vocabulario ilustrado do relevo

83
ALBUFEIRA Lagoa de auga salgada situada xunto á costa e separada do mar por unha barra de area.

Upload: agrela-elvixeo

Post on 20-Jul-2015

89 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Vocabulario ilustrado do relevo

ALBUFEIRA

• Lagoa de auga salgada situada xunto á costa e separada do mar por unha barra de area.

Page 2: Vocabulario ilustrado do relevo

Alóctono (Manto de corremento)

• Denomínase o solo formado por un material procedente dun lugar diferente de onde está situado como consecuencia do corremento dun pregue cabalgado.

Page 3: Vocabulario ilustrado do relevo

Aluvión

• Particula sedimentaria transportada por un curso fluvial ata formar un deposito sedimentario. Os cantos rodados son un exemplo de materiais de aluvión.

Page 4: Vocabulario ilustrado do relevo

ANTICLINAL

• Pregue con concavidade orientada cara o interior do globo, e orixinado pola actuación de forzas tectónicas compresivas.

Page 5: Vocabulario ilustrado do relevo

BAD LANDS ou CÁRCAVA

• Formas de erosión sobre materiais sedimentarios margoso-arxilosos nun medio semiárido; éstos foron fortemente diseccionadas pola acción intensa del augua, dando lugar a unha densa rede de barrancos fortemente encaixados e separados por cristas agudas.

Page 6: Vocabulario ilustrado do relevo

BAÍA• Entrante costeiro

marítimo curvo de menor rango que un golfo pero maior que unha enseada. Pode servir de abrigo para a navegación.

Page 7: Vocabulario ilustrado do relevo

CABO• Promontorio que

sobresae cara o mar dende a costa, normalmente formando un cantil mariño importante

Page 8: Vocabulario ilustrado do relevo

CALDEIRAS• Son grandes cráteres

circulares orixinados pola explosión ou subsidencia (afundimiento) de volcáns. Son famosas a caldeira de explosión de Bandama (Gran Canaria) e a de subsidencia das Cañadas (Tenerife).

Page 9: Vocabulario ilustrado do relevo

CAMPIÑA• Son chairas baixas onde se

alternan capas de arxila, arenitas e outras rochas

• sedimentarias, e que se caracterizan pola suavidade do seu modelado, con alternancia de lomas e vaguadas e

• por estar formada por varios niveis de terrazas fluviais escalonadas que soportan un intensivo

• aproveitamento agrícola.• Na Meseta Central española

atópanse claros exemplos (cobertera formada por materiais sediemtarios) sobre zócolo primario.

Page 10: Vocabulario ilustrado do relevo

CANCHAIS• Acumulación de

pedras de gran tamaño nas vertentes montañosas como consecuencia da erosión.

Page 11: Vocabulario ilustrado do relevo

CANTIL

• Zona da costa escarpada e rochosa, de paredes verticais, a causa da erosión do mar

Page 12: Vocabulario ilustrado do relevo

CERRO TESTEMUÑA• Outeiro illado,

testemuña da evolución e retroceso dun relevo de plataforma (páramo) ou en costa. A pervivencia deste se produce pola existencia dunha rocha sólida no seu cumio.

Page 13: Vocabulario ilustrado do relevo

CIRCO GLACIAR• Depresión ou cubeta

de erosión glaciar de forma semicircular, limitada por escarpes rochosos de acusada pendente e localizada por debaixo do nivel de cumios.

Page 14: Vocabulario ilustrado do relevo

CORDILLEIRA• Serie de montañas

formadas por movementos oroxénicos, que pregaron ou fracturaron os materiais que a compoñen e onde o conxunto presenta caracteres xeolóxicos e estructurais comúns.

Page 15: Vocabulario ilustrado do relevo

COSTA • Espacio lindante

entre o mar e a terra en constante transformación debido á abrasión do mar.

Page 16: Vocabulario ilustrado do relevo

CURVA DE NIVEL OU ISOHIPSA

• As curvas de nivel son as líñas que unen nos mapas topográficos os puntos que teñen igual altitude, por encima ou por debaixo do nivel de referencia -nivel do mar-. As curvas de maior grosor denominanse curvas mestras, éstas levan o valor numérico de altitude.

