kalaikia 31

8
31 abril´09 A fundación Luís Seoane lembra as imaxes rotas de Alberto Datas Os zombis de Amando de Osorio e o cine galego de “Serie B” Le Punk presenta o seu novo disco no noso Confesonario particular Alfonso da Silva López, nas diversas caras dun poliedro Roberto Valerio descobrenos o son do galpón en terra de ninguén C onfesonario K olectivo Arte llando 07 06 08 03 04

Upload: a-peneira-xornal

Post on 30-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Magazine cultural galego

TRANSCRIPT

Page 1: Kalaikia 31

31 abril´09

A fundación LuísSeoane lembra asimaxes rotas deAlberto Datas

Os zombis deAmando de Osorio e

o cine galego de“Serie B”

Le Punk presenta oseu novo disco nonoso Confesonario

particular

Alfonso da SilvaLópez,

nas diversas carasdun poliedro

Roberto Valeriodescobrenos o son

do galpón en terra deninguén

C o n f e s o n a r i o K o l e c t i v o A r t e l l a n d o0706 0803 04

Page 2: Kalaikia 31

abril09

2

VV.AA._Gallaecian Metal CompilationII_Silent Tree

Segunda entrega dunha iniciativa que xa deu moito que fa-lar dous anos atrás, que nos presenta unha compilación do me-tal máis duro ao oeste do Padornelo. Pero o proxecto inicial mu-dou de maneira contundente dende o seu deseño inicial. Se noano 2007 presentaron un CD doble con 27 bandas galegas, oque agora presentan é un CD audio sinxelo (80 minutos de du-ración) que virá acompañado pola publicación da revista de bal-de Gallaecian Metal Compilation Magazine.

Apartires de agora, a intención do colectivo é a de editar undisco de características similares segundo vaian chegando no-vas propostas das bandas galegas como para encher o CD, po-lo que o prazo de inscrición xa está aberto para todos os intere-sados. En calquera momento podemos anunciar a entrega daterceira edición deste compilatorio.

Alberte Momán_A crise irredutible_Lulu.comAlberte Momán deleitounos nos primeiros pasos de Kalai-

kia coa publicación por entregas da súa novela O efecto iguana.Agora contraataca de novo cun traballo orixinal, desta volta enverso, unha coleción de poemas que el mesmo presenta nacontracapa con estas palabras: “Pertenzo ás fronteiras do me-do á crise eterna irredutible, pertenzo e pertencemos nós a unpaís sen estela propia cincento e inseguro, aplacado polo des-exo asumido de ser como a xente”.

Apesares do que nos presenta a actualidade informativa, acrise da que fala Alberte Momán partindo da premisa descritanon ten nada que ver con bancos nin baixadas ou subidas dabolsa nin dos tipos de interese, senón que vai moito máis lonxepara debullar un discurso arredor daqueloutra crise que nos de-fine como individuos integrantes do común da sociedade. Den-de unha prespectiva subxectiva, Momán cántanos as corenta ásúa maneira e pregúntase cal é o prantexamento ao que nosaferramos.

Linko_David Valero / XoséZapata_Longametraxe

Por vez primeira en España preséntasenos unha pelí-cula de longa duración na que se misturan personaxes re-ais con fondos e animacións dixitais, ao estilo de cintas deéxito como 300 ou Beowulf,. E tiña que vir a novidade, co-mo non, dende Galicia, con cartos aportados pola Conse-llería de Cultura e tamén polo Ministerio de Educación.

David Valero e Xosé Zapata asinan unha cinta conguión de Rafael Calvo, ambientada nun futuro apocalípticologo da destrución da civilización por mor das guerras. Noaeroporto abandonado dunha cidade remota, Kurt e mailoseu fillo pequeno fan unha vida aillada, xa que só o abaste-cedor aéreo, Rocka, coñece a súa existencia. Ou así eraata que un día chega ao lugar un pirata violento que se faichamar Linko, que anda na procura de algo que Kurt garda,ao mellor sen sabelo.

