espazo natural illa de cortegada

30
Illa de Cortegada

Upload: monadela

Post on 16-Apr-2017

184 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Espazo natural Illa de Cortegada

Illa de Cortegada

Page 2: Espazo natural Illa de Cortegada

O espazo inclúe a Illa de Cortegada, as Malveiras e os illotes Con Branco e Briñas, situadas ao fondo da Ría de Arousa na desembocadura do Ulla, fronte a Carril.Están formadas por granitos e gneis mesturados con depósitos aluviais. O seu relevo é case chan. A costa é maioritariamente areosa sobre fondo de rocha.

Page 3: Espazo natural Illa de Cortegada

CONCELLOS: Vilagarcía de Arousa

Page 4: Espazo natural Illa de Cortegada
Page 5: Espazo natural Illa de Cortegada

SUPERFICIE: 193,5 ha (52,5 terrestres e 141,2 acuáticas)TIPO DE PROTECCIÓNProposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) eZona especial de conservación (ZEC).Forma parte do Parque Nacional Marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galiza.

Page 6: Espazo natural Illa de Cortegada

Vista de Cortegada e Carril

Page 7: Espazo natural Illa de Cortegada
Page 8: Espazo natural Illa de Cortegada
Page 9: Espazo natural Illa de Cortegada

Malveiras

Page 10: Espazo natural Illa de Cortegada

FLORA:Cortegada está cuberta maioritariamente por un bosque de piñeiros bravos, algúns exemplares de piñeiros mansos, rebolos e carballos, eucalitos, amieiras, salgueiros, estripos, castiñeiros... Por toda a illa hai abundantes loureiros, que, na cara norte, forman un bosque de características únicas, que é o seu principal valor natural.

Page 11: Espazo natural Illa de Cortegada

O bosque de loureiros (Laurus nobilis) de Cortegada é unha masa de varias hectáreas de extensión con exemplares que acadan ata 12 m de altura. Polas súas características é un bosque dun gran valor ecolóxico, posiblemente o único de Europa.

Page 12: Espazo natural Illa de Cortegada
Page 13: Espazo natural Illa de Cortegada

As especiais características do bosque de loureiros fai que nel se desenvolva unha rica comunidade de fungos macromicetes. Segundo un estudo da Sociedade Galega de Historia Natural contabilízanse 45 especies que son as primeiras citas para Galicia (5 da Península Ibérica) e un endemismo mundial: Hypoxilon cohaerens var. microsporum.

Page 14: Espazo natural Illa de Cortegada

Os fungos que viven na madeira, como este fungo esqueiro, pódense atopar sobre os toros das árbores en calquera época do ano.

Page 15: Espazo natural Illa de Cortegada

A reboleria de Malveira Grande é das mellor conservadas da franxa atlántica europea.

Page 16: Espazo natural Illa de Cortegada

Un vello exemplar de estripo (Crataegus monogyna) da illa de Cortegada.

Page 17: Espazo natural Illa de Cortegada

Salgueiro (Salix atrocinerea) de gran porte e antigüidade.

Page 18: Espazo natural Illa de Cortegada

Piñeiro manso (Pinus pinea)

Page 19: Espazo natural Illa de Cortegada

Plátanos de sombra

Page 20: Espazo natural Illa de Cortegada

FAUNAÉ a típica dos bosques e matogueiras da zona costeira. Na área protexida destaca o espazo marítimo, na maior parte intermareal de esteiro, onde abondan os moluscos, anélidos, cangrexos... e aves que empregan a área como zona de descanso ou alimento.

Gaivotas

Page 21: Espazo natural Illa de Cortegada

Chasco

Page 22: Espazo natural Illa de Cortegada

Cangrexo

Page 23: Espazo natural Illa de Cortegada

AmeixaBerberecho

Page 24: Espazo natural Illa de Cortegada

Cortegada estivo habitada ata comezos do século XX.

Page 25: Espazo natural Illa de Cortegada
Page 26: Espazo natural Illa de Cortegada

Os arredores da Illa de Cortegada son unha importante área de marisqueo e cultivo en viveiros, en especial de berberecho e ameixa.

Page 27: Espazo natural Illa de Cortegada

Mariscadores coas illas Malveiras ao fondo.

Page 28: Espazo natural Illa de Cortegada
Page 29: Espazo natural Illa de Cortegada

PROBLEMASContaminación das augas, presión turística, incendios...

Fotos: La Voz de Galicia

Incendio de xullo de 2015Mais de 200 persoas de carril

acudiron a controlalo.

Page 30: Espazo natural Illa de Cortegada

Vista da ría de Arousa desde o monte Xiabre

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta