teatro universal tic tac

3
(Breve resumo do teatro universal) «¡Que estarrecedor este lugar! Non é senón unha casa de Deus e unha porta do ceo.» (Xénese, 28) DRAMATIS PERSONAE EL (Alto, forte, barbudo. Viste saios longos coma lavé, coma Cronos, coma Herodes ...) ELA (Máis pequena. Leva tamén saios longos, de cores azul celeste e branca) NENA (Gretel) NENO (Hansel) ESCENA úNICA No centro do escenario unha casa con patín que sobe á porta e que se prolonga nunha so/aína. Da so/aína colgan en ganchos de carniceiro tiras de carne e costelas. Tamén grandes coitelos. Tamén espigas de millo. No outro lado da fachada unha gafe- -270- ría con traza, de cárcere na que asoman caras inmóbiles, fotos en branco e negro ou sepia, de nenos asustados. Do lado dereito vén un camiño que vai cara á casa. Suponse que a casa está dentro dun bosque. Entra, EL polo lado dereito do escenario, ségueo ELA atenta a EL, presta e submisa. EL vai facendo paradas nas que Jala tea- tral ELA ségueo. EL: (Grave, autoritario e teatral. Actuando.) Ben sei que me fas ofrendas, Abraham. Os mellores años do teu rabaño. Colle agora ao teu filio, o único que tes e que tanto queres, Isaac, e vaite ao país de Moriah. Alí ofrecerasmo en sacri- ficio no cimo dunha das montañas que eu che amosarei. ELA: (Remedando un neno.) Meu pai, levamos lume e leña. Pero, ¿onde está o año para o sacrificio? EL: ( Contendo a risa imita un pai agoniado, aínda que sereno e firme.) Meu fillo, o año Deus proverá. ELA agora axeónllase coas mans atrás e EL ergue o brazo coma para asestarlle un golpe na caluga. El inmediatamen- te apártase a un lado e fa/a solemne póndose nas puntas dos pés e mirando cara abaixo. EL: ¡Abraham, Abraham! Non mates o neno. Non poñas man no rapaz nin lle fagas mal ningún. ELA agora érguese e rin os dous. EL con mdis entusiasmo, ELA menos. ELA: Esa foi boa. EL: Carallo se non. Está mal que o diga eu pero si. Avanza,n un par de pasos. -271- 1

Upload: gabriel-perez-duran

Post on 01-Apr-2016

224 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Fragmento de Tic-Tac de Suso de Toro

TRANSCRIPT

Page 1: Teatro universal tic tac

(Breve resumo do teatro universal)

«¡Que estarrecedor este lugar! Non é senón unha casa de Deus e unha porta do ceo.»

(Xénese, 28)

DRAMATIS PERSONAE

EL (Alto, forte, barbudo. Viste saios longos coma lavé, coma Cronos, coma Herodes ... )

ELA (Máis pequena. Leva tamén saios longos, de cores azul celeste e branca)

NENA ( Gretel) NENO (Hansel)

ESCENA úNICA

No centro do escenario unha casa con patín que sobe á porta e que se prolonga nunha so/aína. Da so/aína colgan en ganchos de carniceiro tiras de carne e costelas. Tamén grandes coitelos. Tamén espigas de millo. No outro lado da fachada unha gafe-

-270-

ría con traza, de cárcere na que asoman caras inmóbiles, fotos en branco e negro ou sepia, de nenos asustados.

Do lado dereito vén un camiño que vai cara á casa. Suponse que a casa está dentro dun bosque.

Entra, EL polo lado dereito do escenario, ségueo ELA atenta a EL, presta e submisa. EL vai facendo paradas nas que Jala tea­tral ELA ségueo.

EL: (Grave, autoritario e teatral. Actuando.) Ben sei que me fas ofrendas, Abraham. Os mellores años do teu rabaño. Colle agora ao teu filio, o único que tes e que tanto queres, Isaac, e vaite ao país de Moriah. Alí ofrecerasmo en sacri­ficio no cimo dunha das montañas que eu che amosarei.

ELA: (Remedando un neno.) Meu pai, levamos lume e leña. Pero, ¿onde está o año para o sacrificio?

EL: ( Contendo a risa imita un pai agoniado, aínda que sereno e firme.) Meu fillo, o año Deus proverá.

ELA agora axeónllase coas mans atrás e EL ergue o brazo coma para asestarlle un golpe na caluga. El inmediatamen­te apártase a un lado e fa/a solemne póndose nas puntas dos pés e mirando cara abaixo.

EL: ¡Abraham, Abraham! Non mates o neno. Non poñas man no rapaz nin lle fagas mal ningún.

ELA agora érguese e rin os dous. EL con mdis entusiasmo, ELA menos.

ELA: Esa foi boa.

EL: Carallo se non. Está mal que o diga eu pero si.

Avanza,n un par de pasos.

-271-

1

Page 2: Teatro universal tic tac

EL: Oes.

ELA: Di, EL

EL: ¿E acordas a Cristo? (Finxe estar apenado.)

ELA: E non hei acordar. Meu pobre.

Míranse. Rompen a rir.

EL: (Imitando o sufrimento de Cristo.) «Eloí, Eloí, lamá sabactanÍ.» Meu Deus, Meu Deus, por qué me abando­

naches.

ELA: Pobriño. Mesmo daba mágoa. Unha pena aquel rapaz.

