a illa de sálvora, cápsula do tempo · no 1820 a herdeira dos mariño casou con ruperto antonio...

8
A cólera da mar destruíu na punta Falcoeiro a restinga de- rradeira da península do Barbanza; un pouco máis aló, case salseiros na mar sempre alborotada, ficaron erguei- tos os máis duros penedos da cordilleira: as Sagres, a Vionta, a Erbosa, o Noro… e Sálvora. Entre dúas pequenas eleva- cións, o Milreu, no norte, e As Gralleiras, no sur, un recollido val acouga o vello poboado da illa de Sálvora. Polo poñente, no perfil agreste dunha costa recortada e inaccesible, desta- ca na estrema sur a punta dos Besugueiros, o faro da illa, e os cantís do cabo Castelo. Na costa do levante agóchase o pei- rao, e case a carón del, no areal do Almacén, a que fora vella tasca mariñeira e a outrora fachen- dosa factoría de salga. A unha milla ó nor-nordeste do peirao albíscase o ominoso illote nomeado Noro, onda –ó dicir dos mariñeiros– a Santa Com- 80 | galegos 11 | 111 / 2010 A illa de Sálvora, cápsula do tempo paña tiña a súa Estadea, a porta do alén da que xurdía a arrepian- te procesión das ánimas á procura dun novo confrade. As primeiras noticias que temos de Sálvora remontan ó ano 899, cando o rei Afonso II dóaa ó Cabido Catedralicio de San- tiago, que a reclamara co gallo de tirar recursos para súa man- tenza. A real doazón incluía tamén as illas de Arousa, Ons, Cíes, Tambo, e Framio, e fora confirmada no ano 911 por Or- doño II ó bispo Sisnando. Na Baixa Idade Media a illa utilizárase a miúdo como cam- pamento base dos ataques in- vasores dos homes do norte, os viquingos, e dos homes do sur, os sarracenos, facendo case que imposible unha poboación estable ata que cesaron as incursións inimigas e a tranquilidade acougou na ría de Arousa. Coñécese de certo que no 1120 a illa fora temporal refuxio de naves sarra- cenas alí agochadas á espera de máis guerreiros que garantiran a Manuel Lara Coira adp

Upload: others

Post on 06-Oct-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A illa de Sálvora, cápsula do tempo · No 1820 a herdeira dos Mariño casou con Ruperto Antonio Otero do Porto, e deste xeito a familia dos Otero pasou a ser a nova propietaria

Acólera da mar destruíu na punta Falcoeiro a restinga de-rradeira da península do Barbanza; un pouco máis aló,case salseiros na mar sempre alborotada, ficaron erguei-

tos os máis duros penedos dacordilleira: as Sagres, a Vionta,a Erbosa, o Noro… e Sálvora.

Entre dúas pequenas eleva-cións, o Milreu, no norte, e AsGralleiras, no sur, un recollidoval acouga o vello poboado dailla de Sálvora. Polo poñente,no perfil agreste dunha costarecortada e inaccesible, desta-ca na estrema sur a punta dosBesugueiros, o faro da illa, e oscantís do cabo Castelo. Nacosta do levante agóchase o pei-rao, e case a carón del, no arealdo Almacén, a que fora vella tasca mariñeira e a outrora fachen-dosa factoría de salga.

A unha milla ó nor-nordeste do peirao albíscase o ominosoillote nomeado Noro, onda –ó dicir dos mariñeiros– a Santa Com-

80 | galegos 11 | 111 / 2010

A illa de Sálvora, cápsula do tempo

paña tiña a súa Estadea, a porta do alén da que xurdía a arrepian-te procesión das ánimas á procura dun novo confrade.

As primeiras noticias que temos de Sálvora remontan ó ano899, cando o rei Afonso II dóaaó Cabido Catedralicio de San-tiago, que a reclamara co gallode tirar recursos para súa man-tenza. A real doazón incluíatamén as illas de Arousa, Ons,Cíes, Tambo, e Framio, e foraconfirmada no ano 911 por Or-doño II ó bispo Sisnando.

