tema 6. galicia na idade media

44
www.vicensvives.es www.vicensvives.es Cabo FISTERRA 2 Ciencias sociais, xeografía e historia Segundo Curso

Upload: danielvereavazquez

Post on 01-Jul-2015

776 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 6.  galicia na idade media

www.vicensvives.eswww.vicensvives.es

Cabo FISTERRA 2Ciencias sociais, xeografía e historia

Segundo Curso

Page 2: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

Índice

Climas y paisajes de España, Europa y la CA

Os grandes reinos peninsulares05

Galicia na Idade Media06

07

A monarquía autoritaria: os Reis Católicos08

O Islam e Al-Andalus01

A Europa feudal02

A cidade medieval03

Formación e expansión dos reinos peninsulares04

Os grandes descubrimentos xeográficos09

O Imperio dos Austria10

O século do Barroco11

Galicia na Idade Moderna12

Os habitantes do planeta13

A poboación de España e de Galicia14

A cidade e o urbano15Renacemento e Reforma

As sociedades humanas16

Page 3: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

Galicia na Idade Media

1. Da invasión musulmá á Coroa de Castela

2. Señores e campesiños

3. O Camiño de Santiago. O Románico en Galicia

4. Séculos XII-XIII: actividades económicas

5. Galicia: conflitos sociais na Baixa Idade Media

06

6. A arte gótica en Galicia

Page 4: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

Introdución

• Desde finais do século VIII Galicia integrouse progresivamente no reino de Asturias e seguiu a súa mesma evolución política, aínda que sufriu as razias dos musulmáns ata o século X.

• A partir daquela, Galicia viviu unha grande expansión da agricultura, da artesanía e do comercio.

• Tamén se produciu un importante desenvolvemento das cidades.

• Pero no século XIV Galicia entrou nun período de crise económica e política que conduciu a unha serie de conflitos sociais durante o século XV, as guerras irmandiñas.

06

Page 5: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

1. Da invasión musulmá á Coroa de Castela

1.1. A chegada dos musulmáns a Galicia

1.2. A integración no reino ástur-leonés

1.3. Galicia nos séculos X e XI

1.4. Galicia, da independencia á unión con Castela

06

Page 6: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

1.1. A chegada dos musulmáns a Galicia

• Os exércitos musulmáns non chegaron a ocupar a totalidade da Península Ibérica.

• A zona norte, por ser unha terra inhóspita para eles e de escaso rendemento agrícola, foi abandonada rapidamente.

• En territorio galego, as tropas musulmás chegaron entre o ano 713 e o 714 ata Lugo.

• Deste xeito, a mediados do século VIII, o territorio galego quedou á marxe dos enfrontamentos entre cristiáns e musulmáns.

06

Page 7: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

1.2. A integración no reino ástur-leonés

• Durante o reinado de Afonso I (739-757) Galicia quedou incorporada á coroa asturiana.

• Iniciouse un período de enfrontamentos entre a nobreza galega e os reis ástur-leoneses, con diversas rebelións.

• Ademais, vivíronse tempos de inseguridade provocada por varias invasións nos séculos IX e X.

• Tamén, no ano 997, o caudillo musulmán Al-Mansur ocupou e arrasou a cidade de Santiago.

06

Page 8: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

1.3. Galicia nos séculos X e XI

• Ao final do século IX, ao morrer o rei ástur-leonés , repartiuse o reino entre os seus fillos, entregándolle Galicia ao seu fillo Ordoño I.

• Era a primeira vez que Galicia se constituía como reino independente (910).

• Ao longo dos séculos X e XI, Galicia manteríase en ocasións como reino independente ou unida ao reino de León.

06

Page 9: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

1.4. Galicia, da independencia á unión con Castela

• O rei de León e Castela (1071-1109) dividiu Galicia en dous condados, o propio de Galicia e o de Portugal.

