manual araboard

12
GRUPO TIC CEE A BARCIA O curso pasado realizamos no noso centro un GT centrado nas posibilidades educativas que as Tablets nos ofrecían. Entre os diversos materiais que elaboramos está este manual sobre o Araboard. Esperamos que vos sexa de utilidade. MANUAL ARABOARD ELABORADO FONTES DE INFORMACIÓN: http://informaticaparaeducacionespecial.blogspot.com.es/ http://giga.cps.unizar.es/affectivelab/araboard.html http://www.catedu.es/arasaac/ ARABOARD UTILIDADES: Comunicación alternativa e aumentativa (facilitar a comunicación funcional). Taboleiros de rutinas sinxelas. Taboleiros para anticipar a realización de tarefas previstas. REQUISITOS SISTEMA: Pódese usar en ordenadores, smartphone ou tablet. Dispoñible para Windows e Android. Necesita o Player Adobe Air. ESTÁ COMPOSTO DE 2 FERRAMENTAS COMPLEMENTARIAS: ARABOARD CONSTRUCTOR: Para crear e editar os taboleiros de comunicación. Usa pictos ARASAAC ou calquera imaxe ou son que teñamos almacenados no dispositivo. ARABOARD PLAYER: Para executar os taboleiros de comunicación creados previamente polo Araboard construtor. CARACTERÍSTICAS XERAIS: Sinxelo e intuitivo. Podemos crear taboleiros dende 1 ata 32 celdas. Comunicación directa mediante internet a los pictos e sons de ARASAAC (quedan gardado directamente no dispositivo).

Upload: ticceeabarcia

Post on 04-Jul-2015

103 views

Category:

Education


5 download

DESCRIPTION

MANUAL ARABOARD

TRANSCRIPT

Page 1: Manual araboard

GRUPO TIC CEE A BARCIA

O curso pasado realizamos no noso centro un GT centrado nas posibilidades educativas que as

Tablets nos ofrecían. Entre os diversos materiais que elaboramos está este manual sobre o

Araboard. Esperamos que vos sexa de utilidade.

MANUAL ARABOARD ELABORADO

FONTES DE INFORMACIÓN:

http://informaticaparaeducacionespecial.blogspot.com.es/

http://giga.cps.unizar.es/affectivelab/araboard.html

http://www.catedu.es/arasaac/

ARABOARD

UTILIDADES:

– Comunicación alternativa e aumentativa (facilitar a comunicación funcional).

– Taboleiros de rutinas sinxelas.

– Taboleiros para anticipar a realización de tarefas previstas.

REQUISITOS SISTEMA:

– Pódese usar en ordenadores, smartphone ou tablet.

– Dispoñible para Windows e Android.

– Necesita o Player Adobe Air.

ESTÁ COMPOSTO DE 2 FERRAMENTAS COMPLEMENTARIAS:

– ARABOARD CONSTRUCTOR:

Para crear e editar os taboleiros de comunicación.

Usa pictos ARASAAC ou calquera imaxe ou son que teñamos almacenados no dispositivo.

– ARABOARD PLAYER:

Para executar os taboleiros de comunicación creados previamente polo Araboard construtor.

CARACTERÍSTICAS XERAIS:

– Sinxelo e intuitivo.

– Podemos crear taboleiros dende 1 ata 32 celdas.

– Comunicación directa mediante internet a los pictos e sons de ARASAAC (quedan gardado

directamente no dispositivo).

Page 2: Manual araboard

DESCARGA E INSTALACIÓN PARA WINDOWS

– Ir a páxina: http://giga.cps.unizar.es/affectivelab/araboard.html

– Descargamos o Araboard:

– Ao darlle, entrarmos en Sourceforge (é un repositorio de software libres en internet). Nesta páxina

pulsamos:

– No noso ordenador ábrese a seguinte ventá:

– Pulsamos gradar como e seleccionamos a carpeta onde quero gardalo:

– Cando remate a descarga, abrimos a carpeta onde o aloxamos:

– O arquivo está comprimido, temos de descomprimilo:

No noso ordenador é: facer clic no botón dereito do rato e selecciono "Extraer aquí".

– Cando remate de extraelos, fago dobre clic na seguinte carpeta

Page 3: Manual araboard

E aparecen os seguintes arquivos.

– Facemos dobre clic sobre cada un deles e instalámolos seguindo as indicacións (de un en un).

– Se non temos instalado o Adobe Air, o sistema o instalará automaticamente.

– As iconas aparecerán no noso escritorio:

DESCARGA E INSTALACIÓN PARA ANDROID

– Ir a aplicación Play Store.

– No cadro de busca escribimos Araboard.

– Instalamos as dúas aplicacións (se non temos o Adobe Air, pediranos que o instalemos).

CONFIGURACIÓN DO TABOLEIRO (Araboard Constructor)

– Abrimos o construtor e dámoslle a comezar.

