programa anual de actividades … · programación anual de actividades 13-14. conferencias e...
TRANSCRIPT
PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES
EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS
IES SAN PAIO
2013-2014
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
ACTIVIDADES COMÚNS DO CENTRO
• Continuar co Proxecto Lector colaborando cos encargados da
Biblioteca que preparan e coordinan este proxecto. O tempo de
lectura na aula sigue sendo de 30 minutos para tódolos cursos da
ESO e 1º BAC.
• Participar, xunto cos alumnos/as de 4º ESO, nas actividades co fin
de recadar fondos para a viaxe de fin de curso, que se realizará no
mes de xuño, como en anos anteriores e en datas próximas ao
remate do curso e cunha duración aproximada dunha semana.
• Participar no programa da Consellería do Medio rural “Semana de
froitas frescas” nas aulas”. Este programa xa está solicitado e
levaríase a cabo, en caso de ser aprobado, durante catro semanas
repartidas o longo do curso: 1ª en decembro, 2ª en xaneiro, 3ª en
marzo e 4ª en maio.
• Competicións Deportivas de fin de trimestre.
• Exposicións no salón de Actos e no vestíbulo do centro de materias
puntuais ou ben de traballos realizados polos alumnos/as do
Instituto, dirixidas polos Departamentos.
• Exposicións de Carteis na entrada do Instituto, a realizar polos
distintos Departamentos.
• Proxección de vídeos elaborados polo alumnado na pantalla xigante.
• Colaboración nas actividades, ensaios do CORO do Instituto,
formado por profesores/as e alumnos/as do centro, que está dirixido
Programación anual de actividades 13-14
por Dona Rosa Seoane Riobó do Departamento de Música, no
Festival de Nadal e no Festival do Día das Letras Galegas.
• Asistencia a Obras de Teatro programadas polo Concello ou outras
Institucións.
• Continuar cas actividades de Xadrez durante os recreos colaborando
cos profesores que levan a cabo esta actividade: Organizador:
Emilio Pazo. Colaboradores: Miguel Abraira, Francisco Docampo, Luís
Bugarín, Rafael Pérez, Isabel Castaño, Serafín Rodríguez e Marta
Rodríguez Taboada.
• Este curso non haberá Actividades de Deporte Escolar por non ter
profesorado voluntario disposto a levala a cabo e encargarse de dita
actividade.
• O Departamento de actividades promoverá a realización de
actividades que conmemoren as festas tradicionais ( Samaín,
Antroido,etc.); e a conmemoración así mesmo das datas sinaladas
polo calendario oficial da Xunta de Galicia: día da Paz, día do
Libro,día das Letras Galegas etc.; ademais doutras conmemoracións
coma poida ser a celebración do día Mundial da bicicleta, por
segundo ano consecutivo. Logo dun gran primeiro éxito o curso
pasado, intentaremos repetilo este ano en colaboración cos
concellos de Tui e Valença.
• Participación e colaboración coa Asociación SOSTomiñoBaixoMiño.
• Dende o Departamento de Actividades tentaremos, tamén, realizar
unha viaxe cultural a Lisboa, que se levará a cabo no 2º trimestre.
Esta actividade farase en colaboración con outros departamentos.
• No tocante ao Proxecto inderdisciplinar nos primeiros da ESO existe
a posibilidade de facer saídas en Tui e na súa contorna (colexios de
Tui , Concello, xardíns, casco histórico, etc.).
Programación anual de actividades 13-14
ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA
O equipo encargado, coa idea de seguir potenciando e poñendo en
valor a biblioteca do instituto ten programado unha serie de actividades,
algunhas continuación das emprendidas nos pasados cursos e outras
novas, contando coa colaboración dos diversos Departamentos Didácticos
e titores/as:
Boletíns e outras publicacións:
• Continuar a redacción do Biblioxornal para recoller novas
relacionadas coa biblioteca (efemérides culturais, actividades
desenvolvidas, novidades bibliográficas, traballos de creación …)
• Elaboración de escolmas e materiais para distintas celebracións e
conmemoracións (defuntos, violencia de xénero, paz, amor,
muller...) e para o tempo de lectura común nas aulas.
• Continuar con iniciativas como a poesía do mes e o libro do mes.
Publicidade:
• Aproveitando efemérides e datas sinaladas colocaremos nos lugares
de gran concorrencia carteis e tamén citas alusivas á lectura, os
libros e á biblioteca.
Concursos:
• De poesía.
• De carteis e lemas de animación a lectura.
• Concurso “San Valentín”.
Repartiranse agasallos entre os traballos máis suxestivos.
Programación anual de actividades 13-14
Conferencias e encontros con autores:
• Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos
Malamás (o 16 de outubro): presentación de instrumentos musicais
gregos e recitación de poesía grega antiga e moderna.
• Ao longo do curso esperamos contar con outros/as autores/as en
datas dependentes da súa dispoñibilidade e aproveitando a
colaboración dos distintos Departamentos Didácticos e/ou editoriais.
Xestiónase unha presentación da novela Bágoa de Lúa (primeira da
triloxía “As crónicas de Landereina”) pola súa autora Sabela
González.
Cuestionarios:
• Repartidos entre todos os grupos e Departamentos didácticos para
recibir suxestións sobre novos materiais cos que dotar a biblioteca
do centro.
Exposicións:
• De traballos feitos polo alumnado.
• De fondos bibliográficos sobre temas concretos.
