árbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
TRANSCRIPT
O castiñeiro, existiu antigamente en
rexións de América setentrional, de onde desapareceu.
Atopouse nas
rexións árticas de Europa
e Asia, un pouco ó norte da
súa actual área de
dispersión xeográfica.
O carballo é común en toda Galicia. É unha especie en regresión pola
influencia humana, xa que foi, e aínda é, substituído polo piñeiro e oeucalipto, de máis rápido crecemento. Nas beiras dalgúns ríos aíndaquedan algunhas carballeiras fermosas. Estas árbores xa están nunhaterceira liña do río.
A mimosa é unha planta que
en aparencia pode resultar
delicada pero que, sen
embargo, dispón dun sistema
de defensa moi efectivo contra
os animais. Trátase da
simulación dun vexetal
sen vida que pecha as súas follas,
e desta maneira mostra un porte
pouco apetecible para os posibles
comensais que a ela se achegan.
Os montes, sobre detodo en ríos de alta montaña, póñense preciosos coa flor do toxo.
O toxo sempre está en flor A flor, chámase chorima.
As infusións de flor de toxo son sensacionais para o fígado. Seguro que é certo. Pero coidado, non vos manquedes un ollo ao recoller o toxo, sería moi grave.
Vese moito nos prados
que están a beira dos
ríos galegos.
As flores son pequeniñas
e preséntanse en capítuos.
Son un bo pasto para
o gando.
A Herba Luísa é moi coñecida nos pobos de Galicia, xa que se emprega para todo, é unha herba medicinal, moi olorosa e doada de distinguir no monte.
É unha das sete herbas que deberán poñerse na noite de San Xoán para espantar os malos espíritos.
http://www.ciencias-marinas.uvigo.es/bibliografia_ambiental/plantas/castinheiro.pdf
http://www.rios-galegos.com/
Fin