4.4.- medio ambiente e desenvolvemento sostibleda lei 1/2005. no período de notificación de 2015,...

14
283 A análise do medioambiente realizado neste capítulo estrutúrase en catro grandes apar- tados, que se centran nos aspectos relacio- nados co cambio climático, a natureza e biodiversidade e a recollida de residuos só- lidos. Cambio climático O Convenio Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático e o protocolo de Kioto tratan de acadar una resposta internacional conxunta para atallar o cambio climático. Do 30 de novembro ao 12 de decembro de 2015, celebrouse en París o 21º período de sesións da Conferencia das Partes na Con- vención Marco das Nacións Unidas sobre o cambio climático e o 11º período de sesións da reunión das partes do Protocolo de Kioto. O 12 de decembro, as partes acadaron un novo acordo mundial en materia de cambio climático. O acordo presenta un plan de ac- tuación para limitar o quecemento global por debaixo de 2ºC. Os principais elementos do novo acordo de París son: Obxectivo a longo prazo: os gobernos acordaron manter o incremento da tem- peratura media mundial moi por debaixo de 2ºC con respecto aos niveis preindus- triais e redobrar os esforzos para limitalo a 1,5ºC. Contribucións: Os países presentaron plans xerais nacionais de acción contra o cambio climático para reducir as súas emisións. Ambición: Os gobernos acordaron co- municar cada cinco anos as súas contri- bucións para fixar obxectivos máis ambiciosos. Transparencia: Os gobernos informa- rán sobre o grao de cumprimento dos obxectivos. Solidariedade: Os países desenvolvidos financiarán a loita contra o cambio climá- tico para axudas aos países en vía de de- senvolvemento tanto para reducir emisións como para aumentar a resilien- cia ante os efectos do cambio climático. O principal responsable do cambio climático 20 15 galicia Medio ambiente e desenvolvemento sosble 4.4.-

Upload: others

Post on 29-Feb-2020

12 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

283

A análise do medioambiente realizado nestecapítulo estrutúrase en catro grandes apar-tados, que se centran nos aspectos relacio-nados co cambio climático, a natureza ebiodiversidade e a recollida de residuos só-lidos.

Cambio climático

O Convenio Marco de Nacións Unidas sobreo Cambio Climático e o protocolo de Kiototratan de acadar una resposta internacionalconxunta para atallar o cambio climático.

Do 30 de novembro ao 12 de decembro de2015, celebrouse en París o 21º período desesións da Conferencia das Partes na Con-vención Marco das Nacións Unidas sobre ocambio climático e o 11º período de sesiónsda reunión das partes do Protocolo de Kioto.

O 12 de decembro, as partes acadaron unnovo acordo mundial en materia de cambioclimático. O acordo presenta un plan de ac-tuación para limitar o quecemento globalpor debaixo de 2ºC. Os principais elementos

do novo acordo de París son:– Obxectivo a longo prazo: os gobernosacordaron manter o incremento da tem-peratura media mundial moi por debaixode 2ºC con respecto aos niveis preindus-triais e redobrar os esforzos para limitaloa 1,5ºC.– Contribucións: Os países presentaronplans xerais nacionais de acción contra ocambio climático para reducir as súasemisións.– Ambición: Os gobernos acordaron co-municar cada cinco anos as súas contri-bucións para fixar obxectivos máisambiciosos.– Transparencia: Os gobernos informa-rán sobre o grao de cumprimento dosobxectivos.– Solidariedade: Os países desenvolvidosfinanciarán a loita contra o cambio climá-tico para axudas aos países en vía de de-senvolvemento tanto para reduciremisións como para aumentar a resilien-cia ante os efectos do cambio climático.

O principal responsable do cambio climático

2015galicia

Medio ambiente e desenvolvemento sostible4.4.-

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL

284

é o efecto invernadoiro, que está causadopolos denominados gases de efecto inverna-doiro (GEI). A Estratexia Europa 2020 es-tablece como un dos seus obxectivosprioritarios o de acadar un crecemento eu-ropeo sostible, no que a economía faga unuso máis eficaz dos seus recursos, apoiandoun cambio cara a unha economía con baixasemisións de carbono e maior eficacia ener-xética.

No marco desta estratexia sinálanse comoobxectivos de sostenibilidade os de acadarno ano 2020, reducir as emisións de gasesefecto invernadoiro nun 20% en compara-ción cos niveis de 1990, incrementar a por-centaxe de enerxías renovables sobre oconsumo final de enerxía e aumentar nun20% a eficiencia enerxética.