• Outras
Visitas:
• Á Biblioteca do instituto, para que o novo alumnado coñeza a nosa
biblioteca, como está organizada, en que consiste a CDU… Estas
visitas guiadas por membros do equipo de biblioteca celébranse ao
longo dos meses de outubro e novembro.
• Á Biblioteca pública municipal, guiadas e orientadas polos
responsábeis da mesma e pensadas tamén para os alumnos de 1º
da ESO.
Programación anual de actividades 13-14
• “Coñece a biblioteca do teu próximo centro”: xornadas de portas
abertas para o alumnado do último curso dos colexios de primaria
adscritos.
Outros:
• Incrementar os fondos de literatura xuvenil.
• Dotación, en colaboración co departamento de orientación, de
materiais para atención á alumnado con NEE, atención á
diversidade, agrupamentos específicos, diversificación curricular,
inmersión lingüística...
• E-lecturas: ao ser un centro integrado no proxecto E-LBE
utilizaremos os dez dispositivos mercados para probar e practicar as
posibilidades que ofrecen cara a mellora da competencia lectora e
dos hábitos de lectura.
• Grupo de traballo “Da lecto-escritura tradicional á virtual” integrado
por gran parte do equipo de biblioteca e por outro profesorado
interesado, grupo que funcionará entre os meses de novembro de
2013 e abril de 2014.
• Participación de profesores do equipo de biblioteca en actividades de
formación externa como os Encontros de Bibliotecas integradas no
PLAMBE e as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia e de Clubs
de Lectura.
• Club de Lectura “Pedra do Acordo” (convivencia cos clubs de lectura
“Os trasnos dos libros” do IES de Poio e do IES “Ribeira do Louro”
en Porriño, roteiro por Vigo trala lectura da novela Os fillos do mar
de Pedro Feijoo).
• Participación, por segundo ano, nas actividades do grupo
intercentros “Enredando Versos”: visita a Salamanca, obradoiros co
poeta Raúl Vacas (inicios de novembro), encontro-convivencia
poética na próxima primavera en Tui...
• Coordinación do Tempo Específico de Lectura común nas aulas.
Programación anual de actividades 13-14
• Novos contidos para o espazo de biblioteca dentro da web do centro
e para os blogs da biblioteca e do club de lectura.
• Sesións de busca de materiais nas diversas fontes para a
elaboración dun traballo.
• Sesións de divulgación e práctica dos recursos que oferta o
programa MEIGA (enciclopedias virtuais, prensa dixital... ) para
profesorado e alumnado.
• Literatura e cine: proxección de películas e lectura da
correspondente obra literaria que as inspirou.
• Música e letras: en colaboración co departamento de música, breves
audicións e recitacións coincidindo con distintas conmemoracións.
• Rutas literarias por Tui e bisbarra e outras aproveitando viaxes
didácticas do alumnado (Coimbra (Mosteiro de Santa Clara-Quinta
das Lágrimas relacionados coa lenda de dona Inés de Castro
literaturizada por Camoens no Canto III de Os Lusíadas, Vélez de
Guevara en Reinar después de morir ou Alejandro Casona en Corona
de amor y muerte); provincia de Badajoz (terra do humanista Arias
Montano, do dramaturgo García de la Huerta, do polemista ilustrado
Juan Pablo Forner, dos poetas Meléndez Valdés, Espronceda,
Carolina Coronado Díez Canedo ou Félix Grande, dos novelistas
Luis Landero e Lucía González Lavado, das irmás Dulce e Inma
Chacón... onde o nobel François Mauriad foi xornalista na época da
Guerra Civil; en Zalamea na casa de Pedro Crespo lembrando a
Calderón e a Nebrija no pazo de don Juan de Zúñiga lugar de
redacción da primeira gramática castelá); Ourense (tralas pegadas
de Blanco Amor -A esmorga- de Risco, Cuevillas, Xocas, Otero
Pedrayo polas rúas da Paz e Santo Domingo, na praza do Trigo onde
tivo a súa biblioteca Rey Soto, no museo arqueolóxico lugar de
traballo de Ferro Couselo, no Pazo do bispo, na catedral e na rúa
Perigos onde se ambienta Ilustrísima de Casares...) ou Pontevedra
Programación anual de actividades 13-14
(lembrando a Valle: estatua, casa do autor e casa dos Muruáis; ao P.
Sarmiento; a Xoan Manuel Pintos; a Torrente: pazo das Mendoza; a
Castelao: café Moderno, Museo, instituto...)
• Voluntariado Lector: as xa tradicionais visitas, en Tui, ás residencias
de anciáns para animar os nosos avós con música e literatura.
• “As bibliotecas da Eurocidade”: potenciar actividades comúns co
resto das bibliotecas do concello e de Valença (escolares e
municipais)
• Participación en actividades ofertadas pola biblioteca municipal e por
distintas asociacións culturais.
• Relanzamento do alumnado-colaborador.
• Realización dun expurgo de materiais a cargo dos departamentos.
• Colaboración e participación en actividades interdisciplinares e
festivas (nadal, fin de curso, revista do centro, día contra a violencia
de xénero, da muller, dos dereitos humanos, do traballo, semana da
prensa...)
Programación anual de actividades 13-14
ACTIVIDADES DOS DEPARTAMENTOS
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
a) Realización de prácticas por tódolos alumnos dependentes do
seminario
b) Activades extraescolares programadas:
1º de E.S.O:
• Visita a unha depuradora de augas residuais (EDAR de Tui).
