a civilización grega

Post on 10-Feb-2017

116 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

A CIVILIZACIÓN

GREGA1º ESO

RPV

1.- O NACEMENTO DO MUNDO GREGO 

● As orixes da civilización grega sitúanse ao sur da peninsula dos Balcáns, concretamente, e axiña se estendeu polas illas dos mares Exeo e Xónico e as costas de Asia Menor. Todo este territorio recibiría o nome de Hélade.

● Os gregos, influídos pola orografía, organizáronse en pequenas cidades-Estado independentes unhas das outras chamadas polis, pero compartían unha mesma lingua, relixión, cultura e territorio.

● Os gregos vivían da agricultura, do pastoreo, da pesca e do comercio que desenvolveron ao longo de todo o Mediterráneo.

● A relixión grega era politeísta. Os deuses habitaban no monte sagrado do Olimpo e Zeus era o pai de todos eles.

RPV

HÉLADE

RPV

ALFABETO GREGO

RPV

1.- O NACEMENTO DO MUNDO GREGO  Durante a Idade dos Metais, viviron na península

Balcánica varios pobos que se uniron e deron lugar ás civilizacións prehelénicas:

A civilización cretense ou minoica desenvolveuse na illa de Creta durante o III milenio a. C. o seu dominio eran as illas do Exeo.

A civilización micénica desenvolveuse entre os anos 1600 e 1200 a.C. Foi fundada polos aqueos, pobos procedentes do norte que dominarían a Grecia continental.

Época escura. Deuse no territorio grego sobre o 1200 a. C. e estivo protagonizada polos dorios, uns pobos procedentes do norte que someteron o resto dos habitantes da península do Peloponeso. Desde este momento ata o século VIII a. C., produciuse unha etapa de decadencia.

Cnossos (Creta)

Micenas

RPV

A HISTORIA DA GRECIA ANTIGAPERÍODOS:

A época arcaica: entre os séculos VIII e VI a. C. Neste período os gregos asentaron as polis e colonizaron as costas do mar Mediterráneo.

A época clásica: desde o século V a. C. ata a primeira metade do século IV a. C. Foi a etapa de maior esplendor de Grecia. Nela destacaron as polis de Atenas e de Esparta.

A época helenística: desde mediados do século IV ata o século I a. C. Durante este período apareceu unha das figuras máis relevantes da historia: Alexandre Magno. Do seu magno imperio xurdiron os reinos helenísticos que, co paso do tempo, serían sometidos polos romanos.

RPV

2.-

● Os gregos estaban organizados en pequenas cidades-Estado independentes unhas das outras chamadas POLIS. Partes:

Acrópole: situada na zona elevada da cidade, era un lugar de refuxio, onde tamén se construían os templos.

Ágora: unha praza central de grandes dimensións, onde se desenvolvía a vida comercial e política

● Cada polis tiña as súas leis, moeda, exército e goberno propios.

● Ao primeiro, as polis tiñan un goberno oligárquico (OLIGARQUÍA), compostos por uns poucos aristócratas, grandes propietarios agrícolas que constituían a elite guerreira. Esparta é un exemplo deste tipo de goberno.

● Na polis de Atenas xurdiu unha nova forma de goberno: a DEMOCRACIA: poder exercido polos cidadáns, reunidos periódicamente en asembleas. As reformas de Solón e Clístenes contribuíron á súa chegada.

ÉPOCA ARCAICA (ss. VIII-VI a.C.):ÉPOCA ARCAICA (ss. VIII-VI a.C.):

RPV

PARTES DUNHA POLIS

RPV

DEMOCRACIA ATENIENSE

RPV

FORMA DE GOBERNO DAS POLIS

RPV

● Entre os séculos VIII-VI a.C numerosos habitantes das cidades gregas emigraron a diferentes lugares das costas mediterráneas e do Mar Negro e colonizaron novas terras. Os fenicios tamén colonizaron zonas do Mediterráneo.

● As causas desta emigración foron: A escaseza de terras, a maioría eran propiedade dos aristócratas. A miseria na que vivían moitos campesiños porque en Grecia habitaba

moita xente e non había terras nin alimentos para todos. A existencia da escravitude por débedas. O espírito comercial e navegante dos gregos.

