espazo natural serra de foncuberta

43
Serra de Foncuberta

Upload: monadela

Post on 13-Feb-2017

188 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Espazo natural Serra de Foncuberta

Serra de Foncuberta

Page 2: Espazo natural Serra de Foncuberta

Un espazo co que se crea unha gran unidade ao conectar entre si as fragas e serras orientais: os LICs Os Ancares-O Courel polo sur, Carballido, polo Norte e A Marronda, polo oeste. Ten un gran interese paisaxístico, biolóxico e etnográfico.

SUPERFICIE: 15.523,2 haTIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).

Page 3: Espazo natural Serra de Foncuberta

CONCELLOS: A Fonsagrada, Baleira e Navia de Suarna

Page 4: Espazo natural Serra de Foncuberta

O territorio está conformado por unha sucesión de serras que teñen como eixo as serras do Hospital e Follabal. Cara ao norte: Lastra, Muradal e Lagua Seca; e cara ao sur Lastra, Madorra, Escamelada, Foncuberta, Penas de Ferreira e Fornelos, montes de Ribón e Piqueira, Alto da Cuíña e Monte Maior.

Page 5: Espazo natural Serra de Foncuberta

SERRA DO HOSPITALSituada entre Baleira e A Fonsagrada, con orientación SO-NE. A máxima altura é o Pico do Hospital ou Lagoa Seca, con 1.108 m.Accedese pola estrada de Baleira a Fonsagrada, que segue o trazado da serra. Para subir ao cume cóllese o desvío a Ribeira de Piquín desde o alto da serra do Hospital. Ten unhas excelentes vistas sobre todo o contorno.

Page 6: Espazo natural Serra de Foncuberta

Vista dos Ancares desde o alto do Cerredo

Page 7: Espazo natural Serra de Foncuberta

SERRA DA LASTRACon orientación N-S, situada entre A Fonsagrada e Baleira. A máxima altura e O Padornelo, con 958 m. Accedese desde A Lastra, na estrada Baleira-Fonsagrada.No LIC está incluída a vertente leste da parte norte e a parte sur completa, que se continúa na serra da Madorra.

Page 8: Espazo natural Serra de Foncuberta

O MURADALCon dirección NE-SO, unida á do Hospital polo sur. Está formada por lousas, xistos e cuarcitas. O punto máis alto é o Pico do Muradal, con 1.108 m. Accedese desde a estrada Lugo-A Fonsagrada, no alto da serra do Hospital, polo desvío que vai a Ribeira de Piquín. A áreaa protexida esténdese desde a serra do Hospital ata o cume do Muradal.

Page 9: Espazo natural Serra de Foncuberta

Cumes de Muradal e Hospital.

Page 10: Espazo natural Serra de Foncuberta

Os cumes de Muradal e Hospital están ocupados por parques eólicos.

Page 11: Espazo natural Serra de Foncuberta

SERRA DE FONCUBERTAÉ a serra que lle da nome ao espazo. Esténdese con dirección N-SE entre a serra do Hospital e das Pandas. Serve de divisoria entre as cuncas do río Neira (Miño) e Lamas (Navia). O cume da serra é o Alto de Foncuberta con 774 m.

Page 12: Espazo natural Serra de Foncuberta
Page 13: Espazo natural Serra de Foncuberta

SERRA DE LOUXASA parte norte está incluída no espazo protexido.

Page 14: Espazo natural Serra de Foncuberta

PENAS DE FERREIRAÉ a prolongación cara ao sur da serra do Muradal.

Page 15: Espazo natural Serra de Foncuberta

Monte do Vilarón

Page 16: Espazo natural Serra de Foncuberta

Vilabol, no val do Suarna

Page 17: Espazo natural Serra de Foncuberta

Souto, no val do Lamas, cos montes de Teixedo ao fondo.

