updlimiaverin.files.wordpress.com · web viewa cultura castrexa presenta continuidade espacial e...

13
CONCELLO DE PORQUEIRA Unhas pinceladas do Concello Este Concello pertence á comarca da Limia alta; limitando ó norte con Rairiz de Veiga, polo sur con Calvos de Randín e os Blancos, o este con Xinzo de Limia e polo oeste con Bande e Muíños. Os seus habitantes distribúense en seis parroquias que engloban 30 entidades de poboación. As parroquias son Paradela de Abeleda (Paradela de Abeleda, Lovios, Retorta e Sever), Abeleda (San Lourenzo e Reboreda), San Martiño de Porqueira (Forxa, Fontemoura e Torre), Sabucedo de Limia (Toxal, Rial, Filgueira, Quintas, Eido das Lamas, Peninnovo, Gándara, Eido da Ribeira, Martices, Agro, Airavella, Lagoa e Bruxeira) e Sobreganade (San Mamede de sobreganade, rosendo, Nocelo e Soutelo). A súa capital, A Forxa, dista da cidade de Ourense 52 Km. O municipio está situado nun estreitamento da Limia, entre as vertentes máis suaves da Raia Seca e o río Limia. A depresión drenada por este río segue unha dirección de este a oeste e serve de límite setentrional o municipio, encaixándose logo entre os montes de Bande e a Serra do Xurés.

Upload: others

Post on 14-Jul-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewA cultura castrexa presenta continuidade espacial e poboacional con ditos vestixios e, de forma similar, hai ermidas como a Virxe da Veiga

CONCELLO DE PORQUEIRA

Unhas pinceladas do Concello

Este Concello pertence á comarca da Limia alta; limitando ó norte con Rairiz de Veiga, polo sur con Calvos de Randín e os Blancos, o este con Xinzo de Limia e polo oeste con Bande e Muíños. Os seus habitantes distribúense en seis parroquias que engloban 30 entidades de poboación. As parroquias son Paradela de Abeleda (Paradela de Abeleda, Lovios, Retorta e Sever), Abeleda (San Lourenzo e Reboreda), San Martiño de Porqueira (Forxa, Fontemoura e Torre), Sabucedo de Limia (Toxal, Rial, Filgueira, Quintas, Eido das Lamas, Peninnovo, Gándara, Eido da Ribeira, Martices, Agro, Airavella, Lagoa e Bruxeira) e Sobreganade (San Mamede de sobreganade, rosendo, Nocelo e Soutelo). A súa capital, A Forxa, dista da cidade de Ourense 52 Km. O municipio está situado nun estreitamento da Limia, entre as vertentes máis suaves da Raia Seca e o río Limia. A depresión drenada por este río segue unha dirección de este a oeste e serve de límite setentrional o municipio, encaixándose logo entre os montes de Bande e a Serra do Xurés.

Para chegar, tómase a A- 52 cara Xinzo de Limia, e continúase pola OU- 301 pola estrada de Xinzo a Bande, dirección Porqueira.

Porqueira é un concello de transición, entre o chan e a serra (polo sur da serra acadan os 968m. e polo centro e norte sitúanse en torno ós 650 m. dentro da depresión da Limia), pero tamén entre a Limia e Baixa Limia, dado que, a medida que discorre cara u oeste, o río Limia pasa de fluír por riba de lugares chans e encaixarse progresivamente no terreo.

Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewA cultura castrexa presenta continuidade espacial e poboacional con ditos vestixios e, de forma similar, hai ermidas como a Virxe da Veiga

As súas aldeas aséntanse, na súa maior parte, no contacto entre o fondo da depresión e as ladeiras empínanse cara o sur. Fóra delas, pódense atopar algunhas localidades como San Mamede ou Nocelo que se emprazan no sector de maior altitude, ou como o Toxal que o fai en plena chaira limiá.

Unha mirada atrás

Porqueira conta con monumentos prehistóricos na Lagoa (Paradela de Abeleda). Trátase de tres túmulos con megálitos. Estes sepulcros (do 3000- 2000 a. C), moi relacionados cos do Val do Salas e Portugal indícannos o vello camiño da Ponte Liñares a Xinzo de Limia.

A cultura castrexa presenta continuidade espacial e poboacional con ditos vestixios e, de forma similar, hai ermidas como a Virxe da Veiga e a Nosa Señora do Pe do Monte, coas que podemos asociar, espacialmente, recintos de época castrexa habitados polos límicos, do que a súa romanización dan fe as moedas, aras, cerámica e tégulas atopadas ó longo da vía a Ponte Liñares- Forum Limicorum, que discorría pola Forxa e Sabucedo (en realidade un ramal da famosa “Vía Nova” romana) coincidente co camiño neolítico e a actual estrada OU- 301.

