kalaikia 32

8
32 maio´09 Ramón Viéitez abre unha fiestra á nova arquitectura galega Russian Red desvélanos as súas inquedanzas Patasdepeixe, preséntanos a un neno devorador de libros Ana Pérez Cerviño, ou como facer arte tuneando ideas Susana Cendán viaxa a Londres para presentar a faciana fashion de Chalayan C onfesonario K olectivo critic Arte 07 06 08 03 04 janite, by Sergio Lagartija

Upload: a-peneira-xornal

Post on 05-Mar-2016

224 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Magazine cultural galego

TRANSCRIPT

Page 1: Kalaikia 32

32 maio´09

Ramón Viéitez abreunha fiestra á novaarquitectura galega

Russian Reddesvélanos

as súasinquedanzas

Patasdepeixe,preséntanos a unneno devorador

de libros

Ana Pérez Cerviño,ou como facer arte

tuneando ideas

Susana Cendánviaxa a Londres parapresentar a faciana

fashion de Chalayan

C o n f e s o n a r i o K o l e c t i v o c r i t i c A r t e0706 0803 04

janite,by Sergio Lagartija

Page 2: Kalaikia 32

maio

092

Fanny + Alexander_Alfaias_A RegueifaVolven os composteláns Fanny + Alexander co seu tercei-

ro disco, Alfaias, de novo editado baixo licenza Copyleft tantoen formato físico a traves de ARegueifa Discos coma en forma-to mp3 no netlabel ARegueifa Plataforma. Ao longo de once no-vos temas o duo percorre as distintas aristas do pop contempo-ráneo, indo dende o pop electrónico de temas coma Setecen-tos e Espida de credo até o pop acústico e canónico de músicascoma Tardes de domingo e Na febre dos incendios, sen renun-ciar nunca á atitude experimentadora e permanente vontadede penetrar en estilos aínda inéditos en língua galega, coa fir-me vocación de levar o pop galego aos sons do século XXI.

Continuando coa liña dos traballos anteriores, as letras dostemas son adapatacións de textos de autores galegos da súaxeración, contando ademais coa colaboración das voces deCarlos Valcárcel, de Projecto Mourente; Martin Wu, de The Ho-mens; Alex Charlón, de Ataque Escampe; e o hammond de Ba-nin, de Los Planetas.

Alberto Lema_Sidecar_GalaxiaAlberto Lema presenta en Sidecar dous relatos de corte

erótico nun volume no que as palabras pronunciadas (ou non)polo desexo e polos corpos lle van dando forma definida. Pau-sas, fracasos, cimas e perdas son algúns dos lugares onde olector poderá atopar os protagonistas destas historias. E aíndalle queda tempo ao autor para deixarnos tamén o seu testemu-ño do real en forma de conflito laboral, nota sobre a emigración,ou mesmo un breve ensaio sobre a imposición do ideal amoro-so.

Remiso á hora de pretender referentes, apúntanos, pregui-ceiro, o Banquete de Platón “pola paixón polo viño, a carne e aconversa” e o cine de Fellini “cando se pon giallo”. Cando tenque deixarnos un enderezo xenérico escolle “porno existencial,por dicir algo”.

Nunc et in hora_FranciscoBrives_Longametraxe

Toda unha longametraxe sen diálogos de ningún tipo?Pois si. Francisco Brives, recoñecido poeta, presenta enNunc et in hora (“No momento oportuno”) unha aposta tanrotunda como experimental. Inspirada polo neosimbolis-mo, nesta cinta trátanse tratan temas que parten do indivi-dual transcendendo cara ao universal “na procura dun re-trato que conduce á batalla da alma”, en verbas do propioBrives.

Protagonizada por Eva Barceló, Luisa Aguado e AlvarZarco, procedentes do teatro, foi rodada en Galicia, Ma-drid e Castela e presenta “unha sinfonía de luces, paisaxese sons que transportan ao espectador á reflexión sobre oaquí e o agora do ser humano”. E volven ser verbas de Bri-ves.

Vigo_PontevedraRepresentación de Testosterona, a cargo da compañía Chévere.16 de maio ás 22.00 horasTeatro Ensalle.

A CoruñaConcerto de Tangazz Trío.23 de maio ás 23.00 horasPub Garufa.

Compostela_A CoruñaRepresentación de danza Menos 1 a cargo da compañía Pisando Ovos.29 de maio ás 21.30 horasSala Nasa.