Na Baixa Idade Media a illautilizárase a miúdo como cam-pamento base dos ataques in-vasores dos homes do norte, osviquingos, e dos homes do sur,os sarracenos, facendo case que

imposible unha poboación estable ata que cesaron as incursiónsinimigas e a tranquilidade acougou na ría de Arousa. Coñécesede certo que no 1120 a illa fora temporal refuxio de naves sarra-cenas alí agochadas á espera de máis guerreiros que garantiran a

Manuel Lara Coiraad

p

Page 2: A illa de Sálvora, cápsula do tempo · No 1820 a herdeira dos Mariño casou con Ruperto Antonio Otero do Porto, e deste xeito a familia dos Otero pasou a ser a nova propietaria

sor de algunhas significadas iniciativas a prol do fomento da pescagalega, decide instalar na illa un establecemento de secado e sal-gado de peixe que ven sendo considerado como a primeira indus-tria moderna de salga construída en Galicia. Seica en 1773 a in-dustria xa estaba abandonada e a illa servía como coto de caza parauns poucos persoeiros relacionados cos Goyanes, esta primeira ini-ciativa modernizadora culminaría coa fundación no 1774 no Portodo Son dunha compañía de pesca e salga destinada a quebrar omonopolio do bacallau inglés… mais este é outro conto.

O crecente interese e con-seguintes disputas pola illa agro-man contra 1789 nos preitosdos veciños de Carreira (a pa-rroquia máis antiga, rica e po-boada da comarca), lideradospolo seu párroco, don ManuelAcuña Malvar, contra don Vi-cente Caamaño Valera y Gayo-so, cabaleiro da Orde de SanJuan de Malta, brigadier da RealArmada, e veciño da vila de Fe-rrol, quen conseguira unha RealCédula autorizándoo á instala-ción na illa dunha peixería deatún (almadraba) cunha conce-

sión de catro leguas ó redor dela, iniciativa que de seguir adian-te practicamente deixaría ós mariñeiros carreiráns sen posibilida-des de faenar nestas augas, levándoos á ruína certa.

galegos 11 | 111 / 2010 | 81

crónicascrónicas

invasión das terras do interior. As forzas mandadas enviar dendeIria polo arcebispo de Santiago foron quen de apoderarse dasnaves invasoras, o que freou por moito tempo as incursións dossarracenos por estas terras.

Ante o desinterese do Cabido Compostelán, a illa comeza aseren ambicionada pola nobreza galega e –segundo o que fora cro-nista oficial da vila de Ribeira, don Carlos García Bayón– a consti-tución do morgado da casa de Goyanes vincula con eles a illa dende1552, tempo no que a illa estaba de novo deserta e improdutiva efora entregada pola Igrexa comocoto a Marcos Fandiño Mariño.Despois os veciños de Carreiraforan ocupando a illa para apro-veitala como terra de cultivo,mesmo chegando máis tarde aasentarse nela de maneira caseque permanente. A administra-ción en réxime feudal esixía dospoboadores illáns a metade dascolleitas e do gando.

Sexa como fora, contra 1770Sálvora xacía despoboada unhavez máis, e con permiso dos Go-yanes, don Jerónimo Hijosa, co-merciante castelán aveciñadona Coruña, exportador e importador de toda clase de xéneros, ac-tivo participante no tráfico colonial, armador de buques mercan-tes e de buques corsarios, prior do Consulado da Coruña e impul-

A fábrica de Salga, reconvertida a pazo.

Fonte da Telleira, logo chamada Fonte de Santa Catalina.

adp

adp

Page 3: A illa de Sálvora, cápsula do tempo · No 1820 a herdeira dos Mariño casou con Ruperto Antonio Otero do Porto, e deste xeito a familia dos Otero pasou a ser a nova propietaria

No 1820 a herdeira dos Mariño casou con Ruperto AntonioOtero do Porto, e deste xeito a familia dos Otero pasou a ser anova propietaria da illa de Sálvora, que quedou desde aquela afo-rada á perpetuidade a favor do devandito Ruperto. Pero o 26 deoutubro de 1904, o Estado, Ramo da Guerra, expropiaba a illa ósirmáns Xaquín, Afonso, Manuel e Ramona Otero Bárcena. OExército ocupaba a illa e construía algún pequeno parapeto oudefensa de pedra e cemento. Esta ocupación trouxera unha ines-perada beizón ós caseiros, que quedaran liberados dos abusivosforos dos Otero e, convertidos en colonos, só tiñan que pagarlleó Estado as contribucións ordinarias.

