o recurso forestal - cis-madeira · preséntanse agrupadas de dúas en dúas. a súa cor é verde...

17
O R E C U R S O F O R E S T A L

Upload: haminh

Post on 12-Feb-2019

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8

O R E C U R S O F O R E S T A L

Page 2: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8

Características xerais do piñeiropinaster

A distribución natural do piñeiro pinaster (Pinus pinaster Ait.),sitúase en Francia, España, Portugal, Italia, Marrocos, Alxeriae Tunisia.

Na península ibérica existen dúas subespecies, a ssp atlánticae a ssp mediterránea. A primeira medra en Galicia e norte dePortugal (piñeiro galego, piñeiro bravo) e a segunda no resto dapenínsula (piñeiro negral, piñeiro rodeno). En Francia distín-guense dous xenotipos segundo a súa orixe: o piñeiro dasLandas e o piñeiro de Córcega.

En Portugal recibe os nomes de pinheiro bravo e/ou pinheiromarítimo. En Aquitania os de piñeiro marítimo e/ou piñeiro dasLandas.

Un dos factores que favoreceu o desenvolvemento desta espe-cie foi a súa gran resistencia a chans areentos e de escasa fer-tilidade onde outras especies non poden prosperar, así como asúa rápida medra. A capacidade do piñeiro pinaster para seestablecer en chans pobres está vinculada ao seu sistema radi-cal, moi desenvolvido e cunha importante capacidade de absor-ción de nutrientes.

Soporta ben a seca estacional, aínda que presenta escasaresistencia a frío, vento e/ou neve, polo que as mellores calida-des se dan en localizacións costeiras con crecementos mediosmáximos de 20 m3/ha ano e quendas de corta de 30 anos.

Se ben pode chegar a alcanzar os 40 metros de altura, normal-mente non supera os 20 ou 30 metros. A copa é piramidal nafase inicial de desenvolvemento da árbore, transformándoseposteriormente nunha forma redondeada e irregular. Nosexemplares de maior idade a copa é moi reducida en relacióncoa altura da árbore, favorecendo a presenza dun sotobosque,a miúdo constituído por matogueira heliófila.

As ramas dispóñense ao longo do tronco agrupadas en vertici-los, de forma que cada un deses grupos de ramas correspon-

16 aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster

Page 3: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8

den a un lapso de crecemento en altura. Os piñeiros poden tercada ano un ou dous crecementos en altura. O segundo, seexiste, dá lugar a un verticilo de ramas de menores dimen-sións, polo que o número de verticilos importantes permiteestimar de forma aproximada a idade da árbore (non así nospiñeiros vellos que perderan as ramas da parte inferior do tron-co).

A codia do fuste é moura e áspera nos piñeiros mozos. A par-tir dos 15 anos faise grosa e moi cuarteada.

As follas aciculares son moi longas (15-27 cm) e grosas (2-2,5 mm). Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa coré verde escura e posúen unha punta forte e punzante.

A floración comeza a partir dos 7-8 anos, aínda que ata os 10-15 anos non se produce forma regular. As flores masculinasaparecen en espigas, son amarelas e teñen unha lonxitude de1 a 2 centímetros. Os conos femininos son pequenos, de corvermella a violeta e aparecen en grupos de 2 ou 3 na partesuperior da copa. As piñas, que tardan dous anos en madurar,son moi grandes e punzantes no extremo das escamas. Unhavez abertas por efecto da calor acostuman persistir bastantetempo na árbore. Os piñóns son de cor parda-cincenta e pre-sentan unha á ancha e escura.

Evolución histórica

O piñeiro pinaster é unha especie autóctona tanto en Portugalcomo en Galicia e Aquitania. Encontráronse vestixios da súapresenza xa no final da era glaciar (8000 A.C.).

A súa distribución actual é o resultado dun longo proceso evo-lutivo marcado por alteracións climáticas, pola evolución xené-tica, e pola acción modeladora do home. Este último factorinfluíu decisivamente tanto na distribución como na composi-ción das masas forestais actuais.

Galicia

No século XVIII iniciouse a expansión desta especie como con-secuencia da acción do home, que utilizou esta árbore en repo-boacións realizadas por campesiños que sementaban nos seusterreos sementes procedentes de Portugal, a miúdo en mestu-ra con cereal ou toxo.

A partir do século XIX o piñeiro pinaster esténdese porzonas costeiras, se ben a mediados do dito século, asuperficie ocupada aínda non superaba as 20.000 hectáre-as (0,7% do territorio de Galicia). Foi a partir da segundametade do século XIX, cando a iniciativa privada inicia unhaimportante expansión dos piñeirais. A alza de prezos damadeira, que foi constante e notable desde 1890, unido áscampañas destinadas a promover a repoboación con piñei-ros, explican o interese dos propietarios particulares nestareorientación produtiva do monte.

O

RE

CU

RS

O

FO

RE

ST

AL

Page 4: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8

De forma paralela, no século XIX alcanzáronse en Galicia osniveis máximos de deforestación, debidos a factores como oincremento demográfico que intensifica os usos agrícolas egandeiros do chan (fenómeno que se retarda para metade doséculo como consecuencia da emigración), a gran demanda deleña e carbón vexetal para a súa utilización como combustibleen usos privados e industriais (forxas principalmente), ademanda de cortiza por parte da importante industria de cur-tidos, o desenvolvemento da construción naval, o uso da madei-ra en edificación, e a exportación de madeira.

