updlimiaverin.files.wordpress.com · web viewpazo do penedo: diferéncianse dúas partes, a...

21

Upload: others

Post on 15-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewPazo do Penedo: Diferéncianse dúas partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII. Capela de San Mateo. Forno

Sandiás

Page 2: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewPazo do Penedo: Diferéncianse dúas partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII. Capela de San Mateo. Forno

Unhas pinceladas do ConcelloSandiás é un concello do sueste da provincia de

Ourense en Galicia (España). Forma parte da bisbarra natural de Limia, ocupando en gran parte as terras da desecada lagoa de Antela. Limita ao norte cos concellos de Allariz e Xunqueira de Ambía, polo sur co de Xinzo de Limia, polo leste co de Xinzo de Limia e Sarreaus, e polo oeste con Vilar de Santos.

As principais vías de comunicación constitúenas a estrada nacional N-525 e a autovía A-52, que atravesan o concello en sentido noroeste-sueste.

O concello está constituído por unha zona montañosa, con altitudes que oscilan entre os 700 e os

900 metros nos montes de Cantariñas (893 m.), Souteiro, Nogueira, os montes– illa de Coalloso e O Castro, e unha gran chaira que ocupaba na súa gran parte a lagoa de Antela. Nesta localízanse a maior parte dos pobos e das explotacións agrícolas mais rendibles e productivas

A súa poboación está distribuída en 17 núcleos de poboación que se agrupan en tres parroquias: Couso de Lima, Piñeira de Arcos e Sandiás. Destaca entre os núcleos de poboación Vilariño dás Poldras.

Sandias: Sandias, As Pegas, Cardeíta, Santa Ana, Coalloso, O Castro

Couso de Limia: Couso de Limia, Vilariño das Poldras, Cerredelo

Piñeira de Arcos: Piñeira de Arcos, Zadagos, Arcos, A Corga, A Fontela, A Lavandeira, A Chousela, Novaiño, A Ladeira.

É un concello eminentemente agrícola, enfocando os seus cultivos á pataca e aos cereais.

Nos últimos anos destaca a súa orientación cara á gandaría intensiva coa construción de numerosas granxas pertencentes ó grupo empresarial Coren. É tamén coñecido pola industria extractiva de áridos, xa que a practica totalidade das areeiras da Limia están situadas neste concello. Esta area é moi apreciada para a construción e surten toda Galicia e o norte de Portugal.

Page 3: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewPazo do Penedo: Diferéncianse dúas partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII. Capela de San Mateo. Forno

Os seus monumentos máis importantes son a torre de Sandiás (S. XII), a igrexa de Santo de Estevo (S. XVI), a ermida de San Benito (famosa polas súas romarías), e os pazos do Telleiro, ou Penedo, e O Espido.

O enlace entre a chaira e o monte faise por medio de ladeiras que se empinan progresivamente, ou por pequenos vales, como o que surca o río Piñeira, que se incrusta no monte cuberto por pequenos bosques de carballos que resaltan fronte a unha paisaxe marcado polos matorrais, como ocorre nas terras baixas, pola redución de arboreda, a excepción dos alisos e sauces que bordean as canles de drenaxe da Lagoa de Antela ou polos bosquetes caducifolios.

As aldeas emprázanse ben no contacto entre a chaira e o monte, ben nas ribeiras da antiga Lagoa de Antela. Trátanse de pobos pechados, de vivendas adosadas, con fermosas balconadas, nas que a pedra de cantería domina nos muros e a tella nas cubertas

Unha mirada atrásAs primeiras sinais de poboación destas

terras sitúan ós poboados lacustres da lagoa de Antela, que foron estudiados polo investigador Conde-Valvís nos anos 50. Conde-Valvís fala dos achados de tres poboados palafíticos de 58, 56, e 36 habitacións respectivamente cada un, coñecidas popularmente como ¨cortellos¨, que demostran a gran concentración de habitantes nesta zona. Estos poboados estarían situados no espacio que abrangue dende Sandiás ata Cortegada (dous deles frente a Zadagós e a Cardeita). Estas aldeas de beira (por referirse a vivendas que tocaban terra firme, como en Lucerna –Suíza- , Veneto – Italia-… todavía existen no lago Maracaibo -Venezuela- ) e foron obxecto de referencias orais, literarias e tamén científicas, atestiguado por numerosos achados: tronco baleiro para canoa, postes fincados, puntas de frechas, vigas de madeira, que pertenceron a casas circulares con paredes de cestería, ou supostamente de terróns e xuncos, abundantes na Lagoa de Antela.

