Índice - chduero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados...

30

Upload: others

Post on 19-Nov-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas
Page 2: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

3

Índice1. Introdución ..................................................................................................5

2. Descrición xeral da demarcación................................................................8

3. Descrición de usos, demandas e presións ................................................10

4. Prioridades de uso e asignación de recursos ...........................................13

5. Identificación e mapas das zonas protexidas ..........................................16

6. Programas de seguimento do estado das masas de auga ......................17

7. Obxectivos ambientais para as masas de auga .......................................19

8. Cumprimento dos obxectivos ambientais................................................21

9. Recuperación do custo dos servizos da auga ..........................................22

10. Plans e programas relacionados...............................................................24

11. Plans dependentes: secas e asolagamentos.............................................25

12. Programa de medidas ...............................................................................26

13. Participación pública.................................................................................27

14. Seguimento e revisión do Plan Hidrolóxico.............................................29

15. Listaxe de autoridades competentes designadas....................................29

16. Puntos de contacto e procedementos para obter a información ..........30

17. Informe de Sostibilidade Ambiental ........................................................31

18. Conclusión .................................................................................................32

Page 3: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

1.Introdución

Redáctase este resumo coa finalidade de crearun documento breve, que facilite o primeiro ache-gamento ao extenso contido documental que cons-titúe o borrador, para consulta pública, da propostade proxecto de Plan Hidrolóxico da parte españolada demarcación hidrográfica do Douro, integradopor unha Memoria acompañada de catorce anexos,que amplían ou desenvolven os seus contidos, cosseguintes títulos: 1) Masas de auga artificiais e moimodificadas, 2) Inventario de recursos hídricos, 3)Zonas protexidas, 4) Caudais ecolóxicos, 5) Deman-das de auga, 6) Asignación e reserva de recursos, 7)Inventario de presións, 8) Obxectivos ambientais, 9)Recuperación de custos, 10) Participación pública,11) Manual do Sistema de Información, 12) Pro-grama de medidas, 13) Actualización do Plan Espe-cial de Secas e 14) Atlas de mapas. Ademais, formaparte do Plan un documento de Normativa, que seadxunta ao borrador da disposición aprobatoria, e oInforme de Sostibilidade Ambiental froito do procesode avaliación ambiental estratéxica ao que se someteo novo Plan Hidrolóxico do Douro (en diante PHD).Por outra banda, a información empregada está al-macenada no sistema de información alfanuméricae espacial Mírame, administrado pola ConfederaciónHidrográfica do Douro.

Todos os documentos sinalados, do mesmomodo có sistema de información Mírame, resultanaccesibles a través do portal web da ConfederaciónHidrográfica do Douro, desde onde se pode consul-tar o seu contido ou descargar os arquivos arranxa-dos ao efecto.

Este novo PHD, destinado a substituír ao vixentePlan Hidrolóxico da conca do Douro aprobado en1998, é o instrumento clave de implantación da Di-rectiva Marco da Auga na bacía. A súa elaboracióné unha función explicitamente asignada á Confede-ración Hidrográfica do Douro, namentres que a súaaprobación mediante real decreto corresponde aoGoberno de España.

Os obxectivos xerais que persigue poden agru-parse en tres bloques:

a) Evitar a deterioración adicional das augase acadar o bo estado; é dicir, conseguir quese atopen nunha situación que non seafaste de xeito salientado das súas propiascondicións naturais.b) Atender as necesidades de auga naconca do Douro dirixidas a posibilitar osusos socioeconómicos que precisa a nosasociedade para o seu desenvolvemento efi-ciente e eficaz.

5

Page 4: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

c) Mitigar os efectos non desexados dosasolagamentos e as secas.

Para todo iso, o proceso de planificación hidro-lóxica foi concibido coma unha estratexia quetraballa repetindo un ciclo sexenal de mellora con-tinua: planificar, materializar o planificado,comprobar os resultados e, por último, revisar aplanificación para iniciar un novo ciclo.

Todo o proceso está condicionado por un ex-tenso e complexo marco normativo que inclúe dis-posicións da Unión Europea, acordos internacionais,

normas españolas tanto de ámbito estatal coma dascomunidades autónomas e normas de ámbito local.Nese contexto, un ciclo de planificación de seis anosorganízase arredor de catro liñas de acción princi-pais (Figura 1): o plan hidrolóxico propiamente dito,a avaliación ambiental estratéxica a que debe some-terse, a consulta pública e a participación que debenacompañar todo o procedemento e os programasde medidas que as autoridades competentes debendesenvolver para que se poidan acadar os obxecti-vos que o propio Plan concreta.

Page 5: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

Non debe ignorarse que todo este traballodebe ofrecer os resultados agardados, de formaconcreta e tanxible en beneficio de todos e que,ademais, debemos ser conscientes de que Españadebe dar conta deses resultados á Comisión Euro-pea que episodicamente examina o cumprimentodos requisitos formais e do logro dos obxectivos,podendo chegar a exercer a súa potestade sancio-nadora se identifica a existencia dalgúnincumprimento.

O contido dos plans hidrolóxicos de bacía es-tablécese na Lei de Augas, que enumera cada un

dos temas que obrigatoriamente deben ser consi-derados. Disponse adicionalmente dunregulamento e dunha instrución de planificaciónhidrolóxica que detallan o alcance co que debenser tratados os distintos aspectos. A Memoria doPHD adica un capítulo a cada un dos contidos obri-gatorios indicados na Lei, que son os que se vanpresentando nos seguintes apartados. Este resumoconclúe cunha referencia ao Informe de Sostibili-dade Ambiental, elaborado no marco do procesode avaliación ambiental estratéxica ao que o PlanHidrolóxico debe ser sometido.

7

Rio Carrión. Velilla del Río Carrión. Palencia.

Page 6: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

A bacía do Douro é a maior das concas hidro-gráficas da península Ibérica con case 100.000 km2

de extensión. Administrativamente está compar-tida entre España e Portugal nos termos que seindican na Táboa 1.

En calquera caso, o Plan Hidrolóxico españollimítase á parte española da demarcación. En ela

identificáronse e caracterizáronse 774 masas deauga, asignadas a distintas categorías (Táboa 2).

En total definíronse coma masa de auga 13.530km de río, que constitúen a rede significativa, dosmáis de 83.000 km de canle que se cartografaron aescala 1:25.000. Os 14 lagos definidos coma masade auga veñen representar unha mínima parte dos

2.Descrición xeralda demarcación

Page 7: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

9

case 2.000 espazos rexistrados coma zonas húmidasna conca española do Douro.

As masas de auga subterránea abranguen todoo ámbito territorial. Están organizadas en dous ho-rizontes superpostos; o superior inclúe aluviais, rañase páramos, mentres que o inferior ou xeral inclúe aoresto dos acuíferos identificados na bacía.

Os recursos naturais totais avaliáronse nuns13.000 hm3/ano, con augas de baixa mineraliza-ción onde predominan as facies bicarbonatadascálcicas. A recente avaliación dos recursos amosaunhas cifras apreciablemente máis baixas cás ofre-cidas no Plan Hidrolóxico de 1998 (Táboa 3).

Page 8: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

3.Descrición de usos,

demandas e presiónsA conca española do Douro, que enche o

15% de España, está poboada por uns2.200.000 habitantes (4,7% da poboación espa-ñola), cunha tendencia lixeiramente minguantenas últimas décadas, rexistrando ademais un forteavellentamento e un desprazamento da poboacióncara os núcleos urbanos máis grandes en detri-mento do medio rural.

O valor engadido bruto que se xera anual-mente na cunca é da orde dos 45.000 millóns deeuros (4,6% do total español), sendo os servizos,

a industria e a construción (Táboa 4) os sectoresmáis destacados.

Os usos da auga cuantitativamente máis sa-lientados na bacía son os de xeraciónhidroeléctrica, en particular aproveitando a perdade cota topográfica entre a meseta castelá e as te-rras baixas portuguesas, e os de rega. Tamén sonsignificativos os usos para a atención da cabanagandeira e certos usos industriais. A Táboa 5amosa as demandas brutas calculadas para a situa-ción actual.

Page 9: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

11

A demanda para a rega, que supón máis do90% das demandas consuntivas totais, destacasobre as demais e arredor dela pódense focalizaras accións de mellora máis significativas.

O regadío da conca española do Douro é va-riado, porque extensa e variada é a bacía, perohai un claro predominio dos cultivos de cereais,de cultivos industriais e de leguminosas. En xeral,as producións en regadío, con dotacións unitariasbrutas preto dos 8.000 m3/ha/ano, son clara-mente superiores ás que se obteñen en secaño,dando lugar a unha produtividade 2,6 veces su-

perior. Isto conduce a que os agricultores doDouro teñan interese pola posta en regadío dassúas terras, o que se veu facendo tanto con gran-des achegas de fondos públicos coma poriniciativa privada, especialmente no eido da regacon augas subterráneas.

Estes usos da auga premen o medio natural,tanto a través de focos de contaminación puntual(existen unhas 2.500 autorizacións de vertedura)coma de contaminación difusa. Supoñen taménunha presión importante as extraccións de auga,tanto as que se realizan desde a rede fluvial coma

(o total pode non corresponder coa suma por mor do truncamento e redondeo de tres a dous decimais).

