kalaikia 37

8
37 outubro´09 Visitamos LIBA, o laboratorio de ideas artísticas de Pontevedra American Perez demostra que a moda tamén pode ser diversión Monti Castiñeiras fálanos do seu traballo en O Nordés, o xornal da Galega David Otero asegura que a tristura do blues pódese achegar á fotografía Eduardo Vilariño reflexiona sobre o tempo, a terra e a morte C onfeso N ario K olectivo critic Arte 07 06 08 03 04 As coordenadas de Jorge Barbi Foto: cortesía MARCO/Enrique T ouriño

Upload: a-peneira-xornal

Post on 09-Mar-2016

230 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Magazine cultural galego

TRANSCRIPT

37 outubro09

Visitamos LIBA, olaboratorio de ideas

artísticas dePontevedra

American Perezdemostra que a

moda tamén podeser diversión

Monti Castiñeirasfálanos do seu

traballo en O Nordés,o xornal da Galega

David Otero aseguraque a tristura do

blues pódeseachegar á fotografía

Eduardo Vilariñoreflexiona sobre otempo, a terra e a

morte

C o n f e s o N a r i o K o l e c t i v o c r i t i c A r t e0706 0803 04

As coordenadasde Jorge Barbi

Foto: cortesía MARCO/Enrique Touriño

outubro09

2

VV.AA._Metalicia (vol. II)_Metalicia.comAescena metálica galega leva un tempo movéndose coma

nunca e amosando ao mundo a bravura demostrada a este la-do do Padornelo polos máis aguerridos guerreiros do metal. Ainiciativa argallada en torno á comunidade virtual de amantesdo xénero baixo a denominación de Metalicia, presenta o seusegundo recompilatorio que recolle un total de 26 temas de ou-tras tantas bandas galegas. O disco pode ser descargado di-rectamente dende a páxina da propia comunidade, aínda quetamén está á venda en formato físico de miniCD-mp3 distribuí-do en diversos locais por toda Galicia ao precio simbólico de uneuro.

E non parece que quede aquí a cousa, pois todo apunta aque o volume terceiro xa está empezando a coller forma. Os in-teresados en participar, mellor que visiten a comunidade enmetalicia.com.

Henrique Alvarellos Casas_Santiago,1909_Alvarellos editora

No verán de 1909, Santiago viviu un acontecemento senprecedentes na historia da cidade e de Galicia: a montaxe daExposición Rexional Galega. Un certame que acolleu a pretode 600 instalacións ubicadas en once grandes e singulares pa-villóns, e onde foron expostas máis de 10.000 pezas de arqueo-loxía, obras de arte e historia. Polo recinto pasaron en cinco me-ses máis de 53.000 persoas, o dobre da poboación de Santia-go naquel intre.

Cen anos despois, aquela peculiar simbiose de arte e in-dustria ben merece un rescate. O editor e xornalista HenriqueAlvarellos Casas viaxa á Galicia daqueles días para reconstru-ír a crónica da Exposición Rexional e recuperar do esquece-mento preto de setenta fotografías e ilustracións únicas. Estevolume, que conta cun limiar da historiadora da Universidadede Santiago Margarita Barral Martínez, é o primeiro monográfi-co que se publica sobre a Exposición Rexional de 1909.

Marcos Gallego_A maleta deSofía_Documental

O 16 de decembro de 1958 morría en Polonia Sofía Casa-nova, escritora e corresponsal de guerra galega que, ademáisde legarnos unha importante obra literaria e xornalística, estivopresente nalgúns dos acontecementos máis importantes doséculo XX, incluídas as dúas Revolucións Rusas e as dúasGuerras Mundiais. Sofía tiña por costume escribir parte dosseus pensamentos nuns cadernos que gardaba coidadosa-mente no interior dunha maleta de coiro. O día da súa morte,está maleta desapareceu sen deixar rastro. E con ela, fíxoo ta-mén a verdade sobre Sofía Casanova.

