11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un...

38

Upload: others

Post on 14-Jul-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade
Page 2: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia

As políticas públicas, imprescindibles para avanzar en igualdade

Marzo de 2015

Elaboración: Secretaría da Muller e Gabinete Económico

Page 3: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

ÍNDICE

Presentación ............................................................................................................................... 5

Introdución.................................................................................................................................. 7

A poboación activa ................................................................................................................... 7

O emprego ................................................................................................................................... 9

Contratos rexistrados............................................................................................................17

O desemprego ..........................................................................................................................18

O salario......................................................................................................................................23

A protección social das mulleres galegas ......................................................................25

A situación laboral actual das mozas galegas ..............................................................30

Conclusións ...............................................................................................................................34

Page 4: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade
Page 5: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

5

PRESENTACIÓN

Un ano máis, a Secretaría da Muller e o Gabinete Económico do Sindicato Nacional

analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis

os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade.

Este documento describe a situación das mulleres galegas no emprego, no desem-

prego, na contratación e nos diversos sectores de actividade. Comprobamos que,

tamén no 2014, a poboación activa feminina baixa e a brecha de xénero na taxa de

actividade é de dez puntos de diferenza. A perda de emprego e a degradación das

condicións laborais mantéñense como notas definitorias do mercado laboral femi-

nino en Galicia.

Neste último ano pérdense 2.100 empregos femininos en Galicia. Polo tanto, conti-

núa á destrución dos últimos cinco anos, que sumou 50.900 empregos ocupados

por mulleres, un descenso de case o 10 %. A caída é moi significativa na industria, e

xera moita preocupación a degradación de sectores industriais significativos para

este país e tradicionalmente femininos e na agricultura. Todos os datos falan da

importancia do emprego e do arraigamento das mulleres a través do traballo e da

calidade de vida no rural como contribución substancial ao mantemento da

poboación.

O tempo parcial segue a ser feminino: case unha de cada catro mulleres con em-

prego en Galicia traballan a tempo parcial —opción, por suposto, non escollida—, o

que debuxa un panorama de parcialidade e precariedade que se estende ao salario,

as prestacións e as pensións das mulleres. É un dos «éxitos» da reforma laboral do

Partido Popular: a conversión dun mercado de traballo xa con dificultades e sufi-

cientemente precario nun espazo de inseguridade vital para homes e mulleres

pero, como evidencian os datos, peor para as mulleres.

Este ano, vistas as cifras de paro e, sobre todo, do de longa duración, queriamos

deternos nas prestacións por desemprego que perciben as mulleres, contributivas

e asistenciais. Pero atopamos unha falta de información en todos os portais estatís-

ticos canto ás prestacións por desemprego das mulleres galegas, ao número de

perceptoras e as contías. Só a Axencia Tributaria desagrega por sexos os datos da

contía media da prestación por desemprego. Unha media que nos di pouco da rea-

lidade de miles e miles de mulleres, pero que nos permite afirmar que as galegas

perciben prestacións por desemprego inferiores ás dos homes, como consecuencia

das condicións de traballo e dunha fenda salarial profunda e que nos sitúa moi por

debaixo da media estatal.

Page 6: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

6

Esta distancia nas prestacións é moito máis grave nas pensións; podemos ver no

documento a diferenza substancial na contía percibida por mulleres e homes en

Galicia e a nosa posición como unha das comunidades autónomas con pensións

máis baixas.

Tamén este ano dedicamos un apartado ás mulleres menores de 30 anos no que

concluímos que a mocidade é o colectivo máis numeroso no traballo a xornada

parcial e na temporalidade. A precariedade da xuventude é altísima: máis da me-

tade da poboación asalariada ten un contrato temporal e a taxa de desemprego é

enorme, o que agoira un preocupante futuro. Faltan medidas de crecemento do

emprego e, por suposto, de emprego de calidade, e un número crecente de mozos e

mozas vense na obriga de buscaren alternativas fóra de Galicia.

En definitiva, un ano máis a análise do mercado de traballo dende a perspectiva de

xénero presenta unha situación que empeora para as mulleres galegas.

Á aposta polas políticas de austeridade que destrúen emprego, desmantelan secto-

res produtivos substanciais, e aos recortes, coa conseguinte desaparición de em-

prego na sanidade, o ensino e os servizos sociais, temos que sumarlles as conse-

cuencias da aprobación por parte do Partido Popular da reforma laboral, que abre

portas á precariedade, os despedimentos, a falta de garantías e a inseguridade xu-

rídica. Estas políticas, xunto coas medidas para castigar penalmente a protesta e as

accións de defensa de dereitos lexítimos de cidadanía, crean un panorama asfi-

xiante para todos e todas; pero, coma sempre, peor para as mulleres.

Dende a Secretaría da Muller de CCOO de Galicia, co noso lema para este 8 de

Marzo, «Traballamos día a día pola igualdade real», queremos manifestar a nosa

firme vontade de non permitir que a igualdade real quede relegada. En tempos de

crise e desasosego como os actuais xorde a tentación, que se está a converter nun

feito, de aparcar aquelas cuestións que algúns consideran secundarias e menores.

A igualdade das mulleres en todos os eidos da vida: laboral, social, económica, polí-

tica e persoal, é un valor básico para calquera sociedade que se considere demo-

crática. Dende as organizacións que así o entendemos e dende todas as organiza-

cións de mulleres debemos aproveitar este 8 de Marzo para berralo unha vez máis.

Mabel Pérez Simal

Secretaría da Muller e Cooperación

Sindicato Nacional CCOO de Galicia

Page 7: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

7

INTRODUCIÓN

Este documento tenta aproximarse á realidade laboral das mulleres en Galicia ba-

seándose en variables como a actividade, o emprego, o desemprego, os salarios e a

protección social. As fontes estatísticas utilizadas son as seguintes:

� A enquisa de poboación activa (EPA) e a súa explotación para Galicia que reali-

zan o Instituto Galego de Estatística (IGE) e o Instituto Nacional de Estatística

(INE). Con esta fonte analizamos a poboación activa, o emprego e o desemprego.

� Os rexistros dos servizos públicos de emprego dependentes da Consellaría de

Traballo e Benestar. Consultamos a información no Instituto Galego de Estatís-

tica (IGE) co fin de analizar os contratos iniciais rexistrados no 2014.

� A enquisa de estrutura salarial sérvenos para analizar os salarios. Tiramos a in-

formación do Instituto Nacional de Estatística (INE).

� A estatística «Mercado de traballo e pensións nas fontes tributarias» da Axencia

Tributaria ofrécenos os ingresos procedentes das prestacións por desemprego

e das pensións do sistema da seguridade social. A análise das pensións complé-

tase con datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

A POBOACIÓN ACTIVA

A poboación activa é o número de persoas de 16 (idade legal mínima para traba-

llar) e máis anos que teñen emprego ou o buscan de forma activa; é, polo tanto, a

suma das persoas ocupadas e as desempregadas.

Cadro n.º1. POBOACIÓN ACTIVA POR SEXOS

MULLERES HOMES TOTAL

2009 605.400 714.000 1.319.500

2010 598.800 705.600 1.304.400

2011 613.500 703.000 1.316.600

2012 617.500 700.200 1.317.700

2013 607.900 683.100 1.290.900

2014 605.000 668.900 1.273.900

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Medias anuais

No período de estudo, a poboación activa masculina minguou ano a ano, mentres

que a feminina comezou a resentirse a partir do 2012. Do 2009 ao 2012, a poboa-

ción activa feminina aumenta un 2 %, o que equivale a 12.100 mulleres máis, ata

acadar 617.500 activas, a cifra máis elevada dende que existen estatísticas. Porén,

no 2013 cambia a tendencia e as mulleres tamén comezan a abandonar o mercado

Page 8: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

8

laboral. O número de activas baixou en 12.500 desde o ano 2012: 9.600 no 2013 e

2.900 no 2014.

A caída da poboación activa feminina foi significativa porque quedou moi por de-

baixo dos niveis de 2011. A falta de expectativas de atopar un emprego e a maior

saída de mulleres do país na súa procura están entre as razóns desa mingua de

activas.

A poboación activa feminina resentiuse menos que a masculina pero, aínda así, a

brecha de xénero tradúcese nunha diferenza de 63.900 activos máis sobre o total

de activas. Dito doutro xeito, por cada 100 homes activos no 2014, só hai 90 mulle-

res activas.

A seguir analizamos a evolución da poboación activa feminina con outro indicador,

a taxa de actividade (cociente entre a poboación activa e a poboación en idade legal

de traballar).

Cadro n.º2. TAXA DE ACTIVIDADE SEGUNDO O SEXO

MULLERES HOMES TOTAL

2009 48,3 % 62,0 % 54,8 %

2010 47,7 % 61,2 % 54,2 %

2011 49,0 % 61,0 % 54,8 %

2012 49,5 % 61,0 % 55,0 %

2013 49,0 % 59,9 % 54,2 %

2014 49,0 % 59,0 % 53,8 %

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Medias anuais

A diferenza entre a taxa de actividade de mulleres e de homes foise acurtando nos

últimos anos pero, con todo, a brecha de xénero é de 10 puntos: no 2014 é do

49,0 % nas mulleres e do 59,0 % nos homes.