Page 10: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

desde os acuíferos, e especialmente, as altera-cións hidromorfolóxicas que provocan, entre asque documentáronse unhas 3.600 barreiras condistintos graos de franqueo pola ictiofauna, máisde 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua-cións de reforzo de marxes.

Os impactos que se derivan destas presiónsson, en xeral, moi claros, evidenciándose no diag-nóstico do estado actual das masas de auga quese amosa máis adiante.

Usos da auga.

Page 11: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

4.Prioridades de uso easignación de recursos

O PHD asigna os recursos dispoñibles aos usosactuais e previsibles da auga no escenario estable-cido para o ano 2015. Para iso, identifica en primeirolugar a parte do recurso que non pode ser utilizadapor constituír os réximes de caudais ecolóxicos pre-cisos para manter a vida piscícola e a vexetación deribeira. Estes caudais ecolóxicos quedan reflectidosno Plan como uns valores de caudal continuo paracadanseu mes do ano e cada masa de auga, quedeben ser respectados sempre que a dispoñibilidadenatural o permita.

Tamén constitúen unha restrición aos usos daauga na parte española da conca os réximes de cau-dais que deben chegar a Portugal, segundo aoestablecido no Convenio hispano portugués de Al-bufeira e as asignacións previamente establecidas noPlan Hidrolóxico Nacional referidas a acuíferos com-partidos entre varias bacías.

Para expor as novas asignacións valórase un es-cenario de demandas no ano 2015 que deseñouseincorporando unha desexada mellora da eficienciaglobal no uso da auga que, polo menos, deberá ser

do 60% en cada unidade de demanda agraria; eunhas necesidades hídricas netas axustadas segundozonas e cultivos, coidando para isto último as pro-xeccións que ofrece a Unión Europea para osvindeiros anos.

Con todo isto, empregando ferramentas de si-mulación que permiten relacionar os distintoscompoñentes dos sistemas de explotación e algúnsindicadores relevantes do cumprimento dos obxec-tivos ambientais, realízase o balance entre osrecursos dispoñibles e as demandas, calculando osvolumes e caudais asignados para cadansúa unidadede demanda. O resto das asignacións que non foraxa obxecto de concesión resérvase a nome da Con-federación Hidrográfica do Douro para o fin con quese estableceu a asignación..

Como resultado deste traballo o novo Plan Hi-drolóxico asigna 4.242 hm3/ano, o que supón 400hm3/ano menos có asignado no Plan Hidrolóxico de1998. Do total calculado agora, o 80% destínase aoregadío e o 20% restante ao abastecemento urbanoe á industria. (Táboa 6).

13

Page 12: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas
Page 13: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

(o total pode non corresponder coa suma debido ao truncamento e redondeo desde tres decimais).

15

Page 14: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

5.Identificación e mapas

das zonas protexidasNa conca do Douro existen distintos tipos de

zonas protexidas, con diferentes finalidades e óabeiro de normativa de diversa natureza. No PHD

recóllese un resumo do “Rexistro de Zonas Protexi-das” da parte española da conca do Douro queinclúe os tipos de zonas que se sinalan na Táboa 7.

Page 15: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

Co gallo de diagnosticar o estado no que seatopan as masas de auga en cada intre, coñecer asúa evolución temporal e, en particular, determinaro efecto que se deriva do desenvolvemento dosprogramas de medidas que inclúe o PHD, viñé-ronse establecendo diversos programas deseguimento do estado, que aínda que deberonquedar totalmente operativos a finais do ano2006, vanse axustando e completando progresiva-mente conforme se van consolidando os diversos

indicadores a empregar, as súas cadencias e asmarcas de clase que permiten determinar o estadosegundo a natureza, categoría e tipo de masa deauga de que se trate.

Para a súa presentación pódense considerar tresgrandes grupos de programas, conforme estean di-rixidos a masas de auga superficial, a masas de augasubterránea ou a zonas protexidas. Á súa vez, se-gundo a súa finalidade, diferéncianse tres tipos deprogramas: vixilancia, operativo e investigación.

6.Programasde seguimento doestado das masas de auga

O PHD asume os obxectivos particulares deprotección destas zonas protexidas, obxectivos es-

tablecidos segundo á finalidade con que se pro-texe cada tipo de zona.

17

Lagoa de Cantalejo. Segovia.

Page 16: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

Os programas de vixilancia teñen por obxec-tivo principal a obtención dunha visión xeral ecompleta do estado das masas de auga. O seu des-envolvemento debe permitir concibir eficazmenteprogramas de control futuros e avaliar os cambiosa longo prazo no estado das masas de auga, cam-bios debidos a variacións nas condicións naturaisou ao resultado dunha actividade antropoxénicamoi espallada.

