o ventoeiro nº 18

158
CURSO 2010-2011 EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIAZACIÓN LINGÜÍSTICA

Upload: ceip-san-ramon-moeche

Post on 27-Mar-2016

242 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Revista educativa realizada con trabajos de los alumnos del centro

TRANSCRIPT

Page 1: O Ventoeiro nº 18

CURSO 2010-2011

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIAZACIÓN LINGÜÍSTICA

Page 2: O Ventoeiro nº 18

ÍNDICE

1.- Presentación 2.- O Magosto 3.- Lecturas: “Os nosos contiños”

A Tía Xuana A Maruxaina O Chupasangues A Meiga A Bruxa desesperada O conto de Adriana

4.- Concurso: “Todos a rir con Chistín” 5.- O Nadal 6.- Lemos en inglés

Our pets Celbrity snaps What is it?

7.- Unha pintora no colexio: J. Carro 8.- Lecturas: “Os nosos contiños”

O rapaz maleducado O rapaz que buscou a sorte O xardín precioso de Marina O ladrón pirata Os piratas do Óceáno Atlántico

9.- O Entroido

Page 3: O Ventoeiro nº 18

10.- Lecturas: “Os nosos refráns, poesías e acrósticos” O Arco da Vella Un refrán para cada mes do ano O recreo

11.- Proxecto da nutrición e alimentación 12.- Actividades de Educación Artística 13.-Lecturas:”As nosas receitas”

Milfollas de piña con nata Biscoito de galletas María

14.- Letras Galegas 15.- Lecturas: “Os nosos relatos de medo”

Pedro Chosco A Santa Compaña O Tardo O tolo da ría

16.-O Día da Paz 17.- Lecturas: Cómics do 2º ciclo 18.- Outras actividades

Día da muller traballadora Concurso de lemas contra a violencia de xénero Visita dunha nutricionista Lemas fomento da lectura Un contacontos e un mago Visita á Capela: Xogos populares Partido: Deportivo - Valencia

19.- Pasatempos

Page 4: O Ventoeiro nº 18

Aquí estamos un aniño máis co Ventoeiro, xa imos polo número 18.

Antes de comezar queremos darlle os parabéns á mestra Cristina porque xa é nai dun neno precioso chamado Javier. Dende aquí vos mandamos un bico enorme para os dous.

Queremos despedir a Fabio que este ano marcha do

colexio e desexarlle sorte no seu novo destino.

Tamén nos despedimos dos rapaces e rapazas de 6º que marchan do colexio. Esperamos que vos vaia moi ben a todos e todas e que non nos esquezades. Nós nunca nos esqueceremos de vós e desexamos que nos visitedes alomenos nalgunha ocasión.

Equipo de Normalización e Dinamización do CEIP San Ramón.

Page 5: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 6: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Comezaremos por contarvos como celebramos este curso "O Magosto" e "O Samaín". Tendo en conta que este ano no noso centro traballamos en torno ao proxecto da alimentación e a nutrición, non podiamos comezar mellor que facendo unha festa culinaria.

Primeiro os nenos/as da planta baixa do colexio axudados polos mestres e mestras elaboraron unha serie de pratos con alimentos fríos (tipo canapés).

E despois colocáronos no corredor do centro para convidarnos a todos a un aperitivo boísimo. Aquí vemos aos nenos e nenas de infantil e

1º ciclo elaborando os bocadiños nas aulas

Page 7: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Velaquí vos van unhas fotiños dunha das mesas. Poderedes comprobar a curiosidade con que foron feitas, coidando en todo momento tanto os sabores como a presentación da comida.

Para que vexades polo menos que boa pinta tiñan, xa que non puidestes probalos.

Page 8: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Entre outras cousas comemos: canapés de queixo fresco e curado, bonito, bocadiños de paté con aceitunas, de froitas combinadas con outros alimentos, de xamón iork, paté de cabracho, .... Pasados uns días e como manda a lei da cortesía, foron os da pranta alta os que convidaron a todos con outros pratos non menos elaborados e deliciosos.

Page 9: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Dende logo, foi unha actividade xenial na que como debe ser, despois do traballo ven o disfrute do esforzo realizado

Aquí estamos todos comendo e disfrutando dos manxares.

Casa
Sello
Page 10: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Despois desta estupenda celebración, comezamos o verdadeiro traballo do magosto no centro coa realización dun montón de actividades por parte de todos os cursos. Contaremos algunhas delas:

Fixemos exposición de froitos do outono no corredor coa colaboración dos pais e nais que contribuiron traendo cestas preciosas coma estas.

Page 11: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Elaboramos murais diversos referentes tamén ao

outono.

Murais feitos polos nenos e nenas de educación infantil.

Mural feito polos nenos e nenas de 1º ciclo.

Page 12: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Contamos contos de medo no Samaín. Os nenos e nenas de 3º ciclo léronnos contos de seres mitolóxicos e tamén contos de medo.

Page 13: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Os de infantil e 1º ciclo tamén leron contos

relacionados co magosto. (Abaixo no intre de ler tedes algúns deles).

Page 14: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

E por suposto o que non podía faltar no magosto é a tradicional papa de castañas asadas. Como todos os anos, fixemos cucuruchos de papel de periódico para encher de castañas, e comemos e bebemos a fartar. Non pensedes mal que o que bebemos foron zumes e refrescos que Mª Xosé tenos moi ben controladiños.

Page 15: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Tamén fixeron contiños do magosto outros cursos

como o 1º ciclo que expuxo un sobre cabazas.

Page 16: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 17: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 18: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 19: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

A Lectura é a porta á cultura

Page 20: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

A TÍA XUANA Dise que un día que a tía Xuana estaba durmindo, escoitou un ruído.Entón levantouse, foi a onde viña o ruído e viu…!un neno¡ Púxose tan leda que non puído evitar soltar unha risiña maliciosa e dicir en voz baixa: -Mmmm, un neno!Estou de sorte, fai moito que non vía un neno, ao menos, non sei, uns cincuenta anos.Da gusto volver a ver unha peza máis para a colección . Ai, o pobre neno non sabía o que lle esperaba.Entón, a tía xuana achegouse lentamente, procurando non facer ruído, xa que se se decataba, non tiña nin a metade de graza que se o pillaba por sorpresa, ademáis, botaría a correr e sería difícil atrapalo. Cando xa estaba detrás del e tan rápido como puido tapoulle a boca, colleuno e saíu correndo hacia a hucha.Cando chegou abríu a tapa, meteu o neno como puído, despois meteuse ela e cerrou a tapa. E nunca máis volveron ver ao pobre neno. Adriana Quiza,5º

Page 21: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

A maruxaina

A maruxaina é unha serea. Vive nun illote, algunha xente di que é boa e outra di que é mala. Pero ninguén pode sabelo seguro. Un día , a maruxaina salvou un barco que estaba a piques de afundir, pero, aos tres días desapareceou o barco e a xente que ia nel. Ao día seguinte encontraron os restos do barco afundido, e a xente culpaba a maruxaina. Os mariñeiros levan á maruxaina a terra todos os anos e xúlgana. Uns anos declárana inocente e outros culpable. A maruxaina cala, e acepta o que din os homes. Ana Cal García 5º de Primaria.

Page 22: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

O CHUPASANGUES Nas noites de inverno o chupasangue escondíase nas beiras dos camiños esperando aos rapaces que voltaban da escola para reunirse coas suas familias.O chupasangue matabaos e chuchaballes o sangue,amontoábaos debaixo da cama e un día e outro e outro ata que desapareceron da vila para sempre.Ao final ía o cementerio chuchar a sangue dos mortos. Patricia Campos Dopico 5º DE PRIMARIA.