• Visita ao Museo do Mar (Vigo)
2º de E.S.O:
• Visita a unha depuradora de augas residuais (EDAR de Tui).
• Visita ao Esteiro do Miño concertada con ANABAM (mes de
decembro).
• Estudo dun ecosistema dunar.
• Posible participación no programa Ríos, correspondente ao
Plan Proxecta, coa visita a unha areeira, Áridos do Mendo.
Data por determinar.
3º de E.S.O:
• Visita a Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, na
Coruña.
• Recorrido en piragua polo Miño (actividade destinada para 3o
ESO e 4º ESO. Obxectivo: Estudar o bosque e ribeira e os
procesos de transporte e modelaxe do río no seu tramo final.
Programación anual de actividades 13-14
A realizar en colaboración co Departamento de Xeografía e
Historia.
4º ESO:
• Visita ao Parque Nacional das Illas Atlánticas (Illas Cíes). Data
por concretar.
1º de Bacharelato:
• Visita ao Parque Eólico Experimental SOTAVENTO. Segundo
Trimestre.
2º de Bacharelato:
• Bioloxía. Visita ao Departamento de Medicina Legal da
Facultade de Medicina da USC e ao Instituto de Acuicultura de
Santiago. Segundo Trimestre.
• Visita ao Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á
Investigación(CACTI), da Universidade de Vigo.
CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA, HISTORIA E ARTE
Están previstas varias saídas á vila de Tui e arredores como ven
sendo habitual todos os cursos. Ademais programamos unha serie de
saídas que a continuación se relacionan para cada nivel educativo en cada
trimestre. Outras actividades poderán ser incorporadas a medida que
avance o curso, sendo imposible citalas aquí nestes momentos.
1º ESO:
• Saídas a coñece-lo noso entorno. Dende Porriño á Guarda.
• -Pontevedra: Museo Arqueolóxico.
• -Tui: Camiño de Santiago.
Programación anual de actividades 13-14
• -Saída a Soutomaior-Castelo
• Visita Cangas- Bueu
• Visita centro interpretación arte rupestre de Campo Lameiro
• Alto dos Cubos.
• Casco vello de TUI
2º ESO:
• As mesmas saídas.
3º ESO:
• Visita a unha fábrica: por exemplo Citroen.
• Ciclo do granito: Porriño.
• Visita a un área comecial.
• Ciclo de reciclaxe
• Visita a unha plantación do Baixo Miño
• Visita E.AD.A.R. Tui
4º ESO:
• Conmemoración Mártires de Sobredo.
• Santiago: Parlamento e exposicións.
• Ruta das fortalezas do Miño
• Ruta señor AFRANIO.
1º BACHARELATO:
• Coordinación con outros departamentos.
• Saída a Ferrol
• Exposicións en Vigo e arredores
• Madrid: museos
• Centros históricos
Programación anual de actividades 13-14
2º BACHARELATO:
• Tui monumental.
• Madrid: museos.
• Vigo: MARCO / IFEVI (algunha posible exposición)
• Saída xeomorfolóxica: Peneda-Xerés / Baixa Limia
• Saídas polo entorno: Tui-Valença; polígono As Gándaras; Monte
Aloia.
• Saída Santiago-Barbanza
• Visita ó taller ou estudio dun artista da bisbarra.
• Asistencia a exposicións temporais.
• Saída BANDE-CELANOVA
• Visita E.D.A.R. Tui
ECONOMÍA
COMPLEMENTARIAS:
Durante o seguinte ano académico faremos durante a hora de clase:
Visitas a diversos organismos oficiais en Tui e arredores: Oficina de
emprego, Facenda... e asistencia a charlas e exposicións da área
panorámica relacionados cos contidos da materia.
Estudaremos a participación dos alumnos en diferentes
convocatorias de concursos con carácter educativo das que o
departamento reciba información ó longo do curso, sempre tendo en conta
a receptividade do alumnado.
Programación anual de actividades 13-14
Charlas: intentaremos poñernos en contacto con distintos
organismos como BIC Galicia para a impartición de charlas no propio
centro.
Asemade, poderanse organizar actividades EXTRAESCOLARES
consistentes en diferentes visitas:
Visita ó peirao de Vigo, para comprender o proceso de cadea de frío
que se ven utilizando para a óptima conservación dos produtos. Esta visita
poderíase combinar con outra empresa dalgunha etapa da cadea de valor
da pesca.
Estudaremos a posibilidade de visitar o ciclo económico da pedra na
zona do Porriño en colaboración con outros departamentos. Esta
actividade se programaría para 4o ESO.
Se é posible organizarase outra visita á empresa UROVESA en
Santiago, por ter estratexias competitivas propias e innovadoras na
produción e venda dos seus produtos. A visita poderíase completar con
outras na vila, con ou sen colaboración con outros departamentos como
por exemplo: visita ó Parlamento, Instituto Galego de Consumo, ....
Visita a Ourense ó grupo Cuevas, Aceites Abril, termalismo,...
Visita a GADISA e INDITEX, para coñecer como funciona a
distribución alimentaria e téxtil. A visita sería nas súas sedes de Betanzos
e Arteixo e poderíase completar con outras na zona.
