illa de sÁlvora

80
ILLA DE SÁLVORA A illa de Sálvora é unha illa do océano Atlántico, que se atopa na bocana da ría de Arousa, Galiza, España. Separada de terra firme por unha distancia duns 3 km polo Norte. Ocupa unha superficie preto de 190 hectáreas, e ten unha cota máxima de 71m. Case todo o perímetro da illa é zona rocosa, a excepción de tres praias de branca e fina area. Dende o ano 2001 está integrada no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza. C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Upload: ceipcoiron

Post on 07-Jun-2015

314 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Este curso desde Normalización Lingüística traballamos no proxecto "Creamos en galego". Cada ciclo traballará sobre unha paisaxe típica galega. Os alumnos/as de 6ºB investigan sobre Illa de Sálvora e os seus arredores.

TRANSCRIPT

Page 1: ILLA DE SÁLVORA

ILLA DE SÁLVORA A illa de Sálvora é unha illa do

océano Atlántico, que se atopa na bocana da ría de Arousa, Galiza, España.

Separada de terra firme por unha distancia duns 3 km polo Norte. Ocupa unha superficie preto de 190 hectáreas, e ten unha cota máxima de 71m. Case todo o perímetro da illa é zona rocosa, a excepción de tres praias de branca e fina area. Dende o ano 2001 está integrada no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 2: ILLA DE SÁLVORA

O FARO DE SÁLVORA O faro de Sálvora,

servido por personal e adscrito ao Ministerio de Obras Públicas ata 1992 continúa habitado na actualidade, dependendo da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 3: ILLA DE SÁLVORA

O TURISMO EN SÁLVORA

Pódese visitar a illa realizando a ``Ruta de Auga´´. A bordo dun veleiro antigo recórrense as illas de Ons, Arousa e Sálvora; trátase dunha ruta guiada que inclúe a proyección dun vídeo e recorrido polas tres illas.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 4: ILLA DE SÁLVORA

CONSERVACIÓN DO MEDIO MARIÑO Conservar os hábitats e ecosistemas mariños

é de vital importancia para Galicia. Dous son os principais perigos que ameazan a integridade das costas: a contaminación e a sobreexplotación.

Os vertidos de orixe urbana e industrial son os

de maior impacto nas nosas costas, tanto pola súa potencial nocividade como pola súa distribución na beiramar. As consecuencias da degradación da calidade da auga afectan, en diferente grao, ós organismos plactónicos, peláxicos e bentónicos, padecendo estes últimos, as maiores contaminacións.

Outros motivos de alteración son: as

actividades de transporte por mar, a contaminación atmosférica, a ocupación desordenada do dominio litoral por construccións e recheos, a regulación hidrolóxica, a extracción de area e tamén algunhas prácticas deportivas.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 5: ILLA DE SÁLVORA

CONSERVACIÓN DO MEDIO MARIÑO Para poder mante-lo nivel de producción

e mellora-la productividade de calquer espazo natural hai que preserva-las súas boas condicións e correxi-los seus problemas.

Na nosa ría, un dos sistemas naturais máis productivos e ricos do mundo, como consecuencia da grande densidade de poboación e a dispersión, a actividade e productividade económica e o alto nivel de vida ten como consecuencia que as causas e niveis ``normais´´ de agresión ecolóxica sexan moi intensos.

Para combatelos sería necesario dotar de servizos de recollida e mellora-los existentes, fomentar o reciclado e instalar e poñer en funcionamento medidas correctoras e depuradoras.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 6: ILLA DE SÁLVORA

SOBREEXPLOTACIÓN E FURTIVISMO A falta de respeto ás normas

establecidas por parte dos furtivos, traballadores do mar e intrusos ocasionais provocan a interrupción dos ciclos naturais de desenvolvemento das especies, coa captura de inmaduros ou adultos en época de reproducción, o que impide a repoboación dos bancos e orixina un descenso da súa productivide.

