árbores senlleiras da terra cha

Post on 13-Apr-2017

713 Views

Category:

Environment

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

ÁRBORES SENLLEIRAS

DA TERRA CHA

A TERRA CHA (administrativa) é unha comarca situada no centro-norte da provincia de Lugo que ocupa parte da penichaira do mesmo nome.

SUPERFICIE: 1.823 km2

HABITANTES: 46.000 aprox.

CONCELLOS: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade.

ESPAZOS PROTEXIDOS: Reserva da Biosfera “Terras do Miño”, LICs “Parga-Ladra-Támoga” e “Serra do Xistral”.

... O seu espazo real non coincide co oficial. Imos, pois, determinar o seu espazo real, o que a xente denomina e coñece como Terra Chá. A TERRA CHA linda ao norte coas Serras da Corda e da Carba. Ao sur, cos Montes de Outeiro Maior e a Serra do Fitoiro, que hai quen lle chama do Mirador, e incluso de San Fitoiro. Ao leste, ou nacente, coa Serra de Meira; e ao oeste, ou poñente, coa serra da Loba, Cordal do Montouto e Cova da Serpe. Pertence a tres partidos xudiciais e a dous bispados. As demarcacións municipais non cadran coa da bisbarra. Na actual división comarcal de Galicia incluíron na Terra Chá concellos enteiros, ou parte deles, que xeograficamente non son nin endexamais se consideraron chairegos. E excluíron outros esencialmente chairegos como Rábade e Outeiro de Rei. A Terra Chá ten 1933 quilómetros cadrados e 208 parroquias.

Manuel María, en “A TERRA CHÁ: POESÍA E PAISAXE”, discurso de toma de posesión como membro da REAL ACADEMIA GALEGA.

Unha constante na paisaxe da Terra Cha son as árbores. A Chaira vese interrumpida cada pouco polas ringleiras de árbores que acompañan o curso sinuoso dos numerosos ríos, as que marcan as lindes das fincas e as masas que ocupan as áreas próximas aos moitos humidais que se atopan espallados por toda a comarca. As máis comúns son as propias das zonas húmidas (bidueiros, amieiras, salgueiros...) e os carballos. Ademáis atópanse exemplares illados que polo seu tamaño ou porte merecen o noso interese.

Neste traballo recollemos unha mostra das árbores que fumos

atopando e que nos chamaron a atención polo seu tamaño, idade, aspecto ou significado cultural.

O perímetro do toro está medido a 1,30 de altura do chan. (P) Incluídas no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

CARBALLO(Quercus robur)

Árbore de folla caediza, coa copa alta e ancha. Pode acadar os 45 m de altura.É a árbore autóctona máis representativa, común en toda Galiza, especialmente en alturas inferiores aos 800 m.

¡Carballos rexos, potentes,calados ou musicalesque loitais como valentescoas xistras e os vendavales!

¡Duros carballos verdeados,petrucios e sedentarios!¡Estades na Chá chantados,solemnes e centenarios!

Como amo a vosa belezada máis baril sobriedade!¡Que sensación de fortezaollando prá eternidade!

Manuel María (Terra Chá)

Carballo da Casa de Altide (Begonte). Ten 20,5 m de altura, 7 m de perímetro. Atópase no interior dunha propiedade.

Carballo do Roxo (Altide, Begonte)-8 m de perímetro.Atópase no interior dunha propiedade.

Carballo de Fandiño (Bóveda, Begonte). -4,20 m de perímetro.Atópase á esquerda da estrada de Bóveda, á beira do río Ladra.

Carballo do Campo de Arriba(Saavedra, Begonte)-4,50 m de perímetro.

Carballo en Santo Adrao de Carballido (Begonte)

Carballo de A Torre(Balmonte, Castro de Rei)-4 m de perímetro

Carballo da Grueira(Goberno, Castro de Rei)-2,92 m de perímetro

Carballo de Luxís. (Pacios-Castro de Rei). -20 m de altura e 4,20 m de perímetro. Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

É un carballo avó, de centos de anos,abrigo e honor da casa de Luxís.É un dos millor feitos e máis sanose máis grandes que medran no país......Xosé Crecente Vega “O carballo de Luxís”

Carballo do Prado Grande do Cacharrón (Cospeito)-5,70 m de perímetro.

