serxio e sonia
TRANSCRIPT
A acentuación
Por Serxio e SoniaI.E CAÑADA DE
LONDRES
O acento gráfico
No galego só se usa un tipo de acento gráfico, o agudo (´).
Palabras agudas:
As palabras agudas ou oxítonas acentúanse graficamente cando son polisílabas e rematan en vogal, en vogal máis “n”, en vogal máis “s” ou en vogal máis “ns”. Exemplos: mazá, café, alí, alguén, corazón.
Non se acentuan as palabras agudas que rematan en ditongo ou ditongo mais “s”.Exemplos:
Quizais, ademais.
Graves:
Levan acento gráfico cando rematan en consoante, que non sexa nin “n”, nin “s”, e en grupos consonánticos distintos de “ns”, por exemplo: móbil, carácter, e bíceps.
Tamén se acentúan as palabras graves con ditongo decrecente na última sílaba: amábeis.
Non se acentúan as palabras graves que rematan en vogal, vogal máis -n, máis -s ou vogal máis -ns
Exemplos: canta, cantara, lapis, canon, canons, dolmens.
Palabras esdrúxulas
Levan sempre acento gráfico
Exemplos: bárbaro, mágoa, tépedo, tónico e túnica.
Acentuación de i, u en hiato
As vogais i, u tónicas acentúanse gráficamente cando van antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ambas vogais pertenecen as sílabas distintas.
Exemplos. Acentúo, aínda, baúl, caída, rúa, saía, raíz.
As vogais i, u tónicas non se acentuan graficamente cando aparece o grafema h. prohibido.
Acentuación dos estranxerismos e latinismos
As palabras estranxeiras que non estean adaptadas ao galego, seguen as regras de acentuacion que indicamos anteriormente.
Palabras agudas. Autobús, puré, vermú, xampús, aerosol, ballet, autostop, fagot, voleibol. Palabras graves. Béisbol, karaoke, líder.
Palabras esdrúxulas. Bádminton,
cárdigan, hábitat.
As palabras que rematan graficamente en –y compórtanse igual cas que rematan en –i.
Exemplos. Playboy, spray, whisky, hippy, rugby.
Casos especiais de acentuación
O acento diacrítico.
Usamos o acento diacrítico cando temos que diferenciar dúas palabras que teñen a mesma forma na escrita, pero que se diferencian pola pronuncia.
Exemplos. Póla/pola, dá/da.
O verbo con pronome enclítico
A acentuación gráfica compórtase como se fose unha soa palabra.
El collerá o tren El collerao
El onte collera o tren El collérao
Os adverbios en –mente
Os adverbios rematados en –mente non levan acento gráfico.
Por iso podemos escribir comicamente, dificilmente, friamente, rapidamente, utilmente.
Outros casos
Cal, cando, canto, como, onde, que e quen non se acentúan en interrogativas e exclamativas directas.
Cal queres?, cando vés?, canto queres?, como che vai?, onde está?, que queres?, quen cho deu?, que desgraza!