Page 23: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

A Meiga

Esta é a meiga Rosamari e vive no castelo de Moeche. Ten un ollo de cada cor e é fea como un demo. A lenda dí que os nenos que se bicasen dentro do castelo converteríanse en ratas porque a ela nunca lle deran un bico.

 

Page 24: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Os Trasnos

Os tranos son moi baixiños e moi pequechiños. Os que viven en Moeche dedícanse a coidar a natureza. As súas casas están nos carballos

Autor: César Muíños Brañás

Page 25: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

A BRUXA DESESPERADA Había unha vez unha fábrica abandonada na que vivía unha bruxa vella á que lle gustaba facer apócemas coas persoas. Un día xa non tiña persoas e foi en busca dunha. Non lle gustaba ningunha, pero de repente viu unha señora collendo flores do seu xardín. Foi onda ela e díxolle se lle podía axudar e a señorita para ser amable díxolle que si sin saber que tipo de axuda era. Levouna para a fábrica, meteuna nunha pota xigante e a señora ía perdendo as forzas. Cando xa non tiña forzas meteuna na batidora xigante para que se desfixera toda. Cando rematou meteuna outra vez na pota e púxolle lume. Cando a señora ía cocida,

meteuna nun bote e botoulle uns pos máxicos. E a señora non se volveu a ver nunca máis.

Page 26: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

CONTO DE ADRIANA

Había unha vez un pirata chamado Carámbanos. A el encantáballe atracar a outros barcos, sobre todo porque sempre gañaba el. Así está, que case lle sae ouro polas orellas. Un día atracou un galeón español e coma sempre, gañou e quedou co valioso tesouro. Ao día seguinte, moi cedo, dirixiu o barco hacia unha illa deserta. Cando chegou a esta, baixou do barco coa tripulación e, cargados con palas, foron agochar o tesouro. Metéronse nunha pequena selva e cando encontraron un claro, puxéronse a cavar. Mentras cavaban, Carámbanos oíu berrar a un loro, e despois, oíu a alguen facéndoo calar. Carámbanos preguntoulle a todos se oíran iso, e dixéronlle que eles non oíran nada e entón el pensou que o imaxinara. Enterraron o tesouro e, cando se marchaban, viron saír voando o loro dos matorrais.

Page 27: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Había tempo que Carámbanos quería un loro e, sen pensalo, saltoulle enriba ao pobre animal. Levouno ao barco e, como xa oscurecía, pensaron que non valía a pena marchar ese día, así que esperaron ao día seguinte. Carámbanos levou ao loro para a súa habitación e foise a cear e cando acabou, foi a habitación a durmir. O loro xa estaba durmido pero, cando oiu o ruido da porta ao cerrarse, espertou e comezou a berrar: -¡Francisco, Francisco! - Quen é ese tal Francisco? – preguntou Carámbanos. O que non sabía o pirata era que a illa non estaba deserta, pois alí vivía un naúfrago chamado Francisco dende facía meses. Entón pensou: -Mmm… que raro! … Os loros só falan se alguen lles ensina… ¡Pero a illa está deserta! E recordou que un pirata amigo seu lle dixera que na costa daquela illa afundira unha barquiña de pesca facía meses, e que o xoven que viaxaba nela desaparecera. Entón comezou a berrar: -O meu tesouro, o meu tesouro!

Page 28: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

O loro saíu escopetado para debaixo da cama e a tripulación, cando oíu os berros, correu hacia o camarote do capitán. -Que pasa co tesouro, capitán? – preguntaron. -Pero como puiden ser tan parvo! A illa non estaba deserta, vanme roubar o tesouro! Todos baixaron do barco alarmados e correron hacia a selva, pero entón saíu Francisco dende os matorrais co tesouro baixo o brazo. -Non o deixedes fuxir, rápido! Berrou o capitán chorando coma un loco. A tripulación correu tras el, pero xa era demasiado tarde. Francisco xa estaba no barco. Francisco puxo rumbo hacia a costa de morte, pois alí é onde vivía. Como xa era moi tarde, Francisco foi durmir ao camarote do capitán. E cal foi a súa sorpresa cando de debaixo da cama saíu … O loro, o seu mellor amigo!Curro(que así era como se chamaba o loro) e Francisco abrazáronse e falaron durante toda a noite, pois aínda que non estiveran moito tempo ser verse, a eles pareceulles un ano. Ao día seguinte, cando cegaron á Costa da Morte, os veciños do pobo onde vivía Francisco recibírono

Page 29: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

cunha gran festa. A mañá seguinte, Francisco saíu con Curro e o seu cabalo hacia Madrid. Cando chegaron, foron a palacio e devolvéronlle o tesouro ao rei. Este agradecido, nomeou a Francisco marqués da Costa de Morte e deulle unha parte do tesouro. Francisco comprou unha mansión, onde viviu con Curro e o seu cabalo. Así, todos foron felices (incluíndo a Carámbanos, que tivo tantos loros como quixo, aínda que a tripulación non estaba moi contenta).

Page 30: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 31: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

CONCURSO :"TODOS A RIR CON CHISTÍN"

Outra actividade divertida organizada dende o equipo de Normalización de Dinamización Lingüística foi o concurso "Todos a rir con Chistín". Sabedes que era Chistín? pois ben, Chistín é un dragón ao que lle gustan moito os chistes e véu este curso de visita ao colexio para traer e levar chistes de todo tipo. O mencionado concurso consistía en que os rapaces e rapazas do colexio axudados tanto da familia como da escola recopilaran chistes referidos á modalidade escollida en cada momento por Chistín e os escribisen nunha folla especial (bafarada de fume) para ser exposto nun mural no corredor do colexio. Unha vez rematado o prazo, os propios nenos e nenas botaban o chiste que máis lles gustara e saía elixido o gañador desa modalidade de chistes.

Dille Tarzán a un rato: - Tan pequeño e con bigotes.

Dille o rato a Tarzán: - E ti tan grandote e con pañais.

Chiste semifinalista David Varela Freire 6º

Page 32: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Houbo un total de 5 modalidades: chistes de vellos, de galegos, de borrachos, chistes curtos e chistes de mestres e alumnos/as. Os gañadores semifinalistas foron: David Varela de 6º, Ana Cal de 5º, Mateo Galdo de 1º, Gabriel Bustabad de 4º e Diego Calderón de 3º. Todos eles levaron un agasallo dun rotulador especial.

Aquí está a 3ª modalidade de chistes:"chistes curtos" xunto coa exposición dos dous finalistas que había ata o momento.

- Jaimito, dime o verbo andar. - Eu ando, tiii andas, el aaanda…. - Jaimito, máis rápido. - Eu corro, ti corres, …

Chiste semifinalista Diego Calderón Pérez. 3º.

Page 33: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

A gañadora finalista do concurso foi Ana Cal García de 5º que recibiu ademais un libro en galego e un diploma de Chistín.

Ërase unha vez unha avoa que nunca montara en coche. Un día o neto levouna no seu coche, ve que o nento move a panca do cambio de marchas constantemente e dille: ¡Ti conduce que a gasolina xa cha removo eu!. 1º Premio Ana Cal García 5º.

Page 34: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Por suposto, Chistín non quería esquecerse de todos aqueles que participaran no concurso e tamén se lles agasallou cunha chapa coa súa foto en recordo do concurso.

