a civilizaciÓn gregaa civilizaciÓn grega 2 2- facede un esquema que reflicta as diferentes etapas...

6
A CIVILIZACIÓN GREGA 1 1- Debuxa un mapa da Hélade e sitúa todos os lugares nomeados no apartado 1 (páxinas 206-207) / (200-201) Podes usar como modelo o mapa da páxina 202 /208. É mais grande e será máis fácil para ti

Upload: others

Post on 29-Jul-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A CIVILIZACIÓN GREGAA CIVILIZACIÓN GREGA 2 2- Facede un esquema que reflicta as diferentes etapas da historia de Grecia. Inclúe a civilización cretense e a micénica. Non esquezas

A CIVILIZACIÓN GREGA

1

1- Debuxa un mapa da Hélade e sitúa todos os lugares nomeados no

apartado 1 (páxinas 206-207) / (200-201)

Podes usar como modelo o mapa da páxina 202 /208. É mais grande e será

máis fácil para ti

Page 2: A CIVILIZACIÓN GREGAA CIVILIZACIÓN GREGA 2 2- Facede un esquema que reflicta as diferentes etapas da historia de Grecia. Inclúe a civilización cretense e a micénica. Non esquezas

A CIVILIZACIÓN GREGA

2

2- Facede un esquema que reflicta as diferentes etapas da historia de

Grecia. Inclúe a civilización cretense e a micénica. Non esquezas incluír datas

de inicio e final de cada etapa e os sucesos máis importantes. Se prefires fai

unha liña do tempo. En calquera caso, usa diferentes cores.

Page 3: A CIVILIZACIÓN GREGAA CIVILIZACIÓN GREGA 2 2- Facede un esquema que reflicta as diferentes etapas da historia de Grecia. Inclúe a civilización cretense e a micénica. Non esquezas

A CIVILIZACIÓN GREGA

3

3- A civilización cretense ou minoica desapareceu de repente e quedou na

memoria de mitos e lendas. Aquí tes un documental que recrea os últimos días

desta marabillosa cultura.

La Atlántida - El Fin De Un Mundo - El Nacimiento De Una Leyenda

https://www.documaniatv.com/historia/la-atlantida-el-fin-del-mundo-y-el-nacimiento-de-una-leyenda-

video_b4b68f413.html

A historia concreta que relata é imaxinaria pero o marco xeográfico, histórico

e a ambientación axústase a realidade, como poderás comprobar polas imaxes

das cuestións

• O filósofo Platón recolle o mito da Atlántida, que agora se pensa que ten

unha base real nesta civilización. Explica que di este mito.

• Sitúa no teu mapa a illa de Thera, tamén chamada agora Santorini

• O toro era un animal sagrado para esta civilización. A partir das imaxes

da película e deste fermoso fresco que se conservou, explica en que

consiste a cerimonia da taurocatapsia o salto do toro

Page 4: A CIVILIZACIÓN GREGAA CIVILIZACIÓN GREGA 2 2- Facede un esquema que reflicta as diferentes etapas da historia de Grecia. Inclúe a civilización cretense e a micénica. Non esquezas

A CIVILIZACIÓN GREGA

4

• Picasso sentiu unha grande admiración polo touro e por esta civilización.

Qué animal mitolóxico utilizou neste debuxo e nesta portada dunha

revista que lle encargaron?

• Cal vai ser a principal actividade económica dos minoicos?

fresco minoico

• As casas minoicas admiraron aos arqueólogos cando as atoparon polo seu

grado de desenvolvemento. Explica as súas características principais.

habitación dunha casa de Akrotiri rúa de Akrotiri

Page 5: A CIVILIZACIÓN GREGAA CIVILIZACIÓN GREGA 2 2- Facede un esquema que reflicta as diferentes etapas da historia de Grecia. Inclúe a civilización cretense e a micénica. Non esquezas

A CIVILIZACIÓN GREGA

5

• Os actores deste documental están moi ben caracterizados e elixidos,

tendo en conta as pinturas que se conservaron, nas que natureza e

persoas son os motivos principais. Explica como eran fisicamente

• A relixión estaba en mans das mulleres, como demostran as múltiples

pinturas, figuriñas, aneis atopados. Fíxate nas imaxes e explica cómo era

o típico traxe minoico.

Page 6: A CIVILIZACIÓN GREGAA CIVILIZACIÓN GREGA 2 2- Facede un esquema que reflicta as diferentes etapas da historia de Grecia. Inclúe a civilización cretense e a micénica. Non esquezas

A CIVILIZACIÓN GREGA

6

• Explica cómo foi a terrible explosión volcánica que destruíu non só a illa

de Thera, tamén Creta, e as consecuencias que tivo a explosión en todo o

Mediterráneo

• ¿Qué outro pobo substituíu aos minoicos no control do Mediterráneo?

• Se queres ver máis imaxes de Thera na actualidade e reconstrucións

podes consultar aquí.

https://historia.nationalgeographic.com.es/a/supervolcan-que-destruyo-thera_8670/7

• Thera agora é un dos destinos turísticos máis visitados de Grecia polo

seu paisaxe volcánico impactante, polos seus preciosos pobos e pola súa

riqueza arqueolóxica, a pesar de que é moi pequeniña: 20 km de longo por

6 de ancho