kalaikia 28

8
28 xaneiro´09 As principais actividades culturais na nosa bitáKora A Fundación Luis Seoane presenta a lírica mural de Jean Dubuffet Confesamos a Juan Rivas, cantante e candidato a Eurovisión Estreamos unha sección para ti e a crítica televisiva de Jacobo Paz “Os milagres de Cristamar”, entre o bordel e o convento Confeso N ario K alaikia K olectivo critic Arte 07 06 08 02 04 Banda deseñada de exportación

Upload: a-peneira-xornal

Post on 31-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Kalaika. Revista cultural galega

TRANSCRIPT

Page 1: Kalaikia 28

28 xaneiro´09

As principaisactividades culturais

na nosa bitáKora

A Fundación LuisSeoane presenta alírica mural de Jean

Dubuffet

Confesamos a JuanRivas, cantante e

candidato aEurovisión

Estreamos unhasección para ti e acrítica televisiva de

Jacobo Paz

“Os milagres deCristamar”, entre obordel e o convento

C o n f e s o N a r i o K a l a i k i a K o l e c t i v o c r i t i c A r t e0706 0802 04

Band

a des

eñad

ade

exp

ortac

ión

Page 2: Kalaikia 28

A CORUÑA

A CoruñaExposición A cidade na arte. A Coruña vista polosartistas. Ata febreiro de 2009. Museo de Belas Ar-tes.Exposición Deseño holandés: Na rúa coma na ca-sa. Ata o 25 de xaneiro. Fundación Pedro Barrié dela Maza.Actuación de Moncho Borrajo co espectáculo Des-pedia y cierre, co que remata a súa traxectoria so-bre os escenarios. 14 de febreiro. Coliseum.Concerto de Tangazz Trío. 24 de xaneiro ás 23:00horas. Pub Garufa.Concerto de Dandy Fever. 30 de xaneiro ás 23:00horas. Pub Garufa.Concerto de Pablo Bicho Quinteto. 30 de xaneiroás 23.00 horas. Jazz Vides.Concerto de Bruno T. Ford. 6 de febreiro ás 23.00horas. Jazz Vides.Teatro infantil. Representación de Valentino Rufinie Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can)a cargo de Talía Teatro. 7 de febreiro ás 19.00 ho-ras e 8 de febreiro ás 12.30 horas. Teatro del Anda-mio.

CompostelaExposición Toksukawamura. Corazón do camiño,do fotógrafo Luís Alonso Ocaña sobre a tradiciónmilenaria xaponesa do Camiño Kumano. Ata o 31de xaneiro. Museo das Peregrinacións.Mostra colectiva Marxes e Mapas. Ata o 1 de fe-breiro. Auditorio de Galicia.Intervención artística Artisticamente (in)correcto,de Amaya González. Ata o 8 de febreiro. Zona “C”.Representación de Cos pés na terra (e só cos pés)a cargo da compañía D2. 24 de xaneiro ás 18.00horas. Sala Santart.

FerrolConcerto de Los Eternos. 6 de febreiro ás 23.00horas. Sala Run Rum.Espectáculo de danza El salto de Nijinsky a cargode Transit Dansa. 18 de xaneiro ás 19.00 horas.Teatro Jofre.Concerto de Elliot Murphy. 24 de xaneiro ás 20.30horas. Teatro Jofre.Espectáculo de danza contemporánea a cargo deThomas Noone Dance. 25 de xaneiro ás 19.00 ho-ras. Teatro Jofre.Representación de A boa persoa de Sezuán a car-go do Centro Dramático Galego. 30 de xaneiro ás

20.30 horas. Teatro Jofre.Espectáculo interactivo Concerto do soño a cargode Aquáfono. 31 de xaneiro ás 20.30 horas. CentroCultural Torrente Ballester.

LUGO

LugoConcerto de corda a cargo do Cuarteto Qvuixotedentro do ciclo Músicas a carón da Mosqueira. 2de febreiro ás 20:30 horas. Fundación Caixa Gali-cia.Concerto de Carlos Childe Troupe. 30 de xaneiroás 00.00 horas. Sala Clavicémbalo.Concerto de Anger. 6 de febreiro ás 00.00 horas.Sala Clavicémbalo.