O control operativo ten por obxectivo deter-minar o efecto da acción operativa que supón aadopción dos programas de medidas. Por conse-guinte, establécese sobre aquelas masas de augaque o precisan por non atoparse en bo estado. Afinalidade destes programas de control operativoé, xa que logo, avaliar os cambios que se produzancomo resultado da aplicación dos programas demedidas.

Finalmente, os programas de investigación es-tablécense coa finalidade de pescudar a orixe doincumprimento dos obxectivos ambientais naque-las situacións e casos en que non esteasuficientemente identificado. Singularmente, aConfederación Hidrográfica do Douro desenvolveuun amplo programa de investigación co propósitode valorar o estado de forma directa, na prácticatotalidade das masas de auga superficial, polomenos como reforzo do diagnóstico inicial á horade expor o PHD.

A Táboa 8 recolle o número de estacións demostraxe ou puntos de control que se inclúe encada un dos programas considerados para asmasas de auga superficial.

No caso das masas de auga subterránea esta-blécese tamén un programa de vixilancia, quedispón actualmente de 306 estacións, e outro ope-rativo, con 102 estacións, dirixidos ao seguimentodo seu estado químico. Adicionalmente, establé-cese un programa de seguimento do estadocuantitativo que dispón de 392 piezómetros, que-dando 149 pendentes de construción.

As zonas protexidas posúen diversos subpro-gramas de seguimento que pretenden determinaro cumprimento dos seus obxectivos de protecciónespecíficos segundo o tipo de zona protexida deque se trate (ver Táboa 7).

A definición de cada un dos subprogramas re-feridos ás masas de auga superficial ou dosprogramas referidos ás masas de auga subterráneaimplica a identificación das estacións de control edas métricas que alí se calculan para avaliar indi-cadores de elementos de calidade biolóxicos,hidromorfolóxicos ou fisicoquímicos, de acordo cotipo, categoría e natureza da masa de auga a in-vestigar; cada elemento de calidade conta, oudebe contar, cunhas específicas marcas de claseque permiten identificar o estado final que se diag-nostica. A Memoria do PHD recolle polo miúdotoda esa información.

Page 17: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

7.Obxectivos ambientaispara as masas de auga

Os obxectivos ambientais de carácter xeral re-quiridos pola Directiva Marco da Auga aparecenrecollidos no artigo 92.bis do texto refundido da Leide Augas, e os prazos para acadar os obxectivosquedan indicados na disposición adicional undé-cima do mesmo texto normativo. De xeito moisimplificado os obxectivos pódense resumir en queantes de rematar o ano 2015 todas as masas deauga deberán atoparse, polo menos, en bo estadoou situacións equivalentes. En determinadas situa-cións excepcionais, debidamente xustificadasconforme ao previsto na Directiva Marco da Augae no noso ordenamento xurídico, o obxectivo de boestado pode prorrogarse ata dous ciclos de planifi-cación e incluso pódense establecer obxectivosmenos rigorosos. Este aprazamento de obxectivosnon resulta aceptable nas zonas protexidas.

A consecución dos obxectivos depende da na-tureza dos problemas que dificultan o seu logro, dascaracterísticas do medio sobre o que hai que actuarpara resolvelos e do grao de desenvolvemento quepoida acadar o programa de medidas orientado, ba-sicamente, a eliminar ou reducir as presións.

Na conca española do Douro os problemas decontaminación das augas máis salientables son osocasionados polas verteduras de augas residuais ur-banas e pola contaminación difusa de fontesagropecuarias. O primeiro caso preténdese abordarmediante o fortalecemento do sistema depuradore o segundo mediante a aplicación de códigos deboas prácticas nas zonas máis problemáticas; porén,cando o problema afecta claramente ás augas sub-terráneas existen limitacións físicas á viabilidade decorrixir estes problemas no tempo requirido, polaspropias características do medio poroso e a entidadedos acuíferos da bacía.

Por outra banda, outros problemas moi signifi-cativos veñen ligados á grave deterioraciónhidromorfolóxica dos nosos sistemas fluviais. Estadeterioración supón a manifesta perda de hábitat ea ocupación dos nosos ríos por especies oportunis-tas ou invasoras, cunha grave perda de diversidade.No entanto, a imposibilidade de que polo momentopóidanse empregar indicadores de estado ecolóxicoque, coma a fauna ictiolóxica, sexan sensibles aestas presións, fai que este problema quede parcial-

19

Page 18: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

mente enmascarado xa que os indicadores rigoro-samente hidromorfolóxicos teñen un escaso peso áhora de clasificar o estado.

Con todo iso, simuláronse os obxectivos que

poderían acadarse no ano 2015 e en horizontes fu-turos baixo distintas hipóteses de redución depresións. Os resultados obtidos na solución que seconsiderou máis realista amósanse na Táboa 9.