Page 17: Vocabulario ilustrado do relevo

DELTA• Deposito de

acumulación aluvial con forma de abano, localizado na desembocadura dun río. Orixínase porque a carga de material en suspensión que leva o río é superior á capacidade de erosión do mar.

Page 18: Vocabulario ilustrado do relevo

DERIVA CONTINENTAL• Teoría fundamentada por

Wegener a comenzos do século pasado que afirma que as placas continentais, que flotan sobre a sima, de maior densidade, deprazándose e formando os continentes actuais sobre a base dunha placa continental inicial denominanda Panxea.

Page 19: Vocabulario ilustrado do relevo

DIÁCLASE• Unha diáclase é unha

fractura nas rochas que non vai acompañada de escorregamento dos bloques que determina, non sendo o desprazamento máis que unha mínima separación transversal. Distínguense así das fallas, fracturas nas que se hai escorregamento dos bloques. Son estruturas moi abundantes.

Page 20: Vocabulario ilustrado do relevo

DOLINA• Depresión pechada, máis ou menos circular,

de profundidade e diámetro variables (dende uns poucos metros ata un centenar), propia das rexións calcáreas e asociada a procesos de disolución. No seu fondo acumúlanse materiais coluviales, especialmente terra rossa, arxilas avermelladas de descalcificación.

• Normalmente orixínase a partir dun sumidoiro, punto no que unha corrente superficial fíltrase cara ao interior da terra nun terreo calizo. Cando varias dolinas únense dan lugar ás chamadas uvalas, que presentan unhas maiores dimensións e un contorno sinuoso. En España algúns autores fan sinónimos os termos dolina e torca, aínda que outros prefiren reservar este segundo para aludir a dolinas de afundimento, algunhas ocupadas por charcas permanentes ou temporais no seu fondo. Constitúen formas típicas do relevo cárstico (véxase Modelado calizo).

• Na península Ibérica pódense atopar numerosos exemplos de torcas escavadas sobre material calizo, como no Parque natural Cidade Encantada, nas Torcas (ambos os situados na provincia de Cuenca, en Castela-A Mancha) ou na Paraxe natural do Torcal de Antequera (na provincia de Málaga, Andalucía).

Page 21: Vocabulario ilustrado do relevo

DUNA• Montículo ou

elevación constituída por unha morea de area acumulada polo vento en medioscosteiros ou áridos.

Page 22: Vocabulario ilustrado do relevo

ESTALACTITA• Columna de material

calcario que colga do teito dunha cova.

Page 23: Vocabulario ilustrado do relevo

ESTALAGMITA• Columna calcaria que

se levantan do chan dunha cova.

Page 24: Vocabulario ilustrado do relevo

EROSIÓN• Proceso de modelado da

superficie terrestre provocado por axentes climáticos, químicos, mecánicos e antrópicos: glaciares, vento, temperatura e auga nos seus distintos estados, etc. que van actuando lentamente sobre os elementos que resaltan do relevo, ata que co tempo chegan a modificar a súa forma. No ciclo erosivo participan tres proceso: erosión (propiamente dito), transporte e sedimentación. Á erosión de vertentes se lle denomina erosión areolar, á erosión dos ríos se lle denomina: erosión lineal.

Page 25: Vocabulario ilustrado do relevo

EROSIÓN DIFERENCIAL• Erosión producida en áreas

onde a topografía é inicialmente similar (unha chaira) pero os materiais da base (que están distribuídos estratigraficamente) son diferentes (por exemplo cuarciña e pizarra). A erosión fará surcos nos estratos pizarrosos, mentres nos estratos onde hai cuarzo, formaranse crestóns. Este tipo de relevo xenerado tamén se denomina relevo Apalachense.