Ao desagregar os datos por grandes grupos de idade (cadro 3), constátase que a

taxa de actividade masculina é superior á feminina en todos os grupos e, sobre

todo, no de maiores de 25 anos. No tramo de 16 a 24 anos participan no mercado

laboral o 36,4 % dos mozos fronte ao 32,5 % das mozas, pero a fenda de xénero no

tramo de 25 a 54 anos e no de 55 e máis anos supera os sete puntos porcentuais.

Cadro n.º3. TAXA DE ACTIVIDADE POR SEXOS E GRANDES GRUPOS DE IDADE

MULLERES HOMES TOTAL

De 16 a 24 anos 32,5 % 36,4 % 34,5 %

De 25 a 54 anos 81,9 % 89,4 % 85,6 %

De 55 e máis anos 16,4 % 23,9 % 19,8 %

Total 49,0 % 59,0 % 53,8 %

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Ano 2014

Page 9: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

9

A taxa máis alta de actividade feminina rexístranse entre os 25 e os 54 anos; nese

tramo é do 81,9 %. Pola contra, as taxas máis baixas danse nos grupos de idade

extremos: entre 55 e máis anos (pola serodia incorporación ao traballo fóra do fo-

gar) e entre os 16 e 24 anos (pola prolongación da etapa formativa).

O EMPREGO

A seguinte variable de estudo é a poboación ocupada, que se define como «aquelas

persoas de 16 ou máis anos que durante a semana de referencia estiveron traba-

llando polo menos unha hora, a cambio dunha retribución (salario, xornal, benefi-

cio empresarial, etcétera) en diñeiro ou en especie. Tamén son ocupadas as per-

soas que, tendo traballo, estiveron temporalmente ausentes por enfermidade,

vacacións, etc. pero mantendo un forte vínculo con aquel».

Cadro n.º 4. POBOACIÓN OCUPADA POR SEXOS

MULLERES HOMES TOTAL

2009 524.600 630.800 1.155.400

2010 501.800 602.700 1.104.500

2011 502.700 586.600 1.089.300

2012 492.600 554.600 1.047.200

2013 475.800 530.600 1.006.400

2014 473.700 524.300 998.000

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Medias anuais

O ano 2014 foi pésimo en materia de emprego, outro máis marcado pola perda de

emprego feminino e a intensa deterioración das condicións laborais das que aínda

o manteñen.

No último ano pérdense 2.100 empregos femininos en Galicia (caen o 0,4 %). O

peor é que este mal dato dá continuidade a un inacabado proceso de destrución de

emprego, xa que nos últimos cinco anos se perderon 50.900 empregos ocupados

por mulleres, que equivalen a un descenso de case o 10 %.

A perda de emprego atangue a ambos os sexos, pero con intensidade distinta. Nos

cinco últimos anos desapareceron arredor de 157.400 empregos: o 68 % eran pos-

tos de traballo ocupados por homes e un 32 %, por mulleres. Esta dinámica dife-

rente do emprego explícase pola concentración dos efectos da crise, na súa fase

inicial, en dous sectores fortemente masculinizados: a construción e a industria.

No último ano, a perda de emprego segue afectando máis aos homes ca ás mulle-

res: 2.100 ocupadas menos fronte a 6.300 ocupados menos.

Page 10: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

10

Ocupación das mulleres por sector de actividade

A seguir, estudamos a incidencia da destrución do emprego feminino nos catro

grandes sectores de actividade. No cadro 5 plásmase a variación da poboación

ocupada feminina segundo o sector desde o ano 2009 ata o 2014.

Cadro n.º 5. EMPREGO FEMININO POR SECTOR

PRIMARIO INDUSTRIA CONSTRUCIÓN SERVIZOS TOTAL

2009 39.200 53.900 9.200 422.300 524.600

2010 36.700 46.900 8.400 409.800 501.800

2011 36.500 48.700 7.000 410.500 502.700

2012 34.800 48.800 6.500 402.500 492.600

2013 31.100 45.900 3.600 395.200 475.800

2014 25.200 44.000 4.400 400.000 473.700

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Medias anuais

O sector dos servizos, con 400.000 ocupadas —o 84 % da ocupación feminina—, foi

o que mellor resistiu os embates da crise. Con todo, nos últimos cinco anos destruí-

ronse 22.300 postos de traballo ocupados por mulleres, un descenso do 5 %. No

ano 2013 rexístrase a cifra máis baixa de mulleres ocupadas nos servizos: 395.200.

No 2014 houbo unha lixeira creación de emprego (do 1,2 %) no sector: hai 4.800

mulleres ocupadas máis que no 2013.

O segundo sector con máis ocupadas é a industria: 44.000 no 2014. A perda de

emprego industrial é moi preocupante porque desde o ano 2009 desapareceron

9.900 postos de traballo, o 18 % dos existentes. A evolución da ocupación nas mu-

lleres non foi homoxénea no período de estudo. A maior caída deuse en 2010,

cando 7.000 mulleres perderon o seu emprego. Os anos 2011 e 2012 supoñen un

pequeno respiro e paralízase a tendencia negativa pero, de aí en diante, continua a

caída do emprego industrial. Concretamente, no ano 2014 hai 4.800 ocupadas me-

nos que en 2012 e, desas, 1.900 perderon o seu emprego no último ano.

A poboación ocupada feminina no sector primario baixa considerablemente, un

36 % nos cinco últimos anos; en cifras absolutas, son 14.000 empregos menos. A

ocupación de mulleres neste sector acada o seu volume mínimo no ano 2014, con

25.200 ocupadas, que só representan o 5 % do emprego feminino.

A presenza feminina na construción é case marxinal porque en 2014 o sector só dá

ocupación a 4.400 mulleres, que non chegan ao 1 % sobre o total da ocupación fe-

minina. Desde o ano 2009 perdeuse moito emprego feminino na construción, de

feito, reduciuse un 52 %.

Page 11: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

11

En síntese, no último ano pérdese emprego na industria (1.900 ocupadas menos) e

sobre todo na agricultura (5.900 ocupadas menos). Pola contra, créase emprego

neto nos servizos (4.800 ocupadas máis) e na construción (800 ocupadas máis).

A ocupación das mulleres por rama de actividade

Na evolución da poboación ocupada por ramas de actividade, centrámonos nas

ramas dos servizos e da industria, nas que as mulleres teñen maior presenza. Neste

caso, iniciamos a análise no ano 2010 porque só dispoñemos de información esta-

tística para o período 2010-2014.

Cadro n.º 6. EMPREGO FEMININO SEGUNDO RAMA DE ACTIVIDADE

2010 2011 2012 2013 2014

Agricultura, gandaría, caza e silvicultura 32.700 32.300 30.300 26.300 21.900

Pesca e acuicultura 4.000 4.200 4.500 4.800 3.300

Industria da alimentación, bebidas e tabaco 19.200 19.500 19.500 18.000 18.400

Industria do téxtil, coiro e do calzado 10.800 9.600 9.100 10.000 8.700

Industria madeira e cortiza, agás mobles; cestaría e espartaría 1.200 1.300 900 800 1.500

Industria papel, artes gráficas e reprodución de soportes gravados 1.100 800 1.100 1.000 900

Indust. extractivas, refino petróleo, fabric. prod. farmacéuticos, caucho e plásticos, doutros produtos minerais non metálicos, produtos metálicos, metalurxia, enerxía, gas e auga

7.500 8.900 8.500 6.500 7.200

Fabricación de maquinaria, material eléctrico, material de transporte e industrias manufactureiras diversas 7.200 8.600 9.900 9.500 7.400

Construción 8.400 7.000 6.500 3.600 4.400

Venda e reparación de vehículos de motor e motocicletas 2.500 2.400 2.700 2.900 3.000

Comercio por xunto e polo miúdo 90.800 90.600 88.300 85.200 83.500

Transporte e almacenamento 8.800 9.700 9.900 8.500 8.300

Hostalaría 41.500 41.300 40.000 42.600 41.300

Información, comunicacións, activ. artísticas, recreativas e de entretemento 16.000 13.000 13.200 15.200 15.400

Actividades financeiras e de seguros 10.800 8.800 9.600 10.600 11.200

Actividades inmobiliarias, administrativas e servizos auxiliares 27.100 27.300 24.200 25.200 27.300

Actividades profesionais, científicas e técnicas 21.400 23.000 22.100 19.400 18.900

Admón. pública e defensa; seguridade social obrigatoria 31.600 29.600 28.800 29.200 28.200

Educación 43.900 49.300 46.200 43.000 48.600

Actividades sanitarias e de servizos sociais 64.200 65.700 63.700 58.900 63.900

Outros servizos 51.300 49.900 53.700 54.600 50.200

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Medias anuais

As mulleres están ocupadas mormente nos servizos e, sobre todo, nas ramas do

comercio, actividades sanitarias e servizos sociais, outros servizos, educación e

hostalaría.

Page 12: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

12

Das doce ramas analizadas nos servizos, en seis recórtase emprego feminino no

último ano. Na rama de «outros servizos» perdéronse 4.400 postos de traballo

(8,1 %); na relacionada coa Administración pública e defensa 1.000 (3,4 %); na hos-

talaría 1.300 (3,1 %); nas actividades profesionais, científicas e técnicas 500

(2,6 %); no transporte e almacenamento 200 (2,4 %) e no comercio 1.700 (2 %).

Se ampliamos a análise aos catro últimos anos, as ramas máis prexudicadas son

estas: actividades profesionais, científicas e técnicas; a vinculada coa Administra-

ción pública; o comercio, e a de transporte e almacenamento.

