marcha mundial das mulleres: participación en rede

80
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES Participación en Rede Tese de Master Master Master Master Master Internacional en Internacional en Internacional en Internacional en Tecnoloxías da Informac Tecnoloxías da Informac Tecnoloxías da Informac Tecnoloxías da Información e ión e ión e ión e Desenvolvemento Económico Desenvolvemento Económico Desenvolvemento Económico Desenvolvemento Económico Setembro de 2010 Alumna: Eliana Bouzas Collazo Eliana Bouzas Collazo Eliana Bouzas Collazo Eliana Bouzas Collazo Titora: Mariña Pose García Mariña Pose García Mariña Pose García Mariña Pose García

Upload: valgeli-bc

Post on 25-May-2015

271 views

Category:

Career


4 download

DESCRIPTION

A Era da Información ou Sociedade Postindustrial, ao igual que toda época anterior e/ou posterior da historia, ven especificada por unha serie de características que lle son propias e a definen. De todas estas, a información como ben de consumo que outorga poder e estatus a quen o pose convértese no elemento diferencial por antonomasia. O desenvolvemento desta nova “idade histórica” non sería posible sen o auxe das teconoloxías da información e a comunicación (TIC's), ferramentas que posibilitan a conexión e un acceso fácil e inmediato de millóns de persoas a unha gran cantidade e variedade de información, recursos e trámites en liña. Os Movementos Sociais, e como tal, o Movemento Feminista, non son alleos a esta nova realidade, trasladando as súas reivindicacións á rede coa finalidade, non só de informar, difundir e comunicar a súa mensaxe, senón tamén de establecer un diálogo bidireccional con outros colectivos e/ou persoas. Así pois, esta investigación céntrase nun grupo en concreto: a Marcha Mundial das Mulleres (MMM), colectivo do que serán analizados diversos espazos web co obxecto de determinar que estratexias segue de cara a ter un oco na rede e cal é a motivación que se agocha detrás destas. Asemade, outra das características do momento histórico actual é a rapidez coa que se suceden os cambios: o que hoxe é vangarda, mañá está obsoleto. Isto é algo inherente tanto a internet no seu conxunto como, e sobre todo, aos modos de estar na rede. En relación a isto último sinalar que, desde o 2010, ano de realización desta investigación, a MMM mudou a súa estratexia de estar e compartir online; creando, por un lado, espazos de opinión e debate dentro das súas propias webs e polo outro, participando activamente a través das redes sociais. De levarse a cabo hoxe este estudo, as dúas estratexias sinaladas serían o obxecto principal de análise do mesmo.

TRANSCRIPT

Page 1: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

Participación en Rede

Tese de Master

Master Master Master Master Internacional en Internacional en Internacional en Internacional en Tecnoloxías da InformacTecnoloxías da InformacTecnoloxías da InformacTecnoloxías da Información e ión e ión e ión e

Desenvolvemento EconómicoDesenvolvemento EconómicoDesenvolvemento EconómicoDesenvolvemento Económico

Setembro de 2010

Alumna: Eliana Bouzas CollazoEliana Bouzas CollazoEliana Bouzas CollazoEliana Bouzas Collazo

Titora: Mariña Pose GarcíaMariña Pose GarcíaMariña Pose GarcíaMariña Pose García

Page 2: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede
Page 3: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

- 1 -

ÍNDICE

RESUMO ............................................................................................................ 4

INTRODUCIÓN ................................................................................................. 6

FUNDAMENTACIÓN TEÓRICA ................................................................. 10

1.Marco Teórico........................................................................................... 10

1.1.Medios de Comunicación e Feminismo .............................................. 11

1.1.1.Dos Medios Convencionais a Internet......................................... 12

1.1.2.Tic E Cultura Feminista............................................................... 13

1.2.Redes de Mulleres e Internet ................................................................. 19

1.2.1.Orixes ..........................................................................................19

1.2.2. Beijing: Un Antes E Un Despois................................................ 21

1.2.3.Redes De Mulleres ...................................................................... 23

1.3. Marcha Mundial das Mulleres ............................................................ 26

1.3.1. Un Pouco De Historia................................................................. 27

1.3.2.Obxectivos................................................................................... 28

1.3.3.Valores.........................................................................................30

1.3.4.Estrutura ...................................................................................... 30

1.3.5.Encontros E Accións ................................................................... 31

1.3.6.Campos De Acción...................................................................... 34

1.3.7.A Marcha Mundial Das Mulleres En Galicia .............................. 36

2.Antecendentes............................................................................................ 38

METODOLOXÍA ............................................................................................. 42

1.Formulación Do Problema De Investigación.......................................... 42

2.Recompilación Bibliográfica.................................................................... 42

3.Definición Do Estudo De Investigación...................................................43

3.1.Análise De Contido ............................................................................. 43

3.2.Entrevista Estruturada ......................................................................... 45

4.Establecemento De Contactos.................................................................. 46

5. Redacción E Presentación....................................................................... 46

Page 4: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 2 -

ANÁLISE DE CONTIDO ............................................................................... 48

1. Análise Dos Espazos Web........................................................................ 48

1.1. Espazo Xeral ....................................................................................... 48

1.2. Espazo Local ...................................................................................... 55

1.3. Espazo Específico............................................................................... 58

2. Resultados................................................................................................. 61

CONSIDERACIÓNS FINAIS ......................................................................... 68

BIBLIOGRAFÍA .............................................................................................. 70

ANEXOS ........................................................................................................... 76

Page 5: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede
Page 6: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

- 4 -

RESUMO

Cada época histórica ten elementos de seu que a diferencian da anterior e da

posterior. Deste xeito, a actual, denominada Era da Información ou Sociedade

Postindustrial, ten como elemento diferencial a información, un ben de consumo que

outorga poder e estatus a quen o posee. Isto non sería posible sen o desenvolvemento

experimentado nos últimos anos por internet, unha ferramenta que posibilita que

millóns de persoas teñan acceso fácil e inmediato a unha cantidade extensa e diversa de

información en liña.

Os Movementos Sociais, e por ende o Movemento Feminista, non son alleos a

esta realidade, trasladando as súas reivindicacións á rede coa finalidade de informar,

difundir e comunicar a súa mensaxe. O modo en que o fan, varía duns grupos a outros.

Así, esta investigación céntrase nun grupo en concreto: a Marcha Mundial das Mulleres,

colectivo do que serán analizados diversos espazos web. O obxecto é determinar que

estratexias segue de cara a ter un oco na rede e cal é a motivación que se agocha detrás

destas.

Page 7: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede
Page 8: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

- 6 -

INTRODUCIÓN

Internet como axente de democratización é un concepto que está a espertar,

polas súas características, interese tanto entre os investigadores da Sociedade da

Información como entre aqueles que estudan os Movementos Sociais e o uso que estes

fan da rede.

Así, unha das características deinternet é a comunicación bidireccional (modelo

activo –creación de contidos- fronte ao pasivo –lector, oínte ou espectador-). Segundo

Javaloy, Espelt e Rodríguez (2001) este modelo de actor- protagonista, con iniciativa e

control sobre a súa vida, é coherente coas persoas que participan en movementos

colectivos e dirixen as súas accións cara a consecución, consciente e deliberada, de

obxectivos prefixados. Outra característica, é a súa horizontalidade, de persoa a persoa

fronte á comunicación vertical, xerarquizada, propia das institucións. O carácter non

institucional e alternativo da comunicación faina apta para ser empregada por un gran

número de usuarios que buscan expresar as súas opinións ao marxe dos grupos

dominantes. Deste xeito, a creatividade e propostas de cambio que expresan os

movementos sociais teñen unha boa oportunidade na rede. Esta, estase a converter

nunha comunidade virtual onde persoas e grupos de todo o mundo poden intercambiar

información, realizar debates e planificar as súas estratexias. (Javaloy, Espelt e

Rodríguez, 2001).

Falar de internet é falar da sociedade da información, do coñecemento cultural e

o intercambio de información entre calquera parte do planeta. Asemade, falar de

sociedade da información é falar de globalización, un proceso dinámico caracterizado

pola comunicación e interdependencia entre as distintas rexións do mundo, unificando

mercado, sociedades e culturas. O global determina, ou cando menos afecta o devir do

local. As novas tecnoloxías da comunicación están a mudar profundamente a relación

espazo-tempo e a reducir de xeito drástico o significado das distancias. Con todo, non

todos teñen o mesmo acceso ás tecnoloxías nin se benefician do mesmo modo: a

compresión espazo temporal facilita o movemento e a comunicación pero, do mesmo

xeito, pode deixar ao marxe a aqueles que non teñen acceso. A globalización é pois,

Page 9: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 7 -

“unha fonte desigual e por tanto de unicidade dos lugares, que canto máis se

mundializan máis únicos se volven”. Nembargantes, a rede non só posibilita a

globalización senón que conta cos instrumentos para a súa crítica, ao permitir unha

maior visibilidade da diferenza, tal como amosa o seu uso por parte dos movementos

anti-globalización. (Benach, 2006)

O global fronte ao local, dúas realidades distintas ou as dúas caras dunha mesma

moeda? Para Crang (1999) existen tres grandes interpretacións: o mundo como mosaico

ou a consideración dos lugares como pezas dun conxunto; o mundo como sistema; e o

mundo como rede. Nesta última interpretación, o local e o global non son contemplados

como escalas diferentes senón como dúas maneiras de achegarse ás mesmas redes

sociais e espaciais. Redes nas que o local é global e o global é local “glocalización”, o

local non é un mero contrapunto do global senón que é un aspecto fundamental da

globalización: o singular e o xeral, o homoxéneo e o diferente, non son senón maneiras

distintas de contemplar as mesmas realidades (Benach, 2006).

O movemento feminista non é alleo a todas estas cuestións e no seu seo

convivan dúas correntes principais e antagónicas, unha contraria ao uso das novas

tecnoloxías e a outra defensora do mesmo. Para as primeiras, as tecnófobas, a rede

reproduce valores masculinos e patriarcais e, polo tanto, é unha ferramenta máis de

sometemento das mulleres aos valores establecidos. Pola contra, as segundas, entenden

o espazo virtual como neutro, sen carga de xénero. Fronte a estas posturas estremas,

atópase o tecnofeminismo (Gil, 2004) que propón reforzar os mecanismos sociais

precisos para favorecer a inclusión total das mulleres no proceso, tanto de uso como de

xeración e programación da tecnoloxía.

Esta tendencia está en consonancia co acordado na IV Conferencia Mundial

sobre a Muller (Beijing, 1995): “debería potenciarse o papel da muller mellorando os

seus coñecementos teóricos e prácticos e o seu acceso á tecnoloxía da información (...).

A maioría das mulleres, sobre todo nos países en desenvolvemento, non teñen acceso

efectivo ás infopistas electrónicas (...) e, polo tanto, non poden crear redes que lles

ofrezan novas fontes de información. Así pois, é necesario que as mulleres interveñan

na adopción daquelas decisións que afectan ao desenvolvemento das novas tecnoloxías,

co obxecto de participar plenamente na súa expansión e no control da súa influencia”

(Obxectivo estratéxico J –a muller e os medios de difusión-).

Page 10: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 8 -

Internet permite ás mulleres comunicarse as unhas coas outras máis aló das

limitacións do espazo e a distancia física, ao tempo que lles posibilita contar con canles

para compartir e debater temas do seu interese ao marxe dos medios de comunicación

convencionais que ignoran, en boa medida, todo aquilo que afecta ao colectivo

feminino. Nembargantes, non beneficia a todas do mesmo xeito, xa que o acceso e o

coñecemento é limitado pero, cada vez son máis as mulleres de todo o mundo que se

conectan á rede. Esta realidade, segundo González e Barkle (2004), reforza as relacións

entre elas e é unha forma de solidariedade e un medio para o empoderamento e a

creación de comunidades virtuais.

Ao abeiro de todo o anterior, o interese desta investigación céntrase en observar

como as mulleres levan á internet os temas de seu, é dicir, cales son as súas tácticas para

facer oír a súa voz. É máis concretamente, o obxecto de estudo é a Marcha Mundial das

Mulleres, un movemento autónomo formado por grupos de mulleres, de sindicatos e de

movementos sociais sen lazos gobernamentais.

A historia da Marcha Mundial das Mulleres (MMM) está marcada “pola

dinámica reflexión-acción, construída do local ao internacional e viceversa” (MMM,

2008). Este movemento xorde a partir do éxito dunha acción local e a necesidade de

compartir esa experiencia con máis mulleres do mundo. A relación entre o global é o

local, entendidas non como escalas diferentes senón como dúas maneiras de achegarse

ás mesmas redes sociais e espaciais (Crang, 1999), está presente no devir do

movemento. Así, a acción global de 2005 (a diferenza do acontecido no ano 2000) foi

responsabilidade dos grupos nacionais e rexionais co obxecto de facelos máis fortes,

intensificar a solidariedade transfronteiriza e aumentar o contacto entre elas a nivel

global. Tal como sinala o propio movemento “sen os grupos que actúan a nivel local, a

Marcha perde a súa sustancia principal, que se alimenta pola acción deses mesmos

grupos. Pero os grupos non ocuparían o espazo internacional sen o papel de enlace que

proporciona a Marcha”. En resumo, o un non se entende sen o outro, ambas realidades

necesítanse e apóianse mutuamente.

A Marcha Mundial das Mulleres conxuga varios elementos que, desde o meu

punto de vista, a converten nun caso único de estudo de cara a explicar como os

movementos sociais en xeral, e o movemento feminista en particular, fan uso daRede.

Estes elementos son: a comunicación horizontal; a súa interpretación do local e o global

Page 11: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 9 -

como dúas realidades, non alleas senón en continua retroalimentación; e o traballo en

rede, entendida esta nunha dobre vertente: o traballo colaborativo e cooperativo entre os

grupos de mulleres (tecendo redes) e o uso de internet (da rede) para desenvolver e dar a

coñecer a súa loita contra a violencia e a pobreza que sofren as mulleres. Así, expresan

as súas inquedanzas e anhelos, ao tempo que establecen e manteñen lazos con distintos

grupos: adheridos á Marcha, outros grupos de mulleres e/ou outros movementos sociais

Deste xeito, o obxectivo central deste traballo é identificar cáles son as

estratexias da Marcha Mundial das Mulleres para construír espazos en Internet. A un

nivel máis específico, centrase na análise de espazos webs de seu para, por un lado,

observar o modo en que estas estratexias levan os seus intereses e inquedanzas ao

ciberespazo e polo outro, como facilitan a interacción e a comunicación entre os

distintos grupos adheridos ao movemento e da Marcha con movementos aliados. Todo

isto, coa finalidade de dar resposta a unha serie de interrogantes, tales como: cales son

as estratexias de ocupación da Rede que leva a cabo a MMM? Son estas coherentes cos

seus principios, valores e obxectivos? Podemos englobar á Marcha en algunha das

correntes do ciberfeminismo? Que significado ten a Rede para a MMM, é un obxectivo

en si mesma ou unha ferramenta da cal valerse para acadar os seus obxectivos?

Page 12: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

- 10 -

FUNDAMENTACIÓN TEÓRICA

1. MARCO TEÓRICO.

As activistas polos dereitos das mulleres recoñecen, desde fai tempo, o poder das

ferramentas e plataformas TIC para a mobilización, a redefinición da historia e a

construción do coñecemento.

A apropiación do espazo web por parte das mulleres e do movemento feminista,

non estivo exento de debates e dificultades. Así, nun primeiro momento as TIC, ao igual

que o resto das tecnoloxías e a ciencia, eran consideradas cousas de “homes”e

elementos que perpetuaban o modelo patriarcal e andocéntrico dominante (De Miguel e

Boix, 2002). Xunto a isto, os medios de comunicación convencionais ignoraban aqueles

temas de interese para as mulleres.

De cara a mudar a realidade, o movemento feminista optou por dúas vías de

traballo: negociar cos medios convencionais para que incluíran temas do interese das

mulleres, ao tempo que crear os seus propios medios de difusión. En moitos casos, estas

revistas feministas en papel foron os antecedentes das primeiras webs feministas. A

aparición das TIC permite ás mulleres (e demais movementos sociais) ser a un tempo

autoras, transmisoras e destinatarias da información, dando lugar a un novo espazo

reivindicativo que ofrece maiores posibilidades pero que non esta exento de perigos. O

principal risco é a fenda dixital, exclusión social de todas aquelas que non teñen acceso

ou coñecementos suficientes para empregar as TIC.

En pleno debate sobre muller e tecnoloxía e a aparición de diversas redes de

mulleres, tivo lugar a IV Conferencia Internacional sobre a Muller (Beijing, 1995),

acontecemento do que tiveron información e no que puideron participar as mulleres de

todo o mundo a través da Rede, xa que a prensa, radio e televisión non se fixeron eco da

mesma. Beijing converteuse, deste modo, no acontecemento que plasmou a necesidade

das mulleres de crear espazos, onde atoparse a si mesmas e construír unha identidade

feminina coherente coa Sociedade da Información e fóra da influencia patriarcal

(Larrondo, 2005).

Page 13: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 11 -

As TIC serviron e serven para difundir información, buscar apoios e amplificar a

presión para o cambio. As novas aplicacións baseadas na web permiten aos usuarios

publicar contidos, controlar os seus propios datos e crear comunidades dixitais; todo isto

facilita cambiar a dinámica de poder entre quen crea a información, quen a emprega e

quen se apropia dela.

Conscientes das vantaxes do uso das Novas Tecnoloxías para a creación de

redes: rapidez na comunicación, dispoñibilidade de información e acceso ao

coñecemento, cada vez máis mulleres se apropian e fan seu o espazo virtual, pero lonxe

de argumentacións idealistas que consideran a rede “un lugar liberador de carga de

xénero” (Reverter, 2007). Este é o caso da Marcha Mundial das Mulleres (MMM), un

movemento de mulleres a escala global que xurdiu dunha acción local. O uso das TIC

estivo presente desde a súa orixe, de feito foi dada a coñecer a través dunha rolda de

prensa na que participaron vía web, mulleres desde tres cidades diferentes.Con todo, a

consideración e emprego que as redes de féminas fan das TIC varía dunhas a outras. Así

por exemplo, para a MMM é unha ferramenta de comunicación e información pero

saben da existencia dunha fenda dixital de xénero, polo que o seu uso non é extensible a

todas as mulleres que participan no Movemento. Pola contra, o PARM de APC

argumenta que as TIC son importantes para transformar as relacións de xénero.