Trala expropiación, o Ministerio de Obras Públicas constru-íu un pequeno peirao na praia do Almacén, e una pista ata o vellofaro levantado entre maio e novembro de 1852 na costa sur dailla, para proceder o seu desmontado e á construción no mesmoemprazamento dun novo faro –o actual– aprobado pola Comi-sión de Faros o 25 de maio do 1904, de maior altura para que,sen reducir o seu ángulo de iluminación na dirección do de Co-rrubedo, se ampliara canto fose posible cara ó interior da ría “almenos hasta comprender el bajo de los Mexos”.

Con proxecto do enxeñeiro Ramón Martínez Campos e ti-poloxía construtiva semellante á de Silleiro, comezaban as obraso 8 de abril do 1912 con José González Teijeiro como contratis-ta. Tras numerosas prórrogas e dificultades de todo tipo as obrasremataban no 1917, cun resultado pouco satisfactorio o estarendeficientemente situado, polo que houbo que dinamitar unhas2.800 toneladas de rochas de dous saíntes que obstruían o feixe

luminoso no sector noroeste antes de poder inaugurar a nova luz,o que tería lugar o 5 de decembro de 1921.

Contra 1920 vivían en Sálvora cincuenta e catro persoas, agru-padas en sete familias, que a xeito de colonos explotaban as terrasque o Estado lles tiña arrendadas por unhas trescentas pesetas óano, grandísima mellora trala explotación “a medias” sufrida baixodos Otero. Ademais dun pombal, había gando de todo tipo –conata seis vacas nalgunha casa– e os habitantes da illa non pasabanfame, cultivando millo, centeo, fabas, patacas...: os dous hórreosda illa, quedaban pequenos nos anos de boas colleitas. Cada fa-milia tiña unha dorna para achegarse á costa e para aproveitar avariada riqueza de peixe e marisco da que dispuñan arredor da illa.O centro da vida social illán era a taberna preto do peirao.

Ademais dos caseiros, daquela vivían en Sálvora cinco perso-as máis, os torreiros e as súas familias, encargados de velar polo

82 | galegos 11 | 111 / 2010

A capela, en tempos taberna e o escudo que luce arriba de súa porta.

adp

adp

Page 4: A illa de Sálvora, cápsula do tempo · No 1820 a herdeira dos Mariño casou con Ruperto Antonio Otero do Porto, e deste xeito a familia dos Otero pasou a ser a nova propietaria

mantemento do vello faro e mais de atender á execución das obrasque se estaban a facer para a construción do novo faro, que comose ten dito non se terían definitivamente rematadas deica o mesde decembro do 1921. Naqueles días os torreiros representabana intelectualidade da illa, e mesmo polas noites se ofrecían parapoñer escola á rapazada da aldea.

Nos derradeiros días do ano de 1920 moitos dos habitantesda illa foran visitar os seus parentes en terra, na parroquia de Ca-rreira, e quedaran mormente na illa os vellos e a rapazada. O tem-poral que se levantara neses días impediu o retorno dos illánsunha vez rematadas as festas da noite vella.

O primeiro día do ano 1921 partira da Coruña o vapor SantaIsabel, con escalas previstas en Vilagarcía e Vigo. Levaba duascen-tas sesenta e seis persoas, emigrantes na súa maioría, que fora re-collendo nos portos do Cantábrico para trasladalos a Cádiz, onde

transbordarían a buques máis grandes con destino á soñada emi-gración americana.

O Santa Isabel fora botado no 1916, e era un dos barcos máismodernos da “Compañía Transatlántica Española”. Cunha eslo-ra de 88,85 metros e unha manga de 12,19 metros, os seus 1.330cabalos podían desprazar as 2.500 toneladas ata 12,5 nós de ve-locidade máxima. O velame para aproveitalo vento e aforrar car-bón completaba a dotación propulsora do buque. Consecuenciadas leccións aprendidas na traxedia aínda recente do Titanic –o14 de abril de 1912– contaba con sobrados medios de salvamen-to, con máis de catrocentos salvavidas e oito botes, cunha capa-cidade total suficiente para 390 persoas.