OurenseConcerto para escolares dentro do ciclo de jazz clásico a cargo de The NewOrleans Blue Stompers.21 e 22 de maio.Auditorio Municipal.

LugoRepresentación de O médico a paos a cargo da compañía Pinchacarneiros,dentro da VII Mostra de Teatro Galego.18 de maio ás 20.30 horasAuditorio Gustavo Freire.

A CoruñaExposición de pintura A escola de La Haya. Obras mestras doRikjsmuseum.Até o 21 de xuño.Pazo de Exposicións e Congresos (PALEXCO).

Ferrol_A CoruñaRepresentación de Bailadela da morte ditosa, de Roberto Vidal Bolaño, acargo de Teatro de Ningures.5 de xuño ás 20.30 horasTeatro Jofre.

Vigo_PontevedraExposición Manuel Eirís. Rúa Palma, nº 9, 2º.Até o 21 de xuño.Museo de Arte Contemporánea-Espazo anexo (MARCO).

PontevedraExposición Alejandro de la Sota e o Pavillón Municipal do Deporte sobre aobra do arquitecto pontevedrés.Até o 14 de xuño.Pazo da Cultura.

Compostela_A CoruñaRepresentación de Evita, Eva Perón, a cargo da compañía Encena Produ-cións Artísticas.30 de maio ás 18.00 e ás 21.00 horas, e 31 de maio ás 18.00 horasSala Santart.

Page 3: Kalaikia 32

maio09

3

Hoxe en día tentar establecerse como arqui-tecto, tal e como está o panorama no sector da

construcción, parece unha loucura. ¿Cómo seguen aparecendo novasfirmas? Vexamos a continuación as claves:

USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS. A mediados dos anos noventa comezaa expansión masiva do uso do ordenador nos estudos de arquitectura e,

con el, chegan as novas ferramentas de debuxo e deseño. Hoxe en día aevolución segue cos medios de representación fotorrealísticos que per-miten chegar a resultados finais realmente creibles. Como exemplo déi-xovos o enlace ó blog do estudo enzimas: http://enzimasblog.word-press.com

DIFUSIÓN NO ENTORNO VIRTUAL. Os estudos de arquitectura tradicionais deron ascostas a publicidade e a difusión do seu traballo fora dos ámbitos especializados.Esta actitude alonxou os pensamentos dos profesionais da xente, erro que aíndalamentamos os que creemos que esta é unha profesión social. As novas xeracións

sen embargo están tratando de subsanar esta altanería coa difusión dosseus pensamentos e obra en blogs, páxinas webs ou redes sociais, con-seguindo así darse a coñecer como profesionais cun custo de difusiónque tende a gratuidade. Como exemplo o myspace de Joaquín Gutié-rrez, www.myspace.com/jgutierrezarq e aproveitando a ocasión a miñapropia páxina web www.ramonvieitezrodriguez.com

ASOCIACIONISMO E COLABORACIÓN. Nunca antes tantos arquitectos de-ciden asociarse para comezar a súa actividade profesional, son moitosos que deciden formar grupos de traballo chamados “obradoiros”, “aso-ciacións” ou “colectivos” que afrontan os comezos arroupándose uns aoutros nestes organismos complexos que son capaces de responder ósencargos con axilidade. Como exemplo a web de Ergosfera www.ergos-

fera.org ou a de CDG arquitectos www.cdgarquitectos.comMULTIPLICIDADE DE FACETAS PROFESIONAIS. Outra das vías para conse-

guir traballo é saírse das marxes tradicionais reservadas ós arquitec-tos. Na sociedadade actual demándanse cada vez máis elementos de

deseño e moitos son os estudos de arquitectura que exploran estesámbitos, ocupando un espazo aínda valeiro coa vantaxe de que a com-petencia é menor que nas tarefas relacionadas coa construcción tradi-cional. Así destaco o mobiliario urbano “Saxo” do xove estudo Onarqui-

tectos www.onarquitectos.com ou os traballosde deseño gráfico deDesescribir www.deses-cribir.com.

