o noso libro voador

12
NO DÍA DO LIBRO O LIBRO VOADOR

Upload: ana-jato-rodriguez

Post on 20-Jul-2015

171 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: O noso libro voador

NO DÍA DO LIBRO

O LIBRO VOADOR

Page 2: O noso libro voador

LIBROS FERMOSOS

Page 3: O noso libro voador

LIBROS PARA XOGAR, LIBROS PARA SOÑAR…

Ao longo desta tempada fomos descubrindo libros que, por un motivo ou outro, chamaron a nosa atención e que nós gardamos na categoría de “libros fermosos”.

As nenas e nenos non entenden moito de se un libro é de máxima calidade ou non, si é un éxito ou non, pero o que si saben é que lles gusta, que os ten engaiolados e que lles esperta o desexo de miralo.

As mellores ideas sempre xorden da suma doutras ideas, así a raíz de que queríamos facer unha actividadeespecial para celebrar o Día do Libro, con motivo da celebración do seu día grande, e despois de moitodarlle voltas ao que nos apetecía facer e como, decicimos embarcarnos na aventura de crear o noso

LIBRO FERMOSO propio e isto foi o que se nos ocorreu. Decidimos tómalo con calma e ver o que nos gustaría facer e logo, con tempo, quixemos facer este proxecto e compartilo con vós, as familias. Xa que logo, esta foi a nosa particular petición para os que quixestes formar parte da aventura de crear unfermoso libro voador con nós, por iso quixemos convertir o noso, nun libro viaxeiro que fora coas nenas e nenos ata as súas casas e ao que coa vosa axuda poideran engadir aquilo que eles considerasen fermoso.

Cada neno e nena levouno uns días e coa axuda dos seus pais e nais engadíu algo que lle gustase especialmente nunha das páxinas. Enchérono de cousas fermosas con todo aquilo que consideraron merecedor de estar neste libriño voador.

E aquí quero deixar esta testemuña para que logo quede á vista de todas e todos os participantes nesteproxecto o fermosísimo resultado obtido.

MOITAS GRAZAS A TODOS/OS POLO VOSO ESFORZO E O AGARIMO POSTO NO TRABALLO.

Page 4: O noso libro voador

ALDARA ( 5 anos)Deixounos un xeitoso refrán

primaveral

“ATA O CORENTA DE MAIO NON QUITES O SAIO”.

Un anaquiño dun texto precioso:

NENA CÍNGARA

Bailaba co seu vestido tecidocon fíos de acibeche e agarimos o seu sorriso brillaba como as pedras preciosas…( A nena e o grilo)

E unha adiviña:

“Anteayer huevecito,

ayer capullito

mañana volará

como un pañuelito”

Page 5: O noso libro voador

AHINOA ( 5 anos)

Quixo compartir con nós un fermoso poemiña:

“ Quisiera ser mariposa

con alitas de algodón,

para entrar en tu pecho

robarte el corazón”.

E unha adiviña:

“Vuela entre las flores

con alas de colores.

¿quién es?”

Page 6: O noso libro voador

MENCÍA ( 5 anos)

Decorou as súas páxinas con fermosos e coloridos debuxos primaveraisademais dunha brilantebolboreta, voadora ben elegante e ben graciosa.

Page 7: O noso libro voador

TIAGO ( 3 anos)Deixounos un fragmento do conto A língua das bolboretas, de Manuel Rivas.

Neste explicanos que as bolboretas teñen unha línguaque en realidade é unhatrompa enroscada…

E tamén un fermosodebuxiño dun xardínabarrotado de bolboretas.

Page 8: O noso libro voador

XIÁN ( 3 anos)Deleitounos cun precioso contiño que inventou sobre unha xoaniña, un mosquito e o dinosaurio Tilurón que canta esta canción:

“ Xoaniña voa, voa,

que che hei dar

pan de broa….”

E un fermoso ceo soleado e cheo de bolboretas

Page 9: O noso libro voador

NOA ( 5 anos)Trouxonos Noa unha curiosa adiviña:

“ Somos animales elegantes

Y con nuestro cuac- cuac

nadamos en el estanque”

E un bonito xardín repleto de bolboretiñas de cores

Page 10: O noso libro voador

SARA ( 5 anos)

Sara trouxo a este libriño un gracioso xogo de sombras de bolboretas voadoras, que nos prestou a todos para xogar con el e unha cantiga primaveral que a ela lle gusta moito:

“ Xa chegou o maio

que tanto durmiches

aa pasou o inverno

e non o sentiches….”

Page 11: O noso libro voador

EMELI ( 3 anos)Emeli aportou un fermosodebuxiño dun soliño ben quentiño que coas súasraiolas de sol nos aleda o corazón.

E outro da casiña da súa avoaá que ela quere moito. Moitooooo.

Page 12: O noso libro voador

Agardamos que desfrutarades das experiencia tanto coma nós.

Moitas grazas por toda esta fermosura!

ESTE É O REMATE