No século XX, ata o ano 1939, a maior parte das plantaciónsforestais foron acometidas pola iniciativa privada nun procesode expansión espontáneo. Posteriormente, tras a guerra civil(1936-1939) iníciase un programa de repoboacións forestaisde carácter masivo. En 35 anos chegouse a repoboar por ini-ciativa pública máis do 9% do territorio galego, a maior parteen terreos veciñais, sendo o piñeiro pinaster a especie máisempregada con máis da metade da superficie repoboada. Conestas actuacións, conseguíronse uns resultados desiguais encanto á calidade das masas, xa que, en certos casos, ou bense empregou en condicións estacionais límite, ou se partiu desemente de orixe inadecuada. A actividade silvícola desenvolvi-da viuse acompañada polo desenvolvemento dunha florecenteindustria de serrado, case sempre de carácter familiar. Nosanos 50 xa existían unhas 250.000 hectáreas de piñeirais enGalicia e a industria do serrado representaba a terceira fontede riqueza, tras a agricultura e a gandaría.

Paralelamente, a partir de finais dos anos 50, prodúcese unforte desenvolvemento da industria de fabricación de taboleirosderivados da madeira, que constitúe na actualidade un dos sec-tores máis vizosos do sector forestal galego. O crecementomáis notable da capacidade de produción produciuse nos anos70.

Unha tendencia similar seguiu a industria de fabricación depasta de papel, cuxa actividade se remonta aos anos 50. Nonobstante, neste último caso, a utilización de madeira de piñei-ro como materia prima foi substituída paulatinamente poloeucalipto.

Portugal

A potencialidade e a importancia forestal foron recoñecidas epromovidas en Portugal a través de diversas accións orienta-das a protexer e fomentar o patrimonio forestal e cinexético.Pese a iso, a diminución da superficie forestal foi unha constan-te durante longos períodos. Así, por exemplo, durante os sécu-los XV e XVI construíronse centos de navíos que foron utiliza-dos na colonización de novos territorios. O piñeiro marítimo erausado principalmente nos mastros, vergas e outros elementosauxiliares.

Pese a que durante os séculos XVII e XVIII se promulgaron leisde fomento e protección dos montes, a súa influencia non foisuficiente para conservar a superficie forestal. Foi durante oreinado de D. Joao V, a mediados do século XVIII, cando sechegou ao punto de maior deforestación en Portugal, comoconsecuencia da expansión do cultivo de viñedo e cereais, e aimportación de madeiras de Brasil.

Coa creación no ano 1824 da Administración Xeral de Montesdo Reino, dentro do Ministerio da Mariña, iniciouse unha época

18 aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster

Page 5: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8

de forte avance forestal co desenvolvemento de lexislación,programas de protección e fomento, introdución de técnicas deordenación e xestión de montes, publicación de traballos fores-tais, e a creación dunha Escola Superior Forestal (1865).

O século XIX caracterízase polo inicio dos traballos de fixacióndas dunas litorais, e polos primeiros traballos de reforestacióndas montañas do interior. Desta forma, prodúcese neste sécu-lo un aumento sensible da área forestal, sobre todo, debido áexpansión do piñeiro marítimo, a rexeneración das sobreiras ea valorización das devesas. A creación do Servizo Forestal no

ano 1886, dentro da Dirección Xeral de Agricultura, marcaigualmente un xiro radical na estratexia da administraciónpública, que ata eses momentos se ocupaba principalmentedas masas do litoral, ao desenvolver o fomento forestal no inte-rior montañoso de Portugal.

Coa creación en 1888 das dúas primeiras AdministraciónsForestais localizadas no interior do País (Mantengas e Gerês)iníciase a reforestación das serras, que sofre un gran desen-volvemento co Proxecto de Repoboación Forestal de 1938.Este Proxecto supuxo un grande impulso ao fomento forestal

nas zonas interiores ao norte do Texo, sendo os seus obxecti-vos a conclusión da reforestación das dunas litorais, a refores-tación dos terreos baldíos ao norte do Texo, cunha superficie areforestar de 420.000 hectáreas, a creación de reservas devexetación (33.000 ha) e a creación de pastos en preto de60.000 hectáreas.

A reforestación das dunas constituíu outro dos capítulos máisimportantes da historia forestal en Portugal.

Desde o punto de vista forestal, o século XX caracterízase polaconsolidación orgánica da administración pública forestal e poloaumento significativo da área arborizada, como resultadodunha acción sistemática de repoboación realizada a través dedistintos proxectos e programas institucionais.

En 1945 coa creación do Fondo de Fomento Forestal eAcuícola, iníciase o apoio da Administración Forestal Pública ápropiedade privada. Ao igual que no caso de Galicia, é nesteséculo cando se produce a expansión do piñeiro marítimo enPortugal, sobre todo, como consecuencia da aplicación degrandes programas de reforestación promovidos polo Estado.As características do piñeiro pinaster facían que fose unhaalternativa idónea para reforestar dunas litorais e serras inte-riores que se encontraban rasas. A súa boa adaptación a terre-os degradados por un uso intensivo secular, permitiron a súaexpansión por case todo o territorio portugués.