Page 26: Vocabulario ilustrado do relevo

ESTRATO SEDIMENTARIO• Cada unha das capas de

características uniformes e diferenciadas doutras capas que son parte integrante dunha rocha sedimentaria. Os rasgos distintivos poden ser: composición, disposición, espesor, cor e textura dos materiais. Entre dous estratos contiguos hai unha solución de continuidade ben definida que se coñece como plano de estratificación.

Page 27: Vocabulario ilustrado do relevo

ESTRUTURA ALPINA• Estrutura tectónica

de pregamento que presenta plegues convexos (anticlinais) e outros cóncavos (sinclinais). É propio de montañas xoves creadas durante a denominada oroxenia alpina na era terciaria. O Sistema Bético e parte da cordilleira dos Perineos e modelo desta estrutura.

Page 28: Vocabulario ilustrado do relevo

ESTRUTURA SAXÓNICA• Estructura onde se

alterna a tectónica de plegamento coa de fallas. A este tipo de montañas tamén se lle denomina como intermedias. O Sistema Ibérico é un exemplo desta tectónica dentro da Península Ibérica.

Page 29: Vocabulario ilustrado do relevo

ESTRUTURA XERMÁNICA• Estrutura tectónica de fracturas

que presenta bloques levantados (horst) e bloques afundidos (fosa tectónica ou graven). É propia de macizos antigos. É propio da oroxenia herciniana ou doutras anteriores (huroniana ou caledoniana). O macizo hespérico (situado na franxa occidental peninsual onde se integra o Macizo Galaico) sirve de modelo.

Page 30: Vocabulario ilustrado do relevo

FALLA• Ruptura dunha

superficie en dous ou máis bloques, dislocados por movementos diferenciais de desplazamento máis ou menos vertical.

Page 31: Vocabulario ilustrado do relevo

FOSA TECTÓNICA• Ou graven. Bloque

fundido, delimitado por un ou varios lados por fallas e bloques saíntes con respecto a éste.

Page 32: Vocabulario ilustrado do relevo

FOZ (GARGANTA, DESFILADEIRO)

• Cavidade vertical, paso estreito entre montañas escavado por un río.

Page 33: Vocabulario ilustrado do relevo

GLACIAR• Masa de xeo

acumulada por riba do límite de neves perpetuas, dende onde se despraza val abaixo en forma de lingua ata que a ablación a vai consumindo. O modelado glaciar produce linguas e circos glaciares.

Page 34: Vocabulario ilustrado do relevo

GLACIS• Rampla con maino

pendente. Forma típica de somonte que se enraíza nunha vertente montañosa e enlaza co fondo dun val ou depresión. É o resultado dun proceso de erosión e/ou acumulación de materiais, en xeral, escasamente redondedos.

Page 35: Vocabulario ilustrado do relevo

GRAVEN• Ver fosa tectónica.

Page 36: Vocabulario ilustrado do relevo

HORST• Tamén coñecido como

pilar tectónico. Bloque levantado, delimitado por un ou varios lados por fallas e relativamente saínte con respecto ó contorno.

Page 37: Vocabulario ilustrado do relevo

IBONES• Lagos de orixe glaciar.

Na época dos glaciares, estes escavaron pequenas cubetasque ao fundirse posteriormente o xeo, convertéronse en pequenos e profundos lagos. Hai máis deun milleiro nos Pirineus centrais.

Page 38: Vocabulario ilustrado do relevo

ISTMO• Estreita lingua de

terra que une dous continentes ou unha península cun continente

Page 39: Vocabulario ilustrado do relevo

LAPIÁS• Superficies

rochosas con numerosas canalizacións e surcos en rochas calcarias.

Page 40: Vocabulario ilustrado do relevo

LINGUA GLACIAR• Val en forma en

“U” por onde se despraza en xeo dun glaciar pendente abaixo.

Page 41: Vocabulario ilustrado do relevo

LITOSFERA• Capa ríxida

constituínte do globo terráqueo, sitúada por riba da astenosfera, viscosa, que abrangue algunhas decenas de quilómetros de espesor ata a superficie (nela inclúese a codia terrestre e a parte máis externa do manto).