As ramas industriais con máis mulleres ocupadas son a de alimentación, bebidas e

tabaco e a do téxtil, coiro e calzado. En 2014, o 62 % do emprego industrial femi-

nino encadrábase nestas dúas ramas.

No 2014, as ramas industriais que perden emprego feminino son estas: en activi-

dades de fabricación de maquinaria, material eléctrico, material de transporte e

industrias manufactureiras diversas hai 2.100 ocupadas menos (–22,1 %); na do

téxtil, o coiro e o calzado, 1.300 (–13 %); e na industria do papel, artes gráficas e

reprodución de soportes gravados, 100 (–10 %).

Desde o ano 2010, desapareceron 2.900 empregos femininos na industria; a rama

do téxtil, coiro e calzado é a máis prexudicada porque perdeu 2100 empregos.

A ocupación das mulleres segundo a situación profesional

Na desagregación da ocupación feminina pola situación profesional, compróbase

que o 82 % das mulleres ocupadas están contratadas por conta allea: son 387.900

no 2014.

O emprego asalariado feminino mantivo unha progresión positiva ata o ano 2009,

cando se alcanzou a cifra máis alta de mulleres asalariadas: 417.200. Porén, nos

cinco últimos anos perderon o seu emprego 29.300 mulleres asalariadas; é dicir, o

ritmo de caída é do 7 % con respecto á cifra de 2009.

A maior perda de emprego asalariado feminino dáse no ano 2010: 13.500 empre-

gos menos, unha caída do 3 % anual. No 2011 permanece case estancado o em-

prego por conta allea pero no 2012 e 2013 volve destruírse emprego con forza:

10.700 asalariadas menos no 2012 e 10.500 no 2013; ambas as caídas aproxí-

manse ao 3 %.

No ano 2014 paralízase esa tendencia negativa e créanse 5.200 empregos por

conta allea, que supoñen un 1,4 % máis que no 2013.

Page 13: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

13

Cadro n.º 7. EMPREGO POR SITUACIÓN PROFESIONAL

ASALARIADAS EMPRESARIAS/

COOPERATIVISMO AXUDAS FAMILIARES, OUTRAS SITUACIÓNS

TOTAL

2009 417.200 100.500 6.900 524.600

2010 403.700 92.000 6.200 501.800

2011 403.900 93.500 5.300 502.700

2012 393.200 95.400 4.000 492.600

2013 382.700 89.700 3.300 475.800

2014 387.900 82.500 3.300 473.700

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Medias anuais

O emprego por conta propia nas mulleres non evoluciona de forma homoxénea no

período analizado. No ano 2010 pérdese moito emprego por conta propia: 8.500

ocupadas menos, un 8,5 %. A partir dese ano muda a tendencia e comeza a crearse

emprego neto ata o ano 2012; nese período créanse 3.400 empregos. Porén, a par-

tir de entón recrúa a destrución de emprego e desaparecen 12.900 postos de tra-

ballo por conta propia: 5.700 no 2013 e 7.200 no 2014.

Este dato evidencia as dificultades para pór en marcha proxectos empresariais e de

autoemprego.

A ocupación das mulleres segundo o tipo de xornada

A distribución do emprego a tempo parcial por sexos é moi dispar: no 2014, o 75 %

das persoas ocupadas neste tipo de xornada eran mulleres.

Un dos efectos máis perversos da reforma laboral é o pulo do emprego a tempo

parcial. No 2014 traballaban a xornada parcial o 23 % das ocupadas (en 2012, esa

porcentaxe era do 21 %).

Cadro n.º 8. OCUPACIÓN FEMININA SEGUNDO O TIPO DE XORNADA

XORNADA PARCIAL XORNADA COMPLETA TOTAL

2010 98.900 403.000 501.800

2011 100.900 401.800 502.700

2012 102.500 390.100 492.600

2013 110.000 365.800 475.800

2014 107.000 366.700 473.700

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Medias anuais

O emprego a tempo parcial nas mulleres aumentou de xeito continuado desde o

ano 2010 ata o 2013, ao tempo que retrocedía a xornada a tempo completo.

Page 14: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

14

No 2014 invértese esa dinámica: o número mulleres ocupadas a xornada parcial

baixou en 3.000, mentres que as que traballan a xornada completa aumentaron

lixeiramente (900 máis, un 0,25 %).

O emprego a xornada parcial debería ser unha opción persoal, e non algo imposto

polo empregador ou pola falta doutras opcións. No cadro 9 desagréganse os moti-

vos da xornada parcial por sexos; os datos corresponden ao ano 2014.

Cadro n.º 9. POBOACIÓN OCUPADA A TEMPO PARCIAL POR MOTIVO E SEXO

MULLERES HOMES

Seguir cursos de ensinanza ou formación 2.600 3.300

Enfermidade ou incapacidade propia 1.000 700 Coidado de nenos ou de adultos enfermos, incapacitados ou maiores 10.900 400

Outras obrigas familiares ou persoais 6.400 700

Non atopar un traballo de xornada completa 70.200 23.800

Non querer un traballo de xornada completa 9.600 1.800

Outras razóns 6.200 4.300

Non sabe o motivo 200 100

Total 107.000 35.200

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Ano 2014

Segundo se ve no cadro, 70.200 mulleres manifestaron estaren ocupadas a xornada

parcial porque non atoparon un traballo a xornada completa, son o 66 % das ocu-

padas nese tipo de xornada. A porcentaxe tamén é moi alta nos homes, un 68 %.

O seguinte motivo máis manifestado polas mulleres para acollérense a este tipo de

xornada é o coidado de menores ou adultos enfermos, incapacitados ou maiores:

10.900 mulleres no 2014, o 10 % das ocupadas a xornada parcial. No caso dos ho-

mes, só expresan este motivo o 1 %.

O emprego asalariado feminino no sector privado

No sector privado hai máis traballadores por conta allea ca traballadoras: no ano

2014, os homes superaban as mulleres en 25.000. Nese ano, as asalariadas no sec-

tor privado eran 285.900 e o 25 % delas tiñan un contrato temporal.

Desde o ano 2010 hai 6.500 mulleres menos traballando por conta allea no sector

privado. O recorte do emprego afectou ás asalariadas temporais: hai 11.000 menos

fronte a 4.400 indefinidas máis que en 2010, o que, en proporción, supón unha

caída do 14 % e unha suba do 2 %, respectivamente.

Page 15: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

15

Cadro n.º 10. EMPREGO ASALARIADO FEMININO NO SECTOR PRIVADO

INDEFINIDO TEMPORAL TOTAL

2010 211.400 81.100 292.400

2011 212.500 79.900 292.500

2012 212.000 76.900 288.900

2013 213.400 72.800 286.200

2014 215.800 70.100 285.900

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Medias anuais

Se a análise se centra só no último ano, obsérvase que o emprego neto destruído

foi temporal. Hai 2.700 mulleres menos cun contrato temporal (case un 4 % de

descenso) e 2.400 máis con contrato indefinido (unha suba do 1 %).

O emprego asalariado feminino no sector público

Ao contrario do que ocorre no sector privado, no público hai máis asalariadas ca

asalariados (21.300 mulleres máis ca homes no 2014). Tomando como referencia o

período de estudo, a cifra máis alta de asalariadas no sector público acadouse no

ano 2011 con 111.400, que baixa ata as 102.000 en 2014.

Daquela, desde o ano 2011 hai 9.400 mulleres menos traballando no sector pú-

blico: 1.700 eran indefinidas e 7.700, temporais. Esa perda de emprego garda rela-

ción directa cos recortes e o empeoramento na prestación de servizos por parte

das Administracións públicas.

Se a análise se acouta ao último ano, vese que a evolución do emprego asalariado

por sectores variou: no privado pérdese emprego e no público recupérase lixeira-

mente. Así pois, no 2014 hai 5.500 mulleres máis traballando no sector público:

2.900 indefinidas e 2.500 temporais; isto equivale a un incremento do 4 % e do

13 %, respectivamente.

Cadro n.º 11. EMPREGO ASALARIADO FEMININO NO SECTOR PÚBLICO

INDEFINIDO TEMPORAL TOTAL

2010 78.900 32.400 111.300

2011 81.700 29.700 111.400

2012 80.900 23.400 104.300

2013 77.100 19.500 96.500

2014 80.000 22.000 102.000

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Medias anuais

Page 16: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

16

Das 102.000 mulleres que traballaban no sector público galego no 2014, a maioría,

76.700, fano na Administración autonómica; outras 13.700 están na local e 6.700

encádranse na Administración central.

Cadro n.º 12. ASALARIADAS DO SECTOR PÚBLICO POR TIPO DE ADMINISTRACIÓN

2010 2011 2012 2013 2014

Administración central 9.400 9.500 9.800 7.300 6.700

Admón. Seguridade Social 2.800 1.500 1.700 2.500 2.400

Admón. comunidade autónoma 79.400 83.200 76.500 70.400 76.700

Admón. local 17.400 14.200 13.300 12.900 13.700

Empresas públicas e institucións financeiras públicas 2.100 2.700 2.200 3.100 2.600

Outro tipo 100 200 700 300 —

Non sabe — 200 100 — —

Total 111.300 111.400 104.300 96.500 102.000

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Medias anuais

Desde o 2011, a perda de emprego afecta a todas as Administracións agás a da Se-

guridade Social, que conta con 900 empregadas máis. Pola contra, a Administra-

ción máis danada é a central cunha redución do 29 % (2.800 asalariadas menos),

séguea a autonómica cun descenso do 8 % (6.500 menos) e a local cunha redución

de emprego do 4 % (500 menos).