Para evitalo sería necesario fomenta-la investigación, ampliar e diversifica-la oferta económica, desenvolver novas fontes de recursos, ofrecer información e busca-la concienciación necesaria para establecelo respeto ás tallas.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 7: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 8: ILLA DE SÁLVORA

Mazarico Galego• Mide 41 cm e ten o rabo estreito e

a cabeza con bandas de cor escura e crara. O peteiro e o pescozo son curtos. Aliméntase de insectos e vexetais. En Galicia vese nos pasos migratorios como invernante.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 9: ILLA DE SÁLVORA

Gaivota Escura

A cor das ás e do lombo e gris tirando a negro coas beiras brancas. No inverno ten a cabeza con manchas. Vive en toda Europa e inverna na Península Ibérica.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 10: ILLA DE SÁLVORA

Píllara PapudaMide 15 cm. O macho e branco co lombo castaño craro e unhas manchas negras arredor dos ollos. A femia e mais crara cas manchas castañas. Vive en zonas de dunas e praias donde se alimentan de vermes, crustáceos, moluscos e insectos. Aniña en pequenas depresións de area a partir de maio. Pon 2/3 ovos. En Galicia esta en perigo xa que so aniñan unhas 50 parellas.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 11: ILLA DE SÁLVORA

Covo Mariño RealMide 90 cm de lonxitude e 140 cm de envergadura. A cor é totalmente negra. Vive no mar pero tamén frecuenta as lagoas costeiras, esteiros e encoros. Vive no sur de Europa, Asia, África e Oceanía. En Galicia aparece de setembro a marzo nos pasos migratorios.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 12: ILLA DE SÁLVORA

Mergo CristadoMide 58 cm. Os machos teñen a cabeza negra verdosa con dúas cristas na caluga. As femias teñen a parte superior da cabeza castaña, fa-zulas e pescozo brancos, lombo, costas e peito grises. Vive nas rías e aliméntase de peixes. Aniña no norte de Europa e en Galicia é invernante regular de novembro a marzo. É abundante na Ría de Arousa.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 13: ILLA DE SÁLVORA

Pilro Curlibico

Corpo oval groso co pescozo e o rabo curtos e as patas e o peteiro longas. Mide 17/19cm. A cor é branca polo abdome e polo resto castaña-gris. Vive nas marismas e areais e aliméntase de miñocas, moluscos e crustáceos. É a ave acuática máis abundan-te na Enseada do Umia con grupos de máis de 5.000 individuos.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 14: ILLA DE SÁLVORA

Gaivota Patiamarela

Corpo cuberto de plumas, de cor branca coa parte superior do lombo gris prateada e as ás da mesma cor cunhas manchas negras nas puntas.Pode medir ata 55 cm de lonxitude e 1,50 m de envergadura. Habitan en toda a zona costeira e zonas de basureiros. No inverno vense pouco xa que emigran cara ó Sur. Distribúense en toda Europa, norte de África e parte de Asia ata Mongolia.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 15: ILLA DE SÁLVORA

Gaivota Chorona

A cor é branca coa cabeza marrón escura cun anel branco arredor do ollo, lombo e ás gris crara. As patas e o peteiro son encarnadas. Mide de 35 a 38cm. Aliméntase de pequenos peixes e outros animais, restos de comida…Reprodúcese no Norte de Europa e inverna na Península Ibérica.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 16: ILLA DE SÁLVORA

Carrán

Corpo branco coa parte superior da cabeza e a caluga negras, as ás son longas e estreitas, grises coas puntas máis escuras. O peteiro é longo e aguzado, de cor encarnada coa punta negra. No inverno redúcese o tamaño da mancha da cabeza deixando a frente branca e o ollo descuberto. Mide ata 35cm.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 17: ILLA DE SÁLVORA

Pardela FurabunchosCorpo escuro, case negro polo dorso (cabeza, lombo e parte superior das ás e rabo) e branco por debaixo. Mide 35cm de lonxitude. Aliméntase de peixes, especialmente sardiñas. En Galicia vese frecuentemente de maio a outubro primeiro as mediterráneas, a partir de xullo.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 18: ILLA DE SÁLVORA

Corvo Mariño CristadoCorpo alongado e vertical co pescozo, ás e rabo longos. Peteiro longo, forte e ganchudo no extremo, de cor amarela. Mide uns 76 cm de lonxitude. Aliméntase de peixes que captura mergullándose. É característico velos a secar enriba dos cons ou en illotes coas ás abertas xa que a súa plumaxe non é impermeable. En Galicia é común e sedentario. Cría na illa de Ons, Cies e outras.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 19: ILLA DE SÁLVORA