Más información en www.linkothemovie.com.

Vigo_PontevedraRepresentación de A cea dos xenerais, de José Luis Alonso de Santos. ConSancho Gracia, Juanjo Cucalón, Ana Goya. Dirección de Miguel Narros.10 de maio ás 20.30 horasCentro Cultural Caixanova.

Compostela_ A CoruñaExposición Portas de luz sobre ás manifestacións das artes plásticas e deoutras artes na Galicia dos anos setenta. Ata o 3 de maio.Centro Galego de Arte Contemporánea.

LugoFestival de Música Cidade de Lugo. XXXVII Semana do CorpusDo 24 de abril ao 1 de xuño.Consultar programación para ver datas, horarios e lugares (www.lugo.es)

A CoruñaExposición de pintura Antes de onte e pasado mañá, ou o que pode ser pin-tura hoxe.Ata setembro.Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa (MACUF)

Vigo_PontevedraExposición Manuel Eirís. Rúa Palma, nº 9, 2ºAta o 21 de xuño.Museo de Arte Contemporánea (MARCO).

PontevedraRepresentación de Giseliña, a cargo do Centro Coreográfico Galego, dirixi-da por Cisco Aznar.24 de abril ás 21:00 horas.Pazo da Cultura.

OurenseExposición Virxilio, Vicente e Antón Risco, retallos dunha amizade.Ata o 3 de maio.Museo Municipal.

Vigo_PontevedraConcerto de Niños Mutantes e Monoral23 de abril ás 22:00 horas.Mondo Music Club.

Compostela_ A CoruñaConcerto da Orquestra de Cámara Galega De Haendel a Groba. Director-concertino: Rogelio Groba Otero.25 de abril ás 20:30 horas.Espazo Arteria. Sede da SGAE.

A Coruña / Vigo_PontevedraXIV Ciclo de Jazz.Do 18 de abril ao 21 de maio. Consultar programación e horarios de actua-ción (www.fbarrie.org)Pazo da Ópera (A Coruña) e Teatro Salesianos (Vigo).

Page 3: Kalaikia 31

As imaxes rotas deAlberto Datas

abril09

3

Opasado 11 de decembro de2007 facelía o pintor AlbertoDatas en Madrid, á idade de72 anos. Considerado coma

un dos artistas galegos máis importantesda segunda metade do século XX, a súaobra discorre paralela ás correntes artísti-cas máis destacadas da súa época, sen-do exemplo dun expresionismo abstractoherdeiro de creadores da talla de Kan-disnky, Jackson Pollock ou Dubuffet, dequen absorbeu un feísmo elaborado econsciente.

A exposición que presentan agora aFundación Luis Seoane e a Sociedad Es-tatal de Conmemoraciones Culturales,baixo a coordinación do Ministerio de Cul-tura, xestouse conxuntamente co artistacoruñés, co que a súa cidade natal pre-tendía saldar unha débeda prolongadaquizáis por demasiado tempo, un proxec-to interrumpido tristemente polo pasa-mento do pintor, que agora se troca enfonda homenaxe e recoñecemento á tra-xectoria dun creador imprescindible.

Nesta ocasión, a mostra que acolle aFundación Luis Seoane está formada porvintesete pinturas de gran formato nasque o artista recuperou a súa vertentemáis expresiva, reflexando deste xeito untestemuño decisivo e unha visión comple-ta da obra deste creador na derradeiraetapa da súa vida. Lenzos que, agás nal-gún caso puntual, xamais foran expostos.Asimesmo, a mostra inclúe unha escollados seus gravados e debuxos, onde o ar-tista amosa unha sorprendente sensuali-dade e unha gran frescura que non impi-den apreciar un dominio técnico extraor-dinario.

Conta asimesmo cun apartado docu-mental no que se recolle unha exhaustivaescolla de documentos sobre a traxecto-ria biográfica, académica e creativa do ar-tista, desde fotografías familiares a docu-mentos académicos, bibliografía desta-cada ou correspondencia persoal, todo is-to co obxectivo de ofrecer ao espectadorunha visión o máis fiel posible dun artistaque soubo facer do seu pulo creativo fun-damento da súa vida personal e profesio-nal a un tempo.