En cifras absolutas, hai 7.000 asalariadas menos nas Administracións autonómica e

local; é un dato moi negativo porque estas administracións concentran a maioría

de empregos tradicionalmente femininos (na sanidade, a educación e os servizos

sociais).

No último ano incrementouse a poboación asalariada no sector público pero, aínda

así, segue estando por baixo da de 2012 e moi lonxe da alcanzada en 2011. Ade-

mais, ese incremento do emprego só se notou nas Administracións autonómica

(6.300 máis, un 9 %) e local (800 máis, un 6 %), xa que na Administración central

hai 600 asalariadas menos (un 8 % de descenso).

A taxa de temporalidade por sexo e sector

Durante a crise económica baixou bastante a taxa de temporalidade tanto no sector

privado coma no público. Non obstante, isto explícase porque se destrúe máis em-

prego temporal ca indefinido e non porque mellore a estabilidade no emprego.

Desde o ano 2010, a taxa de temporalidade nas mulleres baixou arredor de 3,2

puntos porcentuais no sector privado e 7,5 puntos no público. Recollemos no cadro

13 esa evolución por sexo e sectores.

Page 17: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

17

Cadro n.º 13. EVOLUCIÓN DA TAXA DE TEMPORALIDADE

SECTOR PRIVADO SECTOR PÚBLICO TOTAL

MULLERES HOMES MULLERES HOMES MULLERES HOMES

2010 27,7 % 23,4 % 29,1 % 17,2 % 28,1 % 22,2 %

2011 27,3 % 23,5 % 26,7 % 16,7 % 27,1 % 22,1 %

2012 26,6 % 21,9 % 22,4 % 15,3 % 25,5 % 20,5 %

2013 25,4 % 23,1 % 20,2 % 15,0 % 24,1 % 21,5 %

2014 24,5 % 25,3 % 21,6 % 15,2 % 23,7 % 23,2 %

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Medias anuais

Do ano 2010 ao 2013, a taxa de temporalidade feminina foi meirande ca a mascu-

lina en ambos os sectores. No 2014 segue sendo superior nas mulleres no sector

público e no privado sitúase lixeiramente por baixo da dos homes.

No 2014, esta taxa no sector público é do 21,6 % nas mulleres e do 15,2 % nos ho-

mes; é dicir, a diferenza é negativa para as mulleres pois supera os seis puntos. No

sector privado, en cambio, é máis alta nos homes ca nas mulleres (24,5 % mulleres,

25,3 % homes).

No último ano, a taxa de temporalidade no sector privado evolucionou de forma

desigual segundo o sexo: se nas mulleres baixa aproximadamente un punto por-

centual, nos homes sobe algo máis de dous puntos. Pola contra, no sector público

sobe máis nas mulleres ca nos homes: 1,4 puntos porcentuais nas mulleres e 0,2

nos homes.

CONTRATOS REXISTRADOS

A reforma laboral do Partido Popular non logrou darlle pulo á contratación indefi-

nida. A inestabilidade segue sendo a tónica no mercado laboral.

Neste apartado analízase a distribución dos contratos iniciais rexistrados por sexo,

modalidade e tipo de xornada no 2014. Os datos poden consultarse na páxina do

Instituto Galego de Estatística (IGE).

No ano 2014 formalizouse un número considerable de contratos pero a maioría

son temporais. Segundo se reflicte no cadro 14, rexistráronse 358.259 contratos

laborais para as mulleres nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego. Porén, só

o 5,2 % foron de carácter indefinido; xa que logo, o 94,8 % da contratación inicial

foi temporal, é dicir, precaria.

En proporción, non hai moita disparidade na contratación indefinida de mulleres e

de homes: o 5,2 % dos contratos formalizados con mulleres son indefinidos; nos

homes, esa porcentaxe é do 5,1 %.

Page 18: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

18

Cadro n.º 14. CONTRATOS INICIAIS REXISTRADOS SEGUNDO A MODALIDADE

MODALIDADE MULLERES HOMES TOTAL

Indefinido ordinario e fomento do emprego 18.640 20.661 39.301

De obra ou servizo 109.555 167.735 277.290

Eventual por circunstancias da produción 160.585 171.478 332.063

Interinidade 56.356 24.167 80.523

En prácticas 1.858 1.771 3.629

Para a formación 5.091 4.909 10.000

Outros 6.174 15.136 21.310

Total contratos iniciais rexistrados 358.259 405.857 764.116

FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE. Ano 2014

Os tipos de contrato máis utilizados son o eventual por circunstancias da produ-

ción (nas mulleres representan un 45 % sobre o total da contratación inicial); o de

obra ou servizo (arredor do 31 %) e o de interinidade (o 16 %). Pola contra, os con-

tratos para a formación e en prácticas, destinados a integrar a mocidade para que

adquira experiencia laboral, teñen un peso pouco significativo: nas mulleres só

representan arredor do 2 % do total da contratación (en cifras absolutas, son 5.091

contratos de formación e 1.858 en prácticas).

No cadro 15 recóllese a contratación inicial rexistrada no ano 2014 segundo o tipo

de xornada e o sexo.

Cadro n.º 15. CONTRATOS LABORAIS REXISTRADOS SEGUNDO A XORNADA

SEGUNDO O TIPO DE XORNADA MULLERES HOMES TOTAL

A tempo completo 182.357 298.267 480.624

A tempo parcial 174.608 105.339 279.947

Fixos descontinuos 1.294 2.251 3.545

Total contratos iniciais rexistrados 358.259 405.857 764.116

FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE. Ano 2014

A distribución da contratación a tempo parcial por sexos é moi desigual. No ano

2014 rexistráronse 279.947 contratos iniciais a tempo parcial e o 62 % foron asi-

nados por mulleres; en cifras absolutas son 174.608 contratos.

O número de contratos a xornada parcial é moi alto nas mulleres pero, ademais,

ten un gran peso sobre o total da contratación feminina: no ano 2014, xa equivalen

ao 49 % da contratación inicial.

O DESEMPREGO

A poboación parada constitúena as persoas de 16 ou máis anos que están sen tra-

ballo, dispoñibles para traballar e buscando activamente emprego. Considéranse

Page 19: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

19

tamén persoas paradas as que atoparon un emprego e están á espera de incorpo-

rarse a el de forma máis ou menos inmediata.

No cadro 16 recollemos a evolución da poboación parada por sexos.

Cadro n.º 16. POBOACIÓN PARADA POR SEXOS

MULLERES HOMES TOTAL

2009 80.900 83.200 164.100

2010 96.900 103.000 199.900

2011 110.800 116.400 227.200

2012 124.900 145.600 270.500

2013 132.100 152.500 284.600

2014 131.200 144.600 275.800

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Medias anuais

No ano 2014 había 275.800 persoas desempregadas en Galicia: 144.600 homes e

131.200 mulleres. Desde o ano 2009, o paro feminino medrou un 62 % e o mascu-

lino, un 74 % (50.300 paradas máis fronte a 61.400 parados máis).

No período analizado, o número de desempregadas aumentou seguido ata o ano

2013; son 51.200 máis que en 2009. No 2014, hai 900 desempregadas menos que

no 2013, o que equivale a unha baixada que non chega ao 1 % anual.

O descenso do paro feminino no 2014 non é moi alentador porque as 900 mulleres

menos que hai en paro só supoñen un raquítico 2 % sobre as 51.200 que se suma-

ron ao paro entre o ano 2009 e o 2013.

A cifra de mulleres en paro é moi alta pero aínda sería maior de non caer a poboa-

ción activa feminina. Como xa se dixo, desde o ano 2012 abandonaron o mercado

laboral 12.500 mulleres; desas, 2.900 fixérono o último ano.

A taxa de paro calcúlase como a porcentaxe entre as persoas en paro e o total da

poboación activa. Os datos recóllense no cadro 17.

Cadro n.º 17. TAXA DE PARO SEGUNDO O SEXO

MULLERES HOMES TOTAL

2009 13,4 11,7 12,4

2010 16,2 14,6 15,3

2011 18,1 16,6 17,3

2012 20,2 20,8 20,5

2013 21,7 22,3 22,0

2014 21,7 21,6 21,7

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Medias anuais

Page 20: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

20

Desde o ano 2009, a taxa de paro disparouse uns 9 puntos porcentuais: arredor de

8 puntos nas mulleres e nos homes, ao pé de 10 puntos. No 2014 alcanzaba xa a

intolerable porcentaxe do 21,7 % nas mulleres e do 21,6 % nos homes.

A taxa de paro feminina foi superior á masculina ata o ano 2011; no 2012 e 2013

acontece o contrario, e no 2014 son practicamente similares.

O desemprego nas mulleres por idades

Na desagregación do paro por grandes grupos de idade, constátase que as desem-

pregadas menores de 25 anos son 15.600 no 2014 e representan o 12 % do total de

paradas. Isto proba os atrancos que topan as máis novas para conseguir un posto

de traballo.

