n xaneiro de Órgano de comunicación do s. n. de ccxaneiro_de_2017).pdf · cións de traballo e...

10
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 73 - xaNeiro de 2017

Upload: truongkhanh

Post on 13-Feb-2019

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 73 - xaNeiro de 2017

GaLiCia SiNdiCaL Número 73 - xaneiro de 2017

2

www.galicia.ccoo.es

3

www.galicia.ccoo.es

GaLiCia SiNdiCaLNúmero 73 - xaneiro de 2017

OConsello Sindical Interre-xional (CSIr) Galicia-Norte de Portugal, nado

en 1985, intégrano o SindicatoNacional de CCOO de Galicia, aUGT de Galicia, a UGT de Por-tugal e a CGTP-IN. A súa prin-cipal función é ofrecer un pun-to de vista máis achegado darepresentación e a defensa dastraballadoras e traballadores aambas as beiras da fronteira. Éun dato coñecido que –temporalou definitivamente– xente dePortugal vén traballar a Galicia,ao tempo que cada vez máisgalegas e galegos teñen em-prego no país veciño. Nestesenso, é lóxico que os sindica-tos superen a fronteira para re-presentar mellor este colectivolaboral.

Cambio na presidenciaHai poucos días, o secretario

xeral de CCOO, Xosé ManuelSánchez Aguión, asumiu a Presi-dencia do CSIr, responsabilidadeque rota cada dous anos entre ascatro organizacións que confor-man o organismo. Así mesmo,Comisións representa o CSIr nasreunións ordinarias dos CSIr eu-ropeos, amais de programar erealizar actividades no marco doEURES, a rede de cooperaciónentre a Comisión Europea e osservizos públicos de empregodos estados membros.En Europa hai constituídos 45

CSIr entre diferentes rexiónsfronteirizas, sendo o de Galicia ea zona norte de Portugal un dos

máis antigos: foi o noveno en seconstituír.

Actividades para 2017Para este ano 2017, alén de

asesorar as traballadoras e traba-

Carlos PérezResponsable por CCOO do CSIrGalicia-Norte de Portugal

lladores transfronteirizos, cabesalientar as accións que o Conse-llo Sindical Interrexional organi-zará dentro do EURES. Nosvindeiros meses, concretamenteo período marzo-outubro, haberá

Primeiro pola esquerda, Xosé Manuel Sánchez Aguión (CCOO),presidente de quenda do CSIr

xuntanzas e actividades de mar-cado carácter formativo e infor-mativo en relación con asuntoscomo os cambios na seguridadesocial –tanto en Galicia comoPortugal–, o labor das inspec-cións de traballo e encontros decarácter sectorial –automoción,naval e hostalaría.A seguir indicamos as princi-

pais cuestións previstas:n Reunión dos responsablesda Seguridade Social de Galiciae Portugal para coñecer oscambios na lexislación e osproblemas que xorden acotíoen relación con esta materia.n Reunión das Inspeccións deTraballo de Galicia e Portugal,coa mesma finalidade que nocaso anterior.n Xornada cos colaboradoressindicais e empresariais doEURES.n Xornada con participaciónde delegados e delegadas sin-dicais das catro organizaciónsdo CSIr.n Encontro do sector do auto-móbil, en crecente cambio polainstalación de moitas empre-sas no norte de Portugal, situa-ción que inflúe no mercadolaboral galego.n Foro de emprego para pro-fesionais mozos. Concretarasecomo unha xornada que serealizará en institutos, na cal seexplicarán as característicasdo mercado laboral transfron-teirizo.n Encontro do sector do na-val. O mercado laboral galegonútrese cada vez máis deprofesionais portugueses, es-pecialmente após o peche dosestaleiros de Viana do Castelo.n Encontro do sector dahostalaría.