VilalbaRepresentación de A mirada de Pier, a cargo dacompañía Nut Teatro. 20 de febreiro ás 20.30 ho-ras. Auditorio Carme Estévez.

ViveiroTeatro infantil. Representación de Los músicos deBrenes a cargo de Búho y Maravillas. 24 de xanei-ro ás 18.00 horas. Teatro Pastor Díaz.

OURENSE

OurenseExposición de pinturas de Xulio Prieto Nespereira.Museo Municipal. Permanente.Baile tradicional galego Isolma. 30 de xaneiro ás20.30 horas. Auditorio Municipal.Exposición Futuro Auga. Ata o 28 de febreiro. Audi-torio Municipal.Exposición Mármara, o arte nas súas ribeiras. Atao 15 de febreiro. Museo Municipal.Espectáculo de maxia Laberinto de ilusións a car-go de Román García. 8 de febreiro ás 12.00 horas.Auditorio Municipal.

PONTEVEDRA

PontevedraRepresentación do espectáculo Tradicción a cargode Nova Galega de Danza. 30 de xaneiro ás 21.00horas. Pazo da Cultura.Espectáculo de humor incorrecto Politoxicómico acargo do monologuista Yoni Mediogramo. 16 de

xaneiro ás 22.30 horas. Café-pub Kool.Proxeción do filme Camino, de Javier Fesser. 21de xaneiro ás 20.00 horas. Teatro PrincipalEspectáculo flamenco Carmen a cargo da compa-ñía de Sara Baras. 23 de xaneiro ás 21.00 horas.Centro Social Caixanova.

NigránConcerto de Mr. Whiz. 24 de xaneiro ás 23.30 ho-ras. Pub Clandestino.

VigoExposición Fernando Botero.Abu-ghraib-El Circo.Ata o 1 de febreiro. Casa das Artes. Concerto de Creole Kings. 17 de xaneiro ás 22.30horas. La Casa de Arriba.Concerto de Héctor Lorenzo. 24 de xaneiro ás22.00 horas. La Casa de Arriba.Concerto de Miki Nervio & The Bluesmakers. 28 dexaneiro ás 22.00 horas. La Casa de Arriba.Concerto de Elodio y los Seres Queridos. 29 de xa-neiro ás 22.00 horas. La Casa de Arriba.Concerto de Meu. 29 de xaneiro ás 22.00 horas. LaFábrica de Chocolate.Concerto de Bukowski Blues Trío?. 30 de xaneiroás 22.00 horas. La Casa de Arriba.Espectáculo de danza El cielo en mi bolsillo a car-go de Provisional Danza. 6 e 7 de febreiro ás 22.00horas; 8 de febreiro ás 21.00 horas. Teatro Ensalle.Espectáculo de danza Desencantos a cargo da CiaInternacional D.a.t.a (danza e Teatro). Do 7 de fe-breiro ao 4 de marzo (consultar datas e horarios).Teatro Arte Livre

xaneiro´09

2

bitá

Kora

bitáKora

O humorirreverento deYoni Mediogramo

O bufón urbano Yoni Medio-gramo é un personaxe creado e in-terpretado por Juanillo Esteban.Un personaxe patético e corruptoque representa unha crítica aomundo das drogas. O monologuis-ta coruñés ofrece este espectácu-lo de humor irreverente chamadoPolitoxicómico, un “espectáculoincorrecto, lamentable, patético ecruel”, segundo as súas propiaspalabras. Nel combina a improvi-sación, os malos modos do bufón eo patetismo do clown.

Agora está en Pontevedra.

O desencanto tenforma de baile

Todo ten inicio coa perda dospais de Bernardo, un rapaz do gue-to. Ao seu carón, Tina é unha rapa-za que sempre tivo todo menos un-ha resposta á pregunta de quen éela realmente, resposta complica-da para quen sempre tivo a felici-dade nos labios e a tristeza noollar. Un estupro e a historia de am-bos fai que con eles muden osseus propios obxectivos. Unha re-volta, un amor, un grande encontroda vida.

Así se presenta o espectáculoDesencantos que a Compañía deDanza e Teatro presenta no TeatroArte Livre ata o 4 de marzo.