Independentemente desta cuestión, si algo teñen en común este tipo de redes é a loita

pola defensa dos dereitos das mulleres. Loita, que na Sociedade da Información pasa

por empregar os novos medios no debate arredor dos temas clásicos (violencia, pobreza,

exclusión social, dereitos reprodutivos...); crear espazos por e para as mulleres, xa que

as TIC non só son ferramentas senón tamén cultura, modos de transmisión e de estar; e

capacitalas en TIC (acceso, creación e difusión de contidos) para que, unha vez máis

non queden excluídas do coñecemento e, polo tanto, do poder e da toma de decisións.

1.1. MEDIOS DE COMUNICACIÓN E FEMINISMO

Os medios de comunicación, ademais de transmitir información, contribúen a

crear modos de pensar e interpretar a vida. Segundo Larrondo (2005), “representan un

dos eixos fundamentais de produción cultural e dispoñen, por esa razón, de poder para

construír identidades femininas”.

Page 14: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 12 -

Nas últimas décadas, as mulleres están acadando maior protagonismo na

sociedade, protagonismo que non sempre é reflectido polos medios de comunicación.

Así, numerosos estudos, tales como “Estudio longitudinal de la presencia de la mujer en

los medios de comunicación de prensa escrita” (Bueno Abad 1996) ou “Representación

de Género en los Informativos de Radio y Televisión” (López Díez, 2002)1, amosan a

permanencia de enfoques informativos nos que prevalecen o modelo patriarcal e

androcéntrico, ao tempo que continúan a transmitir estereotipos de xénero e

invisibilizando á muller. Debido a isto, os medios son obxecto de crítica do movemento

feminista, que ve a necesidade de seguir dúas liñas de actuación ao respecto: por un

lado, negociar cos medios de comunicación convencionais de cara a aproveitalos para

difundir informacións de interese para o público feminino, habitualmente ignorado nas

axendas dos mesmos; e polo outro, a posta en marcha de vías de expresión propias,

lonxe do influxo mediático dos grandes medios. Todo isto co fin, non só de dar a

coñecer o movemento feminista senón tamén de cara a sensibilizar á poboación sobre

temas que afectan ás mulleres. Deste xeito xurdiron (e seguen a xurdir) espazos de

comunicación alternativos que funcionan como canle para a difusión do seu ideario,

fundamentado na defensa da muller, os seus dereitos e o seu recoñecemento.

1.1.1. Dos Medios Convencionais A Internet

En España, as primeiras publicacións de carácter feminista (Feminal, El

Pensamiento Feminino...) son publicadas a principios do século pasado. Con todo, non é

ata a década dos setenta do S.XX cando este tipo de publicacións adquire relevancia.

Nesta época, cómpre salientar a revista Vindicación Feminista, publicación fundada en

Barcelona polo Colectivo Feminista e que no seu primeiro número (1976 e unha tirada

de 35.000 exemplares) declaraba que nacía para “cubrir o baleiro dos medios

informativos adicados á muller”. Outros exemplos da mesma época son Opción e

Mulleres Democráticas.

Na década dos 80, saen á rúa publicacións como Tribuna Feminista, La Mujer

Feminista, Desde el Feminismo ou Mujeres Libertarias, editadas por grupos de mulleres

feministas. Todas elas tiñan en común a súa orientación non comercial e baixa tirada.

1 Mencionado por Larrondo Ureta no artigo “La Red al servicio de las mujeres: aproximación a la relación mujer y medios de comunicación en Internet”, 2005

Page 15: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 13 -

Na década dos 90, coa irrupción en escena das Novas Tecnoloxías da

Comunicación, o panorama mudou significativamente, xa que o ciberespazo propiciou a

creación de modelos de difusión menos dependentes dos medios tradicionais. Asemade,

o espazo virtual de Internet pon ao alcance do movemento feminista unha ferramenta

que posibilita que as mulleres poidan ser autoras, transmisoras e destinatarias de

información. O abaratamento e internacionalización da comunicación en rede facilita

que grupos de mulleres de todo o mundo interactúen de cara a formulación de

estratexias de cohesión e/ou intercambio de experiencias e apoios nos espazos

comunicativos virtuais. Por todo isto, parece razoable afirmar que o colectivo feminino

atopa na nova plataforma dixital un escenario reivindicativo sen igual, no que poder

acceder a contidos coherentes cos seus intereses e necesidades informativas. (Larrondo,

2005). Tal como indica Boix (2001), a primeira fase da presenza de moitas webs

feministas xorde ao mudar as revistas tradicionais, o papel polo formato electrónico.

Este adquire vida propia e, en moitos casos, acaba desbancando ao papel porque o

último ten máis custes de edición, resulta máis complexo modificar contidos e formato,

a súa dinámica é menos interactiva e a súa distribución máis lenta. Algúns exemplos

poden ser a revista Il Paese delle donne (Roma) ou Creatividade Feminista (México),

unha das web feminista de maior prestixio en español.

Tamén a radio e a televisión teñen o seu espazo a través da rede, tal como é o

caso de FIRE en Costa Rica, a primeira radio feminista que emite a través de internet

(desde 1998) ou o grupo Penélopes que en 1999 comeza a emisión dun programa de

televisión dixital ao que se accede a través da súa web.

Deste xeito, en opinión de Larrondo (2005), internet converteuse nun medio

comunicativo que ofrece novas posibilidades para o feminismo que, a súa vez, se

enfronta a novos retos derivados da conxunción de comunicación e tecnoloxía dixital e

que trae consigo a necesidade de construír unha identidade feminina coherente cos

parámetros da Sociedade da Información.

1.1.2. Tic E Cultura Feminista

Falar de novas tecnoloxías e dos seus usuarios, tradicionalmente, era falar en

masculino, xa que a historia da tecnoloxía estivo desde sempre vinculada aos homes.

Dito así, podería pensarse que as mulleres contribuíron pouco ao progreso científico

Page 16: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 14 -

pero, o que aconteceu foi que os seus logros científicos e tecnolóxicos foron ignorados

e/ou deixados a un lado co fin de fortalecer e exaltar o discurso masculino dominante.

Boa proba disto é, por exemplo, o descoñecemento das aportacións de Ada Lovelace,

primeira programadora de máquinas, Grace Murray Hopper (COBOL32) ou as mulleres

do ENIAC33 (Piñeiro Otero, 2009).

A esta realidade, debemos engadir, tal como sinalan De Miguel e Boix (2002)

que a informática, a rede, non son só actividades que requiran unhas determinadas

habilidades matemáticas e técnicas senón que tamén son cultura, é dicir, un conxunto de

normas de comportamento, crenzas e actitudes non sempre explícitas. Parte desta

cultura son os videoxogos e a pornografía; onde a violencia, os corpos femininos

fortemente sexualizados, a submisión da muller fronte ao home e outros contidos

asociados a masculinidade ou misóxinos e sexistas fomentan un maior acceso dos

homes ao mundo virtual, ao tempo que propicia o rexeitamento por parte das mulleres.

Os condicionantes sinalados están detrás da fenda dixital de xénero. Esta

engloba as dificultades de acceso ás novas tecnoloxías que teñen as mulleres en

comparación cos homes. Así pois, o xénero, xunto a outras características individuais

como a idade, o nivel de estudos ou a situación laboral, pode converterse nun factor

máis de exclusión social. Ao facer unha análise da situación da incorporación ás TIC,

desde unha perspectiva de xénero, cómpre diferenciar a existencia de varias fendas

dixitais de carácter e alcance diferente, tal como recolle o “Informe Anual sobre el

desarrollo de la sociedad de la información en España” (Fundación Orange, 2009).

A primeira prodúcese no momento do acceso ás TIC e marca a diferencia entre

quen as empregou nalgunha ocasión e quen nunca o fixo. Tendo en conta as

características da poboación que accedeu a Internet algunha vez, a idade, o nivel

formativo, a situación laboral e o xénero, obsérvase unha relación coa masculinización e

feminización relativa a determinadas disciplinas académicas e as diferenzas en contidos

e intensidades tecnolóxicas que presentan. Así, esta problemática relacionase con feitos

como o estancamento e/ou redución da porcentaxe de mulleres que estudan carreiras

tecnolóxicas ou coa escasa proporción de mulleres que traballan como profesionais da

informática.

Con respecto á segunda fenda dixital de xénero, cómpre destacar o seu carácter

fundamentalmente cualitativo, marcado polas diferenzas en habilidades tecnolóxicas

Page 17: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 15 -

(que se sabe facer), na intensidade (canto se fai) e o tipo de uso (que se fai). Este feito

afecta de xeito especial a quen xa está incorporado a estas tecnoloxías. Supón a barreira

máis importante de cara á inclusión das mulleres en internet e o aproveitamento do seu

potencial, en termos de capital humano e social ao facer un uso menor das TIC.

En relación á terceira, é dicir, a aquela que ten que ver cos usos avanzados

(aplicacións de internet máis innovadoras), obsérvase que os homes tenden a facer un

maior uso da rede con fins de consumo e lúdicos, nos que hai unha maior presenza de

produtos tecnolóxicos. Pola contra, as mulleres presentan unha tendencia maior a optar

por servizos cun maior contido práctico e social.

Con todo, o devandito estudo tamén sinala a crecente presenza da muller no

mundo internauta, ata o punto de que en países como Alemaña, Italia ou Xapón, a

maioría de usuarios son mulleres. Pola contra, en países nos que a muller atopa maiores

barreiras, internet é unha tecnoloxía maioritariamente masculina. Así na India, só o 20%

das internautas son mulleres e en Oriente Medio non acadan nin o 10% da poboación

internauta. En España, segundo datos do INE (2009), as mulleres representan o 47,4 %

dos internautas fronte ao 52,6 % dos homes. No caso galego, segundo datos do

Observatorio Galego da Sociedade da Información (2008), o 45,1% dos internautas son

mulleres fronte ao 56,8% dos homes.

As novas tecnoloxías da información fixeron posible superar todo tipo de

barreiras de comunicación ao tempo que posibilitaron a realización de moitos avances

sociais, tales como: achegar a información a sitios illados, o teletraballo, unha xestión

distinta da vida en xeral (e-administración, e-banca, e-learning...). Todo isto prometía

ser fonte de igualdade, individualismo, emancipación e progreso. En troques, segundo

Mayte Bodeque (2008), ao igual que foi positivo, a sociedade da información e as novas

tecnoloxías trouxeron consigo novas formas de discriminación e exclusión social que fai

que o acceso e o uso, tal como vimos anteriormente, sexa diferente tanto a nivel global

(diferenzas entre países, entre o Norte e o Sur) como dentro das propias sociedades

(sexo, idade, nivel de estudos, ocupación, ingresos...).

A popularización de novas tecnoloxías levou parello unha reflexión sobre as

repercusións do tecnolóxico na subxectividade contemporánea (Wajcman, 2006) e a

cultura feminista non é allea á mesma. Segundo Clúa (2006), se o feminismo da

segunda onda (anos 70) mantivo con frecuencia posturas contrarias á tecnoloxía, por

Page 18: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 16 -

considerala unha ferramenta máis do patriarcado para controlar a natureza das mulleres;

estas, ante o determinismo tecnolóxico, empregaron como estratexia política a

reivindicación do especificamente feminino (valores anti-tecnolóxicos). En

contraposición ás posturas tecnófobas, o ciberfeminismo defende que as redes dixitais

son un espazo efectivo de cambio, no que os valores lineais, xerárquicos e patriarcais

son substituídos pola horizontalidade e a comunidade. O ciberfeminismo, en palabras de

Wajcman (2006), repensa o virtual como un ámbito que, aínda que tecnolóxico, non

posúe as súas características tradicionais: fronte ao control, o imprevisible e o fluxo das

identidades, de xeito que as posicións de identidade fixas e duais nas que se fundamenta

o pensamento occidental desartéllanse.

En termos semellantes exprésase Larrondo (2005), para quen os cambios

operados pola chamada “revolución tecnolóxica”, permitiron ao feminismo a

posibilidade de innovar accións anteriores e transformar o debate en torno á relación

muller-tecnoloxía. O ámbito técnico e científico xa non é exclusivo do sexo masculino e

as mulleres comezan a ver as vantaxes que reporta o seu uso. Deste modo, o

desenvolvemento das TIC e a súa relación coa causa feminista da lugar a unha nova

representación da muller, a partir do uso das redes como internet. Tendo en conta este

enfoque, o feminismo pretende lexitimar e instaurar políticas de inclusión a través do

nexo de imaxes, palabras e expresións de diversa natureza. Dito todo o anterior, a

mesma autora considera o ciberfeminismo como “reflexo dos novos horizontes que

teoría e praxe feministas vense inducidas a concibir en resposta das demandas da nova

tecnocultura”.

Tanto para Barranquero (2003) como Larrondo (2005), o termo

“ciberfeminismo” ten tres usos básicos: uso dos ordenadores e as novas tecnoloxías para

propagar a causa feminista; rama da crítica feminista que intenta desenmascarar os

presupostos patriarcais que hai detrás dos computadores e a rede, intentando que o

ciberespazo sexa un lugar de comunicación e intercambio simbólico máis equilibrado e,

por último, creación de cibercomunidades e zonas autónomas onde as mulleres poidan

atoparse a si mesmas e reconstruír a súa identidade fóra da influencia da mentalidade

patriarcal.

Foi a británica Sadie Plant quen inaugurou o movemento ao referenciar a palabra

“ciberfeminismo” en 1995, argumentando a necesidade de abrir un espazo “o

Page 19: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 17 -

ciberespazo”, onde os humanos en conexión coa tecnoloxía da información, encontrasen

novos modos de construír o suxeito e a identidade humana.

En setembro de 1997 tivo lugar o Primeiro Encontro Internacional

Ciberfeminista en Kassel (Alemaña). O debate centrouse en definir que era o

ciberfeminismo, que aportaba e cales eran os seus obxectivos na nova era global

informativa e tecnolóxica.

Aínda que intentaron fixar algúns límites e apuntar métodos e obxectivos, o

movemento segue sendo unha corrente híbrida de traballo, reflexión e análise sobre

tecnoloxías da información e xénero. Non cabe un proxecto único nin un espazo onde

poidan converxer as diferentes posicións, senón que se aposta polo intercambio, a

interdisciplinariedade e a heteroxeneidade de discursos. Así, o movemento sería un

novo modo de activismo feminista que emprega como canle e ten como obxecto de

análise os novos medios de comunicación tecnolóxicos e a súa relación coa construción

do xénero e os discursos. (Barranquero, 2003).

Para este mesmo autor, os trazos que definirían este movemento serían os

seguintes:

♦♦♦♦ Disparidade de propostas: estas van desde o extremismo máis radical ata

propostas máis moderadas e integradas.

♦♦♦♦ Aposta polo tecnolóxico: a primeira ruptura do ciberfeminismo co movemento

feminista tradicional estivo motivada polo seu rexeitamento a un activismo

feminista antitecnolóxico, que pensaba a tecnoloxía dentro dun discurso

patriarcal e por iso debía ser descartada. Para o ciberfeminismo, a tecnoloxía é

máis que un medio para a difusión de ideas, é unha das canles máis importantes

para a propagación do feminismo.

♦♦♦♦ Aínda que algunhas correntes defenden que internet conseguirá anular as

xerarquías a través do intercambio libre de información, maioritariamente crese

que a rede inscríbese nun marco económico, político e social predeterminado que

inflúe e é influenciada pola mesma.

♦♦♦♦ Crítica da hexemonía masculina: relacionada esta, entre outras, coa orixe militar

da rede e co seu valor actual, fundamentalmente económico, en circuítos de

Page 20: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 18 -

mercado onde a muller non é vista tanto como suxeito consumidor da mesma

senón como produto.

Retomando o tema da disparidade de propostas, Reverter (2001) diferencia dúas

grandes posturas: a netopía e a distopía. A primeira delas engloba as “posturas de

dinamización e avance”, defendidas por un ciberfeminismo liberal cuxos

posicionamentos utópicos entenden o espazo virtual como un ideal liberador de

polaridade de xénero, como abandeirado da igualdade e o pluralismo. Pola contra, a

segunda da acubillo a “posturas de resistencia e defensa” que denuncian a escasa

representatividade feminina no ciberespazo, así como a escaseza de modelos

tecnolóxicos femininos no mundo cibernético. Nesta última inxírese o “ciberfeminismo

radical”, corrente que entende que a cibercultura non só non cambiou os estereotipos de

xénero, senón que acentuou a discriminación e a opresión da muller.

Continuando con este debate, Núñez (2007) alude aos posicionamentos utópicos

e fronte a estes, ou mellor complementándoos, sinala o tecnofeminismo que, segundo

feministas como Wacjman, sería a solución óptima ás barreiras de acceso das mulleres á

xestión das novas formas de tecnoloxía. Deste modo, o tecnofeminismo sitúa ao

ciberfeminismo nunha realidade social que dificulta o acceso ás Novas Tecnoloxías, por

parte das mulleres, e propón reforzar os mecanismos sociais precisos para propiciar a

inclusión plena das mulleres no proceso non só de uso, senón tamén de xeración ou

programación da tecnoloxía. Isto evitaría a fenda dixital e recuperaría para a muller un

terreo que desde sempre se asociou ao home (Wajcman, 2006).

Para Clúa (2006), o tecnofeminismo proposto por Wajcman é un novo enfoque

das relacións de xénero e tecnoloxía. A súa característica fundamental é a “análise

responsable da tecnoloxía, fuxindo tanto da tecnofobia como do optimismo desmedido”.

En España (Núñez, 2007) o tecnofeminismo foi reformulado por Boix co nome

de ciberfeminismo social. Este faise eco non só das preocupacións e debates sobre as

novas construcións de identidade na rede, senón tamén de explorar unha aproximación á

praxe feminista desde a inclusión das mulleres no ámbito, tradicionalmente masculino,

de programación e creación de redes.

Tal como sinalaba Barranquero (2003), o ciberfeminismo carece dun corpus

teórico preciso e ben delimitado. Isto non é impedimento para falar de prácticas

discursivas igualitarias que conectan e difiren de feminismos precedentes. Neste senso,

Page 21: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 19 -

o actual uso de internet da lugar a novos espazos de acción e reinterpretacións da teoría

feminista tradicional, que nin abandona os modelos anteriores nin os temas clásicos do

movemento de mulleres.

En relación ao ciberactivismo, este produce linguaxes e imaxes renovadas que

tratan de mellorar a condición da muller e desafiar a idea de suxeito tecnofóbico co

obxecto de acadar un maior acercamento do colectivo feminino a internet e promover o

seu uso efectivo. Así pois, o ciberfeminismo (e máis concretamente o tecnofeminismo

ou ciberfeminismo social) sumase á transformación tecnolóxica que vive a sociedade

actual, impulsando a representación feminina na contorna virtual. Con este obxecto, son

buscados novas canles de comunicación, ata o de agora descoñecidas, novos medios que

posibiliten a loita feminista no escenario virtual (Larrondo, 2005).

1.2. REDES DE MULLERES E INTERNET

O feminismo non é alleo á Era da Sociedade da Información e aínda que nun

principio amosou as súas reticencias cara as TIC, agora a tendencia maioritaria é

empregar a rede para difundir as súas ideas, valores e accións.

1.2.1. Orixes

Na década dos 70 e 80 xurdiron diversas redes internacionais de mulleres que

facilitaron o coñecemento mutuo, o intercambio de ideas e experiencias desde diferentes

realidades económicas, culturais e sociais. A isto hai que engadir a celebración de

diversas conferencias temáticas, auspiciadas por organismos internacionais como

Nacións Unidas, as cales permitiron ás mulleres participantes intercambiar enderezos e

teléfonos. Segundo Monserrat Boix (2001) estes feitos demostraron a importancia da

creación de redes aínda que o proceso de comunicación e contacto fora complexo, lento

e a miúdo elitista.

A principios dos 90, aparecen as novas tecnoloxías da comunicación. O correo

electrónico e internet pronto foron vistas e empregadas para o desenvolvemento e a

defensa dos dereitos das mulleres. A experiencia e o activismo na mobilización de

grupos de mulleres no uso destas ferramentas permitiron que, anos despois, xurdiran

Page 22: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 20 -

proxectos alternativos, claves na consolidación da presenza e loita das mulleres e do

feminismo en Internet.

Foi neses anos, cando algunhas organizacións sociais comezaron a estudar as

posibilidades das TIC na democratización da comunicación e empregaban o correo

electrónico e os grupos de novas para debater estratexias e coordinarse. Os servidores

alternativos de referencia foron IGC en EEUU e GreenNet no Reino Unido, xermolo de

APC (Asociación para o Progreso das Comunicacións), unha das principais redes

mundiais da sociedade civil na Rede.

Un dos programas desta asociación sen ánimo de lucro é o PARM (Programa de

Apoio Rede de Mulleres). Este comeza a súa andaina en 1993 en resposta ás

necesidades e demandas das mulleres. A IV Conferencia Mundial sobre a Muller e o

rápido desenvolvemento das tecnoloxías das comunicacións internacionais, foron os

factores que desencadearon a súa posta en marcha.

O desenvolvemento das TIC e o intercambio de información, propiciaron que ás

organizacións de mulleres de todo o mundo tiveran a posibilidade de ampliar o alcance

e o impacto do seu traballo de cara a fortalecer a súa capacidade de rede. Internet oferta

de xeito máis barato e eficiente a comunicación e o intercambio de información.

Asemade, as mulleres están vinculando as súas redes informáticas con sistemas de

comunicación autóctonas e non electrónicas (boletíns de novas, radio, teatro, educación

popular...) co obxecto de que aquelas mulleres e/ou territorios desconectados teñan

acceso á información e non queden excluídas/os da sociedade da información e das

novas oportunidades e desafíos que reporta (Boix, 2001).

Con todo, debido a cantidade de información electrónica, cómpre, segundo a

PARM, que as mulleres aprendan e obteñan as ferramentas axeitadas para acceder e

xestionar as mesmas e participen no intercambio electrónico de información, algo que

non está a acontecer. De aí a importancia de iniciativas como a de APC que traballan en

prol do achegamento das mulleres ás TIC: garantes no acceso local, participación nas

xuntanzas de política nacional sobre as TIC, desenvolvemento dos servizos de

información, reenvío, capacitación en xénero, prestación de recomendacións sobre o

deseño e implementación de tecnoloxías de información e comunicación...

A finais de 1995 ten lugar en Barcelona, o Foro Internacional “Las periodistas,

el Mediterráneo y el Futuro” organizado por Dones Periodistas de Catalunya. Deste

Page 23: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 21 -

acontecemento douse cumprida conta a través de internet no que se pode considerar

unha experiencia piloto.

O ano 1996 (Monserrat Boix, 2001) é importante para o desenvolvemento de

grupos de redes electrónicas de mulleres en diferentes países. En Italia, o Centro de

Documentación da Muller e a Asociación de Mulleres Orlando de Bolonia inauguran un

servidor xestionado por mulleres e con contido de xénero. Dito servidor “Server Donne”

ten unha dobre finalidade: dar acceso á rede a grupos de mulleres, asociacións e

mulleres a título individual e crear un espazo de internet onde as boloñesas poidan

conectarse de balde. Tamén en Italia destacou Info@Perla, unha revista de reflexión

sobre as novas tecnoloxías e xénero que dou orixe a creación do grupo Medea,

especializado na investigación da telemática relacionada con escenarios presentes e

futuros da sociedade dixital.

Ese mesmo ano pero en Francia aparece a rede Penélopes, que non só difunde o

acceso á información senón tamén a súa producción a través de redes propias de

mulleres para acadar un movemento de resistencia maior. Pola súa parte, en América

Latina son introducidos diferentes textos de feminismo e xénero co apoio dos servidores

alternativos de APC na rexión: Neta, en México ou Ecuanex en Ecuador, por citar só

dous exemplos.

En 1997 póñense en práctica os programas de subvencións de organizacións e

institucións de apoio as Novas Tecnoloxías. Así, en Canadá, o goberno de Québec

subvenciona un Fondo de Autopistas de Información cuxa finalidade era a formación de

mulleres na investigación sobre o impacto das novas tecnoloxías e o xénero.

Outros proxectos a destacar son Womenspace e a Marcha Mundial das Mulleres.

O primeiro tivo as súas orixes en 1995 e foi un espazo (inglés e francés) para a reflexión

sobre o papel das mulleres en internet. Con respecto ao segundo, haberá tempo de

profundar nel, máis adiante, por ser o obxecto deste estudo.

1.2.2. Beijing: Un Antes E Un Despois

Se en algo coinciden as distintas fontes consultadas é en considerar a IV

Conferencia Mundial sobre a Muller, celebrada en Beijing (China, 1995), o punto de

inflexión no deseño de estratexias políticas do uso das novas tecnoloxías por parte das

mulleres.

Page 24: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 22 -

Os medios de comunicación e prensa tradicionais ignoraron ou, no mellor dos

casos, pasaron por alto informar sobre a IV Conferencia Mundial sobre a Muller. As

súas temáticas, discusións e debates non eran do interese dos informativos da radio e a

televisión; tampouco ocupaban un espazo destacado nos xornais. Boa parte do que

acontecía en Beijing era comunicado ao mundo a través de canles alternativos,

especialmente a través da comunicación electrónica. O Programa de Apoio a Redes de

Mulleres (PARM- APC) preparou un centro de comunicación que rexistrou centos de

visitas diarias, mantendo aberta a comunicación entre as mulleres que asistían á

Conferencia e as que permanecían nos países de orixe. Este, ao entender de Boix (2001)

e Rostagnol (2003) “foi o gran fito para a consolidación das redes de mulleres da man

das TICs”, xa que internet foi a única ferramenta que lles permitiu estar informadas

sobre o que sucedía, ao tempo que participar a distancia nos debates que se estaban a

desenvolver.

Levar a cabo o dobre xogo de obter información e de diseminar a propia supón a

base do diálogo propio das redes. Estes intercambios que permiten compartir

preocupacións, experiencias e ilusións son, para Rostagnol (2003), “os que posibilitan o

desenvolvemento de comunidades solidarias, a partires das cales as organizacións

avanzan cara logros sucesivos no camiño da construción dunha cidadanía plena”.

Outra das razóns, polas que a Conferencia de Beijing supuxo un punto de

inflexión, foi porque sentou as bases para o desenvolvemento futuro das políticas

encamiñadas ao acceso e uso das TIC polas mulleres e a visibilidade destas por parte

dos medios. Neste senso, é importante facer mención ao obxectivo estratéxico J “A

muller e os medios de difusión”. Nel recóllese a necesidade de “aumentar o acceso da

muller e a súa participación na expresión das súas ideas e a adopción de decisións nos

medios de difusión e por conduto deles, así como nas novas tecnoloxías da

comunicación (J.1)”; “fomentar unha imaxe equilibrada e non estereotipada da muller

nos medios de difusión (J.2)”. Deste obxectivo estratéxico despréndese; por un lado, a

necesidade de facilitar o acceso das mulleres as TIC, ao tempo que dispoñan de

suficiente poder adquisitivo para poder sufragar o seu uso, habilidades técnicas para

manexar as ferramentas, capacidade intelectual para filtrar e avaliar a información,

motivación para a busca de información e habilidade para aplicala a súa realidade. Polo

outro, fai fincapé en que os medios deben promover unha imaxe non estereotipada das

Page 25: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 23 -

mulleres e non ignorar sistematicamente información do seu interese. Todo isto é

importante de cara a que estas non rexeiten as TIC por consideralas un espazo sexista e

que vulnera a súa identidade como persoas e como mulleres.

1.2.3. Redes De Mulleres

Nas últimas décadas, os movementos sociais en xeral e os movementos

feministas en particular, relaciónanse, cada vez máis a través de distintas agrupacións en

rede. Estas redes nacen da unión de organizacións xa existentes, entre individuos ou de

organización e grupos. Segundo Rostagnol (2003), na maioría dos casos, as redes son

formacións de estrutura diluída pero con núcleos consistentes. Neste escenario, as TICs

son un instrumento axeitado tanto para a formación como para a consolidación das

redes; permiten rapidez na comunicación, dispoñibilidade de información e acceso ao

coñecemento.

Son moitas as redes de mulleres. Non é obxecto deste traballo facer unha

descrición de todas elas pero si resulta de interese mencionar a algunhas delas2: Dawn,

un movemento anterior ao boom das Novas Tecnoloxías que soubo facer uso delas

cando apareceron, PARM que centra o seu labor na capacitación TIC como arma para o

empoderamento das mulleres, Alainet Mujer que defende o dereito das mulleres á

comunicación e á formación de redes e por último, Mujeres en Red e E-mujeres, dúas

Redes a nivel nacional.

Development Alternatives with Women for a New Era (DAWN).

Esta organización ten a súa orixe en Bangalore, India en 1984 na antesala do

Cumio Internacional que sinala o Decenio das Nacións Unidas para o Adianto da

Muller. Nese momento, un grupo de mulleres comprometidas, de diferentes

países, xuntáronse para compartir as súas experiencias en relación a estratexias

de desenvolvemento, política e investigación. Cuestionaron o impacto do

desenvolvemento nas persoas pobres, especialmente nas mulleres e expresaron a

urxente necesidade de apostar pola implementación de procesos alternativos que

cubriran as necesidades básicas para a supervivencia da maioría da poboación

2 A información relativa ás redes que se mencionan está extraida das súas respectivas webs. Consultar bibliografía ao respecto.

Page 26: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 24 -

mundial. Co tempo, transformouse nunha rede de intelectuais feministas,

investigadoras e activistas do Sur que conta cun foro para feministas que se

dediquen á investigación, análise e promoción de temas de carácter global

(economía, sociedade e política) que afectan aos medios e nivel de vida e aos

dereitos e as perspectivas de desenvolvemento das mulleres (especialmente das

pobres e marxinadas das rexións do Sur). O seu obxectivo é apoiar a

mobilización das mulleres na sociedade civil para loitar contra as desigualdades

a nivel mundial, nacional e rexional ao tempo que promover alternativas

feministas.

Entre as súas actividades inclúense a elaboración e difusión da análise

económica, cultural, política e social que están detrás das desigualdades de

xénero, clase, raza e outras formas de discriminación; a participación en foros

rexionais e mundiais, intergobernamentais e non gobernamentais, onde se debata

sobre os procesos e prácticas que prexudican ás mulleres pobres no Sur; e o co-

patrocinio de iniciativas globais da sociedade civil encamiñadas a acadar a

equidade de xénero e/ou desenvolvemento sustentable.

Programa de apoio ás redes de mulleres (PARM).

Ao tempo que un programa de APC tamén é unha rede de mulleres de todo o

mundo que difunde o uso da tecnoloxía para o empoderamento da muller. Naceu

a principios dos 90 co obxecto de promover a igualdade de xénero no deseño, a

implementación, o acceso e o uso das tecnoloxías da información e a

comunicación, así como nas decisións sobre políticas e marcos reguladores.

Esta asociación está constituída por feministas e activistas que parten da idea de

que as TIC son importantes para transformar as relacións sociais e de xénero.

Máis de 175 mulleres de 35 países (bibliotecarias, programadoras, xornalistas,

deseñadoras, académicas, investigadoras e comunicadoras) xúntanse on-line para

traballar en proxectos nos distintos continentes.

As tarefas que desenvolven van encamiñadas a capacitar aos movementos de

mulleres no uso estratéxico e creativo das TIC para que poidan moldear e

adaptar a tecnoloxía. Isto, segundo a asociación, facilita ás propias mulleres a

posibilidade de analizar a converxencia entre os asuntos das TIC e a axenda

Page 27: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 25 -

sobre os seus dereitos. Outra das súas principais tarefas é crear ferramentas e

recursos para profundar na análise de xénero nos proxectos e políticas de TIC.

As áreas nas que traballan son o activismo en xénero e políticas TIC, violencia

cara as mulleres e TIC e avaliación de xénero e investigación en TIC.

Entre os proxectos desenvolvidos pola Rede, sinalar os seguintes: ODM3:

¡Dominemos la tecnología! para erradicar la violencia hacia las mujeres,

Iniciativa Open Net-Asia: marco de investigación con perspectiva de género

sobre prácticas de censura y vigilancia o EroTICs: un proxecto de investigación

sobre a sexualidade e internet.

América Latina en Movimiento (Alainet Mujer) .

Área da Axencia Latinoamericana de Información cuxo propósito é “contribuír

ao desenvolvemento dunha cultura democrática e participativa, fundamentada na

igualdade entre os xéneros”. Traballa xunto a outras organizacións sociais que

defenden os mesmos ideais de cara ao fortalecemento, a nivel internacional, do

avance organizativo e reivindicativo dos movementos e redes de mulleres, a

través do desenvolvemento dos procesos comunicativos. A área Mulleres de

ALAI impulsa e promove o avance do dereito das mulleres á comunicación e a

creación de redes sociais. A información sistematizada e análise que difunde da

acubillo ás diversas posturas, propostas e problemáticas dos movementos de

mulleres e feministas do continente americano.

En España, débese facer referencia a dúas redes de mulleres: Mujeres en Red e

E-mujeres. Segundo Núñez (2008), os presupostos teóricos destas dúas redes son

diferentes: Así, Mujeres en Red estaría máis próximo ao tecnofeminismo, entendido

como transformación social mediante o acceso ás novas tecnoloxías. Nembargantes,

Eleusis bebe da visión máis utópica da teoría ciberfeminista: a rede proporciona a

posibilidade de situar os problemas feministas nun novo espazo de visibilidade.

Mujeres en Red.

Esta web nace en 1997 aloxada no servidor Nodo 50 (membro de APC en

España). En palabras da súa fundadora, Monserrat Boix (2001) “era un proxecto

meramente intuitivo xurdido do intento de investigar as posibilidades do uso das

Page 28: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 26 -

novas tecnoloxías en internet e favorecer a información e comunicación entre as

mulleres no mundo”.

Mujeres en Red non é unha ONG organizada senón unha comunidade virtual de

mulleres que medra e muda a medida que o fan as circunstancias. Un dos seus

primeiros cometidos foi visibilizar e organizar os recursos existentes,

identificando as webs de mulleres e facendo unha listaxe por temas e países.

Máis tarde apareceron os espazos temáticos: saúde, educación, muller e política,

integrismos, globalización, xénero, violencia, aborto... O que buscaban era

compartir o coñecemento como punto esencial para a loita no empoderamento

colectivo das mulleres (Boix, 2001). Asemade, consideraron fundamental,

ademais de crear un espazo común na web, dispor de contas de correo

electrónico de cara o envío de informacións urxentes, de coordinación,

axendas...

E-mujeres:Asociación feminista para a igualdade das mulleres.

Fundada a finais dos 90 por Bertomeu e Rubio, configúrase como unha revista

on-line e a súa estrutura reproduce a arquitectura simbólica dunha cidade virtual

(Núñez, 2008). O propósito do portal, segundo as súas fundadoras “é promover o

intercambio, a convivencia e a civilidad entre mulleres”. O portal, seguindo o

esquema de cidade virtual, divídese en ágora pública e virtual, ao tempo que

proporciona información sobre saúde, asesoría xurídica e emprego,

comunicación... Un dos seus puntos fortes é a oferta de recursos sobre distintas

propostas teóricas da praxe feminista. Tamén conta cunha oferta formativa cuxo

obxectivo é aproximar as mulleres ás TICs.