● As zonas máis importantes de colonización foron: a Magna Grecia (sur de Italia e Sicilia), Massalia (sur de Francia), Iberia (Emporion, Homeroskopeion, Mainaké) e o Mar Negro.

● Nestas zonas os gregos fundaron COLONIAS, polis independentes das cidades de orixe (METRÓPOLE) aínda que mantiñan con elas relacións comerciais e culturais. Introduciron novos cultivos, uso da moeda, escritura, etc.

3.- AS COLONIZACIÓNS GREGAS

RPV

EXPANSIÓN GREGA E FENICIA POLO MEDITERRÁNEO

RPV

ZONAS DE COLONIZACIÓNGREGA

RPV

COLONIA GREGA

RPV

EMPORION (Ampurias, Girona)

Fundada por colonos de Focea (na actual Turquía) no século VI a.C.

RPV TRIRREME ATENIENSE

RPV

● No século V a.C, baixo o goberno de Pericles, Atenas converteuse na polis hexemónica de Grecia.

● A forma de goberno que se estableceu en Atenas foi a democracia: poder do pobo. As institucións básicas deste sistema político eran:

Asemblea: reunión de todos os cidadáns de Atenas (Ekklesia), para votar as leis, decidir as declaracións de guerra e elixir aos maxistrados

Consello ou Boulé: 500 cidadáns que tiñan como función supervisar os maxistrados e facer que se cumprisen as leis.

Maxistrados: eran cidadáns elixidos pola Asemblea que se ocupaban dos asuntos públicos. Os máis importantes eran os Estrategos: dirixían a política exterior e o exército e os Arcontes: presidían os tribunais e as cerimonias relixiosas.

Tribunais populares de xustiza ou heliea: 6.000 cidadáns.

● A democracia ateniense era limitada: só podían participar na vida política os cidadáns: todos os homes libres, maiores de idade, nados de pai cidadán e nai ateniense. Formaban parte do exército, eran os hoplitas.

● Estaban excluídos dos dereitos políticos: as mulleres, os metecos (estranxeiros) e os escravos.

4.- A ÉPOCA CLÁSICA (ss V-IV a.C.)ATENAS

RPV

GRUPOS SOCIAIS EN ATENASORGANIZACIÓN POLÍTICA DE ATENAS

PERICLES HOPLITA

RPV

4.- A ÉPOCA CLÁSICA (ss V-IV a.C.)

Era unha sociedade militarista encabezada por unha aristocracia militar, onde había periecos (homes libres sen dereitos políticos) e ilotas (escravos)

Tratábase dun sistema oligárquico e diárquico: Tiñan á fronte a dous reis, pertencentes a dúas familias distintas, que

exercían poderes militares e relixiosos. O resto do goberno estaba composto por:

O Consello de Anciáns ou Xerusía: Estaba formado por 28 anciáns das familias máis poderosas e tamén polos dous reis. A súa función era propoñer leis e administrar xustiza, incluso aos propios reis.

Os maxistrados ou éforos: Eran 5, encargados de poñer en funcionamento as decisións da Xerusía, asesorar os reis e manter a orde interna.

A asemblea ou apella: Estaba formada por homes libres maiores de 30 anos (espartiatas ou hómoioi). O seu poder era escaso; as súas funcións limitábanse a elixir os éforos e os membros da Xerusía.

ESPARTA

RPV

POLÍTICA E SOCIEDADE EN ESPARTA

RPV

● No século V a.C., os persas (medos) lánzanse á conquista das polis de Grecia, producíndose as Guerras Médicas (492-449 a.C) .

● Os exércitos atenienses xunto coas polis aliadas inflixíronlles importantes derrotas ( Maratón e Salamina ) aos persas que acabarán retirándose.

● A vitoria sobre os persas outorgoulle a Atenas un papel dominante sobre o resto de cidades gregas, formando a Liga de Delos (447 a.C), alianza dirixida por Atenas, en previsión dun novo ataque dos persas.

● Atenas recadaba e administraba os impostos que pagaban as polis e gardábaos na illa de Delos: Tesouro da Liga de Delos.