En tempos medievais, Porqueira ocupa un lugar salientable debido o seu castelo e a existencia dun mosteiro, inicialmente familiar e hereditario, xa que no século XII parte do mesmo foi vendida ó bispado de Ourense, pasando a ser rexentado polos agustinos. O rei Alfonso VII fixo unha doazón parcial á mitra diocesana, legado confirmado por Alfonso IX no mesmo século XII, posto que o mosteiro de Porqueira “de antigo pertence á Xurisdición real”. Xa no XIII a diocese adquiriu tódalas propiedades e dereitos reais sobre Porqueira. Este cenobio vivirá os mellores momentos coa chegada dos Xerónimos, pois era o único que posuían en toda a provincia e o seu primeiro prior , Xordán, fixo construír igrexa e claustro non anteriores o século XIV). Ademais titulouse abade de San Lourenzo, prior e señor de Güín e Castelaus, así como señor do partido xudicial da Forxa e Casas da Moura.

Os seus sucesores continuaron ostentando dito cargo e a facultade de nomear xuíz ordinario e escriban nas súas pertenzas. Tamén houbo mosteiros en Santa María e San Salvador de Sabucedo; o de Santa clara de Allariz tivo dominios no actual concello e o de San Pedro de Ramirás comprou herdanzas en Sabucedo “ultra flumen Limie” e Porqueira no século XII.

O castelo de Porqueira, hoxe tan só un torreón que vixía a entrada de Portugal, erixiuse no século XII, cando a Limia –disputada polos reis de Portugal, León e Castela- era un teatro bélico. Xa no epílogo da guerra civil

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewA cultura castrexa presenta continuidade espacial e poboacional con ditos vestixios e, de forma similar, hai ermidas como a Virxe da Veiga

castelá, que asolou a Galicia do XIV, don Xoán de Gante, xenro e partidario do xa asasinado rei Pedro “o Cruel”, ocupou Porqueira fugazmente, pois o seu exército contraeu a peste. No século XV este castelo pertencía ó conde de Benavente e sufriu os embates da revolta popular irmandiña.

Na época moderna, o territorio de Porqueira presentouse como priorato (século XVIII), pois, o abade de Santa María “a Real” (Porqueira) conservou o título de prior e un dos seus párrocos chegou a preitear coa Mitra, vendo recoñecidos os seus dereitos e regalías, como tamén conseguiu eximirse das visitas pastorais; xa que Porqueira correspondía ó patronato real. Foi degradándose a obra do castelo, agora “torre da Fírveda”. A xurisdición de Porqueira comprendía ambas Porqueiras (Santa María e San Martiño), a “Vila”, a Forxa e Laroá. Paradela e San Lourenzo concernían a Rairiz (do señorío de Monterrei), Sabucedo ó conde de Portillo e Sobreganade –competencia de Xinzo- era do conde de Monterrei.

Na idade contemporánea aparece como concello “Porqueiras” (1821) e, en 1836, Porqueira, na que as oficinas municipais instaláronse no antigo castelo e que constaba de sete parroquias (actualmente seis). Dobrou a súa poboación a mediados do século XIX pero dende 1960 a 1991 a reducirá á metade, fenómeno válido para A Forxa, capital do concello. Se ben o nivel de vida mellorou coa extracción de areas, a gandería, a explotación forestal e a construción.

Onde perderse

Xoias Naturais.

A senda das tres torres discorre polo territorio do Concello de Porqueira e a visita a torre vixía do século XII. Esta mantén a súa estrutura completa e

dende as súas alturas, observase un montículo sobre o

que se asentaba a Torre de Celme, xa desaparecida, pero que tamén no seu día custodiou a chaira. Dando un paseo polas cercanías da torre, un sendeiro levaranos a ver o río caendo na fervenza, cunha peculiar beleza. As lendas de tesouros impregnan as pedras e covas que forman esta caída. Tamén se atravesará a súa “ponte Vella” e se contemplarán os seus hórreos.

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewA cultura castrexa presenta continuidade espacial e poboacional con ditos vestixios e, de forma similar, hai ermidas como a Virxe da Veiga

Outra ruta e a das fervenzas do río Fírveda, onde se pode contemplar a extraordinaria paisaxe que vai deixando o

citado río o seu paso.

Tesouros arquitectónico – relixiosos.

Igrexa de San Salvador de Sabucedo.- Igrexa dun barroco austero onde o máis destacado son un conxunto de retablos e esculturas significativas. O retablo maior, con imaxes do Salvador, Virxe do Carme, San Xoán, San Xosé, Sagrario con Santa Cena na porta e as tres virtudes teologais. As tallas son dunha gran finura e a concepción do retablo está xa dentro dun gusto rococó. O autor do retablo é o escultor Frei Pedro Pascual García, mercedario que dende o convento de Verín recibiu encargos de diferentes feligresías do entorno, faleceu nesta parroquia e aquí foi soterrado, continuando a obra do retablo do retablo o seu discípulo Pedro García. Dorouno e pintouno Carlos

Rodríguez de Camba.