1.3. MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES 3

A Marcha Mundial das Mulleres é un movemento mundial de accións

feministas. Está composto por grupos de féminas e organizacións que actúan para

eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia cara as mulleres. Loitan contra

toda forma de desigualdade e de discriminación sufridas por estas. Os seus valores e

3 Todo a información de carácter descritivo recompilada sobre a MMM nesta investigación está extraida dos seus espazos webs así como das entrevistas realizadas a membros do Movemento.

Page 29: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 27 -

accións van encamiñadas a conseguir un cambio político, económico e social. Estes, a

súa vez, artéllanse arredor da solidariedade mundial, a igualdade entre mulleres, entre

sexos e entre os pobos. Buscan o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o

fortalecemento das alianzas entre estas e con outros movementos sociais, tales como: O

Foro Social Mundial, REMTE (Red Latinoamericana de Mujeres Transformando la

Economía), Vía Campesina, LGBT (lesbianas, gays, bisexuais e transxéneros), ALAI

(Axencia Latinoaméricana de Información), movementos antiglobalización... O diálogo

da Marcha con movementos aliados ten un dobre obxectivo: por un lado, facer

conscientes a estes das desigualdades internas de xénero e polo outro, participar a nivel

rexional e temático en accións destes grupos afíns.

As alianzas son máis fortes con aqueles grupos cos que a MMM ten unha maior

afinidade, pero a falta desta non imposibilita o establecemento de acordos puntuais con

grupos que representan puntos de vista ou modos de actuar diferentes. Así, comparten

accións a nivel nacional e internacional con correntes feministas anarquistas e

movementos antiglobalización, principalmente en contra dos cumios celebrados por

entidades como o Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional, a Organización

Mundial do Comercio ou o G8. Do mesmo xeito, participan en debates ou establecen

alianzas tácticas específicas sobre cuestións concretas con grupos ou redes feministas,

con perspectivas moi diferentes a súa, como é o caso de grupos compostos e dirixidos

por mulleres brancas, listas, ricas e xeralmente do Norte.

Este modo de actuar responde a consigna do Movemento “cambiar o mundo

para cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo para cambiar a vida das

mulleres”. Nela tratan de artellar (MMM, 2008) as loitas xerais coas loitas específicas,

partindo da base de que xénero, raza e clase estruturan sociedades desiguais e inxustas.

Do mesmo xeito, entenden que capitalismo e patriarcado non poden ser analizados por

separado e que a pobreza e a violencia sexista son dúas consecuencias dunha mesma

realidade e polo tanto requiren dunha abordaxe conxunta.

1.3.1. Un Pouco De Historia

A MMM xorde no ano 1998 e o seu antecedente foi a Marcha das Mulleres

contra a pobreza. Esta tivo lugar en Quebec en 1995 e foi iniciada pola Fédération des

femmes du Québec. Nela participaron arredor de 850 mulleres que marcharon durante

Page 30: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 28 -

10 días, levando consigo 9 reivindicacións de carácter económico. Ao termo do seu

percorrido foron acollidas por 15.000 persoas. A Marcha contra a Pobreza mobilizou ao

conxunto do Movemento feminista e gañou o respaldo de varios sectores da poboación.

A presenza na Marcha, de 1995, dunhas vinte mulleres procedentes do Sur puxo

de manifesto a necesidade de solidarizarse a nivel mundial. Neste senso, a Conferencia

Mundial de Beijing serviu para confirmar que, en calquera parte do mundo, as mulleres

están dispostas a loitar pola igualdade, o desenvolvemento e a paz. Foi aquí onde se

concibiu a idea dunha Marcha Mundial das Mulleres.

A constitución desta Rede comezou no ano 1997. En outubro de 1998, unhas

140 representantes de 65 países reuníronse en Montreal, invitadas polo Comité de

Coordinación da Marcha, o cal estaba formado por mulleres do Quebec. Nesta

xuntanza, acordáronse os dous eixos centrais da MMM: a eliminación da pobreza no

mundo e a eliminación da violencia cara as mulleres. Estes, a súa vez, artéllanse en 17

reivindicacións mundiais4 e reivindicacións nacionais. Tamén ese mesmo ano, 1998,

queda constituído o Comité de Enlace Internacional (CEI). Este Comité, integrado por

44 mulleres, será o encargado de organizar as accións mundiais.O 8 de marzo de 2000

dáse a coñecer oficialmente a MMM, a escala mundial, a través dunha rolda de prensa

celebrada en Montreal, e na que tamén participaron, a través da rede, mulleres que se

atopaban en Nova Iork e Xenebra.

1.3.2. Obxectivos5

♦♦♦♦ Fortalecer e manter un vasto movemento de solidariedade entre todas as mulleres

e organizacións de base para que a Marcha constitúa un xesto de afirmación das

mulleres do mundo.

♦♦♦♦ Promover a igualdade e a xustiza entre mulleres e homes, entre mulleres e, entre

todos os pobos.

4http://www.marchamundialdelasmujeres.org/revendications/cmicfolder.2006-01-13.7149178479/cmicarticle 5 Obxectivos conformes ás modificacións realizadas durante o VI Encontro Internacional celebrado en Lima do 2 ao 9 de xullo de 2006.

Page 31: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 29 -

♦♦♦♦ Seguir construíndo e fortalecendo un amplo proceso de educación popular onde

todas as mulleres poidan analizar por si mesmas e para elas mesmas, as causas da

súa opresión, da súa discriminación e as posibles alternativas.

♦♦♦♦ Pór en práctica as reivindicacións e as alternativas comúns aos movementos das

mulleres do mundo, a escala local, rexional, nacional e internacional, arredor dos

temas da pobreza e de violencia cara as mulleres.

♦♦♦♦ Exercer presións políticas sobre os gobernos e as institucións políticas

multilaterais para que leven a cabo as modificacións precisas para mellorar as

condicións e a calidade de vida das mulleres do mundo, incluíndo unha política

de desarme e de resolución pacífica de conflitos, a fin de todas as impunidades e

da corrupción, o uso da violación como arma de guerra, as ocupacións e a

presenza militar estranxeira ao igual que a imposición de bloqueos político e

económicos.

♦♦♦♦ Rexeitar e denunciar as institucións internacionais financeiras, económicas e

militares que empobrecen e marxinan ás mulleres e/ou incrementan a violencia

cara elas. Traballar con propostas institucionais alternativas.

♦♦♦♦ Levar á poboación no seu conxunto, a outros sectores da sociedade e aos

movementos sociais a apoiar e realizar os cambios que sexan precisos para

mellorar a posición, as condicións e a calidade de vida das mulleres do mundo

enteiro.

♦♦♦♦ Elaborar e instrumentar accións e propostas feministas con miras a denunciar as

corporacións, institucións económicas e financeiras e gobernos que propician a

explotación e a degradación dos recursos naturais, o cambio climático e a perda

da biodiversidade. Loitar pola soberanía na xestión dos recursos ambientais que

conduza a un modelo de desenvolvemento que atenda as necesidades

fundamentais das xeracións presentes e futuras.

Page 32: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 30 -

1.3.3. Valores6

♦♦♦♦ O liderazgo da organización está en mans das mulleres.

♦♦♦♦ Todas as rexións do mundo comparten o liderazgo da acción

♦♦♦♦ Os grupos participantes activos únense ás metas, valores, obxectivos e ao plan de

acción global pero son autónomos no que toca á organización das accións nos

seus respectivos países.

♦♦♦♦ Recoñecen, respectan e valoran a diversidade (realidades das mulleres, os países,

os enfoques políticos e as estratexias de acción) dos movementos das mulleres.

1.3.4. Estrutura da Marcha Mundial das Mulleres

A Marcha Mundial das Mulleres está formado polos seguintes Órganos de toma

de decisións:

Secretariado Internacional.

Órgano de Coordinación Mundial da Marcha. Está composto por unha

Coordinadora, unha Axente de Enlace e unha Comunicadora.

Comité Internacional.

Defende activamente os intereses e decisións da MMM. Este Comité, que se

xunta dúas veces ao ano e funciona de xeito colexial, está composto por 9

mulleres, representantes electas provintes das distintas rexións do mundo. As

súas funcións son ter representatividade rexional e defender os intereses globais

da Marcha.

As actuais membras foron elixidas durante o 7º Encontro Internacional celebrado

en Vigo, outubro de 2008 agás as representantes de Europa que foron elixidas na

xuntanza da Coordinación Rexional Europea (febreiro de 2009).

Grupos de traballo e Colectivos Internacionais7.

A MMM constituíu 3 colectivos: Colectivo Alianzas e Mundialización;

Colectivo Comunicacións; Colectivo Paz e desmilitarización e 3 grupos de

6 Valores conformes ás modificacións realizadas durante o VI Encontro Internacional celebrado en Lima do 2 ao 9 de xullo de 2006. 7 Decisións tomadas no IV Encontro Internacional da MMM que tivo lugar na India (Marzo de 2003).

Page 33: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 31 -

traballo: Violencia cara as Mulleres, Grupo de traballo sobre as alternativas

feministas e Grupo de traballo sobre os dereitos das lesbianas.

Coordinacións Nacionais da MMM.

Están formadas polos diversos grupos participantes da Marcha nun país ou

rexión e constitúen a base organizativa da MMM. Son entes autónomos e

independentes no que ao seu funcionamento, as súas orientacións e accións

nacionais se refire pero están adheridos aos principios e valores da Marcha.

As súas responsabilidades, ademais do seu traballo nacional e rexional, son as

seguintes: educación popular e de mobilización así como a realización das

accións aprobadas durante os Encontros Internacionais da Marcha; toma de

posición pública sobre temas políticos; comunicación entre os grupos

participantes (en coordinación co Secretariado); a execución das orientacións e

decisións tomadas nos Encontros Internacionais (xunto ao Secretariado e ao

Comité Internacional) e a implicación nos grupos de traballo e colectivos

creados no plano internacional. Asemade, espérase que administren a lista de

grupos adheridos, participen na vida democrática da MMM e manteñan unha

comunicación fluída co Secretariado Internacional para informar das accións e

actividades que levan a cabo no marco da Marcha.

Na actualidade, están adheridos á Marcha máis de 5000 grupos repartidos en

arredor de 200 países e territorios organizados por rexións: África (51), América

(46), Asia-Oceanía (51), Europa (32) e Medio oriente- Mundo árabe (21).

1.3.5. Encontros e Accións da Marcha Mundial das Mulleres

As Accións Internacionais son propostas desde o Secretariado Internacional,

despois de acordadas nas xuntanzas co Comité Internacional en base a 2 puntos:

decisións tomadas no Encontro Internacional no que se decidiu a Acción Internacional

desde todas as rexións e proposta das coordinadoras da rexión na que se vai realizar a

mobilización, xa que son estas as que teñen que ocuparse das accións, espazos, datas e

toda a infraestrutura loxística que require unha Acción Internacional.

Pola súa parte, o Secretariado Internacional é o órgano encargado da

coordinación e difusión das accións a nivel internacional así como da execución

daquelas actividades que transcenden ás Coordinadoras Nacionais. Cada unha destas

Page 34: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 32 -

realiza as accións marcadas polo Secretariado Internacional pero tendo en conta a súa

realidade concreta, con autonomía total para decidir se levar a cabo as propostas tal cal,

modificalas, engadir novas actividades ou desenvolver outras, respectando sempre o

espírito e obxectivos da Acción Mundial.

A nivel rexional, as accións concrétanse en xuntanzas territoriais, onde as

Coordinadoras Nacionais (CN) desa rexión organizan actividades e mobilizacións de

carácter rexional pero sen perder de vista a Acción Internacional, é dicir, o global

adáptase as circunstancias locais.

Todas as Accións da MMM dan comezo o 8 de marzo (Día Internacional da

Muller) e rematan o 17 de outubro (Día Internacional para a Erradicación da pobreza).

Asemade, son días sinalados no seu calendario o 24 de maio (Día Internacional das

Mulleres pola Paz e o Desarme) e o 25 de novembro (Día Internacional contra a

Violencia de Xénero). Todas estas datas teñen un carácter simbólico xa que representan

as principais loitas da Marcha.

Desde o seu nacemento, estas son as principais accións levadas a cabo pola

MMM a nivel mundial:

1998 Encontro Internacional preparatorio á MMM no ano 2000

2000 Washington New-York

2001 3º Encontro Internacional celebrado en Montreal: A mundialización é sexista. O foro das mulleres demóstrao!

2002 Foro Global de ONGs: O financiamento para o dereito a un desenvolvemento sustentable con equidade (Monterrei- México).

2002 Participación no Foro Social Mundial en Porto Alegre (Brasil).

2003 A Marcha Mundial das Mulleres no Foro Social Europeo.

2003 As Mulleres do Mundo fronte á Organización Mundial do Comercio (OMC). 4º Encontro Internacional (New Delhi- India).

2004 Foro Social Mundial en India

2004 Encontro Europeo en Vigo (Galicia).

2004 5º Encontro Internacional en Kigali (Rwanda).

2005 II Acción Internacional: Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade8, Solidariedade Blog, As 24 horas de Solidariedade Feminista, Relevo Mundial, Confección global dunha manta de retais.

2006 6º Encontro Internacional en Lima (Perú). Acordo do Plan Estratéxico 2007-10 que desdobra os temas fundamentais da loita da Marcha en catro campos de acción: ben común e acceso aos recursos, violencia contra as mulleres, paz e desmilitarización e traballo das mulleres.

2008 7º Encontro Internacional en Vigo (Galicia).

2009 8 de marzo: accións organizadas por CN da Marcha e grupos participantes

8 http://www.marchamundialdelasmujeres.org/publications/charte/es/

Page 35: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 33 -

2010 III Acción Internacional que se está a celebrar entre o 8 de marzo e o 17 de outubro. Proxecto: Creación das Camiñantes e Chamando á Acción: Mulleres en Marcha ata que todas sexamos libres!

A organización de cada unha destas Accións require da colaboración e o traballo

conxunto das estruturas globais e rexionais da MMM. Así, corresponde ao Secretariado

Internacional recibir e coordinar as accións das Coordinadoras Nacionais e, tarefa súa é

tamén a difusión das diferentes actividades a levar a cabo. Cada unha destas Accións

conta cunha web propia, ao marxe da web da MMM e ao igual que nesta o contido está

en inglés, francés e castelán. Nela atópase información relativa ao evento e ás distintas

actuacións que se van a desenvolver9. Asemade, encargase da imaxe corporativa do

evento (logotipos, cartelería...). Este material será empregado como apoio nas campañas

de difusión que se desenvolvan en cada rexión. Ao igual que acontecía coas actividades,

o material de difusión pode ser adaptado polas CN. Por exemplo, no caso galego,

segundo nos comentaron membros da Coordinadora Galega, os recursos humanos e

económicos dos que dispoñen en cada momento, son elementos primordiais á hora de

decidir que medios de organización e difusión van empregar. Así por exemplo, para a

Acción do 2010 aprobaron a principios de ano as liñas xerais de programación e un

esbozo das actividades a realizar e en que lugares. Con respecto á difusión, os medios

empregados son a páxina web, o mailing (contactos comarcais e nacionais), medios de

comunicación convencionais, charlas de divulgación... No referente á participación,

traballan en dous niveis: rexional e comarcal. A nivel rexional contactan coas

organizacións que integran a Coordinadora Galega e a nivel comarcal co tecido

asociativo da mesma.

As Accións Internacións lévanse a cabo cada 5 anos e a través delas buscan

difundir e mobilizar non só as mulleres senón tamén á opinión pública, tanto a nivel

local como global. Pola contra, os Encontros están concebidos máis de cara ao traballo e

ao debate dentro do propio Movemento. Xunto a estes eventos propios, destacar a súa

participación en todo tipo de foros, tanto a nivel rexional como internacional. Todo

estas actuacións teñen lugar en calquera parte do planeta, pondo de manifesto, non só o

carácter global da MMM, senón tamén que calquera espazo é válido para a interacción,

9 http://www.mmm2010.info/

Page 36: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 34 -

o diálogo e a toma de decisións, sen que estas teñan que ser adoptadas

“obrigatoriamente”en centros de poder que por, outra parte, na Marcha non existen.

1.3.6. Campos De Acción

Os campos de acción da MMM son: a paz e a desmilitarización, o tráfico sexual,

o dereito das lesbianas, as alternativas económicas feministas, as alianzas e

mundialización e a comunicación como eixos prioritarios. Neste eido destacamos os

seguintes feitos:

♦♦♦♦ Declaración das Mulleres pola Soberanía Alimentaria (Nyéléni, 2007).

♦♦♦♦ O Colectivo sobre a paz e a militarización. A súa función é elaborar unha política

de intervención da Marcha neste ámbito (producir informes, asegurar a

participación da MMM nas mobilizacións contra a militarización e os conflitos

armados...).

♦♦♦♦ Loita contra a pobreza.

♦♦♦♦ Colectivo sobre as Comunicacións. A función deste é asegurar a circulación da

información entre o Secretariado, o Comité Internacional e as Coordinadoras

Nacionais, editar un boletín de enlace internacional, velar pola actualización e o

enriquecemento do sitio Web e elaborar unha política de acción destinada á Rede

de Alerta.

A MMM loita para a erradicación da pobreza e a violencia de xénero. Para

acadar os seus fins non escatima esforzos de cara a establecer alianzas tanto con

organismos sociais en xeral, como con movementos de mulleres e feministas,

independentemente de que os seus obxectivos sexan os mesmos ou non. Se algo define

a este Movemento e a comunicación horizontal, xa que os acordos que adoptan son por

consenso e se este non se acada, tal como me comentaba un membro da Coordinadora

Galega, o tema apártase ata un momento máis propicio para a súa abordaxe. Isto é, a un

tempo unha complicación, xa que dificulta a toma de decisións pero é tamén unha

riqueza, xa que as voces de todas as mulleres, independentemente da súa raza, condición

social, relixión, lugar de procedencia teñen o mesmo valor.

Page 37: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 35 -

Asemade, esta argumentación de base é importante para explicar dúas

circunstancias, unha de ámbito xeral e outra relativa a súa política de comunicación. No

ámbito xeral, a MMM promove a participación das mulleres de a pé fronte a aquelas

con cargos políticos ou con recoñecemento público, ás do Sur fronte ás do Norte, as que

viven en zonas de conflito fronte as que viven en paz, as que proceden de territorios

onde o feminismo practicamente non existe fronte a aquelas onde este está presente na

vida política.

Con respecto á estratexia de comunicación e ao valor que lle outorgan a súa web,

esta, segundo o Secretariado Internacional, é empregada como un medio de expresión

propio a través do cal transmitir o seu discurso cara a sociedade. En canto as súas

funcións, son as seguintes: divulgar novas e novidades, textos políticos, facilitar o

acceso aos materiais de comunicación das Accións, apoiar aos movementos aliados e

facer circular as novas que reciben dos grupos participantes e Coordinadoras Nacionais

de todo o mundo.

Con todo e sendo conscientes das mulleres que forman parte da Marcha e das

dificultades que moitas delas teñen para o acceso e uso de internet, o alcance desta

ferramenta é limitado. Debido a isto compaxinan a difusión a través da rede con outros

medios, tales como publicacións e o traballo directo coas propias mulleres. Así, no labor

de base da organización adquire especial importancia a educación popular, xa que a

través das experiencias cotiás das mulleres, expresadas por elas mesmas, resulta máis

doado comprender as causas comúns dos temas e problemas e como as diferenzas se

transforman en desigualdades. Ao mesmo tempo, facilita o compartir experiencias e

construír novos saberes (Marcha, 2008).

Por último, sinalar que a Marcha Mundial das Mulleres é un movemento vivo,

en constante construción e continua retroalimentación, onde todo é pensado e

repensado, ao tempo que se adapta as circunstancias do momento, tal é o caso dos

obxectivos, valores e campos de acción, pero sempre sen perder de vista os seus fins

principais. O mesmo acontece coas Coordinadoras Nacionais, algunhas desaparecen,

outras son creadas; as súas motivacións defiren, dependendo da rexión: toma de

conciencia, por parte das mulleres da súa situación de opresión, participación de

mulleres que anteriormente non participaban no movemento de mulleres, unificación do

Page 38: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 36 -

movemento de mulleres ou creación de vínculos entre o movemento de mulleres e

outros movementos sociais, por citar só algunhas (MMM, 2008).

1.3.7. A Marcha Mundial das Mulleres en Galicia

Na actualidade, a MMM en Galicia está formada por 30 organizacións (14 de

carácter autonómico e 16 comarcais)10 e un número indefinido de mulleres a título

individual provintes de sectores sociais e ideolóxicos diversos.

A actividade da MMM no noso país, comezou no ano 2000, ano no que se

constitúe a Coordinadora Galega e participan na Mobilización Europea celebrada en

Bruxelas (Bélxica). Nun principio, foron 41 as organizacións adscritas en Galicia. O seu

primeiro acto arrincou de distintos puntos de Santiago baixo o lema “2000 razóns para

marchar”e simbolizou a unión das feministas galegas que vían a Marcha como unha

“rede internacional que lles daba forza nas súas reivindicacións e as unía co resto das

mulleres do planeta que estaban decididas a erradicar coas súas loitas, a pobreza e a

violencia” (MMM-Galiza)

No mes de outubro do mesmo ano, convocaron a I Folga de Traballo Doméstico,

acompañado dun paro laboral de dúas horas que só tivo repercusión real en cidades

como Ferrol e Vigo pero que foi importante porque, segundo elas, conseguiron implicar,

non só ás organizacións feministas senón tamén aos sindicatos e diversos movementos

da esquerda galega.

Obxectivos

o Sensibilizar á poboación sobre as diferentes situacións e discriminacións

que viven as mulleres, tanto a nivel local como global.

o Debater e procurar acordos e propostas alternativas para mellorar a vida

das mulleres.

Estrutura e funcionamento

A MMM-Galiza constitúese baixo a forma xurídica de Asociación en marzo de

2000. A súa estrutura horizontal está formada por unha Coordinadora Nacional (CN) e 6

10 Datos facilitados pola Asesora Financeira da MMM-Galiza.

Page 39: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 37 -

Coordinadoras Locais (CL). Da CN forman parte representantes de organizacións de

carácter autonómico, representantes das coordinadoras locais e a responsable do

financiamento, mentres que nas CL participan representantes de organizacións de

carácter local ou comarcal, mulleres independentes e mulleres a título individual (estas

pertencen a algunha organización participante pero colaboran a nivel persoal).

O funcionamento da MMM-Galiza é complexo por dúas razóns principais: a

toma de decisións por consenso e o feito de que unha mesma organización pode

participar como entidade autonómica e comarcal (é o caso dos sindicatos que tanto pode

estar adherida a organización xeral como as distintas delegacións comarcais).

A CN reúnese cunha periodicidade mensual. O medio empregado para a

comunicación dentro da Asociación é principalmente o correo electrónico.

Con respecto ao financiamento, o 90% do mesmo procede de subvencións

públicas e o 10% restante das cotas (50€ organizacións comarcais, 100€ organizacións

nacionais e as mulleres independentes ou a título individual non pagan), lotería de

Nadal e venda de produtos diversos.

Desde a súa constitución, A Coordinadora Galega combina a súa implicación

nas campañas a nivel mundial (participación nos Encontros Internacionais, Carta

Mundial das Mulleres para a Humanidade, Manta Mundial da Solidariedade...) e o

deseño de campañas propias adecuadas á realidade galega.

As reivindicacións de carácter local, nun principio, foron recollidas no que elas

denominan “A nosa táboa reivindicativa11” e estas agrúpanse arredor de 5 grandes

temas: defensa dos dereitos laborais e outros medios de subsistencia das mulleres,

contra a pobreza e a exclusión social, contra a violencia de xénero, polos dereitos

sexuais, de saúde e reprodutivos e polo remate de todo tipo de discriminación.

Na actualidade, estas reivindicacións mudaron e na Asamblea Nacional que

celebraron en Abril de 2009 decidiron que o documento de referencia da MMM-Galiza

ía ser a Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade, aprobada no V Encontro

Internacional da MMM (Ruanda, 2004) así como os valores e obxectivos ratificados no

VI Encontro Internacional da MMM en Lima (Perú, 2006).

11 http://www.feminismo.info/webgalego/a-marcha-na-galiza/a-nosa-taboa-reivindicativa.html

Page 40: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 38 -

Accións da MMM-Galiza

O esforzo da MMM-Galiza dirixise fundamentalmente a dous públicos: a

sociedade galega en xeral e ás mulleres en particular.

Un ano importante para a Marcha en Galicia foi o 2004 xa que en Maio, a cidade

de Vigo acolleu o Encontro Europeo da Marcha Mundial das Mulleres. Este contou cun

aforo de máis de 40.000 mulleres galegas e de toda Europa. Asemade, en Outubro tivo

lugar o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.

A MMM-Galiza como toda organización tivo e ten altos e baixos na súa

andaina. Así, nos seus comezos conseguiu non só agrupar a 41 entidades senón tamén

implicar ao movemento sindical e organizacións de esquerdas. Con todo, o punto máis

álxido da súa historia foi o ano 2004. Nese ano, o traballo colaborativo das diferentes

organizacións e mulleres fixeron posible a celebración dun Encontro Europeo e outro

Internacional. Desde ese momento, a participación está a minguar e hoxe a Marcha no

noso país conta só con 30 organizacións. Esta falta de participación, é debido non a

unha falta de interese ou porque os obxectivos da Asociación foran acadados senón, tal

como sinalan membros da mesma, por un cansazo xeneralizado nas organizacións

membros ante a falta de tempo para facer fronte, non só ás dificultades das súas

entidades senón tamén ás da Marcha. Esta situación, en parte, é compensada coa

participación das persoas individuais que “facilitan a súa articulación ao tempo que

contribúen a aportarlle flexibilidade”.

2. ANTECEDENTES

A presenza feminina na rede constitúe un corpus teórico abundante no que

priman, por un lado, as aproximacións desde a descrición sobre contidos por e para as

mulleres e, polo outro, aquelas outras que o fan desde a teoría do ciberfeminismo. Este é

o caso de Una exploración de la praxis feminista en España: nuevas tecnologías y

nuevos espacios de relación desde el ciberfeminismo, un artigo de Núñez (2008) onde

analiza as dúas redes de mulleres con máis peso en España: Mujeres en Red e E-mujeres

e a súa vinculación con diferentes correntes dentro do ciberfeminismo.

Un artigo de interese porque permite identificar experiencias reais cun corpus

teórico específico. Con todo, a presente investigación encadrase máis no ámbito

Page 41: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 39 -

descritivo e de contidos. Nesta liña, cabe mencionar o texto de Susana Rostagnol (2003)

Organizaciones de mujeres, redes y tics onde fai, en primeiro lugar, un recorrido

histórico dos movementos de mulleres en internet para logo describir algúns dos máis

importantes de América Latina.

Centrándose en estudos sobre redes electrónicas de mulleres, debese facer

referencia ao II Congreso Online del Observatorio para la CiberSociedad (2004) e

máis concretamente ao grupo de traballo Inclusión, Diversidad y Equidad de Género:

creando REDES hispanas para el desarrollo. Este grupo centrou o seu traballo en

internet e as redes de mulleres e nel foron presentadas diversas comunicacións, das que,

para este estudo, se toman como referencia as seguintes:

♦♦♦♦ Redes electrónicas de mujeres como nuevos espacios de participación

(González & Burkle). Este traballo permitiu as súas autoras identificar, analizar e

caracterizar unha serie de webs creadas por organizacións femininas dos cinco

continentes. Para iso empregaron a análise cualitativa do contido, recursos e

estruturas das páxinas. A principal conclusión desta investigación foi que as web

seleccionadas constituían comunidades virtuais de mulleres creadas e

desenvolvidas para o intercambio de información e comunicación. Asemade,

todas elas posibilitaban a participación social.

♦♦♦♦ La globalización, los colectivos de mujeres y la reconfiguración del Estado

nación: el interés común y las sociedades del conocimiento (Elías Mortera).

Investigación sobre as diferenzas rexionais, o desenvolvemento tecnolóxico e as

Redes. O obxecto deste (concibido como un estudo exploratorio) busca dar

resposta a cuestións tales como, de que xeito influíron as TIC no interese

colectivo e proxectos compartidos na formación e capacitación en xénero e na

defensa dos dereitos humanos das mulleres? Para iso a autora analizou dous

casos: a Red de Formación en Mujeres y Desarrollo e a Campaña Las

Multilaterales en la Mira de las Mujeres.

Mencionar tamén, a investigación Analysing the Internet and the Public

Sphere: The Case of Womenslink (O'Donnell, 2001). Esta levouse a cabo ao longo de

2 anos e medio, e o seu cometido era analizar a lista de correo Womenslink, a que

estaban adheridas organizacións de mulleres, tanto en Irlanda do Norte como na

República de Irlanda. Co obxecto de profundar no coñecemento de internet, analizaron

Page 42: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 40 -

o contido das mensaxes en relacións ás seguintes variables: vínculos coa esfera pública,

participación política, relación local-global, relacións sociais (os medios alternativos en

internet axudan a crear, ampliar e/ou fortalecer redes de apoio), características das

persoas que participan, uso e interactividade en internet e relación entre o contido e as

experiencias das usuarias.

A principal conclusión do estudo foi que o uso destas ferramentas conta cunha

serie de vantaxes pero tamén existen barreiras que diminúen a participación. Entre as

vantaxes sinalan o aumento da súa consideración como medios de comunicación

alternativos.

Por último, aínda que non se trata dun estudo de investigación, cómpre referir a

comunicación El nuevo pensamiento feminista en la red: información, gestión y

participación (Barranquero, 2003) na que, ademais de facer un percorrido pola historia

do feminismo e ciberfeminismo, expón unha serie de propostas que, desde o seu punto

de vista, son básicas para “conectar e consolidar o movemento na rede. Deste modo

sinala que “as novas tecnoloxías da información non deben ser un campo a conquistar

senón a protexer” e, polo mesmo, cómpre tecer redes e conectar o distante. Tamén fala

da necesidade de empregar a rede como instrumento de difusión e participación, así

como facer uso dela de cara a “estimular a autocrítica e a reforma”. Por último,

menciona a importancia de buscar un equilibrio entre o optimismo (a rede como a

solución a todas as desigualdades) e o pesimismo (ferramenta de sometemento e

perpetuación dos valores patriarcais e androcéntricos); e o papel da rede como garante

da liberdade de expresión, a democracia e a igualdade. De cara a acadar o anterior,

engade que é importante manter un compromiso para que “as TIC permitan a

diversidade, a interdependencia no canto da exclusividade, a segmentación e a

estratificación.

Os estudos e comunicacións aquí destacadas, serven como base e guión para a

construción da presente investigación, centrada no estudo dunha soa organización “A

Marcha Mundial das Mulleres” desde un enfoque descritivo, baseado principalmente, na

análise dos espazos propios na rede, pero sen ignorar as aproximacións teóricas relativas

ao movemento feminista e ciberfeminista.

Page 43: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede
Page 44: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

- 42 -

METODOLOXÍA

1. FORMULACIÓN DO PROBLEMA DE INVESTIGACIÓN

O primeiro paso para a realización desta Tese de Master foi decidir, entre a

oferta de temas propostos, aquel no que tivera maior interese persoal. No meu caso,

decanteime por Xénero e TIC, xa que conto con formación previa en xénero. Unha vez

que me foi asignado un titor, expúxenlle a esta, o asunto sobre o que me gustaría

traballar: A Marcha Mundial das Mulleres. Despois de varias xuntanzas coa titora e da

elaboración dun índice de contidos, puiden formular o problema, os obxectivos da

investigación, así como definir os interrogantes aos que pretendía dar resposta por

medio desta.

2. RECOMPILACIÓN BIBLIOGRÁFICA

Paralelo a este proceso, fixen unha revisión bibliográfica exhaustiva sobre a

Marcha Mundial das Mulleres, así como doutros temas que me axudaran a entender a

idiosincrasia deste Movemento: feminismo e ciberfeminismo, presenza das mulleres nos

medios de comunicación convencionais e na rede, movementos sociais e internet,

debate global versus local, redes de mulleres... Asemade, busquei estudos e ou

investigación que me puideran servir de guía e orientación na miña tese.

Algúns dos artigos e documentos consultados foron proporcionados pola titora

que me aconsellou, á hora de facer a busca, centrarme en bibliografía recente. Isto

último non foi doado, xa que os artigos de maior interese, ben pola relevancia do autor/a

ou pola cantidade de documentos recentes que os referenciaban, eran anteriores ao

2005. Asemade, chegou un momento en que a nova documentación atopada non

aportaba nada de interese xa que repetía o mesmo que artigos vistos con anterioridade.

Chegado este punto, dei por rematada a revisión bibliográfica.

Á vista do anterior, semella que o corpus teórico fundamental en relación a este

tema foi escrito entre os anos 1995 e 2005, período de xeneralización das TIC, no que

ademais tiveron lugar outros dous feitos históricos relevantes en relación ao obxecto de

Page 45: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 43 -

estudo: Beijing, 1995 e Marcha 2000, primeiro acto oficial da Marcha Mundial das

Mulleres.

Tamén consultei documentación relativa á elaboración e deseño de

investigacións e estudos que me orientaran desde un punto de vista metodolóxico.

Feito o anterior, comecei coa construción e redacción do marco teórico deste

estudo. A fundamentación teórica e os antecedentes constitúen os elementos base aos

que acudir na interpretación dos resultados obtidos tras a análise de contido efectuada.

3. DEFINICIÓN DO ESTUDO DE INVESTIGACIÓN

Ao tempo que elaboraba e reelaboraba o marco teórico, comecei a definir o tipo

de estudo a realizar. Este encádrase nos estudos descritivos, xa que a miña pretensión é

analizar as estratexias que leva a cabo a MMM de cara a súa ocupación da web,

mediante a observación dos seus espazos na Rede. De aí que o título do estudo sexa

“Marcha Mundial das Mulleres: participación en Rede, en clara alusión a internet pero

tamén a súa estrutura: grupos autónomos que participan e interactúan (tecen redes) de

cara a acadar unha meta común: o fin da pobreza e a violencia contra as mulleres.

Con respecto ás técnicas para a recompilación de datos, as empregadas foron: a

análise de contido e a entrevista estruturada.

3.1 Análise de contido

A análise de contido, segundo Andréu (2001) é unha técnica de interpretación de

textos (escritos, gravados, pintados, filmados...) onde poden existir rexistro de datos,

transcrición de entrevistas, discursos, documentos, vídeos, etc. O denominador común

destes é a súa capacidade para aloxar un contido que lido e interpretado de modo

axeitado, contribúe á adquisición de coñecemento sobre o fenómeno ou aspecto que

estamos a estudar. Esta análise pode ser tanto cuantitativa como cualitativa; neste estudo

concreto, a análise efectuada é cualitativa, xa que o interese do mesmo céntrase na

interpretación da información obtida e en relacionala cos fundamentos teóricos e os

datos aportados polas entrevistas realizadas.

Nun primeiro momento, a mostra desta investigación ía ser a web

http://www.marchamundialdelasmujeres.org na súa versión en castelán, por ser este o

Page 46: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 44 -

idioma no que teño un maior nivel de coñecemento. Finalmente, decidín ampliar esta e

analizar tamén ás webs: http://www.feminismo.info/ e http://www.mmm2010.info. O

motivo desta decisión foi obter unha visión máis global das estratexias empregadas xa

que, de non facelo así, perdería información valiosa ao non ter en conta as estratexias

locais (CN) e específicas (web creadas para as Accións). Ante a dificultade de analizar

todas as webs das Coordinadoras Nacionais, debido á falta de tempo e, en moitos casos,

ao descoñecemento do idioma, optei por centrarme na Coordinadora Galega. Os

motivos da elección foron comprensión idiomática e a proximidade xeográfica. Isto

último permitiume, a maiores, ter un contacto persoal con persoas pertencentes á

mesma.

