home | entreculturas - unidad bachillerato gallego · 2015. 5. 29. · la globalización: formas,...

12
por unha cidadanía para a solidariedade global Guía didáctica Mozos e Mozas móvete en Rede Organiza: Colabora: SUBVENCIONADO POLA PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA. SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Upload: others

Post on 15-Aug-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Home | Entreculturas - unidad bachillerato gallego · 2015. 5. 29. · La globalización: formas, consecuencias y desafíos. Fe e Alegría e Fundación Santa María, Caracas. 3 Manuela

por unha cidadanía para a solidariedade global

Guía didácticaMozos e Mozas

móvete en Rede

Organiza: Colabora:

SUBVENCIONADO POLA PRESIDENCIA DAXUNTA DE GALICIA. SECRETARÍA XERAL DE

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

unidad bachillerato gallego 3/10/07 11:46 Página 1

Page 2: Home | Entreculturas - unidad bachillerato gallego · 2015. 5. 29. · La globalización: formas, consecuencias y desafíos. Fe e Alegría e Fundación Santa María, Caracas. 3 Manuela

...2

1 Coordinadora de ONG de Desarrollo de España (2005). Educación para el desarrollo: una estrategia de cooperación imprescindible.2 Fe e Alegría (2003). La globalización: formas, consecuencias y desafíos. Fe e Alegría e Fundación Santa María, Caracas.3 Manuela Mesa e outros (2003). Educar para la ciudadanía y la participación: de lo local a lo global. CIP-FUHEN.

1. A educación para o desenvolvemento:Educando para unha Cidadanía Solidaria

´´

O desafío de educar nun mundo globalizado

O mundo cambiou de xeito extraordinario e rápido no último medio século. Hoxe por hoxe, no mesmo día a día, consta-tamos que vivimos nun mundo globalizado. Desde a comunidade educativa ampla, formada por pais, nais, profesionaisda educación, mozos, ONG, sindicatos..., poderiamos reflexionar: que supón este feito de cara á formación das novas xeracións?

O espazo de referencia no que nos movemos ampliouse dun xeito sen precedentes na historia, ao se reduciren as distanciasespazo-temporais e configurarse a denominada aldea global. Con iso, as decisións e os asuntos que nos afectan transcen-den en moitas ocasións o límite do Estado-Nación que define o estatus de cidadanía.

Neste sentido todos e todas as habitantes do planeta compartimos presente e futuro, e conformamos unha comunidadeque tamén supera estas fronteiras. De aí a necesidade da noción de “cidadanía global”, que abre a porta á pertenza ásdistintas comunidades que nos afectan de maneira significativa (Mesa, M. 2003)3.

A formación sobre as virtudes cívicas, sobre os valores democráticos e a pertenza a unha comunidade, terían que ter enconta esta dimensión global da cidadanía.

Polo tanto, o fenómeno da globalización preséntanos un desafío: promover o desenvolvemento de cidadáns e cidadásresponsables que actúen consecuentemente cuns valores centrados na solidariedade e a xustiza social; a diversidadecultural, a inclusión, o respecto ao medio natural e a convivencia participativa e pacífica, tanto no local coma no global.

Hoxe a cidadanía responsable e activa implica ser cidadáns e cidadás do mundo.

{“Os nosos nenos, nenas, a nosa mocidade, xa non se poden educar tendo como referenciaexclusiva a súa vila ou cidade, a súa comunidade autónoma e nin sequera o seu propio país.Deben educarse recoñecendo un mundo cada vez máis interdependente a nivel global e valorandoo arrequecemento que supón a apertura a culturas ou realidades diferentes”. CONGDE (2005)1

Coa educación trátase de formar homes e mulleres que sexan capaces de vivir en plenitude e condignidade, asumindo responsablemente a súa condición cidadá. Fe e Alegría (2003)2

unidad bachillerato gallego 3/10/07 11:46 Página 2

Page 3: Home | Entreculturas - unidad bachillerato gallego · 2015. 5. 29. · La globalización: formas, consecuencias y desafíos. Fe e Alegría e Fundación Santa María, Caracas. 3 Manuela

4 Coordinadora de ONG de Desarrollo de España (2005). Educación para el desarrollo: una estrategia de cooperación imprescindible.5 Para máis información sobre as propostas educativas de Entreculturas consultar www.entreculturas.org6 Pérez Esclarín, A. La educación popular y su pedagogía. Federación Internacional Fe e Alegría e Fundación Santa María. Caracas,2003.