CONCURSOS. Os con-cursos seguen a ser unha dasformas máis exitosas de darsea coñecer no mundo da arqui-tectura. Nos últimos anos a pro-liferación deste tipo de eventosdeu lugar a unha cantidade in-xente de premios que están adisposición de todo o que quei-ra presentarse. Como exemploo último convocado polo Foroda Madeira de Galicia que arro-xou varios gañadores entre

eles Xulio Turnes Vieito un xove ar-quitecto santiagués.Aínda que a tarefa parece imposible,

son moitos os xoves que adican o seu esfor-zo a competir nesta área saturada e algúns in-

cluso sobreviven.

ramón_viéitez

Unha fiestra á novaarquitectura galega

Casa

Fer

nán

(Xul

io T

urne

s Vi

eito

).

Page 4: Kalaikia 32

maio

094

‘Para min,o importante époder tocar e

gozar facéndoo’–PARECE QUE ESTÁ ABRINDO CAMIÑO AO INDIE...–Eu non o diría así. Tivemos moita sorte, tocamos moito. E lo-

go veu o disco. Pero non me consideraría como un referente. –ADEMAIS DO VERMELLO DO PINTALABIOS, MANEXOU OUTROS NOMES? –Pois a verdade é que o nome xa o tiña un ano antes de gravar

o disco, entón xa non me prantexei outro.–NON LLE PARECE MÁIS MERITORIO GAÑARSE O RESPECTO COMO UN-

HA ARTISTA “SERIA” A TRAVÉS DA REDE; UN ESPAZO QUE PARECE ESTAR RE-SERVADO PARA XENTE MÁIS “INFORMAL”?

–A verdade é que non creo que sexa máis meritorio, porque in-ternet ofrece moitas vantaxes e agora é máis fácil darse a coñecer.

–PERO A OFERTA É MOITO MÁIS AMPLA. –Non o vira así. Como internet ofrece tanta información talvez

sexa máis difícil, pero nós tocamos moito. –EN MYSPACE A SÚA PÁXINA SUPERA XA O MILLÓN E MEDIO DE VISITAS.

É TODO UN LOGRO. –Si, a verdade é que é moitísimo. –SAÍU EN TODAS AS CABECERAS IMPORTANTES. QUE SENTE AO VER A

SÚA CARA NOS QUIOSCOS? –Eu non me fixo moito niso. Si que leo as entrevistas; pero a

quen máis ilusión lle fai é á miña nai. Para min o importante é podertocar e gozar facéndoo.

–O ÉXITO TAMÉN A LEVOU A PROTAGONIZAR A CAMPAÑA PUBLICITARIA

DUNHA MARCA DE ROUPA. IMAXINÁRASE ALGUNHA VEZ A SI MESMA COMO

MODELO? –Que va! Se son un tapón... –EN “I LOVE YOUR GLASSES” ATREVEUSE CON CINDY LAUPER. A QUEN

LLE GUSTARÍA VERSIONAR AGORA? –Faríame moita ilusión versionar a algúns autores pero non sei

se meterei algunha versión no próximo disco. Ao mellor algún díapodo facer un só de versións.

–TEN XA EN PROXECTO O PRÓXIMO ÁLBUM?

–O certo é que está moitas veces na miña cabe-za e xa teño algunha canción. A ver se empezamosa gravar a finais de ano.

–INCLUIRÁ EN PRÓXIMOS TRABALLOS AS

CANCIÓNS DA MAQUETA QUE A DEU A COÑE-CER?

–Non creo. Agora interésanmemáis os temas que foron xurdindo des-pois do disco e cos que me sento máisidentificada.

–NO SEU CASO O DIRECTO VEU ANTES

QUE A GRAVACIÓN. HAI ALGÚN TRAZO DA SÚA

VOZ EN CONCERTO QUE SEXA INCAPAZ DE PLAS-MAR EN ESTUDO?

–É que iso depende do son, a acústica...Son cuestións máis técnicas e eu non son aprofesional. Pero si que me gusta máis o sondo directo que o de estudo.

–CAL FOI ATAAGORA O SEU MELLOR PÚBLICO? –Pois a verdade é que lembro dous. O

concerto na sala Karma de Pontevedra,que estaba chea, e en Granada. Directosnos que o público estivo verdadeiramenteentregado. Lembro dun modo moi especialestas dúas ocasións.

–E CANDO TODA ESTA VORÁXINE SE CALME,TEN PREVISTO RETOMAR OS SEUS ESTUDOS DE

TRADUCIÓN?–O certo é que se volvese á universidade

sería para estudar outra cousa. Xa non me pro-poño dedicarme á tradución, así que volveríapara empezar outra cousa.