Na madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o Santa Isabel nave-gaba á altura de Fisterra no medio dunha mesta borraxeira e marpicada, que non tardaría moito en engrosar a temporal. Unha vezsuperada Sálvora, o barco vira a babor na procura do abrigo daría da Arousa e do rumbo ata o porto de Vilagarcía. O temporaldificulta a manobra de enfilación do carreiro e á 1:30 da madru-gada o Santa Isabel vai encallar no baixo de Pegar, a unhas esca-sas 80 brazas (150 metros) do vello faro de Sálvora.

A violencia da colisión deixou o barco sen electricidade, ásescuras e coa radio inutilizada. O radiotelegrafista só puido trans-mitir unha incompleta mensaxe de socorro, “Estamos encima delas rocas de Sal...”, o que fixo imposible que descifrasen a men-saxe os telegrafistas de “Finisterre Radio” para que se puidesentomar as medidas de salvamento.

O barco, atravesado cara ó norte e co costado de babor fron-te ás ondas, afundía de proa e o capitán Esteban García gabeouá cofa do trinquete de popa para ordenar a evacuación. Todos osbotes arriados por babor sufriron a furia da mar e escacharon con-tra o costado do barco e nos cantís da costa. As augas íanse en-chendo de cadáveres.

No zoar do vento un dos torreiros do faro pareceu escoitarberros que atribuíu ós rapaces da aldea. Cando, curioso, divisouun barco encallado case no pe do mesmo faro, con moreas depersoas pedindo auxilio no mar e no barco, correu cara á aldea,a uns dous quilómetros e medio.

Os habitantes da illa dispuxeron botar tres dornas polbeirasdende a praia da Area dos Bois: unha, tripulada por dous homes

galegos 11 | 111 / 2010 | 83

crónicascrónicas

Un dos hórreos da illa. A serea erixida polos Otero Goyanes en honor aos Mariño

diante do pazo.ad

p

Page 5: A illa de Sálvora, cápsula do tempo · No 1820 a herdeira dos Mariño casou con Ruperto Antonio Otero do Porto, e deste xeito a familia dos Otero pasou a ser a nova propietaria

maiores iría a Ribeira na procura de axuda; outra, tripulada taménpor homes, axudaría no rescate xunto coa terceira, tripulada portres mulleres, Josefa Parada, de 25 anos, Cipriana Oujo, de 16, eMaría Fernández, de 14.

Na noite pecha e loitando coa mar a dorna das mulleres fixe-ra un total catro viaxes de case dúas millas cada unha. Nas pri-meiras viaxes trouxeran a salvo ós náufragos entre augas, agarra-dos nos costados da embarcación, mentres que na derradeiraremolcaran un bote salvavidas con superviventes a bordo. Aíndaque algún morrera polo camiño, máis dunha ducia de náufragoschegou a terra grazas ás tres valorosas mulleres e foron atendidosxunto cos demais rescatados nunha caseta preto do peirao, ondecoa axuda de unha cuarta muller, Cipriana Crujeiras, unha granfogueira, roupas secas, fregas e licores conseguían que entraranen calor e non perderan a vida tan laboriosamente rescatada.

Namentres a primeira dorna chegara a Ribeira e dera parte naaxudantía de mariña, que dispuxo saír inmediatamente cara a Sál-vora no pesqueiro Rosiña, que, disposto a saír cara a Vigo, estabano peirao de Ribeira xa con presión nas caldeiras. O barco que-brara en tres partes e afundira, e case que non había superviven-tes cando o pesqueiro arribou á zona. De volta a Ribeira o Rosi-ña traía tan só tres náufragos vivos e unha nutrida ringleira demortos esparexidos pola cuberta. Nese mesmo día e nos días se-guintes, outros pesqueiros colaboraron tamén na penosa recolli-da dos cadáveres do Santa Isabel. O saldo da traxedia foi de 53persoas rescatadas e 213 falecidas; o vello cemiterio de Ribeira,daquela xa clausurado, tivera que ser reaberto para poder dar tantasepultura, mentres a cidadanía ribeirense entregábase na atenciónós superviventes do naufraxio.