Dos piñeirais obtíñanse diversos produtos (leña, puntais deminas, madeira, resina,…) que constituían un piar fundamen-tal da economía rural, sobre todo no Centro e Norte do país. Apartir dos anos setenta, o éxodo rural e o desenvolvementoeconómico crecente no interior do país, alteraron esta situa-ción ao producirse un progresivo abandono dos piñeirais. Estacircunstancia estivo tamén propiciada, polo avance dos eucalip-tais nas zonas onde as condicións climáticas e edafolóxicas opermitían.

O

RE

CU

RS

O

FO

RE

ST

AL

Page 6: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8
Page 7: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8

Aquitania

Ao igual que en Galicia e Portugal, a dominancia actual do piñei-ro marítimo en Aquitania veu dada, en gran medida, como con-secuencia da baixa produtividade e fertilidade dos chans. Osmáis habituais (podzoles) son fortemente acidificados e pre-sentan unha baixa fertilidade. Ademais, a acumulación de áci-dos húmicos (compactados a unha profundidade situada entre0,2 e 2 metros) contribúe a que durante gran parte do inver-no estes terreos sexan proclives ao encharcamento.

Na súa distribución orixinal, o piñeiro pinaster ocupaba osterreos menos afectados pola acumulación superficial de auga.Non foi ata finais do século XVIII cando esta especie comezoua colonizar progresivamente o conxunto do territorio dasLandas sometidas á ameaza permanente da area e da auga.

O factor determinante que propiciou a expansión do piñeiromarítimo está ligado á acción do home. Neste sentido, cabedestacar o avance das técnicas de saneamento (realizadodurante a primeira metade do século XIX) que fixo posible des-envolver unha rede de colectores para a evacuación das augas,e o dominio das técnicas de estabilización de dunas litorais(logrado a finais do século XVIII).

Ambos os dous feitos tiveron unha influencia decisiva no avan-ce das plantacións de piñeiro pinaster, ao permitir pór en valorunha gran cantidade de terreo, posibilitando unha significativamelloría no nivel de vida das poboacións locais. Non obstante,provocáronse tensións pola utilización do terreo entre gandei-ros e silvicultores.

En 1857 promulgouse unha lei que obrigaba a todos os muni-cipios a sanear e repoboar os seus terreos. Esta norma obri-gaba tamén aos concellos que non podían (por razóns económi-cas) ou non querían realizar estes investimentos, a vender oupoxar estas áreas a investidores privados. Na exposición dosmotivos da lei quedou definido que a repoboación con piñeirotiña como finalidade permitir o saneamento das Landas e faci-litar un posterior uso agrícola do terreo. Neste sentido, hai queter en conta que o século XIX foi testemuña dun forte desen-

O

RE

CU

RS

O

FO

RE

ST

AL

Page 8: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8

volvemento das infraestruturas, principalmente ferroviarias, oque provocou o desenvolvemento de numerosos e importantesproxectos agrícolas e gandeiros que en moitos casos non che-garon a materializarse.

Por outro lado, o aproveitamento da resina constituíu unhacausa importante do desenvolvemento do piñeiro marítimo eunha das súas primeiras aplicacións. O escritor Camille Jullian,nos seus traballos sobre a dominación romana, cita a resinaentre as principais mercadorías que alimentaban os intercam-bios comerciais (xunto co mármore dos Pirineos, os metais deEspaña e os aceites do Midi francés) xa que resultaba indispen-sable para calafatear as naves de madeira e conservar asenxarcias.

Tamén, xa desde a Idade Media, as velas fabricadas con esteproduto substituíron as teas, o que trouxo consigo un forteaumento da demanda. A recolección de resina comezou adecaer de forma importante a partir da 2ª Guerra Mundial. Aspoucas explotacións que existían no ano 1960 desapareceronna década dos anos 80. Esta recesión do sector explícase polagran cantidade de man de obra necesaria, e polo efecto dacompetencia doutros países produtores. Hoxe en día, se benexisten programas interesantes de valorización da resina, assuperficies dedicadas a tal fin son moi pequenas.

A situación do piñeiro marítimo en Aquitania experimentou uncambio moi notable, a principio dos anos 60, cando se come-zaron a divulgar entre os silvicultores privados técnicas de tra-ballo innovadoras, orientadas á selección e certificación dasemente, así como á optimización das técnicas de preparaciónde chans e tratamento das masas. Estas melloras silvícolasfixeron posible que a produtividade media do bosque dasLandas se multiplicase (desde 4 m3/ha/ano no ano 1960 a 10m3/ha/ano en 1999).

No século XX déronse catro circunstancias que afectaron deforma significativa á evolución da xestión forestal en Aquitania.

Na década dos anos 40 prodúcense unha serie de incendiosque devastan o 40% das masas forestais. Este feito conduciu

á creación de agrupacións veciñais de defensa contra incendiosforestais. Para mellorar a rápida intervención dos bombeiros,os silvicultores melloran os accesos ao bosque e dótano deservizos como puntos de toma de auga. O financiamento des-tas accións lógrase a través dun imposto especial pagadopolos propietarios, que é complementado con axudas públicas.

A gran nevada de 1985 produciu derrubamentos de árbores en60.000 hectáreas, das que 30.000 ha quedaron moi afecta-das por roturas das copas. A práctica totalidade das masasafectadas correspondíanse con repoboacións realizadas trasos incendios de 1940/1950. O problema orixinado resolveusecunha política de certificación da semente.