Joanna unha nova filóloga polaca e Charo unha profesoraespañola con inquietudes e talante de historiadora, emprendenunha ardua investigación coa intención de reconstruír a recen-te historia europea a través dos diarios privados de Sofía Casa-nova.

A CoruñaExposición Crónicas da represión lingüística.Ata o 8 de novembro.Casa-Museo Casares Quiroga.

Ferrol_A CoruñaRepresentación de Nixon/Frost, a cargo da compañía Teatro Lliure.23 de outubro ás 20.30 horas.Teatro Jofre.

Vilagarcía_PontevedraRepresentación da ópera Rigoletto, de Giuseppe Verdi, a cargo da Orques-tra Sinfónica de Pleven con dirección artística de Roberta Mattelli.8 de novembro ás 21:00 horas.Auditorio Municipal.

Vigo_PontevedraRepresentación da ópera Don Giovanni, de Mozart, a cargo da InternationalOpera Production. Director musical: Kevin Mallon. 7 de novembro ás 20:30 horas.Centro Cultural Caixanova.

Compostela_A CoruñaConcerto de Buika que presentará o seu traballo El último trago, con versiónsde temas de Chabela Vargas.28 de outubro, ás 21:30 horas.Multiusos Fontes do Sar.

Compostela_A CoruñaConcerto de Sizzla Kalonji & The Firehouse Crew, teloneado por Teflon.20 de outubro, ás 21:00 horas.Sala Capitol.

Narón_PontevedraTeatro infantil. Representación de Cósima, a cargo de Sarabela Teatro 9 de novembro ás 12:00 horas.Auditorio Municipal.

Vigo_PontevedraEspectáculo de danza Fenicia, a cargo da compañía de Danza OrientalDrom.15 de novembro ás 20:30 horas.Centro Cultural Caixanova

PontevedraExposición Caducas, montaxe de Paco Peregrino.Ata o 6 de novembro.Sala X (Facultade de Belas Artes).

OurenseRepresentación da adaptación do Don Juan, de Moliere, en versión de TitoAsorey, a cargo de Teatro Tarumba.3 de novembro ás 20:30 horas.Auditorio Municipal.

María MagánMaría MarcoPaco PeregrinoAndrea Jambrina Joan MoreraEva CortésAlejx MasedaDavid LoureiroJuan AdrioBeatriz SieiroBasilisa FiestrasCurru GarabalJosé F García Maria MoldesLucía MorandeiraOlaya CortizasSandra Estrada

outubro09

3

Dende Pontevedra chégannos noticias do nacemento docolectivo artístico denominado LIBA. Denominado LIBA?Que é LIBA? Preguntámoslles a eles e contéstannosque son as siglas de Laboratorio de Investigación das

Belas Artes. Ah, claro! Así a cousa xa vai collendo trazas.Un laboratorio de ideas para artistas emerxentes. Un lugar on-

de experimentar e sacar a flote as súas inquedanzas. Unha inicia-tiva que pretende abranguer a arte nova. Boa idea. Unha idea xur-dida de... de... De onde nace esto? Dinnos que nace no seo do úl-timo bienio de doutoramento da Facultade de Belas Artes de Pon-tevedra.

Claro, claro, imos definindo: un laboratorio de investigaciónpara a xente que vén de rematar os seus estudos e están des-exando lanzarse á voráxine artística, como calquera que remataunha carreira cun mínimo de vocación, digo eu. A diferenza é queos de Pontevedra tomaron a iniciativa da súa man parindo este la-boratorio. Rapaces inquedos, sen dúbida.

Cóntannos tamén que son un total de 20 artistas e que, nosmeses que levan xuntos, xa foron quen de poñer en marcha nume-rosos proxectos e exposicións entre as que destacan a presenzado grupo este ano na Fundación Serralves de O Porto, ou no fes-

tival Abrazos, en Compostela, cunha performance colecti-va. Queremos saber que é o que andan a argallar nestesintres e fálannos da súa actual instalación colectiva,que pode ser visitada no Museo de Arte e Novas Tec-noloxías de Xixón, familiarmente coñecido por LaLavoral. O título da mostra, inaugurada o 4 desetembro, é Desexa, pensa e parpadea, erematará a finais de novembro.