Dous borrachos camiñan pola vía do tren e un dille ao outro: -Que escaleira máis longa E o outro contéstalle: - A min o que me molesta é o pasamán tan baixiño.!!. Chiste semifinalista Mateo Galdo 1º

O inglés e o galego O inglés caeu ao mar e dixo: - Help, help(que significa “axuda” en inglés). O galego dille: -Non teño “gel”, se non che importa déixoche o xampú. Chistes semifinalista Gabriel Bustabad. 4º

Page 35: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Unha vez rematado o concurso e feita a entrega de premios, elaboramos un libro con todos os chistes recopilados como podedes ver na foto. O libro foi incorporado á biblioteca para que todos e todas podan lelo se o desexan.

Son imaxes do libro aberto e da portada do mesmo.

Page 36: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 37: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Chegou o inverno e con el a celebración do tradicional Nadal. Un ano máis fixemos unha morea de traballos relacionados con estas datas. En 1º lugar comezamos coa decoración do colexio. As diferentes clases fixeron traballos e ben bonitiños:

Comezaremos por mostrarvos algúns murais:

Aquí podedes ver un recuncho precioso do Nadal.

Ärbores de Nadal elaborados polos nenos e nenas de infantil

Page 38: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Os nenos e nenas do 3º ciclo do curso pasado elaboraron na aula de plástica unha árbore de Nadal con material de refugallo (botellas de plástico, bombillas fundidas, …). Este ano recuperámolo, engadímoslle algunhas cousiñas e tamén o expuxemos no colexio na planta baixa.

Por suposto, non podía faltar a representación do Belén.

Page 39: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Dende o ENDL felicitamos a todas as familias cunhas postais moi orixinais, xa que aparecían as fotos dos diferentes nenos e nenas.

Os nenos e nenas de 1º ciclo tamén fixeron unhas

felicitacións non menos orixinais como podedes comprobar na seguinte foto.

Aquí vemos a felicitación dos nenos e nenas do 1º ciclo.

Page 40: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Por último, como todos os anos celebramos o día do festival de Nadal donde todos os cursos e todos os nenos e nenas do colexio, axudados polos mestres e mestras participaron en diferentes actividades: obras de teatro, cancións, interpretación de panxoliñas con frautas, bailes, etc….No intermedio do festival, convidamos a todos a tomar chocolate con churros mentras se facía a proxección de fotos do curso pasado na pantalla dixital. Pasámolo moi ben.

Nesta foto vemos á esquerda aos nenos e nenas de 3 e 4 anos facendo un baile, e á dereita aos de 5 anos cunha obriña de teatro.

Na foto da esquerda están os alumnos/as de 1 ciclo rematando a obra de “Carrapuchiña vermella” e á dereita os de 5º coa obra “Pinocho”.

Page 41: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Nestas fotos están bailando os nenos e nenas de 5º e os de 1º ciclo.

A esquerda están os de 2º ciclo facendo un baile e á dereita os de 6º cantando panxoliñas.

Os de 6º fixeron unha obra de teatro divertidísima que acontecía nun restaurante moi especial.

Casa
Sello
Page 42: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Belén”, “O roscón

de reis”, “O Mazapán”, “ A Estrela”, …

Os nenos e nenas maiores fixeron traballos de recopilación

sobre “costumes e tradicións galegas" no Nadal como podenver nesta foto: “O Nadal na lareira”, “O

Page 43: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 44: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Hello, I’m Cesar. This is my pet, he’s a dog and his name’s Pas. He’s very big and he has got brown hair. He is tall and he has got strainght and long tail. His ears are short and black. He has got a little nose. He can run, jump and swim but he can’t fly. He likes ham sandwiches but he doesn’t like ice cream.

Page 45: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Hello, I´m Claudia.I have got two pets: Pili and Mili.They are hansters.They are little and fat with little pink ears.They are grey and black and they have got little legs and short tail.They can climb the cage.They eat sunflower seed.They live in a cage in the kitchen.

Page 46: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

I`m Elisabeth: This is Duque my pet . It’s a big dog . It’s black with brown spots It is seven months old . It is fat and he has got straight hair , big ears and long nose . He likes milk and bread . He doesn’t like birds . He can run but he can’t play football.

Page 47: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

My name is Gaby. I’ve got a pet .Its name is Blanca , it is a rabbit. She is fat and big.She is white and she has got black and long ears. She has got a short tail. She can jump. She like carrots.

I’m Samain.My pet is a rabbit.Her name’s ¨Cispy¨ .She is brown,black and white. She has got a short tail,four legs, log ears, brown eyes and a pink nose. She likes grass and carrots.She lives in a cage.

Page 48: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Hi, I’m Alba and I’m from Galicia. I was at the cinema with my cousin and Selena Gomez was at the cinema too. She was wearing a beautiful blue dress and black shoes. It was very hot and sunny.

Alba,10,Moeche,Galicia.

Page 49: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Hi,my name’s Diana and I’m from Galicia.I’m 11.I was playing football at the sports centre with my brother and Cristiano Ronaldowas at the sports centre too.He was wearing blue shorts,a yellow T-shirt and purple trainers.I was wearing a green T-shirt , a red shorts and orange trainers.It was sunny and hot. It was very funny! Diana,11,Galicia.

Page 50: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Hi,my name is Pa tricia and I’m from Galicia.I’m 10.I was at the music shop with my cousin Charlie and Shakira was at the music shop too. She was wearing black shirt and blue t-shirt.I was wearing blue trousers and pink t-shirt.It was very funny.

Patricia,10,Moeche.

Page 51: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Hi, I am Ana.I am 10 and on Sunday it was my birthday. Miranda Cosgrove was there. She was wearing a beautiful red dress and beige shoes. I was wearing a white jacket,green T-shirt and white shoes. We were eating cakes. It was very hot and sunny. Ana,10,Moeche.Spain.

Page 52: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Hello,my name is Adriana; I am 10 and I am from Spain.I was at the park, and Selena Gómez was too.She was wearing a pink dress and pink shoes. It was very funny day! Adriana, 10, Moeche, Galicia.

Page 53: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

g and purple T-shirt and blue shorts. It was very hot and sunny.

Vanessa,11,Spain.

Hello. I’m Vanessa and.I’m from Spain.This is me in India.I was at de Taj Mahal and Justin Bieber was there. She was wearing a pink T-shirt and blue trousers .I was wearin

Page 54: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 55: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 56: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

UNHA VISITA MOI ESPECIAL Este curso recibimos unha visita moi especial ao colexio: a pintora J. Carro. Trátase dunha pintora ferrolana. Tivemos a grande sorte de que acudira ao noso centro a darnos unha sesión en vivo sobre diferentes técnicas de pintura referidas todas eles aos bodegóns. Recordamos que ao longo do curso traballamos aspectos relativos á alimentación e nutrición, pois ben, dende a clase de educación artística conectando con este proxecto, organizouse unha sesión con esta artista que nos explicou en directo como se pinta un bodegón. As técnicas traballadas foron a témpera, o pastel e a acuarela. Os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo traballaron as técnicas de témpera e algo de pastel; os de 2º e 3º ciclo ademais probaron a técnica da acuarela.

Aquí vemos como J. Carro da unha explicación aos de infantil e 1º ciclo sobre a técnica da témpera nos bodegóns.

