revista escolar 2011-12

42

Upload: chelo-alvarez-veira

Post on 03-Jul-2015

389 views

Category:

Education


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: REVISTA ESCOLAR 2011-12
Page 2: REVISTA ESCOLAR 2011-12
Page 3: REVISTA ESCOLAR 2011-12

Chegamos ao remate dun novo curso escolar. No balance : novas experiencias, bos momentos, moitas ilusións, traballo, esforzo, inquedanzas,... Neste novo número da revista escolar un pequeno esbozo de todo o traballo do curso, a información máis detallada atoparédela na nosa páxina web e nos blogs. Invitámosvos a seguirnos a través deles (en páxinas interiores dicímosvos cales son). E como de ben nacidos é ser agradecidos, toca: ☺Agradecer ás familias: �A súa confianza neste centro. �A colaboración e participación que mantiveron co

resto da comunidade educativa. ☺Agradecer ao alumnado:

� Que nos den motivos para seguir ilusionadas e deseñando proxectos de futuro.

☺Agradecer ao profesorado: �A extraordinaria labor que desenvolveron ao longo

de todo o curso. �O magnífico equipo de docentes que se formou. Non é soberbia presumir de que este claustro sería a envexa de calquera centro.

☺Agradecer ao persoal non docente: �A empatía e sensibilidade amosada con familias, alumnado e profesorado.

☺Agradecer á administración educativa o seu apoio. ☺Igual que agradecemos a empresas e institucións, o apoio desinteresado que nos teñen prestado. Felicitémonos todos e todas porque no balance do curso escolar, o haber pesa moito máis que o debe. Para os que se van desexámoslles unha feliz andadura pola vida. Aos que continúan: agárdannos novas metas.

¡¡¡SORTE, FELIZ VERÁN,... E A POR TODAS!!!

Page 4: REVISTA ESCOLAR 2011-12

ÍNDICE

• Educación Infantil……………………………………páx 3

• 1º nivel………………………………………………………..páx 9

• 2º nivel……………………………………………………….páx 11

• 3º nivel……………………………………………………….páx 13

• 5º nivel……………………………………………………….páx 15

• Educación Artística…………………………………páx 17

• Inglés………………………………………………..……….páx 21

• Educación Física………………………………………páx 23

• Relixión………………………………………………………páx 24

• Samaín……………………………………………………….páx 25

• Magosto…………………………………………………….páx 27

• Nadal…………………………………………………………páx 28

• Día da Paz………………………………………………..páx 30

• Entroido…………………………………………………..páx 32

• Benchegados…………………………………………..páx 34

• Pasatempos. 4º nivel……………………………. páx 37

• 6º nivel…………………………………………………….páx 39

Page 5: REVISTA ESCOLAR 2011-12

…ESCOITAMOS CONTOS, APRENDÉMOLOS E ESCRIBÍMOLOS

Page 6: REVISTA ESCOLAR 2011-12

…CELEBRAMOS

FESTAS

Nadal

Carnaval

Paz

Page 7: REVISTA ESCOLAR 2011-12

…VISITAMOS OUTROS LUGARES

Rumanía, Paquistán, China, Brasil…

Page 8: REVISTA ESCOLAR 2011-12

…PARTICIPAMOS EN CONCURSOS

Page 9: REVISTA ESCOLAR 2011-12

…SEMENTAMOS FLORES

Page 10: REVISTA ESCOLAR 2011-12

…DÁMOSLLE A BENVIDA AS ESTACIÓNS

EN DIFINITIVA OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL XOGAMOS, CHORAMOS, RIMOS, APRENDEMOS,

CANTAMOS, SUMAMOS….

Page 11: REVISTA ESCOLAR 2011-12
Page 12: REVISTA ESCOLAR 2011-12
Page 13: REVISTA ESCOLAR 2011-12
Page 14: REVISTA ESCOLAR 2011-12
Page 15: REVISTA ESCOLAR 2011-12
Page 16: REVISTA ESCOLAR 2011-12
Page 17: REVISTA ESCOLAR 2011-12

O luns 30 de xaneiro, tivemos no noso Centro unha visita

moi especial; a de Blanca, acompañada por dous intérpretes. Ela non é estranxeira, e entende o noso idioma, pero é sordomuda e precisa os intérpretes para facernos chegar a súa fala, por iso veu acompañada, para que nós pudiéramos entendela.

A explicación foi moi entretida e educativa, pois nós descoñecíamos moitas cousas que nos comentou: a linguaxe de signos, a necesidade de sinais luminosas nas súas vidas, o uso das novas tecnoloxías, fax, ordenador, sms, a necesidade de ser acompañada por un intérprete...

Despois vimos un documental de debuxos: O soño deO soño deO soño deO soño de PedroPedroPedroPedro ,

un neno xordomudo que contaba como fora o seu primeiro dia de cole. Un dia moi duro e difícil, pois non entendia o que lle explicaban, nin o entendían a el. Entón soñaba que entre todos o axudaban a vencer as barreiras dos sons e gañaban. Cando deixou de soñar un profesor especial chegaba á clase para falar o seu linguaxe de signos, o seu soño cumpriuse.