Unidades de análise

����Sistema de administración.

Nesta unidade de análise encádranse as características da ferramenta

empregada para a creación, edición e administración do espazo web.

����Estrutura .

Nesta unidade de análise encádranse os distintos elementos que conforman o

aspecto físico da páxina e os apartados nos que esta se divide.

����Deseño.

Nesta unidade de análise encádranse os elementos gráficos: logotipo, cores,

fondo e botóns.

����Lingua e expresión.

Nesta unidade de análise encádranse o idioma/s no que está escrita e o modo

no que se expresa (formas persoais e/ou impersoais).

����Contido.

Nesta unidade de análise defínese cal é función principal da web en relación a

todo o anterior e tendo en conta os recursos que emprega (texto, son, vídeo,

fotografía e enlace).

����Público.

Nesta unidade de análise encádranse os colectivos aos que vai dirixida a web.

Page 47: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 45 -

Unha vez efectuada a análise procedín a súa interpretación e comentario crítico

tendo en conta, tal como comentei con anterioridade, o marco teórico e a información

extraida das entrevistas. Todo coa finalidade de cumprir os obxectivos sinalados ao

principio da tese e dar resposta aos interregantes de partida (hipóteses).

3.2 Entrevista estruturada12

A entrevista, tal como a define Avilez (2006) é unha técnica cualitativa que se

emprega para recabar información a través da realización dunha serie de preguntas.

Nsta investigación, empreguei a entrevista estruturada co obxecto de adquirir

información xeral, tanto sobre a MMM como sobre a súa utilización da Rede. A

finalidade da mesma era, por unha banda, profundar no coñecemento que tiña sobre a

Marcha e pola outra, saber cal era a importancia que lle concedía e o uso que facía de

internet. As respostas relativas aos espazos web van permitirme comparar os resultados

que eu obteña, a partir da análise destes, coas percepcións que o propio Movemento ten

da súa participación e interacción na rede.

Deste xeito, levei a cabo dúas entrevistas: unha dirixida a Coordinadora Galega e

outra ao Secretariado Internacional da MMM, órgano que coordina as accións de

comunicación. No caso da Coordinadora Galega, as preguntas estaban estruturadas en

dous bloques: preguntas xerais relacionadas co Movemento en Galicia (cando e como

nace, principios, estrutura e organización, financiamento, entidades adheridas, modo de

traballar, accións que desenvolven...) e preguntas relativas ao seu espazo web

(administración da páxina, valor da web na estratexia de comunicación, funcións,

públicos...). Pola súa parte, a entrevista dirixida ao Secretariado Internacional, estaba

encamiñada a coñecer máis sobre o espazo web e as estratexias de comunicación

(administración de contidos, valor, estrutura e públicos aos que vai dirixida...), xa que a

información relativa ao funcionamento, estrutura e actividades do Movemento pode ser

consultada a través da súa propia web.

12 Ver Anexos. Guión entrevistas.

Page 48: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 46 -

4. ESTABLECEMENTO DE CONTACTOS

Previo a análise de contido, foi o establecemento de contacto coa Coordinadora

Galega da MMM. Este foi feito a través de correo electrónico ao enderezo da

Coordinadora Nacional. Ao cabo duns días, púxose en contacto comigo a Responsable

de Finanzas da MMM-Galiza e, despois da conversa telefónica mantida, quedei en

pórme en contacto novamente con ela (vía teléfono) para concertar unha entrevista

persoal. Antes da súa celebración, envieille por e-mail o guión da entrevista para que

tivera coñecemento da información que me interesaba recabar. A entrevista non se

desenvolve como tal senón que se semella máis a unha conversa informal arredor do

Movemento. O motivo disto é que a Responsable de Finanzas cre que non ten os

suficientes coñecementos para dar resposta a todas as preguntas formuladas, así que me

propón derivar estas ás persoas que mellor me poden responder. Queda en comentar o

tema na seguinte xuntanza que teña a Coordinadora Nacional (10 de xullo de 2010).

Asemade, proporcióname un exemplar da publicación “1998- 2008 Una década de lucha

internacional feminista” e comprométese a pórme en contacto coas responsables de

comunicación da MMM (Secretariado Internacional). Acordamos que volveremos falar

despois do 10 de xullo para coñecer a resposta da Coordinadora Nacional. A CN opina

que o máis doado é que a Responsable de Finanzas divida o guión de entrevista que eu

lle remitín para que cada unha delas sexa respondida pola persoa máis idónea. A finais

de xullo recibo todas as cuestións respondidas.

No mes de xullo, tamén, recibo un novo correo confirmándome que me podo pór

en contacto coas responsables de comunicación a través dos seus respectivos enderezos

de correo electrónico. Deste xeito, envíolles un correo no cal recollo unha serie de

preguntas relativas aos espazos web da MMM. Tres semanas despois, recibín

contestación as mesmas.

O proceso de contacto, formulación de preguntas e respostas das mesma

efectúose case exclusivamente empregando o correo electrónico.

5. REDACCIÓN E PRESENTACIÓN

Concluído o groso do estudo de investigación: corpus teórico e práctico, só resta

redactar a metodoloxía, o resume ou abstract e as conclusións finais. Asemade, é

Page 49: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 47 -

necesario dar formato e recompilar a bibliografía empregada no mesmo. Anterior a isto,

cómpre facer unha revisión exhaustiva do documento de cara a corrección de posibles

erros e verificar a súa coherencia e rigorosidade.

O último paso a realizar e unha lectura final sobre a totalidade do estudo.

Despois só quedará imprimir, encadernar, entregar e preparar a exposición de defensa

da tese diante do tribunal.

Page 50: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

- 48 -

ANÁLISE DE CONTIDO

De cara a facilitar a comprensión da análise de contido, dividese este en 2 partes:

♦♦♦♦ Descrición das Unidades de Análise por cada un dos espazos da Marcha

estudados:http://www.marchamundialdelasmujeres.org¸ www.feminismo.info

http://www.mmf2010.info, comentando os aspectos máis salientables de cada un

deles.

♦♦♦♦ Resultados: visión de conxunto sobre como e cales son as estratexias da MMM

en relación a súa presenza na Rede.

1. ANÁLISE DOS ESPAZOS WEB

1.1. ESPAZO XERAL http://www.marchamundialdelasmujeres.org

1.1.1 Unidades De Análise

����Sistema de administración.

Este espazo web esta baseado no CMS de fonte aberta: Plone Content

Management System, un sistema de administración de contidos que permite a

usuarios non técnicos crear, editar e administrar un sitio web. Doado de

instalar e usar, mantén unha presentación e navegación homoxénea, indexa

automaticamente e permite buscas sobre contido. Ademais manexa

seguridade, usuarios e fluxos de edición e soporta diversos idiomas

(http://plone.org/countries/mx/introduccion-a-plone-y-zope).

O emprego dun sistema destas características, facilita que sexan as propias

“membras” as que constrúan e nutran a web tendo en conta, non só o que se

publica senón tamén como se pública (emprego dunha linguaxe non sexista,

incluínte...). Tal como nos comentou unha das responsables do Secretariado

Internacional, son elas as que actualizan o sitio, recibindo contribucións das

Page 51: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 49 -

Coordinadoras Nacionais e dos movementos aliados (novas dos países,

fotografías, accións de grupos aliados...)

O soportar varios idiomas permite que o contido publicado sexa entendible

por un maior número de persoas en todo o globo.

����Estrutura.

Consta de dúas partes fixas: a cabeceira, na que aparece o logotipo do

movemento e unha foto de fondo; e o menú de navegación (lateral esquerdo)

que mediante hiperligazóns facilita a navegación polo contido da web. Este

cárgase na parte central da mesma.

Os distintos apartados que compoñen este espazo son:

o Inicio .

Aparecen novas sobre as Accións e Actuacións da Marcha. Esta sección

é actualizada de xeito periódico. En relación a última nova publicada,

sinalar que é referente á III Acción Internacional que se esta a

desenvolver ao longo do 2010. Se se preme no logotipo da Acción, este

leva a outra páxina dentro da mesma web con máis información sobre

como está a transcorrer a mesma. En troques, se se fai nunha ligazón

“Tercera Acción Internacional” que aparece no primeira liña da nova e en

negra lévanos a outra web, a creada especificamente para esta Acción

Internacional.

o Quen somos.

Información sobre aqueles elementos que definen a MMM: obxectivos,

declaración sobre os seus valores, Carta Mundial das Mulleres para a

Humanidade, Reivindicacións, Estatutos e Regulamentos, Plan

Estratéxico da MMM e Folleto divulgativo.

o As nosas reivindicacións.

Documentos reivindicativos da Marcha, organizados en mundiais e

nacionais (por temas e países). Tamén aqueles outros relativos ás

reivindicacións de determinados colectivos: lesbianas, orientación sexual

ou tráfico sexual de mulleres e meniños.

Page 52: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 50 -

o As nosas accións.

Cronograma das accións da Marcha clasificadas por anos. Dentro de cada

ano están organizados os documentos máis salientables. Tamén hai unha

presentación en powerpoint con fotografías dos actos.

o Os nosos campos de acción.

Documentos relativos aos temas nos que traballa, organizados do

seguinte xeito: ben común e o acceso aos recursos, paz e

desmilitarización, o traballo das mulleres, violencia contra as mulleres,

loita contra a pobreza e outros: comunicación.

En relación ao ámbito de comunicación, recordar que a MMM conta cun

colectivo sobre as comunicacións cuxa misión é asegurar a circulación de

información entre a Estrutura Internacional e as Coordinadoras

Nacionais, crear un boletín e ocuparse do sitio web.

A súa vez, este apartado está dividido nos seguintes subapartados:

� Mulleres e Medios de comunicación: novas dos membros da

Marcha e de outros grupos aliados.

� Actividades do Colectivo: boletíns de enlace, comunicados de

prensa, cartafoles para os xornalistas, fotos, sons e material

promocional.

� Reflexións

o Sea membra.

Dúas ligazóns:

� Súmense á Marcha: documentos relativos a como adherirse á

Marcha e como apoiala financeiramente

� Friends of the World March of Women: subscrición ao

Movemento.

o Noticias.

Índice de novas publicadas na web organizadas por data descendente.

Facendo clic no título podemos ler a nova completa. O sistema é igual

que o que empregan os xornais electrónicos.

Page 53: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 51 -

o Agenda.

Datas das accións e mobilizacións da MMM. O último acontecemento do

que hai constancia na web fai referencia a Semana de Acción

Internacional contra o capitalismo e a guerra (do 28 de marzo ao 4 de

abril de 2009).

o Estrutura: Comité Internacional, países e grupos participantes,

Encontros Internacionais. Organizado nos seguintes subapartados:

� Comité internacional: Papel e Membras e Reunión do Comité

Internacional- Coimbra, 4 a 7 de outubro de 2007 (este cartafol

está baleiro).

� As coordinadoras nacionais: papeis e responsabilidades.

� Países e grupos participantes: listaxe completa de grupos

adheridos, clasificados por rexións do mundo e países. Asemade,

podemos atopar información de contacto e principais accións nas

que participou ou están a participar cada unha das Coordinadoras

Nacionais.

� Grupos de traballo e Colectivos Internacionais. Información

descritiva do seu labor.

� Secretariado Internacional: Papel e membros e Actividades do SI

� Encontros celebrados: Información relativa aos encontros

anteriores, así como os documentos máis salientables destes.

o Boletíns de enlace13

o Publicacións: principais documentos da MMM.

o Multimedia: fotos, sons e vídeos: letra e música do himno da Marcha,

fotos, vídeos e sons das súas accións, Carta Mundial das Mulleres para a

Humanidade en formato MP3 (lida por mulleres de diferentes países do

mundo).

o Medios de comunicación: mesma información que se atopa no cartafol

para xornalistas.

13 Ver apartado Actividades do Colectivo.

Page 54: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 52 -

o Material promocional: dípticos das accións en diferentes idiomas,

postais, logotipo, criterios para o uso deste...

o Enlaces: organizados en dous grandes grupos.

� Ligazóns aos sitios web das Coordinadoras Nacionais. De todas

as CN (163) só 25 contan con web propia e ningunha destas se

atopa no continente africano.14

� Outros: ligazóns a grupos afíns, organizados en función da

temática na que desenvolvan a súa labor. Entre paréntese aparece

o idioma da páxina.

o Contáctenos: enderezo postal, número de teléfono, número de fax e

enderezo de correo electrónico. Na actualidade, a coordinación da

Marcha faise desde Brasil.

o Mapa do sitio.

o Buscar. permite a busca de grupos participantes ou coordinadoras

nacionais por rexión e país/territorio.

o Novas dos países: da erro.

o Alianzas: apartado relativo ao Colectivo Alianzas e mundialización que,

dentro da Marcha, é o que se encarga de organizar a participación desta

nos Foros Sociais Mundiais. Dous subapartados:

� a Marcha nos Foros Sociais Mundiais

� a Marcha nos Foros Sociais Europeos.

o Benvida: ligazón do espazo web coa url referente a páxina en francés,

inglés e castelán.

����Deseño.

Observase que se trata dunha páxina sinxela, onde predomina o texto. Varios

son os elementos a destacar: o logotipo, as cores e botóns empregados.

o Logotipo: permite ás mulleres que non falan ningunha das linguas que

emprega o Movemento, identificar o espazo que este ocupa na rede, xa

que segundo sinala a MMM (2008), cumpre catro funcións:

identificación, certificación, de pertenza e simbólico. De aí que sexa todo

14 Datos de marzo de 2006.

Page 55: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 53 -

un símbolo (con ou sen modificacións) que está presente en todo aquilo

que lle é propio.

o As cores: o fondo é branco, o texto negro e emprega tamén o violeta para

resaltar o menú de inicio ou indicar aos internautas en que punto da web

se atopan.

o Os botóns empregados son fundamentalmente tres:

� Cartafol: alude a un apartado e/ou subapartado.

� Folio: fai referencia a un documento ou texto.

� Bola do mundo: indica que estamos ante unha ligazón.

����Lingua e Expresión.

A terceira persoa de singular la Marcha Mundial de las Mujeres es un

movimento (...) combínase coa primeira persoa de plural (Quienes somos,

nuestras acciones) cando se están a referir as accións, reivindicacións e a todo

o que representa.

Con respecto á lingua, a web pode ser consultada en inglés, francés e

castelán, os 3 idiomas oficiais da Marcha.

����Contido. O espazo web é fundamentalmente informativo, xa que todo o seu contido

son documentos (texto, fotografía, vídeo, sons) producidos desde a Marcha

ou Movementos Asociados.

����Público.

A web está dirixida a tres públicos diferentes:

o Sociedade en xeral: toda aquela persoa que busque información sobre a

Marcha ten nesta web unha fonte de primeira man.

o Medios de comunicación convencionais: Existe un apartado específico

para os medios de comunicación onde, entre outros documentos, están a

disposición da prensa dossier e comunicados, pero só relativos á Acción

de 2005. Para información máis recente cómpre contactar coa encargada

Page 56: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 54 -

de comunicación (nome, enderezo de correo electrónico e número de

teléfono.

o Ás mulleres da MMM.

1.1.2 Comentarios

No tocante á estrutura e en relación á nova sobre a Acción Internacional 2010,

desde o punto de vista de quen entra na páxina, a ligazón á web da Acción debería ser o

logo da mesma, xa que visualmente chama máis a atención. Pola contra, a ligazón no

texto pasa totalmente desapercibida, agás que por casualidade os visitantes pasen o rato

por enriba.

Con respecto aos diferentes espazos nacionais, aos que se accede mediante

ligazón, é importante resaltar dúas cuestións: o idioma empregado -o propio de cada

territorio- e a diversidade de deseños, estilo e estrutura de cada unha deles. Isto reflicte

tanto os valores da MMM como o seu propio xeito de funcionar. Deste modo da voz a

todas as mulleres, especialmente ás minorías, de aí que sexa tan importante o uso do

idioma propio. Asemade, pon de manifesto que non é unha asociación unificada senón

un conglomerado de grupos autónomos que defenden unha mesma causa común.

O deseño responde a unha páxina estática e a súa estética recorda á navegación

pola árbore de directorios dos primeiros sistemas operativos gráficos.

En canto as ligazóns, acompañadas ou non dun pequeno texto explicativo,

sinalar que ao premer no título cargase unha nova páxina de contido, agás cando o que

se pretende descargar son documentos en pdf ou ppt. Neste caso, cabe a opción de

gardalos no equipo ou abrilos directamente.

O apartado de noticias está actualizado. O resto é documentación colgada antes

de 2008, fundamentalmente entre os anos 2005 e 2006. Descoñecemos cal é motivo

deste feito, aínda que a razóns que barallamos é que na actualidade contase con menos

recursos que en anos anteriores.

Con respecto aos públicos definidos, a nosa análise discrepa da Marcha, xa que

esta sinalounos os seguintes públicos: as mulleres da MMM, as mulleres de outros

movementos e outros interesados, non tendo en conta aos medios de comunicación

cando hai un espazo específico dirixido a este colectivo.

Page 57: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 55 -

En liñas xerais, a web da Marcha Mundial das Mulleres

http://www.marchamundialdelasmujeres.org é un espazo meramente informativo,

baseado en texto.

Todo parece indicar que este é empregado como un taboleiro onde predomina o

elemento informativo fronte ao comunicativo ou de divulgación. En canto ao modo de

establecer contacto coa Marcha, este é posible a través de teléfono, fax, enderezo postal

ou enderezo electrónico. Este último, xunto con servizos baseados en VoIP, son os máis

empregados, segundo sinalaron responsables de MMM-Galiza, a hora de establecer

contacto entre os distintos grupos adheridos a Marcha e coas estruturas internacionais

(Coordinadora e Secretariado).

O espazo web da Marcha resulta pouco atractivo para ser visitado, xa que a

navegación é semellante a pasar as follas dun libro. Ademais, hai información que se

repite, outra é difícil de localizar, tal e o caso dos vídeos e as fotografías, e só as novas e

os boletíns de enlace son actualizados con regularidade.