Quen falaba da indolencia e apasividade dos galegos? Estáclaro que cando temos inte-rese por facer algo tirá-monos ao mundo contoda a intención. Ospontevedreses deLIBA xa o de-mostraron ede seguroque o se-guirán ad e m o s -trar no fu-turo.

Compoñentes activos de LIBA

A investigaciónartística emerxente

m._fernández

American Perez,innovación na moda

con participación galega

outubro09

4

d._giráldez / m._fernández

Se o porriñés Jorge Bolado Moonon minte no seu perfil de Face-book naceu o 21 de noviembrede 1984. Logo de estudar Belas

Artes en Pontevedra comezou probandosorte como fotógrafo de moda en Bruxe-las, pero non se sentiu cómodo coa cáma-ra como ferramenta de traballo. Fixo unmáster de estilismo en Barcelona e ahí co-mezaron as oportunidades.

Na actualidade é a media laranxa deNatalia Pérez na firma American Pérez, unproxecto que comeza a soar conforza dentro do mundo da moda. Na-talia encárgase dosdeseños, Jorge,que xat r a b a -llou cono u t r o sdeseñadorescomo estilista, responsabilízase daposta en escena, estilismo e direción dearte.

A primeira colección da empresa, no-meada tamén American Perez, foi finalistano Book-T Proxect de Modafad en se-tembro do ano pasado, e foi seleccio-nada por Genial FAshion STIB comounha das mellores colecións. Foi tal oseu éxito que levou á marca a participar naMadrid Fashion Week El Ego de Cibeles ea ser invitada ao CreatEurope DesignAward en Berlín este mesmo mes. A se-gunda colección, Miami Heat, foi presenta-da nos Modafad Awards o pasado mes desetembro chegando á final.

-A TÚA MARCHA A BARCELONA FOI UN EXILIO, UN ARREBATO, UNHA CA-SUALIDADE, UNHA BÚSQUEDA DE OPORTUNIDADES...?

-En realidade, foi Barcelona como puido ter sido outro sitio.Sempre me gustou viaxar e vivín en diferentes lugares: Valencia,Bruxelas, Londres, Berlin..., agora estou en Barcelona, estou moicontento pero de momento non penso quedarme aquí para sempre.

-UNHA VEZ ALÍ COMO ENTRAS NO MUNDO DA MODA E O ESTILISMO?-A través de un Máster. En Barcelona é onde xurden posibilida-

des de facer contactos e coñecer a profesionais do sector. Tiven asorte de poder traballar de axudante con moi bos estilistas, de feitocontinúo a facelo, é a mellor maneira de aprender.

-CON NATALIA PÉREZ CREAS A MARCA “AMERICAN PEREZ”. QUE TAL

VAI? QUE SUXERIDES COAS VOSAS COLECCIÓNS?-En relidade é Natalia quen crea a marca, eu adhírome un tem-

po despois. De momento vai moi ben, con moito traballo pero senperder as ganas. Agora estamos en pleno desenvolvemento da no-sa páxina web www.americanperez.com. American Perez é ironía,diversión e todas as cousas que nos gustan.

‘American Perez é ironía,diversión e todas ascousas que nos gustan’

outubro09

5

Paisaxes que debuxan a xeogra-fía da nosa memoria. Fotografí-as e obxectos convertidos enrexistros de recordos que relati-

vizan a nosa propia existencia. Jorge Bar-bi (A Guarda, 1950) converte o fugaz e operpetuo nas dúas caras dunha mesmamoeda; o instante irrepetible da escumado mar, e a vida estancada dunha pozacomo paradoxo dun momento único, aín-da que repetido ata a eternidade. Peroestas imaxes duplícanse, e a súa aparen-te neutralidade transfór-mase en figuras in-quietantes quenegan a ino-c e n c i adunha mi-rada ca-paz de cre-ar novos signi-ficados.