Así pois, se as hipóteses de traballo considera-das no PHD son correctas, no ano 2015 acadaraseo bo estado en 707 masas de auga, o 91% dototal. Establecendo prórrogas ata o ano 2021 en10 masas de auga de categoría río e prórrogas aoano 2027 noutras 7 masas de auga. Para 50 masas

de auga, é dicir, para un 6,5% das masas identifi-cadas na conca española do Douro non seconsidera posible acadar o bo estado en 2027;consecuentemente, defínense obxectivos menosrigorosos.

Page 19: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

8.Cumprimento dosobxectivos ambientais

21

O PHD inclúe unha determinación do estadodas masas de auga no ano 2009, que é o ano te-

órico de arranque do propio Plan. Esta valoraciónde estado efectuouse cos datos dos programasde seguimento establecidos e, en particular paraeste caso, co programa de investigación especi-ficamente desenvolvido para establecer odiagnóstico inicial. Os resultados obtidos amó-sanse na Táboa 10.

Así pois, conforme os cálculos realizados, noano 2009 cumpren os obxectivos ambientais o59% das masas de auga da conca do Douro. Dife-renciando por naturezas tense que cumpren oobxectivo o 56,9% das masas de auga superficiale o 82,8% das masas de auga subterránea.

Page 20: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

Un dos requisitos do PHD é a cuantificacióndo nivel de recuperación do custo investido polasAdministracións públicas na prestación dos servi-zos da auga, de tal xeito que se determine acontribución dos distintos beneficiarios finais aoimporte total. Esta contribución é un medio quedebe ser empregado para conseguir un uso efi-ciente do recurso e unha axeitada participacióndos usos ao custo dos servizos que os posibilitan,co obxectivo básico de protexer o ambiente e, enúltima instancia, de favorecer o benestar social.Esta visión está en liña coa Directiva Marco daAuga que determina que, para o ano 2010, os Es-tados membros deberán asegurar que os prezosda auga incorporan incentivos para lograr un usoeficiente da auga e unha contribución axeitadados diferentes usos ao custo dos servizos que re-quiren e condicionan.

O custo total anual dos servizos da auga naconca española do Douro foi avaliado en 937 mi-

llóns de euros. O cálculo realizouse a partir dos or-zamentos e estimacións de gasto das distintasAdministracións, entidades, empresas e particula-res que contribúen á prestación dos servizos, o quetotaliza 659 millóns/ano, aos que se engaden 278millóns de euros anuais como estimación do custoambiental non internalizado nos gastos actuais.

Os ingresos polos servizos cifráronse nuns 355millóns de euros anuais, que proceden dos usua-rios finais en forma de tributos e do custo dosautoservicios que os propios usuarios préstanse eque, loxicamente, soportan.

Con todo isto, obtense un nivel de recupera-ción de custos da orde do 38% dos custos totais,valor que ascende ata o 54% se non se consideranos custos ambientais non internalizados.

A Figura 2 amosa o actual nivel de recupera-ción do custo, conforme aos cálculos ata agorarealizados, diferenciando os distintos sectores quena bacía son salientables.

9.Recuperación do custo

dos servizos da auga

Page 21: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

23

Rio Tormes. Almenara de Tormes. Salamanca.

Page 22: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

Existen numerosas planificacións sectoriais ex-postas por diversas Administracións públicas concompetencias concorrentes sobre o territorio daparte española da conca. Tanto no propio Plan Hi-drolóxico coma no Informe de SostibilidadeAmbiental que lle acompaña analízase a relaciónentre os distintos plans e programas, coa finali-dade de establecer sinerxías nas accións que seprograman para favorecer o cumprimento dos ob-xectivos do PHD. Entre os plans ou programas máissobranceiros pola súa relación co PHD cabe desta-car o Plan Nacional de Adaptación ao Cambio

Climático, o II Plan Nacional de Calidade dasAugas: Saneamento e Depuración, a Estratexia Na-cional de Restauración de Ríos, o Plan de Choquetolerancia cero de Verteduras, o Plan EstratéxicoEspañol para a Conservación e Uso Racional dosHumidais, o Plan Estratéxico Nacional de Desen-volvemento Rural, a Estratexia Nacional para aModernización Sustentable dos Regadíos (hori-zonte 2015), a Planificación dos Sectores daElectricidade e o Gas (2008-2016) e o ProgramaAlberca e de Rexistro de Augas.

10.Plans e programas

relacionados

Alto Torío. León.

Page 23: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

Trátanse aquí as planificacións dependentes re-feridas á xestión de situacións conxunturais de secae do risco de asolagamento. No primeiro caso, dis-ponse dun Plan Especial para a conca española doDouro aprobado en marzo de 2007; no segundocaso, o Plan de Avaliación e Xestión do Risco deAsolagamento deberá ser adoptado antes de re-matar o ano 2015.