A nivel do Estado Español, o Programa Na-cional de Reformas de 2015, establece unhaserie de medidas pata acadar os obxectivosnacionais da Estratexia Europa 2020 (cadro

4.4.1.), no ámbito do cambio climático e asostenibilidade enerxética. En concreto per-seguen a redución das emisións de gases deefecto invernadoiro (GEI), participación dasenerxías renovables e eficiencia enerxética.

En relación co obxectivo de redución de emi-sións de GEI, as últimas proxeccións mos-tran unhas emisións por debaixo da sendade cumprimento nos sectores difusos, parao que se ven implementando una Folla deRuta dos Sectores Difusos a 2020, comple-mentada coa creación do Rexistro da pe-gada de carbono. Adicionalmente destacanos Plans de Impulso ao Medio Ambiente, oPlan Nacional de Adaptacións ao Cambio Cli-mático, ou os Programas de Incentivos aoVehículo Eficiente, entre outros.

En canto á participación das enerxías reno-vables no consumo final de enerxía, en2014, España acadou o 17,1% de grao depenetración, por encima da senda previstapara 2020 (12,1%).

Por último, respecto ao obxectivo de eficien-cia enerxética, o Plan Nacional de EficienciaEnerxética 2014-2020 recolle o obxectivo deconsumo de enerxía primaria en 2020 enconsonancia co obxectivo da UE 2020

As emisións de GEI en Galicia no ano 2013situáronse un 3,9% por debaixo das rexis-tradas no ano 1990, na liña de acadar o ob-xectivo fixado na Estratexia Europea 2020

l 4.4.1.

285

para un crecemento intelixente, sostible eintegrador de situar nese ano as emisiónsde gases efecto invernadoiro nun 92% res-pecto ás de 1990 e reducir as emisiónsentre 1990 y 2020 nun 20%.

Atendendo aos datos facilitados polo Minis-terio de Agricultura, Alimentación y MedioAmbiente, Galicia emitiu un total de 27,5millóns de toneladas de CO2, 1,1 millónsmenos que no ano base de 1990. A reducióndas emisións en Galicia dende a década dos90, contrasta co incremento de máis do10% rexistrado no conxunto do Estado.

En termos relativos, a redución de emisiónsde gases de efecto invernadoiro en Galiciano ano 2013 foi do 9,8% en relación ao anoanterior. Este descenso veu motivado prin-cipalmente pola redución de emisións aso-ciadas ás industrias do sector enerxético(20,7% menos que en 2012). Na maioríados restantes sectores tamén se producirondescensos, aínda que máis moderados, des-tacando a caída do 12% das emisións aso-ciadas aos procesos de combustión naindustria e a diminución dun 3,8% das emi-sión asociadas aos propios procesos indus-triais. Soamente o sector agrícola aumentou

as súas emisións nun 2,4% respecto do anoanterior.

No ano 2013, en torno ás tres cuartas par-tes das emisións globais teñen a súa orixeno sector de procesamento de enerxía. Den-tro deste grupo, as industrias do sectorenerxético supoñen o 47% do total de emi-sións, mentres que o transporte xerou un25% do total de emisións do sector.

As emisións derivadas das actividades agrí-colas supuxeron un 13% do total no ano2013, mentres que os procesos industriaisxeraron un 6,3% das emisións globais.

Tal como se mostra no cadro 4.4.2., das27,1 millóns de toneladas de CO2 equiva-lente emitidas por Galicia no ano 2014, entorno á metade proveñen das instalaciónssometidas ao comercio de dereitos de emi-sión (sector directiva) e a metade restante,aos definidos como sectores difusos. Estesdatos non son directamente comparablescon anos anteriores debido a que o ámbitode aplicación do réxime de comercio de de-reitos de emisión modificouse a partir do 1de xaneiro de 2013, o cal propiciou o pasoao sector directiva de sectores como a fa-

2015galicia

l 4.4.2.

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL

286

l 4.4.3.

l 4.4.4.

l 4.4.5.

287

bricación de aluminio ou as ferroaliaxes,mentres que as emisións da maior parte dosector cerámico contabilízanse agora nosector difuso.