Carballos de Muimenta (Cospeito)-Catro carballos situados no campo entre a antiga igrexa e a escola. O máis groso mide 4,44 m de perímetro.Incluídos no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

Carballo de Muimenta (Cospeito)-4,44 m de perímetro.Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

Carballo en Santa María de Cospeito(Cospeito)

Carballo de Estremil(Labrada, Guitiriz)-3,50 m de perímetro.

Carballo de Campoverde(O Buriz, Guitiriz)-6 m de perímetro

Carballo de Bustelo(O Buriz, Guitiriz)-4 m de perímetro

Carballos de Muras Varios carballos de 5,60 e 5,10 de perímetro. Atópanse no paseo fluvial do Eume, pouco despois de rematar a área recreativa.

Carballeira de Santa Sabela(Outeiro de Rei).A carón do río Miño.

Carballo na Illa de Seivane(Outeiro de Rei)

Carballeira na Illa de Seivane(Outeiro de Rei)

Carballo da Casa da Carballeiras(Vicinte, Outeiro de Rei)-18,5 m de altura e 5,20 de perímetro.

Carballo de Guillar(Outeiro de Rei)Á beira do río Miño.

Carballo de Marcelle (Outeiro de Rei)-24 m de altura e 4,60 de perímetro.No interior do parque zoolóxico.

Carballo da Casa de Bravos (Outeiro de Rei)-25 m de altura e 5,6 m de perímetro.

Carballo en Bravos (Outeiro de Rei)

A Carballa (Castelo de Rei, Outeiro de Rei)-5,6 m de perímetro

Carballo de Cela(Outeiro de Rei)-4,64 m de perímetro

Carballo de Ónega (Mosteiro, Pol)-5 m de perímetro.

Carballo do Batán (Valonga, Rioxoán, Pol)-4,90 m de perímetro.

Carballo do Batán (Valonga, Rioxoán, Pol)-4,30 m de perímetro.

Carballo Gordo de Tras do Regueiro (Rábade)-4,73 m de perímetro.

Carballo de O Cobreiro(Sancovade-Vilalba)-6 m de perímetro

Carballo da Capela dos Remedios (Ladra-Vilalba)-3,45 m de perímetro.

Casa da Rúa (Xoibán, Vilalba)-6 m de perímetro

Carba de Casamado (Goiriz, Vilalba) -7,30 m de perímetro.

Carba de Casamado(Goiriz, Vilalba) -3,40 m de perímetro.

Carba de Gomariz (Goiriz, Vilalba) -7,24 m de perímetro.

Carba de Gomariz (Goiriz, Vilalba) -5,25 m de perímetro.

Carballo de O Curro(Nete-Vilalba) -4,08 m de perímetro.

Carballo de O Curro(Nete-Vilalba) -4,10 m de perímetro.

Carballo de Mede (Cazás-Xermade). -34 m de altura.

Carballo de Freán. Cazás (Xermade).-20,30 m de altura e 7,55 m de perímetro.Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

O Batan de Folgoso (Lousada, Xermade)-5 m de perímetro.

Folgoso (Lousada, Xermade)-5,53 m de perímetro.

CASTIÑEIRO(Castanea sativa)

Árbore de folla caediza orixinaria de Asia Menor que se difundiu por Galiza desde tempos moi antigos e, en especial na época romana. A copa é cónica nos exemplares novos e esférica nos máis vellos. Pode acadar os 30 m de altura.

Castiñeiro da Capela.Baamonde (Begonte). Situado no adro da igrexa parroquial de Baamonde. No seu interior ten unha capela. -12,90 m de altura; 6,60 m de perímetro.Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

Está soio o castiñeirono cómaro dun labradío.E como o ollo senlleiroeu coido que sinte frío!

Ten a copa moi redondae ten a casca enrugada.Debe sentir pena fondalembrando a vida pasada!

Como xa ten tantos anosos seus foron morrendo.Agora arbres estranosescóitano estar xemendo!

Case non hai castiñeiros!Os que hai son de respeto;e con furados velliños,orfos, tristeiros do peto...!

Manuel María: “Castiñeiro”

Castiñeiro de Vilapene(Cospeito)-4,80 m de perímetro

Castiñeiro de Belote(Lagostelle, Guitiriz)-5,40 m de perímetro.

