espazo natural serra da groba e monte de valga
TRANSCRIPT
![Page 1: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/1.jpg)
Serra da Groba e monte de Valga
![Page 2: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/2.jpg)
Un espazo de media montaña que se estende polos cumes e a aba oeste das serras de Groba e os montes da Valga, en terreos dos.
SUPERFICIE: 1.158,2 ha
![Page 3: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/3.jpg)
CONCELLOS: Baiona e Oia
![Page 4: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/4.jpg)
TIPO DE PROTECCIÓN:Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) eZona especial de conservación (ZEC).
![Page 5: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/5.jpg)
SERRA DA GROBAÉ unha cadea de montañas de granito de dúas micas que se estende desde a Ría de Baiona ata A Guarda, paralela á costa, cara á que cae bruscamente. A parte superior está aplanada pola erosión. O cume máis destacado é o alto da Groba (662 m).
![Page 6: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/6.jpg)
Cumes da Groba
![Page 7: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/7.jpg)
Cumes da Groba
![Page 8: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/8.jpg)
Cumes da Groba
![Page 9: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/9.jpg)
![Page 10: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/10.jpg)
A Groba desde A Pedreira (Oia)
![Page 11: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/11.jpg)
A Groba e o alto do Corrubelo desde a costa de Oia.
![Page 12: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/12.jpg)
Vista panorámica desde o Miradoiro do Cortelliño sobre os concellos de Nigrán e Gondomar e a Ría de Vigo.Desde distintos puntos da serra podemos gozar de amplas panorámicas sobre a costa do mar aberto, a ría de Vigo ou o Val do Rosal.
![Page 13: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/13.jpg)
Vista da Ramallosa e Panxón desde o Miradoiro do Cortelliño.
![Page 14: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/14.jpg)
Val desde o alto da Groba cara a Gondomar.
![Page 15: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/15.jpg)
O tramo entre Oia e A Guarda coñécese tamén como MONTES DA VALGA. O cume máis alto é o Castro, con 493 m.
![Page 16: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/16.jpg)
Alto do Castro e A Valga desde Oia.
![Page 17: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/17.jpg)
Cumes da Valga
![Page 18: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/18.jpg)
Vista cara ao norte desde o Torroso.
![Page 19: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/19.jpg)
Vista da costa cara ao sur, co Tegra ao fondo.
![Page 20: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/20.jpg)
Na serra da Groba nacen varios afluentes do Tamuxe (afluente do Miño) e pequenos regos de curto percorrido que caen ao mar salvando fortes pendentes. Aliméntanse coas chuvias e no verán acusan moito a seca.
En case todos estes ríos, de forte desnivel, aparecen rápidos, pozas e fervenzas, que se aproveitan como zonas de lecer, e tiveron un importante aproveitamento tradicional para mover muíños.
Pequena fervenza no curso alto do río Broi ou de Viladesuso.
![Page 21: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/21.jpg)
O río Mougás fórmase con varios regos que nacen na serra da Groba e desemboca preto de Mougás, no concello de Oia.
![Page 22: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/22.jpg)
Pozas de Mougás, no rego das Pías, un afluente do rego de Mougás.
![Page 23: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/23.jpg)
FLORA:A vexetación dominante é o mato de toxos e e breixos e plantacións de piñeiros e eucaliptos. Só se conservan algunhas pequenas manchas de bosque autóctono nos vales máis inacesibles dos ríos. As especies arbóreas autóctonas están representadas por carballos, salgueiros, loureiros, sobreiras, acivros, castiñeiros...Nas zonas húmidas aparecen breixos, herbas das malladas (Nardus stricta), esfagnos e rorelas (Drosera...).
![Page 24: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/24.jpg)
Brañas rodeadas de piñeiros e eucaliptos
![Page 25: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/25.jpg)
Piñeiros de repoboación (Pinus radiata)
![Page 26: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/26.jpg)
Sobreiral de Oia. Atópase na parte alta do val do río de Viladesuso. É unha masa monoespecífica onde se conservan exemplares de bastante tamaño.
![Page 27: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/27.jpg)
Interior do Sobreiral, despois dos incendios de 2006.
![Page 28: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/28.jpg)
Tomelo rastreiro (Thymus caespititius), un endemismo do noroeste peninsular e das Illas dos Açores.
![Page 29: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/29.jpg)
Rorela (Drosera intermedia) unha pequena planta carnívora das brañas.
![Page 30: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/30.jpg)
Breixo (Calluna vulgaris)
![Page 31: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/31.jpg)
Breixo das brañas (Erica ciliaris)
![Page 32: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/32.jpg)
Únicos exemplares de (Dicksonia antarctica) un fento arbóreo, de orixe australiana, que se atopa na beira do rego de Vilar (nas proximidades da área protexida).
![Page 33: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/33.jpg)
FAUNANa Groba podemos atopar raposos, xabaríns, coellos, anfibios (90% das especies existentes en Galiza), réptiles (60% das especies existentes en Galiza), aves (30% das especies existentes en Galiza) e numerosos invertebrados.
Saltón
![Page 34: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/34.jpg)
Saltón verde (Tettigonia viridissima)
![Page 35: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/35.jpg)
Bolboreta (Hipparchia fidia )
![Page 36: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/36.jpg)
Macho e femia de lagarta galega (Podarcis bocagei)
![Page 37: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/37.jpg)
Na parte alta da serra críase gando en libertade, sobre todo cabalos e vacas. Acolle a máis importante concentración de cabalos de raza galega. Na Groba hai tres curros: o da Valga, o de Torroña (Burgueira) e o de Mougás.
![Page 38: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/38.jpg)
Cabalo galego
![Page 39: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/39.jpg)
Cogomelo (Paneolus...)nunha bosta
![Page 40: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/40.jpg)
Na Groba atópase unha das concentracións de rochas gravadas máis numerosa de Galicia. De Baiona parte a ruta dos petróglifos ata Campos e Outeiro dos Lameiros, pero existen moitas outras laxes como o grande labirinto da pedra escrita da Laxe Cruzada en Torroña (Burgueira), A Cabeciña en Mougás, os de Loureza (Oia), ou a pedra do cazador en Pedornes.
![Page 41: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/41.jpg)
Un dos petroglifos da Pedreira (Oia)
![Page 42: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/42.jpg)
Nas parroquias de Mougás e Burgueira (Oia) podemos atopar restos de foxos de lobos como o de Foxo Pedriño (o maior dos coñecidos en Galiza).
Restos das paredes de Foxo Pedriño
![Page 43: Espazo natural Serra da Groba e Monte de Valga](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022051318/58f1929c1a28aba1748b45e7/html5/thumbnails/43.jpg)
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta (xullo 2012)