Page 57: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

serviran de modelo para pintar: un xarrón con flores, un fruteiro

upintar, despois fíxonos unha demostración para finalmente ser os

v

O VENTOEIRO Nº 18

varios motivos naturais que nos

A sesión comezou coa mostra de

nos como se observa a peza a

de artistas e, axudados por ela, os expostos.

con froitas, ... Primeiro explico

nenos e nenas quenes actuarantentaron pintar algún dos moti

Page 58: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

A actividade organizouse no corredor da planta baixdonde montamos todo un estudio de pintura improvisado que tiñamos preparado cando chegou a pintora, tal e como ela nos suxerira con anterioridade.

Como se aprecia nestas fotos, a pintora amósalles aos máis pequenos a súa técnica pintando un pemento, unha laranxa e un plátano.

a do colexio,

E agora comprobade o ben que quedaron as p

Aquí están os rapaces facendo as súas pinturas.

inturas dos rapaces.

Page 59: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

ecerlle a esta pintora veciña o ben

eito gratuito, senón que ademais agasallounos con dúas das súas as para o colexio(unha escollida polos nenos e nenas e outra

lo a

rlex

Dende aquí queremos agradque se portou con nós, porque non somentes acudiu ao centro dexobrpoSe Por ssobcotra

s mestres e mestras). lguén queres velas, estarán a partires de agora no colexio.

uposto que antes da súa chegada, realizamos un estudio e a súa vida e obra, algo que a ela lle encantou cando véu ao xio e se atopou con murais nos que aparecían a súa ectoria artística.

Aquí temos algúns deses traballos

sobre a artista.

Page 60: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

e todos modos, se alguén lle interesa algo referente á súa obra u poñerse en contacto con ela, aquí vos vai a súa páxina web: ttp://www.pintoresgallegos.com/jcarro/

n biquiño moi agarimoso para tí Josefina Carro de todo o olexio.

Doh Uc

Page 61: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 62: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

O RAPAZ MALEDUCADO

Erase unha vez un rapaz moi malo que vivía coa súa avoa no campo, nunha casiña de moitas cores. O rapaz estaba todo o día facendo falcatruadas, a avoa estaba farta del pois o neno xa tiña dezasete anos. A avoa díxolle que como non se portase ben que o botaba da casa; o neno non lle fixo caso e marchou de parranda cos amigos. Entón a avoa xa cansada do neto pechou a porta. O neno quedou coa boca aberta, a avoa saíu pola ventá e díxolle ao neno que xa o avisara. O neno moi arrepentido disculpouse coa súa avoa, entón a avoa predonouno e deixoulle pasar para a casa. Despois daquiño, o neno non volveu a facer falcatruadas.

O RAPAZ QUE BUSCOU A SORTE Houbo un tempo que un rapaz chamado Pablo vivía nun vertedoiro e todos os días ía pola cidade dando unha volta; non tiña ningún cartos porque se fora da súa casa. El nunca comía e todos se rían del; pero un día pola mañá decidiu marchar para outra cidade moito mellor onde o quixeran os veciños da cidade. Alí fíxose amigo de moitas persoas adultas, rapaces, nenos… El sinteuse como se fose da familia daquela xente. Unha señora do barrio deixoulle que durmira na súa casa de dáballe de comer. E desde aquel día Pablo disfrutou ben da vida como toda a xente do mundo.

Page 63: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

O XARDÍN PRECIOSO DE MARINA Como todos os días a señora Marina collía as súas preciosas flores no seu xardín enorme. Poñía as luvas e alá ía por flores vermellas, amarelas, brancas, rosas de diferentes tamaños, pétalos máis puntiagudos, redondos. Ela estaba feliz. No seu xardín pasábao en grande.

O LADRÓN PIRATA Como todos os domingos, a avoa Rosa foi plantar ao seu xardín. Vivía nunha casa, nunha pequena aldea. A súa casa era azul, co tellado vermello. Gustábanlles moito as flores e todo o relacionado coas plantas. Pero ese día deuse conta de que lle faltaba un magonolio.¡Desaparecera! Ao lado encontrou un sombreiro de pirata, e pensou que alguén fora roubalo. Foi á comisaría e contoulles “a historia”. Dixéronlle que non se preocupase, que xa se encargaban eles. Volveu á casa, e ao día seguinte…. ¡Tiña o xardín destrozado! Esta vez encontrou unha espada. Estaba todo claro ¡que o ladrón era o pirata! Pensou nunha trampa: poñería un cofre con moedas de ouro, e cando estivera o pirata a collelo, caeríalle unha rede encima. Chegou a noite e a avoa Rosa vía coma o ladrón se acercába ao cofre, entón soltou a rede e atrapouno. ¡Era o Corsario Negro! Ao día seguinte a policía meteuno no cárcere.

Page 64: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

OS PIRATAS DO OCEÁNO ATLÁNTICO

Como todas as mañás de primavera, a señora Buldog, que vivía nunha casiña pequena dun pobo costeiro, ía ao seu xardín coidar as súas flores e falar cos veciños; todo era normal ata que un día viu ao lonxe un barco pirata. Nel viaxaba o pirata Tríptico coa súa tripulación. A señora Buldog que é moi cotilla foi ao porto cotillear para saber que pasaba pero os piratas vírona e secuestrárona. Pasaron días e o señor Buldog buscou por ceo e terra ata atopar a súa muller na illa de Arousa abandonada. Aínda que estaban pasando unha mala racha, puxéronse moi contentos os dous e chamaron a policía para comunicar que a señora xa aparecera. O señor e a señora Buldog foron de vacacións a Asturias para desconectar e olvidarse de todo. Dende aquela son moi felices e a señora parendeu a non ser cotilla.

Page 65: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 66: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Como todos os anos, celebramos o entroido disfrazándonos e saíndo a dar unha volta pola zona. Este ano, como non podía ser doutro xeito(tendo en conta o “proxecto da alimentación") disfrazámonos de froitas:

Os nenos e nenas do 1º ciclo disfrazáronse de fresas, e ían así de guapos.

Os do 2º ciclo fixeron os disfraces de laranxas.

Page 67: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Os maiores foron de piñas.

Unha vez que tiñamos todos os disfraces ven feitiños, esperamos ao día da feira de Moeche, e alí nos fomos a divertirnos e a divertir á xente que nos animaba ao vernos pasar. Tamén elaboramos unha canción axeitadiña aos disfraces que levabamos.

Xa está aquí, xa chegou Xa está aquí, xa chegou A maxia do carnaval! A maxia do carnaval! Xa está aquí, xa chegou Xa está aquí, xa chegou Imos disfrazarnos xa. Imos disfrazarnos xa. Disfrazados de fresiñas Disfrazados de laranxas Van os nenos pequerrechos van os de 3º e 4º De 1º, de 2º os de 5º e os de 6º E tamén os de infantil somos frutas tropicais. Disfrazados cara á feira Disfrazados cara á feira imos cantando e bailando imos cantando e bailando. unhos bailan, outros cantan Uns cantamos, outros bailan, todos imos desfilando todos imos desfilando.

Page 68: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Como podedes ver nesta foto, a xente bailaba con nós e todos estabamos moi ledos.

Despois de dar unha voltiña pola feira, de rir e de cantar, fomos ao concello onde nos convidaron a churros quentiños que estaban boísimos.

Page 69: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

E para rematar a celebración do entroido, fixemos a tradicional queima do meco e lectura de coplas feitas polos rapaces de 1º e 2º ciclo. O meco elaborárono os nenos e nenas de 6º.