• No ano 1109, un grupo de nobreza galega encabezado polo conde de Traba proclamou rei de Galicia a Afonso Raimúndez.

• No século XI púxose fin ao reino de Galicia, que a partir daquela pasou a depender definitivamente da Coroa de Castela.

• Nesa época impúsoxe o poder real o nobiliario. Galicia cada vez ten menos peso político e sufre unha castelanización.

06

Page 10: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

2. Señores e campesiños

2.1. A feudalización de Galicia

2.2. Nobres, bispos e abades

2.3. Os campesiños

2.4. Vila, vilar e casal

06

Page 11: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

2.1. A feudalización de Galicia

• Os monarcas ástur-leoneses temían o poder da nobreza galega, pero precisábana para gobernar e controlar o territorio.

• Para garantir o seu apoio e evitar levantamentos contra a autoridade real, pagaron a súa fidelidade coa concesión de importantes extensións de terras e señoríos (feudos).

• Familias nobres reciben títulos de nobreza (conde).

06

Page 12: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

2.2. Nobres, bispos e abades

• En Galicia, a meirande parte da terra pertencía á nobreza, aos bispados e aos mosteiros.

• Un dos trazos máis característicos da sociedade galega foi a preponderancia dos bispos e abades, incluso máis poderosos que os nobres. IGREXA MOI PODEROSA

• As continuas doazóns e privilexios reais converteron o arcebispado de Santiago nun dos señoríos máis ricos e influentes dos reinos cristiáns, a Terra de Santiago.

• O mesmo lles sucedeu aos abades dos grandes mosteiros, como Sobrado, Samos ou Celanova.

06

Page 13: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

2.3. Os campesiños

• En Galicia tamén existían campesiños donos de pequenas propiedades.

• Pero teñen medo, ¿Qué poden facer?

• Así e todo, a inseguridade e o medo por mor das frecuentes incursións de musulmáns e normandos, provocaron que a meirande parte dos campesiños lles entregasen as súas terras aos grandes señores a cambio de protección, completándose así o proceso de feudalización.

06

Page 14: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

2.4. Vila, vilar e casal

• Os campesiños vivían agrupados en vilas, ¿Qué son?

• pequenos núcleos rurais moi semellantes ás aldeas, baixo a protección e a dependencia dun señor. ¿Cómo eran?.

• Ao redor da vila atopábanse as hortas e outras terras de laboura. Máis afastadas, había grandes extensións de prados e montes.

• Medra a poboación, caván novas terras de cultivo e nacen os vilares, pequenas vilas, e os casais, explotacións unifamiliares illadas.

• A agricultura era a principal actividade económica das vilas.

06

Page 15: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

3. O camiño de Santiago. O Románico en Galicia

3.1. O Camiño de Santiago

3.2. A arte románica en Galicia

• A catedral de Santiago (ilustración)

06

Page 16: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

3.1. O Camiño de Santiago

• Afonso II, rei de Asturias, mandou construír unha igrexa no lugar onde, segundo a lenda, se atopa a tumba do Apóstolo Santiago.

• A partir do século XI, esta igrexa converteuse nun dos principais centros de peregrinación da Cristiandade e deu orixe ao Camiño de Santiago.

• Polo camiño circulaban centos de peregrinos e así se crearon hospedarías, hospitais e unha gran cantidade de igrexas.

• Tamén se crearon núcleos fixos de artesáns e mercadores, e apareceron as cidades (Xaca, Estella, Pamplona, Logroño, Burgos, León, Santiago).

• O forte fluxo de viaxeiros propiciou o intercambio de ideas.

06

Page 17: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

3.2. A arte románica en Galicia

• Existen gran cantidade de monumentos románicos conservados en Galicia, debido ao Camiño de Santiago.

• Este estilo desenvolveuse nos mosteiros. A Ribeira Sacra e a Ribeira do Miño concentran un maior número deles.