Isto é un programa de máximos: valorarase a realización das
referidas actividades para os diferentes grupos do departamento: 4º ESO
e 1º/2º de Bacharelato, dependerá da existencia de datas libres, do custo
de realización e aceptación das mesmas por parte do alumnado.
Programación anual de actividades 13-14
EDUCACIÓN FÍSICA
Ó longo do curso e coa finalidade de complementar e aumentar os
coñecementos dos alumnos, levaremos a cabo as seguintes actividades
extraescolares:
1.- “Semana da auga”: Tentaremos que ó longo dunha semana os
alumnos de 3º ESO, por cursos, asistan a un sesión de xogos na piscina.
O que buscamos é romper coa monotonía das clases, traballando a
condición física nun medio diferente mediante xogos que, posteriormente,
eles poderán aplicar no seu tempo de ocio.
Levarémola a cabo ó final de 1ª avaliación ou ao comezo da 2ª.
2.- Visita a unha “sala de musculación/pesas”: esta actividade está
proposta para os alumnos de 4º ESO. Será levada a cabo ó longo da 1ª
avaliación.
3.- Patinaxe sobre xeo: o alumnado de 1º Bacharelato poderá asistir a
unha sesión de patinaxe sobre xeo. Esta actividade será levada acabo ao
remate dos exames da 1ª avaliación.
4 .- Ruta en piragua polo rio Miño: Actividade programada para
alumnos de 3º ESO. Trátase dun recorrido por augas tranquilas entre
Caldelas e Tui, en kayaks autovaciables que aporta a empresa contratada
(Mikayak).Os alumnos levarán salvavidas e serán controlados, en todo
momento, por persoal especializado. Dado a importancia de que o día
sexa axeitado para levar a cabo esta actividade, esperaremos ó 3º
trimestre ( Maio- Xuño) para levala a cabo.
Programación anual de actividades 13-14
5.- Sendeirismo polo monte Aloia: Tentaremos facer esta actividade
xunto co Departamento de Ciencias e o de Xeografia, traballando así
interdisciplinariamente. Ó mesmo tempo que os alumnos de 1º da ESO
traballan a súa condición física, disfrutarán da paisaxe coñecendo as
diferentes especies que habitan o monte. Tentaremos facer esta actividade
xa no 3º trimestre (Maio), esperando que o tempo nesas datas sexa o
adecuado para desenvolvela.
Con respecto a este apartado de actividades extraescolares, o
departamento decidiu prohibir a participación nelas, a aqueles alumnos
que teñan faltas graves ao longo do curso ou a aqueles alumnos que non
asistan a clase.
Ante una falta leve seremos os propios profesores do
departamento, os que decidamos a conveniencia de que os alumnos
amonestados participen nas actividades.
Ademáis tentaremos levar a cabo unha serie de actividades
complementarias:
1.- Charla sobre “ Nutrición e alimentación”: Dirixida a alumnos de 4º
da ESO. Persoal especializado de Povisa ou da Cruz Vermella virá ó noso
centro para falar sobre este tema, nunha época na que están xurdindo
numerosos trastornos relacionados coa alimentación. A finalidade da
charla é completar o tema teórico que se trata en 4º na 3ª avaliación,
dándolle ós alumnos unhas nocións básicas que aseguren unha
alimentación equilibrada.
2.- Charla sobre “Alteracións na alimentación: anorexia e bulimia”:
Para alumnos de 4º ESO e relacionado co tema de alimentación e nutrición
Programación anual de actividades 13-14
xa comentado anteriormente e que tenta concienciar ó noso alumnado dos
problemas que acarrea unha alimentación inadecuada
3.- Charla sobre “Hixiene e educación postural”: dirixida a alumnos
de 2º ESO. Será impartido por persoal especializado no tema.Terá lugar ó
logo da 2º avaliación.
4.- Charla sobre “Os deportes de aventura” e sobre “ Augas
bravas”: Dirixida alumnos de 1º e 2º ESO. Pretendemos ampliar o
abanico de posibilidades relacionadas con actividades que eles poden
desenvolver no seu tempo de ocio.
5.- Sección bilingüe: Charla con deportistas anglosajones de
diferentes modalidades deportivas: esta charla será organizada para o
alumnado que participa este curso académico na sección bilingüe (3ºESO
A/C).
6.- O departamento de E.F. organizará, tanto para o día 21 de
Decembro como para o derradeiro día de clases ( en Xuño), un
campeonato no que os alumnos poderán participar en deportes
como balonmán, baloncesto e fútbol-sala.
7.- Charla sobre “1º auxilios” : para o alumnado de 4º ESO. Nela se
darán coñecementos básicos para que o alumnado saiba como reaccionar
e que técnicas aplicar en certos casos de urxencia.
Programación anual de actividades 13-14
FILOSOFÍA
Este departamento tentará organizar de novo a actividade
complementaria dirixida ao alumnado de Ética e Filosofía do Dereito de 2º
de bacharelato, que consiste na visita aos xulgados de Tui para
presenciar xuízos penais ou de faltas. Dita actividade tería lugar no
primeiro trimestre e ocuparía como mínimo dúas medias mañás, xa que
non é posible polo tamaño das salas dos xulgados levar a todo o grupo
dunha vez, ademais este curso o número de alumnado é maior e non se
sabe se poderá dividirse en só dous grupos. Nesta actividade o xuíz
despois da celebración do xuizo soe explicar ao alumnado aspectos
importantes do desenvolvemento do mesmo que resultan moi ilustrativos
para eles.