Page 42: Vocabulario ilustrado do relevo

LITOLOXÍA• Parte da Xeoloxía que

estuda as rochas.

Page 43: Vocabulario ilustrado do relevo

MACIZO• Relevo montañoso

compacto, uniforme nas súas características e de límites ben definidos. Conxunto de relevos montañosos.

MACIZO HESPÉRICO

Page 44: Vocabulario ilustrado do relevo

MAGMA, MAGMATISMO• Proceso magmático. O

magma é a masa de roca fundida baixo a superficie da Terra, a moi elevadas temperaturas e a enormes presións. Cando se solidifica baixo a codia terrestre dá lugar a rochas intrusivas ou plutónicas, e se alcanza a superficie convírtese en lava que, por solidificación da lugar a rochas extrusivas, eruptivas ou volcánicas.

Page 45: Vocabulario ilustrado do relevo

MANTO DE CORREMENTO• Conxunto de

pliegues que sufriron unha presión orogénica tan intensa que foron desprazados do lugar no que se sedimentaron. Véxase alóctono.

Page 46: Vocabulario ilustrado do relevo

MARISMA• Zona baixa e

pantanosa inundada polas augas do mar ou pola desembocadura dunrío. Son espazos morfoloxicamente inestables, con hábitat peculiar e en proceso de ateigamento. Ej.As marismas do Guadalquivir.

Page 47: Vocabulario ilustrado do relevo

MESETA• Superficie cha de

importante extensión, horizontal ou lixeiramente basculada, elevada con respecto ó nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficos de importancia tan só colinas ou cerros testigos.

Page 48: Vocabulario ilustrado do relevo

METAMORFISMO• Transformación que sufren

as rochas no interior da codia terrestre a consecuencia de cambios de temperatura e presión, coa introducción de gases e disolucións. As novas rochas orixinadas (rochas metamórficas) sufren na transformación (química-mecánica) un cambio de estructura, de textura ou de composición mineral.

Page 49: Vocabulario ilustrado do relevo

MODELADO KÁRSTICO• Nome derivado da rexión

de Karst que indica o modelado sobre rochas calizas producido pola disolución da mesma ante augas con alto contido en CO2, e por tanto disolvendo a cal en bicarbonatos cálcicos e creando formas peculiares como dolinas, uvalas, lapiaces ou poljes.

Page 50: Vocabulario ilustrado do relevo

MORRENA• Forma de acumulación glaciaria

caracterizada porque os seus depósitos ó revés do que sucede nos solos, non están estratrificados (mestúranse gravas, limos e arxilas), non teñen tamaños homoxénos e presentan formas angulosas. Distinguimos, segundo o lugar que ocupan, morrenas laterais, constituídas por materiais arrincados ás paredes do val ou que caeron sobre o glaciar; morrena central, cando conflúen as morrenas laterais; morrena interna, a transportada no interior do glaciar; de fondo...

Page 51: Vocabulario ilustrado do relevo

OROXÉNESE• Proceso de

dobramento e formación de oróxenos ou cordilleiras.

Page 52: Vocabulario ilustrado do relevo

OROXÉNESE ALPINA• Creación de montañas na

era terciaria ou cenozoica dentro do período do paleóxeno hai 60 millóns de anos. Como os materiais son moi recentes e maioritariamente sedimentarios, responderon á tectónica de plegamento. Os relevos máis vigorosos da península pertencen a esta oroxenia como son os Pireneos e o Sistema Bético.

Page 53: Vocabulario ilustrado do relevo

OROXÉNESE HERCINIANA

• Creación de montañas na era primaria ou paleozoica dentro do período devónico ó carbonífero hai 300 millóns de anos. Como os materiais son moi antigos e ríxidos, posteriores oroxenias fixeron que respondesen fracturándose. As elevacións do sector occidental da Península Ibérica pertenencen a esta oroxenia.