A Carmen máisflamenca

Sara Baras chega a Ponte-vedra para presentar a súa pro-pia versión da mítica Carmende Mérimée. Pero Sara fuxedos tópicos que rodearon sem-pre ao personaxe da cigarreirapara montar un espectáculonovo na que prescinde da mú-sica de Bizet e segue estrutu-

ras propias do flamenco.A música conta coa colabo-

ración especial de Paco de Lu-cía, e incluso dunha peza doviolinista Ara Malikian, ade-mais das novas versións queJoan Valent e Javier Ruibal fi-xeron da Habanera de Bizet.

Page 3: Kalaikia 28

xaneiro´09

3

Manuel Curros Enríquez. Na fronte unhaestrela_X. Henrique Rivadulla_Documental

Como peche dos actos cos que ao longo de 2008 se ce-lebraron na Coruña para conmemorar o centenario da mor-te de Curros Enriquez, vén de ser estreado o documentalManuel Curros Enríquez. Na fronte unha estrela.

Na cinta trátase de descubrir a razón pola que, en 1908,acudiron ao sen enterro preto de 40.000 persoas. Para aca-dar as claves desta circunstancia faise un percorrido polosfeitos máis significativos da súa vida: o proceso xudicial po-la publicación de Aires d´a Miña Terra, a publicación de O Di-vino Sainete, o seu traballo de xornalista en Madrid e en Ou-rense, a súa estadía en La Habana, a súa participación nafundación da Real Academia Galega...

VV.AA_Vigo ye-ye_PAINos anos 60, Vigo foi unha das cidades

que con máis decisión se sumou ao move-mento musical chamado ye-ye. Toda unhaxeración adolescente amosaba así a súarebeldía contra un sistema opresivo e in-xusto coa música como principal argumen-to, amosando así o seu xenio e inspiración.

Catro décadas despois, aqueles músi-cos vólvense reunir para colaborar na crea-ción dun disco co que se lle rinde tributo atoda unha época. Dez bandas históricas, unCD con vinte temas orixinais e un DVD condez videoclips que nos fan voltar a un fenó-meno precursor da movida.

Guru Deva_Vago_WonderlandDende A Coruña chega unha nova e es-

perada (¡cinco anos!) entrega de Guru De-va, o segundo traballo desta agrupaciónformada por Félix Arias, Fernando Esclusa,Mecha e Bieito, procedentes de vellos pro-xectos como Viuda Gómez, Los mecánicosou Lovely Tuna.

Once temas cantados en castelán gra-vados nos estudos Mobilette Sound de Ce-cebre, que supoñen unha continuidade naliña presentada no seu anterior traballo, Af-ter All, inmersa no rock dos 60, con sons po-derosos e retrousos sinxelos e efectistas.

esc

aP

ara

te

novidades

Carlos Velasco_A represión franquista enOleiros_Trifolium

Os Cadernos de EstudosOleirenses adéntranse no estu-do do levantamento militar de1936 coa publicación dun novovolume titulado A represiónfranquista en Oleiros (1936-1950), do que é autor Carlos F.Velasco Souto, investigadorpontevedrés especializado entemas de historia social de Ga-licia e autor de varios libros e numerosos artigos en revis-tas especializadas.

Con este novo volume trátase de comaprtir experien-cias e profundizar nas formas de convivencia pacífica senesquecer os nomes daqueles que durante moitos anos fo-ron afastados da realidade social, e lembrando a súa re-sistencia e a súa loita por construir un país en liberdade.Unha aposta por resolver as débedas históricas dende odiálogo e a práctica democrática.

María García Caballero_La vida musical enSantiago a finales del siglo XIX_Alvarellos

A musicóloga MaríaGarcía Caballero leva a ca-bo nesta obra un extenso edocumentado estudo demáis de 400 páxinas sobreunha época moi pouco tra-tada pola bibliografía exis-tente. Tunas e concertinas,orfeóns e rondallas, fun-cións teatrais, compañíaslíricas, ópera, zarzuela, so-ciedades recreativas, ver-benas, romarías, bailes, cafés-concerto, unha Banda Mu-nicipal en auxe...