● Cando algunhas polis, cansas do dominio abusivo de Atenas, quixeron abandonar a alianza, esta impedíullelo pola forza estalando as Guerras do Peloponeso (431 - 404 a.C.). Esparta encabezou unha coalición de cidades, Liga do Peloponeso, contra a Liga de Delos dirixida por Atenas.

● Estas guerras remataron coa derrota de Atenas e a decadencia das polis gregas.

5.- O ESPLENDOR DE ATENAS (SÉCULO V a.C.)

RPV GUERRAS MÉDICASFILÍPIDES

RPV GUERRAS DO PELOPONESO

RPV ACRÓPOLE DE ATENAS

RPV

6.- A GRECIA HELENÍSTICA● Macedonia, ao norte de Grecia, era no século IV un reino illado.

● O rei Filipo II aproveitando o declive das cidades gregas, logo das Guerras do Peloponeso, cun potente exército (falanxes) conseguiu o dominio de Grecia cara o 338 a.C.

● No 336 a.C o fillo de Filipo II, Alexandre Magno sucedeuno no goberno, e conseguiu unificar as cidades gregas, derrotar aos persas e chegar ata a India, creando un gran Imperio e expandindo a cultura grega por todo o Mediterráneo e o Proxímo Oriente (helenismo)

● Tras a morte de Alexandre Magno (323 a.C) os seus xenerais repartíronse o imperio, xurdindo reinos independentes chamados reinos helenísticos. Os máis importantes foron Exipto, con centro en Alexandría, e Siria, con capital en Antioquía. Entre os séculos II e I a.C. pasaron a de depender do Imperio Romano.

FALANXE MACEDONIA

ALEJANDRO MAGNO E BUCÉFALO

RPV

AS CONQUISTAS DE ALEXANDRE MAGNO A TRAVÉS DOS TEXTOS

ASIA MENOR

EXIPTO

IMPERIO PERSA

CHEGADA Á INDIA

RPV

IMPERIO DE ALEXANDRE MAGNO

RPV

IMPERIO DE ALEJANDRO MAGNO

RPV

ESTADOS HELENÍSTICOS

RPV

● A cultura creada polos antigos gregos e romanos é a base da nosa cultura occidental.

● En Grecia naceron a filosofía, o coñecemento científico, os canons artísticos, os Xogos Olímpicos (776 a. C.) e a democracia como forma de goberno.

7.- A HERDANZA DA CULTURA CLÁSICA GREGA

CORREDORES LANZADOR DE DISCO

COROA DE OLIVO

RPV

● A relixión grega era politeísta: os deuses gregos habitaban no Olimpo, eran antropomorfos e inmortais: Zeus, Hera, Poseidón, Apolo, Ares, Dionisio,… Existían ademais heroes: fillos de deuses e mortais.

● As historias dos Deuses denomínase mitoloxía. Os mitos gregos explicaban a orixe do mundo. Exemplos: mito do talón de Aquiles ou o mito de Pandora.

● Celebraban moitas cerimonias ou cultos para adorar aos seus deuses:

Cultos familiares: o pai era quen facía os ritos Cultos das cidades: cada cidade tiña as súas

cerimonias: en Atenas celebrábanse as Panateneas, culto á deusa Atenea, no que unha procesión percorría as rúas da cidade.

Cultos panhelénicos (de todos os gregos): Destacan o Oráculo de Delfos no que unha sacerdotisa (pitonisa) facía preguntas ao deus Apolo sobre o futuro das persoas; Xogos olímpicos en honor a Zeus.

8.- DEUSES, HEROES E MITOS

RPV OS DEUSES GREGOS

RPV

DEUSES GREGOS E ROMANOS

RPV

● Grecia foi o berce da Filosofía e do pensamento racional, xa que os gregos trataron de buscar unha explicación lóxica da realidade.

● Os grandes filósofos gregos foron Sócrates, Platón e Aristóteles.

● Nas ciencias destacaron: Pitágoras (matemáticas), Arquímedes (física), Hipócrates (medicina), Eratóstenes (xeografía) e Aristarco (astronomía)

.● O teatro naceu en Grecia. Existen dous grandes xéneros teatrais: a traxedia e a comedia.

