nutrición

15
TEMA 6: A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN NO SER HUMANO

Upload: gorecho

Post on 02-Aug-2015

556 views

Category:

Education


10 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nutrición

TEMA 6: A FUNCIÓN DE

NUTRICIÓN NO SER HUMANO

Page 2: Nutrición

ALIMENTACIÓN OU NUTRICIÓN?

Alimentación: é o proceso polo cal tomamos

alimentos, é dicir, comida.

Nutrición: acción e efecto de nutrirse.

Alimentación = nutrición?

Page 3: Nutrición

A NUTRICIÓN:

1. Comeza coa alimentación.

2. Obtemos enerxía

3. Permítenos crecer e manternos sans.

Page 4: Nutrición

QUE PRECISAMOS PARA A NUTRICIÓN?

Aparato dixestivo : facer a dixestión.

Aparato respiratorio: respirar

Aparato circulatorio : realiza a circulación

Aparato urinario e órganos excretores:

excreción.

Page 5: Nutrición

SOMOS SERES PLURICELULARES

Page 6: Nutrición

O APARATO DIXESTIVO:

Dixestión: proceso que permite descompoñer os

alimentos en nutrientes cos que o corpo poida

obter enerxía.

Partes:

Tubo dixestivo: boca, farinxe, esófago, estómago,

intestino delgado e groso e ano.

Glándulas anexas: glándulas salivares, fígado e

páncreas.

Page 7: Nutrición

ÓRGANOS E FUNCIONAMENTO.

•1º Boca: mastigamos o alimento,

mestúrase coa saliva e fórmase o

bolo alimenticio.

•2º Estómago: transforma o bolo

alimenticio en quimo.

•3º Intestino delgado: o quimo

transfórmase en quilo e

absórbense os nutrientes.

•4º Intestino groso: absorbe a

auga e fórmanse as feces.

Page 8: Nutrición

O APARATO RESPIRATORIO

Participan dous gases: osíxeno e dióxido de carbono.

O aparato respiratorio é o encargado de proporcionarlle

o osíxeno que está no aire ás celulas e eliminar o dióxido

de carbono.

A respiración ten dúas fases:

ventilación pulmonar: inspiramos e expiramos.

intercambio de gases: pulmóns.

Page 9: Nutrición
Page 10: Nutrición

APARATO CIRCULATORIO

Leva ás células os nutrientes (aparato dixestivo) e o osíxeno

(aparato respiratorio).

Recolle as substancias de refugallo que xeran as células.

Tipos de circulación:

Circulación pulmonar: do corazón aos pulmóns onde se

carga de osíxeno e deixa o dióxido de carbono. Volve ao

corazón.

Circulación xeral: o sangue sae cargado de osíxeno do

corazón e vai a todo o corpo.

Page 11: Nutrición

PARTES:

Vasos sanguíneos : recorren

todo o corpo. Hai 3 tipos:

Arterias: saen do corazón, chegan a

todos os tecidos do corpo e

divídense pouco a pouco para

formar capilares.

Capilares: Únense de novo para

formar veas.

Veas: volven ao corazón.

Page 12: Nutrición

Sangue: líquido que se move polos vasos sanguíneos.

Corazón: órgano musculoso e oco que se enche de

sangue para bombeala a todo o corpo.

Page 13: Nutrición

APARATO EXCRETOR

Interveñen:

Pulmóns: eliminan o dióxido de carbono expulsando

o aire.

Fígado: axúdalle ao intestino a expulsar as

susbstancias nocivas.

Glándulas sudoríparas: eliminan substancias a través

da suor.

Riles: filtran o sangue para formar os ouriños.

Page 14: Nutrición

ÓRGANOS QUE O FORMAN:

Riles: producen os ouriños.

Uréteres: transportan os

ouriños ata a vexiga

Vexiga: acumula os ouriños.

Uretra: conecta a vexiga co

exterior.

Page 15: Nutrición

CÓMO NOS NUTRIMOS?

1. Comemos alimentos e auga que se transforman en nutrientes e en

substancias de refugallo que expulsamos en forma de feces.

2. Aspiramos aire do que extraemos osíxeno.

3. Os nutrientes e o osíxeno van ao aparato circulatorio e chegan ás

células.

4. As células empréganos para obter a enerxía e producen substancias

de refugallo e dióxido de carbono.

5. O aparato circulatorio recólleos e expúlsaos.

6. O aparato urinario elimina do sangue outras substancias de

refugallo polos ouriños. O fígado e as glándulas sudoríparas fan o

mesmo.