Tentaremos repetir, tamén, a actividade complementaria gratuíta
que consiste nun obradoiro sobre o Comercio Xusto ca colaboración de
Solidaridade Internacional de Galicia. Iría dirixida a todo o alumnado de 4º
de ESO xa que cursan Educación Ético-Cívica. O obradoiro ocuparía unha
mañá. O colofón sería o posto de venda de produtos de Comercio Xusto
xestionado polo alumnado voluntario a semana anterior ao Nadal, no
vestíbulo do centro.
De celebrarse este ano as Xornadas Xurídicas do centro este
departamento colaborará na organización das conferencias e na
participación do alumnado de Ética e Filosofía do Dereito dun xeito
preferente aínda que tamén poderán participar en función das
circunstancias alumnado de 1º e 2º de bacharelato dos grupos de
ciencias sociais e humanidades no desenvolvemento de ditas xornadas, tal
e como fixemos o curso pasado.
Programación anual de actividades 13-14
FÍSICA E QUÍMICA
• Charla sobre o colisionador de partículas (gran colisionador de
hadrones “ LHC ”) para alumnos de ciencias de 1º e 2º de
Bacharelato e alumnos de 4º ESO coa materia de Física e Química
se non se completa o aforo.
• Participación na xornada “ Masterclass Hands on Particle Physics”
para estudantes de bacharelato. Actividade relacionada coa Física de
Partículas organizado polo Departamento de Física de Partículas da
Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa
Sociedade Europea de Física e o CERN. Esta actividade efectúase
sobre o 22 de marzo.
• Solicitude de participación, no curso "10ª Escola de verão de Física"
organizado pola Facultade de Física de Porto, para alumnado de 4º
ESO e 1º de Bacharelato coas materias do Departamento. Esta
actividade solicitase sobre o mes de maio e celébrase na primeira
semana de setembro.
• Solicitude de participación, no “II campus de verán científico-
técnico” organizado pola Universidade de Santiago no Campus de
Lugo, para alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato coas materias
do Departamento. Esta actividade solicitase sobre o mes de maio e
celébrase a finais de xuño
Programación anual de actividades 13-14
FRANCÉS
Asistencia a representación teatral alumnos de Bacharelato e 4º da
ESO.
Posibilidade de facer unha viaxe cultural a París nas últimassemanas
de marzo.
Semana do cinema francés.
GREGO
No presente curso programamos as seguintes:
Viaxes didácticas:
• XI Viaxe Clásico-Literaria: por terras da provincia de Badajoz
centrando as visitas na propia capital (alcazaba, muralla,
catedral, praza Alta...), Zalamea de la Serena (dístylo sepulcral,
cisterna romana, palacio de don Juan de Zúñiga, casa de Pedro
Crespo, palacio-santuario tartésico e centro de interpretación de
Cancho Roano), Casas de Reina (xacemento e centro de
interpretación da cidade romana de Regina Turdulorum) e Mérida
(acuedutos, templo de Diana, teatro, anfiteatro, circo, museo
nacional de Arte Romana...). Están previstas na ida e no regreso
paradas en Coimbra (universidade, sé velha, mosteiro de Santa
Clara-Quinta das Lágrimas, Condeixa A Nova-Conímbriga) e
Buçaco (parque nacional, pazo e xardíns)
Faremos esta viaxe (pensada para alumnado do segundo ciclo da
ESO e bacharelato) en tres días, nos inicios do terceiro trimestre,
Programación anual de actividades 13-14
inmediatamente antes das vacacións de Semana Santa, os días 9,
10 e 11 de abril de 2014.
• Para primeiro da ESO proponse unha saída a Pontevedra,
aproveitando algunha exposición ou o salón do libro (fondos
prehistóricos e arqueolóxicos do museo; lembranza de Valle-Inclán,
Xoan Manuel Pintos, Torrente e Castelao...)
• Con segundo da ESO proxectamos visitar Ourense (tralas pegadas
de Blanco Amor -A esmorga-, da xeración Nós; o museo
arqueolóxico lugar de traballo de Ferro Couselo; Pazo do bispo e
catedral onde se ambienta Ilustrísima de Casares...)
• Confeccionaranse pequenas unidades didácticas e/ou cursos virtuais
cos datos histórico-artístico-literarios básicos dos lugares que imos
visitar nas viaxes. E no último trimestre realizarase unha exposición
fotográfica.
• Audición do recitador-músico grego Jristos Kanelos Malamás (o 16
de outubro): presentación de instrumentos musicais gregos e recitación
de poesía grega antiga e moderna, para alumnado de música e
humanidades.
• Posible asistencia a representacións teatrais de obras clásicas; datas e
lugares en función das ofertas que recibamos.
• Colaboración na revista do centro.
Programación anual de actividades 13-14
INGLÉS
No departamento de inglés platexámonos a posibilidade de levar os
alumnos a unha obra de teatro en inglés, si é posible na Area Panorámica
de Tui. A fecha estaría aínda por determinar.
LATÍN
O Departamento didáctico de Latín organiza e/ou colabora na
realización das seguintes actividades para o presente curso:
• Viaxe didáctica: Retomamos a que no curso pasado se realizou con
grande éxito de alumnado. Faremos esta viaxe en tres días, a finais
do segundo trimestre, inmediatamente antes das vacacións de
Semana Santa de 2013.