Page 70: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Aquí van algunha das coplas:

Este curso de piñas vamos se te vexo pintar o traxe do xiz pode que leves unha moucada no teu nariz. A nosa meca foi moi esixente por iso todos queremos metela ao quente e despois cantámoslle a mesma canción de sempre. Aos profes non hai vestido de froitas que ben lles poida quedar cando queiran camiñar casi terán que rodar. Á feira iremos vestidos de froitas comeremos churros e veremos burros á volta non queremos que Mª Xosé nos dé felite de troita. Parece que o entroido é moi lambón polo xamón e o lacón pero non se esquece de comer orellas, freixós, rosquillas a mogollón. Algúns compañeiros do colexio son moi preguntóns sempre queren saber as notas dos nosos controis e iso é un segredo que só sabemos nós.

Page 71: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Os da Xunta pescado nos viñeron traer non eran ningún manxar tuvémolo que comer dende aquí lles dicimos que non no lo volvan a mandar. O martes de carnaval á nave de Basilio fomos disfrutar, xogar, bailar, cantar e troular... houbo disfraces a mogollón chocolate e churros a fartar agasallos nos entregaron para máis estudar.

Page 72: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 73: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 74: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 75: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 76: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

ACRÓSTICOS COS NOMES DOS NENOS E NENAS DE 6º

Soraya

Sentimento descontento

Ocupa o meu corazón Restar o sufrimento Abandono da dor Yerto e indoloro Apuñala meu corazón Celia

Correr polo monte Escapando de todo Liberando enerxía Imaxinando un mundo Afastado de todo. David

Dime catro Anotacións que sexan Verdadeiramente Inxeniosas Dime catro,por favor.

Diego Desilusión e ilusión Irreal e real Envidiosas palabras Gritos desgarrados Obstinados a non parar Eva

Entende ao pobo galego

Valente é moito

Atrevida e tamén aventureira Iria Inverno frío Rocio da maña Intento a cotío Andar amo

Page 77: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Laura Campos Lúa chea Alumea Unha luz Reflicte na Almofada da miña cama Iñigo Irei buscando un

Ñu para regalarcho Irei ata a selva a

Gatas, para chegar onda ti

Onda ti irei.

Azucena

Amiga son do Zoar do vento Ulo a chuvia Camiño pola herba Ensino aos nenos as Nubes, e sobre todo Amar ao sol.

Page 78: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 79: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

E.Infantil Dentro do proxecto da alimentación e nutrición. Os nenos e nenas de infantil elaboraron diverso material:

- Fixeron masa de plastilina caseira: Usaron auga, sal, fariña e colorantes alimentarios.

“As nosas mans e a amasar, pasámolo moi ben. Logo durante moitos días xogamos a facer diferentes alimentos: boliños, roscas, barras de pan... Pois na neveira consérvase moitos días en bo estado”.

Page 80: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

-Fixeron bodegóns:

Page 81: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

- Merendas saudables: “Temos un programa de merendas, cada día da semana comemos unha cousa diferente. Os luns tomamos lácteos, o martes bocadillo, o mércores froita, o xoves froitos secos e o venres podemos traer un antollo (sempre e cando non sexan gominolas, chupas, nin chucherías)”.

Page 82: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

- Visitaron unha panadería da zona xunto co 1º ciclo de primaria e aprenderon a facelo pan.

- O cadro de millo: despois da visita á panadaría, decidiron investigar como era o proceso completo para conseguir o millo.

Page 83: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

- Fixeron mosto de uvas:

- O libro das palabras: “Este o fixemos individualmente, como estamos aprendendo a ler e escribir, pois tamén quixemos usar unhas pegatinas dos alimentos para facer un libriño”.

Page 84: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

- Montaron un supermercado e xogaron a mercar e vender, fixeron os carteis, puxeron os prezos e a xogar.

Tamén fixeron outros proxectos como o dos peixes e o do polbo. Aquí podedes ver unha fotos sobre eles.

Page 85: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

1º CICLO PRIMARIA

Os nenos e nenas de 1º ciclo tamén traballaron na aula o proxecto da nutrición e alimentación a través de distintas actividades:

- Visistaron xunto con infantil unha panadería da zona. - Traballaron nun proxecto da alimentación a nivel de aula e

ao longo de todo o curso que quedou plasmado nun libro. A continuación expoñemos algunhas das folla do mesmo.

Page 86: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 87: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 88: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 89: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Dende a área de Educación Artística en colaboración co ENDL, tamén fixemos unha morea de actividades conectadas na súa maioría co proxecto do que vimos tratando ao londo desta revista. A continuación tentaremos expoñer as máis destacadas:

Os nenos e nenas do 1º ciclo elaboraron uns bodegón naturais con legumes. Este traballo fíxose sobre un cartón ao que se lle foi engadindo legumes variadas para facer os diferentes motivos. Finalmente, pintárono con témperas e puxéronlles un marco con pasta de modelar que se decorou con pedriñas de cores.

Cabe dicir que foi unha actividade que levou bastante tempo por ser minimalista e que os nenos e nenas o levaron para as súas casas para o día da nai.

Page 90: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

e teñan gasto

rróns con flores (estas eitas de cartón, papel e madeira).

Outra actividade relizada polo 2º ciclo foi uns salvamanteis. Nesta ocasión empregamos pinzas da roupa pintadas de cores dependendo das cociñas de cada un.

Os rapaces/as do 3º ciclo traballaron tamén este curso os bodegón coa técnica do “Artesanato”. Esta é unha técnica que consiste en traballar o papel de periódico a modo de mimbre, podándose facer infinidade de cousas: cestas, bolsas,…. E por suposto, sen que prácticamentalgún, xa que estamos xogando coa reciclaxe. En concreto, os de 5º fixeron xaf

Page 91: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 92: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Os nenos/as de 6º fixeron tamén bodegóns con artesanato, pero neste caso foron cestas que enchemos con alimentos variados: froitas, animais, legumes,… Estos alimentos fixéronos todos con papel recortando e pegando, polo que foi unha actividad programada para case todo o curso. Agora amosamos unhas fotos donde se poden apreciar os diferentes pasos para a elaboración das mesmas:

1º PASO: recortar dúas circunferencias de cartón e colocar no medio canutillos feitos de periódico.

Page 93: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Aquí se pode ver como van pegando os canutillos no medio das

dúas circunferencias. 2ª PASO: comezamos a trenzar como se fose mimbre

Page 94: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

3º PASO: unha vez feitas as paredes da cesta, dáse

lle a volta e faise a ala, como podedes ver nas seguintes fotos.

Page 95: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Por último pintámolas con pintura en spray e así quedaron.

Page 96: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Outra actividade que se fixo dende a área de Artística foi a creación don bodegón de grandes dimensións coa técnica do mosaico dixital. O máis novedoso desta actividade é que para a elaboración do mosaico empregáronse as fotos de todos os alumnos e alumnas do colexio.

Page 97: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

puxeron no corredor do colexio: castañolas, pandeiro, maracas, requinta, guitarra, flauta de pan, pandeireta, …

Unha actividade tamén creativa foi a elaboración de instrumentos musicais polos rapaces e rapazas maiores do colexio, que se convertiron en verdadeiros luthiers. Unha vez explicadas as regras básica do son nos instrumentos, cada un fixo o seu instrumento que se ex

Page 98: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Os nenos e nenas do 1º ciclo tamén fixeron uns lapiceiros

para o día do pai e un frasco de sales de cores.

