007 1.209 2.174 391 497 612 2.237 333 510 597

4

Cariño 4.374 551 913 1.216 2.172 297 489 621 2.202 254 424 595

4

Val do Dubra 4.221 555 796 1.202 2.054 286 411 614 2.167 269 385 588

4 23 Curtis 4.161 595 877 1.186 2.082 317 447 639 2.079 278 430 547

www.redexiana2.eu

clase Obx.

Total Homes Mulleres

Total 15-29 30-44 45-64 Total 15-29 30-44 45-64 Total 15-29 30-44 45-64

5

Touro 4.028 592 723 1.152 2.000 309 377 620 2.028 283 346 532

5

A Baña 3.972 520 681 1.137 1.907 279 333 598 2.065 241 348 539

5 21 Tordoia 3.951 518 690 1.182 1.872 284 334 584 2.079 234 356 598

5

Lousame 3.634 534 714 933 1.760 296 367 467 1.874 238 347 466

5

Trazo 3.407 530 605 1.001 1.666 290 297 517 1.741 240 308 484

5

Laxe 3.319 516 641 986 1.658 280 330 509 1.661 236 311 477

5

Dumbría 3.317 527 639 939 1.604 257 331 479 1.713 270 308 460

5 21 Cabanas 3.297 433 721 965 1.622 237 375 491 1.675 196 346 474

5

Oza dos Ríos 3.220 387 690 881 1.625 215 370 457 1.595 172 320 424

5

San Sadurniño 3.085 369 618 888 1.516 180 339 447 1.569 189 279 441

5

Dodro 2.987 470 626 794 1.460 255 327 390 1.527 215 299 404

5

Mesía 2.874 380 561 819 1.444 200 295 439 1.430 180 266 380

5

Paderne 2.592 319 509 726 1.280 161 262 372 1.312 158 247 354

5 21 Frades 2.578 387 495 798 1.292 203 263 417 1.286 184 232 381

5

Boimorto 2.199 285 367 631 1.120 155 206 377 1.079 130 161 254

5

Cesuras 2.187 263 383 592 1.072 142 208 313 1.115 121 175 279

5

Monfero 2.139 273 384 613 1.090 148 201 340 1.049 125 183 273

5

Aranga 2.070 268 346 582 1.043 141 185 315 1.027 127 161 267

5

Sobrado 2.055 253 316 588 1.041 134 165 348 1.014 119 151 240

5 21 Santiso 1.847 248 311 524 966 147 161 300 881 101 150 224

5

Coirós 1.759 202 405 455 862 107 211 222 897 95 194 233

5 20 Corcubión 1.720 252 382 524 852 136 191 261 868 116 191 263

5

Mañón 1.541 188 254 420 750 90 137 234 791 98 117 186

5 20 Irixoa 1.501 165 274 429 754 85 150 226 747 80 124 203

5

A Capela 1.373 163 304 370 685 83 158 194 688 80 146 176

5

Moeche 1.358 172 243 364 643 89 124 188 715 83 119 176

5

Vilasantar 1.357 139 249 379 702 77 138 214 655 62 111 165

5

Toques 1.309 174 232 401 679 87 125 229 630 87 107 172

5

Cerdido 1.304 164 228 350 628 83 115 185 676 81 113 165

5

As Somozas 1.281 169 299 351 654 95 160 191 627 74 139 160

5

Vilarmaior 1.263 148 247 373 663 87 139 199 600 61 108 174

Fonte: Instituto Galego de Estatística e elaboración propia

www.redexiana2.eu

Criterios de agregación territorial utilizados no informe

1. Nivel municipal: municipio como unidade básica do deseño da mostra e o nº de habitantes como criterio para coñecer as diferenzas entre

os de maior/menor número de habitantes

2. Costa/Interior: nivel aplicado para analizar características homoxéneas entre municipios

3. Proximidade/Lonxanía: nivel aplicado para analizar actuacións similares en función da distancia do municipio cós tres núcleos principais de

poboación

4. Situación do mercado laboral: determinación das características socioeconómicas en función da ocupación e a actividade presentes no

municipio

www.redexiana2.eu

Gráfico 1. Mostra de municipios seleccionados

www.redexiana2.eu

Gráfico 2. Costa/interior

www.redexiana2.eu

Gráfico 3. Proximidade/distancia a grandes núcleos de poboación

www.redexiana2.eu

4. Niveis de ocupación

www.redexiana2.eu

5. Niveis de actividade

www.redexiana2.eu

CONCLUSIÓNS DO ESTUDO

Nivel educativo

Mercado laboral

Índices socioeconómicos

www.redexiana2.eu

Nivel educativo

▪ Nos últimos 40 anos, a poboación galega aumentou os anos promedio de escolarización. Nas cohorte de 16 a 44 anos a porcentaxe de

universitarios supera ó de Ciclos Formativos.

▪ Os anos promedio de escolarización das mulleres superan ós dos homes nos grupos de idade de 16 a 44 anos.

˖ nivel de escolarización promedio máis elevado ten lugar no “Arco Ártabro”, cando se comparan zonas de costa e do interior.

˖ nivel de escolarización promedio máis elevado ten lugar no “Arco Ártabro”, cando se comparan zonas de costa e do interior.

▪ A proximidade ós grandes núcleos urbanos de A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol inflúe positivamente nos anos de escolarización

alcanzados.