Os retablos laterais foron realizados en 1724 polo escultor Xosé Seguín, artesán de Rairiz de Veiga.

Na praza de Sabucedo, atópase un cruceiro, xusto ó lado do lavadoiro.

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewA cultura castrexa presenta continuidade espacial e poboacional con ditos vestixios e, de forma similar, hai ermidas como a Virxe da Veiga

Igrexa de San Martiño de Porqueira.- Ten restos románicos pero a súa fábrica é de estilo barroco. A súa torre é unha mostra significativa da pegada deixada polos canteiros da Terra de Montes (Pontevedra). A fachada presenta unha fornacina pétrea con San Martiño bispo, e está rematada por unha torre de planta cadrada de dous corpos e terminada en cúpula semiesférica.

No interior destaca un retablo do século XVIII dentro dun elegante estilo rococó. Son tamén interesantes os retablos da Inmaculada e do Sagrado Corazón, do século XVIII, con tallas de

diversas advocacións.

En cuanto á orfebrería destacan unha custodia de prata, do século XVII e unha cruz procesional do século XVIII.

Igrexa de Santa María A Real de Porqueira.- Templo barroco (s. XVIII) de Patronato Real, de boa cantería. Exteriormente presenta fachada con espadana de dous ocos de campa e grandes molduras. No interior ten unha ampla nave con espazoso cruceiro e gran presbiterio, todo elo cuberto con bóveda de canón. Destacan o retablo maior e os colaterais, obras do rococó, datados en 1798. A parede da cabeceira, que non encheu o retablo cubriuse a finais do século XVIII con pinturas murais neoclásicas: representan grandes columnas de fuste liso para dar a sensación de arquitectura que sostiña un entaboamento sobre o que se continuaría o retablo con cinco fornacinas coa representación de San Martiño Bispo e, ós lados os catro doutores da Igrexa Latina. De importancia son a maior parte das tallas, barrocas, destacando a Asunción, Virxe do Rosario, San Antonio, San Agostiño, San Brais, San Roque, etc. Salientable imaxe da patroa, Santa María.

Na Forxa, tamén se pode atopar unha capela preto da Torre.

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewA cultura castrexa presenta continuidade espacial e poboacional con ditos vestixios e, de forma similar, hai ermidas como a Virxe da Veiga

Existen outras ermidas que visitar neste territorio:

Ermida da Nosa Señora do Pé do Monte en Sabucedo, gardando imaxes barrocas do escultor Bernardo de Cores Cabarcos, artista integrante do taller de Castro Canseco, século XVII.

Ermida de San roque no Toxal, conservando a Inmaculada e San roque, obra do escultor Xosé Seguín, de Rairiz de Veiga, século XVIII. Tamén barroca.

No Concello tamén se atopan outras obras importantes de arquitectura relixiosa como poden ser as igrexas de:

Igrexa de San Mamede en Sobreganade.- Pequeno templo con portada do século XVII; sobre ela a espadana con dobre arco. O acceso ó templo está resolto en base a un arco de medio punto con decoración xeométrica, o que lle confire un fermoso aspecto. Destaca o retablo maior de grandes dimensións e cun interesante sagrario. 

Santuario da Virxe da Veiga en San Mamede.- Celébrase unha das romarías máis concorridas de toda a Limia. É, ademais, unha peregrinación ó “nemeton”, ou branco do monte, único santuario dos celtas. O templo está rodeado de carballos, árbore sagrada para os celtas, e ten unha fonte próxima, un dos tantos mananciais sagrados do que, metaforicamente, mana a gracia do santo, neste caso las gracias da Virxe.

Igrexa de San Xoán da Abeleda.- Arquitectonicamente enmarcase nos séculos XVIII e XIX, con diferentes restauracións posteriores. A súa portada resolvese en altura con unha espadana de dobre vano con arco de medio punto onde están dúas campas. É unha igrexa dunha soa nave, con cuberta a dúas augas. O máis salientable son os seus retablos interiores: retablo maior do século XVIII, de estilo barroco avanzado.

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewA cultura castrexa presenta continuidade espacial e poboacional con ditos vestixios e, de forma similar, hai ermidas como a Virxe da Veiga

Outro símbolo da arquitectura relixiosa son os Cruceiros, que podemos atopar en varios lugares do concello:

Cruceiro de Rial.- Cruceiro localizado en Rial (Sabucedo) que cumpre a estrutura tradicional destes monumentos que a cultura popular situaba nos camiños para protexerse dos perigos do máis alá. Aséntase sobre una grade con tres pasos de onde arranca un fuste circular que culmina nunha especie de capitel onde se sostén unha cruz con dúas tallas, unha do Salvador e outra da Dolorosa.