Cadro n.º 18. EVOLUCIÓN DO PARO FEMININO POR GRUPOS DE IDADE

16 A 24 ANOS 25 A 54 ANOS 55 E MÁIS ANOS TOTAL

2009 13.500 61.300 6.000 80.900

2010 15.200 74.700 7.000 96.900

2011 13.700 87.900 9.200 110.800

2012 17.400 96.800 10.700 124.900

2013 16.800 103.600 11.600 132.100

2014 15.600 103.700 12.000 131.200

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Medias anuais

En cinco anos, hai 2.100 mozas máis desempregadas, o que equivale a unha suba

do 16 %. O maior aumento dáse no 2012, ao aumentaren en 3.700 nun só ano, o

27 % das paradas que había no ano anterior. Ese ano alcanzouse a cifra máis alta

de mozas desempregadas: 17.400. Desde aquela, rexístranse 1.800 paradas menos:

600 no 2013 (un descenso do 3 %) e 1.200 no 2014 (un 7 % de descenso).

O desemprego aumentou decontino entre as mulleres de 25 a 54 anos no período

analizado, ata sumar 103.700 no 2014. Son 42.400 paradas máis que no 2009, un

69 % de incremento.

O colectivo máis prexudicado é o das mulleres de 55 e máis anos: son 12.000 de-

sempregadas no 2014. Nese tramo de idade, o desemprego multiplica por dous o

de hai cinco anos e no último ano sobe un 3 %, 400 paradas máis. Este colectivo,

cos criterios de discriminación por idade e sexo que dominan a cultura de recursos

humanos nas empresas, terán unha enorme dificultade para volver ter un emprego.

Daquela, no ano 2014 e atendendo aos grandes grupos de idade, o paro feminino

só baixou nas mozas menores de 25 anos (1.200 menos). Pola contra, segue

Page 21: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

21

subindo nas mulleres de 55 e máis anos (400 máis) e permanece practicamente

estancado entre as mulleres de 25 a 54 anos (100 máis).

A seguir analizamos a distribución da taxa de paro feminina por grupos de idade.

Os datos corresponden ao ano 2014.

Cadro n.º 19. TAXA DE PARO NAS MULLERES POR GRUPOS DE IDADE

GRUPOS DE IDADE N.º DESEMPREGADAS TAXA DE PARO

De 16 a 24 anos 15.600 47,9

De 25 a 54 anos 103.700 21,5

De 55 e máis anos 12.000 13,4

Total 131.200 21,7

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Ano 2014

A taxa de paro distribúese de forma moi diferente por grupos de idade: nas mozas

menores de 25 anos é do 47,9 %, nas de 25 a 54 anos é do 21,5 % e nas de 55 e máis

anos é do 13,4 %.

Daquela, a taxa de paro das máis novas duplica a das mulleres de entre 25 e 54

anos e supón máis do triplo das que teñen 55 e máis anos. As consecuencias son

alarmantes porque case a metade das mozas activas están desempregadas.

A taxa de paro baixa conforme sobe a franxa de idade e alcanza o mínimo no tramo

de 55 e máis anos, cun 13,4 %. Pero este dato non debe agochar a durísima reali-

dade destas mulleres porque é probable que moitas delas non volvan traballar nunca.

O desemprego nas mulleres segundo o nivel de formación

O desemprego afecta a todas as mulleres con independencia dos seus estudos, pero

constátase que a taxa de paro é máis baixa nos niveis de formación máis altos. Para

sustentar a análise tómanse como referencia os datos referidos ao ano 2014.

Cadro n.º 20. DESEMPREGO SEGUNDO O NIVEL DE FORMACIÓN ALCANZADO

NIVEL DE FORMACIÓN N.º DESEMPREGADAS TAXA DE PARO

Sen estudos 200 33,6

Estudos primarios 10.100 26,2

Educación secundaria. Primeira etapa 48.700 26,6

Educación secundaria. Segunda etapa 29.200 23,1

Educación superior 43.000 16,8

Total 131.200 21,7

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Ano 2014

Page 22: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

22

No ano 2014, o único colectivo cunha taxa de paro por baixo da media é o das mu-

lleres con educación superior: o 16,8 %. Ségueo moi de lonxe o das que cursaron

educación secundaria de segunda etapa, cunha taxa de paro do 23,1 %.

No extremo contrario (excluíndo as paradas sen estudos porque non é unha cifra

significativa) estarían as mulleres cun nivel de formación máis baixo: as que cursa-

ron educación secundaria de primeira etapa soportan unha taxa de paro do 26,6 %

e as que só teñen estudos primarios unha do 26,2 %.

Desempregadas por tempo de busca de emprego

Máis da metade das mulleres desempregadas en Galicia levan un ano ou máis en

paro, o que complica a súa situación porque conforme se prolonga a permanencia

no desemprego vai minguando a prestación ata esgotárena. Entran entón nunha

situación de desprotección económica pero, sobre todo, diminúen as expectativas de

empregabilidade: canto máis tempo se está en paro, máis difícil é volver traballar.

As razóns do anterior son moitas, e van desde a descualificación polos cambios que

se producen nas empresas, ata a falta de motivación persoal, pasando pola perda

da rede de contactos que facilitan atopar emprego.

Cadro n.º 21. TEMPO DE BUSCA DE EMPREGO DAS DESEMPREGADAS

Tempo de busca de emprego 2010 2011 2012 2013 2014

Menos de 1 mes 5.600 6.200 5.500 5.100 5.900

1 mes a menos de 3 meses 13.900 14.700 14.900 13.400 12.800

3 meses a menos de 6 meses 12.900 13.600 13.900 13.800 11.500

6 meses a menos de 1 ano 19.500 16.800 21.800 19.800 18.100

1 ano a 18 meses 12.900 14.100 14.100 14.400 12.600

18 meses a menos de 2 anos 8.100 11.500 11.800 13.200 12.900

2 ou máis anos 19.300 28.300 37.300 45.900 50.800

Xa atopou traballo 4.900 5.700 5.600 6.400 6.700

Total 96.900 110.800 124.900 132.100 131.200

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. Medias anuais

A situación do paro en Galicia atendendo a este criterio é moi preocupante: no ano

2014, había 76.300 mulleres que levaban buscando emprego máis dun ano; o 58 %

do total de desempregadas. O peor é que o colectivo máis numeroso é precisa-

mente o das mulleres que levan dous ou máis anos desempregadas: son 50.800 no

2014.

Page 23: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

23

No extremo contrario están as 5.900 mulleres que levan buscando emprego menos

dun mes, o que evidencia o forte fluxo de entrada na situación de desemprego, que

se corresponde tanto coa perda de emprego por despedimentos como coa finaliza-

ción de contratos temporais. Tamén é relevante o número de mulleres paradas que

levan inscritas entre un mes e menos de seis meses: 24.300 no 2014. Polo tanto,

sumando eses dous grupos, conclúese o 19 % das desempregadas levan menos de

seis meses buscando emprego.

A situación das 18.100 mulleres que levan paradas entre seis meses e menos dun

ano tamén é complicada: se son beneficiarias de prestacións contributivas por de-

semprego, é a partir do sexto mes cando mingua considerablemente a contía

percibida.

Ao comparar a distribución das paradas polo tempo de busca de emprego no ano

2014 coa do ano 2010 reflíctese que o número de paradas de longa duración me-

drou con forza e, sobre todo, o das que levan dous ou máis anos desempregadas.

En só catro anos hai 36.000 paradas máis que levan buscando emprego un ano ou

máis; delas, 31.500 levan no paro dous anos ou máis.

O SALARIO

No ano 2012, o salario das mulleres era o 76 % do salario dos homes (os homes

gañaron de media ao ano 5.333 euros máis ); dito doutro xeito, o salario masculino

equivale ao 132 % do salario feminino.

O cadro 22 amosa a ganancia media anual por traballador/a nos anos 2008 e 2012

(último dispoñible). Os datos tíranse da enquisa de estrutura salarial.

Cadro n.º 22. GANANCIA MEDIA ANUAL POR TRABALLADOR/A (EN EUROS)

2008 2012

Ambos os sexos 19.156,41 19.389,20

Mulleres 16.646,42 16.727,15

Homes 21.105,60 22.059,69

Diferenza salarial home-muller 4.459,18 5.332,54

(Salario home/salario muller) * 100 126,79 % 131,88 %

FONTE: Elaboración propia con datos da Enquisa de estrutura salarial 2012. INE

Entre 2008 e 2012, a brecha salarial aumentou de 4.459 euros a 5.333 euros; é a

proba de que a crise está ancheando a desigualdade salarial entre mulleres e homes.

O sector é un factor que inflúe moito no nivel salarial. A seguir reflíctese a ganancia

media por traballador/a e sexo e sector de actividade, correspondente ao ano

Page 24: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

24

2012. No cadro non aparece a ganancia media das mulleres na construción porque

a mostra é moi reducida e pode estar suxeita a gran variabilidade.

Cadro n.º 23. GANANCIA MEDIA ANUAL POR SEXO E SECTOR DE ACTIVIDADE

MULLERES HOMES AMBOS OS SEXOS

Industria 17.112,23 24.706,74 22.329,25

Construción — 20.080,47 19.994,47

Servizos 16.632,17 21.451,35 18.558,92

Todos os sectores de actividade 16.727,15 22.059,69 19.389,20

FONTE: Elaboración propia con datos da Enquisa de estrutura salarial 2012. INE

Como xa se dixo, a presenza de homes e mulleres nos sectores de actividade non é

homoxénea. Na construción e na industria hai máis homes ca mulleres e nos servi-

zos acontece o contrario.