O 5 de decembro de 1921, case que un ano despois do tráxicoamencer do 2 de xaneiro, inaugurábase o novo faro da illa de Sálvo-ra, e cerca del unha placa deixaba lembranza daquel nefasto suceso.

En febreiro de 1958, o ilustrísimo señor don Xaquín OteroGoyanes, Marqués de Revilla, Auditor do Exército, casado condona Soledad Zulueta Reales y Carbajal, Marquesa de Revilla,mercándoos o Exército, recuperaba para a familia a propiedadeda illa de Sálvora e dos illotes Vionta e Noro. E coa recuperaciónda illa polos amos, os pobres colonos do Estado perderían a súacondición e a aldea volvería a ser ocupada por caseiros, someti-

84 | galegos 11 | 111 / 2010

Na aldea quedan restos da última actividade produtiva: un tractor, un xerador de

electricidade e algúns motores que foran fabricados en Santa Uxía de Riveira.

adp

adp

Page 6: A illa de Sálvora, cápsula do tempo · No 1820 a herdeira dos Mariño casou con Ruperto Antonio Otero do Porto, e deste xeito a familia dos Otero pasou a ser a nova propietaria

dos de novo ós vellos foros feudais dos Otero. Desde entón, paracalquera visitante, o acceso a illa quedaba prohibido, de non con-tar co oportuno permiso do marqués o do seu administrador enRibeira, o señor don Ramiro Carregal Rey, quen outorgaría o sal-voconduto para non seren expulsados polo garda que vivía nasoidade illán.

Coa melloría económica acaída a partires de 1960, os míserose asoballados habitantes da illa irían marchando nun continuo

goteo de volta a terra, moitas veces reclamados para traballar nasindustrias que a familia Otero ía establecendo pola costa, pero encalquera caso mellorando as súas penosas condicións vitais. Noano 1972 o derradeiro illán abandonaba a aldea de Sálvora.

Aló polo mesmo ano de 1960, xa iniciada a marcha dos ca-seiros a terra, o señor marqués emprendía obras e mandaba re-converter a taberna agora silandeira nunha capela consagrada a

Santa Catalina, honrando a protectora e patroa da illa. Cos res-tos pétreos do antigo faro da illa ampliaríase O Almacén, o quefora factoría de secado e salga de peixe, engadíndolle dúas torresco gallo de darlle fasquía de pazo; como remate, fronte do “pazo”,ergueita nunha pena e mirando á ría atópase a escultura de pedracoñecida en todo lo mar de Arousa como “A serea de Sálvora”,feita no 1968 para dar noticia da lenda da orixe da familia dosMariño. O Marqués de Revilla mandara tamén reconstruír a vella

Fonte da Telleira aproveitando os banzos da que foraa escaleira de caracol do faro, fonte que nesta novaxeira pasaría a chamarse “Fuente de Santa Catali-na”. Levantárase asemade un lavadoiro e trouxé-rase un tractor agrícola e un xerador eléctrico, apro-veitando para todo elo fondos do Servizo deExtensión Agraria, consumando así a privatizacióne “modernización” da illa.

A illa de Sálvora está desde o ano 2002 inte-grada no Parque Nacional das Illas Atlánticas deGalicia e no mes de marzo do 2007 os herdeirosdo marqués a venderan a Caixa Galicia por 8,5 mi-llóns de euros, pero o Ministerio de Medio Am-biente fixo uso do seu dereito de tenteo e adqui-riu Sálvora, Vionta e Noro pola mesma cantidade,figurando a Xunta de Galicia como titular do pa-raxe dende o 1 de xullo do 2008 e iniciándose ostraballos para a rehabilitación do enclave.

Xa desembarcados, camiñamos pouco máis de un quilómetrocara o norte, ata o pequeno poboado, de sempre chamado A Aldea,edificado onda dúas pequenas fontes podían cumprir as necesida-des dos moradores; unha e a fonte da Aldea, a outra chamáronaa fonte da Telleira. No rego da Aldea lavábase a roupa; as augasdo rego da Telleira servían para preparar as pezas de barro que unhavez cocidas no pequeno forno alí construído atenderían as nece-

galegos 11 | 111 / 2010 | 85

crónicascrónicas

Antigo lavadoiro.