Arao dos consCorpo alongado e vertical coas patas situadas atrás e ás pequenas. A cor é negra na cabeza, pescozo e lombo e branca no peito e abdome. Mide 42cm de lonxitude e 70cm de envergadura. Aliméntase de animais mariños que pesca buceando. En Galicia é sedentario e pouco abundante e ademáis invernan exemplares europeos. É unha especie en perigo de extinción en Galicia.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 20: ILLA DE SÁLVORA

Pato cullereteMide 51cm. Ten o peteiro grande e aplanado, máis ancho na punta.O macho ten a cabeza verde, peito branco, costas e adome castaños.A femia é castaña a pintas co espellete e unha franxa azul nas ás. Alimentáse de prantas acuáticas e pequenos animais. Vive nas rías, esteiros e lagoas. En Galicia é invernante habitual de setembro a febreiro

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 21: ILLA DE SÁLVORA

Parrulo cristadoMide 43 cm.O macho ten costas e ventre brancos e o resto do corpo negros. A femia ten a cor castaña coas costas máis craras e a crista máis pequena. Vive nas auga litorais, lagoas costeiras e encoros. En Galicia é invernante.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 22: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 23: ILLA DE SÁLVORA

Camaron- palaemon serratus

Animal de corpo blando cuberto dun caparazón articulado, longo e comprimido

lateralmente, de cor castaña clara, translúcida

con puntos e liñas encarnadas. Pode medir ata 10cm de lonxitude sin contar as antenas.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 24: ILLA DE SÁLVORA

Cangrexo-Carcinus maenas Animal de corpo

brando cuberto por un esqueleto externo duro e articulado de cor parda, verde oliva ou verde oscura e mais amarela por debaixo que pode medir ata 30/50mm. De lonxitude.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 25: ILLA DE SÁLVORA

Santiaguiño- scyllarus arctus• Ten o corpo aplastado,

groso, curto e rugoso.A cor é castaña oscura con machas azuis e alaranxadas. Na parte dianteira destacan unha prolongación aplanadas na base das antenas. As patas rematan todas en unllas.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 26: ILLA DE SÁLVORA

Langosta-palinurus elephas

• Ten un cacho de cor castaña, robusto e de superficie espiñenta do que saen unhas antenas longas e grosas. O abdome remata nun telsón ancho e forte. Chega a medir 50cm.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 27: ILLA DE SÁLVORA

Pateiro-Polybius henslowi

• Cacho redondeado e moi veludo por debaixo. De cor parda clara a encarnada e máis clara nas patas. Catro pares de patas coa punta aplanada, e as primeiras en pinza forte.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 28: ILLA DE SÁLVORA

Saltón-Talitrus saltator

• Corpo moi comprimido e abdome corto con tres pares de pleópodos dirixidos cara atrás e tres pares de patas saltadoras. Cabeza achatada con antenas longas. A segunda pata torática remata en garra. A cor é branca ou crema traslúcida. Pode medir ata 1´6cm.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 29: ILLA DE SÁLVORA

Boi-Cancer pagurus

Cacho oval, ancho, festoneado a beira e finalmente granulado na superficie, de cor pardo-alaranxada. Pinzas moi robustas e o resto das patas mais ben cortas, peludas e rematadas en ulla. Pode medir ata 30cm.de ancho.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 30: ILLA DE SÁLVORA

Arañas-Macropodia…(a)Inachus…(b)

• Pequenos cangrexos de cacho triangular e espiñento e patas moi longas xeralmente aparecen cubertos de algas e esponxas.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 31: ILLA DE SÁLVORA

Centolo/Rabuda Maja squinado

• Cacho convexo de forma oval na parte posterior e triangular na de diante rematada en dúás espiñas fortes. Todo el está cuberto de espiñas e pelos duros e ganchudos ós que suxeitan algas para camuflarse Patas tamén peludas e rematadas en unllas fortes agás as pinzas. A cor e pardo-encarnado, mide ata 18cm.de longo.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 32: ILLA DE SÁLVORA

Nécora/Nocra Nécora púber.