Milleiros de persoas cruzan a diario a fronteira luso-galega. Na imaxe,lado portugués da ponte internacional Tui-Valença

GaLiCia SiNdiCaL Número 73 - xaneiro de 2017

4

www.galicia.ccoo.es

As pensións actuais e futu-ras si son sostibles. Man-ter o noso actual modelo

de xubilación a mediados de sé-culo, coincidindo co momentode maior esixencia demográficacomo consecuencia da chegadaá idade de xubilación do grosoda xeración do baby boom, esi-xirá elevar o gasto en pensiónsata o 14-15% do PIB. Un granreto, pero perfectamente asumi-ble. De feito, o gasto en pensiónstivo no pasado unha progresiónaínda maior ca a que agora debeafrontar.En termos comparados, Eu-

rostat estima un gasto en pres-tacións de seguridade social enEspaña do 11,8 %, fronte a paí-ses como Francia (14,9 %), Ita-lia (15,7 %), Finlandia (14,2 %)e Austria (13,9 %), que actual-mente superan ou están próxi-mos ao nivel de gasto que teríaque afrontar España no 2050,de non se producir a reforma depensións de 2013. Así mesmo,contamos cunha marxe fiscalconsiderable para soster, entreoutras moitas cousas, as pen-sións públicas. O peso dos in-gresos públicos sobre o PIBestá, de forma estrutural, variospuntos por baixo da media dazona euro (6,8 puntos porcen-tuais en 2015).Por tanto, desde CCOO quere-

mos dicilo claro: non hai retonas pensións públicas que nonse poida acometer; o noso sis-tema é sostible, especialmente

se as reformas se fan no marcodo Pacto de Toledo e se consen-súan cos axentes sociais.

Sostibilidade e suficienciaOs retos do sistema son de

dous tipos. Dun lado, cómpregarantir a sostibilidade finan-ceira, e doutro, a suficiencia dasprestacións. O primeiro delesdáse no curto prazo, por mor dacrise económica, o desempregoe o impacto da reforma laboralde 2012. O segundo despregarápaulatinamente os seus efectoscoa entrada na xubilación da xe-ración do baby boom, o que esi-xirá un notable incremento dosrecursos necesarios para finan-ciar o sistema, polo menos ata adécada de 2060.Con todo, manter uns están-

dares de protección homologa-bles cos países da nosa con-torna esixe conseguir o equili-brio financeiro do sistema e ase-gurar unha relación adecuadaentre a pensión que se recibe aoxubilarse e o salario que se deixade percibir (taxa de substitu-ción). As proxeccións da Comi-sión Europea prevén que a taxa

de substitución bruta (relaciónentre o último salario e a pen-sión) se reduza do 79 % en 2013ao 48,6 % en 2060.CCOO presenta unha batería de

propostas con medidas que bus-can aumentar os ingresos do sis-tema co obxectivo de garantir asuficiencia e a sostibilidade. Ha-bería que actuar en dúas fases:1. Primeiro, adoptar medidas

para equilibrar a situación finan-ceira, mellorar ingresos por co-tizacións e incorporar ingresosadicionais desde o orzamentoxeral do Estado para cubrir osdéficits da seguridade social,con consenso social e político.2. A seguir, recuperar o marco

de actuación do Pacto de Toledo,coa adopción consensuada denovas recomendacións.Sen dúbida, a fonte de finan-

ciamento que mellor pode ga-rantir un bo sistema de pensiónsé a creación de máis emprego eque este sexa de calidade: a sim-ple recuperación dos niveis deemprego perdidos na criseachegaría cotizacións sociaispor un importe duns 15 000 mi-llóns de euros anuais. Para iso

Fotografía de arquivo dunha protesta de CCOOesixindo a revalorización das pensións

debemos teimar na necesidadede mellorar a produtividade dosfactores de produción, transi-tando cara a un modelo de cre-cemento baseado na innova-ción, aínda que sen deixar deimpulsar, desde os orzamentospúblicos, actividades intensivasen man de obra –atención a per-soas maiores e dependentes,mantemento de infraestruturas,servizos públicos, rehabilitaciónde vivendas e edificios, etc.–,que xeren oportunidades de em-prego para todas as persoas pa-radas, á vez que se atenden nece-sidades da sociedade.Mentres se concreta todo o an-

terior, a prioridade a curto e me-dio prazo obriga a adoptar medi-das que acaden o reequilibrio fi-nanceiro do sistema de pensións.