A vida musical en Santiago a finais do século XIXtranspórtanos a unha Compostela na que a música empe-za a transcender os seus espazos habituais relixiosos–con epicentro na catedral e a súa Capela de Música– eábrese a novas manifestacións máis laicas e urbanas li-gadas a unha ideoloxía en auxe, o Rexionalismo.

Page 4: Kalaikia 28

xaneiro´09

4

En 1945, un dos artistas máis salientables de Fran-cia no século XX, Jean Dubuffet, realizou unha se-rie de 15 litrografías para acompañar poemas deEugène Guillevic. Esas litografías son rescatadas

agora pola Fundación Luis Seoane en colaboración coa Fun-dación Dubuffet e o Círculo de Bellas Artes, para conformara mostra Jean Dubuffet ou o idioma dos muros.

Dominada polo diálogo entre a superficie pictórica e amateria, a mostra descóbrenos a parte da obra do artistamáis descoñecida polo público, a dedicada aos muros, polosque sentiu unha grande atracción.

Jean Dubuffet, nado en 1901 en Le Havre, é un dosprecursores do Art Brut, tendencia que toma como refe-rencia a expresión plástica popular, a arte dos nenos edos enfermos mentais, e que aspira a unha forma decreación na que a espontaneidade e o instinto prevale-zan sobre a razón e a formación técnica.

Do mesmo xeito a súa incesante búsqueda a travésda experimentación con novas técnicas e materiais co-mo a area, o xeso ou os detritus orgánicos, configura asúa crítica tanto aos parámetros e medios estéticosconvencionais como á cultura establecida, e o erixe nundos artistas máis innovadores do panorama mundial.

A Jean Dubuffet sempre lle apaixonou a estampa e,máis en concreto, a litografía, que aborda no outono de1944, dous anos despois de tomar a decisión de dedi-carse definitivamente á pintura. Inivitado por FernandMourlot, litógrafo de Matisse e de Picasso, a facer un-has «prácticas» no seu obradoiro, Dubuffet ataca lite-ralmente a pedra e leva a cabo en poucas semanas asúa primeira e gran serie de láminas, que o editor Mour-lot reúne nun álbum acompañado dun ensaio de Fran-cis Ponge de significativo título, Materia e memoria ouos litógrafos na escola. Pero Dubuffet no se detén ahí erealiza sobre a marcha unha nova serie de láminas pa-ra ilustrar os doce poemas de Eugène Guillevic, LesMurs.

Jean Dubuffet ou o idioma dos muros contará asi-mesmo coa proxección de dous documentais sobre oartista francés: Jean Dubuffet, dirixido en 1961 por J.

Ruttmann no que colaborou directamente o artista e Autorre-trato de Jean Dubuffet, realizado por Gérard Patris e LucienFavory coa colaboración de Pierre Schaeffer e Michel Cha-puis en 1962. Ademáis, ao longo da duración da mostra aFundación Luis Seoaneemitirá no seu espazoMirador Sonoro unaselección dos experi-mentos musicais deJean Dubuffet.

A mostra per-manecerá abertaata o 29 marzo.

Poesíanosmurosredacción

Page 5: Kalaikia 28

xaneiro´09

5

As serpes cegas é o título con que “BD Banda” chegou áslibrarías o pasado Nadal. Falamos dun álbum de Barto-lomé Seguí e Felipe Hernández Cava ambientado entreNova York e España nos anos 30 no que se mesturan

elementos de serie negra co retrato político dun dos momentoscruciais do século XX, e que supón a estrea deste colectivo na edi-ción de álbums, para o que presentan 1.500 exemplares en gale-go e 2.000 para o mercado hispano.

O lanzamento de As serpes cegas ten, ademais, a peculiarida-de de que estamos a falar da primeira coedición entre Galicia eFrancia no campo da banda deseñada, xa que a obra foi publica-da recentemente pola prestixiosa editora gala “Dargaud” conse-guindo unha ampla resposta de público e de vendas.

Foi en “BD Banda” que comezou a súa andaina o álbum na for-ma de serie por entregas, chamando rapidamente a atención des-te xigante francés pola súa calidade, que callou en forma de lan-zamento conxunto nas tres linguas.