Page 4: Manual araboard

– Aparece:

– Se colocamos o curso sobre "Nombre del Tablero", podemos poñerlle o nome que queiramos ao noso

taboleiro.

– COMO ENGADIR FILAS E COLUMNAS?

Pulsando nas iconas filas e columnas.Indicando máis ou menos en función do número que queiramos.

– COMO CONFIGURAR A COR DO FONDO E A COR DAS LETRAS?

Pulsando nas iconas fondo e letra.

Exemplo:

Page 5: Manual araboard

– SELECCIONAR IDIOMA DE BUSCA:

– A conexión de Araboard con ARASAAC permítenos descargar directamente os pictogramas e audios.

CREAMOS E GARDAMOS O TABOLEIRO (Araboard Constructor)

– Imos a casilla de busca e escribimos o nome do picto que queremos atopar (exemplo: beber). Facer a

busca en minúscula e coas tiles cando os leven.

– Teño que arrastrar o picto ata a casilla que eu queira (fago clic co botón esquerdo do rato e sen soltalo

movo o picto ata a casilla).

Page 6: Manual araboard

– Araboard ten unha comunicación directa a través de Internet (mediante unha API) ca páxina de

ARASAAC.

Así podemos buscar e descargar os pictogramas necesarios para facer o taboleiro. Cando rematemos

o taboleiro xa non é necesario ter acceso a Internet (os sons e pictos quedan gardados

automaticamente).

– Cando buscamos un pictograma, xunto a el aparece unha icona de son. Se prememos nela podemos

escoitar a locución que ten asociada e que se descargará xunto co picto. Se non ten locución asociada

aparecerá tachada cunha aspa vermella.

– Para eliminar un picto arrastrámolo ata Borrar

– Se queremos editar o seu contido arrastrámolo ata Editar (parte inferior dereita).

– Tamén podemos acceder a Edición de pictogramas facendo clic sobre calquera das casillas baleiras:

Page 7: Manual araboard

Así poderemos introducir imaxes, fotos,debuxos, sons, cancións....

Examinar: podo acceder a calquera imaxe ou son gardado no noso dispositivo.

Se fago clic na icona da cámara de fotos: pode sacar unha foto dende a cámara do ordenador, móbil ou

Tablet.

Para sacar a foto dámoslle a "Tomar Foto" e logo pulsamos sobre a icona da foto (xa que se non a cámara

segue funcionando e fai que a aplicación vaia máis lenta).

Se fago clic na icona do micro pode gravar un son para esa foto.

Page 8: Manual araboard

Quedaría así:

– Cando rematemos o Taboleiro, temos que gardalo: Imos a "Guardar Tablero"

Page 9: Manual araboard

– Indicamos onde o queremos gardar (en Examinar seleccionamos onde o queremos gardar) e a

continuación dámoslle a "Guardar Tablero".

MODIFICAR UN TABOLEIRO CREADO:

Abrimos o Araboard Contructor → Cargar tablero → Seleccionamos o taboleiro que queremos modificar

En Android, a opción de Cargar Tableiro aparece ao abrir o Araboard Constructor.

IMPRIMIR UN TABOLEIRO

Dámoslle a "Imprimir Tablero".

A continuación facemos clic en "Generar un tablero imprimible".

Page 10: Manual araboard

Indicamos en Examinar onde queremos que se garde o documento.

E por último "Guardar PDF del Tablero".

Buscamos a carpeta onde o gardamos e xa o podemos imprimir.

USAMOS O ARABOARD PLAYER

Abrimos o Araboard Player.

Page 11: Manual araboard

Facemos clic en "comenzar"

Facemos clic en "Cargar Tablero" e buscamos o taboleiro que imos usar.

Abrimos o taboleiro e xa podemos traballar con el.

Na versión para Android e máis sinxelo: ao entrar no AraBoard Player xa aparece a opción de Cargar

Taboleiro.

Page 12: Manual araboard

PASAR TABOLEIROS DO PC Á TABLET OU SMARTPHONE E VICEVERSA

Se temos instalado no noso PC o Araboard e temos unha Tablet Android, podemos transferir os nosos

taboleiros dende o PC á Tablet e viceversa.

– Conectamos Tablet ao PC cun cable USB.

– Abrimos o explorador de Windows.

– Cando apareza o Tablet na árbore de directorios, pulsamos sobre ela e abrirase o directorio raíz.

Con coidado (para non eliminar nada) desprazámonos polo directorio raíz buscando a carpeta

"MIS_TABLEROS" (onde Araboard garda os Taboleiros en Android).

– Busco no noso ordenador a carpeta cos taboleiros que quero mandar a Tablet, copio a carpeta e

incorpóraa á Tablet.

MOITO COIDADO DE NON TOCAR NINGÚN ARQUIVO DO DIRECTORIO DA TABLET OU DO

SMARTPHONE.

Pódese realizar á inversa.