• Ten o cacho aplanado, mais ancho que longo, de forma case exagonal e cor castaña oscura con franxas azuis nas pinzas e moi veluda. Na parte dianteira do cacho ten cinco dentes a cada lado dos ollos. Pode medir ata mais de 7’5cm.e pesar 250 gramos sendo máis grandes os machos que as femias.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 33: ILLA DE SÁLVORA

Araña- Galaeta strigosa

• Corpo aplanado e rostro rematado en punta. As patas son fortes, espiñentas e peludas. Abdome grande e replegado. Cor encarnada con estrías pardas e raias azuis. Vive a bastante fondura en zonas con pedras e refuxios para agocharse.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 34: ILLA DE SÁLVORA

Percebe-Pollicipes cornucopia

• A cabeza atópase en parte no interior do pé e só quedan restos das primeiras antenas transformadas na gándula cementaria que fixa ó animal contra a rocha. A rexión torácica forma a maior parte do corpo xa que o abdome practicamente non existe.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 35: ILLA DE SÁLVORA

Lumbrigante-Homarus gammarus

• Ten o cacho cilíndro e liso e o abdome moi desenvolvido e rematado nun amplo telson .É de cor negra azulada. Os tres primeiros pares de patas rematan en pinzas sendo moi grandes as primeiras. Mide ata 50 cm.

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 36: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Page 37: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

ESTRELAMAR-CHANTAXEAs follas son de formalanceolada moi fendidasen seccións lineais agudas;miden ata 8cm. É de cor escura. Teñen flores con espigas cun longo pedúnculo cilíndrico,completas e pouco visibles. Ten froitos encápsulas de 2mm.Florece de abril a outubro.Hábitat: zonas costeiras como areas de praias e rochas.

Page 38: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

UNLLA DE LEÓN

Planta perenne,herbáceaco talo algo leñoso e moicarnosa. Follas opostas desección triangular e curvadas de ata 13cm.Flores grandes (8-10).Florece de maio a agosto.Hábitat: cantís e zonas de praia . É unha especie orixinaria de Sudáfrica queaparece nas nosas costas.

Page 39: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

ALELHÍ DO MAR

Planta herbácea bianual ou case perenne , rexa de ata 60cm. É de cor verde-gris. As flores son hermafroditas concatro sépalos internos. O froitoé unha silicua comprimida deata 50 a 150mm. Florece de maio a xullo .Hábitat: praias e dunas

costeiras.

Page 40: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

MOLUSCOS

Page 41: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

A NAVALLACuncha fina, rectangular,longa e algo curvada nunestremo.O pé está moi desembol-vido. Vive enterrada en posición vertical en fondosde area fina dende infrali-toral ata 40m.

Page 42: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

O BERBERECHO

Cuncha globosa formadapor dúas valvas iguais cocontorno redondeado detamaño entre 2,5 e 3,5cm . A superficie externa presenta as costelasradiais ben marcadas ecruzadas polas estrías decrecemento . A cor varíade branca a castaña conmanchas escuras.

Page 43: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

O LONGUEIRÓN

Máis recto e inclinado e de cor branca-crema manchada. Pode medir ata 15cm. de lonxitude. Vive dentro das rias e captúranse a pé con fisga.

Page 44: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

O BERBERECHO BRAVO

Vive en fondos de area a partir dos 10cm. de profundidade. Ten pouco valor comercial. Hai outras especies moi similares : a tubertulat e a acualeta.

Page 45: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

O MEXILÓN

Valvas iguais, sólidas, de forma oval-triangular coa superficie sulcada. Pode medir ata 15 cm. Ten o pé moi reducido cunha glándula do viso e non ten sifóns.

Page 46: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

A AROLA Cuncha sólida de dúas

valvas iguais de contorno alíptico ata 13cm. de lonxitude. Ten dous sifóns moi longos e as valvas non pechan de todo.

Viven en zonas de area ou fango-areosas dende a zona infralitorial ata uns 100 m de fondura.

Page 47: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

A AMEIXA XAPONESA De recente introducción

comparte características e hábitat coa ameixa fina da que a diferenza a cuncha lixeiramente máis redondeada, máis escura e ten os sifóns máis apegados case ata o extremo.