Cruceiro de San Lourenzo.- Nun cruce de varios camiños localízase este cruceiro instalado sobre unha base cuadrangular que se asenta sobre unha gradaría de tres pasos. Sobre el un fuste circular rematado en capitel sobre o que apoia unha cruz sen ningún tipo de talla. Todo de granito e con inscricións no baseamento das que apenas se pode ler algo. A súa ubicación recorda o perigo que a imaxinación popular atribuía ás encrucilladas, lugares de perigo onde rondaban as almas malas, de aí a necesidade de protexerse mediante a colocación de cruceiros.

Cruceiro de Paradela

Riqueza histórico- cultural.

A torre medieval da Forxa.- A torre conservouse en bo estado, xa que estivo ocupada polas oficinas do concello ata que foi vendida a un particular. Afírmase, sen apoio documental, que foi sede do rei de Galicia, García. A historia da torre contémplase no apartado da Historia.

O Castelo sitúase no lugar elixido para unha maior eficacia no control da fronteira co veciño Portugal. Da

antiga fortaleza só queda en pé esta torre, de austera e robusta construción en perpiaños de granito dispostos en fiadas

regulares.

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewA cultura castrexa presenta continuidade espacial e poboacional con ditos vestixios e, de forma similar, hai ermidas como a Virxe da Veiga

Accédese ó seu interior a través dunha porta a maior altura do chan á que se chega por medio dunha escalinata de vinte tramos.

Non presenta case aberturas: a porta románica, as fiestras seteiras que defenden a entrada na súa vertical e unas pequenas fiestras, hoxe en día cubertas con cristais.

Modillóns simples sosteñen o seu matacán voladizo. Non se conservan as almeas.

Atópase protexido baixo a declaración xenércia do Decreto do 22 de abril de 1949 sobre o Patrimonio Histórico Español.

Na actualidade acolle un centro de interpretación da Vía Nova XVIII do itinerario de Antonino ó seu paso pola Limia.

Hórreos da Forxa.- Son construcións destinada a gardar e conservar os alimentos afastados da humidade e dos animais para mantelos nun estado óptimo para o seu consumo. Caracterízase por manterse sobreelevado sobre pés, co fin de evitar a entrada de humidade e animais  dende o chan e por permitir a ventilación a través de rañuras nas paredes perimétricas.

Xusto na praza dos hórreos tamén se atopa un lavadoiro.

Forno.- Os fornos son construcións que amosan a cultura popular dos pobos, como proba desa tradición, podemos observar o situado na Forxa, entre outros.

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewA cultura castrexa presenta continuidade espacial e poboacional con ditos vestixios e, de forma similar, hai ermidas como a Virxe da Veiga

Ponte vella da Forxa.- Sobre o río Fírveda, atópase esta ponte, datada so século XVIII.

Tamén á beira do río Fírveda pódese avistar un antigo muíño totalmente restaurado.

No apartado das riquezas histórico- culturais non podía faltar o Escudo do concello de Porqueira:

O Concello de Porqueira considerou conveniente adoptar unhas armas ou brasón propio no que, coa simboloxía adecuada e conforme as tradicionais pautas de presentación dos emblemas heráldicos, se represente e perpetúe a súa propia peculiaridade. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico-xeráldico, co seu correspondente brasón e representación gráfica, para a súa aprobación definitiva.

Festas populares

o A Virxe da Veiga (Nosa Señora do Carme), 16 de xullo, San Mamede. Romaría.

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewA cultura castrexa presenta continuidade espacial e poboacional con ditos vestixios e, de forma similar, hai ermidas como a Virxe da Veiga

o Magosto popular, 11 de novembro, na Forxa. Celebración na que se realiza unha reunión de todo o pobo. Procédese ó reparto de castañas, viño e outras viandas, todo elo amenizado con música de gaiteiros.

o O San Antón en Sabucedo, o 13 de xuño.o San Paio en Lovios, o 26 de xuño.o O primeiro domingo de agosto, San Bieito, na Forxa. Festas patronais de

Porqueira.o Mediados de agosto, Santa Rita, Filgueira.o 11 de novembro, San Martiño en Xocín.o San Roque no Toxal, o 16 de agosto.o Festa do Corpus en San Martiño de Porqueira.o Festa na honra da virxe da Saúde en Paradela (Xuño).o San Antón en rial.o Tódolos meses na primeira semana hai feira en Porqueira.

Un alto no camiño.

No concello de Porqueira existe unha vivenda vacacional denominada A Torre, esta consta de dúas habitacións e está ubicada na Forxa.

As reservas pódense tramitar no nº de teléfono 653 68 82 44 ou ben mediante correo electrónico: www.atorre.info  [email protected]