Con todo, o feito de ser unha web con escaso contido multimedia facilita a súa

descarga, sobre todo en aquelas rexións onde non dispoñen de boas conexións.

1.2 ESPAZO LOCAL www.feminismo.info

Non só a Marcha Mundial das Mulleres a nivel global, ten presenza na rede,

senón que tamén as Coordinadoras Nacionais dispoñen de espazos propios, tal como

acontece coa Coordinadora Galega, páxina que é analizada a continuación.

1.2.1 Unidades De Análise

����Sistema de administración.

O sistema de deseño empregado e Joomla, un CMS de fonte aberto.

Asemade, soporta RSS, o que facilita ás súas lectoras/usuarias coñecer o novo

contido que se colga sen necesidade de visitar diariamente a web.

Page 58: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 56 -

����Estrutura.

Na parte superior sitúase o menú e a acción de procurar; debaixo deste, o

título e o lema da web.

A parte central divídese en dous segmentos: o da esquerda, onde se carga o

contido da páxina, a medida que navegamos por ela, e a parte dereita, con

contido fixo a dúas columnas: 1) Marcha Mundial, Menú Principal, Viñeta,

Enlaces Web, a MMM no facebook, Organizacións que apoian a campaña do

aborto (ligazóns), e un banner de apoio a favor do aborto para quen o desexe

colocar na súa web ou blog. 2) Publicacións, Última campaña propia, Ligazón

III Acción Internacional, Boletíns internacionais, Descargas, Organizacións

que integran a Coordinadora Galega, agrupadas por comarcas, Organizacións

que colaboran coa MMM-Galiza, Quen está en liña?, Uso do software libre

(descarga de OpenOffice.org e Firefox) e Inicio sesión para usuarias15.

Os distintos apartados que conforman este espazo son:

o Inicio: novas relacionadas tanto con actividades levadas a cabo polo

Movemento en Galiza como a nivel internacional. Actualización

constante das mesmas.

o Novas: información sobre actuacións xa realizadas e sobre outras que

van ter lugar proximamente. Estas aparecen clasificadas por zonas

xeográficas: Ferrolterra, A Coruña, Vigo e Ourense, o que facilita a

busca a aquelas mulleres que desexen participar.

o Cordenadoras Locais: datos de contacto das diferentes coordinadoras,

así como da Coordinadora Nacional: teléfono e correo electrónico

principalmente. Tamén cabe a opción de enviar unha mensaxe desde a

propia web.

o Campañas: recompilación de artigos, material multimedia e didáctico en

relación a campañas levadas a cabo desde a Marcha.

o Fotos: recompilación de fotografías de actos, tanto organizados pola

propia Asociación como por Movementos afíns.

o Vídeos: ligazón a http://marchagaliza.blip.tv

15 Este apartado, ao igual que acontece no resto das webs analizadas, é de uso das administradoras de contido para a actualización da web.

Page 59: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 57 -

o Audios: arquivos de son. Capire Galiza (versión galega do himno da

Marcha).

o Enlaces: ligazóns a webs da Marcha Mundial no Mundo, webs

feministas na Galiza e webs feministas no mundo.

o Contacto: correo electrónico, teléfono de contacto e enderezo web da

Coordinadora Nacional. Cabe a posibilidade de enviar unha mensaxe

desde a propia web.

����Deseño.

O fondo é branco, a cor das letras de títulos é violeta, a cor do feminismo. Un

elemento a destacar é o logo da Marcha, símbolo identificador da mesma e

que está presente en todo o relativo ao Movemento.

����Contido.

Destacan sobre todo os elementos multimedia, especialmente foto e vídeo que

tanto serven para ilustrar unha nova como constitúen unha mensaxe por si

mesmos. Tamén o humor, a través de pequenas viñetas, está presente.

����Lingua e Expresión.

A linguaxe empregada é o galego, a lingua propia deste territorio.

Nembargantes, adoptan a normativa reintegracionista e non a oficial.

Ao igual que acontecía no espazo xeral, a terceira persoa do singular

combínase coa primeira persoa do plural.

����Público.

Non é doado identificar un público específico ao que vai dirixida a web, xa

que o obxecto é dar difusión das actividades e posicionamentos da

organización. Así, en palabras da administradora de contidos web “este é un

medio de difusión propio pero cun alcance limitado”, xa que moitas das

mulleres que participan na Marcha permanecen desenganchadas da Sociedade

da Información.

Page 60: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 58 -

Con todo, semella que esta se dirixe por un lado, a sociedade en xeral e polo

outro, a aquelas mulleres e grupos afíns que queiran participar nas actividades

que organizan.

1.2.2 Comentarios

No espazo web da Coordinadora Galega predominan os elementos multimedia

fronte ao texto. Ademais, a súa navegación resulta sinxela e é doado atopar o que se

busca. A páxina, tal como sinalaba a súa administradora, ten unha función de difusión

das actividades do colectivo e o traballo organizativo que desenvolven.

Con respecto ao seu posicionamento ideolóxico este é: nacionalista,

anticapitalista, antiglobalización e ecoloxista, algo que queda patente tanto no idioma

empregado (galego reintegracionista) como nas referencias aos Movementos

Colaboradores (ligazóns, novas...).

No relativo ás accións de seu, cabe mencionar a Campaña a favor da Lei do

aborto, un tema de actualidade no noso país nos últimos meses. Observase pois, tal

como nos comentaban, que cada Coordinadora organiza os seus propios actos, ao marxe

da MMM, atendendo a súa realidade concreta.

Por último, destacar a súa presenza na rede social Facebook, o que permite a

interacción con outras persoas/grupos con intereses, necesidades ou preocupacións

comúns. Isto facilita, non só o contacto, senón que o seu labor chegue a máis persoas e

que a súa vez, estas poidan realizar comentarios, suxestións... e compartir o contido cos

seus contactos, multiplicando a difusión do mesmo de xeito máis dinámico e aberto a

todo o público, algo que non é posible a través da súa web, xa que as formas de

comunicarse son o correo electrónico ou o teléfono, medios onde a comunicación é de

persoa a persoa.

1.3 ESPAZO ESPECÍFICO http://www.mmm2010.info/

Ademais do espazo da Marcha Mundial ou dos propios das Coordinadoras

Nacionais, a MMM crea sitios propios para difundir os seus eventos internacionais, tal é

o caso da web da III Acción Internacional, que se está a levar a cabo ao longo deste ano.

Page 61: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 59 -

1.3.1 Unidades De Análise

����Sistema de administración.

Non se menciona na web.

����Estrutura.

Esta presenta unha estrutura sinxela e bastante similar a web da Marcha pero

menos formal. Así, o título está na parte superior dereita, do que o logotipo

forma parte, mentres que na esquerda atópanse varias iconas: mapa web,

tamaño letra e buscar no sitio.

O índice está situado na parte esquerda, mentres que na zona central é onde se

carga o distinto contido. Na parte dereita hai un calendario, o acceso ao seu

espazo no twitter e unha fotografía que muda cada poucos segundos. Na parte

inferior- centro, aparecen os datos de contacto do Secretariado Internacional e

Login: administración do sitio.

A web divídese nos seguintes apartados:

o Inicio: novas.

o A nosa acción: información xeral sobre a Acción.

o Campos de acción: artigos sobre os principais campos de actuación nos

que se centra a Acción deste ano: o ben común e os servizos públicos,

paz e desmilitarización, violencia cara as mulleres e autonomía

económica das mulleres.

o As Camiñantes. información sobre este proxecto: obxectivos, medios,

actividades, calendario...

o Países: actuacións que se van a levar a cabo nos distintos países, datas e

información de contacto.

o Novas: directorio de novas da máis recente á máis antiga. Divulgación

de actividades que se van desenvolver proximamente.

o Participe! que facer se se quere participar nesta Acción.

o Sala de prensa: recompilación de novas aparecidas en distintos medios

de comunicación on-line.

Page 62: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 60 -

o Memoria: resumo da historia da Marcha, especialmente dos anteriores

Encontros Internacionais.

o Enlaces:

� Sitios/blogs das Coordinadoras Nacionais.

� Movementos aliados.

o Faq: baleira.

o Contáctanos: formulario de contacto.

o Photo Gallery: fotos das actividades levadas a cabo pola Marcha en

relación á III Acción Internacional.

o Boletín: histórico de boletíns correspondentes ao ano 2010.

����Deseño.

No tocante a este aspecto, o máis destacable é o emprego de distintos tons de

violeta, tanto no fondo como na cor das letras. Para estas últimas tamén

empregan o branco e o amarelo. Asemade, o logo aparece como marca de

auga no fondo da páxina.

����Lingua e Expresión.

Esta, ao igual que a xeral, pode ser consultada en inglés, francés e español.

Fundamentalmente empregan a terceira persoa de singular. No apartado

Participe! a forma empregada é a segunda persoa do singular xa que se

dirixen directamente a cada muller para invitala a participar e a unirse a esta

Acción.

����Contido.

Xunto ao texto, abundan as fotografías, os vídeos e as ligazóns que se

empregan fundamentalmente para ilustrar os artigos e novas publicadas.

����Público.

Distínguense 2 públicos diferentes:

o A sociedade en xeral xa que a misión da web é fundamentalmente

divulgativa.

Page 63: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 61 -

o As mulleres: as que se invita a participar.

1.3.2 Comentarios

Ao igual que acontecía coa MMM-Galiza, a III Acción Internacional ten o seu

espazo nas redes sociais, neste caso en Twitter, onde se recollen novas que saen en

distintos medios de comunicación sobre as distintas actividades que se implementan, así

como ligazóns a vídeos.

2. RESULTADOS

Internet forma parte da Marcha Mundial das Mulleres desde os comezos do

Movemento, iniciado por un puñado de mulleres reunidas en Canadá que, coordinado

practicamente só a través da rede, conseguiron a participación de millóns de mulleres de

todo o planeta na Marcha 2000, contra a pobreza e a violencia de xénero. Tal como

sinala Boix (2001), “foi un exemplo de mobilización coas perspectivas que ofrece a

globalización pero tamén puxo de manifesto que aqueles colectivos con dificultades no

uso de internet quedarían excluídos do proceso de preparación”. Semella pois, que a

rede non será un elemento de participación, de interacción e de contacto entre todas as

mulleres do planeta se non se pon freo á fenda dixital, se non se capacita ás mulleres en

TIC.

No relativo ás estratexias de presenza na Rede, a MMM conta con varios

espazos de seu:

♦♦♦♦ A web xeral (nos tres idiomas oficiais: inglés, francés e español) que é

empregada, fundamentalmente, para dar conta dos contidos máis xerais da loita

da Marcha desde os súas orixes. É aquí onde se pode atopar información relativa

aos documentos constitutivos, cartas, memoria, anteriores Accións Internacionais

etc.

♦♦♦♦ As web específicas, cuxa función é divulgar as distintas Accións: novas sobre o

que se está a facer, pór a disposición dos medios materiais de comunicación e

axenda de actuacións.

Page 64: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 62 -

♦♦♦♦ As webs das Coordinadoras Nacionais que empregan o idioma propio do seu

territorio. Aínda que recollen os eventos e novas da MMM, outórganlle maior

protagonismo a aquelas actuacións que organizan e nas que participan, propias

ou de grupos afíns (normalmente dentro do seu ámbito xeográfico).

Así podemos concluír, tal como nos comentaba unha das responsables de

comunicación da MMM, que os espazos propios son importantes na súa estratexia

porque “son unha poderosa ferramenta de divulgación” que tamén posibilita o contacto

e o liderazgo de mulleres de todo o mundo. Constitúe un espazo para “o intercambio de

experiencias, fotos, novas... o que fai da Marcha un movemento mundial”.

Mediante o uso de diferentes espazos na rede, todos eles recoñecibles como

pertencentes a MMM pola presenza do logotipo e da cor violeta (símbolo do feminismo

e da loita das mulleres), o Movemento conxuga o elemento informativo co divulgativo e

comunicativo, tanto no ámbito global como no local, sen que un lle reste valor ao outro,

xa que, tal como se recolleo con anterioridade, a Marcha non sería posible sen a

combinación de ambos os dous niveis de actuación. Asemade, os espazos locais e os

grupos rexionais teñen o cometido de traducir dos 3 idiomas oficiais de traballo o

contido dos boletíns, materiais de comunicación...a súas respectivas linguas, segundo

información facilitada por unha das responsables de comunicación da MMM.

A lingua, xunto á falta de capacitación TIC, fai máis complexo o entendemento

entre as distintas entidades participantes, pero non o imposibilita, e así o demostra a

traxectoria da Marcha. Parte desta realidade débese a conxugar o uso da rede co traballo

en rede, tecendo contactos no mundo real e no virtual. Deste xeito as accións da MMM,

no ámbito físico, caracterízanse pola participación en grupo, a creación colaborativa e a

toma das rúas coas súas mobilizacións. Estas recoñécense pola presenza da cor, da

palabra e do ambiente festivo: a cor violeta do feminismo, a cor do logotipo e o colorido

que impregna todos os seus actos. A palabra cantada, reivindicativa e reivindicada, lida,

falada e compartida. Dous símbolos; o un representa a diversidade, a alegría fronte a

monotonía, a seriedade que se asocia ao mundo dos negocios, ao capitalismo e as

multinacionais. A outra representa o poder negado, a imposibilidade de expresión, a non

consideración das necesidades e desexos das mulleres, a imposición do silencio na

estrutura patriarcal. Ambos os dous son levados ao público e son as propias mulleres

quen o fan, quen saen do espazo privado para levantar as súas voces de xeito colectivo,

Page 65: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 63 -

apoiándose unhas nas outras, rompendo cos roles que o patriarcado, cultural e

socialmente, lles asignou.

Este ambiente de loita trasládase do mundo real ao mundo virtual, mediante a

súa plasmación en fotografías, vídeos e sons. Recursos que son colgados e difundidos a

través da rede, conseguindo un efecto amplicaficador do mesmo, xa que fai partícipes a

un maior número de persoas e queda constancia documental do evento para ser ollado,

escoitado as veces que se desexe. Asemade, ao tratarse de actos que ocupan o espazo

público de forma festiva pero tamén reivindicativa, estes logran captar a atención dos

medios de comunicación, tanto convencionais como dixitais, o que posibilita que

chegue a persoas de todo o mundo alleas ao Movemento.

O uso de recursos multimedia fai que as páxinas sexan máis atractivas para os

posibles visitantes, co que se facilita a interacción e a participación social. Ademais, a

Marcha non só conta con espazos propios en internet, senón que tamén está presente nas

redes sociais. Así, a Acción Social 2010 ten cabida en twitter e a Coordinadora Galega

en facebook, o que axuda a que un maior número de persoas coñezan o Movemento.

Tamén facilia que se estableza un diálogo bidireccional de carácter público, algo que

non é posible a través do correo electrónico.

A presenza da MMM na rede muda e adáptase as novas posibilidades desta,

aínda que as desigualdades que alimentan a loita sigan a ser as mesmas. Deste xeito, o

texto conxúgase con elementos multimedia e os espazos web propios coa súa ocupación

das redes sociais. Xunto ás novas formas de participación e interacción, mantense o uso

do correo electrónico como ferramenta para a coordinación, contacto e organización das

Accións, así como para que quen o desexe poida pórse en contacto coas representantes

da Marcha, tanto a nivel nacional como internacional.

Outros recursos presente nas webs son documentos e ligazóns, estes últimos de

dous tipos: webs da MMM e outras webs de interese, constituíndo no caso da páxina

principal, un centro de entidades, organizadas por ámbitos de actuación.

Asemade, é importante resaltar a presenza de recursos online e offline. Os

primeiros, dos que xa se falou, serían aqueles que buscan establecer contacto en

calquera momento e desde calquera lugar. No caso da Marcha, principalmente o correo

electrónico. Os segundos, serían os orientados ao intercambio fóra dos límites de

internet, principalmente convocatorias de manifestacións e invitación a participar nos

Page 66: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 64 -

diferentes actos organizados. Este último tipo de recursos aparece tanto na web da

Acción 2010 como na da Coordinadora Galega, non así na web xeral. Aspecto que ben a

confirmar a distinta función dun e dos outros espazos: informativa a xeral, de

divulgación e comunicación as outras dúas. Isto último e especialmente significativo no

caso das webs das Coordinadoras Nacionais por representar o nivel máis próximo ás

mulleres e onde por esta razón lles é máis doado participar.

No tocante a linguaxe empregada, esta resulta inclusiva e directa, ao deixar claro

que son as mulleres quen falan, quen se dirixen a “ti” para que te unas e participes. Algo

a destacar se se ten en conta que, historicamente (e aínda na actualidade), ás mulleres

negóuselle a capacidade de falar, de expresar as súas opinións e de dicir alto e claro

cales eran as súas demandas e reivindicacións. Non son outros quen falan por elas senón

elas mesmas quenes alzan a súa voz, especialmente aquelas con maiores trabas ou

dificultades para facelo. Este é un elemento propio da comunicación horizontal,

característica intrínseca á rede que, en palabras de Múñoz (2010), fai que sexa un

espazo ideal para a participación das mulleres.

Outros dous elementos da horizontalidade que resultan característicos, tanto da

Marcha como de internet, son: xerarquía plana e estrutura de nodos. Deste xeito, se ben

a MMM conta cunha estrutura organizativa, esta non responde a un deseño vertical onde

haxa unha figura que represente o poder e cargos intermedios, senón que é un

conglomerado de grupos adheridos e grupos afíns, así como mulleres individuais (cada

un dos cales representa un nodo). Isto queda manifesto na súa presenza na rede

mediante, por unha banda, a comunicación que establece co seu público (de nós a ti, a

vós); e polo outro, ao feito de que non se poida identificar ningunha persoa física que

sexa representante da Marcha (buscan dar protagonismo a todas as mulleres por igual) e

a que comparten o seu espazo con outros Movementos. Por último, as web son espazos

colaborativos que se enriquecen con apartacións dos diferentes nodos.

