nadal en rede

9
1

Upload: others

Post on 16-Oct-2021

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nadal en Rede

1

Page 2: Nadal en Rede

2

Nadal en Rede Un ano máis, chega o Nadal. Un ano máis, celebrámolo en rede e de acordo coa programación propia de dinamización lingüística da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. No marco da segunda edición de Nadal en Rede, chegarán a novos concellos Lingua de reis e Cantámosche os reis, as actividades que tanto éxito tiveron o ano pasado; engadimos, para os cativos, a peza de teatro con monicreques O Crebanoces; reeditamos e distribuímos nos concellos da RDL 30000 exemplares da Carta ás Súas Maxestades e seguimos poñendo a disposición de Melchor, de Gaspar e de Baltasar discursos para dirixírense nas cabalgatas en galego á xente miúda da casa por medio do volume O libro dos Reis Magos; ofrecemos postais electrónicas divertidas para felicitar o Nadal na nosa lingua desde o espazo virtual www.postaisengalego.com e a guía Un novo Nadal. Guía de agasallos para a mocidade, promovida en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e especialmente dirixida á xente nova. Hai propostas abondas para que todos, grandes e pequenos, celebremos estas datas en galego. Que as gocedes!

Page 3: Nadal en Rede

3

Rede de Dinamización Lingüística A RDL é unha asociación voluntaria que busca congregar as entidades con competencia na promoción do uso da lingua galega no ámbito local, vinculada á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A RDL naceu en virtude da publicación no Diario Oficial de Galicia, o 21 de setembro de 2010, da Orde do 14 de setembro pola que se crea a RDL e actualmente pertencen a ela preto de 160 entidades. Os seus principais obxectivos son os de promover a coordinación das actuacións en materia de dinamización lingüística e de aumentar a efectividade das mesmas desde o ámbito local. A figura dunha rede perfílase actualmente como a fórmula máis axeitada para acometer estes fins, xa que, sen lle restar competencias a ningunha das administracións que interveñen, garante extensiva e intensivamente a intervención e optimiza os recursos dispoñibles asegurando uns niveis de eficiencia axeitados. Por todo isto, A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pretende apoiar e colaborar coas entidades locais de Galicia para acadar unha mellora nos servizos que prestan, así como potenciar o uso do galego por parte destas entidades e nas súas relacións coas persoas administradas.

Page 4: Nadal en Rede

4

Cantámosche

os reis

Calendario Decembro: Día 17, ás 12:00 h, en Zas, no Auditorio de Baio Día 21, ás 12:00 h, na Coruña, no Centro Ágora Día 22, ás 16:30 h, en Ribas de Sil, no Salón de Actos do Concello Día 22, ás 19:00 h, en Monforte de Lemos, na Biblioteca Municipal Día 23, ás 19:00 h, en Carnota, no Salón de Actos do Concello Día 27, ás 12:00 h, en Frades, no Edificio Multiúsos Día 28, ás 17:00 h, en Bóveda, no Centro Sociocultural Día 28, ás 19:00 h, na Pobra do Brollón, na Casa da Cultura Olga Novo Día 29, ás 16:30 h, en Forcarei, no Centro Social de Forcarei Día 29, ás 19:00 h, en Carballedo, no Salón de Actos do Concello, na Barrela Día 30, ás 12:00 h, en Pontecesures, no Centro Social Día 30, ás 16:30 h, na Lama, no Multiúsos da Lama Día 30, ás 18:00 h, en Sotomaior, no Multiúsos de Arcade Xaneiro: Día 2, ás 12:00 h, en Pontedeume, na Casa da Cultura Día 2, ás 18:00 h, en Fene, na Casa da Cultura Día 3, ás 12:00 h, en Ponteceso, na Fundación Eduardo Pondal Día 3, ás 17:00 h, en Dumbría, nas Instalacións do Conco Día 3, ás 19:00 h, en Cabana de Bergantiños, na Biblioteca María Baña Día 4, ás 11:00 h, en Maside, na Casa da Cultura Día 4, ás 17:00 h, en Toén, na Casa da Cultura de Moreiras Día 4, ás 19:00 h, en Celanova, na Sala da Lareira da Casa dos Poetas

O obradoiro Cantámosche os reis está dirixido a asociacións culturais e veciñais e mais a público en xeral. Os coñecidos músicos Pablo Díaz e Olga Kirk difundirán cancións en galego propias destas festas e animarán a todos os asistentes a recuperaren a tradición de interpretar nadais, aninovos e reis polas casas de cada localidade. Este ano, o obradoiro de cantos de Nadal visitará as localidades de Zas, A Coruña, Ribas de Sil, Monforte de Lemos, Carnota, Frades, Bóveda, A Pobra do Brollón, Forcarei, Carballedo, Pontecesures, A Lama, Soutomaior, Pontedeume, Fene, Ponteceso, Dumbría, Cabana de Bergantiños, Maside, Toén e Celanova. A actividade conta co apoio da Deputación da Coruña no caso das entidades desta provincia que se inclúen na itinerancia.

Page 5: Nadal en Rede

5

Lingua de Reis

As derradeiras semanas de clases do ano gardan unha sorpresa moi especial para o alumnado de infantil e de primeiro ciclo de primaria de 16 centros de ensino de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria radicados en localidades da RDL. Os cativos recibirán a visita das Súas Maxestades, que xa están chegando a Galicia para organizaren a entrega dos agasallos na noite máxica do 5 ao 6 de xaneiro. Melchor, Gaspar e Baltasar falarán o galego e faranlles saber aos nenos e nenas o moito que lles gusta a nosa lingua.