Tomando como referencia os datos do cadro 23, que só aparecen desagregados por

sexos para o sector da industria e dos servizos, vese que, precisamente, nos servi-

zos (concentran arredor do 80 % das ocupadas) a remuneración é moito máis

baixa ca na industria.

No 2012, as mulleres cobraban de media un 24,2 % menos que os homes. Por sec-

tores, esa diferenza negativa para as mulleres é do 30,7 % na industria e do 22,5 %

nos servizos.

Atendendo á modalidade contractual, as mulleres que tiñan un contrato de traballo

de duración indefinida cobraban un 25,4 % menos que os homes. No caso dos con-

tratos de duración determinada, as mulleres percibían un 16,4 % menos que os

homes.

Cadro n.º 24. GANANCIA MEDIA ANUAL POR SEXO E TIPO DE CONTRATO

MULLERES HOMES AMBOS OS SEXOS

Duración indefinida 17.606,01 23.600,13 20.619,85

Duración determinada 13.683,00 16.361,20 14.985,56

Total 16.727,15 22.059,69 19.389,20

FONTE: Elaboración propia con datos da Enquisa de estrutura salarial 2012. INE

Se a desagregación se fai por sexo e idade, o salario dos homes é superior ao das

mulleres en todos os tramos de idade pero, sobre todo, entre as persoas maiores

de 34 anos.

Page 25: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

25

Cadro n.º 25. GANANCIA MEDIA ANUAL POR SEXO E GRUPOS DE IDADE

MULLERES HOMES AMBOS OS SEXOS

Menos de 25 anos 9.321,65 11.122,03 10.048,29

De 25 a 34 anos 14.749,60 18.268,93 16.302,92

De 35 a 44 anos 17.056,08 22.370,94 19.756,18

De 45 a 54 anos 18.702,15 24.383,70 21.637,63

55 ou máis anos 18.835,83 24.574,22 22.094,75

Total 16.727,15 22.059,69 19.389,20

FONTE: Elaboración propia con datos da Enquisa de estrutura salarial 2012. INE

A maior diferenza dáse no tramo de 35 a 44 anos, no que as mulleres cobran un

23,8 % menos que os homes. A seguir están o de 55 ou máis anos e o 45 a 54 anos,

cunhas porcentaxes do 23,4 % e 23,3 %, respectivamente. Pola contra, no grupo de

25 a 34 anos, a diferenza baixa ata o 19,3 % e no de menores de 25 anos faino ata o

16,2 %.

A PROTECCIÓN SOCIAL DAS MULLERES GALEGAS

Neste punto analizamos os ingresos obtidos por mulleres e homes galegos proce-

dentes das prestacións por desemprego e das pensións do sistema de seguridade

social.

Cómpre unha matización inicial para lembrarmos que, na teoría, o sistema de pro-

tección social non discrimina en función do sexo. Non obstante, a realidade demos-

tra que as desiguais condicións de acceso e permanencia das mulleres no mercado

laboral (temporalidade, traballo a tempo parcial, salarios inferiores…) fan que to-

pen máis dificultades para reunir os períodos de cotización necesarios e que, cando

os reúnen, as contías das prestacións son menores.

Prestacións por desemprego

A estatística «Mercado de traballo e pensións nas fontes tributarias» da Axencia

Tributaria ofrece información sobre o importe medio anual das prestacións por

desemprego, pero non diferencia o importe das prestacións contributivas do das

asistenciais.

Page 26: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

26

Cadro n.º 26. PRESTACIÓN MEDIA ANUAL POR CC. AA.

CC. AA. MULLERES (1) HOMES (2) 1/2*100

Comunidade de Madrid 4.074 4.756 86 %

Cataluña 3.763 4.427 85 %

A Rioxa 3.695 4.305 86 %

Castela-A Mancha 3.597 4.297 84 %

Principado de Asturias 3.554 4.517 79 %

Castela e León 3.528 4.329 81 %

Aragón 3.516 4.191 84 %

MEDIA DE CC. AA. 3.450 4.148 83 %

Cantabria 3.428 4.450 77 %

Galicia 3.427 4.281 80 %

Comunidade Valenciana 3.384 4.086 83 %

Canarias 3.217 3.819 84 %

Rexión de Murcia 3.190 3.824 83 %

Andalucía 3.124 3.793 82 %

Cidade de Ceuta 3.094 3.721 83 %

Estremadura 3.017 3.772 80 %

Illas Baleares 2.997 3.451 87 %

Cidade de Melilla 2.889 3.769 77 %

FONTE: Elaboración propia a partir de datos da Axencia Tributaria. Ano 2013 NOTA: Comunidades e cidades autónomas de réxime fiscal común (exclúense, pois, o País Vasco e Navarra)

Os datos do cadro 26 reflicten que as prestacións medias anuais por desemprego

percibidas polas mulleres son inferiores ás dos homes en todas as comunidades

autónomas. En Galicia, a prestación media anual ascendeu en 2013 a 3.897 euros.

No caso dos homes, o importe medio ascendeu de 4.281 euros, mentres que nas

mulleres quedou en 3.427 euros. Polo tanto, as prestacións por desemprego perci-

bidas polas mulleres galegas equivaleron ao 80 % das dos homes, é dicir, foron un

20 % máis baixas.

As mulleres galegas perciben prestacións por desemprego inferiores á media esta-

tal e ocupan o noveno posto entre as prestacións máis baixas de todas as comuni-

dades e cidades autónomas.

Pensións

Para analizar as diferenzas entre sexos nos ingresos anuais procedentes das pen-

sións do sistema da seguridade social utilizamos de novo a estatística «Mercado de

traballo e pensións nas fontes tributarias» da Axencia Tributaria. Esta estatística

fornece información sobre as pensións medias anuais pero non desagrega os im-

portes en función do tipo de prestación (se é ou non contributiva ou se é de xubila-

ción, invalidez ou viuvez).

Page 27: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

27

O que si reflicte a estatística é que, tamén no caso das pensións, os ingresos obtidos

polas mulleres son inferiores aos dos homes, e que esta situación se repite en todas

as comunidades autónomas.

Segundo a citada fonte, en Galicia, un total de 767.179 persoas declararon en 2013

algún tipo de pensión, das cales 388.570 (o 51 % do total) eran mulleres.

O importe medio anual da pensión en Galicia era de 11.575 euros; no caso dos ho-

mes, alcanza os 13.340 euros e nas mulleres redúcese a 9.855 euros. Isto significa

que a pensión percibida por unha muller equivale ao 74 % da dun home ou, o que é

o mesmo, as pensións das mulleres son inferiores nun 26 % ás dos homes. No ám-

bito estatal, a contía da pensión media anual feminina é un 29 % inferior á

masculina.

Ao analizarmos as pensións en función do seu importe, sen atender á comparación

coas dos homes, comprobamos que a contía media da pensión anual das mulleres

galegas é a cuarta máis baixa de todas as comunidades e cidades autónomas de réxime común: é inferior en 870 euros á media, e en 2.751 euros á da Comunidade

de Madrid que é a máis elevada.

Cadro n.º 27. PENSIÓN MEDIA ANUAL POR CC. AA.

CC. AA. MULLERES (1) HOMES (2) 1/2*100

Comunidade de Madrid 12.606 18.549 68 %

Cidade de Ceuta 11.750 18.502 64 %

Principado de Asturias 11.698 20.216 58 %

Cidade de Melilla 11.444 17.138 67 %

Aragón 11.073 16.072 69 %

Cataluña 11.062 16.077 69 %

Cantabria 10.863 16.229 67 %

Castela e León 10.863 15.091 72 %

MEDIA DE CC. AA. 10.725 15.075 71 %

A Rioxa 10.588 14.485 73 %

Canarias 10.411 13.617 76 %

Illas Baleares 10.310 14.028 73 %

Comunidade Valenciana 10.165 13.995 73 %

Andalucía 10.000 13.572 74 %

Galicia 9.855 13.340 74 %

Castela-A Mancha 9.787 12.796 76 %

Estremadura 9.688 12.059 80 %

Rexión de Murcia 9.596 13.024 74 %

FONTE: Elaboración propia a partir dos datos da Axencia Tributaria. Ano 2013 NOTA: Comunidades e cidades autónomas de réxime fiscal común (exclúense, pois, o País Vasco e Navarra)

Page 28: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

28

Completamos esta análise das pensións con datos que publica o Instituto Galego de

Estatística (IGE), procedentes do Instituto Nacional da Seguridade Social. Esta fonte

permite coñecer o importe medio mensual das pensións contributivas por sexo.

A contía das pensións contributivas depende dunha serie de variables: as bases de

cotización, o peso dos diferentes tipos e réximes da seguridade social, a idade real

de xubilación, os anos cotizados, etc.

A distribución das pensións por tipos ten especial relevancia pois explica, en boa

medida, por que a pensión media das mulleres é máis baixas ca a dos homes. No

cadro 28 recóllese o número e importe de pensións contributivas por sexos. Os

datos son referidos ao 31 de decembro de 2013.

