tema 6 os espazos industriais

Post on 03-Jul-2015

580 Views

Category:

Education

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Tema 6: OS ESPAZOS INDUSTRIAIS

Esquema-resumo da unidade.

Profesor: Luís Gómez

A INDUSTRIA E AS MATERIAS PRIMAS

A industria: é a actividade que transforma as materias primas en productos semielaborados ou elaborados utilizando unha fonte de enerxía.Os recursos minerais: son todos os depósitos minerais, coñecidos ou por descubrir, que poden ser explotados de inmediato coas técnicas actuais ou non.

As reservas minerais: son todos os recursos coñecidos, que poden explotarse coas técnicas actuais.

1. Os tipos de materias primas

As materias primas son os recursos que a industria transforma en produtos semielaborados ou elaborados.

a) As materias primas de orixe orgánica proceden da:

•Actividade agrícola: algodón, liño...

• Gandeira: carne, pel, la, graxa...• Forestal: madeira, caucho...

b) As materias primas minerais extráense de depósitos ou áreas con elevadas concentacións de mineral.

•Os minerais metálicos: ferro, cinc, chumbo, cobre

Industria básica e mecánica

• Os minerais non metálicos ou industriais: caolín, espato-fluor, feldespato, magnesita, celestina, sal mariño e sal xema

Construción e á industria química

•As rochas de canteira: sílices, calcaria, arxilas, area e grava, talco, xeso e pedra natural ou ornamental (granito, lousa e mármore)

Emprégase na construción.

cinc caolín fluorita feldespato

2. Os problemas da minería.A minería española padece numerosos problemas. Solucións a través dunha política mineira marcada polas directrices da Unión Europea.

a) Problemas económico-sociais: Esgotamento dos mellores filóns

baixa calidade

dificultade de extracción

carestía dos prezos comparado con outros países

Actuacións fronte á crise da minería: reconversión e incrementar a competitividade.

b) Os problemas ambientais:

Sobreexplotación de minerais

Contaminación atmosférica

Contaminación acústicas, de augas e do solo

Alteracións paisaxísticas

AS FONTES DE ENERXÍAAs fontes de enerxía son os recursos que proporcionan a forza necesaria para levar a cabo un traballo.

España é un exemplo de desequilibrio e dependencia enerxética, xa que consumo de enerxía supera claramente a produción interior.

• O consumo enerxético de España incrementouse desde o inicio da industrialización,Acelerouse durante a década de 1960 e segue aumentando polo crecemento económico.

b) A produción interior de enerxía procede da enerxía nuclear e do carbón, dada a pobrezaEspañola en hidrocarburos (petróleo e gas natural) e a escasa participación das renovables,

c) O autoabastecemento enerxético ou relación entre produción interior e consumo é moi baixo.Isto obriga a recorrer a custosas importacións: dependencia externa nun sector estratéxico parao país.

1. Principais fontes de enerxía primaria

As principais fontes de enerxía primaria están constituídas polos recursos enerxéticos tal e como se atopan na natureza, sen ningunha transformación.

1.1 O CARBÓN.Rocha estratificada combustible de cor negra, formada pola descomposición de restos vexetais.

- Durante a 1ª Rev. Industrial o carbón tivo un papel hexemónico.- Despois produciuse unha masiva susbstitución polo petróleo, o consumo descendeu e pecháronseminas. -A crise enerxética de 1973 impulsou de novo o consumo para reducir a dependencia do petróleo.- Pero desde 1984, a produción nacional descende e seguirá descendendo debido a:

• Algúns ricos depósitos esgotáronse e outros son de baixa calidade• Diminuíu a demanda doméstica e industrial.• A explotación é cara• A entrada na Comunidade Europea libaralizou os prezos fronte ao proteccionismo tradicional e obrigou a realizar unha reconversión (1990) que supuxo o peche denumerosas minas.

Destino do carbón: industrias siderúrxicas e do cemento; calefaccións domésticas e a produción de electricidade en centrais térmicas.

1.2 O PETRÓLEO.

O petróleo é un aceite mineral, de cor moi escura, composto por unha mestura de hidrocarburos. Fórmase pola descomposición e o almacenamento nas capas xeolóxicas de animais e plantas que viviron hai millóns de anos.

- A produción interior do petróleo é insignificante e localízase na costa mediterránea e en Burgos.Non permite o autoabastecemento e require custosas importacións de Oriente Medio, África,América Latina e Europa.

-O destino principal é para obter derivados para o transporte e a industria en refinarías (gasóleo,Gasolina, fueloil, nafta, queroseno, aceites lubricantes, asfalto) e produtos químicos en industriasPetroquímicas (xofre, amoníaco, acetona).

1.3 O GAS NATURAL.É unha mestura de hidrocarburos gasosos, na que predomina o metano. Atópase en depósitos Subterráneos, só ou asociado ao petróleo.-O seu consumo incrementouse por varias vantaxes: alto poder calorífico, prezos baixos e menorcontaminación.- Produción en España insignificante. Necesaria a súa importación.- Destino: uso calorífico en industrias e fogares, obtención de derivados na industr. Petroquímica e produción de electricidade en centrais térmicas.

1.4 A ENERXÍA NUCLEAR

a) A enerxía nuclear de fisión é a que se utiliza actualmente. Procede da fisión ou separación de átomos pesados de uranio.

- En España o seu uso comezou en 1969; desde 1984 a súa expansión paralizouse debido á oposición da opinión pública polos problemas que comporta:

• dependencia externa no abastecemento de uranio;• risco de accidentes;• o almacenamento dun número crecente de residuos radiactivos.

- A produción nuclear realízase con uranio importado De Níxer e abastece o 100% dasNecesidades nacionais.

-O seu destino principal é producir electricidade en oito centrais nucleares, cuxa localizaciónResponde case exclusivamente a decisións políticas. Tamén se emprega en medicina.

b) A enerxía nuclear de fusión está en experimentación. Consiste na unión de isótopos lixeirosde hidróxeno. O problema é que a fusión require temperaturas de cen millóns ºC. e non se resolveron o inicio e o control da reacción nuclear.

1.5 A ENERXÍA HIDRÁULICA

Procede dun recurso renovable: a auga embalsada en presas e lagos, que se fai saltar por canalizacións e move turbinas conectadas a un xerador que transforma a forma mecánica en electricidade.

A produción localízase en zonas de desniveis topográficos e ríos caudalosos: Norte peninsularPirineos, na caída dos ríos Douro e Texo...

O seu destino principal é a produción de electricidadeen centrais hodroeléctricas situadas ao pé do salto de auga.

1.6 AS NOVAS FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES

Proceden de recursos inesgotables, son limpas, e mostran unha elevada dispersión, que permiteutilizalas en lugares diversos.

O seu uso comezou a partir da crise do petróleoReducir a dependencia enerxética

Aumentar o autoabastecemento

Implantación lenta polo maior prezo e insuficiente desenvolvemento tecnolóxico.

- A produción de enerxía a partir de fontes renovables ofrece en España condicións favorables, pola diversidade do medio natural.

- O seu destino principal é producir enerxía eléctrica, térmica ou mecánica.

• As minicentrais hidraúlicas: centrais de pouca pontencia; utilizan os saltos dos ríos ou de canles de rega para producir electricidade. Cataluña, Galicia, Aragón e Castela.

b) A enerxía de biomasa: obtense de resíduos biolóxicos agrícolas, gandeiros e forestais e dos subprodutos das industrias agroalimentarias e da madeira.

• Estes residuos, ao queimarse, proporcionan enerxía térmica ou eléctrica e, ao fermentar,biogás.