...3

Apostamos por aqueles proxectos que contribúan a xerar comunidades solidarias, (…) por aquelas accións queimpulsen cambios estruturais de orde social e política e sexan capaces de crear unha sociedade baseada nacorresponsabilidade, a xustiza e a igualdade.Documento de identidade de Entreculturas

A educación para o desenvolvemento (ED) é un proceso de aprendizaxe activa, baseado nos valores de solidariedade,igualdade, inclusión e cooperación, que fomenta a formación de persoas activas, críticas, solidarias e comprometidas coben común, capaces de exercer unha cidadanía responsable, con influencia nas decisións políticas, económicas e sociaispara que sexan máis xustas e sostibles.

Fundaméntase en dous aspectos: o cognitivo, que permite o coñecemento e a análise da realidade, partindo do próximo,do local, ata alcanzar o contexto global máis amplo no que iso se enmarca; e o ético, que supón o desenvolvemento “dunhaatención constante cara á xustiza e a dignidade humana”4.Por iso, a ED é unha estratexia fundamental para que os nenos,nenas, mozos e mozas desenvolvan valores e comportamentos pro-sociais, propios do exercicio dunha cidadanía global,tanto a nivel individual coma colectivo.

A dimensión ética e a participación como claves educativas

Entreculturas comprométese desde o comezo na súa andaina coa promoción de valores e actitudes de cidadanía globalnos contextos educativos, a través de materiais didácticos, propostas de participación xuvenil, actividades formativase de asesoría, etc.5.

A súa praxe da educación para o desenvolvemento bebe dos principios da Educación Popular, entendida esta comounha proposta ética, política e pedagóxica para a transformación social, desde a participación na construción dunhasociedade inclusiva, na que se respecte a diversidade e que sexa capaz de garantirlles a todos e todas o gozo dosbens e servizos esenciais e o pleno exercicio da cidadanía6.

A proposta de Entreculturas: educar para a cidadanía, Igual-Dá?

unidad bachillerato gallego 3/10/07 11:46 Página 3

Page 4: Home | Entreculturas - unidad bachillerato gallego · 2015. 5. 29. · La globalización: formas, consecuencias y desafíos. Fe e Alegría e Fundación Santa María, Caracas. 3 Manuela

Espazo paraa inspiración

Sólo le pido a Dios

El libro de los abrazos (fragmento)

Voces, cantos e contos que nos inspiran e animan a continuartraballando e que comparten o soño da Rede de

construír un mundo máis xusto e solidario.

Sólo le pido a Diosque el dolor no me sea indiferente,que la reseca muerte no me encuentrevacío y sólo sin haber hecho lo suficiente.

Sólo le pido a Diosque lo injusto no me sea indiferente,que no me abofeteen la otra mejilladespués que una garra me arañó esta suerte.

Sólo le pido a Diosque la guerra no me sea indiferente,es un monstruo grande y pisa fuertetoda la pobre inocencia de la gente.

Sólo le pido a Diosque el engaño no me sea indiferentesi un traidor puede más que unos cuantos,que esos cuantos no lo olviden fácilmente.

Sólo le pido a Diosque el futuro no me sea indiferente,desahuciado está el que tiene que marchara vivir una cultura diferente.

Mercedes SosaArxentina

"Un hombre del pueblo de Neguá, en la costa deColombia, pudo subir al cielo. A la vuelta, contó.Dijo que había contemplado, desde allá arriba, lavida humana. Y dijo que somos un mar de fueguitos.El mundo es eso –reveló–, un montón de gente, unmar de fueguitos. Cada persona brilla con la luz pro-pia entre todas las demás. No hay dos fuegos igua-les. Hay gente de fuegos grandes y fuegos chicos yfuegos de todos los colores. Hay gente de fuegosereno, que ni se entera del viento, y gente de fuego loco, que llena el aire de chispas; algunosfuegos, fuegos bobos, no alumbran ni queman, perootros arden la vida con tantas ganas que no sepuede mirarlos sin parpadear, y quien se acerca seenciende”.

Eduardo Galeano

...10

...4

Neste sentido, as propostas educativas de Entreculturas queren contribuír á formación dos máis novos como cidadáns ecidadás responsables e activos, que coñezan progresivamente a realidade na que viven, tanto a nivel local coma global,e participen na súa transformación.