Page 48: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

A AMEIXA BABOSA Máis alongada, coas

estrías verticais menos marcadas, de cor crara ás veces con bandas ou manchas escuras. Vive no infralitorial ata 40m. de fondura e soporta mal os cambios de temperatura e salinidade.

Page 49: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

A VIEIRA Cuncha formada por

dúas valvas desiguais de contorno redondeado excepto na parte posterior que son rectas e cunha prolongación a xeito as súas orellas. A cor e castaña. Pode medrar ata 15cm. e o pe está moi reducido.

Page 50: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

CULTIVOS

Page 51: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Bateas. Estructuras flotantes de

forma cadrada ou rectangular construídas

a base de trabes e pontóns de madeira formando un enreixado sostido por un número variable de flotadores

Page 52: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Cultivos do mexillón

• Prepáranse as cordas cos palillos(varetas ou plástico de 30-35 cm). Entre Decembro e abril encórdase a cría(0,5 a 2cm.) Pasados 4-5 meses (por maio-xullo) faise o desdobramento. Cando o mexillón alcanza a talla comercial (aprox.7cm.) faise a colleita. Nunha batea pode haber ata 500 cordas de mexilón cun rendemento de 150 a 200 kg por corda.

Page 53: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

Viveiros• Parcelas acoutadas de

terreo xeralmente situadas na zona intermareal que reúnen as condicións axeitadas para o desenvolvemento de especies de moluscos de interés comercial (ameixas e berberechos). Estas parcelas son concesións das administracións a particulares ou a agrupacións de productores.

Page 54: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

PEIXES

Page 55: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

XURELO É nadador rápido e

xeralmente vive en grandes manadas.

Aliméntase de pequenos peixes, crustáceos,

molucos… Pode medir ata 50cm.de

lonxitude. Vive en mar aberto

aproximándose máis á costa nos meses de verán.

Page 56: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

RAIA

• Poden medir ata 70cm.de lonxitude os machos, e as femias 125cm.

• Aliméntase de crustáceos, pequenos peixes, moluscos, vermes, equinodermos…

• Viven en fondos de area e fango.

Page 57: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

CAN DO MAR

• Mide ata 70 cm.de lonxitude.

• Vive en zonas areosas con algas.

• Aliméntase de pequenos animais de fondo.

Page 58: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

DOURADA• Unha soa aleta dorsal

longa, aleta caudal grande co perfil cóncavo.

• Pode medir ata 70cm. de lonxitude.

• Vive en augas pouco profundas en fondos de pedras ou areas formando grupos pequenos.

• Manténse de crustáceos e moluscos.

Page 59: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

FANECA BARBUDA

• Corpo longo e fino con dúas aletas dorsais.

• A cor é castaña crara.

• Vive entre as pedras e aliméntase fundamentalmente de cangrexos.

Page 60: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

SAN MARTIÑO

• Ten dúas aletas anais.• Acor é castaña cunha

mancha redonda a cada costado.

• Pode medir ata 50cm.• Vive dende a beiramar

ata os 200m.de fondura.

• É solitario e aliméntase doutros peixes.

Page 61: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

CÓNGARO• Pode chegar ata 2

m.de lonxitude.• Vive en zonas de

pedras con fendas e covas. É nocturno e aliméntase fundamentalmente de polbos. De pequeno chámase anguiacho.

Page 62: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

AGULLA

• O corpo é fusiforme e alongado e pode chegar a medir 50cm.

• Os machos incuban os ovos na súa bolsa abdominal.

• Vive en fondos fangosos ou areosos e resiste ben as augas salobres. É moi común dentro das rías.

Page 63: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

ROBALIZA

• Corpo alongado.• Pode medir ata 1m. e

pesar 12kg.• Aliméntase de xoubas,

bolos, muxes, crustáceos, moluscos…

• Viven formando bandos nos esteiros e ó facérense grandes (máis de 3kg.de peso) alónxanse máis da costa e son máis solitarios.

Page 64: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

CABALIÑO DO MAR

• Pode medir ata 15cm.de lonxitude.

• Vive en augas pouco profundas entre algas e sebas ás que se agarra co rabo.

• Aliméntase de pequenos animais (especialmente crustáceeos e larvas de peixes) que aspira coa súa pequena boca.