Quen é Datas?Alberto Datas naceu en ACoruña en 1935, e seben mantivo ao longo detoda a súa vida profun-

dos vínculoscon Gali-

cia, a súatraxecto-

ria pro-f e s i o -nal e

persoaldesenvolveu-

se fundamental-mente en Madrid, onde cursaría estu-dos na Escola de Belas Artes de SanFernando.

En 1961 obtén unha bolsa do Mi-nisterio de Asuntos Exteriores españole da Embaixada Italiana en Españapara estudiar a pintura mural co artistaitaliano Bruno Saetti en Venecia. Entre1965 e 1968, é pensionado da Acade-mia Española de Belas Artes en Roma.De volta a Madrid, compaxina a súaactividade artística coa docencia, pri-meiro na Academia de Belas Artes deSan Fernando e posteriormente na Fa-cultade de Belas Artes da Universida-de Complutense de Madrid.

A súa obra evolucionou desde apráctica figurativa ata a desapariciónde toda forma recoñecible dentro dun-ha abstracción consciente. Dentrodese proceso e desde que comeza aexpoñer en 1969, é posible distinguirunha vontade de estudo rigoroso narelación entre as profundidades do fei-to pictórico e a subxectividade creati-va. Deste xeito, as súas primeirasobras de carácter figurativo non pre-tendían ser reflexo estricto da realida-de, senon que tentaban, a través da re-presentación de obxectos cotiáns,acadar un coñecemento máis fondo domundo.

Tras un período no que consideraque xa tiña acadado ese primeiro ob-xectivo, a súa obra vai introducíndosepouco a pouco nunha abstracción po-boada polo que o pintor denomina“imaxes rotas”. É entón, a mediadosda década dos 70, cando a súa pinturase achega ao expresionismo abstrac-to, que xa non abandonará.

Nas súas obras é posible recoñe-cer a influencia de creadores coma Wi-llem de Kooning, Jackson Pollock ouArshile Gorky, ademáis da aparicióndun feísmo consciente que bebe deautores coma Dubuffet ou os artistasCoBRA. É importante suliñar a súaparticipación na exposición Atlántica,da que xurdiría o movemento renova-dor da plástica galega, se ben a inclu-sión de Datas na devandita mostra tivomáis un carácter de recoñecemento áinfluencia que a obra deste tiña sobreos artistas xóvenes galegos.

redacción

+infoAlberto Datas[1935-2007]

Fundación LuisSeoane

A CoruñaAté o 28 de xuño

Page 4: Kalaikia 31

Z om bis, vampiros, tumbas, castelos en ruinas, pobosmalditos, gritos na noite, sadismo… por unha banda, etamén elegantes planos secuencia, ritmo dos aconte-cementos e do relato en función da imaxe, efectos so-

noros, control absoluto da posta en escea, por la outra banda.Todos estes elementos misturados son ofrecidos pola

asombrosa obra cinematográfica de Armando de Ossorio (A

Coruña, 1918/1925¿? – Madrid, 2001), un director un tanto ol-

vidado no estado español, pero que na súa etapa de esplendor

nas décadas dos sesenta e setenta, asombraba pola calidade

das suas atmóferas e postas en escea en Alemaña e no merca-

do anglo-saxón. Practicante dun cine de xénero menosprezado pola crítica

máis ampulosa e divagante, Armando de Ossorio se definui es-

tilísticamente no cine de terror e misterio, máis aínda, a calida-

de do material que está nas máis de vinte películas que filmou,

sentaron as bases dunha política de producción e difusión que

desgraciadamente tivo poucas achegas de proveito no cine re-

alizado no estado español.Un cine de atmósfera que parte do máis sinxelo e acceso-