• Posible asistencia a representacións teatrais de obras clásicas; datas
e lugares en función das ofertas que recibamos.
• Proxección de películas sobre temas clásicos, de maneira especial
heroes mitolóxicos.
• Exposicións sobre temas clásicos (arqueoloxía, institucións,
mitoloxía, monumentos, toponimia...) a partir de traballos realizados
polos alumnos.
• Exposición fotográfica sobre a viaxe didáctica programada, no último
trimestre.
• Novo número do boletín Tudensis Peregrinatio.
Programación anual de actividades 13-14
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
• Visita a la exposición “Sefardíes”, Área Panorámica, Tui, 3º ESO-
PDC, 04/10/13 .
• Itinerario cultural en Pontevedra, 1º ESO (preferente), fecha sin
determinar .
• Asistencia a una función de teatro, sin determinar niveles, sin
determinar fecha.
• Ruta literaria, sin determinar niveles, sin determinar fecha.
• Celebración del Día del Libro, todos los niveles, alrededor del 23 de
abril.
• Excursión a Extremadura y Portugal, alumnado desde 3ºESO, 2º
trimestre .
• Salidas locales para conocer el patrimonio cultural y natural de
nuestro entorno.
• Excursión a Vigo con alumnado del PDC, fecha sin determinar.
• Excursión en tren con alumnado del PDC, fecha sin determinar.
Programación anual de actividades 13-14
LINGUA E LITERATURA GALEGA
Poderanse propoñer actividades como conferencias,exposicións,
teatro,etc. Segundo a disponibilidade do Centro así como outras que teñan
relación con aqueles acontecementos importantes que surxan no Concello
ou na comarca.
Estamos contactando para desenvolver as dúas seguintes
actividades, ou cando menos unha das dúas: “Nas tardes escuras” un
recital de música no que Narf pon música e comenta 13 poemas de
Rosalía de Castro; un obradoiro de hip-hop para construír cantigas en
galego a cargo dun dos membros de “Dios ke te Crew”.
Poderanse, ademáis, organizar saídas co alumnado do instituto, por
exemplo, paseos por Tui cos alumnos de 1º de ESO para traballar léxico,
roteiros doutra índole, a saída cos alumnos do 2º ciclo da ESO para
participar nos actos de homenaxe aos Mártires de Sobredo, con outros
centros da comarca, etc
Poderá haber algunha saída pedagóxica aínda sen determinar que
iremos comunicando coa debida antelación á Vicedirección..
Con respecto ás saídas ou actividades a idea do Departamento é
que, polo menos, en cada trimestre os alumnos dos diferentes cursos
poidan asistir a unha conferencia relacionada coas lecturas escollidas ao
longo do curso, ou a algunha de temática sociolingúística.
O Departamento sumarase ás actividades propostas e organizadas
polas consellerías de Cultura, Educación, etc. Ou outras institucións como
o Consorcio Audiovisual Galego, a Fundación Comarcal Baixo Miño e así
participar en actividades como “Audio-visual na aula, seminarios de
cultura oral e outras que vaian nacendo.
Programación anual de actividades 13-14
O noso Departamento segue a apoiar a candidatura para a
declaración do patrimonio inmaterial galego e portugués como patrimonio
da humanidade e, xa que logo, potenciar actividades que mostren esa
riqueza, como as regueifas, ou participar nas actividades de “Ponte nas
ondas”. O noso centro hai anos que participa no Proxecto Cultural
Interfronteirizo. Neste curso continuará a haber actividades relacionadas
coa recuperación da memoria histórica.
O Departamento de Lingua e Literatura Galega colaborará nas
actividades propostas desde o Equipo de Normalización Lingüística, por
exemplo no “Correlingua”, e participará no proxecto elaborado por este
equipo de fomento da lingua galega no centro. Tamén colaboraremos co
Departamento de portugués naquelas actividades que se programen e
precisen da nosa colaboración.
O Departamento desexa concluír que moitas das actividades irán
nacendo ao longo do curso e que as actividades enumeradas arriba poden
sufrir alteracións, dependendo do tempo e da marcha do curso.
MATEMÁTICAS
• Exposición sobre vidas de matemáticos famosos.
• Visita ao observatorio de Compostela.
• Visita ao planetario do Porto.
• Concurso de Fotografía sobre simetrías, perspectivas e volumes.
• Participación no Rallye Matemático.
• Colaboración con outros departamentos en saídas e actividades.
• Torneo de Xadrez em colaboración com outros departamentos.
• Viaxe a Lisboa.
• Teatro escolar.
• Proxección de vídeos educativos sobre as matemáticas.
• Conferencias impartidas por algún matemático de renome.
Programación anual de actividades 13-14
MÚSICA
1º Trimestre:
• Visita á exposición: Diáspora Sefardí. Para os alumnos de 4º ESO.
Na biblioteca da área panorâmica em Tui. Durante a semana do 30
de setembro ata o 4 de Outubro. Será en horas de clase dos
respectivos grupos
• Actividade: Actuación poético-musical : Grego e música ( Jristos
Malamas ) Para os alumnos de 3º ESO, 4º ESO música e 1º Bac
Música. Dia 16 de Outubro. Actividade dos departamentos de Grego
e Música
• Visita á catedral de Tui . Para os alumnos de 3º de ESO. Data sen
concretar.