Page 99: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Os nenos e nenas do 2º ciclo fixeron a inicial do nome de

seu pai en “fimo” para a confección de chaveiros. Tamén confeccionaron un calendario escolar modelo de “executivo” empregando a técnica de recortar e pegar.

Page 100: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Os alumnos/as de 3º ciclo traballaron a técnica do cosido

para a elaboración de “Baleirapetos” con foami.

Page 101: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Con motivo da visita da pintora J. Carro, xa mencionada noutro apartado da revista, os rapaces e rapazas traballaron aspectos teóricos sobre pintores famosos. Comezamos polos pintores europeos, despois pasamos polos españois, para rematar centrándonos nos pintores galegos da nosa comarca, entre eles, por suposto, J. Carro.

Parte do mural donde traballamos as distintas técnicas de pintura: ceras, acuarela, óleo, …

Page 102: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Parte do mural donde traballamos os pintores europeos, españois e galegos.

Page 103: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Outra actividade conectada dende o ENDL foi a realización de mandalas de diferentes culturas, entre elas a cultura celta. Os alumnos/as ademais de aprender o que é unha mandala, tamén aprenderon os significados dalgunhas das máis relevantes.

Page 104: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 105: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

MILFOLLAS DE PIÑA CON NATA

INGREDIENTES ½ de piña natural 300ml. de nata montada 50g. de azucre 150g. de galletas María 75g. de manteiga fundida 1-Pica as galletas e mestúralas coa manteiga fundida, traballando a masa para que quede ben homoxénea. Cubre a base dun molde desmoldable e déixao endurecer na neveira. 2-Pela a piña, retira a parte leñosa e córtala en toros moi finos. Monta a nata e engade o azucre. 3-Coloca sobre a base de galleta unha capa fina de nata e sobre dela uns toros de piña. Continúa engadindo outra capa de nata e piña ata rematar os ingredientes. Introdúceo na neveira cuberto con film transparente de cociña, ata o momento de servir.

Page 106: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

BISCOITO DE GALLETAS MARÍA

INGREDIENTES PARA OITO PERSOAS: 200 g. de galletas María 4 ovos 100 ml. de aceite de xirasol 150 g. de azucre100 ml. de leite 15 g. de levadura Fariña Azucre glas

Esmaga as galletas María cunha picadora ata que queden en forma de po. Bate os ovos co azucre ata que blanqueen. Bota nun recipiente o aceite, as galletas, o leite e a levadura. Mestura cunha culler de madeira ata conseguir unha masa homoxénea. Vérteo nun molde previamente engraxado con manteiga e lixeiramente enfariñado e cóceo no forno prequentado a 180ºC durante uns 35-40 minutos. Deixao arrefriar, desmóldao e cúbreo cun pouco de azucre glas.

Page 107: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

LETRAS GALEGAS

Page 108: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Este ano, con motivo das Letras Galegas realizamos actividades tanto a nivel centro como a nivel aula. A continuación, amosamos algunha das máis significativas.

Todos os nenos e nenas do centro traballaron arredor da figura de Lois Pereiro nas aulas. Concretamente os do 3º ciclo fixeron unha recopilación de datos tanto da vida como da obra e despois plamáronos en traballos.

Con motivo destas datas e conectando co proxecto da

nutrición e a alimentación fixemos unha exposición de utensilios antigos de cociña. Pedimos a colaboración das familias que contribuiron moi ben á nosa petición aportando materiais de todo tipo.

Page 109: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Unha vez rematada a exposición confeccionamos un libro con todas as fichas feitas dos diferentes utensilios antigos. Este libro incorporouse á biblioteca. A continuación amosamos unhas fotos onde se poden ver a portada e algunhas follas do mesmo.

Exposición feita no corredor do colexio.

Page 110: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 111: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Outra actividade organizada dende o ENDL que tamén tivo un espléndida acollida foi unha comida convivencia que se fixo no comedor escolar.

Unha vez máis pedimos a colaboración das familias, neste caso dos avós, avóas e bisavós/as dos rapaces do colexio. A nosa intención era a de coñecer un pouco máis aspectos referidos á alimentación hai uns anos na comarca. Cada convidado trouxo un postre elaborado por el/ela típico da súa xuventude, e dado que esta actividade se desenvolveu no entroido, a maioría dos postres foron típicos destas datas: filloas, tartas, orellas, torradas, rosquillas,…. O colexio encargouse do resto do xantar e das bebidas. Temos que agradecer a participación tan alta que tivemos por parte dos nosos maiores. Despois, os rapaces/as fixeron traballos relacionados coas recetas típicas galegas. Ademais dos traballos que fixemos sobre Lois Pereiro como

autor homenaxeado pola Letras Galegas, tamén estudamos a Alvaro Cunqueiro polo seu aniversario.

Page 112: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Celia Fernández Rodríguez, 6º primaria

Page 113: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 114: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

En canto a concursos, participamos como todos os anos no

concurso “galego sen filtro”. Trátase dun concurso organizado polo Concello de Ferrol no que a partir de poesías de diferentes culturas e traducidas ao galego, os nenos e nenas teñen que facer un debuxo representativo dunha delas que previamente escollereu.

Outra actividade tamén organizada para as Letras Galegas

foi a visita dun profesional de música popular galega que se achegou ao colexio para dar unha charla sobre os instrumentos galegos: as súas partes, orixe e historia, xeito de tocalos,… onde os nenos e nenas despois da exposición do ponente, pudieron tentar tocar algún deles, e por suposto, facer preguntas sobre o tema.

Page 115: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

A actividade desenvolveuse en dúas sesión: unha primeira para os máis pequenos e outra para os maiores.

Nestas dúas fotos da 1ª sesión vemos como Marías lles conta cousas sobre os instrumentos e rematan tocando con el unhas peciñas.

Page 116: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Por último, mencionar outra actividad co gallo das Letras Galegas. Esta consistiu nuha sesión de “Xogos Populares” na que os rapazas e rapaces participaron en distintos xogos.

Para amenizar esta actividad tamén se achegaron ao centro un grupo de música tradicional galega que tocaron unhas pezas galegas: muiñeira, xota, pasodobre,…

Page 117: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 118: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

PEDRO CHOSCO

A min de pequena contarónme que o Pedro Chosco era un señor moi agradable, que si o ves xa sabes que é el porque leva un ollo aberto e outro pechado. Eu un día soñei que o Pedro Chosco era un monstruo moi bon pero a min asustoume un pouco, eu despertei de súpeto e fun para a habitación dos meus pais e conteillelo, non me creerón e dixerónme que iso non existía e mandarónme para a cama e cando cheguei vin alí o Pedro Chosco.Eu non sabia que era e pregunteille e díxome que era o Pedro Chosco. Eu empecei a berrar e díxome que calara para que non me escoitaran os meus pais. O Pedro Chosco dixo unhas palabras nese momento o Pedro Chosco e eu empezamos a bostezar e quedamos durmidos. Azucena 6º