O temporal do 1-2 de decembro de 1976, afectou de formaimportante á parte sur do bosque de Aquitania, derrubandoarredor de 2 millóns de m3 de madeira. O temporal do 27 dedecembro de 1999, no que se alcanzaron velocidades do ventode 200 km/h a 30 metros do chan, foi outra gran catástrofepara o bosque de Aquitania. Máis de 120.000 ha foron afecta-das, e preto de 27 millóns de m3 de madeira foron derrubados.

Á vista dos efectos deste último temporal, os organismos dedesenvolvemento comezaron a sensibilizar os silvicultores paraque tivesen en conta os efectos das intervencións silvícolas nocaso de treboadas. Ademais, este temporal provocou unhanotable baixada no prezo da madeira derrubada. A experienciaadquirida tras este acontecemento permitiu mellorar as técni-cas de conservación da madeira e, en particular, a almacenaxecon rego.

Por último, cabe aludir ao desenvolvemento doutros procesosindustriais de valorización da madeira de piñeiro pinaster. Oprimeiro en se desenvolver foi a industria de fabricación depapel. A primeira planta papeleira, propiedade dunha agrupa-ción de silvicultores, instálase no ano 1925 en Mimizan. Hoxeen día existen tres grandes plantas de fabricación de papel enAquitania que utilizan madeira de piñeiro marítimo. Asímesmo, máis recentemente, a industria dos taboleiros deriva-dos da madeira comezou a desenvolverse na rexión ata alcan-zar as 6 plantas industriais existentes na actualidade. Desde

22 aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster

Page 9: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8

o ano 1990 constatouse unha forte dinámica investidora des-tas industrias, así como unha internacionalización dos gruposindustriais.

Situación actual do piñeiro pinaster

De acordo cos datos dos últimos inventarios forestais nacio-nais as existencias desta especie nas tres rexións suman case300 millóns de m3 que representan o 63% das existenciastotais de madeira.

Galicia

Nos aproximadamente 11 anos transcorridos entre os duosúltimos inventarios forestais nacionais (IFN), produciuse unlixeiro incremento (+8%) nas existencias de piñeiro marítimo,ata alcanzar un total de 49 millóns de m3 con cortiza. No obs-tante, no conxunto de Galicia, o valor acumulado polas clasesdiamétricas inferiores a 35 cm reduciuse durante eses anosnun 17%. En cambio, as existencias das clases diamétricassuperiores aumentan nun 55%. Nestas condicións, se ademanda se mantén nos niveis actuais, é previsible que poidaprovocarse a medio e longo prazo un significativo déficit demadeira de piñeiro pinaster.

Por outro lado, hai que ter en conta que a falta dunha xestiónsilvícola óptima, aplicada de forma xeneralizada sobre asmasas de piñeiro pinaster, limitou notablemente a produtivida-de e as posibilidades de obtención de madeira de calidade.

50.000.000

45.000.000

40.000.000

35.000.000

30.000.000

25.000.000

20.000.000

15.000.000

10.000.000

5.000.000

0

Pinu

spi

nast

er

Euca

lypt

usgl

obul

us

Quer

cus

robu

r

Pinu

sra

diat

a

Cast

anea

sativ

a

Pinu

ssy

lves

tris

Quer

cus

pyre

naic

a

+ 8%

+123%

+ 67%

+ 62%+ 51%

+ 115% + 195%

IFN2 (m3)

IFN3 (m3)

m3

Galicia 133.000.000 49.000.000 37%

Portugal 167.000.000 98.800.000 59%

Aquitania 151.000.000 138.000.000 92%

Total 451.000.000 285.800.000 63%

Existenciastotais (m3)

Existencias depiñeiro pinaster (m3)

Porcentaxe

O

RE

CU

RS

O

FO

RE

ST

AL

Font

es: I

FN II

I (Ga

licia

), IFN

(Aqu

itani

a),

IFN 3

º Rev

ísao

(Por

tuga

l)

Font

es: I

FN II

I (Ga

licia

), IFN

(Aqu

itani

a), I

FN 3

º Rev

ísao

(Por

tuga

l)

Incremento do volume madeirable entre inventarios por especies

200.000.000

150.000.000

100.000.000

50.000.000

0Total Piñeiro

pinasterTotal Piñeiro

pinasterTotal Piñeiro

pinaster

m3

Pontevedra OurenseLugo A Coruña

Pyrenées Atlantiques

Landas GirondeLot-et-GaronneDordógne Lisboa e Val do Texo

NorteCentroAlenteioAlgarve

Aqui

tani

a

Portu

gal

Galic

ia

Fontes: IFN III (Galicia), IFN (Aquitania), IFN 3º Revísao (Portugal)

Existencias de madeira

Page 10: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8

Este proceso agravouse ao favorecerse unha rexeneraciónnatural inadecuada, como consecuencia da aplicación de méto-dos de corta tradicionais que tenden a eliminar as árbores demellor calidade.

Tradicionalmente, os montes privados de piñeiro pinaster foronxestionados realizando cortas selectivas dos mellores exem-plares. Desta forma, o propietario obtiña uns ingresos que llepermitían complementar a súa renda ocasionalmente.