A fotografía convér-tese no núcleo desta exposición e evi-dencia as transformacións dun ámbitoque evoluciona ao seu propio ritmo, peroque tamén axuda a medir o noso.Antes/Despois (2002-2009) recolle oscambios nas paisaxes da súa infancia:unha visión aparentemente obxectiva danatureza sobre a que o artista proxecta assúas vivencias. Porque a obra de arte es-tá na acción, nos obxectos construídos,pero tamén nun punto de vista que inten-sifique o cotián. Así, pequenas interven-cións sobre a natureza, como a utilizacióndunha vara de abeleira que sirva de pon-te para insectos, dialogan co rexistro dun-ha senda de cabalos debuxada entre o to-xo e o granito.

Se as imaxes e os obxectos poden sersímbolo do infinito, tamén as palabras.Letras incompletas rotas en dous e con-denadas a non significar nada. Frasesque nunca poderán ser lidas como repre-sentación do imposible, da contradicciónde que a obra só existe se é invisible.

E o azar, o destino incerto que nos do-mina e do que non sempre podemos res-ponsabilizarnos, convertido noutra carac-terística da eternidade. Como a naturezaque segue o seu curso a pesar de nós, odisco lanzado ás Azores coa inscrición“Estou perdido. Non me reteña", segue a

súa deriva polo Atlánticosen a esperanza

dun final, co-mo metáfo-

ra da in-c e r t e z aque domi-

na as nosasvidas, pero

que deixa abertastantas posibilidades. Ou

o ronsel dos voos que nunca tomamos,das portas pechadas ao noso paso, sím-bolo da dúbida inevitable ante a opciónnunca elixida.

Jorge BarbiAs coordenadas da memoria

+infoJORGE BARBI

41º 52’ 59’’ LATITUDE N / 8º 51’12’’ LONXITUDE 0MARCO (VIGO)

ATA O 14 FEBREIRO 2010

ana_gonzález_chouciño

Serie

Cha

rcas

, 200

7-20

08Vu

elos

Espuma

Monti Castiñeiras / POR AMAPARO RODRÍGUEZ. / FOTOS: SUE RAINBLOW

Cine, teatro, publicidade, curtametraxes, televisión...Dende mediados dos 80 Monti Castiñeiras tenseconvertido nun actor popular grazas ás súasaparicións nalgunhas das series relevantes da TVG.Agora, o seu papel de Mateo Rúa na serie revelaciónda tempada, O Nordés, promete aumentarexponencialmente o seu xa recoñecido prestixio.

outubro09

6

Antonio “Tony” Smortiagno levou unha navalla no bolsillo esquerdo do panta-lón desde 1908, cando fixera a primeira comunión nun salón católico de Bro-oklyn que cumpría as veces de parroquia. O longo dos seguintes sesentaanos, Tony empregou a navalla con destreza e profusión. No proceso que a

fiscalía de Nova York seguiu contra el en 1972, acusárono de vintesete asasinatos etrinta e cinco agresións graves. Finalmente foi condeado a catorce anos por colabora-ción na evasión de impostos “reiterada e masiva” do grupo mafioso dos Vilamagiore,una familia relativamente pequena do norte de Jersey. Durante a súa estancia na ca-dea, Smortiagno concedeu varias entrevistas a John Lafonte, un xornalista do Times deorixe siciliano. As conversas deron nun libro de memorias non autorizadas, “The knifearound de corner”. Lafonte conta que o día antes de ingresar en prisión, Smortiagno vi-

sitou ós descendentes de Claudio Mancini, o primeiro home ó que matara. Tony paroudiante da casa, chamou o timbre e cando tivo diante a un rapaz duns quince anos, pre-guntoulle se era o neto de Mancini. Era. Tony tirou entón a navalla do peto e entregou-lla. “Con isto”, díxolle, “matei ó teu avó”.