Page 119: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

SANTA COMPAÑA E sabido que andar de noite polos camiños non e boa idea . Por desgraza eu nunca crin en lendas ata hai un mes . Era venres eu fora a fonte da igrexa , comezara a chover e decidín esperar debaixo do tellado da fonte ; cando me din conta de que era noite aínda chovía máis , seguín esperando a que parase . Cando parou era media noite , saín para voltar a casa ; no medio do camiño oín unhas campás e laios de lamentacións . Vin uns homes cunhas capucheiras negras que portaban un caldeiro con auga bendita coa que me salpicaron , un farol e un estandarte. Diante viña unha muller cun aspecto de mais vitalidade que os homes que viñan detras que tiñan aspecto de morto . Ela traia unha cruz e non levaba capucheira negra , deuma , eu sain correndo , máis non me salvei da cruz , collina e desmaieime . O día seguinte espertei na cama , e crin que fora un soño pero non . Empecei a comportarme dun modo moi estraño . Pola noite a procesión das animas voltou a por min . Antes de irme collín un mechero tiña un plan . Cando me deron a cruz collín o mechero e intentei queimala pero non funcionou , ardía e non se consumía . A noite seguinte cando andabamos eu mais as animas polo adro da igrexa atopei con alguén , non sei moi ben quen era ; pareceu un rostro de muller dinlle a cruz e saín correndo . Días despois notei a miña amiga estraña . Darialle a cruz a ela cando ía coa santa compaña? Non o sei . O que sei e que a noite e un misterio de perigos no que te podes equivocar de camiño e atopar coa santa compaña , claro que sempre podes dibuxar un circulo no chan coa ramalla dunha oliveira e meterte dentro ou outros remedios anti-animas . Soraya Castro Lago 6º.

Page 120: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

SANTA COMPAÑA Vós estaredes pensando que a santa compaña é unha santa que vos acompaña pero non é así, é algo malo moi malo, pois se aínda non vos soa esta lenda, esta historia seguro que volo di todo. Comeza así: Era un día de treboada e Maruxa, unha nena de 16 anos, saía a dar unha volta ás 11:00 da noite. Cando ía a medio camiño sentiu que alguén a seguía con sixilo, ela asustouse moito e deu a volta sen saber que facer. Pero perdeuse e empezou a chorar e a chamar a chamar por súa nai. Eran as doce, sentiu que varias persoas empezaban a cantar en latín, asomouse un pouquiño para ver quen era o que cantaba, de repente viu a alguén que se acercaba cunha cruz a ela así que botou a correr ata o campanario, alí viu unha morea de almas en pena que a miraban repentinamente. Maruxa desmaiouse, as 8:00 espertou non sabía onde estaba, pero si o que lle ocorrera. Cando se acabou de levantar viu tumbas polo chan e xente chorando desconsoladamente,ela sabía por que choraban pero non dixo nada, podía ser que a tomasen por unha tola. Agora con 19 anos aínda recorda ese día e segue sen dicir nada...A noite anda chea de misterios.

Page 121: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

O TARDO Había unha vez un monstro chamado o Tardo. Este monstro é un ser cheo de pelo por todo o corpo,menos polos ollos e tamén ten mais dentes que ningún . O Tardo sempre leva con el unha espada para defenderse se se atopa cun gato ou cun can.A verdade é que o Tardo non fai dano a ninguén, nin cos seus dentes nin coa súa espada. El é o mellor amigo do Cocón e parente do Trasno.Ata aquí todo parece normal se non fose que o Tardo asusta aos nenos. O Tardo e o Cocón so saen pola noite, móvense pola escuridade, en cousas axúdanlle aos pais, cando un neno non se porta ben os pais dinlle que lles van chamar ao Tardo ou ao Cocón, pero algunha vez o Tardo aparece na habitación dos nenos sen que ninguén o chamase. Isto pasoulle a Antón, unha noite de inverno con moita choiva e con moito vento. Antón tardou en durmirse polo ruído do vento, pero fose mellor que nunca pechase os ollos, cando xa estaba durmido visitouno o Tardo. Este sentouse encima da súa barriga e coas súas mans peludas facíalle círculos na cabeza a Antón para xogar coa súa imaxinación e crearlle pesadelos. Antón sentíase atrapado, quería berrar pero non podía, a súa voz non saía, sentía que lle estaban tocando como se o quixeran afogar, por sorte a nai de Antón que durmía na habitación de enfronte, presentiu que algo non ía ben, levantouse e entrou na habitación de Antón, cando acendeu a luz o Tardo fuxiu e Antón espertouse chorando, cheo de suor e a cama mollada. A nai quería saber o que pasara, pero Antón só choraba, non daba falado do susto que levou. Antón acabou a noite na cama da súa nai. Cando xa era pola mañá, Antón puido explicarlle a nai o que pasara, ela lembrouse que lle pasara o mesmo cando era nena, e sabía cal era a solución.

Page 122: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Pola tarde, Antón e a súa nai foron mercar un gato. Dende esa noite Antón e Mico dormen xuntos e o Tardo máis o Cocón e o seu parente andaran por outras casas, a de Antón non volveron nunca máis.

O tardo Unha noite como case todas as noites deiteime sobre as nove da noite. Puxen o pixama e metinme na cama. Aos dez minutos quedeime durmida. Ao principio empecei a soñar que era unha princesa, pero despois todo cambiou. Empecei a soñar que era un monstruo que loitaba contra un marciano. De súpeto despertei e vin frente a min un ser estraño, de cor verde e pequeno, dunhas tres cuartas. Parecíase a un nomo pero non o era. A súa cara estaba recuberta de barba, soamente se lle vian os beizos ao falar, e algún que outro dente, aínda que ten máis ca nós. Él leva posto un traxe vello e cheo de remendos; na súa man esquerda levaba unha espada que aínda era máis grande ca él. Como xa sabía que o tardo era cobarde e que lle tiña medo aos gatos e aos cans díxenlle mentres o aplastaba contra a parede: -como volvas por aquí voute levar co gato!! O tardo asustouse e foise correndo. Eu fun á habitación dos meus pais e díxenlles o que pasara. Meus pais non mo creron e dixéronme que me fora a durmir. Non con moitas ganas voltei para a cama. Desde aquela o Tardo non volveu aos meus soños.

Page 123: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

O TARDO Unha noite estaba soñando que iba na miña moto e de súpeto cain. Cando despertei do susto, ali estaba él era o tardo. Como xa oira falar del non me asustei e intenteino coller, pero como tiña unha pequena espada, foi dificil collelo. Ao fin collino e prendino de pés e mans e fun pola cadela de caza. Puxenlla diante e cando a veu díxome que nunca máis volvería a miña casa. Pero despois de varios meses regresou. Non cumprira a promesa, entón eu atrapeino e volvino a atar. Pero esta vez nunha perreira contodos os meus cans, entón él tivo tanto medo que dixo: - Nunca mais volverei! Pero ao dia seguinte volveu e eu xa canso decidin acabar con él; Collino polo pescozo e aplasteino contra a parede. Pero como él e moi medoso, pediu que o soltara, e fixenlle prometer que sio soltaba nunca regresaria. Podo dicir que ata o día de hoxe nunca volveu. Iñigo Bouza Fonticoba 6º.