A obra narra a historia dun emigrante que chega a Nova Yorkno ano 1939 na procura de Ben Koch, un home que incumpriu unpacto. De xeito paralelo vemos como en España, a Guerra Civil

está xa perdida para os republicanos, que se ven impotentes paraprolongala ata o estalido duna conflagración europea que modifi-cará o mundo. Todo o universo dos protagonistas está presididopola urxencia en axustar, durante eses días de abafante verán, assúas contas persoais.

Bartolomé Seguí e Felipe Hernández Cava contan cun amplorecoñecemento estatal no campo da banda deseñada. Alén departicipar en publicacións clásicas coma Cairo ou El Víbora, Seguíconta con preto dunha ducia de álbums (algúns xa publicados enFrancia) con títulos como El sueño mexicano, Cohibas Connec-tion ou Lola y Esnesto.

Hernández Cava é un nome fundamental da historieta estataldos últimos 30 anos. Títulos como Lope de Aguirre: La expiación,El artefacto perverso, Berlín,1931 ou os asinados en colectivo co-mo El Cubri revelan un dos maiores creadores da Península nes-ta arte.

“BD Banda” anuncia asimesmo que continúa cos traballos pa-ra o vindeiro lanzamento do cuarto número da súa revista e sinalaque mantén a súa colaboración con “Faktoría K” na “Colección BDBanda”, centrada nun público infantil e xuvenil e na que veu a luzo pasado mes de agosto o álbum As aventuras de ArchimboldoRoque.

As serpescegas,a primeira coedición galego-francesa de banda deseñada

m._fernández

Page 6: Kalaikia 28

- PARA COMEZAR, UNHA PREGUNTA SINXE-LA: ¿QUE É A FELICIDADE?

- A felicidade: poderiamos estar horasdesentrañando que demonios é a felicida-de ou onde podemos atopala. Penso queisto é básico: onde podemos atopar a feli-cidade; quizais deternos a pensar, xa queás veces aí está e pásanos moi desaper-cibida nun mundo onde cada vez vivimosmáis apresa. Como ben dixera Punset,non é un fin ou unha meta, senon que nocamiño, na loita, na paixón ou nas peque-nas cousas é onde é máis doado atopala.Se non descubriríamos a felicidade sencoñecer o sufrimiento.

- MASSIEL, GERMÁN COPPINI... ¿QUE SU-PUXO PARA VOSTEDE A COLABORACIÓN COS

VELLOS MITOS DA MÚSICA HISPANA?- Un encontro con moitas sensa-

cions... O máis emotivo da miña carreira:o encontro con un dos meus mestres,Germán Copinni, un excelente escritor e

mellor persoa. Por outra banda amais máxica sesión de gravaciónda miña traxectoria, a gravación deMassiel... unha lección que non seaprende na escola de música... Omundo parace que non existe, olví-daste de que nada existe... Só a voz e osentimiento, a interpretación contra unmicrófono...

- E AGORA EUROVISIÓN... ¿XA LLE PEDIU

CONSELLO A MASSIEL?- En realidade non a chamei para co-

mentarlle que estaba como candidato.Estiven moi ocupado cos últimos flecosdo meu próximo disco e, certamente, nonlle dei máis importancia.

- ¿QUE QUERE APORTAR JUAN RIVAS LO-GO DO "CHIKI-CHIKI"?

- Coido que Eurovisión quedará nun-ha anecdota divertida na miña traxectoria.Resulta complicado entrar nas semifinaissen unha gran campaña de promoción.

- ¿QUE IMOS ATOPAR NO SEU NOVO DISCO,SUPERTROPICAL?

- Superdiscotropical segue sendo un-ha busqueda do meu propio son... Certasinfluencias saxonas un poquiño dos anos80, e unha debilidade, que é a música doBrasil, Cuba... o trópico. A música discodos 70, o house e unhas pingas de músi-ca electrónica. Conta con colaboraciónsde importantes músicos como Joao Pa-rahyba (Trío Mocoto) desde Sao Paulo;desde New York, unhas explendidas gui-tarras do guitarrista dos Amigos Invisibles(José Luis Pardo); Péon, de Def con Dos,o Electrocugat (Barcelona); ou Modular(Arxentina).

xaneiro´09

6

con

feso

Na

rio

con

feso

Na

rio

A.