Carlos BravoSecretario confederal de ProtecciónSocial de CCOO

n Eurostat calcula un gasto en prestacións de seguridade social en España do 11,8 %, dato inferior ao de Francia (14,9 %), Italia(15,7 %), Finlandia (14,2 %) e Austria (13,9 %)

5

www.galicia.ccoo.es

GaLiCia SiNdiCaLNúmero 73 - xaneiro de 2017

Neste sentido, a clave radica enconseguir garantir un fluxo de fi-nanciamento adicional estable,sostido e suficiente. Os ingresosadicionais aos que nos referi-mos poden derivar, dun lado, deutilizar as marxes sobre as coti-zacións sociais que aínda permi-ten reformas paramétricas; e,doutro lado, da posta en marchade medidas no marco da impo-sición xeral.As medidas que se expoñen en

relación coas cotizacións sociaisredundarían, nuns casos, nunhamellora na progresividade dascotizacións sociais, e noutros, noreforzamento do principio de se-paración de fontes.

Bases de cotizaciónOs salarios que exceden da

base máxima de cotización–3642 euros/mes– non cotizanpolas retribucións superiores ádevandita cifra, polo que hai uns26 775 millóns de euros de basesalarial non cotizada que, de fa-celo, aumentaría os ingresos dosistema en 7577 millóns anuais.Esta medida, dependendo dasúa intensidade, tería efectos in-mediatos nun incremento de re-cadación, aumentando –iso si,no futuro– tanto a recadación,xa que é unha medida de me-llora de ingresos de carácter es-trutural, como do gasto, deri-vada da necesaria mellora daspensións máximas.Doutra banda, están as bases

mínimas. Un xeito de combateros fenómenos de desigualdadee exclusión social asociados ádesvalorización salarial é aumen-tar o salario mínimo (SMI), ao queestá asociada a base mínima decotización. Entre 2009 e 2016 osalario mínimo perdeu un 4 % depoder de compra. A nosa pro-posta é aumentar o SMI ata os800 euros no primeiro ano destalexislatura, e habilitar nesta lexis-latura un mecanismo de revisiónautomática que permita alcanzaro 60 % do salario medio neto, enliña cos compromisos contidosna Carta Social Europea. O incre-mento do SMI nun 8 % para 2017

vai nesa dirección, pero é clara-mente insuficiente.

Fin das ‘tarifas planas’As reducións de cotizacións

sociais, máis aló da súa dubidosaefectividade para crear postos detraballo, supoñen unha diminu-ción de ingresos para financiarpolíticas activas de emprego. Acontía de recursos que o sistemadeixa de ingresar como conse-cuencia do conxunto deste tipode medidas anda polos 1800 mi-llóns de euros.

Elevación dos tiposde cotizaciónExisten marxes para aumentar

os tipos de cotización, polomenos transitoriamente. Entre1982 e 1995, a redución dostipos de cotización nominais porcontinxencias comúns foi de 3,8

puntos porcentuais –sobre todoredución de cotizacións empre-sariais–. Cada punto de cotiza-ción adicional implicaría amellora de ingresos no sistemapor importe duns 3200 millónsde euros.