Todo o anterior permite afirmar que existe unha estratexia de comunicación a

longo prazo, desenvolvido con vocación de permanencia e de emprego da rede como

plataforma para a participación social e o empoderamento das mulleres, non como mera

actividade pasaxeira.

Esta estratexia, nembargantes, non é pechada e estática senón que ten en conta as

necesidades da Marcha (p ex: creación de espazos propios para as diversas Accións). A

Page 67: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 65 -

adecuación é máis doada ao seren as propias “membras” quen crean o contido e

administran os espazos webs. Esta tarefa, a súa vez, vén facilitada polo emprego de

fontes abertas -unha alternativa ao modelo imposto polas multinacionais- baseado na

liberdade e intercambio de coñecementos, lonxe de monopolios comerciais

(Torrontegui, 2006) e que avoga polo “fortalecemento do traballo en rede e o fomento

dunha cultura organizacional non xerárquica, características intrínsecas do software

libre que son estratexia e bandeira do movemento feminista” (Boix, citada por Engler en

Miedo al Código, 2007).

Deste modo, pódese aseverar que as estratexias da MMM para construír espazos

na rede son coherentes cos seus obxectivos e valores. Así, internet facilítalles o contacto

e a interacción entre os distintos grupos e mulleres que forman parte da mesma; tamén

cos Movementos colaboradores, facendo seus os valores destes, tales como o uso de

fontes abertas, a defensa da biodiversidade ou a oposición ao neoliberalismo e ao

capitalismo. Ademais, o uso das ferramentas de sempre como o correo electrónico,

conxúganse coa creación de espazos web globais, locais e específicos e a presenza en

redes sociais.

A MMM é un movemento en continua efervescencia, que sabe sacar partido ás

novas posibilidades que ofrece internet, pero sen esquecer os seus obxectivos e valores:

a loita para a erradicación da pobreza e a violencia de xénero, o liderazgo en mans das

mulleres, o traballo colaborativo, a organización horizontal... Todo isto, tal como se viu

con anterioridade, impregna a súa presenza na rede, ao ser esta empregada como unha

plataforma para a divulgación de novas, textos políticos e accións, o acceso aos

materiais das accións (textos, multimedia), o apoio aos movementos aliados e a

circulación da información provinte dos distintos grupos participantes e Coordinadoras

Nacionais de todo o mundo.

Outro aspecto a recalcar é o feito de que sexa consciente de que non todas as

mulleres e todos os territorios teñen as mesmas posibilidades de acceso e capacitación

en TIC, polo que xunto a internet, precisa empregar outras estratexias, tales como: a

organización de actos e mobilizacións que “chamen a atención” dos medios de

comunicación convencionais, de forma que se fagan eco das mesmas e, sobre todo,

apoiarse na educación popular, entendida esta como unha ferramenta que permite “ás

Page 68: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 66 -

mulleres analizar por si mesmas e para elas mesmas, as causas da súa opresión,

discriminación e as posibles alternativas” (Obxectivo MMM).

Así pois, a MMM fai un uso activo da rede, ao tempo que non descoida nin

desatende a súa acción no espazo real. Tece redes. Conecta ás mulleres entre si,

outorgándolle o mesmo valor, independentemente de que se atopen próximas ou

distantes, de quen sexan ou onde naceran. Difunde información, que segundo

Barranquero (2003), serve para xerar respostas diversas fronte ao pensamento único,

alternativas que equilibran os fluxos económicos, sociais e culturais. Entende o local e o

global como realidades complementarias. Recoñece e respecta o valor da diversidade.

Aposta pola redución das relacións e a estrutura xerárquica. Por último, crea adhesións

de cara a consolidar o espazo simbólico e real feminino e potenciar a súa identidade. De

que estamos a falar? da Rede ou da MMM? Ferramenta e Movemento comparten

características, xa que internet non é só unha ferramenta senón tamén cultura, e como tal

transmite valores que non lle son alleos ao movemento feminista en xeral e, á Marcha

en particular.

Para rematar, e en relación ao ciberfeminismo, obsérvase que a Marcha non se

identifica con ningunha das correntes sinaladas (tecnofeminismo/ciberfeminismo social

vs tecnofobia) aínda que, sen dúbida, a súa posición está máis próxima á primeira que a

segunda. Na miña opinión, a MMM fai un uso práctico dunha ferramenta: internet, de

cara a conquistar novos espazos nos que continuar loitando contra as discriminacións e

desigualdades que sofren as mulleres. De feito, autodefínense como movemento

feminista, non ciberfeminista; entende pois, que non se desvinculan do movemento

feminista clásico senón que trasladan o seu discurso á rede, posibilitando e impulsando

a representación das mulleres no escenario virtual. Deste xeito, ao igual que conxugan o

local co global, conxugan tamén o espazo online co offline. Ambos os dous

compleméntanse para que o seu discurso chegue a todas e cada unha das mulleres, a

todos e cada un dos fogares, a todos os territorios e ao conxunto de todos eles.

Page 69: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede
Page 70: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

- 68 -

CONSIDERACIÓNS FINAIS

Se tivera que resumir nunha palabra as estratexias da Marcha Mundial das

Mulleres no seu uso e ocupación da rede esta sería “coherencia”; xa que os principios e

valores nos que se fundamenta o Movemento, así como as temáticas que constitúen a

súa loita e razón de existir, impregnan a súa presenza en internet, non só na forma e no

contido senón tamén no fondo. En relación a isto, quizais o máis destacable, sexa a

concepción que a MMM ten da rede: unha ferramenta útil e valiosa para informar,

difundir e comunicar o labor da Marcha, así como para tecer redes e favorecer o traballo

colaborativo dentro e fóra do Movemento, pero non é un obxectivo propio, como pode

ser o caso de PARM (Programa de apoio ás redes de mulleres). Dito doutro xeito, a

MMM aproveita as posibilidades de internet como instrumento para a interacción entre

as mulleres e ten claro que moito do traballo que leva a cabo (incluso o existencia da

propia Marcha) non sería factible sen o uso destas tecnoloxías.

Para profundar máis neste asunto, cabería ampliar a investigación de cara á

análise comparativa dos espazos web das Coordinadoras Nacionais da Marcha. Isto, co

obxecto de responder a unha serie de interrogantes, tales como: por que ningunha das

CN do continente africano ten web propia? Existe relación entre a taxa de

analfabetismo, a existencia dunha fenda dixital de xénero e a profundidade desta, as

infraestruturas e o acceso en TIC que teñen as mulleres nun determinado territorio... e a

importancia e valor que ten o uso de internet, por parte da Marcha nesa rexión? Como

son plasmadas as reivindicacións globais da Marcha en cada unha das realidades

locais?...

Atendendo a outro aspecto, as distintas estatísticas da Sociedade da Información

amosan que homes e mulleres nin acceden nin fan un mesmo uso de internet. Nesta liña,

pero trasladado as organizacións sociais e económicas, sería salientable preguntarse se

empregan as mesmas estratexias as organizacións lideradas e participadas por homes e

aquelas outras lideradas e participadas por mulleres. Contan cos mesmos recursos

(económicos, humanos...)? Se ben é certo que non existe unha Marcha Mundial dos

Homes ou similar, o cal desde unha perspectiva de xénero non deixa de ser

significativo, si resultaría revelador, tanto desde unha perspectiva cualitativa como

Page 71: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 69 -

cuantitativa, analizar o modo en que ocupan a Rede entidades de “feudo masculino”,

como a Organización Mundial do Comercio ou o Fondo Monetario Internacional (FMI).

A prior, poden intuírse diferenzas cuantitativas, por exemplo, maiores recursos

económicos ou maior presenza e interese dos medios de comunicación dixitais (e

convencionais) pero, cualitativamente? A quen se dirixen? Como o fan? Que idiomas

empregan? Como e para que ocupan o espazo na rede? E este un fiel reflexo da súa

estrutura, valores e obxectivos?, tal como acontece no caso da Marcha Mundial das

Mulleres.

Por útlimo, este estudo pon de manifesto o que grupos de mulleres poden levar a

cabo cando empregan as TIC e son conscientes das restricións que impón, en primeiro

lugar, o sistema patriarcal e en segundo, a fenda dixital ou de xénero. Tamén queda

patente que, aínda que estamos inmersos nunha nova Era, a da Sociedade da

Información, onde o “coñecemento nos faría máis libres”, as mulleres teñen que seguir

loitando por aquelo polo que o viñan facendo na Sociedade Industrial: a consecución

real da igualdade. Esta loita, para a MMM, resúmese na erradicación da pobreza e da

violencia de xénero; dúas variables dunha mesma realidade global que en cada rexión se

adaptan as circunstancias locais.

Page 72: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

- 70 -

BIBLIOGRAFÍA

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

���� AAVV (1995): Informe da IV Conferencia Mundial sobre la mujer

(Beijing, 1995).

http://www.inmujer.migualdad.es/mujer/politicas/docs/Informe%20de%20la

%20IV%20Conf_Beijing.pdf

���� Barranquero, A (2003): El nuevo pensamiento feminista en la red:

información, gestión y participación. Relatorio IV Bienal Iberoamericana

de Comunicación. http://www.saladeprensa.org/art498.htm

���� Benach Rovira, Núria (2006): Paradojas de la relación local-global.

http://www.antroposmoderno.com/antro-articulo.php?id_articulo=946

���� Bodeque, Mayte (2008): La brecha digital de género.

http://www.mujeryciencia.es/2008/05/07/la-brecha-digital-de-genero/

���� Boix, Monserrat (2001): La comunicación como aliada: tejiendo redes de

mujeres. http://www.nodo50.org/ameco/Tejiendo_redes_de_mujeres.pdf

���� Clúa, Isabel (2006): Prólogo da edición en castelán de El

Tecnofeminismo de Judy Wajcman.

http://www.ub.edu/cdona/Lectora_13/04.%20Ressenyes%20pdf/02.%20Wa

cjman.pdf

���� Crang, P (1999): Local-global en Introducing Human Geographies. pp

24-34

���� De Miguel, Ana e Boix, Monserrat (2002): Los géneros de la Red: los

ciberfeminismos. http://www.mujeresenred.net/IMG/pdf/ciberfeminismo-

demiguel-boix.pdf

Page 73: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 71 -

���� Elías Mortera, Laura (2004): La globalización, los colectivos de mujeres y

la reconfiguración del Estado nación: el interés común y las sociedades

del conocimiento.

http://www.cibersociedad.net/congres2004/grups/fitxacom_publica2.php?gr

up=70&id=567&idioma=es

���� Engler, Verónica (2006): Miedo al código.

http://www.mujeresenred.net/spip.php?article886

���� Gil, Eva Patricia (2007): Technofeminism de Judy Wajcman.

http://www.uoc.edu/uocpapers/5/dt/esp/gil.pdf

���� González Hernández, Eva Mª e Burkle, Marta (2004): Redes electrónicas

de mujeres: nuevos espacios de participación social.

http://www.cibersociedad.net/congres2004/grups/fitxacom_publica2.php?grup=70

&id=148&idioma=es

���� Javaloy, Federico; Espelt, Esteve e Rodríguez, Álvaro (2001): Internet y

movimientos sociales: un enfoque psicosocial. Laboratorio de Psicoloxía

Social, Universitat de Barcelona. http://www.ub.es/dppss/lps/mov_soc.htm

���� Larrondo Ureta, Ainara (2005): La Red al servicio de las mujeres.

Aproximación a la relación mujer y medios de comunicación en

internet.

http://revistas.ucm.es/inf/11341629/articulos/ESMP0505110375A.PDF

���� MMM (2008): 1998-2008. Una década de lucha internacional feminista.

Publicado por SOF, Sao Paulo (Brasil).

���� Muñoz Santamaría, Lourdes (2010): Internet, un espacio de

empoderamiento de las mujeres.

http://www.nodo50.org/mujeresred/spip.php?article1837

���� Núñez Puente, Sonia (2008): Una exploración de la praxis feminista en

España: nuevas tecnologías y nuevos espacios de relación desde el

ciberfeminismo.

http://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045/9001/1/Feminismos_11_07.pdf

Page 74: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 72 -

���� O’Donnell, Susan (2001): Analysing the Internet and the Public Sphere:

The Case of Womenslink, Javnost- The Public 8 (1), pp 39-58.

http://www.javnost-thepublic.org/media/datoteke/2001-1-odonnell.pdf

���� OGSI (2008): Enquisa á poboación xeral sobre a Sociedade da

Información en Galiza.

http://www.osimga.org/sites/default/gl/documentos/d/ogsi/doc_prop/diagno

stico_2008_enquisa_a_poboacion_xeral_sobre_a_si.pdf

���� Orange, Fundación (2009): Informe Anual sobre el desarrollo de la

sociedad de la información en España.

http://www.fundacionorange.es/areas/25_publicaciones/e2009.pdf

���� Piñeiro Otero, Mª Teresa (2009): Enredadas na Ciencia. Relatorio

presentado no IV Congreso de la Cibersociedad “Crisis analógica, futuro

digital. http://www.cibersociedad.net/congres2009/es/coms/enredadas-na-

ciencia/835/

���� Reverter, Sonia (2001): Reflexiones entorno al Ciberfeminismo. En Revista

Asparkia, 12. Universidad Jaume, Castellón. pp 35-52

���� Rostagnol, Susana (2003): Organizaciones de Mujeres, Redes y TICs.

Centro de Competencia en Comunicación para América Latina, Uruguay.

www.c3fes.net

���� Sádaba Rodríguez, Igor (2002): Panorama alternativo en internet.

http://www.rebelion.org/hemeroteca/cibercensura/igro271002.htm

���� Torrontegui (2006): Innovación, libertad y democracia ¿a quién

beneficia el software libre?

http://www.mujeresenred.net/spip.php?article494

���� Wajcman, Judy (2006): El tecnofeminismo. Ed Cátedra, Madrid

Page 75: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Participación en RedeParticipación en RedeParticipación en RedeParticipación en Rede

- 73 -

REFERENCIAS METODOLÓXICAS

���� Andréu Abela (2001): Las técnicas de análisis de contenido: una revisión

actualizada. http://public.centrodeestudiosandaluces.es/pdfs/S200103.pdf

���� Avilez, José (2006): Recolección de datos.

http://www.monografias.com/trabajos12/recoldat/recoldat.shtml

���� Ortiz, A (2006): Elaboración de los proyectos de investigación.

http://www.monografias.com/trabajos/elabproyec/elabproyec.shtml

���� Tapia (2000): Metodología de investigación.

http://www.angelfire.com/emo/tomaustin/Met/metinacap.htm

ESPAZOS WEBS

Marcha Mundial das Mulleres

���� http://www.marchamundialdelasmujeres.org

���� http://www.mmm2010.info/

���� http://www.feminismo.info/

���� http://twitter.com/SImmmMMFwmw

���� http://pt-pt.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

Outras

���� http://www.dawnnet.org/

���� http://alainet.org/mujeres/

���� http://www.apc.org/en/about/history

���� http://www.apc.org/en/about/programmes/womens-networking-support-

programme-apc-wnsp

���� http://www.e-mujeres.net

Page 76: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Marcha Mundial das Mulleres

- 74 -

���� http://www.mujeresenred.net

���� http://www.ine.es/jaxi/menu.do?type=pcaxis&path=/t25/p450/a2009/&file=

pcaxis

���� http://plone.org/countries/mx/introduccion-a-plone-y-zope

Page 77: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede
Page 78: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

ANEXOS

Page 79: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Entrevista a Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres

Preguntas xerais.

1. Cando e como nace a MMM-Galicia?

2. Cales son os principios da MMM-Galicia, ao marxe da MMM?

3. Estrutura e organización da Marcha en Galicia

Estrutura e organización da MMM

4. Financiamento.

5. Que tipo de entidades están adheridas? Cantas hai na actualidade?

6. É complexo pór de acordo a entidades distintas e heteroxéneas? Como se consegue?

7. Accións da MMM- Galicia. A quen van dirixidas?

Públicos (mulleres, medios de comunicación, sociedade); obxectivo (dar a coñecer a Marcha, difundir os seus pp, captación de asociacións, busca de apoio social...)

8. Levan a cabo accións conxuntas ou colaboran conxuntamente con outros movementos sociais? Con cales?

9. Cando hai unha Marcha a nivel mundial (p.ex: 3ª acción internacional) que actividades/tarefas veñen decididas desde arriba e cales se deciden a nivel local?

10. Como se organiza un acto deste calibre? Que medios se empregan na súa difusión e participación?

Preguntas web.

1. Xerades vos o contido ou tendes subcontratado o servizo?

2. Na súa estratexia de comunicación, que valor lle dan a internet? Por que? Se o valor é baixo. Cales son os motivos?

3. Públicos aos que vai dirixido a páxina.

4. Cal e a súa función/s: ferramenta de interacción, medio informativo...

Page 80: Marcha Mundial das Mulleres: participación en rede

Entrevista ao Secretariado Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

1. ¿El contenido, mantenimiento y actualización de la web es hecho por la Marcha? ¿Son las propias miembras de la Marcha creadoras de contenido, además de usuarias?

2. En su estrategia de comunicación, ¿que valor tiene su web?, si este és bajo, ¿cuáles son los motivos?

3. ¿Como se estrutura la web? Se sigue algún criterio: contenidos, públicos a los que va dirigido...

4. ¿A que públicos va dirigido la web? (medios de comunicación generalistas, público en general, mujeres, socias....

5. ¿Cúal es su función/es: herramienta de interacción, medio informativo, divulgador, de propaganda...

6. He observado que hai una parte que no es de libre acceso. ¿Quién puede acceder a la parte privada? ¿Qué tipo de contenidos, información es colgada en esa parte?

7. Por último, la página web está escrita en 3 idiomas: inglés, francés, español. Una mujer/ organización que no comprenda ninguno destos idiomas ¿tiene alguna forma de acceder a la información de y sobre la Marcha? ¿Facilitan esta conexión las web regionales de los distintos grupos adheridos?