Por iso, consideramos que é esencial educar unha ollada aberta e interesada polas necesidades, sentimentos e ideasdos demais; e tamén polo ben común, desde as primeiras etapas da vida.

Isto ha favorecer unha lectura da realidade que parta do valor da xustiza, xunto coa crenza firme na dignidade daspersoas, e no consecuente imperativo da universalización dos dereitos e as oportunidades para todas elas.

A nosa campaña educativa Igual-Dá?, da que forma parte o terceiro número da revista Móvete en Rede. Mozos á queacompaña esta guía didáctica, está orientada a comprender a orixe das situacións de inxustiza, que se producen nomundo do que formamos parte.

Pretende:

• Sensibilizar sobre os procesos de exclusión, de xeito que se favorezan as reflexións críticas e unha ollada que permitaidentificar a necesidade de compensar desvantaxes de partida para acadar a igualdade de oportunidades.

• Promover actitudes e valores que faciliten unha participación cidadá activa e responsable, que busque a igualdadereal de oportunidades entre todas as persoas e colectivos.

Con este material queremos facer especial fincapé na dimensión global que debe ter unha concepción e un exercicio dacidadanía baseado na centralidade da persoa, na xustiza e na solidariedade, de cara á construción dunha sociedade máisinclusiva local e globalmente.

unidad bachillerato gallego 3/10/07 11:47 Página 4

Page 5: Home | Entreculturas - unidad bachillerato gallego · 2015. 5. 29. · La globalización: formas, consecuencias y desafíos. Fe e Alegría e Fundación Santa María, Caracas. 3 Manuela

...5

O terceiro número da revista Móvete en Rede. Mozos, no marco da referida campaña educativa Igual-Dá?, querefavorecer a formación da mocidade desde os dezaseis anos, en torno aos Obxectivos de desenvolvemento do milenio(ODM), como metas que unen a comunidade global ante o obxectivo de reducir a pobreza, as súas causas e manifes-tacións no ano 2015.

Ao longo dos tres cursos da campaña proponse un itinerario pedagóxico que realiza distintas aproximacións ao tema,e pretende facilitar o traballo tanto da dimensión cognitiva relacionada coa análise da realidade, coma da dimensiónética, partindo dos valores propios do exercicio dunha cidadanía global. Transversal a toda a proposta, destaca ofomento da participación da xente nova en movementos e accións de mobilización social, promovendo o coñecementode propostas de acción como a Campaña Mundial pola Educación.

Primeiro curso: Hai Igual-Dá(de)? Presenta unha análise xeral dos Obxectivos de desenvolvemento do milenio, através da cal tratar os procesos de exclusión e desigualdade de oportunidades que estes reflicten.

Segundo curso: Non nos dá igual. Achegámonos a realidades concretas de exclusión e desigualdade de oportunidadesrelacionadas cos ODM, vinculadas coa igualdade de oportunidades entre os xéneros. Neste momento trátase defavorecer que as e os adolescentes analicen non só a realidade que ven, senón como se senten ante esta, como a valoraneticamente e como se sitúan ante ela.

Terceiro curso: Queremos un mundo máis xusto! Trátase o tema da participación cidadá, a partir do obxectivo oitavo(fomentar unha asociación mundial polo desenvolvemento), dándolles cabida a experiencias e testemuños de persoas,especialmente da mocidade, que está participando por un mundo máis xusto.

Como se sinalou, a revista á que acompaña esta guía corresponde ao segundo ano da campaña, “Non nos dá igual”,no que se traballará de xeito específico o tema da participación cidadá.

Para iso, os contidos da revista estrutúranse en tres bloques. O primeiro deles introduce o Obxectivo 8: Fomentar unhaasociación mundial para o desenvolvemento, trátase o concepto da participación cidadá. O segundo, Que se está facendopara acadar este obxectivo? Unha aproximación ás metas específicas do ODM nº 8 analizando o seu cumprimento. Eo terceiro, Que podemos facer? Presenta iniciativas de participación concreta na que pode involucrarse a mocidade através das súas comunidades educativas formais ou non formais.

2. Educación para a CidadaníaSolidaria en Móvete en Rede. Mozos emozas:Traballando a dimensión global daCidadanía.

´ ´´

´´

unidad bachillerato gallego 3/10/07 11:47 Página 5

Page 6: Home | Entreculturas - unidad bachillerato gallego · 2015. 5. 29. · La globalización: formas, consecuencias y desafíos. Fe e Alegría e Fundación Santa María, Caracas. 3 Manuela

• 1.