Page 124: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

O Tardo Un día meu avó contoume unha lenda que el sabía de fai moito tempo,que lle sucedera a un amigo seu.Faloume dunha criatura que un día apareceu no noso pobo,esa criatura chamábase Mariño e era un Tardo,el apareceu na casa do amigo do meu avó que era o noso veciño Carlos. Unha noite él meteuse na cama e dalí a un pouco adormeceu,aquela noite tuvo un pesadelo do mais feo.Carlos despertou de súpeto e viu enriba da súa cama,ao lado do seu corpo un ser estrano verde,cuns ollos negros e cunha barba que lle tapaba toda a boca,na que tiña moitos dentes,que non llos contaba ninguén. Carlos non cría o que estaba vendo pero era de verdade.Meu veciño asustado preguntoulle: -Quen es?Preguntoulle a criatura. -Un ser maligno que fará que o pases mal todas as noites.Respondíulle o Tardo. Pero Carlos ben vía que de malicioso non tiña nada. Estuveron un momento calados ata que o maullo dun gato rompíu o silencio e o Tardo aterrorizado escondíuse debaixo da cama e dixo. -Ven o ser maligno. -Si só é un gato.Respondeu meu veciño abraiado e veulle a cabeza unha pregunta e preguntoulle ao Tardo: -Como te chamas? -Mariño.Respondeu o estrano ser ,que despois con valentía díxolle: -Voume e mañá volverei para facer que teñas outro pesadelo.Pero meu veciño Carlos agarrouno polo pescozo e amenazouno con que o ia tirar contra a parede si volvía. O Tardo por este pobo nunca regresou. Diego Sanjurjo 6º.

Page 125: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 126: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 127: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 128: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Este curso tamén celebramos “O dia da Paz” coas seguintes actividades:

Realizamos diversas lecturas colectivas sobre este tema, e os maiores fixeron traballos sobre figuras relevantes como Gandhi, Teresa de Calcuta, etc… e tamén outros contiños.

Houbo varias representacións de obras de teatro como podedes comprobar nestas fotiños.

Page 129: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Por outra banda, a nivel colexio elaboramos un mural dunha

árbore da paz onde todos os nenos e nenas colocaron unha pomba cunha mensaxe de paz que, despois de lerlla ao resto dos compañeiros, logo a colocaban a modo de rama na árbore.

Casa
Sello
Casa
Sello
Casa
Sello
Page 130: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Para rematar a xornada, como non podia faltar, cantamos unha cancion galega sobre a paz: “O neno que sorría” e facendo unha roda xigante no patio cuberto, bailamos todos xuntos.

Foto da árbore da paz do colexio.

Page 131: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Ademais de todo isto que se fixo nunha xornada, despois os rapaces e rapazas do 3’ ciclo, elaboraron un mural de grandes dimensions onde plasmaron a vida, obra e outros aspectos relevantes das grandes figuras representativas da paz.

Page 132: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 133: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 134: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 135: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 136: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 137: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 138: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 139: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Outra actividade desenvolvida este curso foi a celebración do “Día da Muller Traballadora”. Como todos anos, tentamos concienciar coa nosa tarefa na escola aos rapaces/as e tamén as familias da importante labor que desempeña a muller tanto dentro como fóra da casa. Moitas veces, a sociedade non valora suficientemente os traballos que se consideran primarios (lavar, cociñar, mercar….) e que indiscutiblemente son de suma importancia e merecen o recoñecemento de todos nós. Por iso, os nenos e nenas maiores do 3º ciclo, elaboraron unha serie de traballos sobre este tema: “A miña nai”, “Carta dunha nai”, “Eu tamén axudo a traballar”, e moitos máis, ensalzando o papel da muller. Os nenos e nenas pequenos tamén o traballaron e contribuíron con traballos grupais como se pode apreciar na seguinte foto do mural.

Page 140: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

CONCURSO LEMAS Un ano máis, os nenos e nenas do 3º ciclo do colexio participaron no concurso de lemas sobre a “Non violencia de xénero” organizada polo concello de Moeche. Todos os alumnos/as diseñaron o seu lema sobre este tema que se expuxo no concello, para despois finalmente seleccionar o gañador. A continuación amosamos dúas fotos nas que podemos ler o lema gañador e os finalistas.

Page 141: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Cabe sinalar que todos os participantes recibiron un agasallo do concello pola súa colaboración. Nesta fota poden ver aos nenos/as cun diploma.

Page 142: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

VISITA DUNHA NUTRICIONISTA Facendo de novo alusión ao proxecto da alimentación e nutrición, dende o centro puxémonos en contacto coa escola universitaria de nutricionistas de Ferrol para pedir unha charla explicativa sobre a alimentación e nutrición. A resposta foi espléndida e viñeron ao colexio dúas alumnas cunha das súas mestras con un traballo moi axeitado para as idades dos nenos e nenas do centro. Ademais de explicar, mostraron numerosas imaxes na pantalla dixital que fixo que a actividade fose moi motivadora e productiva.

Page 143: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

LEMAS FOMENTO DA LECTURA Outra actividade moi conectada coa biblioteca do centro foi a elaboración de lemas que animaran á lectura. Cada neno/a pensou nun lema o máis orixinal posible e despois de lelos todos, fíxose unha composición con todos eles a modo de mural.

Page 144: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

UN CONTACONTOS E UN MAGO

Este ano tamén véu ao centro un contacontos que nos deu unha sesión moi animada a todos, xa que en todo momento tentaba a participación dos rapaces.

Page 145: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Por outra banda, outra actividade moi apaixoante para todos foi a sesión de maxia que nos trouxo o mago Carlos Coira. Esta actividade foi patrocinada polo programa de Dinamización Lingüística Bocaberta. E así quedamos de asombrados con trucos que nos fixo.

Pero ademais, ao remate da sesión, agasallou a todos os nenos e nenas cun exemplar titulado "Abracadabra" donde se atopan un variedade de trucos de maxia para os principiantes.

Page 146: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

VISITA Á CAPELA

EXCURSIÓN Á CAPELA PARA FACER XOGOS POPULARES Na excursión á Capela fixemos moitos xogos e actividades.

De primeiro fixemos uns xogos de pillar. Logo fixemos grupos para xogar a algúns xogos populares, como o tres en raia, a comba, a peonza…

Xogamos ao “xogo da ra”, que consiste en meter unha moeda na boca da ra para gañar puntos.

Tamén había un xogo chamado “A porca”, parecido ao hockey, que para gañar había que meter gol metendo unha pelota nun aro. Logo xogamos ao xogo da roda, ás chapas e a un xogo que se facía cunhas pedras pero non o entedimos moi ben.

Máis tarde, sentámonos nas gradas a descansar e a tomar a merenda. Algúns nenos puideron xogar ao futbolín e ao xadrez, pero non había para todos. Ademais algúns de nós non sabiamos xogar ao xadrez.

Recordamos que antes de entrar ao pavillón a facer estes xogos, na entrada do colexio de a Capela había unha longa exposición de xoguetes antigos. Conservávanse en perfecto estado. Á volta viñemos cansados.

Ana e Vanessa – 5º de Primaria

Page 147: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 148: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 149: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 150: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

PARTIDO DEPORTIVO – VALENCIA

O sábado día 21 de maio de 2011, algúns nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º fumos ver o partido Deportivo – Valencia xunto cos nenos do C.F. San Sadurniño.

O Deportivo perdeu 0-2 e descendeu a 2ª división. O primeiro gol meteuno Aduriz na primeira parte e o segundo Soldado na segunda parte.

Había moitísima xente nas gradas e moito ambiente e o partido foi moi emocionante.

No descanso tomamos bocadillos e falamos e relaxámonos un pouco.

Cando rematou o partido e se foron todos, estivemos fóra esperando o autobús mentres xogabamos e falabamos.

No autobús estivemos comentando o partido, contando chistes, escoitando música e algún durmindo ou intentando.

Pasámolo todos moi ben, aínda que o Deportivo baixara a 2ª división.

Page 151: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 152: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 153: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 154: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 155: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 156: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 157: O Ventoeiro nº 18

C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE O VENTOEIRO Nº 18

Page 158: O Ventoeiro nº 18