• Tamén se iniciou a construción de importantes catedrais (Santiago de Compostela, Mondoñedo, Lugo ou Ourense).

• En escultura salientan os modelos escultóricos da catedral de Santiago ou o Pórtico da Gloria da catedral de Ourense.

• Consérvanse tamén notables exemplos de ilustración de códices.

06

Page 18: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

Page 19: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

A catedral de Santiago06

Page 20: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

4. Séculos XII-XIII: actividades económicas

4.1. A agricultura. O foro

4.2. Pesca marítima e salgaduras

4.3. A artesanía. O comercio

4.4. As cidades

• Desenvolvemento urbano en Galicia (mapa)

06

Page 21: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

4.1. A agricultura. O foro

• O desenvolvemento da agricultura e o aumento da poboación provocaron a ampliación das terras de cultivo, o crecemento das antigas vilas e a aparición doutras novas chamadas vilanovas.

• O progreso da agricultura afectou a todos os cultivos e en especial á vide. Toda Galicia se poboou de viñedos.

• A nobreza e, sobre todo, os bispados e os mosteiros seguiron a ser os donos da meirande parte da terra.

• Pero o crecemento da produción agraria favoreceu o nacemento do foro, un contrato agrario.

• Mediante o foro, os grandes propietarios, nobres, bispos ou abades, cedíanlle terras a unha familia labrega a cambio dunha renda fixa ou proporcional. Normalmente unha colleita e a prestación de servizos.

06

Page 22: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

4.2. Pesca marítima e salgaduras

• Estes séculos foron os do despegue da pesca marítima, favorecida pola retirada de normandos e musulmáns das costas galegas.

• As especies máis capturadas eran a pescada, o congro e a sardiña.

• Na súa captura utilizábanse artes de pesca (trasmallo, xeito, sacada, cerco…).Ainda se empregan hoxe.

• A pesca marítima, e en especial a sardiña, deu lugar a unha importante industria de salgaduras e á explotación de salinas no Salnés.

06

Page 23: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

4.3. A artesanía. O comercio

• Nesta época xorden os artesáns especialistas que asentan nas cidades.

• Nas cidades galegas abundaban os toneleiros, peleteiros, gornicioneiros, bolseiros e zapateiros.

• Nas vilas mariñeiras as actividades máis importantes xiraban ao redor das salgaduras de peixe.

• O aumento da produción agrícola e artesanal e o tráfico de peregrinos, reactivaron o comercio e a celebración de feiras e mercados nas principais cidades.

06

Page 24: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

4.4. As cidades

• O apoxeo das peregrinacións e o desenvolvemento da artesanía e do comercio deron lugar ao nacemento de numerosas cidades galegas.

• Moitas delas naceron ao longo do Camiño de Santiago.

• Outras cidades como Ourense, Tui ou Mondoñedo debíanlle a súa importancia ao feito de seren sés episcopais.

• A todas elas hai que lles engadir as vilas mariñeiras que medraron ao abeiro das actividades pesqueiras: Pontevedra, Muros, Noia, A Coruña, Ribadeo, Viveiro…

06

Page 25: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

Desenvolvemento urbano en Galicia06

Page 26: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

4.1 ESQUEMA

• 1.-¿Qué provoca o desenvolvemento da agricultura e o aumento da poboación?

• 2.-¿ A que cultivo afecta máis?• 3.-¿ Quen segue a ser dono da

terra?• 4.-¿ Que é o Foro?• 5.-¿ Como se facía?

Page 27: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

4.2. ESQUEMA

• 1.-¿ Que sector despega nestes séculos?

• 2.-¿ Especies capturadas?

• 3.-¿ Como se pesca?

• 4.-¿ Que duas industrias nacen en Galicia?

Page 28: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

4.3. ESQUEMA

• 1.-¿ Que é un artesán especialista?

• 2.-¿ Cales son os oficios artesáns máis populares?

• 3.-¿ Que acontece na vilas mariñeiras?

