london

29
VIVEIRO - LONDRES

Upload: iesvilarponte

Post on 17-Dec-2014

397 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: London

VIVEIRO - LONDRES

Page 2: London

L O N D R E S1. Ciudad de Londres (City)

2. Ciudad de Westminster

3. Kensington y Chelsea

4. Hammersmith y Fulham

5. Wandsworth

6. Lambeth

7. Southwark

8. Tower Hamlets

9. Hackney

10. Islington

11. Camden

21. Lewisham

22. Greenwich

Page 3: London

➔ A cidade actual está formado en torno á cidade histórica(City), á que se suman 32 distritos ou municipios que compoñen o Gran Londres.

➔O Gran Londres ten unha extensión de 1.579 Km2 e unha poboación de 8.000.000 hab. A Mariña (1200 Km2) e 75.000 hab.

➔ Arredor do Gran Londres, esténdese a Área metropolitana de Londres, rexion urbana de extensión aproximada de 10.000 Km2 e 15.000.000 hab.A provincia de Lugo (9.800 Km2) e 380.000 hab.

➔ É a cidade máis grande da Unión Europea e a 2ª máis grande de Europa, despois de Moscú.

➔ É o 2º centro económico financieiro do mundo, despois de Nova York.

EXTENSIÓN COMPARADA CON GALICIA

Page 4: London
Page 5: London

SPEAKERS' CORNER

Na esquina nordés de Hyde Park atópase este curioso lugar, o único de Gran Bretaña onde non é necesaria a autorización da policía para reunirse en asemblea. Se tes algo que dicir, podes ir o domingo e recitar o teu discurso alí.

HYDE PARK

Coas súas 145 hectáreas de extensión, é o espazo aberto máis grande de Londres. É irresistible non botarse un intre encima da herba a contemplar a vida desde a liberdade que Hyde Park nos transmite. Depende da época en que viaxemos podemos ter a sorte de atopar algún concerto ao aire libre no mesmo parque.

Page 6: London

ROYAL ALBERT HALL

Xusto fronte ao Albert Memorial, atópase o Royal Albert Hall, un dos teatros máis coñecidos do mundo. Mandouno construír a raíña Vitoria, en memoria do seu marido, o príncipe Alberto. Inaugurouse en 1871. A cúpula está realizada en ferro e cristal. Ten unha capacidade para 8.000 persoas e posúe o órgano máis grande do país. Polo seu escenario pasaron grandes artistas da música clásica, míticas bandas de rock, realizáronse eventos públicos, banquetes, conferencias, celebrouse Eurovisión, pasou o Circo do Sol...

VITORIA AND ALBERT MUSEUM

Trátase do maior museo do mundo de artes decorativas e deseño. Conta con máis de 4,5 millóns de obxectos, que se expoñen, non todos, en máis 170 galerías repartidas en 6 pisos ao redor de 4 patios.

Page 7: London

SCIENCE MUSEUM

Neste museo exponse algúns dos 200.000 obxectos en 70 galerías, distribuídas en 7 pisos. Cóntannos os descubrimentos científicos que cambiaron a vida do home.Cada día hai demostracións que se anuncian na entrada. Na entreplanta hai unha exposición de introdución á ciencia máis que interesante. As galerías do soto están dedicadas a obxectos, e á ciencia contemporánea. As galerías da planta baixa están dedicadas á enerxía, á exploración do espazo e á ciencia do deporte. O primeiro piso dedícase ás telecomunicacións e aos materiais. No segundo piso pódese ver como se elabora o papel, e outros temas como a química, a física, ou a navegación. No terceiro piso áchanse o Laboratorio de Voo e a galería dedicada aos temas de saúde. O cuarto e quinto piso están dedicados á ciencia e arte do medicamento. E nos últimos pisos exhíbense obxectos que axudan a explicar a evolución da ciencia e o medicamento. Sen dúbida, un lugar interesantísimo para todas as idades.