Obx

ecti

vos

de d

esen

volv

emen

to d

om

ileni

o.

- O

bxec

tivo

8:m

etas

.-

Sign

ifica

do d

e pa

rtic

ipac

ión

cida

dá.

• 2.

Que

se

está

a f

acer

par

a ac

adar

este

obx

ecti

vo?

- A m

eta

17 e

o a

cces

o ao

sm

edic

amen

tos.

- As

empr

esas

far

mac

éuti

cas.

• 3.

Que

pod

emos

fac

er n

ós?

- P

ropo

stas

de

part

icip

ació

n ci

dadá

.- A

Red

e S

olid

aria

da

Moc

idad

e.

CO

NT

IDO

S

• O

bxec

tivo

s de

des

envo

lvem

ento

do

mile

nio.

• O

bxec

tivo

8:f

omen

tar

unha

aso

ciac

ión

mun

dial

par

a o

dese

nvol

vem

ento

.

• M

etas

do

OD

M n

úm.8

.

• O

acc

eso

aos

med

icam

ento

s.

• C

ampa

ñas

de s

ensi

biliz

ació

n.

FE

ITO

S E

CO

NC

EP

TOS

• E

stra

texi

as d

e in

vest

igac

ión

en d

iver

sas

font

es:p

rens

a es

crit

a,In

tern

et.

• V

alor

ació

n cr

ític

a da

rea

lidad

e.

• A

nális

e e

inte

rpre

taci

ón d

a in

form

ació

na

part

ir d

e di

vers

as f

onte

s.

• P

roxe

cció

n de

pel

ícul

as e

doc

umen

tais

:vi

deof

órum

.

• D

esen

volv

emen

to d

o pe

nsam

ento

refl

exiv

o.

• Tr

abal

lo e

n eq

uipo

.

• D

ebat

es.

PR

OC

ED

EM

EN

TOS

• P

oten

ciar

a c

reat

ivid

ade,

apa

rtic

ipac

ión

e o

trab

allo

coo

pera

tivo

.

• R

espe

cto

e va

lora

ción

das

ide

as e

opin

ións

dos

dem

ais.

• D

esen

volv

er o

int

eres

e po

r re

alid

ades

dife

rent

es á

pro

pia.

• S

enti

men

to d

e pe

rten

za á

cid

adan

íagl

obal

.

• V

alor

ar p

osit

ivam

ente

as

prop

osta

s de

part

icip

ació

n ci

dadá

.

VA

LO

RE

S E

AC

TIT

UD

ES

unidad bachillerato gallego 3/10/07 11:47 Página 6

Page 7: Home | Entreculturas - unidad bachillerato gallego · 2015. 5. 29. · La globalización: formas, consecuencias y desafíos. Fe e Alegría e Fundación Santa María, Caracas. 3 Manuela

...7

3. Orientacións didácticas´

Obxectivo 8

Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento

Tal vez o que eu fago, ti non o poidas facer, talvez o que ti sabes facer, eu non o poida facer, pero xuntos, seguro quepodemos facer moitas cousas.Teresa de Calcuta

Obxectivos:• Identificar os Obxectivos de desenvolvemento do milenio (ODM).• Afondar no coñecemento do obxectivo núm. 8 e as súas metas.• Reflexionar sobre a importancia da participación para o logro dos ODM.

Orientacións:Facer unha chuvia de ideas sobre os Obxectivos do milenio para determinar as nocións previas sobre o tema.

A continuación, ler os ODM (texto da contraportada) resaltando a idea de “asociación mundial” enunciada no obxectivo núm. 8,posteriormente, analizar as metas específicas deste obxectivo.

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO DO MILENIO

Obxectivo 1: erradicar a pobreza extrema e a fame.Obxectivo 2: lograr a ensinanza primaria universal.Obxectivo 3: promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller.Obxectivo 4: reducir a mortalidade infantil.Obxectivo 5: mellorar a saúde materna.Obxectivo 6: combater o VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades.Obxectivo 7: garantir a sostibilidade do medio natural.Obxectivo 8: fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.

unidad bachillerato gallego 3/10/07 11:47 Página 7

Page 8: Home | Entreculturas - unidad bachillerato gallego · 2015. 5. 29. · La globalización: formas, consecuencias y desafíos. Fe e Alegría e Fundación Santa María, Caracas. 3 Manuela

...8

METAS DO OBXECTIVO NÚM. 8

• META 12. Desenvolver aínda máis un sistema financeiro e de comercio aberto, regulado, previsible e non discriminatorio.