Avida e as historias de amor levan case sempre camiños diferen-tes. Mathew Emery, un entomólogo de Man-chester clasificou máis de nove mil espe-

cies de bolboretas en América do Sur. Foi aobra dunha vida. Cando embarcou en Liverpo-ol en 1893, Mathew deixou atrás á muller queamaba, unha virtuosa do piano chamada Ale-xandra Waston-Firnch. As súas paixóns erancontrapostas e inquebrantables, coma os tabo-leiros dunha cruz. No peirao, Mathew prome-teulle a Alexandra que volvería para vela tocardesde o palco central do Fennymore Theatre, ondeela soñaba con debutar. E mentres Mathew venera-ba a Darwin e descubría a heliofilia da OrnithopteraAlexandrae –así bautizada por el-, Alexandra chegou

a triunfar moitas veces no Fennymore. E sempre buscaba unha fenda deescuridade entre os focos para poder distinguir aos ocupantes do palco

central. Nunca sucedeu. Alexandra casou cun

director de orquestra francés e tivo con elcatro fillos. Gozou da familia, do éxito e

dunha vida tranquila que durou setenta ecatro anos. Pero naquelas olladas cara opalco central, sen esperanza, repetidas einevitables coma os eclipses, podíase ras-

trexar o brillo do único amor verdadeiro. Oque sempre está preñado de desexo. O inacaba-do.

*Andrés Mahía é guionista

mentiras andrés_mahía*

TRUE

LOVE

Lourdes Hernández (Russian Red) / POR CAROLINA PIÑEIRO

A Russian Red -alter ego deLourdes Hernández- o respectocomo artista lle chegou da man deMySpace e Youtube. Con “I loveyour glasses”, esta madrileña de23 anos colleita éxitos por ondepasa. Débelle o nome a unha corde pintalabios e participou nasbandas sonoras de Camiño e Elrey de la montaña.

Page 5: Kalaikia 32

maio09

5

As súas mans súan mentres me agarran con firmeza, sucede sem-pre así. Xusto antes de que o grupo saia, paréceme encantador queJanite chegue incluso a tremer, amosando unha debilidade que non secorresponde cos seus xa dez anos de experiencia. Dez anos ao seucarón, el e máis eu, quen mo ía dicir. Se cando nos vimos por vez pri-meira el parecía interesado en todas nós. Despois explicoume que éprecisamente a fascinación que sente cara a nós a que fixo que se con-vertise no fotógrafo que é agora.

Especializouse en concertos de rock e, malia que disfrute coma unneno fotografando figuras toscas que empuñan ameazadores instru-mentos, el é fotógrafo pola atración que nós exercemos sobre el. Flas-hes, obxectivos. Parece que xa sae a banda ao escenario.

A iluminación, da que Janite e máis eu estamos sempre tan pen-dentes, parece definirse, ao mesmo tempo que por tras nosa o ruxe-ru-xe disperso convírtese nunha onda de sonora excitación que sempreparece que nos vai engulir. Agárrame con forza, tremelecente, sendoesa incertidume a que o mantén alerta e fai que dea o mellor de si.

Sacará miles de fotos. Cando voltemos á casa tomará unha cerve-xa, prenderá un cigarro e pasará a noite en vela selecionando as súasfavoritas. É consciente de que os avances técnicos tamén teñen osseus inconvintes. “Antes sí que era un oficio”, acostuma a dicir con nos-talxia, malia que el non viviu esa época. Medir a luz, o revelado, o inevi-table feitizo de todos eses cachivaches que xa pasaron a mellor vida.Agora todo é más rápido e limpo, tes a ten-tación de esquecerte do momento,coma un soldado zoupón, edisparar por disparar.

Iggy canta Gimmeshelter, Janite pare-ce que baila, pe-ro en realidadestá a pi-q u e s

de atopar a posición axeitada para que eu poida captu-rar a alma desta noite, outra noite máis que comparti-mos xuntos.

Resístese a empregar o flash, “non fai falla”, di, esaca todo o partido ás luces do escenario, creandoimposibles contrastes das luces más tenues coas som-bras de máis peso, sen que haxa un punto de luz que escapeda súa visión. Iggy ataca No fun e Janite e máis eu atopamosmáis e máis intres cos que quedarnos, dos que el mesmo descar-tará a maioría, en contra da miña vontade. É consciente de que serfotógrafo é unha carreira de fondo. El é novo e os seus referentes sonsempre moito maiores, así que esíxese moito e segue a correr.