Page 65: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

FANECA

• Corpo fusiforme, comprimido lateralmente e alto. Debaixo da mandíbula inferior ten unha barbicha. Ten tres aletas dorsais e dúas anais. Aliméntase de animais pequenos. Pode medir ata 40cm.de lonxitude.

Page 66: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

OLLOMOL

• Pode medir ata 50cm. de lonxitude e vivir 15 anos.

• Aliméntase de crustáceos, molucos e peixes pequenos.

• Vive en fondos de fango e cascallo, zonas de rochas…ata 500m.de fondura.

Page 67: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

SARGO

• Vive fundamentalmente sobre fondo de rochas e algas, de 2 a 50m.de fondura.

• Aliméntase de crustáceos, moluscos (arrinca os mexillóns e lapas das pedras cos dentes), equinodermos e algas.

• Pode medir ata 45cm.e sobrepasa-los 2 kg de peso.

Page 68: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

MUXE

• Pode medir ata 60cm.de lonxitude.

• Aliméntase de pequenos crustáceos, moluscos e algas que raspan das pedras ou de residuos orgánicos.

• Vive en toda a costa dende as augas limpas ata os peiraos e resite ben as augas de pouca salinidade.

Page 69: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

PIARDA

• Pode medir ata 15cm.de lonxitude.

• Vive perto das costas formando bandos.

• Aliméntase de pequenos crustáceos, larvas de peixes…

Page 70: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

MARAGOTA

• Mide ata 60cm.de lonxitude.

• Aliméntase de crustáceos e pequenos molucos.

• Abundante en fondos de algas.

Page 71: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

VELLO

• Pode medir ata 25 cm.

• Aliméntase de pequenos crustáceos e moluscos.

• Vive en zonas de algas e pedras perto da costa.

Page 72: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

DONCELLA• Vive preto das costas

en contínuo movemento en zonas de algas e rochas e ó chega-la noite entérrase na area.

• Aliméntase de moluscos, crustáceos, equinodermos…

Page 73: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

XARDA

• Vive en augas profundas, lonxe da costa cando é adulto e na primavera e verán forman grandes manadas que se aproximan á costa.

• Aliméntanse de peixes pequenos (sardiñas, tranchos…) e no inverno vaise a augas fondas e deixas de comer.

Page 74: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

LORCHO

• Pode medir ata 15cm.• Vive na zona costeira

ata 50m.de fondura e lugares fangosos e con sebas.

• Aliméntase de pequenos crustáceos, moluscos, vermes, peixes pequenos e algas

Page 75: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

SARDIÑA

• Pode medir ata 25cm.de lonxitude.

• Aliméntase na superficie a base de crustáceos plantónicos, ovos e larvas doutros peixes.

• Vive nas augas costeiras na primavera e verán e máis fondas no inverno. Vive na zona de plataforma continental ata 150m.de fondura.

Page 76: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

ESCARCHO

• Pode medir ata 75cm.de lonxitude.

• Aliméntase de peixes e pequenos crustáceos.

• Vive en fondos de area, cascallo ou fango entre os 5 e os 300 m.de profundidade e pode camiñar apoiandose nas espiñas libres das aletas.

Page 77: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

CURUXO

• Pode medir ata 70cm.de lonxitude.

• A cor é castaña crara ou verdosa con pequenas manchas negras espalladas irregularmente.

Page 78: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

LENGUADO

• Pode medir ata 60cm.con 20 anos de idade.

• Vive nos fondos e sae pola noite en busca de alimento (pequenos animais).

Page 79: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

SOLLA

• Pode medir ata 50cm.• Vive dende os esteiros

dos ríos ata mar aberto a 50m.de fondura.

• Aliméntase de moluscos, crustáceos e outros animais de fondo.

• Na primavera desova en zonas profundas e de alta salinidade.

Page 80: ILLA DE SÁLVORA

C.E.I.P. COIRÓN 6º B

RABADA

• Pode medir ata 1,98m.de lonxitude.

• Vive en fondos de fango e area dende 18 ata 500m.de profundidade.

• Aliméntase de pequenos peixes que captura coa súa gran boca camuflándose no fondo e movendo o primeiro radio dorsal a xeito de engado.