espazo natural serra do suído

64
Serra do Suído

Upload: monadela

Post on 20-Mar-2017

261 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Espazo natural Serra do Suído

Serra do Suído

Page 2: Espazo natural Serra do Suído

Un espazo de montaña situado en plena dorsal Galega, a cabalo entre as provincias de Ourense e Pontevedra. A maior parte do espazo está incluído na serra do Suído, especialmenta na vertente pontevedresa, e unha pequena parte no comezo da serra do Faro de Avión.É unha zona dun grande interese natural e etnográfico.

Vista suroeste

Page 3: Espazo natural Serra do Suído

CONCELLOS: A Lama, Fornelos de Montes e Covelo (Pontevedra) e Avión (Ourense).

Page 4: Espazo natural Serra do Suído

SUPERFICIE: 10.751,4 haTIPO DE PROTECCIÓNProposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).

Page 5: Espazo natural Serra do Suído

SERRA DO SUÍDOSituada no linde entre as provincias de Pontevedra e Ourense. É unha serra de formas suaves con orientación N-S, separada da Serra do Faro de Avión polo val do río Tea (val do Tielas) e da serra do Cando polo alto val do río Verdugo. O pico máis alto é o Coto Miñoto con 1.051 m. É unha das áreas que recolle máis precipitacións de Galiza (nalgúns puntos superiores aos 2.500 l/m2).

Vista da aba leste

Page 6: Espazo natural Serra do Suído

Penedos graníticos

Os cumes do Suído son unha zona de contacto entre as rochas metamórficas precámbricas que se atopan ao leste (xistos, cuarcitas) e o granito de dúas micas de gran groso que domina na vertente oeste.

Page 7: Espazo natural Serra do Suído

Coto Miñoto

Page 8: Espazo natural Serra do Suído

Vista desde o Cando. Á dereita Coto Eiras

Page 9: Espazo natural Serra do Suído

Cumes en Fornelos de Montes

Page 10: Espazo natural Serra do Suído

A Graña (O Covelo)

Page 11: Espazo natural Serra do Suído

Campo (O Covelo)

Page 12: Espazo natural Serra do Suído

A Airoa (A Laxe), en Fornelos de Montes

Page 13: Espazo natural Serra do Suído

Avión, co Suído ao fondo

Page 14: Espazo natural Serra do Suído

Subida desde A Xesta

Page 15: Espazo natural Serra do Suído

A Xesta e Pigarzos

Page 16: Espazo natural Serra do Suído

Covelo

Page 17: Espazo natural Serra do Suído

Unha das cabeceiras do Avia

Page 18: Espazo natural Serra do Suído

Val de Tielas, nas cabeceiras do Tea, entre o Suído e o Faro

Page 19: Espazo natural Serra do Suído

SERRA DO FARO DE AVIÓNCon orientación N-S, situada ao sur da Serra do Suído e separada dela polos vales dos ríos Avia e Tea. É unha serra granítica, con algunhas bandas de gneis.

Page 20: Espazo natural Serra do Suído

OS CHOZOS DO SUÍDOA Serra do Suído conserva importantes restos etnográficos entre os que destacan os chozos, construcións empregadas polos pastores no verán. As construcións máis grandes (chozos) servían de vivenda para os pastores. As máis pequenas (cortellos) estaban destinadas á protección dos becerros.

Chozo en Cernadas.

Page 21: Espazo natural Serra do Suído

SISTEMA FLUVIALNas abas orientais nace o río Avia e varios dos seus afluentes (Couso, Cubelo...) e nas occidentais o Tea (co Caraño) e as cabeceiras do Verdugo (Parada, Xesta..). Son ríos que salvan fortes desniveis e nos que abondan os rápidos, as pozas e as fervenzas.

Page 22: Espazo natural Serra do Suído

Os ríos teñen un gran protagonismo na Serra do Suído. Son formadores da paisaxe e creadores de hábitats nos que se conservan o mellor da nosa flora e fauna.

Page 23: Espazo natural Serra do Suído

RÍO AVIANace en Fonte Avia, na serra do Suído (Abelenda-Avión-Ourense) e xúntase co Miño en Ribadavia. No curso alto ten un percorrido encaixado.

Curso alto do Avia en Avión.

Page 24: Espazo natural Serra do Suído

Salto no río de Couso, un afluente do Avia que se une a el nas proximidades de Amiudal.

Page 25: Espazo natural Serra do Suído

Rego das FragasRío Avia

Abelenda (Avión)

Page 26: Espazo natural Serra do Suído

Rego de RiobóRego das Fragas (Avia)Mouriscados (Avión)

Page 27: Espazo natural Serra do Suído

RodeiroRego da Baluga (Avia)

Abelenda (Avión)

Page 28: Espazo natural Serra do Suído

Pozo NegroRío Cubelo ou Valdeiras (Avia)

Cernadas (Avión)

Page 29: Espazo natural Serra do Suído

RÍO TEAFórmase entre as serras do Suído e do Faro de Avión e xúntase co Miño en Salvaterra. No su percorrido por terras de Covelo salva un gran desnivel.

Val do Tielas, como se coñece parte do curso alto do Tea.

Page 30: Espazo natural Serra do Suído

Fervenza no rego de Fonte Pardela, unha das nacentes do Tea, preto de Prado.

Page 31: Espazo natural Serra do Suído

Lagoa de Piñeiro, un encoro construído no rego do Lago de Piñeiro (afluente do Tea) para acumular auga para regar.

Page 32: Espazo natural Serra do Suído

Río Oitavén.É o principal afluente do Verdugo. Nace na Serra do Suído e neste espazo recolle as augas do Xesta e o Parada.

Río Xesta: nace na aba do Coto da Agulla e xúntase co Parada nas proximidades do encoro de Eiras.

Page 33: Espazo natural Serra do Suído

O Xesta no Suído.

Page 34: Espazo natural Serra do Suído

Ponte medieval sobre o Xesta en Liñares.

Page 35: Espazo natural Serra do Suído

A Freixa, salto do XestaRío Xesta (Oitavén-Verdugo)

Xesta (A Lama)

Page 36: Espazo natural Serra do Suído

Val do Xesta

Page 37: Espazo natural Serra do Suído

Río Valdome. Muiño na Laxe (Fornelos)

Page 38: Espazo natural Serra do Suído

BarranqueiraRego da Fonte Uceira

(Parada-Oitavén)Eiroa-A Laxe

(Fornelos de Montes)

Page 39: Espazo natural Serra do Suído

AiroaRío Valdome

(Parada-Oitavén)Airoa-A Laxe

(Fornelos de Montes)

Page 40: Espazo natural Serra do Suído

VerducidoRío Parada (Oitavén)Fornelos de Montes

Page 41: Espazo natural Serra do Suído

VerducidoRío Parada (Oitavén)Fornelos de Montes

Page 42: Espazo natural Serra do Suído

FLORAA vexetación dominante nos cumes é o monte baixo con mato denso de toxos, uces, carqueixas, breixos, xestas, piornos e fentos. Nas zonas chans e nas depresións hai brañas e nos vales consérvanse carballeiras e bosques de ribeira. Moitas áreas están repoboadas con piñeiros e eucaliptos.

Page 43: Espazo natural Serra do Suído

Carballeira da Xesta. Situada entre as aldeas de Liñares e Pigarzos, na marxe esquerda do río Xesta. É o maior bosque autóctono da provincia de Pontevedra.

Page 44: Espazo natural Serra do Suído

Carballeira da Xesta no inverno

Page 45: Espazo natural Serra do Suído

Carballeira da Xesta.

Page 46: Espazo natural Serra do Suído

Carballeira entre Campos e Fofe, nas cabeceiras do Tea (O Covelo).

Page 47: Espazo natural Serra do Suído

Turbeira nos cumes do Suído.

Page 48: Espazo natural Serra do Suído

Breixos e toxos

Page 49: Espazo natural Serra do Suído

Abrodia (Asphodellus albus). Abonda nos montes castigados polo lume.

Page 50: Espazo natural Serra do Suído

Vexetación de ribeira

Page 51: Espazo natural Serra do Suído

Brións na beira do río Xesta

Page 52: Espazo natural Serra do Suído

Violeta (Viola palustris). Florece en lugares húmidos e beiras sombrizas dos ríos.

Page 53: Espazo natural Serra do Suído

Ra patilonga (Rana iberica). Vive nos cursos de augas limpas de corrente rápida.

FAUNAEstá ben representada: 76 especies de aves (azor, gabián, miñato común, miñato abelleiro, tartaraña cincenta, tartaraña azulada, aguia cobreira, rapina cincenta, falcón peregrino e pequeno, pediz rubia, paspallás, curuxa, avelaiona, bufo pequeno, moucho, corvo grande, chasco cincento...), 34 de mamíferos (ourizo cacho, furafollas, musgaño de Cabrera, morcego pequeno e grande de ferradura, morcego rateiro grande, lobo, raposo, tourón, donicela, algalia, xabarín, corzo...), 11 de anfibios (limpafontes, sapo, ra (patilonga e vermella...), 9 de réptis (lagarto das silvas, lagartixa galega, víbora de Seoane...) e numerosos invertebrados.

Page 54: Espazo natural Serra do Suído

Cobra sapeira (Natrix maura), é unha cobra de costumes acuáticos. Usa a auga para agocharse e como lugar de caza.

Page 55: Espazo natural Serra do Suído

Femia de pimpín (Fringilla coelebs). Menos abondoso que noutros tempos aínda é común en espazos con bosques onde haxa grans e insectos.

Page 56: Espazo natural Serra do Suído

Bolboreta medio luto (Melanargia lachesis)

Page 57: Espazo natural Serra do Suído

Chozos e cortellas en Mangüeiro, no alto do Suído.

O Suído conserva importantes restos etnográficos como os chozos que empregaban os pastores no verán, foxos para a caza dos lobos, curros, muíños ...

Page 58: Espazo natural Serra do Suído

Cortellas en Mangüeiro.

Page 59: Espazo natural Serra do Suído

Unha ruta sinalizada permite percorrer os chozos máis representativos restaurados pola Escola Obradoiro: Mangüeiro, Rodeiro, Abelenda, Oroso, San Vicente, San Xusto e Cernadas. O Punto de partida é a área recreativa á que se chega desde Avión (por Nieva ou Abelenda).

Interior dun chozo en Mangüeiro.

Page 60: Espazo natural Serra do Suído

Chozo en Cernadas.

Page 61: Espazo natural Serra do Suído

Foxo do lobo de Portela das Travesas (Campo, O Covelo)

Page 62: Espazo natural Serra do Suído

Foxo do lobo de Xesta (A Lama)

Page 63: Espazo natural Serra do Suído

Ermida da Xestosa na Serra do Faro (Prado-Covelo).

Page 64: Espazo natural Serra do Suído

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta (Xullo 2012)