• Estase a desenvolver a chamada “biomasa verde” ou cultivos enerxéticos destinados a Producir biocarburantes para o transporte.

c) A enerxía eólica: utiliza a forza do vento para producir enerxía mecánica ou eléctrica.Gran crecemento debido á progresiva redución de custos.

• Sitúanse en zonas con ventos intensos, constantes e regulares, en montañas e costas.

• Céntranse no litoral galego, Tarifa, as serras do Sistema Ibérico,...

d) A enerxía solar: usa a calor e a luz do sol.

• As centrais solares térmicas utilizan placas para quentar a auga e as calefaccións domésticas.

• As centrais termoeléctricas utilizan espellos para producir vapor.

• As centrais fotovoltaicas utilizan paneis de silicio para converter directamente a luz solar enelectricidade en grandes centrais ou en pequenas instalacións rurais, fromando, en ocasións,hortas solares.

e) A enerxía xeotérmica: usa o vapor ou a auga quente subterránea. En EspañaÉ moi escasa e ten só un uso térmico para a calefacción de invernadoiros, Vivendas (Ourense) e balnearios.

f) A enerxía maremotriz: utiliza a forza da uga do mar. En España estanse a construír centrais experimentais para aproveitar a forza das ondas fronte ascostas.

2. PRODUCIÓN E CONSUMO DE ELECTRICIDADE.

As fontes de enerxía primaria transfórmanse en formas de enerxía utilizables, como a electricidade.

En España o uso da electricidade comezou en 1875 en pequenas centrais térmicas para aIluminación urbana.

1925 – 1960 creáronse numerosos encoros que incrementando a produción.

A partir de 1960 crecemento espectacular e na actualidade segue aumentando a produción.

a) A produción de electricidade realízase movendo una turbina conectada a un xerador.

c) O consumo de electricidade utílízase para mover motores, producir calor ou frío, iluminare transmitir electronicamente a información.

3. OS PROBLEMAS E A POLÍTICA ENERXÉTICA

Os problemas enerxéticos de España, igual que na maioría dos países da UE, son 3 • DEPENDENCIA EXTERNA.A seguridade no

abastecemento trata de minorar a dependencia externa: foméntase o diálogo cos países provedores, diversifícase a procedencia das importacións, diversifícanse as fontes de enerxía empregadas...

b) REDUCIÓN DA COMPETITIVIDADE ECONÓMICA. A contribución da enerxía á competitividade económica trátase de lograrReducindo o gasto enerxético mediante o abaratamento dos prezos e o Aumento da eficiencia enerxética.

C) FORTE IMPACTO AMBIENTAL. A redución do impacto ambiental trata de solucionaros numerosos efectos negativos da produción de enerxía:

Esgota os recursos enerxéticos Contamina o aire...

Requenta e aumenta a concentración de sales das augas usadas para refrixeración das centrais...

Produce residuos sólidos ou radioactivos

Reduce a biodiversidade dos ecosistemas e impacto visual Riscos como incendios, explosións...

A INDUSTRIA ESPAÑOLA ENTRE 1855 E 1975

A industria española pasou por distintas etapas. Neste tempo houbo innovacións tecnolóxicas, sectores dominantes, unha estrutura produtiva e unha política industrial.

1. Evolución histórica.1.1 O lento inicio da industrialización (1855-1900)

O inicio da industrialización española foi máis tardío ca noutros países de Europa occidental.Causas: • Contaba con mala dotación nalgunhas materias primas e produtos enerxéticos básicos

• O investimento industrial foi insuficiente.• A demanda de produtos industriais era limitada.• O atraso tecnolóxico era considerable, e as novas máquinas tiñan que importarse.

• A situación exterior foi desfavorable (Guerra da Independencia e o desastre colonial.

• A política industrial foi inadecuada.

1.2 O crecemento do primeiro terzo do s. XX.

Causas: Creceu a minería nacional Aumentou o investimento industrial Incrementouse a demanda de produtos industriais Incorporáronse os avances técnicos da segunda Revolución Industrial A política proteccionista eliminou a competencia exterior.