Equiparación de basesSe se equiparasen as bases

dos réximes xeral e de autóno-mos, os ingresos por cotiza-cións do sistema incrementa-ríanse nuns 7000 millóns anuais.E aínda que no tempo aumenta-ría o gasto en pensións contri-butivas, tamén suporía unhaminoración de gasto en comple-mentos a mínimos, que na ac-tualidade é comparativamentemáis alto que no réxime xeral.Respecto das medidas que

cabe pór en marcha no marcodos impostos, pode adoptarmoitas formas e é obxecto dundebate máis amplo, no queCCOO está disposto a participar,partindo dun feito obxectivo: amarxe de mellora da nosa reca-dación fiscal é moi ampla. Osdatos de Eurostat máis recentes,referidos a 2015, indican que Es-paña dispón duns ingresos fis-cais equivalentes ao 34,6 % doPIB; 6,8 puntos porcentuais infe-

riores aos países da zona euro e5,4 puntos porcentuais inferioresá media da Unión Europea.Debemos sinalar, con todo, a

nosa preferencia polos impostosdirectos, de modo que se apro-veite o seu carácter progresivo narepartición de esforzos, e reducira dobre imposición sobre os xu-bilados. A alternativa dos impos-tos indirectos –como o IVE–,ademais de regresiva, incorporacolectivos vulnerables –como pa-rados de longa duración, estu-dantes…– á obriga de contribuírao sostemento das pensións.

A base do consensoUnha boa combinación des-

tas, e mesmo outras medidas, haformar a base do consenso quepermita recuperar actuacións degarantía das pensións, respec-tuosas cun criterio de suficiencia,non do simple recorte xenerali-zado de prestacións como vía deaxuste orzamentario.

(*) A versión íntegra deste artigo pó-dese consultar no n.º 80 da revista Es-tudios y Cultura, editada pola Fundación1.º de Mayo de CCOO. O texto está dis-poñible na seguinte ligazón: http://tiny.cc/GS73pensions

Algunhas posibles medidas para a mellora conxuntural e/ou estrutural de ingresos do sistema público de pensións

Impacto anual en millóns de €

Impacto en % do PIB de 2016

Incremento conxuntural de dous puntos de cotización 7.000 0,61 %

Incremento de bases máximas de cotización 7.557 0,70 %

Incremento da base mínima de cotización como consecuencia do aumento paulatino do SMI ata o 60 % do salario medio (SMI: 972 euros/mes - base mínima: 1132 €/mes)

3.470 0,31 %

Equiparación de bases medias de cotización entre o réxime de autónomos e o réxime xeral da seguridade social

7.000 0,61 %

Asunción por parte do Estado de gastos de administración da seguridade social 3.825 0,34 %

Conversión de ‘tarifas planas’ e reducións de cotas en bonificacións financiadas polo Ministerio de Emprego, sen considerar reducións de cotizacións empresariais no sector agrario

1.800 0,16 %

Ingresos procedentes da imposición xeral, na contía que se considerar necesaria en cada momento. Como exemplo, o financiamento con impostos das prestacións por supervivencia: suporían ingresos adicionais de 19 000 millóns

19.000 1,7 %

Políticas de emprego que favorezan a creación de tres millóns de postos de traballo 15.000 1,32 %

Loita contra a economía somerxida 6.300 0,55 %

Total 70.952 6,3 %

Unha combinación de varias medidas, perfectamente asumibles nunha economía como a española,

inxectarían miles de millóns de euros no sistema público de pensións

GaLiCia SiNdiCaL Número 73 - xaneiro de 2017

6

www.galicia.ccoo.es

Osindicato está a atravesarun momento difícil. Osmotivos son tanto a dimi-

nución dos recursos como a pre-sión que os poderes políticos eeconómicos exercen contra nóspara nos quitaren do medio ou,cando menos, facernos invisiblesante a sociedade e inserviblesnas empresas. Como consecuen-cia do anterior e dos erros come-tidos pola dirección do sindicato,diminúe a afiliación, retrocede-mos nas eleccións sindicais eperdemos pé nas rúas e nos ám-bitos sociopolíticos.Temos que mudar esta situa-

ción. Debemos virar o rumbo.Debemos ser máis sindicato. Istoconcrétase en sermos máis trans-parentes, en fomentarmos a par-ticipación da afiliación, na tomacompartida de decisións e en re-forzar a unidade sindical –comorecollen os textos congresuais,que eu comparto plenamente–,para afrontar os cambios que seestán dando na sociedade e asnovas realidades laborais.