Esta práctica primou a permanencia de árbores delgadas queforan dominadas por exemplares de mellor medra e maioresdimensións. Ao ser o piñeiro pinaster unha especie con gran-des necesidades de luz, esas árbores tenden a posuír caracte-rísticas de calidade inadecuadas para o seu aproveitamento(fustes de forma curvada, etc.). Así mesmo, este tipo de xes-tión favorece unha selección xenética negativa, ao producirse arexeneración natural a partir das árbores de medra menosvigorosa. Como consecuencia o monte resultante é moi irregu-lar e caracterízase pola presenza de árbores de diferentes ida-des. Todo iso reduce as producións obtidas e fai que as opera-cións de aproveitamento se vexan moi dificultadas.

Na actualidade, se ben se realizou un desenvolvemento impor-tante na aplicación de técnicas silvícolas sobre piñeiro pinaster,aínda é moi habitual encontrar masas nas que non se realizouningún labor silvícola intermedio como aclareos, decotas e cla-ras.

Nos casos en que é necesario realizar unha rexeneración arti-ficial (por se tratar dunha nova plantación ou por dificultadesrexeneración natural) en Galicia acostúmase recorrer á planta-ción. Se se usa planta a raíz espida, a época máis adecuadaestá comprendida entre novembro e marzo. Aínda que utilizan-do planta con cepellón a tempada de plantación alóngase nota-blemente, en calquera caso, deben evitarse os meses centraisdo verán.

Nos últimos tempos, os marcos de plantación máis utilizadosson 2 x 3, 2, 5 x 3 ou 3 x 3 metros que, respectivamente,corresponden a unhas densidades iniciais de 1.670, 1.330 ou1.110 pés por hectárea.

Cando se opta por densidades elevadas de plantación (1600-2000 plantas por hectárea) recoméndase realizar unha primei-ra corta aos 8 ou 10 anos para reducir a competencia entreárbores. Se se opta por densidades baixas (1000-1350 plan-tas por hectárea) é preciso realizar unha repoboación especial-mente coidadosa para previr unha incidencia de marras exce-siva. Neste caso, cabe realizar unha reposición para manter adensidade requirida. De calquera modo, convén efectuar unhadecota temperá para evitar un excesivo engrosamento dasramas.

As rozas son indispensables cando os piñeiros son novos. Unhavez que dominaron a matogueira, a partir dos 10 anos deidade, estas operacións deixan de realizarse salvo para facili-tar operacións de decota ou preparar o piñeiral para un apro-veitamento gandeiro que contribuirá a reducir o risco de incen-dio.

Durante moitos anos a silvicultura do piñeiro pinaster en monteregular caracterizouse polo mantemento de densidades eleva-das, procurando aproveitar toda a capacidade produtiva domonte. Obtíñanse así elevadas cantidades de madeira depequena dimensión que foron destinadas maioritariamente áindustria de trituración.

Ata hai 2-3 décadas utilizábanse quendas de corta de 25-30anos. Na actualidade, as condicións do mercado fan que sexaaconsellable orientar a silvicultura cara a produción preferentede piñeiros de diámetro elevado, cuxa madeira se emprega naindustria de serrado ou chapa. Deste modo, aplícanse quendasde 30 a 40 anos para asegurar que os diámetros das árboresque cheguen á corta final alcancen entre 35 e 40 cm. Para iso énecesaria a realización de claras fortes e o mantemento de den-sidades máis baixas. A madeira obtida nas claras pode empre-garse na industria de trituración e mesmo na industria de serra-do (no caso das trozas inferiores das árbores extraídas nas últi-mas claras).

24 aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster

Page 11: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8

O seguinte cadro inclúe un esquema típico de claras aplicadassobre un monte regular de piñeiro pinaster. Desde o momentoen que se realiza a última clara, ata a idade en que se preten-de realizar a corta final, é aconsellable que transcorra unnúmero suficiente de anos (preferentemente 10) para que asárbores que se seleccionaron poidan desenvolverse convenien-temente en diámetro.

O piñeiro pinaster de procedencia galega ten a característicade que as ramas inferiores morren rapidamente ao distanciar-se da guía, mesmo con densidades baixas, se ben permanecenlongo tempo mortas e adheridas ao tronco. Esta circunstanciaprovoca a formación de nós mortos que poden depreciar con-siderablemente a madeira.

A decota do piñeiro pinaster ten o obxectivo fundamental deevitar a formación de nós en pezas grosas aptas para producirmadeira serrada ou chapa. Se se realiza de forma adecuada,esta operación non ten un efecto negativo sobre a medra enaltura das árbores.

A situación óptima é a decota de piñeiros con diámetro normalde 10 a 15 cm, aplicando a seguinte pauta:

- Decota ata os 2 metros de altura en todas as árbores, candoa altura alcanza os 5 - 7 metros e o diámetro normal medioé duns 10 cm.

- Decota ata 3 metros de altura, cando o diámetro medioalcanza uns 18 cm. Decótanse só os mellores 400 - 600 péspor ha. Acostuma coincidir coa primeira clara.

Desta forma, asegúrase que a primeira troza estea libre denós, exceptuando un cilindro interior de 10 cm de diámetro.

Portugal

Da análise dos inventarios forestais dos anos 1982 e 1995despréndense alteracións estruturais importantes sobre asmasas forestais de Portugal. O piñeiro marítimo, que foi tradi-cionalmente a especie máis representada, está a ser diminuídopolos incendios forestais e o avance das masas de eucalipto.Así, entre os anos 1982 e 1995, esta especie diminuíu a súasuperficie nun 22% (-276.000 ha). Polo contrario, no mesmoperíodo, os eucaliptais medraron un 74% (+286.000 ha).