O cadro 4.4.5. mostra datos das inscriciónsdas emisións e entrega de dereitos de emi-sións das instalacións suxeitas á aplicaciónda Lei 1/2005. No período de notificación de2015, o volume total de emisións declara-das polas 48 instalacións afectadas pola de-vandita lei (dúas menos que no anoanterior) ascendeu a 15,3 millóns de tone-ladas de CO2. O 70% das emisións totaisdeclaradas corresponden ao sector da xera-ción de enerxía eléctrica, por diante do sec-tor do refino e produción de hidróxeno e daprodución de aluminio, co 8,8% e o 8,3%das emisións, respectivamente.

No último ano a cantidade de dereitos deemisión supera en 11,8 millóns a cantidadede dereitos asignados gratuitamente, dosque a meirande parte (10,7 millóns) corres-ponde á actividade de xeración de enerxía

eléctrica, quen dende o 1 de xaneiro de2013 xa non recibe ningún tipo de asigna-ción gratuíta.

Segundo os datos do Rexistro estatal de

emisións e fontes contaminantes, no ano2014 son 26 as actividades industriaiscontaminantes, ascendendo a 113 oscomplexos industriais clasificados taméncomo contaminantes. Galicia mantensecomo a cuarta Comunidade por númerode actividades industriais contaminantessituándose como a novena en canto aonúmero de complexos industriais así cla-sificados con información pública (cadro

4.4.6.).

• Gasto das empresas en protección

medioambiental

A evolución e o volume de gasto, tantogasto corrente como os de investimento,que realiza a industria para evitar, reducirou eliminar a contaminación resultante dodesenvolvemento da súa actividade, per-

2015galicia

l 4.4.6.

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL

288

mite avaliar os resultados das políticasnacional e comunitaria nesta área medioam-biental.

O gasto da industria galega en protecciónambiental no ano 2013, (último dispoñible)increméntase un 2,6% en relación ao anoanterior, o que supón 4,3 millóns de eurosmáis. Este incremento é consecuencia doaumento do gasto corrente (6,6 millóns deeuros máis), que compensa o descenso de2,3 millóns no investimento total en protec-ción ambiental da industria galega (cadro

4.4.7.). Atendendo ao seu peso no con-

xunto do Estado, o gasto total representa o7,2% do total estatal, sendo do 8,6% nocaso do investimento.

Atendendo ao tipo de equipo e instalación,a industria galega dedica máis do 80% doinvestimento en protección ambiental aequipos e instalación integrados no propioproceso produtivo, fronte a só o 16% do in-vestimento total dedica a equipos e instala-cións independentes; a nivel estatal estasporcentaxes son máis equilibradas, con va-lores en torno ao 60% e 40%, respectiva-mente.

l 4.4.7.

289

En relación ao ano 2012, en termos absolu-tos, o investimento en equipos integradosde emisións ao aire acada un valor de 31millóns de euros, 17 millóns máis que noano 2012. Pola contra o investimento enequipos e instalacións integradas para axestión de augas residuais reduce a súacontía en máis de 12 millóns de euros.

Analizando a evolución dende o ano 2008dos investimentos en protección ambientalda industria tanto galega como estatal, de-dúcese un forte descenso, tanto no que res-pecta a equipos independentes comointegrados. Fronte ao dito descenso, os gas-tos correntes en protección ambiental na in-dustria aumentan nos últimos cinco anos,en torno ao 26% en Galicia e ao 10% noconxunto do Estado.

Do conxunto de industrias, as manufactu-reiras son as que realizan un maior gasto enprotección ambiental, co 79% do total. Oprincipal destino do investimento realizadopolas industrias manufactureiras en Galiciano que respecta á protección ambiental sonos equipos e instalación integrados para axestión das emisións ao aire, que, con 22,7millóns de euros, representan o 65% do in-vestimento da industria manufactureira e o47% do investimento en protección ambien-tal da industria galega no ano 2013.

Natureza e biodiversidade

Os espazos naturais protexidos son aquelesespazos ou ecosistemas máis representati-vos e significativos do territorio galego quedispoñen dun réxime especial de protección,tal como indica a Lei 9/2001, de conserva-ción da natureza. Segundo os datos propor-cionados polo anuario Europarc-España2013, (último dispoñible), a superficie totalcualificada como espazos naturais protexi-dos en Galicia representa o 5,6% do totalestatal.

En comparación co resto das CC.AA., o de-

vandito anuario indica que Galicia é a sétimaComunidade con menor superficie protexidaen relación á súa superficie territorial total.