Sodes a forza do sindicatoPara iso presento a miña can-

didatura á Secretaría Xeral do Sin-dicato Nacional (S. N.) e traballona conformación dunha Comi-sión Executiva composta por per-soas capaces de levar adianteeste traballo. Para dar un cambioao sindicato na nosa acción sin-dical, na política e na nosa ma-neira de traballar. Para seguirmosconstruíndo as CCOO contigo, afi-

liada, e contigo, afiliado, que xun-to aos nosos delegados e delega-das sodes a forza do sindicato!Temos a obriga de reforzar a

nosa identidade nacional e asítentamos transmitilo nos textoscongresuais. Somos SindicatoNacional e formamos parte daConfederación, pero non somosunha delegación confederal. Dou-tra banda, temos que asumir quetodos e todas somos o S. N. por-que –ao contrario da idea tan es-tendida– non só o constitúen osterritorios: as federacións sonparte fundamental do S. N.

Unhas CCOO á ofensivaÉ o momento de pasarmos á

ofensiva, porque se está xerandoriqueza, pero a súa distribuciónsegue sendo inxusta. Hai quemudar a correlación de forzas,

Maica Bouza SeoaneSecretaria nacional de Empregoe Institucional de CCOO

comezando nos centros de traba-llo –un dos nosos piares– e loi-tando contra a reforma labo-ral para recuperar emprego esalarios. Apostamos por unhanegociación colectiva na que par-ticipen os traballadores e traba-lladoras en todo o proceso de ne-gociación. Tamén temos quereforzar a nosa acción sociopolí-tica –o segundo piar do sindi-cato– para abordar na sociedadea distribución da riqueza que seproduce a través do sistema fis-cal e pelexar polo mantementodo sistema de pensións.

Renovación de ideas e persoasEn tempos difíciles cómpren

organizacións fortes e unidas,con equipos de dirección acti-vos. Isto é o que necesita o S. N.:unha nova dirección nacional,

unha renovación de ideas e per-soas para dinamizar a organiza-ción e recuperar os espazosperdidos.Aumentar a nosa afiliación

contando coa implicación doconxunto do sindicato, e chegar-mos máis e mellor a máis traba-lladores e traballadoras, velaí anosa razón de ser.Dirixir o sindicato de forma

consensuada: un modelo detoma de decisións participativo ecorresponsable, que achegue osórganos de dirección ao con-xunto do sindicato e fomente aparticipación da afiliación no de-bate interno e na vida cotiá. Debemos reconquistar o noso

espazo de representación naseleccións sindicais con plans detraballo específicos deseñadosxuntamente coas unións comar-cais e as federacións nacionais.Este e os restantes obxectivosconcretaranse nun plan de tra-ballo –con medidas e recursos–para o conxunto da organizaciónque se aprobará despois doCongreso.

Iniciativa sindicalTodo isto hase sustentar no

restablecemento da iniciativa sin-dical que CCOO tivo en Galiciaante o Goberno e a patronal. De-bemos recuperar o noso carácterreivindicativo e achegarnos máisaos traballadores e traballadoras,especialmente ás novas realida-des laborais. Temos propostas ecapacidade de mobilización paradefendelas.Por estas razóns, e cos obxec-

tivos expostos, entre outros, pre-sento a miña candidatura á Se-cretaría Xeral. Eu quero unhasCCOO de homes e mulleres, conmozas e mozos, asentadas nosterritorios e nos sectores de acti-vidade, defensoras dos dereitosdos traballadores e as traballado-ras nas empresas; pero taméngañando espazos de participa-ción sociopolítica e contribuíndoa conformar outra maioría socialque rache co poder da dereita. Éo momento de recuperarmos ailusión!