Os muros de pedra consérvanse moi ben.

adp

adp

adp

Page 7: A illa de Sálvora, cápsula do tempo · No 1820 a herdeira dos Mariño casou con Ruperto Antonio Otero do Porto, e deste xeito a familia dos Otero pasou a ser a nova propietaria

sidades de tella da pequena co-munidade.

Na metade do camiño dopeirao á aldea, e ó seu carón,atópase a fonte de Santa Cata-rina, nomeada por daren saúdee forza nas súas augas. Levan-tada con grandes pedras na dé-cada de 1960, aínda pódese de-letrear a inscrición ANNOMDCXII LAUS DEO (sen dú-bida a fame do canteiro papoualgunha letra xa que polas datasda construción semella máisacaído ler MCMLXII, nonsendo que a inscrición xa estivera na vella pedra aproveitada dasescaleiras do faro antigo, construído no MDCCCLII). Moi cer-quiña da fonte mírase a furna que ó dicir da parroquia é a bocado túnel polo que viñera de terra Santa Catarina fuxindo do acosodos seus inimigos. Entre os canos da fonte outra inscrición anun-ciaba AGUA VIRTUOSA DA SALUD Y FUERZA.

A aldea de Sálvora, ata 1959 pertencente a parroquia de SanPaio de Carreira e dende aquela integrada na nova de Aguiño,tamén no concello de Ribeira, ven conformada por unhas casi-ñas medianeiras apiñadas ó redor do que pódese considerar unhapraciña comunitaria. As casas tiñan tan so dúas dependencias: acociña e o dormitorio; unha bufarda sen vidros ventilaba a estan-cia e unha porta franqueaba o paso á cociña.

A miseria de moitos anos favoreceu dende os comezos do sé-culo XIX a ocupación da illa e explotación agrícola e gandeiraque naqueles anos de fame cumprimentaba a pobre renda de peixee marisco dos caseiros, por non falar dos adobos de corvo mari-ño e mesmo das fartadelas de lavanco ou de gaivota. Sete eran asfamilias que alí moraban a finais do século XIX e daban nome ásvivendas: a de Pedro, a de Prudencia, a de Saturno, a de Cordás,

a de Caneda, a da Xorda e a deBenito. Segundo lle contaran aEstanislao Fernández de la Ci-goña hai uns vinte anos, entreas sete casas as prolíficas fami-lias xuntaban cincuenta almas.A finais da década de 1970 osderradeiros habitantes abando-naban o poboado para estable-cerse en terra.

Na escrava economía illános caseiros viñan obrigados a

entregar ó amo a metade das colleitas obtidas, e maila metade dovalor das crías do gando –mormente vacún– que empregabanpara traballa-las terras. Ademais do cultivo do millo, o centeo eas patacas que cada un traballaba no seu exclusivo anaco de terramarcado polo amo, cada caseiro tiña –o que menos– dúas vacas,algún porco e unhas poucas galiñas.

Nos primeiros tempos o amo dispoñía na aldea da casa prin-cipal, que aínda destaca entre o resto polo seu tamaño, calidadee fasquía. Moitos anos despois, aproveitado as ruínas da preteri-da industria de salga, os novos amos erguerían una nova –e un sié non é fachendosa– vivenda no areal do Almacén, trocando ase-made a vella taberna en unha discreta capeliña baixo a advoca-ción da Santa Catarina.

Namentres nas brancas areas durmiñaban as dornas a espreitado tempo maino que as espallaría por entre os illotes e cons dochamado “paso interior”, na taberna xuntábanse os mariñeiros entreviño e conversa vagarenta. A pesca, abondosa e agradecida tiña avantaxe de non pagaren “medias” ós amos e os mariñeiros illánsentregábanlle as súas capturas ós mariñeiros de terra para que elesas venderan, axudando así as súas cativas economías.