Na Rede Galega de Espazos Naturais Prote-xidos, que representa en torno ao 12% dasuperficie total de Galicia e abrangue unhasuperficie de 397.660 hectáreas, das que o99,5% conta con instrumento de planifica-ción, están representados os principais eco-sistemas, paisaxes ou hábitats galegos. Adita Rede esta constituída por aqueles espa-zos protexidos declarados nalgunha das ca-tegorías seguintes:

• Seis parques naturais declarados (49.087hectáreas):

– Baixa Limia-Serra do Xurés.- 29.345ha– Complexo dunar de Corrubedo e La-goas de Carregal e Vixán.- 996ha– Fragas do Eume.- 9.126ha– Monte Aloia.- 746ha– O Invernadeiro.- 5.722ha– A Serra da Enciña da Lastra.- 3.152ha

• O parque nacional marítimo terrestre dasIllas Atlánticas, con 8.332,8 ha (7.138 hamariñas).

• Oito zonas declaradas como monumentosnaturais por ter un valor natural, paisaxís-tico, xeolóxico ou histórico singular (a praiadas Catedrais; a Carballa da Rocha; Costade Dexo; Fraga de Catasós; Serra de PenaCorneira; Souto da Retorta; Souto de Roza-bales e o pregamento xeolóxico de Campo-dola-Leixazós), que suman en total 1.394ha.

• Cinco humedais protexidos, cunha super-ficie de 7.709 ha (Complexo das praias,lagoa e duna de Corrubedo; Complexo in-termareal Umia-O Grove, A Lanzada, PuntaCarreirón e Lagoa Bodeira; Lagoa e areal deValdoviño; Ría de Ortigueira e Ladrido e aRía de Ribadeo);

• Dúas paisaxes protexidas (Penedos de Pa-

2015galicia

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL

290

sarela e Traba e o Val do río Navea), con 903ha.

• 71 zonas de especial protección dos valo-res naturais, que abarcan unha superficie de389.593 hectáreas.

Seguindo as pautas contidas na Directiva92/43 CEE, de 21 de maio, relativa á Con-servación dos hábitats naturais e da fauna eflora silvestres, no ano 2014 aprobouse odecreto 37/2014, do 27 de marzo, polo quese declaran zonas especiais de conservación(ZEC) os lugares de importancia comunita-ria de Galicia e se aproba o Plan director daRede Natura 2000 de Galicia. Tras sete ac-tualizacións, Galicia conta como espazosprotexidos da Rede Natura 2000, con 59ZEC e 16 zonas de especial protección dasaves (ZEPA).

O anuario Europarc-España 2013 indica que

a superficie protexida polas denominadasZonas de especial conservación ascende acase 380.000 hectáreas, o 11,7% do terri-torio galego (23,2% no conxunto do Es-tado), acadando as 16 zonas especiais deprotección para as aves un total de 101.135ha, o 3% do territorio de Galicia (20% enEspaña). Comparado co resto das CC.AA.Galicia é a Comunidade con menor superfi-cie de Rede Natura sobre a súa superficie te-rritorial.

Fóra da Rede Galega de Espazos Protexidos,cómpre mencionar dous tipos de espazosnaturias protexidos: os espazos naturais deinterese local (Xunqueira de Alba, Loio-Ru-xidoira, Puzo de Lago, Voutureira, Illas deSan Pedro, Río Garfos e o Ecosistema dunarpraia América-Panxón) e un espazo privadode interese natural, Sobreiras do Faro. A súasuperifice é de 782 ha e 9,7 hectáreas, res-pectivamente.

l 4.4.8.

291

Existen tamén áreas protexidas por instru-mentos internacionais, que son todos aque-les espazos naturais formalmentedesignados de conformidade co dispostonos convenios e acordos internacionais co-rrespondentes. Dentro desta terceira cate-goría Galicia conta con tres figuras:

• Humidais Ramsar, que é un convenio rela-tivo a humidais de importancia internacionalespecialmente como hábitats de aves acuá-ticos. Na actualidade Galicia conta con cincolugares Ramsar: o Complexo intermarealUmia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreiróne Lagoa Bodeira; as Rías de Ortigueira e La-drido; o Complexo das praias, lagoa e dunade Corrubedo; a Lagoa e areal de Valdoviño;e a Ría do Eo.