Segundo conta Lafonte, o episodio tivo un aquel de decepción para Tony. O neto deMancini non amosou o mínimo interese pola arma e pechoulle a porta nos morros.

O episodio sérvelle a Smortiagno para dar conta da grave perda de valores que es-taba sufrindo a xuventude americana dos setenta. Pode que tivese razón. Cando a unlle poñen diante a navalla que segou o pescozo dun familiar, ten a obriga moral de co-rresponder cunha dose civilizada de estupor.

*Andrés Mahía é guionista

mentiras andrés_mahía*

ESTU

POR

-BENVIDO DE NOVO Á TELE, COMO LLE VAI POR

VIGO DE XORNALISTA INTRÉPIDO? -Vigo sempre foi coma a miña segunda ci-

dade. Non por ningún vencello familiar, pero siteño amigos e é unha cidade na que sempreme sentín moi a gusto. A rodaxe dos exterioresxa foi outro cantar: tivemos bastantes atrancospor mor das obras e dos ruidos continuos, peroa xente acolleunos de marabilla.

-O NORDÉS DALLE UNHA OPORTUNIDADE Á CIDA-DE MÁIS INDUSTRIAL DE GALICIA, QUE LLE PARECE?

-Paréceme que xa era hora de que a pri-meira cidade de Galicia se vise reflectida nun-ha serie da Galega. Houbo algunha outra (Fí-os) que ofrecía algún exterior, pero nesta oca-sión a particularidade é que Vigo e os arredo-res son un protagonista máis da rodaxe e es-tán presentes con forza nas tramas e nosguións..

-UNHA ESTÉTICA DIFERENTE, ÁXIL E CONTEMPO-RÁNEA PERO CON MOITAS CARAS XA COÑECIDAS. PA-RECE QUE ÁS SERIES GALEGAS CÚSTALLES INTRODU-CIR NOVOS ACTORES.

-A serie, como dis ten unha estética distin-ta ao que estabamos acostumados: gravadaen alta definición e con propostas de realiza-ción moi arriscadas, pero moi efectivas. Isto,penso que o están a apreciar os televidentesque nos seguen cada semana. Con respectoao das caras coñecidas non estou moi dacor-do, non creo que sexa unha eiva, a priori. Nonoso elenco hai un pouco de todo. O ideal ébuscar un equilibrio entre a xente nova e a xen-te con máis experiencia. Pero vivimos nun paíspequeno e é habitual que un actor repita traba-llo en distintas producións.

-POR FIN EN GALICIA FALAMOS DOS TEMPOS DE

AGORA, NON? -Si, por fin. Alabo a proposta dos produto-

res e guionistas, e tamén a aposta da TVG por

O Nordés. Penso que unha gran parte da pobo-ación galega estaba demandando algo así. Aserie retrata con grandes doses de realismo aGalicia deste século, a Galicia da xente que vi-ve nas cidades e que necesitabamos recupe-rar para as audiencias da nosa televisión. Nondeixa de ser difícil porque, aínda que é unhaserie que lle pode gustar a todo tipo de público,está dirixida en gran parte a toda esa xente quefoi deixando de ver a Galega por diferentes mo-tivos. Por iso fago fincapé na aposta dos pro-dutores.

-UNHA CONFESIÓN: CONSEGUE MATEO RÚA

ACHEGARSE AO CORAZÓN DA REDACTORA XEFA?-Hahaha! Esa é a grande incógnita. Como

sabedes, eles dous foron parella hai moitosanos, antes de marchar Mateo de reporteiropolo mundo adiante. Agora que Mateo volveu,parece que rexurde a atracción de novo. Pe-ro... Eva está comprometida e... non podo dicirnada máis (xa sabedes, téñoo prohibido). Oque si está claro é que hai aí un tensión sexualnon resolta. Se queredes saber máis, hai quever, polo menos, os trece capítulos da primeiratempada. Os martes á noite na TVG.