O Plan Especial de Actuación en Situacións deAlerta e Eventual Seca da parte española da de-marcación hidrográfica do Douro ten porobxectivo minimizar os impactos ambientais, eco-nómicos e sociais, xerados en situacións deeventual seca. Este Plan establece un sistema deindicadores que permite diagnosticar a ocorrenciada seca nas subzonas en que se dividiu a bacíapara determinar a súa gravidade. En función do re-sultado amosado polos indicadores adóptansediversos tipos de medidas estratéxicas, tácticas oude emerxencia. A proposta de Plan Hidrolóxico in-clúe unha revisión do Plan Especial orixinal queaborda a actualización e mellora do sistema de in-dicadores e a actualización dos distintos tipos demedidas, en especial considerando a nova defini-ción de caudais ecolóxicos e as asignacións e

regras de explotación que adopta o propio PHD.En particular, analízanse as situacións nas quepoda resultar admisible a deterioración temporaldo estado dunha masa de auga afectada polaseca.

O Plan de Avaliación e Xestión do Risco deAsolagamentos responde aos requisitos estableci-dos no RD 903/2010, de 9 de xullo, polo que setraspón ao ordenamento xurídico español a direc-tiva 2007/60/CE, que expón unha actuación entres fases: 1ª) de avaliación preliminar do risco po-tencial de asolagamento, que deberá completarseantes do final do ano 2011, 2ª) de elaboración demapas de perigo e de risco de asolagamento, acompletar antes do final do ano 2013 e, por úl-timo, a fase 3ª) de elaboración dos plans dexestión de risco de asolagamento, que se debecompletar antes de rematar o ano 2015. Actual-mente, a Confederación Hidrográfica do Dourotraballa na definición das zonas inundables paraatender os requirimentos da primeira fase. Os re-sultados vanse integrando progresivamente noSistema Nacional de Cartografía de Zonas Inunda-bles, trala súa primeira consolidación no Sistemade Información da conca do Douro.

25

11.Plans dependentes:secas e asolagamentos

Page 24: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

Como se viu anteriormente, no ano 2009cumpren os obxectivos ambientais o 59% dasmasas de auga da parte española da demarcacióndo Douro, agárdase que no ano 2015 a porcen-taxe de masas de auga que acaden os obxectivosambientais fixados no PHD supere o 91%. Para pa-sarmos dunha a outra situación cómpre adoptaros instrumentos xerais e materializar as actuaciónsespecíficas que recollen os distintos programas demedidas que se resumen no PHD e que deben aco-meter as diversas autoridades competentes.

Son instrumentos xerais as disposicións norma-tivas que se adoptan para dirixir a xestión dasaugas cara a consecución dos obxectivos. En par-ticular, aquelas accións sobre utilización eprotección do dominio público hidráulico que seadoptan co propio PHD e que se destacan no do-cumento de Normativa que acompaña ao actualborrador de real decreto aprobatorio, conforme aoprevisto no artigo 81 do Regulamento da Planifi-cación Hidrolóxica que detalla a estrutura formaldo PHD. Entre estes instrumentos tamén se inclúenos que se dirixen ao logro dos obxectivos de co-rrecta atención das necesidades de auga que seconcretan nun capítulo diferenciado dentro da

Normativa, que inclúe: os réximes de caudais eco-lóxicos que quedan establecidos no Plan, oscriterios sobre prioridade e compatibilidade deusos e a asignación e reserva de recursos, é dicir,un capítulo normativo que regula as reparticiónsda auga dispoñible.

Por outra banda, os programas de medidas in-clúen actuacións específicas, isto é, infraestruturasbásicas requiridas polo Plan imprescindibles paraacadar os obxectivos. Estas medidas organizáronseen dez grupos: 1) saneamento e depuración, 2)abastecemento, 3.1) modernización de regadíos,3.2) novos regadíos, 4) infraestruturas hidráulicas,5) xestión de asolagamentos, 6) restauración deríos e zonas húmidas, 7) enerxía, 8) alternativas deregulación, 9) planificación e control e 10) outrasmedidas. Para a súa organización e xestión creouseunha base de datos que conten unhas 1.300 ac-tuacións específicas, das que 1.064 se deberíanmaterializar na fiestra temporal 2010-2027.