1.400

1.200

1.000

800

600

400

200

0Piñeiro

pinasterAziñeiraEucaliptoSobreira Outras

especies

1ª Rev. IFN

2ª Rev. IFN

3ª Rev. IFN

Área

(x 1

.000

Ha)

0 Plantación de 1.670 pies por ha.

15 Clara de 670 pés por ha. (quedan en pé 1.000 piñeiros por ha.)

20 Clara de 300 pés por ha. (quedan en pé 700 piñeiros por ha.)

25 Clara de 250 pés por ha. (quedan en pé 450 piñeiros por ha.)

35 Corta final de 450 piñeiros por ha.

ActuaciónAno

O

RE

CU

RS

O

FO

RE

ST

AL

Evolución da superficie ocupada por especieentre revisións do inventario (10 anos)

Page 12: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8

26 aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster

Este incremento substancial da superficie arborada ocupadapolo eucalipto produciuse en substitución do piñeiro marítimo,sobre todo na zona litoral (norte e centro) e a zona do Texo.Esta expansión do eucalipto, especie de moi rápido crecemen-to (12-30 m3/ha/ano), continúa actualmente e non parece pre-visible que esta situación vaia cambiar nos próximos anos.

Da mesma forma, ao igual que ocorreu no caso de Galicia, aaplicación de medidas silvícolas insuficientes ou inadecuadas(como a corta das árbores de maior capacidade produtiva) deulugar a un proceso dexenerativo que, repetido xeración trasxeración, trouxo consigo que actualmente esta especie teñaunha baixa produtividade e unha baixa calidade da madeira pro-ducida.

A diminución da área forestal ocupada polo piñeiro marítimovén acompañada dunha diminución do volume de madeira enpé, especialmente nas masas enxebres. Isto é debido a que as

cortas e os incendios nestas masas foron superiores á taxa derepoboación.

No que respecta ás existencias por clases de idade, no casode masas enxebres, pódese comprobar unha diminución drás-tica das existencias nas clases de idade inferiores aos 39 anos(ver figura). Polo contrario, na clase de idade superior (>60anos) prodúcese un forte incremento de existencias, ata che-gar a alcanzar un nivel 10 veces superior ao correspondente aoano 1983.

A diminución masiva das existencias correspondentes á clasede idade de 20 a 39 anos, pódese explicar pola incidencia dosincendios forestais e polo aumento do consumo de madeira.Este feito orixinou que as cortas sexan superiores á taxa demedra. Así mesmo, a evolución das clases de idade superioresindica un envellecemento progresivo das masas, o cal pode

45.000.000

40.000.000

35.000.000

30.000.000

25.000.000

20.000.000

15.000.000

10.000.000

5.000.000

0< 20 > 6040 - 5920 - 39 Irregular

1988

1992

1998

(x10

00 m

3 )

10

9

8

7

6

5

4

3

2

1

01982 1987 1997

7,2

5,96,6

m3

/ ha

. ano

Evolución do crecemento medio do piñeiro pinaster en Portugal

Evolución das existencias de piñeiro pinaster en Portugal por clases de idade (masas puras)

Clase de idade (anos)

Page 13: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8

traer consigo unha redución do potencial de rexeneración eprodución a medio e longo prazo.

Habitualmente a reforestación realízase mediante plantación,con densidades iniciais situadas entre 1250 e 1670 plantas/hadependendo da calidade da estación. A distancia mínima entrefilas é de 3 metros para permitir a mecanización das opera-cións silvícolas.

A mellor época de plantación nas zonas de Minho, Douro lito-ral e montañas do norte e centro vai de novembro a maio usan-do plantas de raíz espida. Nas estacións do Centro e Sur plán-tase de novembro a maio usando plantas con cepellón.Unicamente se realiza a reforestación mediante sementeiracando o fin das masas é protector.

Durante os 10 primeiros anos acostúmanse realizar de 2 a 3rozas, utilizando normalmente medios mecánicos para as rúas(tractor con rozadoira ou similar). A roza entre árbores realí-zase de forma manual.

Cando existen densidades moi elevadas (máis de 1667 plantaspor hectárea) recoméndase realizar unha selección con inten-sidade variable dependendo da situación de partida. Este tra-tamento realízase de forma sistemática (abrindo liñas ou fai-xas) e/ou selectiva (retirando as árbores de peor calidade).

En calquera caso, é aconsellable realizar claras para mellorara calidade da madeira obtida na corta final. Estes tratamentos,que deben realizarse en outono, seguen a pauta indicada naseguinte táboa.

A decota é determinante para producir madeira sen nós, asícomo para dificultar en caso de incendios a propagación verti-cal do lume ás copas. Esta operación realízase en outono ouinverno. A primeira decota é habitual realizala en todas asárbores (ata unha altura media de 2 metros) aos 10 - 15 anosde idade, cando a altura media está comprendida entre 5 e 7m. A segunda decota realízase ata unha altura de 3-4 m, aos15 - 20 anos, aplicándose unicamente sobre as árbores selec-cionadas.

En extensións de superficie inferior a 10 hectáreas e pendentemoderada (< 5%), o sistema de aproveitamento habitual é o de“corte a feito” ou “matarrasa”. En rexións montañosas realíza-se por rúas (ou manchas) de ancho (ou diámetro) equivalentea 1 - 3 veces a altura media da masa.