-VOLTAA TELE PERO TAMÉN ANDA ÁS VOLTAS COA

OBRA GLASS CITY. NON É DIFÍCIL CAMBIAR DE XÉNE-RO EN TAN POUCO TEMPO OU INCLUSO COMPATIBILI-ZAR?

-Isto de compatibilizar é unha das partesimportante do noso traballo. Hai que estar pre-parado. Xa sabedes que no noso oficio ou véntodo xunto ou botas meses sen traballar, asíque cando che ofrecen varias cousas hai quefacer por amañar, se non...é complicado vivirdeste choio. Non é difícil cambiar de xénero.Somos actores e actrices, e debemos coñeceras claves de cada medio. É a nosa obriga. Nonsomos actores de televisión, de teatro ou de ci-ne. Somos actores.

‘Non somos actores detelevisión, de teatro ou decine. Somos actores’

Foto: Sue Rainblow

outubro09

7

Pérez Lasa é o protagonista deste documental de Canal+no que se pretende amosar o fútbol desde un punto devista pouco frecuentado: o de o árbitro. Se o obxectivoera achegarse ao lado humano dos colexiados e conse-

guir que os espectadores empatizasen con este colectivo tan des-prezado, lograron todo o contrario. Despois de escoitar os comen-tarios que fai entre si o equipo arbitral e os diálogos que manteñencos futbolistas, un fica perplexo ante o seu absurdo autoritarismo eponse de parte dos xogadores.

Tamén resulta sorprendente que este sistema de audio aíndanon se incorporase ás retransmisións deportivas, que gañarían eninterese con este recurso propio dun reality. Por outra banda, unten a certeza de que a figura do árbitro quedou obsoleta e deberíasaír do campo para empregar a tecnoloxía que existe. Moitos ne-nos queren ser futbolista, pero ningún quere ser árbitro. Despoisde ver este documental, pode que algún pai decida reorientar a ca-

rreira do seu fillo. O motivo? Non hai tanta competencia, continúanen activo até os 40 anos e poden gañar 96.000 euros por tempada.

*Jacobo Paz é guionista

4:3 jacobo_paz *

O Á

RBIT

RO, A

LGUÉ

NA

QUE

NIN

SULT

ARqueres darte a coñecer? [email protected]

David Otero, fotógrafo conespírito

de bluesman-EXISTE UN FÍO CONDUTOR NA TÚA OBRA,QUE SE FORMALIZA DE MANEIRAS VARIADAS: FO-TOGRAFÍA, MÚSICA, VÍDEO-CREACIÓN...

-Creo firmemente que sempre hai un fíoque liga todo o que un fai, aínda que ás ve-ces non sexa dun modo evidente. E o fíocondutor para min é o blues, entendido co-mo un determinado modo de estar no mun-do. Considérome un “bluesman” que vive noséculo XXI e na Galiza.

-COMO PLANTEXA-LAS TÚAS FOTOGRAFÍAS,SEGUES ALGÚN MÉTODO OU TÉCNICA?

-O meu modo de traballar é totalmenteintuitivo, nese sentido non sei moi ben ondevou chegar, nin o que me vou a atopar, nincal será o seguinte paso que me toque dar,pero si sei si vou polo camiño que quero irou non. Hai veces que quero fotografar algoou a alguén e despois de mirar, acabo des-cartándoo para centrarme nun detalle quepara min transmite máis que o conxunto.Aprender a facer fotografías é fácil, o difícilé aprender a mirar. As imaxes, ante todo,deben aguantar e facer pensar ao que asve.

-DETÉCTASE NAS TÚAS FOTOS CERTAS DO-SES DE SURREALISMO...

-Si, por que non, o que me interesa é es-ta liberdade de viaxe, de cambio, de transi-ción entre dúas figuras distantes entre si.Tamén entre unha forma e outra, ou entre afigura e a abstracción, ou entre o real e oimaxinario.

