o noso corpo po® fórå - av online -...

14
O noso corpo po® fórå Aínda que nos parecemos, todos somos diferentes. O noso corpo está cuberto pola pel. A pel protéxenos da calor, do frío e dos microbios.

Upload: trinhthuy

Post on 13-Dec-2018

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

O noso corpo po® fórå

Aínda que nos parecemos, todos somos diferentes.

O noso corpo está cuberto pola pel. A pel protéxenos da calor, do frío e dos microbios.

Coidamos a nosa pel protexéndoa do sol.

Pero ás veces, cando facemos unha ferida, a pel rompe. Debemos curar a ferida rapidamente para evitar que entren os microbios no interior do noso corpo.

O noso corpo po® ∂entroOs ósos

Xoguemos a tocar algúns dos nosos ósos!

Sabías que…?O óso máis pequeno do corpo chámase martelo e está no interior do noso oído. O máis longo chámase fémur e está na coxa.

As costelas protexen o corazón e os pulmóns.

Dentro do noso corpo temos 206 ósos.

Debemos tomar leite, queixo e iogur para que os nosos ósos medren sans.

Se damos un golpe forte, os ósos poden romper.

O médico coloca unha escaiola para que os ósos solden.

O corazón e os pulmónsO corazón e os pulmóns están no peito.

O noso corazón bombea o sangue a todas as partes do corpo.

Os nosos pulmóns énchense de aire cando respiramos.

Podemos escoitar o corazón

Coloca o teu oído no peito dun compañeiro que estea deitado e tranquilo.

Vólveo facer despois de que o teu compañeiro salte cinco veces.

Usa os teus pulmóns para xogar a soprar papeliños.

Vas ver que divertido!

Déitate no chan e respira forte. Comproba como os teus pulmóns se enchen de aire e o teu peito se levanta.

O cerebroO cerebro está dentro da cabeza. Está protexido polos ósos do cranio.

O cerebro controla os nosos pensamentos, emocións e accións.

Co noso cerebro podemos pensar. Intenta resolver estas situacións.

Como pode coller a comida?

Como pode verse no espello?

Como pode separar a area das follas?

Ofi nosofi ßentiµentofiLedicia

Medo

Tristeza

Enfado

Escribe cousas que te fan sentir…

a¬eg®æ

asustado

tris†æ

enfadado

Sabías que…?As uñas e o pelo medran máis rápido ca outras partes do corpo.

Sabías que…?Os dentes de leite caen aos 5 ou 6 anos. Despois saen os definitivos.

O noso corpo cambiå

Completa esta ficha persoal coa axuda dun familiar.

Teño anos.

Mido cm.

Peso kg.

O meu pelo é de cor

Os meus ollos son de cor

A miña pel é de cor

Volve medirte dentro dun mes. Seguro que medraches! Pero… a que a cor da túa pel e a dos teus ollos non cambiaron?

O noso corpo πermí†enofi di√±rtirnofiCo noso corpo podemos facer cousas moi divertidas. Mira cantas!

Escribe o teu xogo preferido e fai un debuxo del.O noso corpo

é xenial! Cóidao!