1.3 O estancamento durante a guerra e a posguerra

O crecemento industrial interrompeuse durante a Guerra Civil (1936-1939), debido á destrucción de industrias, e durante a posguerra (1939-1959), debido á adopción da política autárquica: autosuficiencia e restrición de importacións, que provou á industria dos recursos enerxéticos, das materias primas, da maquinaria e dos capitais necesarios.

1.4 O desenvolvemento industrial (1960-1975)

En 1959 abandonouse a autarquía e a industria puido importar as materias primas, a maquinaria eos capitais necesarios. Comeza un forte desenvolvemento industrial. Causas:

Aumentou o investimento na industria

Creceu a demanda de produtos industriais, ao elevarse o nivel de vida da poboación.

Incorporáronse melloras técnicas procedentes do exterior.

O baixo prezo da enerxía repercutía positivamente nos custos de produción.

A política estatal impulsou aindustria a través dos plans de desenvolvemento.

2. A produción industrial 1855-1975Neste período adoptáronse as innovacións técnicas da 1ª Rev. Ind. (máquina de vapor movida por carbón mineral) e da 2ª Rev. (motores de explosión e eléctricos movidos por hidrocarburos e enerxía eléctrica). Crecemento de determinados sectores.

a) Na 2ª ½ do século XIX: a 1ª Rev. Ind. potenciou o sector siderometalúrxio e o sector textil.

b) No 1º terzo do S. XX e no franquismo: a 2ª Rev. Ind. diversificou a produción:

Os sectores básicos: siderurxia integral, refinarías, petroquímica e produción eléctrica. foron impulsados polo Estado franquista a través do Instituno Nacional de Industria (INI),Organizado como un HOLDING*

As industrias de ben de consumo: textil, calzado, alimentaria, medraron co aumento donivel de vida. Tamén as industrias de ben de consumo duradeiro: automóbiles, electrodo-mésticos, ao superarse as penurias económicas da posguerra.

As industrias de bens de equipo: maquinaria, material de transporte, tiveron escasoDesenvolvemento ata mediados do s. XX, debido ao atraso tecnolóxico español.

3. A estrutura industrial 1855-1975.

A estrutura industrial deste período caracterizouse por:

• O sistema de produción foi diverso: - as pequenas fábricas mantiveron sistemas tradicionais- As grandes fábricas adoptaron desde o 1º terzo do XX o sistema fordista, que integraba as distintas etapas da fabricación dun produto nunha cadea de produción na que cada traballadorestaba especializado nunha soa tarefa. Este sistema permitía economías de escala*.

b) O tamaño das empresas era moi contrastado:- as pequenas empresas, maioritarias, con baixo nivel del investimento, tecnoloxía e competitivi-dade.-As grandes empresas creceron desde comezos do XX e, sobre todo no franquismo. Foron empresas do INI de sectores básicos, ou filiais de empresas multinacionais nos sectoresde maior crecemento e complexidade tecnolóxica.

c) O atraso tecnolóxico e a dependencia externa definiron desde o principio a industria española.

d) A man de obra industrial aumentou e caracterizouse pola súa escasa cualificación.

O RESULTADO DESTA SITUACIÓN FOI UNHA INDUSTRIALIZACIÓN CON GRANDESLIMITACIÓNS QUE COLOCOU Á INDUSTRIA ESPAÑOLA NUNHA POSICIÓN SEMIPERIFÉRICANO CONTEXTO MUNDIAL.

4. A localización industrial 1855-1975.

A industria localízase nos espazos que ofrecen factores máis ventaxosos para alcanzar o máximo beneficio. Os factores varían para cada sector e ao longo do tempo.