Pe

dre

ira

. P

ed

reir

a

Juan Rivas é un dos cantantesde máis proxección do panoramagalego, ao que non se lle poden ne-gar nin orixinalidade nin frescura.Con catro discos ás costas e un no-vo aínda no prelo, Supertropical,este vigués decidiu presentar can-didatura ao novo certame de Euro-visión. Será Juan Rivas o sucesordo Chiki-chiki?

- ¿PODE A MÚSICA FACERNOS CHE-GAR Á FELICIDADE?

- Moita xente sinte a música co-ma un placer. Se pecho os ollos elembro un bó disco... é coma unhaboa conversa, un baño na praia, abrisa entre os piñeiros, pode trans-portar o ánimo a outros lugares, fa-cer aflorar sentimientos... Certa-mente poderíase parecer moito aolugar chamado Felicidade.

dando nocravo

Juan Rivas, cantante

confesonario

“A músicapoderíase

parecer moitoao lugar

chamadoFelicidade”

Page 7: Kalaikia 28

xaneiro´09

7

Sobre Fringe dinse dúas cousas, que é a sucesora de The X Files eque o seu episodio piloto é o máis caro da historia da televisión.Falemos de cartos.

O primeiro capítulo tivo un custe de 10 millóns de dólares. Para cal-quera de nós é unha cantidade considerábel. Pero analicemos o dato.O episodio ten unha duración de 80 minutos, a mesma que pode ter un-ha película. En comparación coas últimas superproducións o seu orza-mento é ridículo. Longametraxes como Quantum of Solace, Spider-Man 3 ou Pirates of the Carribean: At World’s End superaron con moi-to os 200 millóns de dólares. Para o audiovisual español 10 millóns dedólares é un cifra moi alta, pero tendo en conta que a Comunidade deMadrid gastou 15 millóns de euros en Sangre de Mayo, a última pelícu-la de José Luis Garci, podemos decir que Fringe non é un proxecto noque se despilfarraran os cartos e que a xente da Fox sabe onde investiro diñeiro.

Aclarado o aspecto económico pasamos a falar do argumento. Nes-ta serie, unha axente do FBI ten que investigar unha serie de fenóme-nos inexplicables. Para levar a cabo o seu traballo terá que contar cuncientífico, que leva anos recluido nun hospital psiquiátrico, e o fillodeste, o único capaz interpretar as divagacións de seu pai. En cada ca-

pítulo abórdase un caso concreto, pero durante a súa resolución imosdescubrindo anacos da gran conspiración que se agocha detrás. Istoprovoca que cada resposta dea paso a máis preguntas. O creador deFringe é J. J. Abrams, o mesmo que o de Lost e Alias, o que permite su-poñer que imos gozar de momentos brillantes e que a revelación daverdade pode dilatarse até o absurdo.

4:3 jacobo_paz

FRIN

GE,

BUCL

ECO

NSPI

RANO

ICO

O grupo Baldosa Amarilla na-ce no Porriño e está integrado porFrus (voz), Jose Núñez (guitarra),Iago Bastos (guitarra), Gatsby(guitarra e coros), Alex Crende(baixo e coros) e Moses (batería).

Subíronse por vez primeira aoescenario con este nome no festi-val universitario Leonardo DaVin-ci en 2006. De aí seguiron desen-volvendo un ano cheo de actua-cións en festivais que pecharoncun repertorio integrado por unhapresa de versións e algunhas can-cións propias e, sobre todo, cunhaexcelente acollida entre o públicoasistente.

2007 serviulles para seguirsefogueando en directo e comezar adefinir o que será o seu propioson, que podemos vincular aopop-rock máis alternativo con le-tras en castelán.

Palabra exacta púxolle o bro-che de ouro a esta etapa. Trátasedunha maqueta gravada en JBEs-tudio’79. A propia banda defíneacomo unha gravación “chea deboas ideas e unha producción nu-la”, a asómbranse de que, a pesa-res desas carencias, acadasen acifra de 30.000 visitas na impres-cindible páxina de MySpace.

En 2008 dan un paso máis egravan o primeiro videoclip, Labe-rinto, producido por CucoclockCreaciones. Entre outros eventosde relumbrón, e como non podía

ser menos, pasou pola casa. Léa-se Festival de Cans.