• META 13. Atender as necesidades especiais dos países menos adiantados, o que inclúe o acceso libre de aranceis e cotas para as exportacións dos países menos adiantados, o programa mellorado de alivio da débeda dos países pobres moi endebedados e a cancelación da débeda bilateral oficial así como a concesión dunha asistencia oficial para o desenvolvemento máis xenerosa aos países que se comprometesen a reducir a pobreza.

• META 14. Atender as necesidades especiais dos países sen litoral e dos pequenos estados insulares en desenvolvemento.

• META 15. Atender de xeito xeral os problemas da débeda dos países en desenvolvemento aplicando medidas nacionais e internacionais, co fin de garantir a sostibilidade da débeda a longo prazo.

• META 16. En cooperación cos países en desenvolvemento, elaborar e aplicar estratexias que lle proporcionen á mocidade un traballo digno e produtivo.

• META 17. En cooperación coas empresas farmacéuticas proporcionar acceso aos medicamentos de primeira necesidade, a prezos accesibles, nos países en desenvolvemento.

• META 18. En colaboración co sector privado, velar porque se poidan aproveitar os beneficios das novas tecnoloxías, en particular as tecnoloxías da información e das comunicacións.

Debater en que medida cren que estas metas se cumpren. Identificar persoas, institucións, organismos internacionais, etc.que poden lograr que estas metas se cumpran.

Despois de ler os textos 1, 2 e 3 (interior de contraportada) dialogar sobre a participación: que é a participación cidadá?;que tipos de participación coñecedes?; que relación existe entre a participación cidadá e o logro dos ODM?

TEXTO 1

“Os Obxectivos de desenvolvemento do milenio non se conseguirán nas Nacións Unidas. Deben acadarse en cada un dospaíses grazas ao esforzo conxunto dos gobernos e os cidadáns”.Kofi Annan, ex-Secretario Xeral das Nacións Unidas

unidad bachillerato gallego 3/10/07 11:47 Página 8

Page 9: Home | Entreculturas - unidad bachillerato gallego · 2015. 5. 29. · La globalización: formas, consecuencias y desafíos. Fe e Alegría e Fundación Santa María, Caracas. 3 Manuela

...9

TEXTO 2

“A chave da participación cidadá... é traballar desde a audacia de construír algo novo, e non dende o temor aequivocarse, facendo deste acontecemento non unha aventura individual senón unha construción verdadeiramentecolectiva. A participación esixe poñer a ollada, precisamente no común, por pouco que sexa ou nos pareza”.Luis Aranguren Gonzalo

TEXTO 3

DATOS:• O 72% dos españois descoñece os obxectivos do milenio.• Estímase que de cada dólar dado á axuda para o desenvolvemento, tres dólares volven aos países ricos en forma depagamento do servizo da débeda.• Os países ricos acordaron hai varias décadas colaborar para achegar o 0,7% do seu Ingreso Nacional Bruto (INB)cada ano en axuda, pero hoxe só cinco países europeos cumpriron o compromiso do 0,7% (Suecia, Noruega, Holanda,Dinamarca e Luxemburgo).

• Campaña do mileniohttp://spanish.millenniumcampaign.org/site/pp.asp?c=8nJBLNNnGhF&b=308314• Plataforma 2015 y más: http://www.2015ymas.org/ • Obxectivos do milenio: http://www.pobrezacero.org/docs/Objetivos_del_Milenio.pdf

Obxectivos:• Analizar a meta 17: En colaboración coas empresas farmacéuticas proporcionar acceso a medicamentos esenciais accesiblesnos países en desenvolvemento.• Facer un balance dos logros e dificultades para acadar esta meta.

Orientacións:Dialogar sobre o papel que teñen as empresas farmacéuticas no logro da meta 17. Pode ser útil buscar previamente informaciónsobre os termos: empresas farmacéuticas, medicamentos xenéricos, medicamentos esenciais, etc. Consultar a páxina webhttp://www.busdelmilenio.org/mat_educativos/medicamentos.pdf

Organizar un vídeofórum sobre a película “O xardineiro fiel”ou “Invisibles”(Médicos Sen Fronteiras. http://www.msf.es/invisibles/).Posteriormente dialogar sobre a relación entre os contidos da película e as metas do obxectivo núm. 8.

