o texto instrutivo_a
TRANSCRIPT
INSTRUCIÓNS PARA O ACCESO Á CATEDRAL
Con motivo do Ano Santo e co fin de facilitar o acceso á
Catedral de Santiago, o Concello e mais o Cabido comunican o
seguinte:
1.O acceso á Catedral realizarase pola porta das PRATERíAS.
2.Os peregrinos que entren pola Porta Santa sairán pola praza
da Quintana e deberán dirixirse a Praterías se queren acceder
outra vez ao recinto catedralicio.
3.NON se poderá entrar con mochilas. Habilitarase para o seu
depósito unha consigna na CASA DO DEÁN e no aparcadoiro
de Xoán XXIII, onde tamén se poderán deixar as bicicletas .
4. Permitirase a entrada con bolsos de man, que serán
revisados polos axentes de seguridade. Pídese a máxima
colaboración .
Prégase a todos os cidadáns e peregrinos atendan estas
instrucións e as indicacións das forzas e corpos de seguridade.
www.santiagodecompostela.org