Aquitania

A superficie forestal de Aquitania multiplicouse por 2,5 nunséculo (1861-1961), debido principalmente á repoboación conpiñeiro marítimo de zonas utilizadas tradicionalmente para opastoreo. Entre 1861 e 1979 a superficie forestal aumentoude forma constante, mesmo pese á incidencia de factorescomo os grandes incendios dos anos 40. Despois da segundaguerra mundial a superficie forestal estabilizouse en 1,2millóns de hectáreas, que están distribuídas principalmentenas rexións de Gironde, Landas, e Lot et Garonne.

Os datos do último inventario (IFN 1998/2000) indican unhasexistencias totais de madeira de 151 millóns de m3, dos caleso 92% corresponden a piñeiro marítimo. Nos 20 anos trans-corridos desde o inventario do ano 1976/1979, o piñeiro marí-timo incrementou as súas existencias nuns 28 millóns de m3,ata alcanzar os 138 millóns de m3 (crecemento do 25%).

A actualización destes datos tras o temporal de decembro doano 1999, poñen de manifesto unha diminución das existenciasde piñeiro pinaster de 27 millóns de m3. Esta cifra é equivalen-te á produción total correspondente a 3, 4 anos.

15-20 anos Aclareo del 20-40 % das árbores en pé.Identificación e poda de árbores seleccionados.

25-30 anos Aclareo del 20-30 % das árbores en pé.

35-40 anos Aclareo del 20-30 % das árbores en pé.

40-50 anos Corta final (300-500 árbores por hectárea).

Claras

O

RE

CU

RS

O

FO

RE

ST

AL

Page 14: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8

28 aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster

Page 15: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8

Na súa orixe, as plantacións de piñeiro marítimo estaban diri-xidas fundamentalmente á recolección de resina. Esta situacióncambiou ao adquirir a produción madeireira un maior protago-nismo. Foi a partir de 1960 cando se desenvolveu tecnicamen-te o cultivo do piñeiro marítimo na rexión de Aquitania, co des-envolvemento de técnicas específicas de reforestación e silvi-cultura.

De forma tradicional (nun 80% dos casos) os terreos refores-tábanse por sementeira artificial. Unha vez saneada, rozada,fertilizada e arada, a parcela sementábase en liña con aproxi-madamente 2-3 kg de sementes por hectárea. A partir dosanos 80 provocouse un cambio nos hábitos de plantación, coaprodución en viveiro de planta procedente de semente mellora-da xeneticamente. Actualmente, as dúas técnicas son utiliza-das indistintamente

En todos os casos, o terreo debe estar ben drenado. Se nonfose así, é necesario realizar canles de drenaxe cunha profun-didade mínima de 30-40 cm, polo menos 6 meses antes deproceder á plantación. O terreo prepárase mediante laboreopara facilitar o enraizamento da planta e a incorporación damateria orgánica ao chan. Habitualmente realízase unha fertili-zación inicial con ácido fosfórico.

A sementeira acostuma realizase na primavera, de febreiro amaio, e en outono, de agosto a outubro. A plantación efectúa-se entre novembro e maio, utilizando unha separación entreplantas de 1,5 a 2 metros e separacións entre filas de 3 a 4metros. As densidades iniciais sitúanse entre 1.200 e 1.500plantas por hectárea.

A silvicultura moderna do piñeiro marítimo require de opera-cións de roza para loitar contra a competencia e favorecer odesenvolvemento das plantas novas. Así mesmo, cando a rexe-neración se realiza mediante sementeira, debe aplicarse unproxecto de clareos durante os primeiros anos para reducir adensidade das plantas. Habitualmente o primeiro clareo realí-zase durante o terceiro ou cuarto ano, mantendo de 2.500 a3.000 pés por hectárea. Isto implica un espazamento de 0,8 -1 m entre árbores. O segundo clareo realízase, entre o quintoe sétimo ano, eliminando unha de cada dúas plantas ata redu-cir a densidade a uns 1.250 - 1.500 pés/ha.

Como norma xeral a primeira clara realízase cando o diámetronormal está en torno aos 16 cm., o que ocorre normalmenteentre os 10 e 15 anos. As claras vanse realizando cada 4 ou5 anos, retirándose en cada ocasión entre o 25% e o 30% dospés.

A última clara, antes da corta final, ten lugar cando as árboresalcanzan un diámetro normal duns 30 cm (aproximadamenteaos 30 anos). Neste punto a densidade final da masa é dunhas300 a 350 árbores/ha. A corta final realízase normalmentecando as árbores alcanzan un diámetro comprendido entre 40e 50 cm (quenda de 50-65 anos).

O

RE

CU

RS

O

FO

RE

ST

AL

160

140

120

100

80

60

40

20

0IFN 1976/1979 IFN 1987/1989 IFN 2000

revisado tras otemporal de 1999

IFN 1998/2000

Mill

óns

de m

3

Piñeiro marítimo Todas as especies

Existencias totais e de piñeiro pinaster en Aquitania

Page 16: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8

30 aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster

Actualmente existe unha tendencia para o acurtamento dasquendas de crecemento, como consecuencia do aumento dademanda de madeira de dimensión media (0,6 a 1,2 m3/árbo-re).