rio: relatos da tradición oral ou as lendas autóctonas de Gusta-

vo Adolfo Bécquer, para convertir en imaxes relatos cinguidos á

memoria colectiva. Así sucede na súa obra mestra, La noche

del terror ciego (1972), que concreta a variedade de rexistros

do director coruñés: inspiración en correntes cinematográficas

foráneas (a italiana de terror), que se ollaban con desprezo tan-

to pola cinematográfica oficial como pola de autor no estado es-

pañol, pero da que Ossorio sacaría moito proveito; e a amalga-

ma de rexistros visuais, sonoros e literarios, o que poderiamos

chamar, estética pulp. Outros cineastas que tamén están neste

termo medio da producción, alonxados da pura intelectualida-

de, máis tamén de liñas oficialistas, son Jesús Franco, ou Paul

Naschy; Ossorio comparte con eles os orzamentso reducidos,

o efectismo visual, a tendencia cara o cine de xénero (terror,

erótico, ou gore), e o talento por facer un cine directo e de meri-

diana comprensión para conformar un discurso propio e atraín-

te tanto para o espectador máis esixente coma para o que non

o é tanto. Partimos dos zombis e chegamos ata o relato visual, ele-

gante e diverso, que nos ofrece Armando de Ossorio. De moi

poucos cineastas do estado español se pode dicir hoxe en día,

que fomentaron cine de xénero participativo e que crea indus-

tria, misturado co entretemento e a inquietude que provocan as

súas películas.

abril09

4

seve_fernández_calaza

templarios en Galicia

FILMOGRAFÍA

Serpiente de mar, 1980

Pasión prohibida, 1980

Las alimañas, 1976

La endemoniada, 1975

La noche de las gaviotas, 1975

El buque maldito, 1974

Las garras de Lorelei, 1974

El ataque de los muertos sin ojos, 1973

Boda en Lagartera, 1973

Centro nacional de promoción profesio-

nal, 1973

La Noche de los Brujos, 1973

La noche del terror ciego, 1971

Malenka, 1969

Escuela de enfermeras, 1968

Arquitectura hacia el futuro, 1967

La niña del patio, 1967

Pasto de fieras, 1967

I tre del Colorado, 1966

La tumba del pistolero, 1964

Perseo y Medusa, 1963

La bandera negra, 1956

Page 5: Kalaikia 31

abril09

5

Aínda hai moita xente que asocia aos djs cos múlti-ples excesos que ofrece a noite. Púxenme por pri-meira vez ante un equipo -e ante un público- con 16anos, e a xente chamábanos picadiscos, posto que

os djs “picaban” techno e nós, só unha canción tras outra.Recoñezo sentir pánico ante todos eses botóns e luciñas

e non considerei xusto que fose tan complicado, ¡se debía sermarabilloso conseguir a canción perfecta no momento axeita-do! Nese sublime obxectivo centraba eu os meus esforzos,deixando o asunto dos ameazantes botóns para os verdadei-ros djs, que picaban techno.

Pronto vin que non era tan fácil contentar a todo o mundopero ao mesmo tempo descubrín algo marabilloso: que resul-taba posible dominar as sensacións que flotan no ambiente através da música. E iso fascinoume e pensei que debía serese o verdadeiro poder dun dj.

A finais dos 90 en Galicia recoñezo que a xente aínda nonnos tomaba demasiado en serio, e era a xente máis nova sor-prendentemente a que tiña a imaxe máis prexudicial de nós eo noso traballo, pois para eles eramos moito máis bébedos

que artistas. Pero de súpeto chegou ás nosas preciosas cos-tas a onda expansiva dalgunha explosión producida nalgúnoutro lugar onde se esgotaban as etiquetas para os distintosxéneros, como resultado dunha absoluta fusión de estilos mu-sicais.