Propostas para o diálogo:– Que é o que máis che chamou a atención da película?– Que opinas sobre o comportamento dos protagonistas?– Como habías actuar se estiveses ti no seu lugar?– Cres que as empresas farmacéuticas poñen as ganancias por diante das persoas? En que casos?

Os medicamentos teñen un contido de negocio innegable, pero debe facerse compatible ese dereito co dereito á saúde. A partir desaidea trátase de facer reflexións éticas sobre varios aspectos do medicamento, moitos dos cales teñen que ver coa política de patentes.

Algúns datos para reflexionar: Acceso a medicamentos

Os membros da Organización Mundial de Comercio (OMC) asinaron hai cinco anos un acordo ministerial para evitar que as normasde propiedade intelectual seguisen obstaculizando os esforzos dos países en desenvolvemento por protexer a súa saúde pública.Porén,poucas cousas cambiaron desde aquela. Os prezos dos medicamentos patentados continúan sendo inalcanzables para a poboaciónmáis pobre do mundo. As regras comerciais son aínda un obstáculo importante á hora de acceder a versións xenéricas accesiblesdos medicamentos patentados. Aumenta nos países pobres a incidencia de enfermidades que debilitan e matan, pero os medicamentosnon están dispoñibles. Cómpre actuar con urxencia. Oxfam Internacional

Que se está a facer para acadar este obxectivo?

unidad bachillerato gallego 3/10/07 11:47 Página 9

Page 10: Home | Entreculturas - unidad bachillerato gallego · 2015. 5. 29. · La globalización: formas, consecuencias y desafíos. Fe e Alegría e Fundación Santa María, Caracas. 3 Manuela

Se queres máis información ou desexas realizar algunha consulta sobre o material da campaña ¿Igual-Dá?, escríbenos a:[email protected]

Coordinación de Sensibilización: Raquel Martín. Responsable de Educación: Irene Ortega. Actividades: Jennifer Williams Ramos/YolandaGarcía. Textos: Isabel Borrego. Dirección de Arte e Deseño Gráfico: Maribel Vázquez. Impresión: Iarriccio Artes Gráficas. Depósito legal:M-34542-2006. Setembro 2007. Impreso en papel reciclado.

Móvete en Rede. Mozos e mozas forma parte de Igual-Dá? Cam-paña educativa en prol da inclusión e a equidade, orientada a com-prender a orixe das desvantaxes que impiden a igualdade de oportuni-dades, especialmente no ámbito da educación, e tamén a necesidadede compensalas para transformar as realidades de exclusión.

Máis información e actividadescomplementarias:

• www.entreculturas.org

Non nos dá igual. ¡Queremos un mundo máis xusto para todos e todas!

Que podemos facer?

A natureza prodíganos abondo para satisfacer as necesidades detodos, pero non a cobiza de todos.Gandhi

Obxectivos:• Dar a coñecer a Rede Solidaria da Mocidade como unha proposta de participación cidadá.• Identificar as campañas que están levando a cabo as diferentes organizacións.• Valorar positivamente as propostas de participación cidadá.

Orientacións:Len o texto da canción: Sólo le pido a Dios (ver revista Móvete en Rede. Mozos, p.10). Relacionando o contido coobxectivo 8. Dialogar: atopades algunha relación entre a letra desta canción e os ODM?; ante que situacións inxustas nonpermanecedes indiferentes? pobreza, acceso aos medicamentos...

Dialogar sobre as actividades que realiza a Rede Solidaria da Mocidade, partindo da análise das Experiencias en Rede (ver revistaMóvete en Rede. Mozos, pp. 4, 5 e 6). Posteriormente buscar na web as actividades e campañas que levarán a cabo proximamente,e valorar en que medida poden implicarse nalgunha delas. http://www.entreculturas.org/red_de_jovenesDialogar: que iniciativas poderiades propor desde o voso centro?