Co fin de conseguir unha boa calidade de madeira na corta final,acostuman realizarse decotas intermedias que se realizan sósobre aquelas árbores seleccionadas para a corta final. A pri-meira decota acostuma realizarse cando a árbore ten un diá-metro duns 11 - 14 cm. A segunda antes de que as árboresalcancen un diámetro de 20 cm, decotando ata cinco metros emedio de altura as 300-350 árbores que constituirán a masafinal.

A mecanización dos aproveitamentos aumentou considerable-mente tras o temporal do ano 1999. Na actualidade sitúasearredor do 65% (2004) e está en progresiva medra. Estasituación está a orixinar cambios en características silvícolascomo a separación entre filas ou o marco de plantación. Nestesentido, hai que ter en conta que, por razóns de competitivida-de, as primeiras claras deben ser mecanizadas.

O obxectivo desta silvicultura é producir a máxima cantidade demadeira de calidade, no tempo máis curto posible, mantendo oequilibrio ecolóxico de forma sostible. Con este espírito, amellora xenética da planta e a potenciación dos aspectos cua-litativos da silvicultura (particularmente a decota) constitúenos aspectos fundamentais a considerar.

Incendios forestais

En Galicia, na década dos anos 80, chegaron a arder un total de659.000 hectáreas das cales 283.000 hectáreas correspondí-an a superficie arborada. Durante esa década, chegáronse aqueimar nun só ano máis de 195.000 hectáreas (ano 1989) dasque aproximadamente a metade eran de arborado.

Na década dos 90, co desenvolvemento dun proxecto de loitacontra os incendios forestais, logrouse reducir a superficieafectada ata alcanzar valores medios de 25.000 ha/ano, apesar de que o número de incendios se incrementou de manei-ra espectacular durante estes anos. Neste sentido, cabe des-tacar a drástica redución da porcentaxe de superficie arbora-da afectada (da superficie afectada só unhas 6000 hectáreascorresponderon a terreo arborado).

Se ben a eficacia dos dispositivos de loita é cada vez máis alta,o número de incendios segue presentando niveis extraordina-riamente altos (máis de 9000 incendios cada ano). Na actuali-dade estanse a impulsar accións de carácter preventivo dirixi-das a mellorar esta situación.

En Aquitania, se ben os bosques das Landas de Gascognacoñeceron épocas de grandes incendios, como os habidosdurante os anos 40 cando arderon arredor de 400.000 ha, odesenvolvemento de medidas preventivas e de control permitiu

110.000

100.000

90.000

80.000

70.000

60.000

50.000

40.000

30.000

20.000

10.000

0

16.000

14.000

12.000

10.000

8.000

6.000

4.000

2.000

01980 1981 1982 1983 1984 1985 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002

Sup. arborada

Sup. non arborada

nº incendios

Supe

rfici

e af

ecta

da e

n ha

Núm

ero

de in

cend

ios

Evolución dos incendios en Galicia

Page 17: O RECURSO FORESTAL - CIS-Madeira · Preséntanse agrupadas de dúas en dúas. A súa cor é verde escura e posúen unha punta forte e punzante. A floración comeza a partir dos 7-8

diminuír a área queimada anualmente, ao aumentar a eficaciada extinción. Porén, o número de incendios segue medrandotodos os anos, principalmente en zonas periurbanas, turísticasou situadas ao longo dos grandes eixes de comunicación. Cabedestacar que unha causa de incendio importante son os fenó-menos naturais (raios), que acostuman provocar varios focossimultáneos dificultando a extinción.

En Portugal, considerando o período comprendido entre osanos 1987-2002, o número medio de incendios rexistradosanualmente ascendeu a máis de 21.000. Nalgúns anos alcan-zouse unha cifra próxima aos 35.000. A superficie media afec-tada foi de 102.128 ha/ano (3% da superficie forestal actual).O 48% corresponderon a superficie arborada (48.616 ha).

O ano 1991 foi o de maior superficie afectada con 182.486 ha.Ademais, a proporción de superficie arborada foi especialmen-

te alta este ano (69% - 125.488 ha).

Así mesmo, o ano 2003 foi catastrófico para o bosque portu-gués. Aínda que o número de incendios diminuíu en relación aanos anteriores, arderon un total de 423.276 hectáreas, o querepresentou o 13% da superficie forestal total. Preto do 82%da superficie afectada debeuse a 59 incendios de grandes pro-porcións (máis de 1.000 hectáreas afectadas). Cabe destacarque, a diferenza dos anos anteriores (1998-2002) onde asuperficie queimada de monte arborado presentou un valormedio de 53.572 hectáreas, no ano 2003 arderon 283.063hectáreas, o que representou un incremento da superficie afec-tada do 429%.

No total do período 1987-2003, o lume queimou máis de 2millóns de hectáreas, das que preto do 50% correspondían asuperficie arborada.

2.000

1.800

1.600

1.400

1.200

1.000

800

600

400

200

01989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997

12.000

10.000

8.000

6.000

4.000

2.000

0

Sup. afectada (Ha)

Nº de incendios

Área

afe

ctad

a en

ha.

Núm

ero

de in

cend

ios

300.000

250.000

200.000

150.000

100.000

50.000

0

40.000

35.000

30.000

25.000

20.000

15.000

10.000

5.000

01987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003

Sup. arborada afectada

Nº de incendios

Supe

rfici

e af

ecta

da e

n ha

Núm

ero

de in

cend

ios

O

RE

CU

RS

O

FO

RE

ST

AL

Evolución dos incendios en Aquitania

Evolución dos incendios en Portugal