• 4.-¿ Que provoca esta mellora?

Page 29: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

4.4. ESQUEMA

• 1.- ¿Por que nacen novas cidades?

• 2.- ¿Exemplos de vilas mariñeiras?

• 3.- ¿Onde radica a importancia de Ourense, Tui e Mondoñedo?

Page 30: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

5. Galicia: conflitos sociais na Baixa Idade Media

5.1. Unha época de penuria e dificultades

5.2. As irmandades

5.3. As guerras irmandiñas

06

Page 31: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

5.1. Unha época de penuria e dificultades

• Durante o transcurso dos séculos XIV e XV a xente de Galicia, o mesmo que a do resto da Península e Europa, vivía tempos difíciles. ¿POR QUE?

• Ás continuas adversidades climatolóxicas, ás malas colleitas e á fame seguiulles a peste (Peste Negra de 1348), que decimou a poboación de Galicia.

• Ademais iniciouse a decadencia da peregrinación a Santiago.

• Todo isto xerou moitos conflitos sociais que desembocaron, durante o século XV, nas chamadas guerras irmandiñas, as máis importantes revoltas antiseñoriais de Europa.

06

Page 32: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

5.2. As irmandades

• O termo irmandiños procede de irmandades, asociacións de xente das cidades, características do final da Idade Media.

• ¿QUE SON E QUE DEFENDEN?

• Estas asociacións defendían o interese común dos cidadáns fronte os abusos dos señores e aseguraban o exercicio da xustiza.

• Nas cidades galegas a súa actuación dirixiuse, principalmente, contra os bispos, cuxos privilexios dificultaban o desenvolvemento do comercio e da artesanía.

06

Page 33: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

5.3. As guerras irmandiñas

• No ano 1431 tivo lugar a Primeira Guerra Irmandiña.

• Este conflito afectou, principalmente, aos dominios dos Andrade, propietarios dunha comarca enteira que trataban os seus vasalos con extrema dureza.

• Entre os anos 1467 e 1469 desenvolveuse a Segunda ou Gran Guerra Irmandiña.

• Esta revolta tivo un carácter de guerra civil xa que se estendeu por toda Galicia e nela participaron case todos os grupos sociais.

• As tropas irmandiñas foron derrotadas nas proximidades de Santiago.

06

Page 34: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

6. A arte gótica en Galicia

6.1. Arquitectura

6.2. Escultura

06

Page 35: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

6.1. Arquitectura

• A arte gótica implantouse maiormente nas cidades da man das ordes mendicantes, franciscanos e dominicos, que chegaron a Galicia no século XIII.

• A simbiose entre románico e gótico tivo as súas primeiras manifestacións nos mosteiros do císter, como Armenteira, Acibeiro e Oia (Pontevedra), Monfero (A Coruña), Meira (Lugo) e Oseira e Melón (Ourense).

• As construcións góticas en Galicia caracterízanse por renunciar ás esveltas torres con pináculos, ás vidreiras coloreadas e á profusión de naturalistas esculturas.

• Utilizaron os elementos góticos máis esenciais (bóvedas de cruzaría e arco apuntado).

06

Page 36: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

6.2. Escultura

• A decoración dos tímpanos en igrexas e catedrais diminuíu durante este período aínda que existen importantes exemplos como a monumental portada da catedral de Tui.

• A escultura funeraria popularízase a partir de 1280, e esténdese de modo progresivo entre a nobreza e o clero medio.

• Así, durante as primeiras décadas do século XIV multiplicáronse os monumentos funerarios en igrexas, catedrais e conventos.

• Outras manifestacións significativas de escultura gótica galega son os baldaquinos, os retablos e as imaxes en madeira policromada.

06

Page 37: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

Page 38: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

Page 39: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

Page 40: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

Page 41: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

Page 42: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

Page 43: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2

Page 44: Tema 6.  galicia na idade media

Cabo FISTERRA 2