Perdéronse os prexuízos e aqueles bares de rock (queeran moito máis que rock) achegáronse aos clubs (que eranmoito máis que techno) e desa mestura de ritmos, que si pre-cisa mestría, un puñado de djs saímos moi ben parados e axente descubriu que había djs nacionais e ata djs galegos quesacudían as pistas de antigos bares e dos novos, que se mul-tiplicaban a unha velocidade abraiante. Soan Primal Scream,que ás veces son os Rolling Stones e outras veces Under-world, e todos os seus seguidores. Franz Ferdinand, por su-posto. Grupos frescos, sen complexos, que conviven á perfec-ción cos clásicos.

A consecuencia diso en Galicia é unha oferta envexableque só necesita de maiores infraestruturas para estar ao nivelde Madrid ou Barcelona. Magníficos djs galegos picando fóradas nosas fronteiras: Iván Dj, Onurb_Zaq, Lagartija, Eme Dj...Retorcendo os botóns, rodeados de luciñas que agora pare-cen submisas. Mentres todos, todos bailan.

sergio_lagartija

Mentrestodosbailan...

Page 6: Kalaikia 31

abril09

6

Os motivos da traizón resumen a his-toria do mundo, igual que un dia-mante resume a historia dunha

montaña de carbón. Brandon P. Fogerty,un escocés que buscaba ouro nas Rocosas amedidados do XIX, foi un traidor. Trasabandoar ao seu irmán e dalo por morto,Fogerty fíxose inmensamente rico e aíndahoxe da nome a unha praza en Helena, acapital do estado de Montana. Anos máistarde, Fogerty financiaría as industrias deP.H. Singleton e en 1909 era o terceiro ac-cionista da empresa Coca Cola Inc. No Na-dal dese ano, Fogerty recibiu unha visitainesperada, a do seu irmán Stephen, o

morto. Fogerty non quixo falar con el nin soli-

citarlle perdón. Preferiu quitarse a vidacon arsénico e cocaína. Un suicidio por re-mordimiento.

A transición entre os motivos animaisda traizón e a angustia humana da culpa éá evolución máis sofisticada e fermosa queningún home pode transitar. En calquerabiografía debería haber unha traizón, un-ha pesadumbre e un luminoso suicidio re-dentor. Pero hai que empezar pola traizón.Así que veña, a divertirse.

*Andrés Mahía é guionista

mentiras andrés_mahía*

OS

MO

TIVO

SDA

TRAI

ZÓN

Le Punk / POR X. RAMÓN COUÑAGO

Le Punk vén de cumprir dez anos devida no mundo do rocanrol. E paracelebralo, editan un novo álbum cheode cancións de arrabal, de espíritotabernario, de trincheira e pegadaprofunda. Mátame, que así se titula, é anova aportación dunha das bandas máisinclasificables do panorama actual.

- FIXÉSTEDES COUSAS CON XENTE COMO

PEREZA OU BUNBURY, SON ESPELLOS NOS QUE

VOS MIRADES? CALES SON AS VOSAS INFLUEN-ZAS?

- As nosas influenzas… nos semprefomos un grupo bastante influenciable ne-se sentido… somos xente que escoitamoita música… asimilámola interiormen-te e logo cando te pos a crear saen as cou-sas case de xeito inconsciente pero sabeso que che gustou e sae a selección. Asíque non buscamos influenzas concretas.Agardamos que as cousas surxan, que acanción surxa e logo vemos. Vamos ab-sorvendo cousas, preñámonos de cousase logo cando te enfrontas a un tema, a fa-cer unha canción ou un disco comezan asaír cousas ás veces das que non eres

moi conscientepero que lo-

go, nunhasegunda

fase, do traballo xa recurres a recursospropios. Eu persoalmente penso que sóhai dous tipos de música: a boa e a mala,a que está ben feita e a que está mal feita,independentemente do estilo musical ede todas estas cousas…