9

www.galicia.ccoo.es

GaLiCia SiNdiCaLNúmero 73 - xaneiro de 2017

7

Comisións Obreiras é a pri-meira forza sindical no Es-tado e traballaremos arreo

para que tamén o sexa en Galicia.Dende os seus valores de xustizasocial, solidariedade, indepen-dencia e participación, o Sindi-cato Nacional de CCOO ten quefacer do 11.º Congreso o puntode inflexión que nos leve a gañara hexemonía social que precisa aclase traballadora. Debemosaproveitalo para refrescar o dis-curso, a organización e os seusdirixentes, sen perder de vista osprofundos procesos de transfor-mación que se están a producir.Mantiven unha intensa rolda de

xuntanzas coas organizaciónsque compoñemos as CCOO deGalicia para compartirmos ideas,opinións e inquedanzas. Agra-dezo a oportunidade que supónesa posta en común. Tamén nosdebemos felicitar polo inicio duncompromiso duradeiro cunhanova forma de abordar os nososcongresos e debates, superandoformatos onde uns poucos deci-den por todos e todas.

Compartimos preocupaciónsFalta de militancia, problema

afiliativo, déficit na formación sin-dical, tensións internas nos pro-cesos de reestruturación terri-torial e federal, nos sectores fron-teirizos; necesidade de maior vi-sibilidade, de ilusionar o conxun-to da organización.Dispoñer de acordos estables

que garantan unha atención sin-

dical equiparable en todo o terri-torio. Axeitar a resposta sindicalaos desequilibrios da Galicia in-terior e a da costa, o grave pro-blema demográfico, as debilida-des do noso tecido produtivo.Compartir os recursos, expandirun modelo colaborativo e solida-rio entre territorios e federacións,unha resposta sindical asentadana tradición das CCOO.Gran parte das organizacións

acolleron con escepticismo pro-postas como a de reducir a Co-misión Executiva ou ampliar osespazos de colaboración, peroquedo cunha frase recorrente:«oxalá o consigas».

RecoñecernosNecesitamos salientar o traba-

llo ben feito polas nosas organi-zacións e rexeitar unha certa

Ramón Sarmiento SollaSecretario xeral comarcalde CCOO-Industria en Vigo

deriva á autoflaxelación. Partici-pamos en moitos dos ámbitos dareivindicación: sanidade, educa-ción e outros servizos públicos,industria, pensións, renda básica,contra as guerras, a prol das per-soas refuxiadas, contra os escu-ros tratados de libre comercio...Adoitamos queixarnos de que

non vendemos o que facemos,responsabilizando a prensa dunproblema na comunicación que énoso. Elaboramos e distribuímosmoita información pero necesita-mos comunicar máis e mellor;definirmos a nosa liña editorialperiodicamente.

Máis transparentesSegundo o código de conduta

da nosa organización, os compo-ñentes de órganos de direccióntemos que depositar os nosos

certificados de retencións e asnosas declaracións de bens, perodebemos ir máis alá: informartanto da orixe dos nosos recur-sos como do seu destino.A crecente preocupación pola

situación económica da nosa or-ganización merece unha respostade absoluta transparencia. O con-xunto da organización ten quedebater desde un coñecementorigoroso que nos permita darunha mellor resposta.Hai que racionalizar o gasto

con eficiencia, pero tamén me-drar en recursos pola vía da afi-liación. Precisamos o compromi-so e o traballo de todos nesteeido de xeito prioritario. Cómpre que o proceso congre-

sual coloque as respostas á afi-liación no centro de todos osnosos debates: do territorial, odos recursos e gastos comúns,na reformulación do funciona-mento e as tarifas das nosas ase-sorías xurídicas. Temos quetransformar os nosos gastos eninvestimento sindical para me-drar en ingreso afiliativo.

A unidade sindicalA unidade sindical é un sinal de

identidade de CCOO, unha reivin-dicación dos traballadores e tra-balladoras. Precisamos mantelacoa UGT e intentala coa CIG, ehase corresponder co que acon-tece nas empresas ou nos secto-res. Propoñemos un acordo deunidade sindical a tres en Galiciaen materia de negociación colec-tiva, promover mobilizacións uni-tarias –1.º de Maio, Día da ClaseObreira Galega e Día Internacio-nal da Muller– e establecer xun-tanzas periódicas dos nososresponsables nas que formularpropostas, peticións e mesmoqueixas por actividades ou prác-ticas desleais –nomeadamentenas eleccións sindicais.Despois deste proceso debe-

remos continuar repensandoo sindicato, pero pídovos quetraballemos xuntos, e que osnosos debates estean presididospolo compañeirismo solidario ede clase.