▪ Un 17% dos entrevistados declaran que o posto de traballo desempeñado estaba por debaixo da súa cualificación, mentres que o 82% indican

que o posto de traballo é razoablemente adecuado a súa preparación.

▪ Nos máis mozos o problema da sobrecualificación aumenta, e o 29% dos entrevistados declara estar sobrecualificado con respecto ó posto de

traballo desempeñado.

▪ A proximidade ós grandes núcleos de poboación implica que os traballadores teñan unha sobrecualificación por encima do posto de traballo

desempeñado.

www.redexiana2.eu

Mercado laboral

▪ 58% da poboación dos municipios que participaron no estudo encóntrase traballando, actualmente, mentres que o 26% é inactivo.

▪ Obsérvanse diferenzas significativas entre homes e mulleres respecto á taxa de ocupación. O 65% dos homes encóntrase traballando fronte ó

52% das mulleres. Sen embargo, estas diferenzas atenúanse entre a xente máis moza.

▪ Os homes que declaran que “nunca traballaron” representan o 3,81% da mostra mentres que nas mulleres esta porcentaxe ascende ó

11,37%.

▪ A actividade das mulleres aumenta cando residen en municipios próximos ós grandes núcleos urbanos da provincia de A Coruña.

▪ Respecto á distinción costa/interior, o “Arco Ártabro” destaca tanto en ocupación como en actividade, mentres que a “Costa da Morte” figura

coa ocupación máis baixa. Esta última zona ten no estrato de poboación de 30-44 anos a porcentaxe máis alta de xente disposta a traballar.

▪ Un de cada catro entrevistados conseguiu o seu emprego en base a “redes informais”, proporción que aumenta entre a poboación de 16-29

anos, onde un de cada tres empregos obtívose por este método.

▪ No emprego actual un de cada catro enquisados traballa como autónomo.

▪ O 42% dos ocupados ten contrato indefinido. Os traballadores con este tipo de contratos aumentan a medida que aumenta o tamaño dos

municipios.

▪ As mulleres máis mozas son o colectivo que maiores dificultades encontra para establecerse como autónomas.

www.redexiana2.eu

▪ As mulleres que están traballando teñen unha porcentaxe maior de contratos de tipo temporal que os homes.

▪ A proximidade ós grandes núcleos de poboación é decisiva para a maior estabilidade contractual.

▪ A porcentaxe de traballadores autónomos é menor a medida que o municipio está próximo ós grandes núcleos de poboación, y é mínimo no

“Árco Ártabro”.

▪ A porcentaxe de autoemprego entre os entrevistados é maior canto menor é o municipio de residencia.

▪ O salario neto mensual declarado polos entrevistados é de 1.048,44€ e diminúe a medida que nos afastamos dos principais núcleos de

poboación, excepto no grupo de idade de 45-64 anos.

▪ O salario neto mensual, distinguindo entre zonas de costa/interior, mostra os valores máis altos no “Arco Ártabro”.

▪ O salario promedio aumenta cos anos de escolarización.

▪ No salario por xénero existen diferenzas significativas por grupos de idade e anos de escolarización, aínda que convén sinalar que canto

menor é a idade do colectivo analizado estas diferenzas se reducen, pero non desaparecen.

▪ Os concellos máis pequenos teñen como principais actividades económicas a agricultura e silvicultura.

www.redexiana2.eu

Índices socioeconómicos

▪ A valoración socioeconómica dos concellos explicitouse nunha escala de 0 a 10. As puntuacións máis altas corresponden a: “Servizos

educativos” (5,9 sobre 10), “Pequeno comercio” (5,5) e “Servizos sociais, sanitarios e de asistencia” (5,4 sobre 10), sen embargo, o menos

valorado é a “Gran industria” (2,3), “Grandes establecementos de venda” (3) e “Pequena industria” (4).

▪ Os mozos expresan carencias especialmente en “Grandes establecementos de venda” e “Locais de ocio”.

▪ Os residentes nas localidades pequenas, o que peor valoran é a dispoñibilidade de recursos e servizos (3,5 sobre 10 fronte a 5,1 sobre 10).

Así mesmo, a valoración empeora a medida que o municipio está máis afastado das tres grandes urbes da Provincia de A Coruña.

▪ As localidades pequenas demandan, sobre todo, “Gran industria”, “Grandes establecementos de venda”, “Pequena industria” e “Vida cultural”.

▪ Valórase mellor o futuro persoal que o futuro da localidade de residencia do entrevistado (5,1 sobre 10 fronte a 4,1 sobre 10). Os mozos son

os máis optimistas en ambos ítems.

▪ Nos municipios máis grandes, a percepción sobre o futuro é máis optimista. Nestes, dous de cada tres persoas valoran ben o seu futuro

persoal, e un de cada dous puntúan ben o futuro da localidade.

▪ O envellecemento poboacional, a emigración xuvenil, a falta de emprego, o peche de empresas e a mala xestión administrativa local

apúntanse como as principais causas de pesimismo.

www.redexiana2.eu

Equipo investigador

Dirección

María Jesús Freire Seoane

Produción e informática

Carlos Pais Montes

Investigación

Rosa Martínez Isasi

Alejandro Mosquera López

Equipo coordinador

RedeXiana2