Castiñeiro de Sancroio(Vicinte-Outeiro de Rei)

Castiñeiro de Lindín(Carballido, Vilalba)-4,32 m de perímetro

FREIXO(Fraxinus excelsior)

É unha árbore de folla caediza, composta, que gosta de terreos fértiles e húmidos. Pode acadar os 40 metros de altura. É orixinaria do sur de Europa, norte de África e oeste de Asia. En Galiza aparece no norte. Nas montañas orientais forma freixedos, pequenas masas de bosque de ribeira.

Freixo de Muimenta (Cospeito)-3,25 m de perímetro. Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

No campo de entre as casas, terra atopou de gustoe prendeu i enraizou hastra moi fondo nela.E xa ten centos de anos. I está sano e rebusto,co seu follaxe verde i a súa flor marela......Crecente Vega “O freixo”

PRADAIRO, PRADOEIRO(Acer pseudoplatanus)

Árbore de copa de forma ovoide, ampla e frondosa, que pode acadar os 40 m de altura. É orixinaria do centro e sur de Europa.Vive en solos fértiles e profundos de vales e bosques caducifolios. En Galiza atópase sobre todo nos montes de Os Ancares e O Courel entre 700 e 1.200 m de altitude.

“Pravia” (Vilalba, Lugo)-11,15 m de altura e 5 m de perímetro.Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

Pradairo de Labrada (Abadín, Lugo)-2,90 m de perímetro.

Pradairo de Labrada (Guitiriz, Lugo)-2,30 m de perímetro.

ACIVRO(Ilex aquifolium)

Árbore propia de zonas de montaña, de copa cónica, ramificada desde a base, e coa follaxe moi densa cando medra illado. Pode acadar os 5 m de altura.

Acivro da Casa da Quinta(Folgoso, Lousada, Xermade)-3,25 de perímetro.

Acivro de Rioaveso (Vilalba-Lugo)-2,10 de perímetro.

ULMEIRO, UMEIRO(Ulmus x hollandica )

É un híbrido natural entre o ulmeiro de montaña e o ulmeiro mediterráneo.Os ulmeiros ou son árbores caducifolias ou semicaducifolias que se extenden polo hemisferio norte, desde Siberia a México e Xapón.Moitas especies son cultivadas e hai numerosas variedades.

Ulmeiro (Ulmus hollandica) do xardín municipal de Vilalba, plantado a finais do século XIX. Mide 15 m de altura.

EUCALIPTO DO MANÁ(Eucalyptus viminalis )

Árbore de folla persistente que pode acadar os 50 m de altura.Ten a tona branca-crema, as follas estreitas e rectas e as flores pequenas. En Galiza atópase cultivada e ocasionalmente naturalizada na zona litoral.

Eucalipto do maná da Casa de Órdax. As Lombas (Castro de Rei).Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

TEIXO(Taxus baccata)

Árbore de folla persistentes, de copa cónica e ancha, que pode acadar 15 m de altura. É orixinaria de Europa e sudoeste de Asia e vive en zonas de montaña, en bosques mixtos e cavorcos sombrizos. É unha árbore moi lonxeva que pode superar os 2.000 anos.Plántase nos parques e xardíns.

Teixo de A Torre(Balmonte-Castro de Rei). -4,32 m de perímetro.Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

Teixo de Luxís(Pacios, Castro de Rei)-4,5 m de perímetro no pé.

PIÑEIRO DE MONTERREIPIÑEIRO DE REPOBOACIÓN(Pinus radiata)Orixinario de California. É sensible ao frío e á xeada e so se planta en zonas próximas ao mar. É unha especie que medra rápido En Galiza foi moi plantado nas repoboacións forestais.

Piñeiro de Monterrei de A Torre (Balmonte, Castro de Rei)-4,60 m de perímetro.

ALCIPRESTE DE CALIFORNIA(Cupressus macrocarpa)

Árbore caducifolia nativa do suroeste dos EE.UU. En Galiza é común coma ornamental.É unha árbore de copa ancha e abovedada que pode acadar os 30 m coa casca vermella e gretada.

Alcipreste de California do adro da igrexa de Xermade. -5,90 m de perímetro.

Xardín do Balneario de Guitiriz-5,82 m de perímetro.

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Decembro 2015

BIBLIOGRAFÍA: Ricardo Polín: “Escritos na floresta”, Vilalba 2014

top related