• Visita ao Pórtico da Gloria, do Mestre Mateo na Catedral de Santiago
co fin de analizar os instrumentos medievais presentados na
iconografía pétrea.(3º ESO)
• Visita á exposición de instrumentos antigos no Museo do Pobo
Galego.(3º ESO)
• Visita ao Mosteiro de S. Rosendo (Celanova) para audición de
órgano (2º ESO)
• Festival de panxoliñas navideñas nas residencias de anciáns da
vila de Tui.
2º trimestre:
• Odaiko percussion group / para os alumnos de 2º ESO. No auditório
centro cultural Vigo ( Novagalicia). Do 17 ao 19 de Febreiro/ data
sem concretar
Programación anual de actividades 13-14
• Asistencia a un concerto ou dous concertos da Real Filarmonía de
Galicia ,organizada polo Auditorio de Galicia para 2º, 3º , 4º ESO
e 1º Bacharelato) . Diferentes datas sen concretar.
• Seminario de Jazz en Pontevedra para alumnos de 4º de ESO ( data
sen concretar)
• Concerto didáctico Jazz, organizado pola produtora musical Fisterra.
Semana das Letras Galegas :
• a) Obradoiro sobre instrumentos tradicionais galegos a cargo de
Pablo Carpintero.
• b) Clase maxistral para cantareiras-os e pandereteiras-os.( para 2º
ESO) Con Beatriz Cela?
• “ Unha aproximación á música galega” : Concerto a cargo de O Leo i
Arremecághona.. Para todos os alumnos do centro. Data sen
concretar.
Todas estas actividades do Día Das letras galegas: para alumnos de
2º, 3º y 4º de ESO. Data posible: A primeira hora da mañá do dia
adicado á actividade do Correlingua.
• Visita a un obradoiro de bombos de Tomiño e outro de gaitas do
Rosal ou en Ponteareas . Para alumnado de 2º ESO. Data sen
concretar.
• Visita a un estudio de Gravación, co fin de coñecer o proceso de
elaboración dun disco e a gravación das distintas partes que forman
unha canción.( 4º ESO e BAC)
• Visita en calidade de público a un programa musical en TVE, para
coñecer o medio audiovisual (como se fai un programa; son directo
e son pregravado...) (3º ; 4º ESO e BAC)
• Visita aos estudios radiofónicos de Radio Tui ( 3º , 4º ESO e BAC)
• Visita ao taller de creación e restauración de instrumentos (Escola
de Artes e Oficios de Vigo).(2ºESO e 3º ESO)
Programación anual de actividades 13-14
• Viaxe cultural na semana anterior ás vacacións de S. Telmo.
Musical en Madrid
• Visita aos Conservatorios de música galegos, co fin de coñecer como
funciona o sistema de aprendizaxe musical galego.(2º ESO)
3º trimestre:
• Concerto didáctico sobre instrumentos de percusión( 2º,3º, 4º e
BAC música)
• Festival final de curso: Concerto . Data sen determinar.
ORIENTACIÓN
1 º ESO
CONCELLO DE TUI
• Mitos e crenzas sobre o ALCOHOL e TABACO 1º2º trimestre
• Nin bombeiros nin enfermeiras 1º2º trimestre
2º ESO
CONCELLO DE TUI
• CINE nas aulas: “Hoosiers” y “Little Miss Sunshine” 1º3º trimestre
CRUZ VERMELLA
• Prevención condutas violentas. 1º,2º,3º trimestres
OUTROS, HERMANO MAYOR
• Racismo, Traballo infantil, Drogas 2º,3º trimestre
Programación anual de actividades 13-14
3º ESO
CONCELLO DE TUI
• ETS e educación sexual 1º,2º,3º trimestres
• Habilidades sociais. Autoestima 1º,2º,3º trimestres
CRUZ VERMELLA
• Prevención de drogodependencias 1º,2º,3º trimestres
ORIENTADORA
• Orientación Académico profesional • 3º trimestre
OUTROS, HERMANO MAYOR
• Comercio xusto 2º,3º trimestre
• Drogas 2º,3º trimestre
4º ESO
CONCELLO DE TUI
• Vivindo en Tolerancia. Violencia de xénero. 1º,2º, trimestres
• A mocidade fronte o alcohol, tabaco, e outras drogas. 1º,2º,
trimestres
CRUZ VERMELLA
• Nutrición. Anorexia e bulimia. 2h+2h 1º,2º,3º trimestres
• Métodos anticonceptivos. 2h 1º,2º,3º trimestres
ORIENTADORA
• Orientación Académico profesional 3º trimestre
OUTROS, HERMANO MAYOR
• Busca emprego 2º, 3º trimestres
• Saídas exposicións 2º,3º trimestres
• Saídas feiras emprego. 2º,3º trimestres
• Saídas centros FP 2º,3º trimestres
• Drogas 2º,3º trimestres
Programación anual de actividades 13-14
1º BAC
ORIENTADORA
• optativas 2º, trimestre
• selectividade 2º, trimestre
2º BAC
ORIENTADORA
• Selectividade, becas e axudas, sistema universitario 2º,
trimestre
UNIVERSIDADE VIGO
• Oferta graos, becas e axudas, residencias 2º, trimestre
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO COMPOSTELA
• Oferta graos, becas e axudas, residencias 2º, trimestre
PLÁSTICA
Co obxectivo de reforzar os coñecementos adquiridos o
departamento promoverá actividades relacionadas ca nosa área e
colaborará, na medida do posible, en todas aquelas actividades e
celebracións que se organicen no centro en datas sinaladas, ca realización
e exposición de traballos realizados polo alumnado.