Ao rematar lle dimos un grande e silencioso aplauso.¿Lembrades como aplauden os sordos?

Grazas Blanca, por ensinarnos tantas cousas e sobre todo por

facernos ver que non importan as limitacións que un teña, sempre que todos axudemos a superalas.

Alumnos e alumnas de 5º.

Page 18: REVISTA ESCOLAR 2011-12

Como cada ano celébrase na nosa vila “A Semana do Libro”, os nenos do colexio participaremos en obradoiros e actividades que se levarán a cabo no Pazo da Cultura, en nós teremos que preparar algúns traballos para axudar a esta celebración. Este ano, o tema a traballar é moi curioso: “12+1: As supersticións12+1: As supersticións12+1: As supersticións12+1: As supersticións”....

Os alumnos de 5º elaboramos unha enquisa para saber si somos ou non supersticiosos. E ti...Queres sabelo?

ENQUISA

1.- Gústanche os gatos negros? Si Non 2.- Tes algunha prenda de roupa que che de sorte? Si Non 3.-Si alguén te dixera que tocases algo porque terías máis sorte. O tocarias? Si Non 4.- Cres no horóscopo, no tarot, na güija...? Si Non 5.-Cres nos extraterrestres? Si Non 6.- Pasarías por debaixo dunha escaleira? Si Non 7.-Gustánche os martes 13? Si Non 8.- Xa sabemos que ainda non ides casar, pero casarias un martes? Si Non 9.- Cres na sorte e no destino? Si Non 10.-Tes algún amuleto, algo que sea especial para ti? Si Non Resultado

Conta as respostas positivas(SI) + de 8: Eres moi supersticioso. 5 a 8: Eres supersticioso 5: Non está claro. As veces. - de 5 Non eres nada supersticioso. Alumn@s 5º

Page 19: REVISTA ESCOLAR 2011-12
Page 20: REVISTA ESCOLAR 2011-12

MURAL DOS NENOS/AS DO PRIMEIRO CICLO DE E.

Page 21: REVISTA ESCOLAR 2011-12

NOS OBRADOIROS…

Page 22: REVISTA ESCOLAR 2011-12

TALÍA GONZÁLEZ AMADO (6º E.P.)TALÍA GONZÁLEZ AMADO (6º E.P.)TALÍA GONZÁLEZ AMADO (6º E.P.)TALÍA GONZÁLEZ AMADO (6º E.P.)

DENISA GHITULESCU (4º E.PDENISA GHITULESCU (4º E.PDENISA GHITULESCU (4º E.PDENISA GHITULESCU (4º E.P.).).).)

Page 23: REVISTA ESCOLAR 2011-12
Page 24: REVISTA ESCOLAR 2011-12
Page 25: REVISTA ESCOLAR 2011-12
Page 26: REVISTA ESCOLAR 2011-12

RELIXIÓN CATÓLICA Ola, neste curso nas clases de Relixión Católica fixemos moitas cousas: os rapaces de infantil crearon un fermosos colgante e un calendario os de primaria.

Todos escribimos a carta aos Reis Magos.

Participamos, no concurso Cartel e Postal de Nadal 2011 organizado polo Concello de Carballo. Un compañeiro noso, Adrián de 4 anos, obtivo un accésit. Coa súa postal o colexio felicitou as festas de Nadal. Aquí a tedes: fermosa, non si?

Na Semana Santa levamos un agasallo: un marcapáxinas!!! como mostran os rapaces de 4º E.P.

Para celebrar o Día do Pai participamos no concurso que organizou o Centro Comercial Aberto de Carballo. Justice, de 5 anos, foi premiado cun accésit. Tamén participamos no concurso “Por unha vida sá” que organiza a Asociación Vieiro.

Ricardo 6º E.P

1º E.P

2 E.P

Page 27: REVISTA ESCOLAR 2011-12

SAMAÍNSAMAÍNSAMAÍNSAMAÍN Exposición E concurso de cabazas

Page 28: REVISTA ESCOLAR 2011-12

Mitos e lendas en distintos países Contáronnos contos de medo….

….bailamos e cantamos

Page 29: REVISTA ESCOLAR 2011-12

Magosto

Page 30: REVISTA ESCOLAR 2011-12

Nadal

Visitounos Papá Noel Tivemos un Nadal Intercultural….

…con comidas de todo o mundo

Page 31: REVISTA ESCOLAR 2011-12

E cantamos panxoliñas co grupo Naylon

Page 32: REVISTA ESCOLAR 2011-12

Fixemos fermosas pombas

que nos lembrarán no

carballo da entrada os nosos desexos de PAZ

Aprendemos con Branca, da escola de xordos como podemos vencer as BARREIRAS DE

COMUNICACIÓN

Non fala, pero contounos un SIGNA CONTO, coa linguaxe

de signos. O conto de “COCO E A LÚA”, a historia dun crocodilo que

un día roubou a lúa.

Page 33: REVISTA ESCOLAR 2011-12

Ensinounos a falar con signos

E aprendemos moi ben.