-AO FALAR DO REAL E O IMAXINARIO, PODERÍ-AS FACER UNHA REFLEXIÓN SOBRE COMO USAS

ESTES ELEMENTOS NO TEU TRABALLO?

-É un xogo de espellos. O espello reflic-te a realidade nun principio. Pero si facemoscomo Alicia no país das marabillas ímonosalén do espello, é dicir, á realidade “trans-formada”, a realidade dos soños, que é ásúa vez unha total e libre interpretación donoso subconsciente. Os espellos servenpara descompor o tempo e o espazo nunhaviaxe ligada á procura do esencial, á rela-ción co exterior e a construción do “eu” inter-no a través das experiencias vividas. Todo oque, en definitiva, axúdanos a sentirnos li-bres.

-XA POR ÚLTIMO, EN QUE PROXECTO ESTÁS

METIDO AGORA?-Estou afeito traballar ao estilo multitas-

king, é dicir, levar a cabo varios proxectos ávez. Acabo de facer unha serie fotográficatitulada Untermenschen (sub-humanos),coa que quixen facer unha homenaxe a to-das esas persoas consideradas inferiorespolos nazis. Retratei xitanos, eslavos, en-fermos mentais, persoas en situación de ex-clusión social, yonkis, etc. O binomio da co-rrupción e o poder político conduce usual-mente ao exterminio dos débiles. Agora em-pezo cunha serie fotográfica dedicada aofeminino. É un experimento no que utilizomodelos non profesionais para tratar demostrar, indirectamente, a realidade femini-na na nosa época.Non me interesa aquiloque entendo acerca da muller, senón aquiloque non entendo. Por iso coa fotografía ten-to tirar algunha luz sobre iso. Por se alguenquere colaborar, o meu correo electrónico é:[email protected]

8outubro09

kalai

kia@

apen

eira.

com

986.

660.

986

ww

w.a

pene

ira.co

m Di

recc

ión: G

uiller

mo R

odríg

uez

Coor

dinad

or: D

iego G

irálde

z De

seño

: Man

rique

Fern

ánde

z

DP: V

G 12

53-2

008

ISSN

: 188

9-46

4X

Eduardo Valiña (O Páramo, Lugo) conví-danos a adentrarnos nunha serie de re-flexións sobre o tempo e a terra, que ta-mizadas pola idea da morte constrúe un

discurso sobre a decadencia da identidade cultu-ral e a desaparición da cultura rural. Trátase dun-ha proposta multidisplinar na que se combinanobras con luz, son, fotografía, video-instalación,instalación, propostas obxectuais, etcétera.

Unha peza de neón, Long night of Stone, un-ha alusión a Celso Emilio Ferreiro, inaugura a po-ética expositiva de Valiña. A través dunha galeríade fotografías preséntanse elementos relativos áexecución da obra no seu sitio real, natural, cons-tituíndo a evocación, a prolongación e unha postaen perspectiva á vez estética e crítica: un procesotanto físico como mental que se sucede duranteun longo período de tempo co obxectivo de ex-traer do seu medio unha grande árbore que apa-

rece morta e fumeante no espazo expositivo.Outra peza de neón Fucking Land Art, un xes-

to irreverente cara ao sistema da arte, alumea eenvolve a árbore cun halo místico, desolador epérfido. O ideario cristaliza na vídeo instalaciónComando itinerante, nunha contraposición dia-léctica, metódica e caótica a través da xénese dunacto violento e represivo que se apodera do es-pectador, evidenciando o carácter perverso do re-curso da mobilidade e o espazo que ven anuncia-do pola conxestión espacial que o fume, a inquie-tante luz e o cadáver monumental da árbore pro-ducen ao tomar posesión do núcleo que articula aexposición: o cemiterio da cultura e a identidade.

EDUARDO VALIÑA

O ESPECTÁCULO DA PERIFERIA 2. CASA DA PARRA, COMPOSTELA.OUTUBRO - NOVEMBRO 2009.

+info

fabián_ben

O espectáculo daperiferia 2

eduardo_valiña