Page 54: Vocabulario ilustrado do relevo

PANXEA• Nome asignado por

Alfred Wegener para definir ó supercontinente formado pola unión de tódoos continentes actuais. Os xeólogos distinguen dúas Panxeas: Panxea I: dende o inicio da Terra ata que empezou a fragmentarse ó inicio da era primaria para logo volverse a unir durante o período Carbonífero: Panxea II.

Page 55: Vocabulario ilustrado do relevo

PÁRAMO• Superficie de erosión

ben constituída que pode estar fosilizada por potentes estratos sedimentarios. Caracterízase por unha, máis ou menos, elevada altitude cunha clara tendencia á planitude por amosar solos pouco desenvolvidos, rochosos ou pedregosos, e por unha escasa vexetación. Terreo ermo, raso e desabrigado.

Page 56: Vocabulario ilustrado do relevo

PAROXISMO• Período de máxima

intesidade nun movemento oroxénico.

Page 57: Vocabulario ilustrado do relevo

PENEDOS (BERROCAIS)• Zona de pedras graníticas

de formas máis ou menos redondeadas. Tamén reciben o nome de paisaxe de bolas ou bloques. En Galicia e no Sistema Central afloran moito este tipo de modelado nas rochas graníticas por erosión da codia diaclasada.

Page 58: Vocabulario ilustrado do relevo

PENECHAIRA• Chairas case uniformes

producidas pola erosión continua durante millóns de anos. Relevo pouco diferenciado, semellante a unha chaira suavemente ondulada con amplos vals en forma de artesa (“U”) resultado dun ciclo normal de erosión característico de longos períodos de calmas tectónicas como o que transcurre entre os movementos hercinianos e alpinos, ou dende este último ata a actualidade.

Page 59: Vocabulario ilustrado do relevo

PERFIL TOPOGRÁFICO• Liña que representa as

variacións altitudinais do relevo e as súas formas levantadas a partir dun mapa onde están representadas as isohipsas ou curvas de nivel.

Page 60: Vocabulario ilustrado do relevo

PERIGLACIAR• Sistema de erosión

caracterizado pola actividade da auga alternada coa do xeo e o desxeo, responsable das formas de modelado que atopamos no dominio do seu mesmo nome, que se localiza nas marxes do dominio glaciario. Nas Serras dos Ancares, Meira, Queixa... existen moitos exemplos deste modelado.

Page 61: Vocabulario ilustrado do relevo

PLACA TECTÓNICA• Dícese dos casquetes

esféricos, ríxidos, nos que se subdivide a codia terrestre* e parte do manto*. As placas mobilízanse unhas respecto ás outras. O conxunto de materiais que forman as placas denomínase litosfera*.

Page 62: Vocabulario ilustrado do relevo

POLXÉ• Depresión de tipo

cárstico delimitada por barrancos abruptos.

Page 63: Vocabulario ilustrado do relevo

PREGAMENTO• Flexión de

materiais plásticos durante unha oroxenia.

Page 64: Vocabulario ilustrado do relevo

RAMBLA• Canle natural das

augas de choiva cando caen con extraordinaria abundancia, ou canlemoi ancha polo que a maior parte do ano, ou ás veces durante anos, non discorre a auga e que trasunha choiva intensa conduce un torrente de curta duración.

Page 65: Vocabulario ilustrado do relevo

REGRESIÓN MARIÑA• Retroceso do mar

nos períodos de glaciacións ó descender o nivel deste.

Page 66: Vocabulario ilustrado do relevo

Relevo apalachense

• Véxase erosión diferencial.

Page 67: Vocabulario ilustrado do relevo

RELEVO EN COSTA• Relevo disimétrico

formado por unha fronte ou escarpe e un reverso ou dorso de pendentemáis suave, localízase nos bordos das concas fluviais e é o resultante daerosión diferencial dunha estrutura sedimentaria monoclinal con superposición de capas resistentese capas brandas debilmente inclinadas.