GaLiCia SiNdiCaL Número 63 - setembro de 2015

8

www.galicia.ccoo.es

Fronte ás últimas declara-cións do ministro De Guin-dos, que se nega a derrogar

a reforma laboral «porque fun-ciona moi ben», nós podemosdicir que en Galicia, cos datosprovisionais de decembro, a ne-gociación colectiva non só estáparalizada, senón que sofre unhagran deterioración.O número de convenios au-

menta de 914 a 941, pero toda aprogresión se dá en convenios deempresa. Ademais, se analiza-mos os convenios con vixenciaexpresa, o seu número seguediminuíndo: baixan de 294 a266 e pasan de estar protexidas186.767 persoas traballadoras a127.428 (31,77% menos). Au-mentan tamén os convenios re-xistrados e o número de empre-sas atanguidas; porén, parado-xalmente, diminúen os traballa-dores protexidos e, ademais, ossalarios seguen sen subir.A suba salarial media no que

vai de ano foi do 0,92% en Gali-cia, mentres que en España su-perou lixeiramente o 1,06%.Incrementos insuficientes paraunha economía que crece porriba do 3% e moi lonxe da subasalarial media aconsellada no IIIAcordo de Emprego e Negocia-ción Colectiva. Así é imposible re-cuperar o poder salarial perdido.Ademais, só se asinaron e re-

visaron 120 convenios, e cadavez son menos os que incorpo-ran cláusulas de revisión salarial.Daquela, atopámonos cunha ne-

gociación colectiva zombi, quecada ano protexe menos persoase que tampouco dá recuperadoos dereitos laborais perdidos.

Desterrar a moderación salarialCómpre desterrar de vez a mo-

deración salarial e reclamar au-mentos de entre o 1,8 % e o 3 %co fin de fomentar o consumo eo investimento, compensar a per-da de poder adquisitivo e reduciras desigualdades e os niveis depobreza. É necesario, tamén, fo-mentar a creación de empregoestable e con dereitos.Ao noso ver, no salario real

deben influír factores económi-cos como o crecemento do PIB ea inflación de prezos, amais dou-tros elementos. A desconexiónentre medra económica e au-mento dos salarios ten como re-sultado que os traballadores, as

Xesús CastroSecretario nacional de Acción Sindicalde CCOO

traballadoras e as familias quedependen dun salario non reci-ban unha proporción xusta dosfroitos do progreso económico,o que alimenta a súa frustracióne descontento. É preciso resta-blecer o equilibrio na negociacióncolectiva e derrogar as prerroga-tivas que lle permiten ao empre-sariado fixar condicións laboraisde forma unilateral.

Reformas laborais daniñasAs reformas laborais do 2010

e 2012 mudaron aspectos subs-tanciais da negociación colectiva,como favorecer que as empresaspoidan fixar unilateralmente con-dicións de traballo –incluídas assalariais– sen respectar o pac-tado nos convenios colectivos.A negociación colectiva ha re-

cuperar o seu papel protagonistana regulación das relacións labo-

rais, decidir como se debe verte-brar, establecer a prevalencia dosconvenios colectivos de sector ea ultraactividade dos conveniossen restricións.