4.1 Os factores clásicos de localización industrial

Entre 1855-1975 influíron máis os factores “clásicos” de localización industrial:

• Proximidade ás materias primas e fontes de enerxía.• Mercado de consumo amplo• Man de obra abundante e barata, ou ben preparada para traballar.• Sistema de transporte eficaces para os produtos• Capital ou capacidade para atraelo.• Sectores de apoio: servizos, boas infraestructuras e equipamentos.• Política industrial favorable á implantación de fábricas.

4.2 A tendencia á concentración industrial.

Neste período as industrias tenderon a concentrarse en grandes aglomeracións urbano-industriais:Proximidade de empresas auxiliares, facilidade para o abastecemento, o transporte e man de obra,Numerosos servizos...

5. As áreas industriais 1855-1975.

5.1 As primeiras áreas industriais.

a) A periferia peninsular e Madrid concentraron a industria desde os seus inicios. Nestas zonasxurdiron diferentes áreas industriais:

-As áreas de base extractiva transformaban recursos voluminosos e localizáronse xunto aosdepósitos minerais para aforrar gastos de transporte.

-As áreas de base portuaria localízáronse xunto a certos portos que aseguraban o aprovisiona-mento ou a saída dos produtos.

-As áreas urbano-industriais xurdiron nas cidades, que achegaban mercado de traballo e deconsumo servizos e equipamentos...Destacaba o caso de Madrid.

b) No resto do territorio só se crearon focos industriais dispersos, baseados en producións Tradicionais, sobre todo de orixe agraria (fariña, azucre...)

5.2 As áreas industriais entre 1900 e 1975.

Durante o primeiro terzo do s.XX e a época franquista consolidáronse os desequilibrios territoriais:

a) As rexións industriais existentes afianzaron a súa hexemonía:

• As rexións da franxa cantábrica (PaísVasco, Cantabria e Astuias): especializáronse en sectoresbásicos (siderometalurxia) e predominio da gran fábrica.

• As rexións mediterráneas (Cataluña e Valencia) contaron con máis diversificación industrial.

• Madrid consolidou o seu papel industrial grazas á política centralista do franquismo.

b) Iniciouse certa difusión da industria cara a espazos novos na década de 1960:

• As periferias de grandes aglomeracións urbano-industriais recibiron industrias que buscabansolo barato.

• Creáronse eixes industriais nacionais ao longo das principais vias de comunicación entre asrexións máis industrializadas...

• Xurdiron enclaves industriais illados en cidades que instalaron industrias básicas.

c) No resto do territorio español, a industrialización foi escasa. Limitouse ás capitais provinciais.

6. A política industrial 1855-1975

6.1 O marco e os obxectivos da política industrial.

a) O marco no que se desenvolveu a política industrial neste período caracterizouse por:

• A política proteccionista: libraba a industria da competencia externa

• A intervención estatal na industria manifestouse na creación de empresas públicas.

b) Os obxectivos da política industrial foron impulsar a industria e correxir a súa desigual repartición.

6.2 A promoción e o desconxestionamento industrial.

a) A promoción industrial nas zonas atrasadas levouse a cabo a través da promoción e o desenvolvemento: incentivos como subvencións, créditos oficiais, desgravacións fiscais...Os resultados foron mediocres: os investimentos e os postos de traballo non alcanzaron asprevisións.

b) O desconxestionamento das grandes aglomeracións urbano-industriais promoveuse trasladandoparte da industria a polígonos de descontextualización industrial, creados en áreas próximas.

A CRISE E A RESSTRUTURACIÓN INDUSTRIAL: 1975-1985

1. A CRISE INDUSTRIAL.

1.1 CAUSAS: Encarecemento da enerxía: suba do prezo do petróleo

A 3ª Rev. Ind. Xerou novas innovacións tecnolóxicas (informática.Microelectrónica...) que deixaron anticuado o sistema anterior.

Novas esixencias da demanda en calidade e deseño requerían unhainnovación permanente que non todas as empresas podían facer.

A globalización da economía

As deficiencias da industria española

A conxuntura histórica: morte de Franco e transición.