Cadro n.º 28. PENSIÓNS CONTRIBUTIVAS POR CLASE E SEXO EN GALICIA

NÚMERO DE PENSIÓNS IMPORTE MEDIO DAS PENSIÓNS (en €) CLASE

MULLERES HOMES MULLERES HOMES

Incap. permanente 22.518 46.784 687,88 856,96

Xubilación 195.273 264.832 605,06 975,53

Viuvez 167.439 18.988 538,51 388,43

Orfandade 10.708 11.832 365,13 364,98

Favor familiares 3.841 1.884 475,30 439,87

TOTAL 399.779 344.320 574,17 903,13

FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE. Ano 2013

Como se ve no cadro, os homes son beneficiarios, sobre todo, das pensións de xu-

bilación e de incapacidade permanente; as mulleres, en cambio, teñen unha pre-

senza destacada nas pensións de viuvez.

O importe medio das pensións de viuvez, orfandade e a favor de familiares móvese

por baixo do salario mínimo interprofesional, que en 2013 era de 645,30 euros

mensuais. As pensións de xubilación e de incapacidade permanente están lixeira-

mente por riba.

En 2013, a contía media das pensións era de 726,39 euros mensuais que, no caso

dos homes, se elevaba aos 903,13 euros e nas mulleres baixaba ata os 574,17 eu-

ros. Polo tanto, as mulleres perciben, de media, 329 euros menos ca os homes.

Doutra banda, o importe medio das pensións de xubilación e de incapacidade per-

manente das mulleres é inferior ao dos homes. Nas primeiras hai unha diferenza

duns 370 euros de media; nas segundas, de 169 euros.

Das 399.779 pensións percibidas por mulleres, o 49 % son de xubilación, o 42 % de

viuvez e o 6 % de incapacidade permanente. A distribución das pensións que

perciben os homes é diferente: o 77 % son de xubilación, o 14 % de incapacidade

permanente e só o 6 % son de viuvez.

Page 29: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

29

No seguinte cadro reflíctese o número de pensións e o importe medio por sexo e

réxime. Os datos tamén corresponden ao 31 de decembro de 2013.

Cadro n.º 29. PENSIÓNS CONTRIBUTIVAS SEGUNDO RÉXIME E SEXO EN GALICIA

NÚMERO DE PENSIÓNS IMPORTE MEDIO DAS PENSIÓNS (en €) RÉXIME

MULLERES HOMES MULLERES HOMES

Xeral 176.934 196.201 671,37 1.031,14

Autónomos/as 179.876 97.776 486,23 614,99

Mar 21.738 32.918 559,15 1.032,00

Minaría e carbón 638 956 720,65 1.544,51

Accidentes de traballo 7.660 10.500 695,90 909,16

Enfermidades prof. 1.198 1.597 731,27 1.155,29

SOVI 11.735 4.372 381,18 385,40

TOTAL 399.779 344.320 574,17 903,13

FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE. Ano 2013

No 2013, o 87 % das persoas que percibían pensións contributivas da seguridade

social encadrábase no réxime xeral e no de autónomos. O importe medio das pen-

sións do réxime xeral é bastante máis alto que o das do réxime especial de traba-

lladores autónomos.

A contía media das pensións das mulleres é inferior á dos homes independente-

mente do réxime. Como se plasma no cadro, o maior número de pensións nas mu-

lleres pertence ao réxime de autónomos, mentres que nos homes encádrase no xeral.

Nos dous réximes que teñen maior presenza no sistema, o 45 % das pensións que

percibiron as mulleres son do réxime de autónomos e o 44 % do xeral. No caso dos

homes, esas porcentaxes baixan ata o 28 % no réxime de autónomos e soben ata o

57 % no xeral.

As pensións non contributivas da seguridade social teñen importe medio moito

máis baixo ca o das contributivas e percíbenas sobre todo mulleres. A maioría das

persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia (RISGA) e da axuda

de emerxencia social (AES) tamén son mulleres. Os datos correspondentes ao ano

2013 aparecen no seguinte cadro:

Cadro n.º 30. PERSOAS BENEFICIARIAS DE PRESTACIÓNS POR SEXO

MULLERES HOMES TOTAL

Pensións non contributivas da S. S. 29.710 13.801 43.511

Renda de integración social de Galicia 5.412 3.888 9.300

Axudas de emerxencia social 1.602 1.051 2.653

FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE. Ano 2013

Page 30: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

30

A SITUACIÓN LABORAL ACTUAL DAS MOZAS GALEGAS

Este apartado céntrase na situación laboral da xuventude en Galicia. Os datos tí-

ranse da enquisa de poboación activa (EPA) e están publicados no Instituto Galego

de Estatística (IGE).

O colectivo obxecto de estudo son os mozos e mozas entre 16 e 29 anos. As varia-

bles manexadas refírense á participación xuvenil no mercado laboral galego (po-

boación activa, ocupada, desempregada, etc.) e os datos recompilados son do ano

2014 (unha media dos catro trimestres de 2014).

As menores de 30 anos en relación coa actividade económica

No cadro 31 desagrégase por sexo e relación coa actividade económica a poboa-

ción galega de entre 16 e 29 anos. Os datos son do ano 2014 (últimos coñecidos).

Cadro n.º 31. POBOACIÓN MENOR DE 30 ANOS EN RELACIÓN COA ACTIVIDADE ECONÓMICA

MULLERES HOMES TOTAL

Poboación de 16 a 29 anos 170.600 176.200 346.800

Poboación activa de 16 a 29 anos 91.900 99.000 190.900

Poboación ocupada de 16 a 29 anos 57.400 61.000 118.300

Poboación parada de 16 a 29 anos 34.500 38.000 72.500

Poboación inactiva de 16 a 29 anos 78.700 77.300 156.000

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. IGE.

Segundo os datos da EPA, en Galicia hai 170.600 mulleres menores de 30 anos, o

49 % da poboación total desa idade. Porén, a poboación potencialmente activa

(aquela que ten un emprego ou o busca de forma activa) ascende a 91.900 mulle-

res, das cales teñen un emprego 57.400.

A taxa de actividade das mozas é inferior á dos mozos en 2,2 puntos porcentuais:

53,9 % fronte ao 56,1 %. Na taxa de ocupación, a brecha de xénero é dun punto

porcentual: o 33,6 % nas mulleres e o 34,6 % nos homes.

Daquela, hai 34.500 mozas paradas, o que se traduce nunha taxa de paro do 37,6 % (esa taxa é, no conxunto da poboación feminina galega, do 21,7 %). Porén, a situa-ción dos mozos é peor porque hai 3.500 parados máis que paradas e a súa taxa de paro sobe ata o 38,4 %.

Desas 34.500 mulleres desempregadas, 10.100 buscan o seu primeiro emprego. É dicir, o 71 % das mozas galegas en paro xa traballaron.

Por último, a poboación inactiva (que abrangue todas as persoas de 16 a 29 anos non clasificadas como ocupadas ou paradas durante a semana de referencia, por

Page 31: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

31

exemplo, a mocidade que está estudando) suma 156.000: 78.700 mozas e 77.300 mozos. Hai, polo tanto, 1.400 inactivas máis que inactivos.

As menores de 30 anos ocupadas por sector económico e situación profesional

As mozas galegas traballan sobre todo nos servizos, que daba ocupación a 52.900 mulleres dun total de 57.400 ocupadas.

O sector dos servizos é o primeiro por volume de emprego: ocupaba 88.000 per-soas no 2014. Porén, a distribución por sexos é desigual: o 60 % das mozas fronte ao 40 % dos mozos.

O segundo sector con máis persoas ocupadas é a industria: 17.200. Ao contrario

que nos servizos, neste sector están empregados máis mozos (o 80 %) ca mozas (o

20 %).

A presenza das mozas na construción é practicamente residual porque son só ao

redor dunhas 200, mentres que eles suman algo máis de 7.000. A repartición do

emprego primario por sexos tamén é moi desemellante: o 8 % dos mozos están

empregados neste sector fronte ao 1 % das mozas.

Cadro n.º 32. POBOACIÓN MENOR DE 30 ANOS OCUPADA POR SECTOR

MULLERES HOMES TOTAL

Agricultura e pesca 800 5.000 5.800

Industria 3.400 13.800 17.200

Construción 200 7.100 7.300

Servizos 52.900 35.100 88.000

Total 57.400 61.000 118.300

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. IGE.

Daquela, segundo se deduce do cadro anterior, o 98 % das mozas con emprego en-

cádranse nos servizos e na industria. Pola contra, a súa presenza na construción e

no sector primario é moi reducida.

No cadro 33 desagrégase a poboación ocupada de entre 16 e 29 anos por sexo e

situación profesional. Como se pode comprobar, o 90 % das mozas galegas son

asalariadas: 51.700 no 2014. No caso dos homes, esa porcentaxe baixa ata o 85 %.

No 2014, o número de asalariadas é bastante similar ao de asalariados: 51.700 e

51.800, respectivamente. Porén, na repartición por sectores danse diferenzas. No

sector privado había máis asalariados ca asalariadas (uns 1.300 máis) pero no pú-

blico é a inversa porque había 1.200 mulleres máis ca homes.

Page 32: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

32

Cadro n.º 33. POBOACIÓN MENOR DE 30 ANOS OCUPADA POR SITUACIÓN PROFESIONAL

MULLERES HOMES TOTAL

Persoas empresarias e autónomas 5.200 7.500 12.600

Persoas asalariadas do sector público 5.900 4.700 10.600

Persoas asalariadas do sector privado 45.800 47.100 92.800

Outras situacións 600 1.700 2.300

Total 57.400 61.000 118.300

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. IGE.