Reducir a desigualdadeCómpre recuperar unha nego-

ciación colectiva capaz de reduciras desigualdades entre as empre-sas e dentro delas. Negociaciónque, segundo for a estrutura e or-ganización, terá efectos distintos:cando ten lugar nos planos esta-tal ou sectorial, queda cubertaunha gran proporción de per-soas traballadoras, e é probableque a desigualdade se reduzadentro da empresa e entre em-presas; se o ámbito for o da em-presa ou centro de traballo, oefecto limítase ás desigualdadesdentro desta empresa, pero nonentre as empresas.

n As subas salariais medias do 0,92% en Galicia e o 1,60% en España resultan insuficientes para unha economía que crece a ritmossuperiores ao 3%; así é imposible recuperar o poder salarial perdido

É preciso restablecer o equilibrio na negociación colectiva e derrogar as prerrogativasque lle permiten ao empresariado fixar condicións laborais de forma unilateral

9

www.galicia.ccoo.es

GaLiCia SiNdiCaLNúmero 73 - xaneiro de 2017

CCOO ve na enquisa de poboa-ción activa (EPA) do derradeiro tri-mestre do 2016 un balancenegativo do último ano. Os datosdebuxan unha Galicia con me-nos emprego e un volume in-sostible de paro, precariedade epobreza. A actividade recupé-rase, mais non o emprego, xaque o noso país segue a pade-cer os efectos negativos da re-forma laboral: substitución de

emprego indefinido por even-tual e a tempo parcial, peoressalarios e menores dereitosasociados.

Perda de expectativasDesde a Secretaría de Em-

prego de CCOO repróbaselle aopresidente da Xunta que «in-tensifique» en Galicia as «re-ceitas» de Mariano Rajoy, queata o de agora deixan máis paro,

destrución de emprego, despro-tección social e, «sobre todo,perda de expectativas de desen-volver un proxecto de vida napropia terra».Por esta razón, CCOO insta a

Xunta a facer unha «emenda átotalidade» das súas políticas eaproveitar os orzamentos quese están a tramitar no Parla-mento para recuperar o papeldo sector público na economía.

A Federación de Industria deCCOO de Galicia consideraunha «falta de respecto» e caseque unha «ameaza» ao persoalo último comunicado emitidopola dirección de Nueva Pesca-nova. O sindicato insiste en quenon permitirá que a compañíacondicione os plans de futuro áprecariedade dos seus traballa-dores e traballadoras. Por estarazón, denunciará na Inspec-

ción de Traballo os contratos enfraude de lei e pedirá a conver-sión dos postos temporais enindefinidos.CCOO-Industria coida que

non abonda con manter o em-prego actual nas empresas deNueva Pescanova, senón quehai que incrementalo, porqueos actuais cadros de persoalson «insuficientes» para reali-zar todas as tarefas necesarias.

Proba disto é que ano tras anose fan contratacións temporais.En opinión do sindicato, osditos contratos son en fraudede lei, xa que a súa reiteraciónsignifica que se trata de postosde traballo consolidados. A isto cómpre sumar a figura

dos bolseiros, máis de 35 entreo ano pasado e o que vai do ac-tual. Trátase de man de obrabarata e en fraude, pois substi-

Mobilizaciónsno sectorpúblico

CCOO e UGT deron a coñecero pasado 24 de xaneiro as cau-sas, todas as reivindicacións e ocalendario de mobilizacións queafecta ao persoal funcionario, la-boral e estatutario dependenteda Xunta. Esta campaña desen-volverase baixo o lema «Servi-zos públicos. Recuperación dedereitos roubados». A primeiraacción foi unha protesta o día 25fronte ao Parlamento.

túen persoal xubilado ao tempoque realizan funcións do per-soal propio de Nueva Pesca-nova, pero con remuneraciónsinferiores ao salario mínimo. A Federación de Industria de

CCOO denunciará estes feitosperante a Inspección de Traba-llo e pedirá a conversión dascontratacións temporais en in-definidas. Por último, CCOO convocou

a todos os sindicatos con re-presentación no grupo a unhaxuntanza que terá lugar o vin-deiro 7 de febreiro para planifi-car as medidas a adoptar.

Concentración de delegadas e dele-gados do sector público fronte

ao Parlamento de Galicia o pasado25 de xaneiro

Número 73 - xaNeiro de 2017

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Equipo de redacción

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez