resumo da acta do pleno ordinario do consello de … · 1 resumo da acta do pleno ordinario do...

21
1 RESUMO DA ACTA DO PLENO ORDINARIO DO CONSELLO DE GOBERNO DO 12 DE XUÑO DE 2017 Reunido en segunda convocatoria o Pleno do Consello de Goberno, en sesión ordinaria, o día doce de xuño de dous mil dezasete, as nove horas e vinte e dous minutos, o reitor abordou os puntos que compoñían a ORDE DO DÍA: 1.Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior 2.Informes do Sr. Reitor 3.Informes das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaría Xeral 4.Aprobación, se procede, das memorias de licenzas por permisos sabáticos correspondente ao curso 2015-2016 5.Aprobación, se procede, dos complementos de méritos docentes de PDI (quinquenios) convocatoria 2016 6.Aprobación, se procede, das prórrogas de contratos de profesor asociado, lector e PACS correspondentes a planificación de PDI para o curso académico 2017-2018 7.Aprobación, se procede, das prórrogas extraordinarias de contratos de profesor asociado 8.Aprobación, se procede, das prórrogas de contratos de profesor axudante doutor correspondentes á planificación de PDI para o curso académico 2017- 2018 9. Aprobación, se procede, de prazas de PDI correspondentes á planificación do curso 2017-2018: reposición de vacantes, outras peticións e prazas de profesor axudante doutor, así como as comisións de selección para os concursos 10.Aprobación, se procede, de prazas de PDI para a estabilización de profesorado interino de vacante á categoría de profesor axudante doutor e profesor contratado doutor, e de persoal investigador procedente de dos programas de investigación RyC e IPP á categoría de profesor contratado doutor 11. Aprobación, se procede, das prazas de PDI correspondentes á promoción de profesorado da USC á categoría de profesor contratado doutor, e aos corpos docentes de profesor titular de universidade e de catedrático de universidade 12.Aprobación, se procede, das solicitudes de mobilidade entre os campus de Santiago e Lugo para PDI con vinculación permanente á USC, correspondente á planificación para o curso 2017-2018 13.Aprobación, se procede, das licenzas de permiso por sabático correspondente á planificación de PDI para o curso 2017-2018 14.Aprobación, se procede, da Oferta de Emprego Público (OEP) de persoal docente e investigador para o ano 2017: quenda de promoción interna da USC

Upload: others

Post on 30-Apr-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

1

RESUMO DA ACTA DO PLENO ORDINARIO DO CONSELLO DE

GOBERNO DO 12 DE XUÑO DE 2017

Reunido en segunda convocatoria o Pleno do Consello de Goberno, en sesión

ordinaria, o día doce de xuño de dous mil dezasete, as nove horas e vinte e

dous minutos, o reitor abordou os puntos que compoñían a

ORDE DO DÍA:

1.Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior

2.Informes do Sr. Reitor

3.Informes das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaría Xeral

4.Aprobación, se procede, das memorias de licenzas por permisos sabáticos

correspondente ao curso 2015-2016

5.Aprobación, se procede, dos complementos de méritos docentes de PDI

(quinquenios) convocatoria 2016

6.Aprobación, se procede, das prórrogas de contratos de profesor asociado,

lector e PACS correspondentes a planificación de PDI para o curso

académico 2017-2018

7.Aprobación, se procede, das prórrogas extraordinarias de contratos de

profesor asociado

8.Aprobación, se procede, das prórrogas de contratos de profesor axudante

doutor correspondentes á planificación de PDI para o curso académico 2017-

2018

9. Aprobación, se procede, de prazas de PDI correspondentes á planificación

do curso 2017-2018: reposición de vacantes, outras peticións e prazas de

profesor axudante doutor, así como as comisións de selección para os

concursos

10.Aprobación, se procede, de prazas de PDI para a estabilización de

profesorado interino de vacante á categoría de profesor axudante doutor e

profesor contratado doutor, e de persoal investigador procedente de dos

programas de investigación RyC e IPP á categoría de profesor contratado

doutor

11. Aprobación, se procede, das prazas de PDI correspondentes á promoción

de profesorado da USC á categoría de profesor contratado doutor, e aos

corpos docentes de profesor titular de universidade e de catedrático de

universidade

12.Aprobación, se procede, das solicitudes de mobilidade entre os campus de

Santiago e Lugo para PDI con vinculación permanente á USC,

correspondente á planificación para o curso 2017-2018

13.Aprobación, se procede, das licenzas de permiso por sabático

correspondente á planificación de PDI para o curso 2017-2018

14.Aprobación, se procede, da Oferta de Emprego Público (OEP) de persoal

docente e investigador para o ano 2017: quenda de promoción interna da USC

2

15.Aprobación, se procede, da modificación da RPT de PDI derivada da

convocatoria de planificación de PDI para o curso 2017-2018, da OEP de PDI

para 2017 e das outras actuacións en materia de PDI

16.Aprobación, se procede, do Regulamento de asignación de prazas de

catedrático/a de universidade pola quenda de promoción interna na USC

17.Aprobación, se procede, do Regulamento de Estudos de Doutoramento

18.Aprobación, se procede, das propostas de declaracións de intencións de

másteres universitarios (interuniversitarios) 19.Aprobación, se procede, das

memorias de dobres titulacións: Farmacia /Óptica e Optometría, e Mestre en

Educación Infantil/Mestre en Educación Primaria da Facultade de Ciencias da

Educación

20.Aprobación, se procede, da memoria 2016 da Cátedra Astra/Zéneca

21.Aprobación, se procede, das propostas de estudos propios

22. Aprobación, se procede, das memorias de estudos propios

23.Transferencia de resultados

24.Regulamentos

25.Recursos

26.Convenios

27.Asuntos económicos

28.Asuntos de trámite

29.Rogos e preguntas

*****

1.Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior

Tratábase da acta do Pleno ordinario do 12 de maio, á cal se formulou unha

suxestión por escrito do Prof. F. L. co fin de aclarar a súa intervención no

punto 7), “Aprobación, se procede, da revogación de titulacións”.

E tamén unha corrección, solicitada in voce polo Prof. L. D., no acordo do

punto 14), “Recursos”, consistente en substituír a frase: “8 votos en favor da

desestimación do recurso”, por: “8 votos en favor da estimación do recurso”.

2.Informes do Sr. reitor

O reitor informou sobre:

- O nomeamento da Profa. Crujeiras Casais como vicerreitora de

Comunicación e Coordinación, en substitución do Prof. Pereira Fariña

quen cesou a petición propia por motivos profesionais. Exprésase o

agradecemento polos servizos prestados ao vicerreitor saínte e

deséxalle éxito na súa aínda, o que tamén se estende á nova

vicerreitora.

- O cese a petición propia como codirector da Cátedra do Camiño de

Santiago e das Peregrinacións do Prof. Monterroso Montero, e o

nomeamento no seu lugar do Prof. González Lopo.

3

- O cese da Profa. Carreira Nouche como adxunta ao vicerreitor de

Oferta Docente e Innovación Educativa, e o seu correlativo

nomeamento como Comisionada para a Gobernanza das TIC e

Estratexia de Titulacións, con equiparación ao cargo de

decano/director de centro tanto a efectos económicos coma do

encargo docente.

- Nomeamento dos membros da Comisión de Transferencia de

Resultados de Investigación, consonte o artigo 4.2 do Regulamento de

Protección, Explotación e Participación de Resultados de Investigación

Xerados na Universidade de Santiago de Compostela, que son:

Don José Manuel Cotos Yáñez (adxunto ao reitor)

Don José Luis Villaverde Acuña (xefe da Área de

Valorización)

Dona Mª Josefa Alonso Fernández (catedrática de

Farmacoloxía)

Don Juan Lema Rodicio (catedrático de Enxeñaría

Química)

Dona Mª de los Ángeles Romero Rodríguez (catedrática

de Tecnoloxía dos Alimentos)

- O ingreso da Real Academia Galega de Ciencias do Prof. José Rivas

Rey, o 23 de maio de 2017.

- O acto de recoñecemento aos veciños de Seoane do Courel polo seu

apoio a estación científica da Universidade sita no Concello de Folgoso

do Courel, o 27 de maio de 2017.

- A reunión hispano-lusa de reitores en Vilareal, na que se aprobou a

“Axenda Ibérica de Colaboración en I+D”.

- A visita de dona Rebeca Grynspan Mayufis, Secretaria Xeral da

Secretaría General Iberoamericana, o 31 de maio de 2017.

- A investidura como doutores honoris causa dos Profs. Moulines

(Filosofía), Vives Antón (Dereito) e Braum (Física), o 8 de xuño de

2017.

- A celebración dos Campeonatos de España Universitarios 2017, co

seguinte medallero para a Universidade de Santiago de Compostela:

Medalla de ouro en taekwondo, para dona Ruth Tilve

(categoría feminina de minimosca de menos de 46 kg);

medalla de bronce, para don Luis Reiriz (categoría

masculina en pluma de menos de 68 Kg); medalla de

bronce, para dona Lucía Vietez (categoría feminina de

medio menos de 73 KG).

Medalla de prata individual en xadrez, para don Lucas

Abal Cores; e medalla de prata por equipos, para don

Lucas Abal Cores, don Adrián Gómez, don David Gómez,

don Manoel Rodríguez e don Julio Suárez.

Medalla de prata en loita (categoría masculina de menos

de 80 Kg), para don Iván González Muñiz.

Deseguido, o Reitor da a palabra ao Prof. L. D., quen aludiu a recorrencia a

multiplicación de cargos (referíndose á Comisionada para a Gobernanza das

4

TIC e Estratexia de Titulacións) con atribución de funcións que corresponden

á estrutura de goberno e non figuran nos Estatutos. O Prof. M. P. insistiu sobre

a cuestión, dicindo que os cargos deben pasar ao coñecemento do Consello

de Goberno aínda que a Secretaria Xeral sosteña que o reitor pode nomealos

pola súa competencia residual, e solicitou un informe da Asesoría Xurídica.

Respondeu o reitor salientando que estabamos ante unha situación novidosa

pois fora sometido, e logo aprobado polo Consello de Goberno, a táboa de

cargos, o que nunca acontecera antes; e, ademais, daba unha explicación

clara sobre a razón e as funcións a desenvolver pola Comisionada para a

Gobernanza das TIC e Estratexia de Titulacións, que figuraban na

documentación achegada ao Pleno.

Rematou o Prof. L. D. inquirindo polo informe da Asesoría Xurídica sobre o

incremento do complemento retributivo polo cargo de secretario de

Departamento, ao que respondeu o Reitor que fora negativo e que non

procedía dito incremento.

3.Informes das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaría Xeral

A vicerreitora de Investigación deu conta de:

- A reunión da Sectorial de investigación I+D+i da CRUE na

Universidade de Alacante, o 2 de xuño de 2017, na que se tratou o

estatuto dos investigadores en formación.

- A publicación dos resultados de España no Horizonte 2020, onde a

nosa Universidade representa o 18% dos proxectos e do liderazgo. No

ámbito de Galicia, cóntase co 60% dos proxectos; o 70% do liderazgo;

e o 58% do retorno.

- A convocatoria Interreg por programas acadou 14 proxectos con preto

de 14 millóns de euros procedentes dos fondos FEDER.

- O desenvolvemento do reparto dos fondos de investigación a

Departamentos, Institutos e grupos, onde destacan 100.000 euros para

os Departamentos, e 240.00 euros en concepto de axudas por

produción científica.

O vicerreitor de Organización Académica e PDI tratou de:

- A convocatoria de 4 prazas de profesores interinos de substitución de

lista de agarda para a cobertura de 4 baixas por incapacidade

temporal.

- A aprobación, na reunión da COAP do 31 de maio de 2017, da saída a

concurso de 4 prazas de interinos de substitución, das cales 3

cáusanse por redución de cargo, e unha por redución de xornada por

conciliación da vida persoal e laboral.

5

- A aprobación, na reunión da COAP do 15 de maio de 2017, de 15

prazas de interino de substitución cuxa acreditación está no documento

de Planificación achegado ao Pleno.

- A publicación da convocatoria de 8 prazas de profesorado emérito para

11 solicitudes, das cales 2 teñen problemas de admisión a trámite.

O vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa referiu a reunión na

Secretaría Xeral de Universidades, onde se repasou as novas propostas de

titulacións para o curso 2018-2019.

A vicerreitora de Comunicación e Coordinación tivo unhas verbas de

agradecemento ao Reitor pola confianza nela depositada para o exercicio das

novas responsabilidades e mostrou a súa dispoñibilidade con tal fin.

A vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, comunicou

a clausura do Programa Meentoring o 13 de xuño de 2017.

A vicerreitora de Internacionalización anunciou a asistencia a reunión da

Sectorial de Internacionalización e Cooperación da CRUE sobre a mobilidade

de Erasmus Plus cos países asociados.

O xerente informou sobre a sinatura, o 9 de xuño de 2017, do documento polo

cal o equipo que gañou o proxecto básico da construción da nova Facultade

de Medicina tiña que telo rematado en 29 semanas. Así mesmo, adiantou que

no punto 26 da orde do día, “Convenios”, constaba un específico sobre a

progresiva cesión do uso da Facultade de Odontoloxía ao seu titular, o

Concello de Santiago de Compostela.

A Secretaria Xeral recordou que no Pleno do Consello de Goberno do 12 de

maio de 2017 acordárase permitir que os estudantes representados no

órgano colexiado propuxeran un membro para integrarse na Comisión TIC (o

outro membro é o único representante do Campus de Lugo por este sector III

no Consello) e indicou que esa proposta recaía en don Juan Lois Fuentes.

Sinalou que a negociación do Consorcio Interuniversitario estaba pendente

de concluír pola Xunta de Galicia. En realidade, se estaba a espera de que

esta dera redacción ao artigo dos Estatutos relativo a consolidación das

contas.

Informou que fora nomeada como directora do Departamento de Economía

Cuantitativa a Profa. Dona Teresa Cancelo Márquez, quen renovaba no seu

mandato.

E expresou o fondo pesar polo pasamento de dona Yolanda Naseiro Hermida,

alumna do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos; e tamén do

Prof. Don Antonio Vara Coomonte, profesor xubilado da Facultade de

Ciencias da Educación.

6

4.Aprobación, se procede, das memorias de licenzas por permisos

sabáticos correspondente ao curso 2015-2016

Presentou o punto o vicerreitor de Organización Académica e PDI. Consta

que o xerente se ausentou do Pleno por estar concernido na toma do acordo.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da COAP na súa reunión do 15 de maio de 2017, as memorias de licenzas por permisos sabáticos (curso 2015-2016) dos profesores dona Mª Teresa Carrillo de la Peña, don Luis Miguel Fernández Fernández e dona Mª del Mar Lorenzo Moledo.

5.Aprobación, se procede, dos complementos de méritos docentes de PDI (quinquenios) convocatoria 2016

Presentou o punto o vicerreitor de Organización Académica e PDI. Auséntase

do Pleno a vicerreitora de Investigación por ser unha dos solicitantes.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da COAP na súa reunión do 15 de maio de 2017, a proposta de recoñecemento dos complementos de méritos docentes de PDI da convocatoria 2016, así como de mellora de nivel dos solicitantes, que figuran no anexo II desta acta. Ademais, aprobou por asentimento, segundo o citado informe da COAP, a proposta de non recoñecemento das solicitudes dos profesores que se relacionan e segundo a causa que se reproduce: - Don Alberto Cepeda Sáez, por non cumprimentar o modelo normalizado de solicitude en formato electrónico a través da secretaría virtual; - Dona Josefa del Carmen Fernández de la Iglesia, por incumprimento da condición primeira.1 da convocatoria xa que no prazo de presentación da solicitude tiña a categoría de profesora interina por vacante; - Don Francisco Conde Soto, por incumprimento da condición primeira.1 da convocatoria xa que ten a categoría de profesor interino por vacante; - Don Óscar Horta Álvarez, por incumprimento da condición primeira.1 da convocatoria xa que ten a categoría de profesor interino por vacante; - Don Hipólito López Couso, por incumprimento do período de carencia de 5 anos; e - Dona Belén Gómez Pardo, por incumprimento do período de carencia de 5 anos.

7

6.Aprobación, se procede, das prórrogas de contratos de profesor asociado, lector e PACS correspondentes a planificación de PDI para o curso académico 2017-2018 Tras a presentación do punto polo vicerreitor de Organización Académica e PDI, que describiu o documento de Planificación e indicou que estaba comprometido máis dun millón de euros para cincocentas trinta e tres prazas, dentro dun “escenario de recortes na Universidade”, interviño o Prof. M. P. expoñendo a importancia de recuperar o contrato de axudante para a impartición da ensinanza interactiva e práctica coas modificacións legais oportunas que permitan retomar a esencia da figura; así como tamén o Prof. L. D. que solicitou se adiantase o calendario da planificación. (Entre as 10.20 e as 10.23 actuou como secretaria a vicerreitora de Investigación)

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da COAP na súa reunión do 15 de maio de 2017, as prórrogas de contratos de profesor asociado, lector e PACS, correspondentes a planificación de PDI para o curso académico 2017-2018, que se relacionan no anexo III desta acta.

7.Aprobación, se procede, das prórrogas extraordinarias de contratos de profesor asociado

Tras a presentación do punto polo vicerreitor de Organización Académica e PDI, o Prof. M. P. solicitou que se adiantase a aprobación da normativa de planificación ao mes de novembro para evitar a necesidade de habilitar estas prórrogas extraordinarias.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da

COAP na súa reunión do 15 de maio de 2017, a autorización da prórroga

extraordinaria durante o primeiro cuadrimestre do curso académico 2017-2018

ata o 29 de xaneiro de 2018, dos contratos de profesores asociados que

esgotan as dúas prorrogas o vindeiro 31 de agosto de 2017, naqueles casos

nos que este órgano colexiado acorde a saída a concurso das correspondentes

prazas e obteñan a pertinente autorización.

8

8.Aprobación, se procede, das prórrogas de contratos de profesor axudante doutor correspondentes á planificación de PDI para o curso académico 2017-2018 Presentou o punto o vicerreitor de Organización Académica e PDI e tomaron a palabra os Profs. M. P. e M. M.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da

COAP na súa reunión do 15 de maio de 2017, as prórrogas de contratos de

profesor axudante doutor correspondentes á planificación de PDI para o curso

académico 2017-2018 que se recollen no anexo IV desta acta.

9. Aprobación, se procede, de prazas de PDI correspondentes á planificación do curso 2017-2018: reposición de vacantes, outras peticións e prazas de profesor axudante doutor, así como as comisións de selección para os concursos O vicerreitor de Organización Académica e PDI aclarou que se presentaba a Planificación stricto sensu, a cal comprendía prazas por reposición de vacantes e novas prazas de asociados, PACS, lectores, e de profesores axudantes doutores. Rexistráronse as intervencións dos Profs. M. P., , “preguntando se nas áreas de ciencias da saúde son adecuadas prazas de asociado ou se non sería mellor a contratación de novos PACS e cuestionando que se propoña a aprobación dalgunhas das prazas antes da sinatura do convenio que vai servir para o seu financiamento”.; M. M., subliñando un erro tipográfico na documentación e reclamando unha praza na área de Medina Preventiva dado o amplo encargo docente conferido; L. D., sobre o Convenio de Matronas co SERGAS; e o Prof. G. O., precisando o seu coñecemento sobre as necesidades docentes da citada área de Medicina Preventiva dado que era catedrático nela.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por 28 votos a favor, 1 en contra (emitido polo Prof. Montes Martínez) e 13 abstencións, previo informe favorable da COP na súa sesión do 15 de maio de 2017, as prazas de PDI correspondentes á planificación do curso 2017-2018, debulladas como seguen e recollidas no anexo V desta acta:

a) 56 prazas vacantes de profesor asociado, PACS e lectores; b) 10 prazas de profesor axudante doutor de nova creación; c) 62 prazas de profesor asociado e PACS da Planificación 2017-

2018

9

d) 15 prazas de profesor interino de substitución (aprobadas anteriormente pola COAP pero que figuran na documentación achegada porque modifican a capacidade docente das áreas)

e) 11 prazas financiadas con cargo a ingresos afectados a razón de:

- 5 prazas de profesor asociado na área vinculada á especialidade de Matronas - 6 prazas de profesor asociado LOU procedentes de choque na docencia clínica de Medicina.

Advírtese que “as prazas que se indica no Apartado II.c) que serán financiadas mediante un convenio que se está negociando co SERGAS non se convocarán ata que se aprobe dito convenio no Consello de Goberno”. Ao mesmo tempo foron aprobados nos termos xa descritos as comisións de selección dos concursos segundo figuran no anexo V desta acta.

10.Aprobación, se procede, de prazas de PDI para a estabilización de profesorado interino de vacante á categoría de profesor axudante doutor e profesor contratado doutor, e de persoal investigador procedente de dos programas de investigación RyC e IPP á categoría de profesor contratado doutor Presentou o punto o vicerreitor de Organización Académica, e PDI e tomaron a palabra os Profs. M. P. e F. L. (Entre as 11.30 e as 11.34h presidiu o Pleno a vicerreitora de Investigación)

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da COP na súa sesión do 15 de maio de 2017, as prazas que figuran no anexo VI desta acta e que se distribúen como sigue:

a) Profesorado interino en prazas vacantes de profesor axudante doutor, afectadas polo compromiso de estabilización dos acordos de Consello de Goberno dos Plenos de 23 de marzo de 2012 e de 20 de xullo de 2012, a razón de:

- 4 prazas de profesores axudantes doutores, ocupadas interinamente por profesores asociados LRU acreditados como profesores axudantes doutores;

- 1 de profesor contratado doutor, ocupada interinamente por profesor asociado LRU acreditado como profesor contratado doutor.

b) Profesorado interino en prazas vacantes de diversas categorías o corpos docentes sen compromiso de estabilización, a razón de:

- 6 de profesor contratado doutor.

10

c) Persoal investigador procedente dos programas RyC e IPP con compromiso de estabilización recollido no acordo do Consello de Goberno do 23 de marzo de 2012, a razón de:

- 2 prazas de profesor contratado doutor xeradas da estabilización de dous RyC;

- 2 prazas de profesor contratado doutor xeradas da estabilización de dous IPP.

11. Aprobación, se procede, das prazas de PDI correspondentes á promoción de profesorado da USC á categoría de profesor contratado doutor, e aos corpos docentes de profesor titular de universidade e de catedrático de universidade Presentou o punto o vicerreitor de Organización Académica e PDI e rexistrouse a intervención do Prof. M. P.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por 32 votos a favor, 1 en contra, e 8 abstencións, previo informe favorable da COAP na súa sesión do 15 de maio de 2017, as prazas de PDI correspondentes á promoción de profesorado da USC á categoría de profesor contratado doutor, e aos corpos docentes de profesor titular de universidade e de catedrático de universidade, segundo figura no anexo VII desta acta e tal e como se describe:

a) 3 prazas de profesor contratado doutor pola promoción prevista no II Convenio Colectivo para o persoal docente e investigador laboral das Universidade de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo;

b) 1 praza vinculada de profesor contratado doutor pola promoción prevista nos Plenos do Consello de Goberno do 20 de xullo de 2012 e 19 de xuño de 2013, así como nas sesións da Comisión Mixta USC-SERGAS do 3 de xullo e do 22 de novembro de 2012;

c) 5 prazas de promoción a profesor titular de universidade para o colectivo CAPACTUS procedentes da convocatoria anulada en 2012;

d) 2 prazas vinculadas de profesor titular de universidade segundo o previsto nos Plenos do Consello de Goberno do 20 de xullo de 2012 e 19 de xuño de 2013, así como nas sesións da Comisión Mixta USC-SERGAS do 3 de xullo e do 22 de novembro de 2012;

e) 3 prazas de profesor titular de universidade para os membros do colectivo seguinte aos CAPACTUS segundo a aplicación dos criterios aprobados no Pleno do Consello de Goberno do 31 de outubro de 2013.

En total as prazas que se ofertan para a promoción á categoría de profesor titular de universidade son 10 como se pode ver no citado anexo VII, que se ofertarán por quenda libre.

11

f) 10 prazas de catedrático de universidade pola quenda de promoción interna para profesorado da USC acreditado a cátedra.

12.Aprobación, se procede, das solicitudes de mobilidade entre os campus de Santiago e Lugo para PDI con vinculación permanente á USC, correspondente á planificación para o curso 2017-2018 Presentou o punto o vicerreitor de Organización Académica e PDI e interviño o Prof. M. P. P. “preguntando se se aplicou en todos os casos o que establece a Normativa de mobilidade e propoñendo que se modifique dita Normativa se o que se quere é que non se desmantele o Campus de Lugo”; e a Profa. C. M., quen destacou que a mobilidade era un dereito individual non vinculado a saída a concurso ou a cobertura doutras prazas.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a mobilidade dos profesores

don Ángel Fernández Escribano e dona Rosa Ana Guerra Pestonit do campus

de Lugo ao de Santiago de Compostela correspondente a planificación para o

curso 2017-2018.

13.Aprobación, se procede, das licenzas de permiso por sabático correspondente á planificación de PDI para o curso 2017-2018 Presentou o punto o vicerreitor de Organización Académica e PDI. O xerente se ausentou do Pleno por estar concernido na adopción do acordo.

ACORDO

O Consello de Goberno acordou por asentimento, e previo informe favorable da

COAP na súa sesión do 15 de maio de 2017, a autorización das licenzas de

permiso sabático (25) correspondente á planificación de PDI para o curso 2017-

2018, que figuran no anexo VIII desta acta, coa condición de que os solicitantes

que no momento da solicitude estiveran ocupando algún tipo de cargo

académico procedan a súa renuncia.

14.Aprobación, se procede, da Oferta de Emprego Público (OEP) de persoal docente e investigador para o ano 2017: quenda libre e de promoción interna da USC Presentou o punto o vicerreitor de Organización Académica e PDI, e rexistrouse a intervención do Prof. M. P.

12

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da

COAP na súa sesión de 15 de maio de 2017, a Oferta de Emprego Público

(OEP) de persoal docente e investigador para o ano 2017 con 25 prazas na

quenda libre distribuídas como segue:

a) 5 prazas de profesor contratado doutor;

b) 10 prazas de profesor titular de universidade.

E, na quenda de promoción interna, co 10 prazas de catedrático de

universidade. O cadro pode verse no anexo IX desta acta.

15.Aprobación, se procede, da modificación da RPT de PDI derivada da convocatoria de planificación de PDI para o curso 2017-2018, da OEP de PDI para 2017 e das outras actuacións en materia de PDI Tras a presentación do punto polo vicerreitor de Organización Académica e PDI, tomou a palabra o Prof. M. P.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por sentimento a modificación da RPT de PDI

derivada da convocatoria de planificación de PDI para o curso 2017-2018, da

OEP de PDI para 2017 e das outras actuacións en materia de PDI, segundo o

disposto no anexo X desta acta, que supón a creación de 90 prazas distribuídas

do xeito seguinte: 90 de profesores asociados, 10 de profesores axudantes

doutores, 5 de profesores contratados doutores de nova creación, 3 de

profesores contratados doutores por estabilización, e 10 de profesor titular de

universidade. Paralelamente, acórdase a amortización de 13 prazas.

16.Aprobación, se procede, do Regulamento de asignación de prazas de catedrático/a de universidade pola quenda de promoción interna na USC O vicerreitor de Organización Académica e PDI indicou que, partindo da imposibilidade por motivos económicos de dotar tantas prazas de catedrático como profesores titulares acreditados existentes na Universidade, se procedía a someter ao Consello de Goberno os criterios de asignación ás áreas de prazas de catedrático, combinando o de carácter estrutural segundo as necesidades das áreas (60% das prazas), o de antigüidade na acreditación (20% das prazas), e o de méritos académicos (20% das prazas). Tomaron deseguido a palabra os Profs. M. V., recalcando que o problema era de promoción profesional e recaía en parte nas esixencias orzamentarias impostas pola Xunta de Galicia; G. L., mostrando a súa oposición tanto pola

13

preferencia atribuída aos maiores de 63 anos no criterio da antigüidade na acreditación, como pola valoración dalgúns méritos no criterio de méritos académicos; M. P., que sinala unha serie de deficiencias que, ao seu entender, teñen os criterios propostos, indica que coas prazas de promoción non se consigue máis capacidade docente, e demanda unha reflexión sobre a estrutura do cadro de PDI da Universidade previa á elaboración dos criterios de promoción; L. D., incidindo en que a orixe do problema estaba na existencia de dous corpos para o desenvolvemento das mesmas funcións, e destacando no caso concreto do Regulamento que a asignación debería recaer sobre os criterios e as solicitudes dos Departamentos, sen necesidade algunha de utilizar os curricula dos acreditados; F. L., compartindo que o problema superaba á competencia atribuída á Universidade e recalcando que na COAP se considerara mellor a solución que se sometía agora ao Consello de Goberno que a existente con anterioridade: F. L., que non estaba de acordo co sistema de acreditacións e, tampouco, cos criterios propostos (particularmente con que o período de referencia para a valoración de méritos sexa os últimos dez anos), porque se estaba perdendo unha oportunidade para captar talento; e C. M., matizando que o número de catedráticos incidía tamén na propia estrutura dos Departamentos.

A estas e outras cuestións deron resposta o reitor e o vicerreitor.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por 25 votos a favor, 10 en contra (entre eles,

os dos profesores González Seoane e López Díaz) e 8 abstencións, previo

informe favorable da COAP na súa sesión do 15 de maio de 2017, o

Regulamento de Asignación de Prazas de Catedrático/a de Universidade pola

Quenda de Promoción Interna na USC, coa modificación no artigo 4, alínea

primeira, de xeito que onde dicía: “Para poder optar á asignación de cátedras o

profesorado deberá cumprir os seguintes requisitos: (…)”, debe dicir: “Para

poder optar á asignación de cátedras, as áreas de coñecemento deberán contar

con profesorado que cumpra os seguintes requisitos: (…)”.

O profesor González Seoane xustifica o seu voto en contra nas seguintes

razóns:

“- En tanto non se reforme a nivel xeral a regulación do funcionariado docente

universitario, deben artellarse os mecanismos que garantan o dereito á

promoción na carreira académica.

- A creación de prazas de catedrático de Universidade non pode artellarse

como un procedemento de solicitude dos interesados, senón a través dos

mecanismos ordinarios de solicitudes polos Departamentos correspondentes.

- En relación aos criterios a tomar en consideración para a dotación das

prazas de promoción, e de cara a asegurar o dereito á promoción interna, debe

atenderse de xeito prioritario á antigüidade dos profesores acreditados en cada

Departamento.

14

- Ao mesmo tempo podería reservarse un determinado número para atender

decisión estratéxicas da USC, que deberán ser debidamente xustificadas polo

equipo de goberno.

- Non se considera procedente levar a cabo unha nova avaliación dos

méritos dos candidatos que xa foron avaliados na fase de acreditación, e serán

novamente avaliados na fase de concurso-oposición.

- Tampouco se entende como un criterio estrutural relevante a simple

relación entre catedráticos e titulares, cando as función de un e outro corpo son

agora substancialmente as mesmas.”

O profesor López Díaz xustificou o seu voto como segue:

"Quero que conste o meu voto en contra do Regulamento de asignación de

prazas de catedrático, incluído no punto 16 da orde do día do Consello de

Goberno celebrado o día 12 de xuño de 2017, polas seguintes razón:

- En tanto non se reforme a nivel xeral a regulación do funcionariado docente

universitario, deben artellarse os mecanismos que garantan o dereito á

promoción na carreira académica.

- A creación de prazas de catedrático de Universidade non pode artellarse

como un procedemento de solicitude dos interesados, senón a través dos

mecanismos ordinarios de solicitudes polos Departamentos correspondentes.

- En relación aos criterios a tomar en consideración para a dotación das

prazas de promoción, e de cara a asegurar o dereito á promoción interna, debe

atenderse de xeito prioritario á antigüidade dos profesores acreditados en cada

Departamento.

- Ao mesmo tempo podería reservarse un determinado número para atender

decisión estratéxicas da USC, que deberán ser debidamente xustificadas polo

equipo de goberno.

- Non se considera procedente levar a cabo unha nova avaliación dos

méritos dos candidatos que xa foron avaliados na fase de acreditación, e serán

novamente avaliados na fase de concurso-oposición.”

- Tampouco se entende como un criterio estrutural relevante a simple

relación entre catedráticos e titulares, cando as función de un e outro corpo son

agora substancialmente as mesmas. "

17. Aprobación, se procede, do Regulamento de Estudos de

Doutoramento

O vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa explicou o punto no

que se rexistraron as intervencións, segundo a orde seguida, dos Profs. G. L.,

M. P., C. M., G. S. e L. D. Incorporando as suxestións propostas por todos

15

eles, modificouse o documento orixinal achegado ao Pleno nos termos que

figuran no acordo.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable do CIEDUS na súa sesión do 16 de maio de 2017 e da Asesoría Xurídica, o Regulamento de Estudos de Doutoramento, introducindo no documento orixinal os cambios que se relacionan deseguido:

a) Preámbulo, terceiro parágrafo, no lugar de; “que asume a xestión e a coordinación das nosas ensinanzas de doutoramento”, cumpre poñer: “que asume a xestión e a coordinación das ensinanzas de doutoramento da USC”.

b) Artigo 2.1, onde eran citados “os artigos 57 ao 62, 120 a 126 dos Estatutos da Universidade”, deben figurar: “os artigos 57 ao 60, 120 ao 126, 136, 139 e 140 dos Estatutos da Universidade”.

c) Artigo 2.4, onde se dicía: “A actividade esencial do/a doutorando/a é a investigación”, debe figurar: “A actividade esencial do/a doutorando/a será a investigación”.

d) Do apartado 5 do artigo 4, se escinde a alínea: “Son membros da Escola de Doutoramento os membros integrantes dos órganos de dirección da Escola, o persoal docente e investigador que forma parte dos programas de doutoramento e os doutorandos e doutorandas matriculados na USC nos programas de doutoramento da Escola”, que pasa a ser o apartado 6. Como consecuencia do anterior, se corrixe a enumeración dos apartados 6, 7, 8, 9, que pasan a ser 7, 8, 9 e 10.

e) Artigo 5.2, onde se incorpora a redacción seguinte: “Os seus membros serán elixidos polo profesorado do programa de entre aquel que reúna as condicións establecidas neste artigo e cos criterios que determine a CAPD, e en consonancia con regulamento de réxime interno da Escola de Doutoramento a que pertenza.”.

f) Artigo 7.1, no que se substitúe a súa redacción: “Cada programa de doutoramento deberá contar cun/cunha coordinador/a, nomeado pola reitora ou reitor, que actuará como presidente da Comisión Académica do Programa de Doutoramento”, pola seguinte: “Cada programa de doutoramento deberá contar cun/cunha coordinador/a que, a proposta da Comisión Académica do Programa de Doutoramento, será nomeado pola reitora ou reitor e exercerá como presidente/a”.

g) Dáse nova redacción ao artigo 7.2, que dirá: “O Presidente proporá un/unha secretario/a, que será nomeado pola reitora ou reitor”. Como consecuencia do anterior, dáse nova enumeración os antigos apartados 2, 3 e 4, que pasan a ser 3, 4, e 5.

16

h) Artigo 20.1, onde será engadida a frase seguinte: “(...) e cos informes das CAPD dos programas implicados e da Escola ou Escolas de Doutoramento ás que pertenzan”.

(Ás 14.45 h suspendeuse o Pleno que se retomou ás 16.45h)

18.Aprobación, se procede, das propostas de declaracións de

intencións de másteres universitarios (interuniversitarios)

O vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa explicou o punto, e

tomou a palabra o Prof. M. P.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da Comisión de Titulacións do Claustro Universitario reunida o 5 de xuño, as declaracións de intencións do Máster Universitario en Computación de Altas Prestacións, e do Máster Universitario en Economía, ambos de carácter interuniversitario, o primeiro tendo como coordinadora a Universidade de A Coruña, mentres que o segundo, a Universidade de Vigo.

19.Aprobación, se procede, das memorias de dobres titulacións:

Farmacia /Óptica e Optometría, e Mestre en Educación Infantil/Mestre en

Educación Primaria da Facultade de Ciencias da Educación

O vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa presentou o punto que

non contou con ningunha intervención.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento, previo informe favorable da Comisión de Titulacións do Claustro Universitario reunida o 5 de xuño, as memorias de dobres titulacións dos Graos en Farmacia e en Óptica e Optometría, e dos Graos en Mestre en Educación Infantil e en Mestre en Educación Primaria (Facultade de Ciencias da Educación).

20.Aprobación, se procede, da memoria 2016 da Cátedra Astra/Zéneca

A vicerreitora de Internacionalización presentou o punto. Non houbo

intervencións.

17

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a memoria da Cátedra Astra/Zéneca correspondente a o ano 2016.

21.Aprobación, se procede, das propostas de estudos propios

A presentación do punto correu a cargo do vicerreitor de Oferta Docente e

Innovación Educativa. Non houbo intervencións.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento as propostas de estudos propios que se detallan: I. Cursos de nova oferta:

1) EHH0 Curso de Especialización en TIC´s na atención á dependencia;

2) EHH1 Curso de Especialización en Comunicación e Social Media. Community Manager;

3) EHH5 Curso de especialización en dislexia e outras dificultades da aprendizaxe;

4) EHH6 Curso de Especialización en Educación Emocional; 5) EHH7 Curso de Especialización en Xuventude, Educación e

Empregabilidade. II. Cursos que renovan a oferta:

1) MH22 Master Propio en Banca, Finanzas e Seguros; e o seu derivado, EH14 Curso de Especialización en Banca e Institucións Financeiras;

2) MH26 Master Propio en Ciencias da Familia; e o seu derivado, FH08 Curso de Experto en Ciencias da Familia;

3) MH44 Master Propio en Acupuntura e Moxibustión; e o seu derivado, EH30 Curso de Especialización en Introdución á Acupuntura e o seu Uso no Tratamento da Dor;

4) MHA3 Máster propio en Literatura Infantil e Xuvenil para a Formación e Desenvolvemento de Hábitos Lectores; FH7D Curso de Experto en Literatura Infantil e Xuvenil;

5) MHB1 Master Propio en Calidade e Excelencia Educativa; FH7C Curso de Experto en Coaching Educativo;

6) EH23 Curso de Especialización en Ortopedia para Graduados e/ou Licenciados en Farmacia.

18

22. Aprobación, se procede, das memorias de estudos propios

A presentación do punto correu a cargo do vicerreitor de Oferta Docente e

Innovación Educativa. Non houbo intervencións.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento as memorias de estudos propios do curso 2015-2016 que se transcriben:

1) FF5F Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural; 2) MFA5 Máster Propio en Avaliación e Intervención

Psicopedagóxicas nos Trastornos do Desenvolvemento e Atención Temperá.

23.Transferencia de resultados

Non houbo.

24.Regulamentos

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento e contando co informe favorable da Asesoría Xurídica: o Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Ciencias da Educación da USC; o Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Electrónica e Computación; e o Regulamento de Traballo Fin de Grao en Bioloxía.

25.Recursos

Non houbo.

26.Convenios

Tal e como se adiantou no punto 3 da orde do día, o xerente volveu a explicar

que un dos convenios sometidos á aprobación para a súa sinatura era o que

debería celebrarse co Concello de Santiago de Compostela sobre a

devolución do uso do edificio que acolle a Facultade de Odontoloxía. Este

novo convenio substituiría a outro do ano 2015.

19

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento os convenios que figuran

no anexo XI.

27.Asuntos económicos

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de modificacións orzamentarias identificadas no código 05-CS-17 e consistentes en transferencias de crédito de operacións correntes en operacións de capital e viceversa.

ACORDO

O Consello de Goberno aprobou por asentimento a aceptación da proposta de doazón que ten como doante a don Alberto Rodríguez Costa e como donatario a Universidade de Santiago de Compostela, en particular a Facultade de Medicina e Odontoloxía, consistente en dúas esculturas de forxa coa peaña, tituladas “Homenaxe a Castelao I” e “Homenaxe a Castelao II”, por un valor de 10.000 euros.

20

28.Asuntos de trámite

Non houbo.

29.Rogos e preguntas

O Prof. L. D. preguntou, por unha banda, sobre os informes de control interno

con relación aos títulos propios que foran fiscalizados; e, pola outra, pola

opinión do equipo de goberno en torno a noticia de que a Universidade de

Brighton derá o título oficial ao Centro Superior de Hostelería de Galicia.

O xerente dixo que as recentes tarefas de control interno polo sometemento

ás auditorías retrasaran o traballo, pero que traería ditos informes en breve.

O vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa aclarou que

oficialmente a Universidade descoñecía o asunto da Universidade de Brighton,

pero que xa se solicitara a través da nosa Delegada no Centro Superior de

Hostelería de Galicia que remitiran a información necesaria para a toma dunha

posición.

Engadiu o Prof. L. D. que parecía que a cuestión viña directamente da Xunta

de Galicia sen preguntar antes á Universidade.

O reitor compartiu este parecer engadindo que ao respecto nada fora tratado

na reunión do Consello Galego de Universidades, nin estaba prevista na que

tería lugar o 13 de xuño.

O Prof. M. P. interesouse pola intervención da Inspección de Traballo na

Facultade de Ciencias da Educación.

Explicou o vicerreitor de Organización Académica e PDI que houbera unha

inspección, como outras que teñen lugar todos os anos, e que tiña que ver con

dúas prazas sen cubrir no Departamento de Pedagoxía e Didáctica, dirixido

polo Prof. Santos Rego. Ante esta situación, intentouse pola Vicerreitoría que

se asumira o encargo docente retribuíndo horas extraordinarias aos

profesores, pero se negaron e suxeriron a contratación de dúas persoas para

dar conferencias. As 23.00 horas do día anterior a comparecencia fixada pola

Inspección de Traballo coa Universidade, recíbese un correo urxente da

Decana da Facultade de Ciencias da Educación dando conta dunha acta

deixada polo subinspector na Conserxería tras interrogar a esas dúas persoas.

Pese a premura do tempo, a xefa do Servizo de Xestión de Persoal puido

desprazarse a A Coruña para comparecer, onde lle foi requirida

documentación que estamos a piques de enviar.

21

Sen nada máis que engadir, levantouse a sesión ás 17.19h, do que dou fe

como Secretaria.

Vº et pracet

O Reitor A Secretaria