– A traxedia, unha peza que ten un desenlace funesto. Os grandes autores tráxicos foron Esquilo, Sófocles e Eurípides.

– A comedia obras divertidas cun desenlace feliz. Neste xénero salienta Aristófenes.

9.- A CULTURA GREGA

RPV TEATRO DE EPIDAURO

MÁSCARAS GREGAS

RPV

10.- A ARTE GREGA: ARQUITECTURA, ESCULTURA E PINTURA

● A arquitectura grega é arquitrabada ou alintelada: unión de columnas e trabes horizontais. Os gregos non usaron nin o arco nin a bóveda.

● Foron os creadores das ordes ou estilos arquitectónicos: dórico, xónico e corintio.

● Os edificios máis representativos foron os templos como o Partenón de Atenas e os teatros como o Teatro de Epidauro.

ARQUITECTURA

RPV PARTES DUN TEMPLO GREGO

RPV

PARTENÓN

ATENEA NIKÉ TRIBUNA DAS CARIÁTIDES

RPV

DÓRICO

Templo do Tesouro dos Atenienses (Delfos), de estilo dórico, 490 a.C

RPV

XÓNICO

Templo de Atenea Nike, de estilo xónico, 421 a.C.

RPV

CORINTIO

Templo de Zeus ou Olimpieion, de estilo corintio, iniciado no século VI a.C. e rematado no II d.C

RPV

10.- A ARTE GREGA: ARQUITECTURA, ESCULTURA E PINTURA

● As estatuas esculpíanse en pedra, mármore ou bronce e estaban pintadas con vivas cores.

● Pretendían representar a beleza ideal e o movemento.

● Buscaron as proporcións ideais do corpo humano e desenvolveron un modelo para a súa representación baseado nun xogo de proporcións entre as distintas partes do corpo: o canon.

ESCULTURA

RPV

● Na escultura grega distínguense tres etapas:

– Época arcaica: Na época arcaica representábase a mozos/atletas espidos (koúroi) e doncelas ataviadas con vestidos (korai). O corpo tratábase rixidamente, sen movemento, en posición frontal, cos brazos pegados ao corpo e rostro inexpresivo. Koré do peplos; Kourós de Anavyssos; Cleobis e Bitón; Dama de Auxerre.

– Época clásica: Na época clásica (séculos V e IV a.C) conseguiron representar o corpo humano de maneira proporcionada (canon) e darlle movemento. Escultores destacados: Mirón, Fidias, Polícleto, Praxíteles e Lisipo. Discóbolo de Mirón; Policleto: Doríforo; Lisipo: Apoxiómeno; Praxíteles: Hermes con Dionisos

– Época helenística: Na época helenística a escultura adquiriu un sentido máis dramático e realista, xa que se buscaba a expresión das emocións humanas (dor, forza, tensión...).. Gálata moribundo Laoconte e os seus fillos; Venus de Milo.

10.- A ARTE GREGA: ARQUITECTURA, ESCULTURA E PINTURA

RPV

A ESCULTURA GREGA: ÉPOCA ARCAICA

Kourós de AnavyssosCleobis e BitónDama de Auxerre Koré

RPV

A ESCULTURA GREGA: ÉPOCA CLÁSICA

Discóbolo de Mirón Doríforo de Policleto

Hermes con Dionisos, Praxíteles

Apoxiómeno, Lisipo

RPV

A ESCULTURA GREGA: ÉPOCA HELENÍSTICA

Laoconte e os seus fillos Venus de Milo

Gálata moribundo

RPV

● Os oleiros gregos foron hábiles artesáns. Moitas pezas tiñan fermosas pinturas. Estas imaxes proporcionáronnos unha valiosa información sobre a cultura e mais o modo de vida dos gregos.

● Salientaban as de figuras negras sobre fondo ocre ou vermello e as de figuras vermellas sobre fondo negro.

10.- A ARTE GREGA: ARQUITECTURA, ESCULTURA E PINTURAPINTURA

RPV

FINFIN

top related