Page 68: Vocabulario ilustrado do relevo

RELEVO TABULAR• É o relevo horizontal

exhumado pola rede fluvial, que se atopa nocentro dunha conca sedimentaria posterior á oroxenia alpina, polo que non sufriu ningunhadeformación orogénica formado pola alternancia de estratos que ofrecen distinta resistencia áerosión, e que están coroados por unha capa máis dura.Cando os procesos de erosión fluvial diseccionan estas plataformas estruturais, orixínanseformas residuais afastadas do resto de materiais semellantes: son os cerros testemuñas. Unhavez desaparecido o coronamiento das rocas máis resistentes, o relevo resultante recibe o nome de antecerro.

Page 69: Vocabulario ilustrado do relevo

RÍA• Val fluvial

mergullado, resultante da elevación do nivel do mar (eustasia) ou doafundimento da masa continental.

Page 70: Vocabulario ilustrado do relevo

ROCHA ARXILOSA• Rocha

sedimentaria de orixe detrítico.

Page 71: Vocabulario ilustrado do relevo

ROCHA CALCARIA• Rocha

sedimentaria de orixe químico.

Page 72: Vocabulario ilustrado do relevo

ROCHAS ÍGNEAS• Rochas de orixe interno

por consolidación do magma no interior da Terra. Poden ser intrusivas ou plutónicas se cristaliza o seu magma no interior da codia terrestre como por exemplo o granito, peridotita, gabros... ou extrusivas ou volcáncias: se o seu magma é explusado ó exterior e non cristalizan no interior da Terra como por exemplo o basalto.

Page 73: Vocabulario ilustrado do relevo

ROCHA METAMÓRFICA• Rochas afectadas

polo metamorfismo* como por exemplo o mármore, pizarra, xisto, cuarciña, gneis...

Page 74: Vocabulario ilustrado do relevo

ROCHA SEDIMENTARIA• Rochas creadas polo

proceso de erosión doutros materiais: poden ser clásticas ou detríticas se a alteración e mecánica: conglomerados, areica, areas, arxilas... Se alteración é química: caliza, xeso, sales... Se a alteración é orgánica (descomposición de seres vivos animais ou vexetais): carbóns, petróleo...

Page 75: Vocabulario ilustrado do relevo

ROCHA SILICEA• Rochas con ph

ácido onde predominan o mineral sílice e o aluminio por exemplo o granito.

Page 76: Vocabulario ilustrado do relevo

SEDIMENTACIÓN• Proceso de

acumulación de detritos ocasionados pola erosión.

Page 77: Vocabulario ilustrado do relevo

SINCLINAL

• Parte da prega que se fonde e que en xeral presenta unha forma de cunca. Concavidade cara o exterior da terra.

Page 78: Vocabulario ilustrado do relevo

SUBDUCIÓN• Dícese dunha placa

tectónica que se introduce por debaixo doutra.

Page 79: Vocabulario ilustrado do relevo

TRANSGRESIÓN MARIÑA• Inundación da auga

do mar nos momentos dos dexelos das grandes glaciacións. A inundación dos fiordos e das rías débese a este tipo de episodio.

Page 80: Vocabulario ilustrado do relevo

XELIFRACCIÓN/XELIVACIÓN

• Termo xeomorfolóxico que describe a meteorización mecánica das rochas por conxelación do auga. Prodúcese a expansión, fracturación e desintegración das mesmas. A súa efectividade depende do tamaño dos poros e dos cambios bruscos de temperatura. Dá lugar á formación dos “canchais”. Dáse en climas fríos e húmidos.

Page 81: Vocabulario ilustrado do relevo

XEOLOXÍA• Ciencia que estudia

a orixe, formación, estructura e historia da Terra.

Page 82: Vocabulario ilustrado do relevo

XEOSINCLINAL• Rego ou depresión da

codia terrestre onde vanse acumulando grancantidade de sedimentos, que posteriormente son erguidos e plegados. Os geosinclinales adoitanformar parte de grandes cubetas sedimentarias mariñas que, conforme van acumulando sedimentos,teñen procesos de afundimento.

Page 83: Vocabulario ilustrado do relevo

ZÓCOLO• Masa de materiais

antigos consolidados, que sirven de superficie de soporte dos materiais sedimentarios e cando afloran dícese del que é unha superficie de erosión.