Outro trazo que caracteriza a poboación xuvenil ocupada é que hai máis homes

empresarios ou autónomos que mulleres: no 2014 encadrábanse nesta categoría

profesional 7.500 mozos fronte a 5.200 mozas (son o 41 % do total).

As menores de 30 anos ocupadas por tipo de xornada

A taxa de ocupación a tempo parcial (definida como o cociente entre o número de

persoas ocupadas a tempo parcial e o número total de persoas ocupadas) é moi

elevada na mocidade, sobre todo nas mulleres.

Cadro n.º 34. POBOACIÓN MENOR DE 30 ANOS OCUPADA POR TIPO DE XORNADA

MULLERES HOMES TOTAL

Completa 37.900 49.000 86.900

Parcial 19.500 12.000 31.400

Total 57.400 61.000 118.300

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. IGE.

No 2014, traballaban 31.400 persoas menores de 30 anos a xornada parcial, das

cales 19.500 eran mulleres. Polo tanto, 62 de cada 100 persoas empregadas a xor-

nada parcial eran mozas.

Daquela, a taxa de ocupación a tempo parcial tamén varía de xeito significativo

segundo o sexo: no 2014 o 34,0 % das mozas estaban ocupadas a xornada parcial

fronte ao 19,7 % dos mozos.

As asalariadas menores de 30 anos por tipo de contrato

A mocidade é o colectivo con máis representatividade no traballo a xornada parcial

e o que máis soporta a temporalidade. Os datos da EPA corroboran a altísima preca-

riedade da xuventude: máis da metade da poboación asalariada de 16 a 29 anos

ten un contrato temporal.

Page 33: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

33

Cadro n.º 35. POBOACIÓN ASALARIADA MENOR DE 30 ANOS POR TIPO DE CONTRATO

MULLERES HOMES TOTAL

Indefinida 23.500 21.800 45.300

Temporal 28.200 29.900 58.100

Total 51.600 51.700 103.400

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. IGE.

No 2014 había 103.400 asalariados e asalariadas de 16 a 29 anos; dese total,

58.100 tiñan un contrato temporal. Polo tanto, a taxa de temporalidade (porcen-

taxe de persoas asalariadas con contrato temporal) era do 56,2 %. Por sexos, a taxa

de temporalidade é maior nos mozos: 57,8 % neles fronte ao 54,7 % nelas.

O desemprego nas menores de 30 anos

A xuventude é o colectivo máis prexudicado polo desemprego, sobre todo as per-

soas menores de 24 anos. As consecuencias son alarmantes porque se está expul-

sando do mercado laboral galego xente nova e empurrándoa cada vez máis a unha

emigración forzosa.

En Galicia hai 72.500 menores de 30 anos en paro dun total de 190.900 activos/as.

Isto proba os atrancos que topa a mocidade para conseguir un posto de traballo. A

situación é insostible pero aínda sería peor se moitos mozos e mozas que xa non

buscan traballo activamente ou que o fan fóra do país, computasen nas cifras de paro.

Cadro n.º 36. POBOACIÓN PARADA MENOR DE 30 ANOS POR SEXO E IDADE

MULLERES HOMES TOTAL

De 16 a 24 anos 15.600 18.600 34.200

De 25 a 29 anos 19.000 19.400 38.300

Total 34.500 38.000 72.500

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. IGE.

No 2014 había máis desempregados menores de 30 anos ca desempregadas:

38.000 fronte a 34.500. Con todo, na desagregación por grandes grupos de idade, o

paro masculino supera bastante o feminino no tramo de 16 a 24 anos (3.000

parados máis que paradas), mentres que no de 25 a 29 anos a situación do paro

entre homes e mulleres é máis similar (só 400 parados máis que paradas).

A taxa de paro en Galicia está no 21,7 %, pero por baixo dos 30 anos sobe ata o

38,0 %. As consecuencias son alarmantes porque case corenta de cada cen mozos e

mozas galegos que queren traballar non poden facelo, están condenados ao paro.

Page 34: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

34

Por sexos, como xa se dixo, a taxa de paro masculina en menores de 30 anos é lixei-

ramente superior á feminina: o 38,4 % fronte ao 37,6 %.

As inactivas menores de 30 anos

A poboación inactiva menor de 30 anos representa en Galicia o 45 % do total da

poboación desa idade: 156.000 inactivas dun total de 346.800 persoas. O número

de mulleres inactivas é algo superior ao de homes: 78.700 mozas inactivas fronte a

77.300 inactivos.

Cadro n.º 37. POBOACIÓN INACTIVA MENOR DE 30 ANOS

MULLERES HOMES TOTAL

Estudantes 64.400 64.400 128.800

Outras situacións 14.300 12.900 27.100

Total 78.700 77.300 156.000

FONTE: Elaboración propia sobre datos da EPA. IGE.

Como é obvio, dada a idade da poboación obxecto de estudo, a maior parte consi-

dérase como inactiva porque está estudando. No 2014 estudaban 128.800 mozos e

mozas, un 83 % da xuventude galega considerada inactiva.

O número mozas e mozos considerados inactivos por estaren estudando coincide.

Polo tanto, a diferenza por sexos dáse na clasificación de «outras situacións», na

que as mulleres inactivas superan os homes en 1.400.

CONCLUSIÓNS

No ano 2014, a perda de emprego e a degradación das condicións laborais manté-

ñense como notas definitorias do mercado laboral feminino en Galicia.

No último ano creouse emprego entre as mulleres nos servizos e na construción,

pero resultou insuficiente para compensar o número de postos de traballo perdi-

dos na industria e no sector primario. Así pois, hai 2.100 mulleres ocupadas menos

que no 2013.

No 2014 recuperouse lixeiramente o emprego asalariado e, en cambio, o emprego

por conta propia resultou moi prexudicado porque hai 7.200 ocupadas menos

nesta categoría profesional, un 8 % de descenso.

A evolución do emprego asalariado por sectores variou este ano: no privado sé-

guese perdendo emprego e no público hai 5.500 asalariadas máis que no 2013

pero, desas, 2.500 teñen un contrato temporal (o 45 % dos empregos creados). O

Page 35: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

35

número de mulleres asalariadas no sector público acadou as 102.000 no 2014

pero, aínda así, esa cifra segue estando por debaixo da de 2012 (104.300) e moi

lonxe da alcanzada en 2011 (111.400).

A destrución do emprego no sector privado centrouse nas mulleres que tiñan un

contrato temporal. Hai 2.700 mulleres menos cun contrato temporal (case un 4 %

de descenso) e 2.400 máis con contrato indefinido (soben o 1 %).

O descenso do paro feminino no 2014 non é moi alentador porque as 900 mulleres

menos que hai en paro só supoñen un raquítico 2 % sobre as 51.200 que se suma-

ron ao paro desde o ano 2009 ata o 2013.

Hai 131.200 desempregadas en Galicia; isto tradúcese nunha taxa de paro do

21,7 %. O dato é demoledor pero, de non diminuír a poboación activa, o desem-

prego estaría moi por riba desa cifra.

Esa situación agrávase drasticamente coas 76.300 paradas que levan buscando

emprego un ano ou máis, é dicir, son o 58 % do total de desempregadas. O peor de

todo é que 50.800 xa levan dous ou máis anos no paro, polo que conforman un co-

lectivo moi numeroso e con risco de caer na exclusión social.

As mulleres participaron no mercado laboral de xeito significativo ata o ano 2012,

cando se alcanzou a cifra máis elevada de activas: 617.500. Porén, desde ese ano

abandonaron o mercado laboral 12.500 mulleres e, delas, 2.900 fixérono o último

ano. A falta de expectativas de atopar un emprego e o aumento do número de mu-

lleres que marchan do país na súa procura están entre as razóns que poden expli-

car esa mingua da poboación activa feminina.

Canto á degradación das condicións laborais, a xornada a tempo parcial e a tempo-

ralidade na contratación seguen sendo a tónica xeral. No ano 2014 traballaban a

xornada parcial o 23 % das ocupadas. Non se trata dunha opción persoal, senón

que o 66 % das ocupadas manifestan aceptala por non atoparen un emprego a

tempo completo.

Doutra banda, no 2014, só o 5,2 % da contratación inicial rexistrada nas mulleres

foi indefinida, o que corrobora que a reforma laboral do Partido Popular non foi

capaz de darlle pulo á estabilidade no emprego.

Por último, a brecha de xénero que vén castigando as mulleres historicamente ma-

niféstase nos ingresos procedentes dos salarios e da protección social. Canto aos

salarios, no ano 2012 (último dato dispoñible da enquisa de estrutura salarial), o

salario das mulleres é inferior nun 24 % ao dun home: 16.727 euros e 22.060 eu-

ros, respectivamente. E entre os anos 2008 e 2012, a fenda salarial aumentou de

Page 36: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

36

4.459 euros a 5.333 euros, o que confirma que a crise ancheou a desigualdade sala-

rial entre homes e mulleres.

As desiguais condicións de permanencia das mulleres no mercado laboral fan que a

contía das súas prestacións por desemprego sexa un 20 % menor á dos homes, cir-

cunstancia que se repite nas pensións femininas, que foron un 26 % inferiores ás

dos homes.

Page 37: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

37

Page 38: 11. 8 de marzo de 2015 · analizamos a situación das mulleres galegas no mercado de traballo, e un ano máis os datos corroboran que vivimos nunha sociedade xeradora de desigualdade

As políticas públicas, imprescindibles para avanza en igualdade

38