Na Idade dos metais, os límicos edificaron castros como o do Monte Pendón, que conserva foxo e restos cerámicos; ou o de Sandiás, precedente ó castelo medieval e que se adentra cal castro insular no antigo lago.

Page 4: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewPazo do Penedo: Diferéncianse dúas partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII. Capela de San Mateo. Forno

Sandiás adquire relevancia coa romanización, xa que se converteu na mansión Colinas Geminas (ou cerros xemelgos: o Monte do Castro e o Monte Coalloso; ambos montes illa). A Vía Nova, ou Vía XVIII do itinerario Antonino, cruzaba este concello por Vilariño das Poldras e Sandiás. Gracias a esta vía do século I d.C, Geminas conseguiu un aspecto case urbán e comercial; tamén porque A Limia era unha importante encrucillada de camiños, rica en chumbo, estaño, gandeiría e sobre todo en cereiais (debido á canalización para o desaugue da Lagoa). Do paso desta vía quedan os miliarios de Vilariño dás Poldras e de Zadagós.

En tempos medievais, Sandiás destaca polo seu castelo, que tivo gran trascendencia nas liortas con Portugal. As crónicas lexendarias sitúano xa no século IX, cando o conde Sancho Díaz tivo amores, que pagou con prisión, coa irmá do Rei Alfonso II “O Casto”. Outros datan a súa fundación no século XII, en épocas das guerras fronteirizas entre Galicia e Portugal, de feito foi asediado polo primeiro rei portugués Afonso Henriques. En 1386, sendo os seus señores os Santana, o duque de Lancaster destruiuno. En 1448 foi tomado por Pedro Alonso Osorio e, por orde real, pasou cos estados de Maceda ó Conde de Benavente. Asi mesmo, existen referencias medievais a Piñeira de Arcos (vencellado ós señores de Allariz, Maceda e Celanova) e a Zadagós, dependente do mosteiro de Xunqueira de Ambía. A opresión feudal, os abusos e arbitrariedades nobiliares, provocaron a rebelión dos Irmandiños que arrasaron as máis fortalezas que poideron en toda Galicia, entre elas a de Sasndiás, reconstruída trala victoria nobiliar “a costa dos Irmandiños”. 1

Na Idade Moderna, Sandiás é un término poblado e próspero. A Torre de O Castro, e a súa xurisdición seguen vencellados ás Casas de Maceda e Monterrei, aínda que no século XVII pasan a formar parte da Casa de Santana, gracias ós servizos prestados por esta familia ó rei español na súa guerra contra Portugal. No século XVIII os Sandianes, da alta nobreza límica, están moi asociados á Corte, e de novo a Torre serve para concentrar tropas destinadas a outra contienda bélica con Portugal. Piñeira foi, neste século, importante cabeceira dun couto baixo a potestade de Celanova, e en Vilariño, As Pegas, O Couso e Santa Ana señorean edificios palaciegos.

Xa na historia máis recente, o duque de Rioseco gobernou e administrou as parroquias de Couso e Sandiás. Piñeira e Sandiás foron concellos autónomos que, en 1821, correspondían ós partidos de Xinzo de Limia e Celanova, respectivamente. Os habitantes de Sandiás sufriron as penurias da Guerra da Independencia e tamén da Guerra Civil, pois os republicanos tiveron aquí unha forte presencia e o “maquis” foi moi activo, como o foi a oposición durante o posfranquismo.

1 Os Irmandiños eran irmandades medievail formadas por campesinos e algún membros da baixa nobreza para facer fronte ós abusos nobiliares.

Page 5: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewPazo do Penedo: Diferéncianse dúas partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII. Capela de San Mateo. Forno

Tras a decadencia do liño, a caza, e a gandería cabalar (as mulas da feira de San Mateo en Vilariño das Poldras, famosas en Castela) levouse a cabo a desecación da Lagoa de Antela e as concentracións parcelarias. Pouco despois iniciouse a extración dos áridos (areeiras), sendo hoxe en día, xunto co sector agropecuario, os piares económicos de Sandiás.

Onde perderse Xoias naturais

Lagoa de Antela

Na bisbarra da Limia existiu ata hai unhas décadas a lagoa de Antela, unha das lagoas máis importantes da Península Ibérica. Esta lagoa atesouraba unha gran riqueza arqueolóxica, paisaxística, histórica, toponímica, etc., e unha flora, fauna e folclore característicos. Tiña 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, aínda que dependendo da época do ano, variaban esas dimensións, así como a súa profundidade, que normalmente tiña unha media de 0,60 metros chegando nalgúns "pozos" ata os 3 metros. Un índice da súa importancia excepcional eran miles de aves acuáticas que a utilizaban durante todo o ano.

Innumerables foron os intentos de desaugar e aproveitar as súas terras para o labradío ata o seu definitivo desecamiento polo Instituto Nacional de Colonización a partir do comezo das obras no ano 1959. Os romanos tentárono coa construción dun emisario principal e unha mesta rede de pequenas canalizacións, ou seu emisario principal que ía dende Vilar de Barrio ata ponte Liñares, medía 26 quilómetros de longo e 17 metros de ancho aproximadamente. A moderna canle seguiu ou mesmo trazado. Restos

Page 6: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewPazo do Penedo: Diferéncianse dúas partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII. Capela de San Mateo. Forno

DE COMO SE CREOU A LAGOA DE ANTELA¨(NOVIDADE)

¨Cando os mouros estaban a facer a torre do Castro e a de Pena, só tiñan un martelo, polo que se arrebolaban con el dunha torre a outra para ir apuntalando

as pedras. Ata que un día, nun deses lanzamentos, a un deles falláronlle as forzas, e o martelo caiu no medio do camiño entre as dúas torres, facendo un gran burato, onde escomenzou a

brotar auga, dando lugar á que coñecemos como lagoa de Antela¨

desincres pequenas canalizacións pódense observar na area recreativa dá lagoa de Antela preto do canle dá lagoa.

Achega dela contábanse infinidade de lendas, entre ás mais fermosas esta a dá cidade de Antioquía, asolagada en castigo por idolatrar ou galo. L a dous mosquitos cínifes que eran ou rei Artús e vos seus soldados que estaban enmeigados naquela veiga.

A explotación de áridos non concello de Sandiás, onde están situadas a practica totalidade dás explotacións areeiras dá Limia, creou posteriormente pequenas lagoas que, unha vez cesada a extracción, eran abandonadas. Ante esta situación, xurdiu a iniciativa por parte dá antiga Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de establecer un plan global de restauración dá zona, que supla en parte a desaparición dá antiga lagoa de Antela.

A primavera é a mellor estación do ano para gozar dá natureza dás areeiras. Co Inverno, moitas aves do norte de Europa chegan ata aquí escapando do frío. Dende vos observatorios pódese observar en especial ás anátidas que nadan nas pozas.

As areeiras de Sandiás

A explotación de áridos non concello de Sandiás, onde están situadas a practica totalidade dás explotacións areeiras dá Limia, creou posteriormente pequenas lagoas que, unha vez cesada a extracción, eran abandonadas. Por medio de procesos naturais algunhas desincre pequenas lagoas fóronse convertendo en refuxios para a fauna. Mais adiante realizáronse por medio dá Consellería de Medio actuacións relacionadas ca recuperación dás areeiras abandonadas, como a creación de observatorios de fauna en varios puntos dás zonas protexidas As pozas dá areeiras abandonadas son un refuxio para a fauna que acollen, sobre todo para

Page 7: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewPazo do Penedo: Diferéncianse dúas partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII. Capela de San Mateo. Forno

ás aves acuáticas. Estes refuxios teñen grande importancia polo valor faunístico (invertebrados, anfibios, réptiles, aves, mamíferos...) e ou valor botánico que albergan.

Vía da Prata

Este concello estaba atravesado durante Idade Media pola Vía da Prata empregada polos peregrinos do sur de España e os procedentes do Camiño Portugués de Chaves e Vilareal. Hoxe en día despois da revitalización da Vía da Plata en Sandiás situase un dos albergues da vía da prata da variante de Verín.

Riquezas Históricas culturais

Na romanización atravesaba ou concello a Vía XVIII ou Vía Nova, unha das vías romanas de máis importancia do noroeste dá península que unía ás cidades de Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), ás cidades máis populosas do noroeste dá Hispania.

Do paso desta vía quedan os miliarios de Vilariño das Poldras e de Zadagós. O Itinerario de Antonino do século III fai mención da mansión Geminas, parada de postas e hospedaxe, que se situaría no actual Sandiás.

Miliarios de Vilariño das Poldras: Tres exemplos destas columnas cilíndricas de granito (abundantes por esta zona), que se fincaban ao lado das vías romanas para sinalar as distancias. Estes proceden da vía XVIII que unía Braga con Astorga, e que pasaba por esta zona. Un deles ten unha inscrición moi longa, frecuente nos miliarios máis tardíos, onde a gravación cubría practicamente a superficie do miliario, usados como artigos de propaganda dos emperadores. Normalmente aparecían sinalando a distancia entre os lugares onde foron colocados e o punto de partida e de chegada (neste caso Bracara Augusta e Asturica Augusta). As distancias son dadas en millas con respecto á capital do conventus, en cuxo territorio se acha o miliario.

Miliario de Zadagós Neste lugar atópase un miliario (Milla LXXI) dá Vía Nova ou Vía XVIII que unía Bracara (Braga) con Asturica (Astorga) dedicado ou

Page 8: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewPazo do Penedo: Diferéncianse dúas partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII. Capela de San Mateo. Forno

Emperador Maximino e ou seu fillo Máximo (235-238 d.C.)./ Neste lugar encóntrase un miliario (Milla LXXI) de l a Vía Nova ou Vía XVIII que unía Bracara (Braga) con Asturica (Astorga) dedicado ao Emperador Maximino e ao seu fillo Máximo (235-238 d.C).

Ademais dos miliarios atopámonos cos restos de canalizacións romanas na área recreativa da lagoa de Antela preto do canal da lagoa.

Tesouros arquitectónicos

A nivel de patrimonio histórico-artístico os elementos de maior interese turístico e cultural no concello de Sandiás son:

En Sandiás- Igrexa de Santo Estevo: Trátase dunha das máis fermosas do

renacemento galego. Construída polo mestre de cantería, Bartolomé de Nosendo, antes de 1520. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en Santarem, ou a parroquial de Batalha. O

Retablo Maior é de grande importancia polo seu significado na arte ourensá do século XVII. Foi realizado no ano 1603 polo entallador Xoán Fernández O

Mozo, un pintor descoñecido, e polo escultor Francisco de Moure, un dos mellores artistas galegos do primeiro tercio deste século. Consta de 2 corpos, 3 rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son as pinturas manieristas da parte baixa, nas que destacan as escenas da Anunciación e a Visitación.

- Reitoral de Sandiás

Page 9: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewPazo do Penedo: Diferéncianse dúas partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII. Capela de San Mateo. Forno

- Cruceiro: Cruceiro de granito que presenta un pedestal cuadrangular con mesa, fuste liso, capitel e cruz con Virxe e Cristo crucificado, situado á entrada da igrexa de Santo Estevo e asentado sobre unha bancada. Dentro das construcións populares de tipo relixioso, é o cruceiro o máis arraigado nesta zona, e aínda que a súa orixe é tema de moita discusión, o que non hai dúbida é do seu carácter cristianizante e a súa natureza devocional, en casos con motivos rogativos, de loanza, ou de ofrenda.

- Forno: Pequena construción rehabilitada recentemente, exemplo dos moitos fornos de carácter comunal que abundan no concello, que destaca máis polo seu valor etnográfico que polo arquitectónico. A construción representa un habitáculo cadrado con cuberta a dúas augas, e no seu interior áchase o forno, que é unha cámara onde se prende o lume e se coce o pan; de volume semiesférico e con cuberta de forma cilíndrica. Elemento da produción agrícola cerealística e que se sitúa ao final do proceso de transformación, de onde se obtiña o pan, produto indispensable na dieta do agricultor.

- Pazo do Espido en Sandías.- Monumento- homenaxe á muller labrega - Monumento ecuestre

En Vilariño das Poldras:- Pazo do Penedo:

Diferéncianse dúas

Page 10: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewPazo do Penedo: Diferéncianse dúas partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII. Capela de San Mateo. Forno

partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII

- Capela de San Mateo- Forno

En Piñeira de Arcos- Igrexa de San Xoán: A igrexa de Piñeira

de Arcos é do século XIX, concretamente de 1863, aínda que seguindo esquemas rurais. No seu interior destacan as imaxes de San Gonzalo de Amarante, que ademais de ser iconografía estraña é unha obra barroca de certa calidade.

- Capela de Santa Mariña- Reitoral

En Zadagós- Casa do Fidalgo: Casa

grande do século XVIII. Na actualidade, restaurada e rehabilitada coma casa de turismo rural ¨Casa Fidalgo¨./ Pertenece ao século XVIII. Na actualidade, restaurada e habilitada como casa de turismo rural "Casa Fidalgo".

- Capela de San Roque

En Couso de Limia- Igrexa de Santa María: Igrexa con dúas étapas construtivas, a

primeira das románica e a posterior do século XVII. Destaca non interior ou retablo maior, barroco, cun interesante relieva dá Asunción. / A igrexa foi construída en dúas etapas construtivas, unha románica e outra do século XVII. No seu interior destaca o retablo maior, barroco, cun interesante relevo da Asunción.

Page 11: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewPazo do Penedo: Diferéncianse dúas partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII. Capela de San Mateo. Forno

- Reitoral- Pazo do Telleiro: Pazo de finais do século XVII e modificado

no século XVIII.

En Santa Ana- Casona

En Arcos- Capela de San Pedro de Arcos

En O Castro- Torre do castelo Medieval: A súa fundación aparece envolta en

varias lendas relacionadas, incluso, con Bernardo do Carpio (século IX). Foi construído sobre un antigo castro, quizais na primeira metade do século XII. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia, entre o monarca Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal. No ano 1386 foi asaltado polo duque de Lancaster. Máis tarde é arrasado polos irmandiños, e logo reconstruído. Na guerra hispano-lusitana do século XVIII, foi punto de concentración de tropas. Foi posesión das máis poderosas familias da provincia. Hoxe só queda parte da torre da homenaxe, na que se poden admirar os muros de case 4 metros de grosor. Constaba, ademais de soto, 3 pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia Alta.

En Coalloso- Capela de San Miguel

Page 12: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewPazo do Penedo: Diferéncianse dúas partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII. Capela de San Mateo. Forno

Ermida de San Bieito da Uceira: A primitiva ermida foi construída no ano 1766, posteriormente sería reconstruída e ampliada. Dende o adro vense unhas marabillosas paisaxes da Limia Alta. Tódolos luns de Pascua e o segundo domingo de xullo realízase unha romaría dunha gran tradición en toda a Limia.

Tamén é importante destacar a grande cantidade de elementos de arquitectura popular e tradicional que se conservan no concello como poden selo caso dos numerosos cruceiros, fornos comunais, casas tradicionais palleiras de terróns da Veiga, (Santa Ana, A Lavandeira , O Castro, etc.), etc.

Outras cousas que ver

Centro ecuestre

Nos últimos anos produciuse un auténtico rexurdir da actividade ecuestre, ó que non é allea a nosa provincia, que pasou dun censo de cabalos moi cativo ós preto de 2.000 que hai na actualidade. Día a día aumenta a demanda de cabalos, instalacións, profesionais... e os afeccionados son máis esixentes na medida en que van estando mellor formados.

A Deputación de Ourense contribuíu á dinamización e modernización do sector, creando infraestructuras e servicios no noso concello que fai pouco non existían ou eran insuficientes para a demanda que teñen.

Page 13: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewPazo do Penedo: Diferéncianse dúas partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII. Capela de San Mateo. Forno

As actuacións que se están a levar a cabo por parte da Deputación de Ourense céntranse en tres aspectos:

1.- Fomento da cría. Construcción do centro de cría de Antela no concello de Sandiás e posta en funcionamento de iniciativas innovadoras, como o programa de cría integrado.

2.- Creación de infraestructuras. A pista de velocidade de Antela no concello de Sandiás , xa operativa, dotada dunha bancada-grada para o público, un picadeiro cuberto, pista exterior e edificio de servicios, ademais de boxes para cabalos...

3.- Formación. Dirixida non só os xinetes, senón tamén a profesionais como técnicos en manexo, ferradores, albardeiros, etc.

CENTRO DE CRIA   ANTELA (SANDIÁS – OURENSE)

Nos seus boxes alóxanse as eguas. Está dotado con:

- Tres naves de 26 boxes cada unha, de 350 x 350 cm., con ducha e potro de exploración.

- Almacén de 480 metros cadrados, con tres zonas separadas, para pensos, forraxe e cama.

- Nave para sementais, con 6 boxes de 400 x 400 cm.

- Pequeno picadeiro para cubricións e traballo dos sementais.

- Edificio de servicios, con oficinas, vestiarios e clínica veterinaria.

O seu obxectivo é presta-los seguintes servicios:

- Cubrición de eguas, mantemento e xestión de sementais de calidade, propios ou de propiedade privada.

Page 14: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewPazo do Penedo: Diferéncianse dúas partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII. Capela de San Mateo. Forno

- Desenvolvemento de novas tecnoloxías: Conxelación, importación, exportación e transferencia de seme e embrións.

- Asesoramento técnico para a compra de animais, xestión de explotacións, construccións....

- Realizar probas de valoración de reproductores machos e femias.

O centro debe se-la base operativa do programa de cría integrado que se está a levar a cabo. Este innovador programa está baseado nun acordo de colaboración entre os criadores da provincia e o centro, polo que este lle presta ó criador tódolos servicios que demande (cubrición de eguas, asesoramento en alimentación e programas sanitarios, subvención de seguros...), e, sobre todo, asegura a compra do poldro ó destete, por un prezo de taxación.

Iniciouse o programa con eguas de raza Puro Sangue Inglés, pola súa precocidade (compiten xa con dous anos) e as características da súa comercialización (a venda dos poldros realízase con só 18 meses), que evita a acumulación de varias poldradas, os gastos en doma e, sobre todo, permite facer unhas previsións, en canto a datas de venda, entrada dos novos poldros, etc..

CENTRO DE ADESTRAMENTO   ANTELA (SANDIÁS – OURENSE)

Tamén situado no predio da lagoa de Antela no concello de Sandiás. Desde setembro de 2002 atópase xa operativa a pista de velocidade, de 1500 metros de longo por 20 de ancho. Nela realizáronse xa catro xornadas de carreiras, nas que se comprobou o seu excelente comportamento. Por dimensións e calidade pódese comparar coas mellores de España.

Dispón duna ampla bancada para público, con vestiarios e outros servicios, así como un picadeiro cuberto con pista de dimensións olímpicas.

Ademais da celebración das carreiras, o obxectivo principal do centro debe se-lo adestramento de cabalos de aptitude deportiva, en tódalas modalidades de competición. A oferta de instalacións deste tipo é hoxe practicamente inexistente en Galicia, e a situación de Antela (boas comunicacións e proximidade ó resto de España) é privilexiada para cabalos e profesionais que continuamente se desprazan a competicións de nivel nacional.

Page 15: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewPazo do Penedo: Diferéncianse dúas partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII. Capela de San Mateo. Forno

Centro de Interpretación da Lagoa

O Centro de Interpretación da Lagoa é un centro formado por unha serie de equipamentos ou elementos técnicos dirixidos a ofrecer unha lectura do patrimonio, a comunicalo, a explotalo, coa finalidade de dinamizar "in situ" uns

recursos naturais, culturais, monumentais, que poden abarcar desde unha reserva natural ata un conxunto histórico ou incluso un territorio.

Empréganse diversas técnicas para a dinamización do patrimonio como son: Exposicións permanentes e temporais, maquetas e reproduccións, montaxes audiovisuais, experiencias interactivas, sinalización e paneis informativos, talleres e actividades didácticas, publicacións (folletos...) etc.

O percorrido por eses cambios farase a través da integración dos seguintes recursos:

1) A lagoa de Antela.

Cambios entre o antes e o despois da desecación:

-Modo de vida.

-Producción agrícola e gandeira.

-Flora e fauna.

-Aspectos históricos,…

2) Recuperación das areeiras: Recorrido dende a extracción da area ata o proceso de recuperación das areeiras abandonadas.

3) Outros recursos integrables:

Lendas e contos sobre a lagoa.

Elementos etnográficos.

Testemuñas da poboación local, etc.

Un alto no camiño

Page 16: updlimiaverin.files.wordpress.com · Web viewPazo do Penedo: Diferéncianse dúas partes, a primeira pertence ao século XVI, e a segunda ao século XVIII. Capela de San Mateo. Forno

ONDE COMER   Restaurante Novaiño

o Restaurante con capacidade para 160 persoas.o Estrada Nacional 525, s/n - 32693 Novaiñoo Teléfono: : 988 465 077 – 988 465 263o Fax: 988 465 263

Restaurante Os Pozoso Restaurante con capacidade para 75 persoas.o Os Pozos, 105 – 32693 Piñeira de Arcoso Teléfono: : 988 465 144

Casa Fidalgoo Casa do Fidalgo, S/N – 32693 Zadagóso Telefono: 677 506 884

ONDE DURMIR    

O Restaurante Novaiño dispón de 9 habitacións. Para peregrinos do Camiño de Santiago, o albergue de Sandiás dispón

de 24 prazas.o 22 prazas+2 para discapacitados, cociña-comedor, sala de estar,

lavandería, tendedeiros, aparcamento bicicletas, colchonetas auxiliares

Casa de turismo rural ¨Casa Fidalgo¨ en Zadagós.