Page 8: London

NATURAL HISTORY MUSEUM

A colección do Museo de Historia Natural conta con 68 millóns de especímenes, máis outro millón de libros e manuscritos.Está situado nun edificio con apariencia de catedral, deseñado por Alfred Waterhouse, onde se une co Geological Museum, onde contan os máis de 330 millóns de antigüidade da Terra.No Salón Central co inmenso esqueleto do diplodocus. No Waterhouse Way onde se exhiben animais que habitaban a Terra fai 160 millóns de anos.A Human Biology Room está dedicada á raza humana e aos mamíferos. No primeiro piso explícase a teoría da evolución de Darwin.As Life Galleries mostran a colección de seres vivos, e está pegada ás Herat Galleries do Geological Museum.

Page 9: London

HARROD'S

Page 10: London

BUCKINHAM PALACE

O Palacio de Buckingham é o fogar da familia real en Londres e tamén teñen lugar celebracións reais, visitas de estado e investiduras.Foi construído en 1705 como unha casa de campo para o duque de Buckingham, John Sheffield, aínda que con todas as ampliacións que lle fixeron, pouco queda desa mansión.A obra concluíu tras a morte de Jorge IV, así que non estivo habitado ata que se instalou a raíña Vitoria, con dezaoito anos, en 1837. O palacio conta con 600 habitacións, onde se inclúen as 19 State Rooms, 52 dormitorios reais e de invitados, 188 habitacións para os empregados e 78 baños. As obras de arte da Royal Collection son impresionantes. Os xardíns son os xardíns privados máis grandes de Londres.Cando está a raíña no palacio ondea a bandeira oficial do soberano británico e cando non está ondea a bandeira británica.

Page 11: London

CHANGING OF THE GUARD

Entre o Queen Vitoria Memorial e o Buckingham Palace ten lugar a cerimonia do cambio de garda, unha das atraccións turísticas máis famosas da cidade de Londres.No cambio de garda participan os seguintes rexementos de infantaría: a Garda Escocesa (The Scots Guards), a Garda Irlandesa (The Irish Guards), os Granadeiros (The Grenadier Guard), a Garda Galesa (The Welsh Guards) e a Garda Coldstream. Os soldados van acompañados por unha banda de música, que toca cancións moi variadas, desde marchas militares até cancións pop pasando por bandas sonoras de películas.A cerimonia dos soldados ten lugar ás 11.30 horas, normalmente cada día no inverno e os días pares no verán, pero pode variar e a duración aproximada é duns 40 minutos.

Page 12: London

THE MALL

Page 13: London

TRAFALGAR SQUARE

De obrigada visita, Trafalgar Square é unha das prazas máis grandes do mundo. Jorge IV encargou a John Nash a proxección de toda a zona, pero a praza actual débese a Charles Barry concluída en 1845.Desde o ano 1843 no centro da mesma está a columna do almirante Nelson de 43,5m de altura que conmemora a vitoria deste sobre Napoleón na batalla española de 1805 no cabo Trafalgar. A columna está rodeada por fontes deseñadas por Edwin Lutyens en 1939 e por catro leóns xigantes de bronce, obra de Sir Edwin Landseer.Esta praza é testemuña de manifestacións políticas, celebracións deportivas, de ano novo, desfiles, etc. Está rodeada pola National Gallery, ao norte, pola igrexa St Martin in the Fiels e a embaixada de Sudáfrica, ao leste, e ao oeste pola embaixada de Canadá.

Page 14: London

NATIONAL GALLERY

Trátase dunha das pinacotecas (museos de pintura) máis impresionantes do mundo.A National Gallery nace cando Jorge IV suxire promover a arte e crear unha galería pública nacional como as de París, Berlín, Madrid, Viena ou Ámsterdam.A súa colección abarca unhas 2000 pinturas, que abarcan do s. XIII ao XIX, e recolle obras de gran importancia dos principais pintores do Renacemento, Barroco e ata do Impresionismo, e de autores tan recoñecidos como Leonardo da Vinci, Velázquez, Rembrant ou Van Gogh.

Page 15: London

WESTMINSTER ABBEY

Este edificio, o máis alto de estilo gótico do país, é un lugar con máis importancia histórica que relixiosa. É un dos lugares con maior carga simbólica de Londres, non é de estranar pois, que sexa o lugar elixido para lembrar aos ídolos políticos e artísticos do país. O edificio actual mandouno a construír Ricardo II en 1375, e as dúas torres do entrada oeste, as West Towers non se construíron até o s. XVIII.O seu interior está ricamente decorado e alberga tumbas e monumentos conmemorativos moi diversos de reis (Enrique III, Eduardo I, Eduardo III, Enrique V e Ricardo II, de escritores e músicos (Jane Austen e George Eliot, Frederick Händel e Henry Purcell) e de científicos (Isaac Newton e Charles Darwin).

Page 16: London

HOUSE OF PARLIAMENT (WESTMINSTER PALACE)

Esta construción de estilo neogótico, situado á beira do río foi construída en 1840 e nela residen as dúas cámaras do Parlamento británico: a dos Comúns e a dos Lores. Nos seus principios foi a principal residencia real en Londres desde Guillermo o Conquistador até Enrique VIII. O primeiro palacio foi destruído debido a un incendio e en 1847 finalizábase o novo edificio, dando como resultado o palacio máis moderno da cidade, con 1200 habitacións, 100 escaleiras, 3,5 km de corredores, 11 patios e unha fachada ao río de 290 metros. Na torre oeste, Vitoria Tower, rematada en 1860, ondea a bandeira durante as reunións do Parlamento.

Page 17: London

BIG BEN (WESTMINSTER PALACE)

O máis famoso desta construción é a Clock Tower, Torre do Reloxo, coñecida mundialmente como Big Ben, que debe o nome a Benjamin Hall, encargado das obras que unha vez rematadass, en 1858, colgouse dentro da torre do reloxo. Se o Parlamento se reúne de noite, brila unha luz no seu punto máis alto.

Page 18: London

TOWER OF LONDON

Esta fortaleza medieval é unha das mellor conservadas, conta cun total de 13 torres. Guillermo o Conquistador construíuna en 1066 como un forte temporal para vixiar aos comerciantes da city. Desde entón serviu á coroa. Desde 1303 serviu como fogar das Xoias da Coroa.Entre as súas murallas atópanse varios edificios, un palacio, un cárcere, un patíbulo, capelas e museos; en dous aneis concéntricos de muralla e un foso. A White Tower engadiuse despois e foi completada nos reinados de Guillermo II e Enrique I. A segunda igrexa da torre foi construída por Enrique I. O primeiro rei que a habitou foi o rei normando Esteban.As ampliacións non pararon. Enrique II engadiu outro cárcere e cociñas, Ricardo II levantou máis muros, o foso, o campanario e as Wardrobe Towers. Cando Ricardo II estaba nas Cruzadas, o príncipe Juan cercou a torre, converteuse en rei e reforzou as murallas.Enrique III foi quen empezou a muralla interior e o palacio real e montou un zoolóxico. Máis tarde, Eduardo I remata as murallas interior e exterior coa Byward Tower e a Traitor's Gate e trae desde Westminster a casa da moeda e as Xoias da CoroaO lugar foi testemuña de alegrías e horrores. Realizábanse torturas e execucións, os sobriños de Ricardo III foron asasinados na Bloody Tower, Enrique VIII mandou executar a dúas das súas esposas, Ana Bolena e Catalina Howard, outros foron decapitados.Un tramo de muralla conduce ao fogar dos oito corvos. Existe a crenza que se os corvos se ausentan o reino cae. O Real Observatorio atopábase alí, e mudouse a Greenwich cando o astrónomo real John Flamsteed lle pediu a Carlos II que expulsase os corvos e este negouse por medo á lenda.

Page 19: London

TOWER OF LONDON

Page 20: London

TOWER BRIDGE

Este é un das pontes máis recentes de Londres. Empezouse a súa construción en 1886, cun deseño de Horace Jones, para desconxestionar os outros pontes da city. Construíuse levadizo para non cortar o tráfico, xa que os barcos entraban no Upper Pool. Foi construída en estilo gótico para que harmonizase coa Tower of London. As dúas torres teñen unha estrutura de aceiro recuberta de pedra onde se alberga a maquinaria hidráulica e os ascensores que levan á Tower Bridge Experience onde hai unha exposición sobre a ponte e a sala de motores onde as caldeiras de carbón movían a ponte ata que foi electrificado en 1976. Antigamente a ponte abríase unhas 50 veces ao día, en cambio hoxe coa ponte pechada ábrese non máis de 500 veces ao ano, no verán sobre todo, e nalgunha celebración.

Page 21: London

O RÍO TÁMESIS

É o río que conecta Londres co mar, ten unha lonxitude de 346 km. (coma o Miño) e forma parte da historia e vida da capital británica. Antigamente foi un dos principais medios de transporte entre Londres e Westminster. En certas ocasións o río chegou a conxelarse no s. XII debido ás baixas temperaturas en Londres. Actualmente xa no se conxela. A industrialización e o crecemento da cidade provocaron unha enorme contaminación das augas As obras de saneamento lograron superar esa situación.O percorrido polo río entre o Parlamento e Greenwich permite ver moitos edificios significativos da cidade.O Támesis é o escenario dunha das competicións deportivas máis populares do Reino Unido: a regata Oxford-Cambridge, onde cada ano se enfrontan os remeiros de ambas as universidades.

Page 22: London

GREENWICH

Ao leste da cidade de Londres, cara a desembocadura do rio Támesis, atópase o distrito de Greenwich. Nel atopamos o Colexio Naval, o Observatorio, o Museo Marítimo, entre outros elegantes edificios e bos museos. En Greenwich podemos visitar o Cutty Sark, o último veleiro, construído en 1869 en Escocia, que transportou té entre Inglaterra e China durante o s. XIX; no seu día foi o barco máis veloz da Terra. O Royal Observatory permite facer unha daquelas cousas tan curiosas na vida, ter un pé no hemisferio este e outro no oeste, isto é posible polo paso do meridiano cero xusto alí. Foi en 1884 cando se decidiu que Greenwich marcaría os 0 graos de lonxitude.

Page 23: London

ST PAUL'S CATHEDRAL

A catedral de San Pablo é a catedral da diócese de Londres. Construíuse entre 1675 e 1710 sobre as ruínas dunha antiga catedral medieval destruída no Gran Incendio en 1666. Foi deseñada integramente por Christopher Wren. O edificio foi reconstruído e reformado en cinco ocasiones e é a única catedral barroca do país.Desde o exterior pódense ver claramente o catro bloques que a forman: a nave, a cúpula, o cruceiro e o coro. Na fachada hai un relevo que representa a conversión de San Pablo. A cúpula descansa sobre oito arcos, até onde se alzan as columnas corintias. Desde o cruceiro sur pódese acceder á cripta onde se mostran os deseños que preparou Wren para construír a catedral e ademais atópase a súa tumba, xunto á de Nelson, o duque de Wellington, e os artistas Joshua Reynolds, J.M.W. Turner e John Singer Sargent. Pódese acceder ás galerías e á cúpula por unhas escaleiras bastante altas que merece a pena subir.Nesta catedral celebrouse o matrimonio entre o príncipe Carlos e Lady Diana en 1981 e os funerais de Nelson en 1806 e de Churchill en 1965.