O custo da versión preliminar deste programade medidas contido no borrador que se somete adiscusión pública, ascende a uns 2.700 millóns deeuros na fiestra temporal 2010-2015. Cifra que as-cende ata superar lixeiramente os 5.100 millóns de

12.Programa de medidas

Page 25: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

euros na xanela 2010-2027. Unha parte moi im-portante dese orzamento, máis de 1.000 millónsde euros, requírese para adecuar o actual sistemade depuración ás esixencias da Directiva 91/271,sobre tratamento de augas residuais urbanas. A se-guinte partida pola súa importancia económica éa dirixida ao grupo dos regadíos, en particularpolos fortes requirimentos en modernización ecompletado das novas transformacións programa-das. En comparación con estes grandes capítulosas accións de restauración de ríos, cuns 140 mi-

llóns de euros, destacan entre as menos custosas.Para asignarlle prioridade as accións realizouse

unha análise custo/eficacia, considerando coma in-dicador de eficacia o número de masas de augaque melloran de estado por mor da medida ougrupo de medidas en análise. Deste xeito, as me-didas que ofrecen unha mellor relacióncusto/eficacia son as do grupo 1) saneamento edepuración e as do grupo 6) restauración de ríos ezonas húmidas.

27

13.Participación pública

Xunto co destacado interese polo logro dunsconcretos obxectivos ambientais, a transparenciae os fortes mecanismos de consulta e participaciónpública que acompañan ao proceso, son as princi-pais novidades desta nova época de planificaciónhidrolóxica tutelada pola Unión Europea.

No eido da participación pública diferénciansetres niveis de actuación: 1) subministración de in-formación, 2) consulta pública e 3) participación

activa. A Confederación Hidrográfica do Douroformulou, entre os documentos iniciais do Plan Hi-drolóxico que quedaron formalizados en marzo de2008, un Proxecto de Participación Pública ondese detalla a organización e procedemento a se-guirmos para facer efectiva a participación públicano proceso de planificación; dito documento ató-pase dispoñible no portal web do Organismo deconca.

Page 26: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

As accións de subministración de informaciónao redor do proceso de planificación e, especial-mente, en canto aos propios contidos do PlanHidrolóxico e da información de base ou soporteempregada, canalízanse preferentemente a travésdo portal web da Confederación Hidrográfica doDouro (www.chduero.es) e do portal do sistemade información (www.mirame.chduero.es).Ademais, os principais fitos do proceso foron su-bliñados nos medios de comunicación con maiorimplantación na bacía, editáronse diversos folletosexplicativos e realizáronse diferentes actos públi-cos co propósito de espertar o interese no maiornúmero de persoas que puidesen resultar afecta-das.

As accións de consulta levan a un nivel de par-ticipación máis elevado cá simple subministraciónde información, posto que se espera unha respostapor parte do interesado en forma de alegacións ousuxestións que permitan mellorar o documento enanálise. As consultas realizáronse para os docu-

mentos iniciais e para o esquema de temas impor-tantes. Agora abórdase a consulta pública dopropio proxecto de Plan Hidrolóxico. Estas consul-tas prolónganse durante un período non inferior aseis meses.

Finalmente, a participación activa, que non éun mecanismo obrigado pero si recomendado,supón o maior grao de participación. Neste casoprocúrase a implicación directa dos axentes inte-resados na preparación dos documentos antes desometelos a consulta.

Complementariamente a todo o exposto, re-ferido á libre intervención das partes interesadas edo público en xeral, requírese a intervención de de-terminados órganos colexiados, onde estánrepresentados os diferentes niveis da Administra-ción, os usuarios e diversos axentes económicos esociais. Esta intervención débese materializar naemisión de informes sobre o proceso e na expre-sión de conformidade previa co proxecto de PHDantes de iniciar o seu trámite final de aprobación.

Proceso de participación pública. Fase previa. Valladolid, 2006.

Page 27: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

A normativa prevé que se realice un seguimentodo Plan Hidrolóxico dando conta anualmente aoConsello da Auga do Douro dos resultados domesmo. O devandito seguimento debe atender, enparticular, á evolución do estado das masas deauga, ao avance do programa de medidas, á evolu-ción dos recursos e das demandas e ao grao decumprimento dos réximes de caudais ecolóxicos.

Cando os datos de seguimento evidencienunha desviación significativa respecto aos escena-

rios cos que se calculou o Plan Hidrolóxico, o Con-sello da Auga pode acordar a revisión do mesmoque, en calquera caso, deberá levarse a cabo en2015 e, episodicamente, cada 6 anos.

Para conducir as sucesivas revisións cara unhamellora progresiva do PHD, a Confederación Hidro-gráfica do Douro estabeleceu un modelo deautoavaliación que permite diagnosticar o Plan eidentificar aqueles aspectos onde resultará máis efi-caz focalizar as accións de mellora.

29

14.Seguimento e revisióndo Plan Hidrolóxico

Son autoridades competentes todas as Ad-ministracións públicas con competencias sobrea conca española do Douro, nos tres niveisque establece a Constitución Española: Xeral

do Estado, das Comunidades Autónomas eLocal. Por conseguinte, a súa identificación ex-haustiva pode incluír a máis de dous milpersoas.