1.2 CONSECUENCIAS: pecharon moitas empresas, descendeu a produción, caeron os beneficios, aumento das débedas e do paro...

2. A REESTRUTURACIÓN INDUSTRIAL.

Os países da OCDE adoptaron desde 1975 políticas de reestruturación industrial: os obxectivosforon a reconversión industrial e a reindustrialización. Tiveron axudas financieiras, fiscais...

A INDUSTRIA ESPAÑOLA NA ACTUALIDADE.

1. RECUPERACIÓN DA INDUSTRIA 1985-2007

Desde 1985 a industria española recuperouse da crise.

Nesta recuperación influíron a incorporación española á Comunidade Europea en 1986 e aprogresiva adopción dos cambios da terceira Revolución Industrial:

Incorporación CE: mercado competitivo, normativa industrial comunitaria, aumento domercado para os produtores españois, entrada de capital estranxeiro...

Cambios da 3ª Rev. Ind.: innovación que consiste en aplicar avances da revolución científica eTecnolóxica á obtención de novos produtos, ao proceso de produción, á organización...

• a revolución tecnolóxica impulsa novos sectores industriais: “alta tecnoloxía”:

-TELEMÁTICA- AUTOMATIZACIÓN- INSTRUMENTOS DE PRECISIÓN- NOVOS MATERIAIS - MODERNOS MEDIOS DE TRANSPORTE- BIOTECNOLOXÍA, LÁSER E ENERXÍAS RENOVABLES.

2. A PRODUCIÓN INDUSTRIAL ACTUAL

En España seguen tendo un peso destacado os sectores industriais maduros con baixa intensidade tecnolóxica; os sectores máis dinámicos contan cunha forte presenza de capital estranxeiro, e os sectores de alta tecnoloxía teñen menor implantación ca noutros países europeos.

Sectores industriais maduros: - a metalurxia básica e de transformación metálica- a fabricación de electrodomésticos de liña branca- a construción naval- a industria textil e de confección.

Sectores industriais dinámicos:- sector do automóbil- sector químico: a petroquímica ou química de base e a química de transformaición- sector agroalimentario

Sectores industriais punta ou de alta tecnoloxía:- material eléctrico e electrónico- ordenadores- instrumentos ópticos e de precisión...

3. A estrutura actual da industria.

A estrutura da industria española padece na actualidade algúns problemas que lle restan competitividade e dificultan as vendas no mercado exterior:

- A dimensión media das empresas e das industrias é reducida.- A investigación e a innovación son insuficientes.- A creación de tecnoloxía é insuficiente e dependente.

4. A localización industrial actual.

Desde a década de 1980 obsérvanse cambios nos factores e nas tendencias da localizaciónindustrial, aínda que se manteñen as grandes concentracións industriais herdadas.

4.1 Os factores industriais de localización:- Perde importancia a proximidade aos recursos naturais e ao mercado de consumo- É relevante a dispoñibilidade de bos sistemas de transporte e comunicación e a man de obra- Os principais factores actuais: o acceso á innovación e á información e o territorio adquire cada vez máis peso como factor de localización industrial.

4.2 As tendencias actuais: difusión e concentración.

Os cambios sinalados modificaron as tendencias de localización industrial: acentúase a difusión de parte da industria cara a espazos periféricos, á vez que se mantén o forte atractivo das áreas urbano-industriais máis desenvolvidas.

5. As áreas industriais actuais

En España, a localización industrial mantén na actualidade fortes desequilibrios territoriais,agravados pola tendencia dos sectores máis dinámicos a localizarse nas rexións máisavanzadas.As desigualdades na distribución espacial da industria son á súa vez fonte doutros desequi-librios territoriais na repartición da poboación; na riqueza; na dotación de infraestruturas,de equipamentos e de servizos; e no peso político, que lles afectaron negativamente ásrexións españolas menos industrializadas.

top related