• As reservas da biosfera, que presentancomo principal obxectivo o de armonizar aconservación da natureza co desenvolve-mento socioeconómico. As seis áreas decla-radas como tal en Galicia son Os Ancareslucenses e Montes Navia, Cervantes e Bece-rreá; Río Eo, Oscos e Terras de Bourón; Te-rras do Miño; a Área de Allariz; a BaixaLimia- Serra do Xurés; e por último, As Ma-riñas Coruñesas e Terras de Mandeo.

• A rede OSPAR, relativa a áreas de protec-ción do medio ambiente mariño do Atlánticonordeste. Os Estados membros teñen aobriga de propoñer zonas de interese dentrodas súas respectivas augas xurisdicionais,incluíndo a Zona Económica Exclusiva ouaquelas zonas mariñas onde o Estadoexerza a súa soberanía. España aporta dúaszonas das 81 que forman parte da rede:parque nacional das Illas Atlánticas de Gali-cia, con 8.480 hectáreas, e a área mariñaprotexida de El Cachuco, en Asturias, con234.966 hectáreas.

Bosques e incendios forestais

A superficie forestal en Galicia no ano 2015ascendeu a 1,8 millóns de hectáreas. En

torno ao 60% da superficie de Galicia ten unuso forestal, o que supón case o 10% da su-perficie forestal nacional. Aproximadamentedous terzos da superficie forestal galega éarborada.

A provincia con maior superficie forestal éLugo con 602 mil hectáreas, aínda que entermos relativos a provincia de Ourense é aque presenta unha maior porcentaxe da súasuperficie xeográfica destinada a uso fores-tal arborado, co 68% do total.

Galicia é a terceira Comunidade cunhamaior extensión de superficie repoboadacon 2.266 ha, por detrás de Castela-León eAsturias. As repoboacións en Galicia redú-cense exclusivamente a especies produto-ras, non existindo repoboacións daschamadas especies protectoras, que favore-cen e melloran a conservación e diversidadeforestal. Por outra banda, tamén cómpresalientar a escasa porcentaxe de superficieforestal suxeita a algún instrumento de or-denación, que en Galicia é do 9,4%, fronteao 14,1% de media no Estado.

Das 990 instalacións con certificado decadea de custodia PEFC (Programme for the

Endorsement of Forest Certification Sche-

mes) existentes en España no ano 2012, sótres localízanse en Galicia.

Un indicador importante da biodiversidadeforestal existente nun territorio é o númerode árbores e formacións senlleiras protexi-das. Neste senso no ano 2015 apróbase oDecreto 10/2015, do 22 de xaneiro, poloque se modifica o Decreto 67/2007, do 22de marzo, polo que se regula o Catálogo ga-lego de árbores senlleiras. No dito catálogoinclúense 148 árbores e 31 formacións sen-lleiras protexidas en Galicia.

Unha das causas principais da perda da bio-diversidade son as chamadas bioinvasiónsque poden provocar a extinción ou reduciónde certos taxóns, ademais de causar impor-

2015galicia

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL

292

tantes alteracións na estrutura e funciona-mento dos ecosistemas. En Galicia o taxóninvasor máis frecuente é o do xénero Acacia.

O Inventario UE-ECE de danos forestais(IDF) é a principal fonte de informaciónsobre a situación e evolución dos bosquesen Europa e España. En España no ano 2014existen 620 puntos de mostreo, dos que 52están localizados en Galicia, onde se contro-lan 1.248 árbores.

O parámetro utilizado para a avaliación é adefoliación, que indica o grao de degrada-ción das masas forestais. Respecto ao ano2013, os resultados obtidos tras o IDF 2014mostran que o estado xeral do arborado ex-perimenta un proceso de lixeira melloría,aumentando o número de árbores sas(85,1% fronte ao 83,4% del año anterior) ediminuíndo o de danadas (o 13,3% dos pespresentan defoliacións superiores ao 25%,mentres que no 2013 esta porcentaxe era

do 14,2%). En Galicia a defoliación mediaobservada no ano 2014 presenta un nivel dedano lixeiro 23,5%, así mesmo, a porcen-taxe de árbores cunha defoliación moderadaou grave pasa do 22,5% no ano 2013 ao19% no 2014.

Os incendios forestais teñen un forteefecto social e medioambiental e son amaior ameaza para os bosques en Galicia ea causa principal dos danos rexistrados nasmasas forestais. O avance de datos corres-pondentes ao ano 2015 proporcionados poloMinisterio de Agricultura Alimentación eMedio Ambiente, destacan especialmentepolo forte incremento tanto no número deconatos (<1ha) como de incendios forestais(113% e 218%, respectivamente), un incre-mento que ven acompañado de subidasigual de intensas da superficie queimada(cadro 4.4.9.).