EL: E logo cando me chamaba desde a cruz. Aí era cando máis gusto me daba.

ELA: A túa maldade non ten límite.

EL: (Orgulloso.) E aínda lle mandei detrás a Saulo para que cambiase as doutrinas.

ELA: Coitado. Dixéraslle que logo había resucitar. Pois se chega a resucitar e ver cómo lle cambiaron as predica-. ,

ClOnS.

Anda, irnos á casa. Tamén nós precisamos da mantenza que dan o lar e o leito. (Empem a subir as escaleiras do patín con cansanzo. El vai detrás pero con enerxía.)

EL: Eu non. O meu ánimo non desmaia. Namais preciso comer carne, o meu apetito é insaciable. Só anoxo andar sempre vestido de entroido: de Deus, de Cronos, de Moloch ... Todo pola carne.

ELA: Mesmo ti tes que andar da maneira na que os homes

te visten.

Poñéndose os dous unhas batas de casa de boatiné.

-272-

~¿ ,;f "<f'

EL: Só os rapaces me coñecen, só eles me ven tal cal son. Son listos os rapaces. Si, ho, si. Só os nenos me ven e me coñecen. Se non houbese nenos ...

ELA: (Coa vista ida, .fregando as mans.) ¡Aquí, aquí anda aínda unha mancha! ¡Fóra mancha condenada! ¡Fóra che digo!

EL: (Mirando para ela.) Xa empezou esta tola coas súas lerias. Boh.

Pois si, ho. Se non fose polos nenos xa non sabería quen son de tanto andar disfrazado. Pero eles si que me coñe­cen sen dubidar. «¡Ü Sacaúntos, o Sacaúntos!», berran en véndome. Mesmo en soños me coñecen «¡0 Sacaún­tos, o Sacaúntos!»

ELA: (Ida.) ¿De que habemos de ter medo? ¿Quen vai sabe­lo, se o noso poder non ten que darlle comas a ninguén? ¿É que non vou dar limpado nunca estas miñas mans?

EL: Velaí está esta louca cos seus remorsos. Merda para ela. Se non me fose de utilidade xa a tiña despachado hai ben tempo. Trosma. (Bérralle a ela, que non o oe.) ¡Pois o que máis me gusta é comer os filliños que me dás, namais saírenche da barriga! Ben tenriños. As perniñas, os braciños. (Pon voz de neno.) «¡Non me comas, Papá Cronos, non me comas!» ¡Si que te como, si que te como! ¡Ñ am, ñam! Ha, ha. Parva.

ELA: Aínda segue o cheiro do sangue. Todos os perfumes de Arabia non han abondar para limpar estas mans tan pequenas.

Entran unha nena e un neno en escena. A nena guía e coi­da do seu irmán, un picariño. EL en silencio obsérvaos achegárense aos seus dominios. Fítaos desde a solaina.

-273-

Page 3: Teatro universal tic tac

NENO: Xa non podo das pernas. Eu quedo aquí. Non dou andado.

NENA: Dóenche as perniñas. A ver, descansamos un pouco. (Mira para os lados vixiando con reparo.) Pero logo ternos que seguir ata dar saído deste bosque.

NENO: (Chora.) ¿Por que escaparon pai e nai de xunta nós? ¿Por que nos abandonaron?

NENA: Non nos abandonaron, non chores. É que nos per­demos nós. Extraviámonos.

NENO: Non tal, non tal.

EL dálle golpes a ELA para que acorde da súa ensoñación.

EL: Veña, parva. Acorda dunha vez. Xa estabas outra vez coas túas teimas. Mira. Aí, dous nenos. Veña, a traballar. Ándame espelida.

ELA: ¿Onde?

EL: Alí. Bule. Tráemos. Veña, veña. (Arrempúxaa pola esca­leira abaixo. Ela compón a figura.)

ELA: Meniños. Ola. ¿Andades perdidos? Pobriños.

NENA: Meu Deus, qué alegría vela. ¿Pódenos dicir por onde saír do bosque?

ELA: Non vos preocupar, que esta noite vindes á miña casa. O linde do bosque está lonxe.

EL na solaina descolga un coite/o enorme e empez;a a afia/o a modo cunha pedra de afiar.

NENA: Mellor era que nos dixera o camiño. Non lle quere­mos dar traballo.

-274-

ELA: Non teñas coidado. Ademais chegades xustos para cear. Heivos preparar unha cunea de chocolate con chu­rros e mais filloas con mel. (Ao NENO.) ¿A ti gústanche? (O NENO asente.) Pois, veña, vinde.

NENO: (Á irmá.) Veña irnos, anda. Que teño fame.

NENA: Irnos logo.

ELA vai detrás deles amparándoos coas mans e guiándoos cara á casa. Eles avanz;an mirando con aprehensión para a casa.

ELA: Todos ternos fame. Foi ben que chegarades para cear. Teño moitos caramelos e lambetadas. A casa mesma évos de chocolate.

O NENO veo a EL na so/aína, que agora afta, un con outro, dous coite/os enormes. O NENO para e quere retroceder.

NENA: ¿Que che pasa?

O NENO non dá Jalado. Non lle saen as palabras.

NENA: (A ELA.) É que cando colle medo non lle saen as

palabras.

ELA: Veña, non perdades tempo que é a hora de cear. Ides matar a fame. Apáganse as luces e baixa o pano.

-275-