Vimos a historia de Pedro, un neno xordo que loitaba co xigante das barreiras de comunicación.

Para os maiores houbo unha charla de concienciación para aprender moitas cousas sobre as persoas xordas, as súas necesidades especiais e como podemos axudalas.

Gustounos tanto que ben que lle aplaudimos

E había que rematar con festa rachada, cantando e bailando todos “O patio

do meu cole”

Page 34: REVISTA ESCOLAR 2011-12

Entroido

Exposición e concurso de caretas

O MECO mandou…. …… e nós obedecemos.

Page 35: REVISTA ESCOLAR 2011-12

E o ben que o pasamos no desfile do venres

Page 36: REVISTA ESCOLAR 2011-12

Convivimos once nacionalidades Coñecemos costumes e tradicións de todos os países

Celebramos o Ano Novo Chino E comemos cos palillos

Page 37: REVISTA ESCOLAR 2011-12

Comemos froitas tropicais

Bailamos salsa, merengue, bachata….

Tinguimos ovos e comemos cozonac

Page 38: REVISTA ESCOLAR 2011-12

E se queredes coñecer outras actividades que fixemos ao longo do curso, navegade pola nosa páxina web e os blogs do colexio. Son os seguintes:

http://benchegados.blogspot.com.es/

http://pequesblogueiros.blogspot.com

http://escolasviaxeirasdosanluis.blogspot.com

http://equipoapoio.blogspot.com

http://ospequesdesanluis.blogspot.com

http://inglessanluisromero.blogspot.com

http://sanluisterceirociclo.blogspot.com

http://aquixogamostods.blogspot.com

http://sanluisaulaespecifica.blogspot.com.es/

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipxesussanluis/

Page 39: REVISTA ESCOLAR 2011-12

VIAXE A CANARIAS O 13 de maio, os alumnos e alumnas de 6º de primaria, marchamos moi cedo do

colexio rumbo as Palmas de Gran Canaria. Primeiro collemos o avión no aeroporto de Coruña e baixamos en Madrid, onde

montaríamos no avión que definitivamente nos levaría a Canarias. A maioría de nós iamos vivir a experiencia de ir en avión por primeira vez. A

verdade e que ao principio pasamos un pouco de medo, pero en seguida vimos que non pasaba nada.

Chegamos a Canarias pola tarde e collemos un autobús, que alí o chaman “guagua”,

e chegamos á residencia onde nos aloxaríamos durante toda a semana. Alí nos esperaban os compañeiros e compañeiras doutro cole de Málaga e un pouco máis tarde chegaron os nenos e nenas do cole da Rioxa. En seguida nos fixemos bos amigos e o pasamos moi ben

con eles. Cada día tiñamos que erguernos moi cedo, ás 7 da mañá, e faciamos actividades

durante todo o día. Ademais tiñamos un caderno para ir apuntando todo o que viamos

cada día. Visitamos moitos sitios, como a Catedral de Santa Catalina, o Museo Canario onde

vimos momias, a Casa-museu de Colón, o dedo de Deus ou o Museo da Ciencia e

Tecnoloxía onde había a estrutura dun avión que vimos por dentro e tamén aprendemos como fan os efectos especiais nas películas fantásticas; como por exemplo como Harry Potter vólvese invisible coa súa capa ou como Superman pode voar, foi moi interesante!

Pero non só vimos museos, tamén houbo tempo de ir á praia, fomos case todos os días á praia das Canteras e do Inglés, que foi a que máis nos gustou porque a penas tiña

pedras e era bastante grande. Un dos días que mellor o pasamos foi o venres, que estivemos bailando e cantando

na residencia cos compañeiros e compañeiras dos outros coles ata tarde.

O último día repartimos agasallos e diplomas nos que poñiamos as cousas boas de cada un. A despedida foi moi triste, choramos todos porque fixémonos moi bos amigos e non queriamos marchar.

Estamos moi contentos de haber tido a oportunidade de gozar desta viaxe, levámonos un bonito recordo que seguro non esqueceremos nunca.

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria.

Page 40: REVISTA ESCOLAR 2011-12

ADEUS E ATA SEMPRE!

Todos os anos ao curso de 6º tócalle despedirse

do colexio, e este ano tócanos a nós facelo. Por un lado, estamos ledos por deixar o colexio,

xa que comezaremos unha nova etapa da que esperamos sexa tan boa como a que deixamos

atrás. Pero, por outro lado, danos un pouco de pena, xa

que aquí foi onde coñecemos aos nosos amigos e

amigas, levamos moi boas lembranzas con nós de todos estes anos.

Quereríamos tamén darlle as grazas a todos os mestres e, porque grazas a eles, aprendemos

moitas cousas, non vos esqueceremos! Por último, queremos desexarlles aos

compañeiros e compañeiras dos outros cursos

moita sorte e ánimo, e que os mestras estaremos esperando no instituto cos brazos abertos.

Unha aperta moi forte!

A clase de 6º de primaria.

Page 41: REVISTA ESCOLAR 2011-12
Page 42: REVISTA ESCOLAR 2011-12