- COMÉNTASE QUE SODES UN GRUPO DIFÍ-CIL DE ETIQUETAR EN CANTO AO VOSO ESTILO

COMO VOS DEFINIRÍADES?- Nos definímonos como un grupo de

rock pero para facer arreglos recurrimos atécnicas diversas. Cando fixemos o gruporealmente comezamos a tontear porquetodos tiñamos os nosos grupo de rock,máis normais, máis ao uso. MontamosLePunk para achegarnos ao tango, á mú-sica balcánica, ao cabaret e a cousasasí… por unha

cuestión deenre-

dar para aprender. Iso tense quedado noespíritu do grupo. Logo os membros deLePunk deixamos o resto das cousas eadicámonos en exclusiva a este proxectoe ese espíritu quedouse con nós. Consi-derámonos un grupo de rock porque so-mos xente que aprendeu a escoitar músi-ca a partir do rocanrol e aprendemos a to-car co rock. O que pasa é que agora recu-rrimos a un tipo de sónicas que fan que ascancións sexan máis ricas. Eu creo que oque se chama fusión é máis unha actitu-de. Os músicos que se definen a sí mes-mos como fusión teñen unha determinadaactitude cara á música e os ritmos. Nós,se acaso, o quefacemos ém e z c l a restilos.

- OV O S O

NOME DE LE PUNK DESPISTA UN POUCO Á XEN-TE, PORQUE O ESCOLLESTES?

- Escollémolo porque queda curioso oartigo en francés que soa suave coa ter-minación punk. Ao principio si que eracontrovertido… pero levamos casi dezanos e agora a xente xa está acostumadae o nome xoga ao noso favor. É un nomegraciosiño nese sentido.

- SODES UN GRUPO CON CONSTANTES SAÍ-DAS E ENTRADAS DE XENTE NA FORMACIÓN,COMO LEVADES ISTO?

- Temos sido sempre seis ou setecompoñentes é normal que haxa saída eentrada de músicos porque as xiras den-tro dunha banda de tantas persoas sonsempre delicadas e tampouco hai diñeirosuficiente como para que a xente apostepor un traballo de xeito definitivo. O quesucedeu foi que entre o primeiro e o se-gundo traballo tivemos dous trocos e en-tre o segundo e o terceiro outros dous. Enambos discos saímos reforzados a nivelpersoal os que nos quedamos, os tres queestabamos dende o principio que somosDani O patillas, no baixo, Joe, na guitarra,e Alfredo que son eu. Ademáis destesmúsicos temos contado con outra xentepara sacar este disco na sección de ven-to, no piano. Así dámoslle ao traballo ou-tro punto de vista. Vistes máis os temas,prepáralos. Cando preparas un disco encerto xeito cristalizas, sacas unha foto-grafía do momento no que estás entón es-tas son cousas que nos temas se reflicten.

‘Hai dous tipos de música a boae a mala, independentemente

do estilo musical’

Page 7: Kalaikia 31

abril09

7

Como espectador desta miniserie de Antena3, un ten amesma sensación que diante dos informativos de Tele-cinco: parece pensada para sacar ao reacionario que to-

dos levamos dentro. O habitual é que o público se identifiqueco protagonista para que sufra como propios os seus padece-mentos. Neste caso, sucede todo o contrario.

Cando vemos a actitude do personaxe principal, un adoles-cente internado nun centro especial para a súa reeducación,comprendemos que é un caso perdido, que a súa rehabilitaciónvai ser un fracaso porque sen arrepentimento non hai reden-ción posíbel. Entón poñémonos do lado dos carcereiros, peroson tan lerdos que tampouco podemos sentir empatía por eles.

De modo que nin vítimas nin verdugos cumpren o seu papelcon eficacia e un comeza a pensar que a idea que subxace bai-xo este proxecto é culpar á sociedade, que infunde valores am-biguos a través da asignatura de Educación para a Cidadanía, e

aos pais, que non fan da familia o refuxio espiritual da tradi-ción católica. Así que rezade: a xuventude está perdida.

*Jacobo Paz é guionista

4:3 jacobo_paz *

ELCA

STIG

ODI

SCIP

LINA

CAÑÍ

queres darte a coñecer? [email protected]

Logo de varios Kolectivos nos que diversos gru-pos musicais quixeron darse a coñecer, destavolta tócalle o turno ao artista redondelán Al-fonso da Silva López. Un artista poliédrico e

imaxinativo.Da Silva, foi alumno do pintor redondelán Suso

Ben co que comezou a súa formación artística. Licen-ciouse en Belas Artes no ano 2003 na especialidadede pintura.