Calendario Decembro: Día 10, ás 10:00 h, no CEIP do Vicedo Día 10, ás 15:00 h, no CEIP A Pontenova Día 11, ás 10:00 h, no CEIP de Monterroso Día 11, ás 15:30 h, no CEIP Ricardo Gasset do Incio Día 13, ás 11:40 h, no CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto Día 13, ás 15:00 h, no CEIP de Palas de Rei Día 16, ás 10:30 h, no CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas Día 16, ás 15:00 h, no CEIP Eduardo Ávila Bustillo da Veiga Día 17, ás 10:00 h, no CEIP de Quins, en Melón. Día 17, ás 14:30 h, no CEIP Rogelio García Yáñez de Ramirás Día 18, ás 09:30 h, no CPI Alfonso VII de Caldas de Reis Día 18, ás 15:00 h, no CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo Día 19, ás 11:00 h, no CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” de Bande Día 19, ás 16:15 h, no CPI Virxe da Saleta de Cea Día 20, ás 09:30 h, no CPI Xanceda-Mesía de Mesía Día 20, ás 13:00 h, no CPI San Vicente da Baña

Page 6: Nadal en Rede

6

O Crebanoces

Calendario Decembro: Día 3, en Arteixo, no Auditorio Municipal, ás 19:00 h Día 5, en Santa Comba, no Edificio Multiúsos, ás 18:30 h Día 6, en Outes, na Casa da Cultura, ás 19:00 h Día 7, en Ourense, no Auditorio Municipal, ás 18:00 h Día 8, en Padrón, no Auditorio Municipal, ás 18:30 h Día 14, en Vilagarcía de Arousa, na Sala de Conferencias do Auditorio, ás 12:00 h Día 14, en Santiago de Compostela, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, ás 18:30 h Día 15, en Ribeira, no Auditorio Municipal, ás 12:00 h Día 22, en Sobrado, no Edificio de Usos Múltiples (Casa da Irmandade), ás 11:30 h Día 22, en Quiroga, no Auditorio Municipal, ás 19:00 h Día 23, na Laracha, na Casa da Cultura, ás 11:30 h Día 23, en Rois, no Edificio Multiúsos, ás 19:00 h Día 26, no Barco de Valdeorras, no Teatro Municipal Lauro Olmo, ás 20:00 h Día 29, en Vedra, no Centro Sociocultural, ás 11:30 h Día 29, en Cee, no Salón de Actos do Concello, ás 17:30 h Xaneiro: Día 2, en Abegondo, no Centro Social O Salón, ás 12:00 h Día 2, en Teo, no Centro Sociocultural da Ramallosa, ás 18:30 h Día 3, en Lousame, na Casa da Cultura Santeiros de Chave, ás 11:00 h Día 3, en Ames, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 h Día 4, en Noia, na Sociedade Liceo, ás 12:00 h Día 4, na Coruña, no Fórum Metropolitano, ás 19:00 h Día 5, en Ferrol, na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester, ás 12:30 h Día 7, en Fisterra, no Salón de Actos da Casa do Concello, ás 18:00 h Día 8, en Oroso, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa, ás 18:00 h

O Crebanoces é unha peza teatral

con monicreques inspirada no

coñecido conto de Nadal de

Hoffmann e acompañada pola

música de Tchaikovsky. Dirixida ao

público familiar, a novidade de

Nadal en Rede deste ano chega a

24 localidades de Galicia e co apoio

da Deputación da Coruña no caso

das entidades desta provincia que

se inclúen na itinerancia.

Page 7: Nadal en Rede

7

Postais en galego Un ano máis, podedes enviar por correo electrónico fermosas e divertidas postais en galego para felicitar o Nadal e o aninovo desde www.xunta.es/linguagalega/postais_en_galego.

Cartas ás Súas Maxestades de Oriente Moi contentos se poñen os Reis Magos cando os nenos e nenas galegos lles escriben na lingua propia de Galicia! Para facilitarlles este labor a todos os cativos, a RDL creou este modelo de carta que se enviou a todos os concellos pertencentes a esta entidade e que, desde o web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, se pon tamén ao dispor dos restantes municipios e de todos os nenos e nenas de Galicia en www.xunta.es/linguagalega/carta_maxestades.

Page 8: Nadal en Rede

8

O Libro dos Reis Magos Para que os Reis Magos, que chegan a Galicia cansos da súa viaxe e sen tempo para preparar unha alocución, poidan dirixirse aos nenos e nenas en galego, a RDL preparou este libro de fermosos discursos redactados por 25 escritoras que se poden ler tal cal ou adaptarse ao gusto de cadaquén. O Libro dos Reis Magos foi enviado a todos os concellos da RDL, e tamén se pode descargar, de balde, en www.xunta.es/linguagalega/arquivos/libro_Reis.pdf.

Guía de agasallos Outra das iniciativas da RDL para estas datas é o catálogo dixital de regalos

Un novo Nadal. Guía de agasallos para a mocidade, editado en colaboración

coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, no que se compilan discos,

libros, xoguetes, roupa, tecnoloxía ou produtos alimenticios, todos eles co

denominador común de usaren o galego nos seus contidos e/ou etiquetaxe. A

guía pódese descargar, tamén de balde,

en www.xunta.es/linguagalega/arquivos/guia_agasallos_2013.pdf.

Page 9: Nadal en Rede

9