Page 24: London

BANK OF ENGLAND MUSEUM

O Banco de Inglaterra naceu en 1694, para financiar a guerra contra Francia. Leva no seu emprazamento actual desde 1734, e é coñecido como “A vella dama de Threadneedle Street”.Actualmente funciona como museo, que explora a evolución do diñeiro e a historia da institución e pódense ver as oficinas con fotografías e moedas, ademais dos fusís que servían para defender o banco. Tamén hai exposicións interactivas.

CITY

A City é a parte máis antiga da cidade de Londres e alberga o centro financeiro, rodeando a cúpula da St Paul's Cathedral. A futurista Swiss re Tower de Norman Foster é coñecida como “O pepinillo”. Ten 41 pisos de oficinas cunha fachada de cristal transparente anillado cunha espiral en negro. Cando se construíu era a máis alta da cidade.

Page 25: London

COVENT GARDEN

Construído fai uns 40 anos, o Covent Garden actual é o corazón do turismo de Londres. O centro desta zona é a praza onde está o mercado, alí mesmo e nos seus arredores atopamos todo tipo de tendas, pubs, restaurantes, en moitos casos mesmo poida que gocemos dalgún espectáculo de teatro na mesma praza.Orixinalmente, o centro da zona era un xardín dun convento ligado á Abadía de Westminster. Ao sur de Covent Garden atópase The Strand, unha zona que unía a City con Westminster e que no seu día estaba poboada de palacios.

CHARING CROSS

Charing Cross é o nome dunha das estacións de tren máis importantes de Londres, pero tamén é o quilómetro cero de todas as estradas do país e, antigamente, servía para fixar o ámbito de aplicación das leis segundo a distancia que lles separaba de Charing Cross.

Page 26: London

BRITISH MUSEUM

O British Museum nace cando o goberno compra os 80.000 obxectos da colección de moedas, libros, minerais e outros obxectos de sir Hans Sloane antes da súa morte en 1753 e créase o primeiro museo público de Londres. O museo é albergado pola Montague House e abriuse en 1759. Cobre 5 hectáreas e contén 4 millóns de obxectos. As exposicións van cambiando periodicamente e realízanse exposicións especiais. Pódense ver ósos prehistóricos, xoias de ouro, fragmentos do Partenón, antigüidades exipcias, arte islámica e xaponés e moitas cousas máis nas cen galerías do museo.

Page 27: London

OXFORD STREET

Oxford Street é unha das rúas máis famosas do mundo para as compras. Con máis de 300 tendas, é a rúa comercial máis grande do mundo. É sede dos principais almacéns de tendas e outros centos de pequenos comercios.

CARNABY STREET

Rúa principal que dá nome a toda unha zona comercial dedicada á moda, complementos e un modo de vida (lifestyle) moderno. Carnaby Street fíxose moi popular na década dos 60, polos seguidores do estilo Mod (Modernistas) e de grupos e bandas musicais tales como Rolling Stone, Small Faces e The Beatles, que visitaban habitualmente a zona para facer as súas compras ou simplemente pasearse pola súa contorna

Page 28: London

REGENT STREET

Esta rúa que separa o ruidoso Soho do barrio de Mayfair foi concibida para converterse no centro neurálxico desta parte da cidade, aínda que iso nunca foi así. Si que podemos atopar nela tendas elegantes, mesmo algunhas que datan de principios do s. XX.

PICCADILLY CIRCUS

Piccadilly é unha das máis zonas máis coñecidas de Londres. Trátase dunha praza que é o punto de referencia para ir a Covent Garden, a Leicester Square, a Chinatown, Oxford Circus e demais sitios que situamos no centro de Londres. Ten unha estatua de aluminio de Eros, que en realidade representa ao Anxo da caridade cristina e conmemora a Anthony Ashley Cooper, que loitou por mellorar as condicións dos obreiros.

Page 29: London

LONDRES - VIVEIRO