15.Listaxe de autoridadescompetentes designadas

Page 28: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

Para calquera cuestión relacionada coa obten-ción de información ou a achega de alegacións,comentarios ou suxestións ao redor do Plan Hidro-lóxico da parte española da demarcaciónhidrográfica do Douro, o punto de contacto sitú-ase na Oficina de Planificación Hidrolóxica da

Confederación Hidrográfica do Douro, podendoademais facer uso da dirección de correo electró-nico ([email protected]) e dos portais web doorganismo de conca (www.chduero.es) e do sis-tema de información da conca española do Douro(www.mirame.chduero.es).

16.Puntos de contacto

e procedementos paraobter a información

Para establecer un favorable marco de coope-ración entre todas elas creouse o Comité deAutoridades Competentes da parte española dademarcación hidrográfica do Douro, que se cons-tituíu o 18 de decembro de 2008. O Comité estápresidido polo Presidente da Confederación Hidro-

gráfica do Douro, sendo vogais seis representantesda Administración Xeral do Estado, sete das Co-munidades Autónomas que se reparten o ámbitoterritorial do Plan e dous representantes das Ad-ministracións Locais.

Page 29: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

31

17.Informe deSostibilidade Ambiental

O PHD, conforme ao previsto no Regulamentoda Planificación Hidrolóxica, debe someterse aoprocedemento de avaliación ambiental estratéxicaestablecido na lei 9/2006, de avaliación dos efec-tos de determinados plans e programas sobre oambiente.

Atendendo a este requisito, a ConfederaciónHidrográfica do Douro elaborou o Documento decomezo do procedemento de avaliación ambientalen xullo de 2008. A dito documento respondeu aautoridade ambiental (Dirección Xeral de Calidadee Avaliación Ambiental do Ministerio de MedioAmbiente, e Medio Rural e Mariño) co Documentode Referencia que determina o alcance que debeter o Informe de Sostibilidade Ambiental queacompaña ao PHD e completa a relación de inte-resados aos que se deben estender as consultas.

O devandito Informe de Sostibilidade Ambien-tal, analiza as posibles solucións alternativas que

poden resolver os problemas expostos no Es-quema de Temas Importantes, considerando osefectos ambientais de cada unha delas. Desta dis-cusión conclúese cunha combinación dealternativas que permite establecer os escenariosde actuación do PHD. A partir de aí analízanse osprevisibles efectos do PHD sobre o ambiente, efec-tos que aínda que na súa maioría son favorablesposto que o Plan persegue a consecución dunsobxectivos ambientais concretos, tamén son nal-gúns casos desfavorables inda que precisos paraatender os intereses socioeconómicos. No en-tanto, o conxunto resulta claramente favorable e,para aqueles casos particulares en que non é así,establécense medidas concretas para previr e con-trarrestar os efectos negativos. Adicionalmente,proponse un programa de seguimento específicoque permita minimizar, limitar e controlar este tipode efectos.

Page 30: Índice - CHDuero · distintos graos de franqueo pola ictiofauna, máis de 1.100 tramos canalizados e unhas 600 actua - cións de reforzo de marxes. Os impactos que se derivan destas

A Confederación Hidrográfica do Douro, se-gundo ao previsto no artigo 23 do texto refundidoda Lei de Augas, preparou a proposta de proxectodo PHD axustándose ás prescricións fixadas nonoso ordenamento xurídico. Agora correspondedesenvolver a fase de consulta pública previa o co-mezo do procedemento de aprobación, para oque o organismo de conca diríxese ás partes inte-resadas e o público en xeral na procura dasalegacións ou comentarios que os distintos axen-tes consideren oportuno achegar. Interesaespecialmente que todas as partes teñan a oca-sión e expresen as súas opinións e xuízos críticos,que participen na elaboración dun PHD que pre-tende deseñar o futuro da conca do Douro.

Coa documentación que se reciba e cos resul-tados dos debates que se desenvolvan ao longo

da consulta, a Confederación Hidrográfica doDouro elaborará un informe de discusión sobre asachegas recibidas que se incluirá nun anexo aoPlan; as que se coiden favorablemente darán lugará corrección e mellora do actual borrador, previa-mente á súa presentación aos órganos colexiados,que han de emitir a súa conformidade antes deabordar a súa tramitación final polo Ministerio deMedio Ambiente, e Medio Rural e Mariño.

Trala discusión pública, agárdase e deséxasepreparar un PHD que sexa unanimemente acep-tado e defendido por todas as partes. Undocumento cheo de ilusión para afrontar a xestiónda bacía do Douro nos vindeiros anos, que resulteeficaz para a consecución dos obxectivos trans-cendentes de bo estado, desenvolvementosocioeconómico e benestar social que procura.

18.Conclusión

Río Douro. Encoro de Saucelle. Salamanca.