86 | galegos 11 | 111 / 2010

A fábrica do salgadura reconvertida a

pazo foi rehabilitada hai poucos anos.

adp

adp

Page 8: A illa de Sálvora, cápsula do tempo · No 1820 a herdeira dos Mariño casou con Ruperto Antonio Otero do Porto, e deste xeito a familia dos Otero pasou a ser a nova propietaria

Os caseiros de Sálvora nonlle tiñan apego ningún a illa, emarchaban tan de camiño comoatopaban mellores expectativasen terra, sendo ocupada a súacasa e as correspondentes leiraspor un novo colono. A bonan-za económica da década de 1960chamou firme desde terra, eforon cada vez máis os que mar-charon para sempre, sen que oseu posto fora xa cuberto. Esca-paban tamén das crecentes difi-cultades da supervivencia na illa,cos cultivos arrasados a miúdopolos animais que o dono ía in-troducindo na illa para facelamáis rendible organizando cacerías de cervos, faisáns, perdices ecoellos, que chegaran a converterse nunha verdadeira praga. Os te-rreos foron quedando abandonados e a aldea deserta.

O iren marchando os illáns, a vella tasca fora perdendo a súafunción socializadora, esmorecendo un pouco máis con cadadorna que ía cara a terra para non volver, e mesmo pechou silan-deira cando, falta de mariñeiros, a súa mantenza se fixo inviable.

Alonso Álvarez, L., 1977. Industrialización y conflictos sociales enla Galicia del Antiguo Régimen, 1750-1830. Madrid: Akal. ISBN 84-7339-243-4.

Alonso Álvarez, L., 1986. Comercio colonial y crisis del AntiguoRégimen en Galicia (1778-1818). La Coruña: Xunta de Galicia. ISBN84-505-2914-X.

España, 2002. Ley 15/2002, de 1 de julio, por la que se decla-ra el Parque Nacional marítimo-terrestre de las Islas Atlánticas deGalicia (B.O.E. nº 157 del 02-07-02).

Fernández de la Cigoña Núñez, E., 1989. Illas de Ons e Sálvo-

ra. Historia natural e humana. Eoutros traballos. Vigo: AsociaciónGallega para la Cultura y la Eco-logía. DL VG-37-1989. ISBN84-404-3855-9.

Fernández de la CigoñaNúñez, E., 1991. Illas de Galicia:Cíes, Ons, Sálvora, Tambo, SanSimón e Cortegada. Vigo: EdiciónsXerais de Galicia. DL M-31.071-1991. ISBN 84-7507-582-7.

Fernández Díaz, R., y Mar-tínez Shaw, C., 1991: “La pescade altura en la América espa-ñola del setecientos. La funda-ción de la Real Compañía Ma-rítima”. Andalucía, América y el

mar, Actas de las Novenas Jornadas de Andalucía y América. BibianoTorres Ramírez (ed.), Sevilla: Consejería de Agricultura y Pescade la Junta de Andalucía, p. 73-91.

Fernández Pazos, X.M., 1998. Sálvora: memoria dun naufraxio. Atraxedia do Santa Isabel. Vigo: Coordenadas. ISBN 978-84-87222-29-0.

Meijide Pardo, A., 1967. “Hombres de negocios en La Coruñadieciochesca: Jerónimo Hijosa”, Revista del Instituto “José Cornide” deEstudios Coruñeses, año III, nº 3 (1967), p. 85-148, 21 láms., separa-ta. La Coruña: Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses.

Sánchez Terry, M.A., 1987. Faros españoles del océano. Madrid:Ministerio de Obras Públicas y Urbanismo. DL M-39064-1987.ISBN 84-7433-514-0.

Teira Paleón, L., 2007. “Sálvora: illa das mulleres salvadoras”. Ar-dentía, revista galega de cultura marítima e fluvial, nº 4, xuño 2007, Cam-bados, Pontevedra, p. 39-42. DL PO-295/04. ISSN 1699-3128. G

Manuel Lara Coira é enxeñeiro industrial e presidente de Buxa, Asociación do

Patrimonio Industrial de Galicia.

galegos 11 | 111 / 2010 | 87

crónicascrónicas

Na aldea poden observarse moi poucas intervencións recentes (o cemento no

medio da pedra).

adp

adp

adp