Page 18: Espazo natural Serra de Foncuberta

Serra de Liñares, co val do Suarna

Page 19: Espazo natural Serra de Foncuberta

Mirador de Ancares (A Fonsagrada)

Page 20: Espazo natural Serra de Foncuberta
Page 21: Espazo natural Serra de Foncuberta

O sistema fluvial deste espazo está formado polos ríos Neira (Miño) e Lamas-Suarna (Navia) que excavan profundos vales nos xistos e lousas ou caen en fervenzas nas cuarcitas.

Page 22: Espazo natural Serra de Foncuberta

Val do rego de Ferreira, unha das cabeceiras do Lamas, o principal afluente do Suarna.

Page 23: Espazo natural Serra de Foncuberta

Val do Lamas, un pouco antes de se botar no Suarna.

Page 24: Espazo natural Serra de Foncuberta

Mazo da Porteliña, no rego da Porteliña, afluente do Lamas.

Page 25: Espazo natural Serra de Foncuberta

Seimeira de VilagocendeRío da Porteliña (Lamas-Suarna-Navia)San Martiño de Suarna, A Fonsagrada.

O salto máis grande da comarca e un dos máis altos de Galicia.

Page 26: Espazo natural Serra de Foncuberta

Seimeira do Rozabragada e muíño da Chaila

Rego de Rozabragada, un afluente do Suarna.San Martiño de Suarna

(A Fonsagrada)

Page 27: Espazo natural Serra de Foncuberta

Río Suarna na ruta da Chaila

Page 28: Espazo natural Serra de Foncuberta

Río Suarna na Naraxa

Page 29: Espazo natural Serra de Foncuberta

Río Suarna na Naraxa

Page 30: Espazo natural Serra de Foncuberta

Río Suarna na Naraxa

Page 31: Espazo natural Serra de Foncuberta
Page 32: Espazo natural Serra de Foncuberta

Restos dunha ferrería no río Suarna, en Vilar de Cuíña.

Page 33: Espazo natural Serra de Foncuberta

Muíño no río Suarna, en Vilar de Cuíña

Page 34: Espazo natural Serra de Foncuberta

FLORAA típica das fragas e ribeiras da montaña, dos espazos abertos e cultivos. Carballos, bidueiros, avelairas, salgueiros e castiñeiros coas especies herbáceas e arbustivas asociadas, ocupan os espazos encosta e os vales fondos; e piñeiros de repoboación e praderías, as partes altas próximas ás zonas habitadas. Os cumes máis altos están cubertos de matogueiras.

Page 35: Espazo natural Serra de Foncuberta

Bosque autóctono no fondo do val do Lamas

Page 36: Espazo natural Serra de Foncuberta

Castiñeiro e ouriceira

Page 37: Espazo natural Serra de Foncuberta

Paxariños (Linaria triornithophora)

Arandeiras (Vaccinium myrtillus)

Page 38: Espazo natural Serra de Foncuberta

FAUNAA característica das fragas e das áreas de matogueira: píntega común, saramaganta, pintafontes, sapos, rá vermella, lagartixas (da serra, galega e dos muros), cobras (lagarteira común e de colar), víbora de Seoane, azor, gabián, avelaiona, petos, carrizo, estreliña riscada, ferreiros, merlo, pega marza, tordo, ourizo cacho, furafollas, esquío, lobo, raposo, corzo, leirón rilón, martaraña, gato bravo, londra (nos ríos)...

Page 39: Espazo natural Serra de Foncuberta

Ferreiriño abelleiro (Parus major).

Lagarto das silveiras (xuvenil) (Lacerta schreiberi)

Page 40: Espazo natural Serra de Foncuberta

Melanargia Lachesis, unha das bolboretas máis comúns no espazo.

Vacaloura, escornabois (Lucanus cervus)

Page 41: Espazo natural Serra de Foncuberta

Seoane, unha poboación típica da Fonsagrada.

Page 42: Espazo natural Serra de Foncuberta

Hórreos típicos da comarca

Page 43: Espazo natural Serra de Foncuberta

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta (xullo 2012)