Iggy abandona o micrófono en I wanna be your dog. Janite apré-tame entre as súas mans e un dos seus longos dedos deslízase sen-sualmente ata que atopa o botón por enriba da miña cabeza, mentresque a iguana do rock camiña con suficiencia e dun chimpo sube aun dos amplis. Sígoo coa mirada e sei que agora janite vaichantar os seus pés no chan, consciente de que is-te, e non outro, é o momento da noite. Iggybaila sobre o amplificador, Janite emáis eu somos unha soa má-quina. Unha máquina per-fecta capaz de deter otempo ao grito de:¡agora!

sergio_lagartija

Janite,a máquina

perfecta

Page 6: Kalaikia 32

Oequipo de Patasdepeixe estáformado por persoas distintasen cada proxecto, porque ca-da libro require dunhas habili-

dades e uns talentos diferentes. En pala-bras de Laura Sáez, tradutora nesta oca-sión, “a editora é un organismo vivo quemuda segundo os proxectos nos que seinvolucra”.

O incrible neno devorador de librosde Oliver Jeffers é un libro dirixido a per-soas de 0 a 99 anos, porque “é un libromoi completo, as ilustracións son precio-sas, o texto é moi simpático”.

Desde Patasdepeixe “puxemos moi-ta ilusión, para facer un libro incrible, cunscartos que tiñamos, porque Patasdepei-xe está en contra do sistema de subven-cións, debemos ir adiante pola nosa via-bilidade económica, e polo tanto, e sendoconsecuentes, non sabemos se sacare-mos un segundo libro ou non”. Elixiron atradución porque é un sistema de incor-porar novidades ao galego, “se nos auto-alimentamos do que nós facemos dal-gunha forma estamos pechando un círcu-lo que na cultura non ten moito sentidoporque todo nace a través das mesturas edas influenzas e aínda que é moi impor-tante potenciar o noso, non hai que seregocéntricos e aprender dos demais, e atradución é unha porta ao que hai fóra”.

Que lles suxire a vostedes Patasde-peixe? Desde este novo proxecto querendeixar voar a imaxinación e, que esta leveata onde poda chegar.

maio

096 ana_belén_real

Patasdepeixeirrompe no

mercadoeditorial con

O incribleneno

devoradorde libros

Page 7: Kalaikia 32

maio09

7

Na película Bienvenido, Míster Marshall, os veciñosdunha vila de Castela modifican os seus hábitos etransforman as súas casas. Queren darlle un as-

pecto andaluz que se corresponda coa folclórica idea queos norteamericanos que os van visitar teñen de España. Édicir, deforman a realidade para axustarse aos precon-ceptos dos estranxeiros. Ao mirar o reality de Cuatro unten a sospeita de que asiste a unha representación, deque os indíxenas esfórzanse por facer o papel de ‘salva-xes’ o mellor posíbel.

Esta sospeita confírmase cando un descobre que esteformato xa foi emitido noutros países co nome de Ticketto the tribes e que as tribos seleccionadas para enviaraos occidentais foron as mesmas. De modo que os habi-tantes desas ‘remotas civilizacións’ xa están adestradosniso de aturar a concursantes.

Supoño que esta é unha evolución lóxica na explota-

ción deses pobos: primeiro foron masacrados, logo dis-criminados e agora, cando o planeta xa é un parque te-mático, empregados para o espectáculo. O peor é que re-sulta entretido.

*Jacobo Paz é guionista

4:3 jacobo_paz *

PERD

IDO

SEN

LATR

IBU,

CHO

QUE

DECI

VILI

ZACI

ÓNS

queres darte a coñecer? [email protected]

¿Quén?...Ana Pérez Cerviño (Vigo) é escritora, ilus-tradora e deseñadora gráfica.

¿Como empezou todo?...Comezou a súa andadura estudiando Artee aprendendo con todo tipo de mostraspictóricas. Pouco despois empezou a des-envolverse o seu interese polo mundo daliteratura. Asistiu a obradoiros literarios,empezando a escribir o seu primeiro poe-mario ao mesmo tempo que asistía a reci-tais poéticos e participaba dando clases deIniciación a poesía e Obradoiros literarios. Ultimamente o seu arte amplíase, abríndo-se camiño no mundo do Deseño Gráfico,as Artes gráficas e a Publicidade para in-vestigar en novos traballos e enriquecer-se.