Ten feito diversas exposicións tanto individuaiscomo colectivas da súa obra pictórica, onde tratatemas coma o paso do tempo, nos seus retratosfeitos en grafito ou óleo que somete ás inclemen-cias meteorolóxicas deixando as marcas sobre aobra, ou nas obras feitas sobre materiais recicla-dos, coma sábas ou papeis usados.

O tema da morte e o sufrimento en re-lación có erotismo tratouno nunha seriede óleos nos que vese influenciado polaépoca barroca e autores coma Caravag-gio e Ribera, representando corpos elaceracións cunha grande dose de dra-ma.

Nos seus últimos traballos reflexionasobre a psicoloxía do modelo, combinan-do o tratamento clásico da pintura con elementos pró-ximos ó collage, non abandoando nunca as súas obse-sións persoais.

Asímesmo ten feito varias colaboracións có artistaXoán Anleo na creación de varias pezas de videoarte,coma o vídeo introductorio na obra teatral "Os Homessó contan ata tres", da Factoría Teatro.

No tocante á súa laboura coma ilustrador, ten pu-blicados dóus libros: "a lenda da Coca de Redondela",de Xesús Cameselle Ben e o conto infantil "Marcelo o

Morcego", da edi-torial Galaxia e que se publica este mes-mo ano.

Asímesmo te feito varias colaboracións có artistaXoán Anleo na creación de varias pezas de videoarte,coma o vídeo introductorio na obra teatral "Os Homessó contan ata tres", da Factoría Teatro.

Para saber máis sobre Alfonso da Silva entra en:http://www.alfonsodasilva.es.

Alfonso da Silva López,nas diversas caras dun poliedro

Page 8: Kalaikia 31

8abril09

kalai

kia@

apen

eira.

com

986.

660.

986

ww

w.a

pene

ira.co

m Di

recc

ión: G

uiller

mo R

odríg

uez

Coor

dinad

or: D

iego G

irálde

z De

seño

: Man

rique

Fern

ánde

z

DP: V

G 12

53-2

008

ISSN

: 188

9-46

4X

som_do_galpóm

GRUPO: Som do GalpomTÍTULO: Em terra de ninguémEDITADO POR: FalcatrudadaGRAVADO EN: Casa de Tolos

Som do Galpom debuta no mundo discográfico cunha das pro-postas musicais máis persoais da escena galega actual. O tra-ballo recolle material completamente novo e temas rescatadosda súa maqueta do 2008 (Som do Galpom, A Regueifa Plata-

forma). A priori, pódese destacar a incorporación da contundencia da batería

ao estilo do grupo. Música-fusión que o quinteto autodenomina comofunki-reggae-rap pero que incluso sobrepasa a complexidade desta eti-queta grazas ao son do violino. Toda unha base musical que serve de pla-taforma para o movemento, a reivindicación e o sentimento que caracte-rizan as letras do Som do Galpom.

O novo material rexistrado está capitaneado polo primeiro single dodisco, Quedamos nesa praza, que xa se comeza a escoitar polas radiosdo país. Fantasmas é outro adianto que exemplifica a riqueza temáticaque contén o disco, tanto na música como nas letras: unha volta aos me-dos infantís que se desprenden das lendas mil veces escoitadas polo ru-ral galego.

Lonxe de repetir o pasado inmediato, os temas máis vellos da bandason revisións que dan como resultado pezas incluso moi diferentes ásorixinais. Serva como exemplo disto a nova versión de A rosa do desertoou os arranxos de Na cama, unha das cancións máis coreadas do 2008.

Sen dúbida, Em terra de ninguém é unha das principais referenciasdiscográficas para este 2009.

Som doGalpómviaxan a terra de ninguén

roberto_valerio