Pode resultar motivador para o alumnado ver o vídeo de presentación da Rede:http://www.entreculturas.org/red_de_jovenes

Finalmente, ler o texto de Eduardo Galeano (ver páxina 10, fragmento da revista Móvete en Rede 3). Propoñer accións quepoidan realizarse na vida cotiá: utilizar papel reciclado e reciclar o xa usado, comprar produtos de comercio xusto, aforrar enerxíaevitando estragala inutilmente...

http://es.oneworld.net/article/archive/5709/http://www.setem.org/madrid/descargasweb/Manual_para_Jovenes_Inquietos.pdfhttp://obrasocial.cajamadrid.com/html/365gestos/index.html#

unidad bachillerato gallego 3/10/07 11:47 Página 10

Page 11: Home | Entreculturas - unidad bachillerato gallego · 2015. 5. 29. · La globalización: formas, consecuencias y desafíos. Fe e Alegría e Fundación Santa María, Caracas. 3 Manuela

Algúns textospara reflexionar

TEXTO 1

“Os Obxectivos de desenvolvemento do milenio non se conseguirán nas NaciónsUnidas. Deben acadarse en cada un dos países grazas ao esforzo conxunto dosgobernos e os cidadáns”.Kofi Annan, ex-Secretario Xeral das Nacións Unidas

TEXTO 2

“A chave da participación cidadá... é traballar desde a audacia de construír algonovo, e non dende o temor a equivocarse, facendo deste acontecemento non unhaaventura individual senón unha construción verdadeiramente colectiva. A partici-pación esixe poñer a ollada, precisamente no común, por pouco que sexa ou nospareza”.Luis Aranguren Gonzalo

TEXTO 3

DATOS

• O 72% dos españois descoñece os Obxectivos do milenio.

• Estímase que de cada dólar dado en axuda ao desenvolvemento, tres dólaresvolven aos países ricos en forma de pagamento do servizo da débeda.

• Os países ricos acordaron hai varias décadas colaborar para achegar o 0,7%do seu Ingreso Nacional Bruto (INB) cada ano en axuda, pero hoxe só cincopaíses europeos cumpriron o compromiso do 0,7% (Suecia, Noruega, Holanda,Dinamarca e Luxemburgo).

unidad bachillerato gallego 3/10/07 11:47 Página 11

Page 12: Home | Entreculturas - unidad bachillerato gallego · 2015. 5. 29. · La globalización: formas, consecuencias y desafíos. Fe e Alegría e Fundación Santa María, Caracas. 3 Manuela

Obxectivo 1: erradicar a pobreza extrema e a fame.Obxectivo 2: lograr a ensinanza primaria universal.Obxectivo 3: promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller.Obxectivo 4: reducir a mortalidade infantil.Obxectivo 5: mellorar a saúde materna.Obxectivo 6: combater o VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades.Obxectivo 7: garantir a sostibilidade do medio natural.Obxectivo 8: fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.

METAS DO OBXECTIVO NÚM. 8

• META 12. Desenvolver aínda máis un sistema financeiro e de comercio aberto, regulado, previsible e non discriminatorio.

• META 13. Atender as necesidades especiais dos países menos adiantados, o que inclúe o acceso libre de aranceis e cotas para as exportacións dos países menos adiantados, o programa mellorado de alivio da débeda dos países pobres moi endebedados e a cancelación da débeda bilateral oficial así como a concesión dunha asistencia oficial para o desenvolvemento máis xenerosa aos países que se comprometesen a reducir a pobreza.

• META 14. Atender as necesidades especiais dos países sen litoral e dos pequenos estados insulares en desenvolvemento.

• META 15. Atender de xeito xeral os problemas da débeda dos países en desenvolvemento aplicando medidas nacionais e internacionais, co fin de garantir a sostibilidade da débeda a longo prazo.

• META 16. En cooperación cos países en desenvolvemento, elaborar e aplicar estratexias que lle proporcionen á mocidade un traballo digno e produtivo.

• META 17. En cooperación coas empresas farmacéuticas proporcionar acceso aos medicamentos de primeira necesidade, a prezos accesibles, nos países en desenvolvemento.

• META 18. En colaboración co sector privado, velar porque se poidan aproveitar os beneficios das novas tecnoloxías, en particular as tecnoloxías da información e das comunicacións.

OS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO DO MILENIO

Organiza: Colabora:

Campaña educativa pola inclusión e a equidade.

SUBVENCIONADO POLA PRESIDENCIA DAXUNTA DE GALICIA. SECRETARÍA XERAL DE

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

unidad bachillerato gallego 3/10/07 11:47 Página 12