¿Dando paso a...?...A fusión da litera-tura cós audiovi-suais, a poesíagráfica e visual,

ao net-art (arte dixital) e a súa configura-ción entre deseño e puro arte....

¿Motivacións?....Sobre todo, é unha búsqueda. Para en-contrar novos camiños e axudar a dinami-za-la cultura entre os mais xóvenes, pro-mover a literatura. Facer soñar e transpor-tar soños. Tamén unha necesidade, podercontar historias a través das palabras oudo arte. Poder expresar miles de senti-mentos e emocións tan só co poder da cre-atividade, o bo traballo e a ilusión.

¿Agora?....O meu desexo e seguir traballando e arga-llando ideas. Abrir novos camiños. Seguirinvestigando no Deseño, escribir, conti-nuar co meu proxecto dos audiovisuais, eintentar preparar novos obradoiros de po-esía visual e comuni-cación gráfica.Intentar remover oudesconcertar, aló me-nos, esta cultura locale seguir loitando ¡polafermosura da cultura eas nosas palabras!Porque ao fin e ao ca-bo ¿qué seríamos senarte neste mundo?....

Ana Pérez Cerviño,argallando e tuneando ideas

Page 8: Kalaikia 32

8maio

09ka

laikia

@ap

eneir

a.co

m 98

6.66

0.98

6 w

ww

.ape

neira

.com

Dire

cción

: Guil

lermo

Rod

rígue

z Co

ordin

ador

: Dieg

o Girá

ldez

Dese

ño: M

anriq

ue Fe

rnán

dez

DP: V

G 12

53-2

008

ISSN

: 188

9-46

4X

huss

ein_c

halay

an

susana_cendán

No outono de 2000 Hussein Chalayan (Ni-cosia, Chipre, 1970) presentou unha co-lección cuxa pegada non deixou de con-mocionarnos. After Words, concluía cun-

ha performance na que catro modelos visten as fun-das de tea que cubrían catro cadeiras, mentres queunha quinta acaba poñéndose unha mesa de listónsde madeira por monteira. E para rematar, os moblespregábanse converténdose en maletas que as mo-delos portaban suxerindo viaxes cara a rumbos in-certos. A colección completábase cuns deseños su-tís e refinados -o marabilloso traxe elaborado con su-perposicións de capas de tul azul- que, sen facer alu-sión ao traballo de ninguén, non perderon un ápiceda súa vixencia.

Nembargantes non todo é moda no universodeste creador xenial que sabe facer virtude da súacondición británico-mediterránea, e ao que tan axiñaatopamos editando un vídeo para as instituciónsmáis prestixiosas de Europa como preparando a súaparticipación para representar a Turquía na Bienalde Venecia (2005) ou formando parte dunha das co-leccións máis multidisciplinares deste país, a doMUSAC.

Chalayan cuestiona a través dos seus traballosde moda problemáticas tan controvertidas como ainmigración, a fe cega no progreso ou a neurose xe-rada ao redor do terrorismo internacional -imposiblede esquecer aquelas escenas televisivas de milesde americanos comprando mascarillas para prote-xerse dun posible ataque con armas químicas-. In-fundir o pánico de xeito maniqueo funciona, senónque llo digan a determinados políticos e medios decomunicación. Consciente diso, Chalayan crea unhapeza de vídeo, A presenza ausente -realizado para aBienal de Venecia de 2005-, na que mulleres non bri-tánicas doan roupa das que se extraen células para,unha vez examinada a súa secuencia de ADN, espe-cular como sería a súa aparencia física. O vídeo pro-tagonízao a actriz inglesa Tilda Swinton que, coa súapeculiar androxinia parece conquistar a alma de moi-tos deseñadores. Victor & Rolf dedicáronlle toda un-ha colección, aínda que as súas formulacións con-ceptuais son menos crípticas cás do creador chiprio-ta. Coinciden na procura de novas canles a travésdas que expresarse, en utilizar a moda como un me-dio para investigar conceptos que van alén do estri-tamente comercial. Aínda que, como me advertiu un-ha amiga, Chalayan nunca se riría contigo no sofá datúa casa revisando algún dos episodios de Sexo enNova York e Victor & Rolf sí. Unha boa razón para eli-xir, aínda que, polo momento, prefira non facelo.

+infoHussein Chalayan_

From Fashion and back_Design Museum. London_

Ata o 17 de maio_

Moda con contido