Nesta época seguen a molde-ar a súa propia personalidadecunha manchea de concertos es-pallados por toda a xeografía ga-lega e do norte de Portugal. Inclu-so lles quedou tempo para partici-par no concurso 100 Pipers Mu-sic, do que chegaron a ser finalis-tas, así como nos premios Make-tón Estrella Galicia, onde acada-ron unha nominación a “Mellor

maqueta de 2008”.E nada máis? Pois claro que

sí. 2008 aínda lles deu para me-terse no estudo de gravación edarlle a forma precisa a un EP au-toproducido e gravado en OcéanoEstudios, onde se aprecia a evo-lución do grupo, as baldosas ma-relas xa percorridas antes de che-gar á mitica cidade de Oz.

http://www.myspace.com/baldo-saamarilla

Baldosa amarilla, no camiño de Oz

Estreamos aquí unha nova sección na que tí tamén tes cabida.Que fas? Tocas? Escribes? Pintas? Actúas? Esculpes? Deseñas?Entón por que non te presentas ao mundo dende estas páxinas?

Cóntanos o que fas, mandanos unha fotografía, e terás o teu espazo.Hoxe son estes rapaces do Porriño, mañá podes ser ti.

[email protected]

Page 8: Kalaikia 28

8xaneiro´09

kalai

kia@

apen

eira.

com

986.

660.

986

ww

w.a

pene

ira.co

m Di

recc

ión: G

uiller

mo R

odríg

uez

Reda

ctor X

efe:

Antó

n Fer

nánd

ez E

scur

edo

Coor

dinad

or: D

iego G

irálde

z De

seño

: Man

rique

Fern

ánde

z

DP: V

G 12

53-2

008

cr i t icAr te

Cristamar,a cidade dos milagres

os_m

ilagr

es_d

e_Cr

istam

ar

Non estamos a falar dunha das últimísimas novidades do pa-norama literario galego, senón dunha noveliña que xa levaun tempo rulando entre nós. Foi a gañadora da edición2008 do premio de literatura erótica “Narrativas quentes”

organizado por Edicións Positivas, e foi publicada pouco antes do ve-rán.

Este premio quedara deserto na edición anterior, a dicir dos or-ganizadores, por falla de calidade das obras poresentadas. Non foio caso, dende logo, do sucedido este ano, no que a coruñesaChelo Suárez foi quen de facerse co prezado galardón con estaobra de pequenas dimensións e grande calidade.

Para os que xa coñecen o traballo de Chelo Suárez non re-sultará unha novidade esa perfección estilística, ese exquisitodominio da fantasía, esa freixa de imaxinación desbordadacoa que acostuma a adobiar os seus traballos literarios.

Máis recentemente, outra novela desta autora, A Ve-nus de cristal, veu ratificar esa percepción preciosista e

fermosa do seu traballo. Cada palabrano seu sitio, cada idea subliñando a

anterior ou marcando novos cami-ños, cada personaxe absoluta-mente fermoso no seu deseño ena súa concepción.

Fuximos, xa que logo, da lite-ratura pornográfica para adentrarnos nesa vellaidea de suxerir, e non amosar. O resultado é,

neste caso, unha certa caste de erotismo sensual e vivificador, de-licado e sublime por momentos.

A historia que relata transcorre na cidade de Cristamar, evi-dente trasunto de A Coruña, e ten como protagonista á propia

cidade, debuxada en trazos finos por un convento e un lupa-nar, así como pola devoción absoluta á patrona local, Blan-

ca Odisea, unha muller que foi quen de entregar o seucorpo para evitar que os invasores que chegaran á

costa da cidade ultraxasen ás mulleres da localida-de. Aquel sacrificio valeulle subir aos altares do

pobo.A partir de aí, o convento erixido na súa

honra e mailo lupanar existente na rúa do“Galo Faladoiro” (alguén lembra o barrio

coruñés do “Papagaio”?), preséntanse-nos como as dúas caras dunha mes-

ma moeda.Proxenetas e novicias, herma-

froditas e castrados, mariñeiros esantas, inocencia e pecado, e

ata unha monxa que cociñacon haxix, van tomando

corpo ao longo das páxi-nas que son un luxo pa-

ra o padal literario.

m._fernández