Non se descarta a visita a museos, exposicións, talleres didácticos e
asistirase a eventos de interese artístico e cultural se se considera de
interese para o alumnado.
Programación anual de actividades 13-14
Tamén se poderán levar a cabo proxectos en colaboración con outros
departamentos co fin de aunar esforzos para a realización de traballos
comúns
PORTUGUÉS
• Sen data concretada e sen determinar onde: Visita de estudos de
1 ou 2 días a unha cidade portuguesa: Guimarães, Braga, Amarante,
Fafe e/ou Porto.
• Asistencia a representación dunha obra de teatro no São João do
Porto ou do grupo “Comédias do Minho” .
• Charlas e palestras sobre Língua e Literatura portuguesa, sen
determinar datas por agora ata non contactar cos
escritores/profesores que poidan vir ao noso centro.
• Intercambio e convivio con alumnos doutras escolas galegas ou
extremeñas que teñan portugués como lingua opcional. Aínda están
sen determinar a data os posibles institutos cos que facer o
intercambio.
• Intercambio con alumnos/as doutras escolas de Portugal. Visita aos
seus centros. Sen determinar centros ou datas por estar aínda sen
confirmar.
• Viaxe didáctica de 4-5 días ata o Algarve ou a onde marquemos
segundo as nosas posibilidades económicas e humanas.
Programación anual de actividades 13-14
RELIXIÓN
(En colaboración co IES de Tomiño)
Actividades dunha xornada, puntuais ou no propio Centro (para todos os cursos)
• Audición do recitador-músico grego Jristos Kanelos Malamás (o 16 de outubro)
• Xornada do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
• Xornada de solidariedade no Nadal.
• Celebración do Día dos Dereitos Humanos, Día da Paz e Día da
Muller.
• Actividades especiais no Nadal e Pascua como por exemplo:
decoración con calendarios de advento,visita as Residencias de
anciáns...
• Charlas-coloquios-mesas redondas.
• Visita dun misioneiro, ex-alumno do centro.
• Participación en campañas de diferentes ONGs (Campaña contra a
Fame de Manos Unidas, Solidariedade Internacional, Entreculturas,
REDES...).
• Exposición no hall e corredores do Instituto de tarefas realizadas
con murais ou carteis.
• Participación en datas sinaladas colaborando con actividades
organizadas por outros Departamentos que estean en relación cos
obxectivos desta materia.
Programación anual de actividades 13-14
Saídas Didácticas
Saída Curso
Visita ao Castro de Santa Tegra
1º ESO
Recorrido polo Morrazo (petroglifos de Mogor, museo de
Bueu, cruceiro de Hío...)
Saída a Pontevedra, aproveitando algunha exposición ou o
salón do libro (fondos prehistóricos e arqueolóxicos do
museo; lembranza de Valle-Inclán, Xoan Manuel Pintos,
Torrente e Castelao...)Percorrido polas parroquias dos alumnos das que fan un
traballo.
2º ESO
Visita a Colexiata de Vigo, casco histórico, Museo Quiñones
de León e Tenda de Comercio Xusto.
Visita a Ourense (tralas pegadas de Blanco Amor -A
esmorga-, da xeración Nós; o museo arqueolóxico lugar de
traballo de Ferro Couselo; Pazo do bispo e catedral onde se
ambienta Ilustrísima de Casares...) Visita a Catedral de Tui, conxunto histórico . 1º e 2º ESO
Visita ao Belén Do asilo “Residencia San Telmo” 1º a 4º ESO
e BAC
Visita ao Convento das Clarisas de Tui. 3º e 4º ESO
Visita ao mosteiro cisterciense de Santa María de Oia 4º ESO
Viaxe por terras da provincia de Badajoz centrando as
visitas na propia capital (alcazaba, muralla, catedral,
praza Alta...), Zalamea de la Serena (dístylo sepulcral,
cisterna romana, palacio de don Juan de Zúñiga, casa de
Pedro Crespo, palacio-santuario tartésico e centro de
interpretación de Cancho Roano), Casas de Reina
(xacemento e centro de interpretación da cidade romana
3º e 4º ESO
e BAC
Programación anual de actividades 13-14
de Regina Turdulorum) e Mérida (acuedutos, templo de
Diana, teatro, anfiteatro, circo, museo nacional de Arte
Romana...). Están previstas na ida e no regreso paradas
en Coimbra (universidade, sé velha, mosteiro de Santa
Clara-Quinta das Lágrimas, Condeixa A Nova-Conímbriga)
e Buçaco (parque nacional, pazo e xardíns)Outras que poidan xurdir ao longo do curso en relación
a programación elaborada.
TECNOLOXÍA
Prográmanse unha serie de actividades que axudarán no proceso de
aprendizaxe do alumno, afianzando os coñecementos adquiridos coas
actividades na clase e fomentando o seu interese e motivación pola
materia:
Actividades extraescolares:
Visita ao centro Tecnolóxico Aimén.
Visita ao parque eólico de Sotavento.
Visita á facultade de enxeñería de minas da universidade
de Vigo.
Actividades complementarias:
Exposición dos proxectos realizados durante o curso.
Programación anual de actividades 13-14
Tui 22 outubro 2013
A Vicedirectora
Asdo: Dolores González Budiño
Programación anual de actividades 13-14