Os gráficos 4.4.10. e 4.4.11. mostran o

l 4.4.9.

293

sinalado incremento en relación ao ano an-terior, tanto dos sinistros como da superficiequeimada. Nunha perspectiva temporalmáis ampla, no gráfico 4.4.10. obsérvasecomo os datos de sinistros rexistrados noano 2015 son similares a os dos anos 2008e 2013, que se atopan entre os de menorsinistralidade do decenio.

No que respecta á superficie queimada, talcomo se mostra no gráfico 4.4.11., aíndaque os valores están por debaixo da mediado decenio, o descenso non foi tan signifi-cativo como no número de sinistros.

Ao longo do último ano declaráronse 2.882sinistros (1.237 no ano anterior), dos que2.142 teñen menos dunha hectárea e 740

afectan a unha superficie superior á hectá-rea. En relación ao conxunto do Estado, Ga-licia sufriu o 24,2% dos sinistrosrexistrados, (12,7% no ano anterior), repre-sentando a superficie total queimada o12,5% da superficie forestal total afectadapolo lume a nivel estatal, fronte ao 5,1%que representou no ano 2014.

No ano 2015 rexistráronse no conxunto doEstado español 15 grandes incendios fores-tais, (categoría que inclúe aqueles incendiosque superan as 500 hectáreas forestais afec-tadas), que calcinaron 39.500 hectáreas desuperficie forestal. Dos ditos 15 grandes in-cendios, un tivo lugar en Galicia, en concretono concello de Cualedro, na provincia de Ou-rense, e afectou a 1.478 hectáreas forestais.

2015galicia

l 4.4.10.

l 4.4.11.

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL

294

Ao igual que en anos anteriores, Ourensevolve a ser a provincia onde se rexistrarono maior número de sinistros, cun total de1.207 lumes. É dicir, o 42% dos incendiosen Galicia tiveron lugar nesta provincia, re-presentando a superficie queimada o 61,6%do total (7.273 hectáreas). No que atinxe ásuperficie queimada, séguelle en importan-cia a provincia de A Coruña, con 1.978 ha,o 17% da superficie afectada polo lume, eLugo, con 1.328 hectáreas, o 11,2% dototal.

Residuos sólidos

No ano 2013 (último dato dispoñible), a re-collida de residuos sólidos urbanos (RSU)descende un 2,2% para situarse nos 1,1 mi-llóns de toneladas, o 4,9% do total estatal.En termos anuais por habitante, en Galiciarecolléronse un total de 365,8 kg, o que asitúa como a segunda Comunidade Autó-noma con menor recollida de RSU, tras Ma-drid (350,9 kg).

Atendendo á desagregación segundo tipo deresiduos, este descenso rexístrase tanto no

caso dos residuos mesturados como dos re-collidos selectivamente. Dunha banda, a re-collida de residuos mesturados reduciuse un2,6% respecto ao ano anterior, acadando os916 miles de toneladas, en tanto que o vo-lume de residuos recollidos selectivamente,tras un descenso do 0,2%, acadou as 167miles de toneladas (cadro 4.4.12.).

Por tipo de residuo, no ano 2013 redúcenseo volume de residuos domésticos e de papele cartón recollidos, fronte ao aumento dovidro e o mantemento das toneladas reco-llidas de envases mixtos.

Segundo datos da Consellería de Medio Am-biente e Ordenación do Territorio, a Socie-dade Galega de Medio Ambiente (Sogama)ten propiciado desde 2009 a reciclaxe duntotal de 84.676,24 toneladas de envasesmetálicos: 82.010,03 toneladas de aceiro e2.666,21 de aluminio.

No caso do aceiro, 68.092.43 toneladasforon seleccionadas de entre os residuos enmasa (bolsa negra) depositada polos cida-dáns en colectores verdes convencionais, e

l 4.4.12.

295

13.917,60 toneladas procedían dos amare-los (bolsa amarela), que deben acoller osenvases de plástico, as latas e os bricks.

En canto ao aluminio, 1.953,15 toneladasforon extraídas do residuo convencional e713,06 do recipiente amarelo. o

2015galicia

l 4.4.13.

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL

296